nº 0.0 pazo das musas.sumario1 -...

43
Revista oral O PAZO DAS MUSAS Lista de índices Edita: Museo Provincial de Lugo e Excma. Deputación Provincial de Lugo Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Coordina: Antonio Reigosa

Upload: phungdang

Post on 13-Sep-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Revista oral

O PAZO DAS MUSAS

Lista de índices

Edita: Museo Provincial de Lugo e Excma. Deputación Provincial de Lugo

Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo.

Coordina: Antonio Reigosa

nº 0 23 de decembro de 2004

Revista oral de periodicidade trimestral

Edita: Museo Provincial de Lugo e Excma. Deputación Provincial de Lugo

Hora: 19 horas.

Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo.

Duración aprox.: 1,30 h.

Coordina: Antonio Reigosa

A revista oral O pazo das musas nace co obxectivo de ser un foro de actualidade, de

opinión e de debate no que poderán participar todos os protagonistas e axentes

involucrados na creación, difusión e exposición de bens de interese cultural. Darase

acollida a todas as artes, correntes e tendencias, cunha ollada crítica ao presente, ao

pasado e ao futuro.

O Pazo das musas aspira a ser o espazo onde conflúan os camiños polos que transita

a inspiración dos creadores de hoxe en día, un punto de encontro e de reflexión

arredor da cultura e da xestión cultural, e pretende, ao mesmo tempo, ser voceiro da

sociedade que asume, como ben de interés xeral, o sostemento das institucións

comprometidas en preservar e divulgar a nosa cultura.

SUMARIO Portada musical

Vals nº 2 (Jazz-Suite nº 2). D. Shostacovich.

Intérprete: Vazdin Yuknevich (3’)

Prólogo Presentación da revista O pazo das musas por Encarna Lago (5’)

Música Exspesión nº 1 (V. Jukhnevich)

Intérprete: Vazdin Yuknevich (2’)

Entrevista Francisco Nieto entrevista ao artista Ignacio López (15’)

Música Val-bostón (A. Rosenbaum)

Intérprete: Vazdin Yuknevich (2’)

Poesía Flores de mentira por Isidro Novo (3’)

Música Musset- Cielo de París (M. Legrand)

Intérprete: Vazdin Yuknevich (2’)

En profundidade Rosario barroco de prata e acibeche por Mª del Rosario Fernández (10’)

Música (Pachelbel) Preludio en mi menor.

Intérprete: Vazdin Yuknevich (2’)

Teatro Entremés de O xuíz dos divorcios de Miguel de Cervantes. Traducción de Tareixa

Campo.

Intérpretes: Cadro de actores do Grupo de Teatro Achádego (15’)

O Xuíz: Alberto Pérez

O vello: Antón Sampaio

Mariana: Esther Pedrouzo

O Escribán: Camilo Santos

O Soldado: Suso Meilán

Dona Guiomar: Tareixa Campo

O Cirurxián: Jose Blázquez

Aldonza de Minxaca: Marga Portomeñe

O Ganapán: Andrés Castelo

Músicos: Beatriz Meilán

Mercedes Acevedo

Música Por una cabeza (C. Gardel)

Intérprete: Vazdin Yuknevich (2’)

Memoria viva Los Urogallos por Juan Puchades Quilis (10’)

Música Exspesión nº 2 (V. Jukhnevich)

Intérprete: Vazdin Yuknevich (2’)

Poesía Moto por Isidro Novo (3’)

Música Adagio (A. Kachutuvián)

Intérprete: Vazdin Yuknevich (2’)

Para ver Os guerreiros de Shian, por Gonzalo Henrique Rodríguez Amorín.

