nocións básicas de informática

11

Click here to load reader

Upload: sara-olmedo

Post on 12-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Traballo sobre informática

TRANSCRIPT

Page 1: Nocións Básicas de Informática

NociónsBásicas

DeInformática

Sara Olmedo Velo 4º

Page 2: Nocións Básicas de Informática

Informática

Índice:

Sistemas operativos ♦Funcións♦Exemplos

Software e hardware♦Exemplos

Periféricos de entrada e de saída Virus informáticos

♦Antivirus Redes informáticas

♦Tipo de redes Internet Principais técnicas de fraude Navegadores Utilización das comunidades

virtuais. ♦Mundos virtuais, foros, bitácoras,

wikis, redes sociais…

- Páx 1 -

Page 3: Nocións Básicas de Informática

Informática

Sistemas operativos

sistema operativo (SO) é o programa ou conxunto de programas que efectúa a

xestión dos procesos básicos de un sistema informático, e permite a normal

execución do resto de operacións

O Funcións: As funcións básicas do Sistema Operativo son administrar os recursos da máquina, coordinar o hardware e organizar arquivos, e directorios en dispositivos de almacenamento

Exemplos:

Os sistemas operativos máis utilizados son Dos, Windows, Linux y Mac. Algúns Sistemas Operativos xa veñen con navegador integrado, como Windows, que trae o navegador Internet Explorer

Software e hardware

computador está constituído por dous tipos de elementos: o hardware e o software. O hardware representa todos os elementos que o integran mentres que

o software, polo contrario, ten que ver cos seus compoñentes lóxicos.OSoftware:Básicamente, falamos de software para referirnos a todos aqueles programas e

procedementos que o computador é capaz de ler xa que están escritos en linguaxe

máquina e que por eso permite que este poida operar. Para ser máis específicos,

podemos definilo como: “ a suma total dos programas de cómputo, procedementos,

regras documentación e datos asociados que forman parte das operacións dun sistema”.

Hai diversos tipos de software: de sistema, operativo e de programación. O software do sistema é aquel que permite o funcionamento do hardware, e en el inclúese o sistema operativo, os controladores de dispositivos, os servidores e as ferramentas de diagnóstico

- Páx 2 -

Page 4: Nocións Básicas de Informática

Informática

Hardware:

O hardware é o termo inglés que fai referencia a calquera compoñente físico tecnolóxico, que traballa ou interactúa de algún modo coa computadora. Non só inclúe elementos internos, como o disco duro, CD-ROM, disqueteira… etc, se non que tamén fai referencia ao cableado, circuitos, gabinete etc. E incluso fai referencia a elementos esternos como a impresora, o rato, o teclado, o monitor e de máis periféricos

O típico hardware que compón una computadora persoal é o seguinte: O chasis ou gabinete A placa nai, que contén a CPU, cooler, RAM, BIOS, buses (PCI, USB,

HyperTramsport, CSI, AGP, etc…) Fonte de alimentación Controladores de almacenamento: IDE, SATA, SCSI Controlador de vídeo Controladores do bus da computadora (paralelo, serial, USB; FireWire), para

conectala a periféricos Almacenamento: disco duro, CG-ROM, disqueteira, ZIP driver e outros. Tarxeta de son. Redes: módem e tarxeta de rede.

Tamén se poden incluír compoñentes esternos como: Teclado Mouse Joystick, gamepad, volante Escáner, webcam Micrófono, parlante Monitor (LCD, o CRT) Impresora

Periféricos de entrada e de saída:

n informática, denomínase periféricos aos aparatos ou dispositivos auxiliares e independentes conectados a unidade central de procedemento dunha computadora.E

Considéranse periféricos tanto as unidades ou dispositivos a través dos cales a computadora comunícase co mundo exterior, como aos sistemas que almacenan ou arquivan a información, servindo de memoria auxiliar da memoria principal.

Algúns exemplos de periféricos de entrada son o teclado, o micrófono, o escáner, o rato, o escáner, cámara web etc…

E algúns periféricos de saída son o monitor, impresora, o fax, a tarxeta de son, o altofalante etc…

Virus informáticos:

- Páx 3 -

Page 5: Nocións Básicas de Informática

Informática

n virus informático é un malware que ten por obxectivo alterar o normal funcionamento da computadora sen o permiso ou o coñecemento do usuario. Os

virus, habitualmente, reemplazan os arquivos executables por outros infectados co código de este. Os virus poden destruír, de maneira intencionada, os datos almacenados nun ordenador, inda que tamén existen outros máis inofensivos, que só se caracterizan por ser molestos.

