nº 25 marzo 2011 en galego,...máis e mellor

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 25 marzo de 2011 DEITADO FRENTE AO MAR Lingoa proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gana; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raices que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser co rostro erguido, mariñeiros, labregos da lingoaxe, remo e arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingoa. ... (Celso Emilio Ferreiro) Da obra LONGA NOITE DE PEDRA Esta viñeta de Castelao é de 1925. Hoxe aínda podería facela igual con só cambiar a vestimenta das personaxes.

Upload: ceiprandufe

Post on 29-Jan-2018

490 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 25 marzo 2011  en galego,...máis e mellor

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 25 marzo de 2011

DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gana; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raices que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser co rostro erguido, mariñeiros, labregos da lingoaxe, remo e arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingoa. ...

(Celso Emilio Ferreiro)

Da obra LONGA NOITE DE PEDRA

Esta viñeta de Castelao é de 1925. Hoxe aínda podería facela igual con só cambiar a vestimenta das personaxes.

Page 2: Nº 25 marzo 2011  en galego,...máis e mellor

NA COCIÑA

Agora que andamos a voltas coa alimentación, cómpre aprendermos as palabras que designan unha serie de cousas que se fan na cociña.

ADUBAR: Engadirlle a un alimento condimentos para darlle sabor, abrandalo ou conservalo. BATER: Acción de sacudir unha materia ata que obteña a consistencia desexada. BRANQUEAR: Meter un produto en auga fría e poñelo ao lume ata que rompa a ferver. COAR: Separarlle a un liquido as partes sólidas coa axuda dun coador. CONFEITAR: Cubrir cun baño de azucre un produto.

DESALGAR: Somerxer un produto en líquido para que perda o sal. DESOSAR: Quitarlle os ósos á carne ou á froita. DOURAR: Pasar un produto por un recipiente quente con graxa para tapar os seus poros. ESCOAR: Facer que un produto perda o líquido. ESCUMAR: Extraer coa escumadeira as impurezas que flotan nun líquido ao ser cociñado. ESLUÍR: Disolver un produto nun líquido. ESMIUZAR: Partir unha cousa en cachos moi pequenos. FLAMEXAR: pasar pola chama un produto para chamuscalo. Dar lume a un licor para eliminarlle o alcol. FRIXIR ou FRITIR: Cociñar nunha tixola ou frixideira un produto con aceite quente. GORNECER: Acompañar un manxar con outros produtos. GRELLAR: Asar na grella. LEVEDAR: Facer aumentar de volume unha masa con lévedo. MARIÑAR: Poñer alimentos en viño, aceite, especias, etc., para darlles sabor, abrandalos ou conservalos.

MOER:Triturar un alimento reducíndoo a po. REFOGAR: Cociñar un alimento nunha materia graxa a lume feble sen que obteña cor. RELAR: Esmiuzar un produto coa axuda dun relador. SALFERIR: Espallar algo sobre un alimento. TORAR: Cortar en toros ou anacos. TORRAR: Tostar con lume. Queimar lixeiramente.

... Seguiremos con cousas relacionadas cos nomes dos alimentos e as súas preparacións.