Iconos: A mellor fotografía e cine da George Eastman House, por Javier

Huerga García (5’)

Música Exspesión nº 3 (V. Jukhnevich)

Intérprete: Vazdin Yuknevich (2’)

Opinión Intervención libre do público asistente (5’)

Epílogo Por Antonio Reigosa (5’)

Contraportada musical Jazz-estandart (All of me)

Intérprete: Vazdin Yuknevich (3’)

COLABORAN NESTE NÚMERO: Achádego

Foi polo mes de outubro do ano 1988 cando recibimos o encargo de facer

unha montaxe coa que celebrar o cuadraxésimo aniversario da Declaración

Universal dos Dereitos Humanos. A obra escollida foi A dobre historia do doutor

Valmy de Buero Vallejo, unha peza que pola súa temática achegaba ó público,

dun xeito descarnado, á terrible experiencia da tortura. Este proxecto fixo que

nos xuntaramos un grupo de persoas interesados no teatro.

Nestes dezaseis anos de vida, pasaron por Achádego máis de corenta

actores/ actrices, e todos eles deixaron a súa pegada no grupo. Achádego

sempre foi e segue a ser un grupo aberto a todas aquelas persoas que coma

nós sintan paixón polo teatro e desexen traballar pola cultura e o lecer.

Máis de seiscentas representacións por toda a xeografía galega con públicos

dispares e montaxes ben diferentes configuran a historia do grupo.Teatro de

rúa como Os Pelúdez entre nós, montaxes con textos poéticos de autores

galegos, parodias nas semanas de cine de Lugo (Achádego foi o derradeiro

grupo de teatro que actuou no Gran Teatro); experiencias en vídeo e

televisión... textos de Alonso de Santos, Terencio, Guelderode, Sastre, Plauto,

Shakespeare, Macchiavelli, Manuel María, Fole...

No mes de Setembro estreamos Confusión de María Balteira escrita a petición

do grupo por Marica Campo, unha montaxe que ten como valores destacados o

carácter poético do texto e a reivindicación da condición feminina.

Fernández González, Mª del Rosario Nacida en Lugo en 1968, é licenciada en Xeografía e Historia, especialidade de

Museoloxía pola Universisdade de Santiago de Compostela. Desde hai nove

anos ocupa praza de responsable da Sección de Artes Decorativas e

Etnografía no Museo Provincial de Lugo. Foi comisaria de varias exposicións

etnográficas en Italia e Polonia, así como no propio centro de traballo.

Huerga García, Javier Nacín na cidade da Couña en 1974. Son licenciado en Belas Artes,

especialidade de pintura, pola Facultade de Pontevedra, e Máster en Creación

e Comunicación Dixital pola Universidade da Coruña. Teño participado en

mostras colectivas de pintura e gravado. Profesionalmente nos últimos anos

estou dedicado a campos coma o deseño gráfico e a animación dixital.

Lago González, Encarna Nacida en Barcelona, instálase definitivamente en Pedrafita do Cebreiro en

1970. Despois de diversas ocupacións comeza a traballar na área de didáctica

do Museo Provincial de Lugo en 1991. Desde 1999 ocupa o cargo de Xerente

deste museo, tendo como obxectivo e lema da súa xestión un museo para

todos.

López, Ignacio Nace en Grolos, Guntín (Lugo) en 1959. Realiza estudos no Instituto Masculino

de Lugo onde se manifesta a súa inquietude pola pintura e xa participa

nalgunha exposición. Duns dez anos para acó retoma o interese pola pintura e

asiste a clases con Juan Prada, gradúase na Escola de Artes Aplicadas Ramón

Falcón de Lugo nas especialidades de gravado e estampanción. Na

actualidade realiza estudos universitarios na Facultade de Belas Artes de

Pontevedra.

Forma parte da exposición colectiva de artistas lucenses Ars Moenia, participa

na Trienal Latina de Le Puy (Francia) con obra na galería Cabrera de La

Habana. Foi seleccionado para o Premio de Pintura BMW e actualmente expón

na Sala de Exposición da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Nieto Rodríguez, Francisco Nace en 1954. Aos dezaseis anos comeza a traballar en Radio Popular ata

1995. Formou parte da primeira agrupación de Fuxan os ventos. Escribiu

artigos e entrevistas en diversos sornáis. É membro do Colexio Oficial de

Xornalistas de Galicia. Impartiu charlas e conferencias sobre música galega.

Desde hai catro anos dirixe e presenta o programa Esto me suena en Radio

Lugo da Cadnea Ser.