U

Antivirus:Os antivirus son unhas aplicacións ou grupos de aplicacións dedicadas a prevención, búsqueda, detención e eliminación de programas malignos en sistemas informáticos.Entre os programas con códigos maignos inclúense os virus, troianos, gusanos, spywares e outros malwares

REDES INFORMÁTICAS

ódense definir como un sistema de comunicación que conecta ordenadores e outros equipos informáticos entre si, coa finalidade de compartir información entre si, coa

finalidade de compartir información e recursos. Estes poden estar comunicados entre si, ou ben por un cable, ou por modo inalámbrico.

PExtensión DEFINICION-CAPACIDADES

DE AREA LOCAL (LAN) É o sistema de interconexión de equipos informáticos mediante liñas de alta velocidade a distancias cortas (plantas ou edificios de empresa).

METROPOLITANA (MAN) basicamente emprega equipos de conexión entre LAN creando una interconexión de equipos distribuídos nunha zona máis amplia.

DE AREA EXTENSA (WAN) realiza a interconexión de equipos alonxados físicamente e sóese utilizar en redes de tipo público.

Internet

nternet é un conxunto descentralizado de redes de comunicación interconetadas que utilizan a familia de protocolos TCP/IP, garantizando que as redes dísicas

hetereoxéneas que as compoñen, funcionen como unha rede lóxica única, de alcance mundial. Os seus orixes remontan do 1969, cando se estableceu a primeira conexión de computadoras, coñecida como ARPANET, entre tres universidades en California e unha en UTAH, Estados Unidos

I

Un dos servicios de máis éxito obtido en Internet foi a World Wide Web (WWW) ata tal punto que é habitual a confusión entre ambos termos. A WWW é un conxunto de protocolos que permite, de forma sinxela, a consulta remota de arquivos de hipertexto. Esta foi un desarrollo posterior (1990) e utiliza Internet como medio de transmisión

- Páx 4 -

Page 6: Nocións Básicas de Informática

Informática

Existen, por tanto, moitos servizos e protocolos en Internet, aparte da Web: o envío de correo electrónico, transmisión de arquivos, conversas en liña, mensaxería instantánea, a transmisión de contido e comunicación multimedia telefonía, televisión, boletíns electrónicos, acceso remoto a outros dispositivos e os xogos en liña.

Principias Técnicas de Fraude

ando falamos de técnicas de fraude, estamos a falar de auténticas organizacións criminais. En España, pode superar os 70.00 millóns de euros. Estos fraudes

pódense clasificar en:CFalsas ameazasAlguén está a navegar pola rede e de pronto atópase cunha pantalla que se abre inesperadamente. Nesa pantalla aparece unha mensaxe do tipo “teu ordenador está en perigo e pode infectarse en breves instantes”. Este ou algún outro aviso parecido é coñecido na xerga como “scareware” ou actuar por medo.

Actualizacións innecesariasO internauta entra nunha páxina web, que non ten por qué ser ilícita, senón que pode albergar calquera tipo de contido e incluso pertencer a algunha institución pública. Ao acceder requíreselle a descarga dalgún tipo de actualización imprescindible para visualizar a información.

Regalos e ofertas inexistentesAlgúns ciberdelincuentes fanse pasar por empresarios que se dirixen directamente ao usuario para lle ofrecer descontos na compra ou un premio. Para conseguilo, pídenlle que rechée un formulario ou pagar unha cantidade determinada para os gastos de envío. O seu obxectivo é quedar cos datos persoais e se é posible, roubar cartos.

PhisingNa mesma liña de gratitude e as boas intencións atópase esta coñecida técnica, unha das máis empregadas polos ladróns da rede. Consiste en suplantar a identidade dunha empresa ou dunha organización a que o usuario pertence. Por exemplo, un hacker consegue os seus datos, ou ben no mercado ilegal, ou ben por redes sociais, entón mándalle un correo pedindo que lle confirme o contrasinal da súa conta bancaria, ao abrir ese enlace, ábrese unha ventá que é idéntica a do seu banco, aí é cando o hacker actúa collendo o contrasinal. A partir de aí pode facer transferencias ata que se percate.