Novo, Isidro Fillo de mariñáns, Isidro Novo naceu en Lugo un día de San Froilán de

mediados do século pasado. Di sentirse máis poeta ca narrador, malia que ata

o momento na súa producción editada predomina a prosa sobre o verso,

disciplina na que ten publicado o libro Dende unha nada núa. De relatos son

Carne de can e Antollos de Eimarmena, mentres que novela son títulos seus

Teaza de brétema, Por unha presa de machacantes, Súa de si e a

recentemente saída do prelo Rosa lenta.

Puchades Quilis, Juan Nace en Valencia, onde realizaou os seus estudos na Escola Superior de BB:

AA.de San Carlos. Tras aprobar unha oposición vén a Mondoñedo en 1960

para tomar posesión da praza de profesor de debuxo no Instituto San Rosendo.

O tempo que lle queda libre dedícao á escultura, utilizando diferentes materiais

como a pedra, madeira, bronce, terracota, pero donde máis satisfacción atopa

é traballando o ferro, o aceiro-cortén ou combinando aceiro inoxidable e aceiro-

cortén; isto permítelle que a partir dunha idea á hora de executala con estes

materiais vaian aparecendo formas cheas e espazos baleiros cos que se

consegue unha plasticidade que con outros materiais non se logran. Mereceu

primeiros premios nos certames Mestre Mateo (1971), Castellón (1974),

Concurso Exposición Bimilenario de Lugo (1976) e III Bienal de Escultura

Sarria (1977).

Reigosa, Antonio Nace en Mondoñedo e traballa no Museo Provincial de Lugo desde 1982. É

membro de Chaira, xunto a X. Cuba, M. Salvador e O. Carnero, grupo de

investigación etnográfica dedicado a traballos de recompilación, investigación e

divulgación de literatura oral coma o recentemente publicado Da fala dos

brañegos. Literatura oral do concello de Abadín. O outro tempo dedícallo a

escribir libros, uns en colaboración con Xoán R. Cuba e Xosé Miranda coma o

Diccionario dos seres míticos galegos, Contos colorados. Narracións eróticas

da tradición oral ou a colección de contos Cabalo buligán, e outros en solitario

tal que Memorias dun raposo, Resalgario e Bacoriño.

Rodríguez Amorín, Gonzalo Henrique Nacín o 24 de xullo de 1975 en Gondomar, no Lugar do Ripote. Alí estiven até

os 22 anos cando rematei Maxisterio. Funme para Santiago onde me licenciei

en Historia coas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía. Comecei o

doutoramento pero deixeino ao segundo ano; había que traballar. E traballei en

múltiples escavacións e en diferentes oficios até que acabei cun traballo «ora et

labora» aquí no Museo Provincial de Lugo.

Yuknevich, Vazdin Naceu en Minsk (Belarus) en 1978. Formouse como músico na súa cidade

natal, na Escola de Música Primaria e no Conservatorio Superior, obtendo o

título de profesor de acordeón. Mereceu diversos premios como

recoñecemento ao seu virtuosismo xa nos seus anos mozos. Profesionalmente

foi membro do grupo de folk Shurbalka-Burbalka, da orquestra de instrumentos

nacionais da Universidade de Belarus, profesor de acordeón e director de

orquestras infantís. Actualmente traballa como profesor na Escola de Música

Cantarela, do colexio Galén de Lugo, no Conservatorio Adagio de Monforte e

no colexio Mercedarios de Sarria.

nº 1 31 de marzo de 2005

Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo

dependente da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Hora: 20 horas. Lugar:

Refectorio do Museo Provincial de Lugo.Duración aprox.: 1,30 h. Deseño gráfico e

animación dixital: Javier Huerga García. Coordina: Antonio Reigosa.

Este segundo numero da revista oral O pazo das musas quere continuar a andaina

iniciada no nº 0 e ser tamén encrucillada onde conflúan os camiños polos que transita

a inspiración dos creadores de hoxe en día, un punto de encontro e de reflexión

arredor da cultura e da xestión cultural.

«Una revista oral de contenido variado transforma el refectorio en un escenario de

actividades diversas, con estilos, tendencias y expresiones mezcladas. Una dosis de

poesía, otras de arte, una parte de teatro y música, generosas cantidades de música,

que actúa como transición de unas partes a otras... Si se mantuviesen las

proporciones y se cambiase el nombre de los ingredientes, podría tratarse de un

cóctel para paladares exquisitos»

Xosé María Palacios, La Voz de Galicia, 24 de decembro de 2004.

SUMARIO

Portada musical

Di si felice inesto (Gioacchino Rosinni)

Intérpretes: Laura Mª Alonso / Víctor M. González (3’)

Prólogo In memoriam Carlos Casanova

Carlos Casanova ía ser o encargado

de facer a presentación deste número 1

da revista O pazo das musas.

O seu pasamento deixounos orfos dun

intelectual irrepetible. Na súa memoria,

as musas recitan versos do seu libro

Rostros en un lienzo, Tris Tram, Lugo,

2001.

Poema: Retrato de niño balbuciendo.

Música: Where are old days (anónimo)

Intérpretes: Laura Mª Alonso / Víctor M. González (3’)

Documental

A arte que se pisa. Jesús Amor

Vázquez, artífice do pavimento do

claustro de San Francisco.

Coproducción da Fundación TIC e o Museo Provincial de Lugo (10’)

Música

Variación Golberg nº 7 (J. S. Bach)

Intérpretes: Laura Mª Alonso / Víctor M. González (2’)

Narración oral O imitador, por Fátima Fernández (8’)

Música

Miniatura para clarinete (J. Coba

Garrote)

Intérpretes: Laura Mª Alonso / Víctor M. González (2’)

Poesía A tecelá en outono, por Marica Campo

(3’)

Música

Invención nº 6 (Lennie Niehaus)

Intérpretes: Laura Mª Alonso / Víctor M. González (2’)

En profundidade Presentación da colección de lucernas

Varela Dafonte, por Enrique Alcorta Irastorza (10’)

Música

Triplets in lydian mode (Béla Bartók)

Intérpretes: Laura Mª Alonso / Víctor M. González (1’)

Memoria viva Axóuxere, primeiro suplemento de

literatura infantil e xuvenil en Galicia,

por Paco Martín (10’)

Música

Listen to my voice (canción israelí)

Intérpretes: Laura Mª Alonso / Víctor M. González (2’)

Narración oral A espera, por Fátima Fernández (8’)

Música

Minuetto duo concertante nº 1 (Haydn)

Intérpretes: Laura Mª Alonso / Víctor M. González (2’)

Poesía

Confeso que estou tola, por Marica Campo (3’)

Música

Dúo para dous clarinetes (Mozart)

Intérpretes: Laura Mª Alonso / Víctor M. González (1’)

Para ver O imperio azteca, Museo

Guggenheim de Bilbao, por

Marta Coria Blanco.

Die Brücke. O nacemento do

expresionismo alemán, por Mª Noelia Ramos Marful (5’)

Música

Sonata nº 1 (Lefevre)

Intérpretes: Laura Mª Alonso / Víctor M. González (2’)

Opinión Intervención libre do público

asistente (5’)

Epílogo Por Antonio Reigosa (3’)

Contraportada musical O pico do grelo (muiñeira tradicional)

Intérpretes: Laura Mª Alonso / Víctor M. González, coa colaboración á

pandeireta de Ángeles Pascual (2’)

COLABORAN NESTE NÚMERO:

Alcorta Irastorza, Enrique

Cursou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Deusto (Bilbao),

licenciándose en 1982. A súa actividade arqueolóxica comeza en 1975, con

escavacións en Ampuries (Girona), Forua (Guernica), xacemento de La Hoya,

Laguardia (Álava), e Aquis Querquennis en Portoquintela (Ourense). Desde 1986 vén

escavando en Lugo, tanto no sochán como na muralla. É autor de numerosas

publicacións.