Mercado negroEste é un dos negocios máis lucrativos dos delincuentes dixitais. Durante os últimos anos profesionalizouse tanto que contan xa con descontos por volume de pedido, “bannsers” publicitarios e garantías de devolución de cartos no caso de que o fraude non finalice como é debido.Os encargos máis frecuentes son a obtención de bases de datos con información persoal, cuxos prezos están baseados en función do tamaño e o nivel de detalle. Tamén son usuais os envíos de un millón de correos basura dirixidos a direccións específicas, os

- Páx 5 -

Page 7: Nocións Básicas de Informática

Informática

datos das contas PayPal ou o ataque de DDos, que saturan e inutilizan os servidores da víctima durante unha hora.

Rede de zombies Son uns dos principias instrumentos dos hackers. Dende elas, levan a cabo moitas das súas técnicas de fraude, xa que en primeiro lugar, permítelles coñecer os datos persoais da víctima e, seguidamente, pasan a convertirse en equipos que poden controlar dende a distancia.

Correos spam Son a lacra do noso día a día en internet e, aínda que en principio só serven para invadir as bandexas de entrada dos nosos correos, hai que recordar que o seu envío é ilegal.

Robo de datos Para actuar primeiro é necesario saber onde, cómo, cando e a quen. Por eso, os datos son o principal obxectivo dos estafadores on-line. Para eso, empreñan todo tipo de trucos, polo que hai que ter moito coidado a quen se lle fían os nosos datos por internet.

Páginas desprotexidasAproveitar as páxinas desprotexidas ou os servidores web debilmente protexidos é unha das súas accións máis efectivas. Conseguindo adiviñar onde se atopan as brechas da seguridade os delincuentes poderán instalar aplicacións que infecten o sitio e aos seus usuarios.

Compras on-line Mercar en internet non ten por que supoñer un resgo, mais existen unha serie de estafas que é importante saber detectar. Unha das máis útiles é a da presentación de facturas falsas ou requirimento de pago que os cibercriminais usa para conducir as súas víctimas a páxinas onde se lles solicitarán datos de acceso, bancarios e persoais.

Navegadores

s exploradores ou navegadores son softwares que buscan e mostran páxinas Web. Con eles non só podemos ver textos, se non tamén gráficos e traballar con

hipertextos os casi están na súa maioría en linguaxe HTMLONavegar básicamente consiste en pasar dunha páxina a outra mediante enlaces (tamén chamados links) para movernos libremente na Web

Utilización das comunidades virtuais.

nha comunidade virtual é aquela comunidade cuxos vínculos, interaccións e relacións teñen lugar nun espacio virtual coma InternetU

Mundos virtuales

- Páx 6 -

Page 8: Nocións Básicas de Informática

Informática

Un mundo virtual é unha comunidade en liña ou nun ambiente simulado por ordenador onde os usuarios poden iteratuar entre si e crear e utilizar obxectos. Os mundos virtuais interactivos 3D permiten, a través dos avatares, que os usuarios se comuniquen a través do texto, dos gráficos, dos xestos virtuais e dos sons.Uns dos mundos virtuais máis coñecidos pode ser World of Warcraft, , ou tamén Habbo.

Foros

Un foro é unha aplicación que da soporte a discusións ou opinións en liña, permitindo ao usuario pode expresar a súa idea ou comentario respecto o tema que se está a tratar.

Bitácora ou blog

Un blog ou tamén bitácora é un sitio web que se actualiza periódicamente. Recopila cronolóxicamente textos, artigos, vídeos e PDF de un ou varios autores, aparecendo primeiro de forma ordenada o máis recente. O autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que queira.

Wikis

É un sitio web onde cuxas páxinas poden ser editadas por múltiples voluntarios. Os usuarios poden crear, modificar ou borrar un mesmo texto que comparten.

Redes sociais

As redes sociais son estructuras sociais compostas de grupos de perdoas, as cales están conectadas por un ou varios tipos relacionados, tales como amizade, parentesco, intereses comúns ou que comparten coñecementos.

- Páx 7 -