Alonso Gandoy, Laura María

Naceu en Lugo o ano 1971. Con 11 anos entra na Escola de Música que daquela tiña

a Banda Municipal e comeza así os seus estudos dentro do campo da música; estudos

que continuará no Conservatorio Superior de Música da Coruña e no de Santiago de

Compostela. O ano 1987 entra a formar parte da Banda Municipal de Música de Lugo

como clarinetista, sendo a primeira muller que entrou a formar parte desta formación

na que continúa na actualidade.

Campo, Marica

Nacín no Val do Mao, O Incio en 1948, estudei Teoloxía e Filosofía e Letras, son

licenciada en Maxisterio e en Galego pola Escola de Idiomas, e traballo como

profesora de Galego no IES de Guitiriz. Publiquei relatos e poemas soltos en diversas

revistas, colaboro en iniciativas docentes e socioculturais dirixidas á dignificación da

literatura e a lingua do país, escribín letras para grupos musicais galegos desde o

albor da Nova Música Galega, para “Fuxan os Ventos”, “A Quenlla” e outros, obras de

teatro, pregoei eventos culturais e festivos, prologuei libros... Da miña obra publicada

gusto de salientar as obras teatrais O premexentes non pode cos paxaros rebezos,

Cadernos da Escola Dramática Galega, Confusión de María Balteira, representada

polo grupo “Achádego” e de próxima publicación polo Arquivo “Francisco Pillado” da

Universidade da Coruña. Obras poéticas como Tras as portas do rostro, Baía

Edicións, A Coruña, 1992, Pedinche luz prestada, I Premio de Poesía “Fiz Vergara

Vilariño” (2000), editado por Espiral Maior, A Coruña, 2001. En narrativa Confusión e

morte de María Balteira, Baía Edicións, A Coruña, 1996 (Finalista no premio da

Crítica), Memoria para Xoana, Premio de narrativa do Concello de Vilalba no 2001 e

Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2002, editado por Espiral Maior

no 2002, Crispín do Mao, Crispín do mar, no volume “Contos”, publicado pola

Dirección Xeral de Política Lingüística, 2004, A voda, en “Narradoras” de Xerais, Vigo,

2000, e colaborei en Poemas e contos da muralla, edición do concello de Lugo

Coria Blanco, Marta

Nacín en Lugo en 1981, onde cursei os estudos de bacharelato. Son licenciada en

Historia da Arte pola Univesidade de Santiago de Compostela, coas especialidades de

Arte Moderna, Arte Contemporánea e Patrimonio Artístico. Actualmente traballo na

organización e guía de exposicións no Museo Provincial de Lugo.

Fernández, Fátima

Nacín en Foz pero ata os nove anos vivín en Asturias, a esa idade regresei a Foz para

convivir cos meus avós; foi o meu avó o que me introduciu no mundo da fantasía

popular. Deixoume en herdanza unha caixa dentro de min coas súas historias, caixa

que de vez en cando abro e da que xurden entrecruzadas a realidade coa fantasía, as

historias cos contos, o que foi co que debería ter sido... Fun estudar Maxisterio a

Ourense e alí comezou unha nova etapa da miña vida; naceu o meu fillo Daniel froito

da miña relación co meu compañeiro Xesús, e con el tamén naceu a necesidade de

contarlle as cousas que a min me contaron. Na actualidade vivo desde hai sete anos

en Lugo, onde traballo como Coordinadora do Centro de Día “Antonio Gandoy” e

realizo actividades de animación á lectura e contacontos.

González Díaz, Víctor Manuel

Nace en Lugo un 30 de outubro do ano 1971. Comeza os seus estudos musicais na

Escola da Banda Municipal de Lugo o ano 1979 da man do mestre Fernández Groba,

para continuar a formación no Conservatorio Superior de Música da Coruña, e máis

tarde no de Santiago onde obtén o título de Profesor Superior de Clarinete. Na

actualidade desenvolve a súa actividade profesional na Banda Municipal de Lugo e

traballa como profesor de Música no colexio “San Xosé” de Lugo.

Huerga García, Javier

Nacín na cidade da Couña en 1974. Son licenciado en Belas Artes, especialidade de

pintura, pola Facultade de Pontevedra, e Máster en Creación e Comunicación Dixital

pola Universidade da Coruña. Teño participado en mostras colectivas de pintura e

gravado. Profesionalmente nos últimos anos estou dedicado a campos coma o deseño

gráfico e a animación dixital.

Martín, Paco

Recatelo, Lugo, 1940. Un día Xurxo Lobato quixo fotografarme contra o fondo de

nenas e nenos da Escola da Doloriñas e conseguiu que eu aparecese case formando

parte da pintura. Agora, cando miro a fotografía comprendo porque estou tan

identificado con ela: a verdade é que andei case toda a miña vida en circunstancias

moi semellantes ás que a foto deixa ver. Primeiro entre os demais cativos do barrio de

Lugo no que, hai xa moitos anos, fun medrando mentres corría atrás dunha pelota feita

de farrapos, nadaba nas augas do Miño, andaba ás mazás polas hortas de Fingoi,

acudía á escola de don Domingo e tiña oportunidade de escoitar ós maiores cando

contaban historias de lobos feros e ouveadores nas noites sen lúa, de pantasmas que

procuraban xustiza e vinganza desde outros mundos tenebrosos, de arriscadas

aventuras de emigrantes en afastados países e milleiros de contos máis que me

viñeron acompañando ata que tamén eu cheguei a me facer mestre como a Doloriñas

do cadro de Julia Minguilllón e seguir así, rodeado de cativos, ata o día de hoxe.

Nunca quixen esquecer aqueles relatos que encheron a miña infancia nin a felicidade

que a todos nos proporcionaban. Supoño que esa foi a razón principal de que, andado

o tempo, a min me dese por escribir historias que outros puidesen ler e así vivir

noutras vidas, camiñar canda outras xentes, inventar outros pasados e outros futuros,

soñar outros soños e mesmo sentir outros sentimentos. E aquí me tedes.

Ramos Marful, Mª Noelia

Nacín en Santiago de Compostela hai trinta anos. Aos cinco anos trasladeime coa

miña familia a Foz onde trasncorre a miña adolescencia. Desde hai dez anos resido en

Lugo, onde me diplomei en Maxisterio e posteriormente licencieime en Humanidades.

Na actualidade traballo no Museo Provincial de Lugo onde colaboro cos distintos

departamentos na organización de exposicións e guía de actividades didácticas.

nº 2 30 de xuño de 2005

Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo

dependente da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Hora: 20 horas. Lugar:

Refectorio do Museo Provincial de Lugo.Duración aprox.: 1,30 h. Deseño gráfico e

animación dixital: Javier Huerga García. Coordina: Antonio Reigosa.

Ei, Musa, desperta, ruliña graciosa.

Pasaron as neves, Abril xa chegou.

Na beira do río pulsémola lira,

as maias xa bailan; xa o merlo cantou.

Fragmento de A escola da primaveira. Imitación de Ovidio, de Xosé Mª

Chao Ledo (Vilalba 1844-1894).

SUMARIO

Portada musical

Sós (Manuel Antonio)

Intérprete: Pilocha (3’)

Presentación por Benxamín Casal (5’)

Música

O tuturutú (Xosé Neira Vilas)

Intérprete: Pilocha (2’)

Entrevista

Evi Nogueira entrevista a Paco Pestana (15’)

Música

Ai, amiga (E. Guerra da Cal)

Intérprete: Pilocha (2’)

O cabaleiro da Trabe de Ouro. Darío de Saor na Academia Felicitación ao escritor Darío Xohán Cabana pola súa recente elección como membro da

Real Academia Galega, por Xoán Ramiro Cuba Rodríguez (5’)

Música

Cholo peruán (Farruco Sesto)

Intérprete: Pilocha (2’)

Poesía Fragmentos de O idioma de Eva, por J. Luís Calvo (3’)

Música

Romance de dona Eusenda (Anónimo)

Intérprete: Pilocha (2’)

En profundidade A arte do retrato en miniatura no Museo Provincial de Lugo, por María Quiroga Figueroa (10’)

Música

Menina (Popular)

Intérprete: Pilocha (2’)

Maxia, a arte da ilusión Xogos máxico-poéticos inspirados en poemas do libro Una duda de Alicia de Ramón

Mayrata, polo Mago Antón (10’)

Música

Limiar (Celso Emilio Ferreiro)

Intérprete: Pilocha (2’)

Poesía

Fragmentos de O idioma de Eva, por J. Luís Calvo (3’)

Música

Non te quero (Mónica Góñez)

Intérprete: Pilocha (2’)

Para ver

Aqua romana. Técnica humana e forza divina, por Gonzalo Henrique Rodríguez Amorín.

The size of it de Richard Deacon, por Javier Huerga García (5’)

Música

Opiniâo (Celia Barbosa)

Intérprete: Pilocha (2’)

Opinión Intervención libre do público asistente (5’)

Epílogo Por Antonio Reigosa (3’)

Contraportada musical

Ó rama (Popular portuguesa)

Intérprete: Pilocha (2’)

COLABORAN NESTE NÚMERO

Calvo Vidal, J. Luís Oviedo, 1973. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago

de Compostela. Creador e director de Evohé, Revista cultural do Campus de

Lugo (1996-1998), autor de La hija imperfecta (2000), Definitivo territorio (2004)

e Lorenzo Varela na Escola. Vida e morte do exilio galego (2005).

Casal, Benxamín Lugo, 1935. Doutor Enxeñeiro Agrónomo e Economista. Estudou o bacharelato

en Lugo, no hoxe Instituto Lucus Augusti, e nas Universidades de Madrid e

Santiago de Compostela. Fixo viaxes de estudos por Francia, Holanda e Reino

Unido. Exerceu profesionalmente desde 1963 en Guadalajara, Baleares e

Lugo. Foi docente na Escola Enxeñería Técnica Agrícola e na Técnica Superior

de Enxeñeiros Agrónomos, dirixiu Cursos de Doutoramento e Posgrao da

universidade compostelán. Presidiu o Clube Cultural Valle Inclán e o Círculo

das Artes, pronunciou conferencias dentro e fóra de Galicia. Foi Consellerio de

Enerxía, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, Deputado no Parlamento de

Galicia, Xefe Provincial do SENPA, Xerente do Catastro e Director Provincial

do Ministerio de Pesca e Alimentación. Actualmente dirixe a Gran Enciclopedia

Galega Silverio-Cañada, forma parte do Consello Social da Universidade de

Santiago, do Padroado da Fundación Penzol, é secretario da Fundación Otero

Pedrayo e Vicepresidente da Editorial Galaxia. É autor de numerosos artigos e

de, entre outros, os libros A incidencia en Galicia do Plano Enerxético Nacional,

Achegamento á minería galega, A Terra Chá luguesa, A Galicia campesiña, e

traducíu ao galego a monumental obra La Galice do gran xeógrafo francés Abel

Bouhier.

Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro Lugo, 1958. Traballa no Museo Provincial desde 1982, actualmente como

Auxiliar de Biblioteca. Escritor e investigador da tradición oral de Galicia. Creou

con Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa o Equipo de

Investigación Chaira. Participou en tódolos proxectos, traballos de campo, de

arquivos e publicacións realizadas por este equipo dende 1992. Cos seus

compañeiros do Equipo Chaira, con Xosé Miranda e Antonio Reigosa, e en

solitario, é autor de vinte libros (entre outros, Polavila na Pontenova,

Diccionario dos seres míticos galegos, Contos colorados e dez volumes da

colección Cabalo Buligán) e de varias ducias de traballos que viron a luz en

xornais e publicacións especializadas. O seu libro para primeiros lectores, O

caracol Remoldiño, obtivo neste ano 2005 o Premio Lecturas da Asociación

Gálix.

Huerga García, Javier Nacín na cidade da Couña en 1974. Son licenciado en Belas Artes,

especialidade de pintura, pola Facultade de Pontevedra, e Máster en Creación

e Comunicación Dixital pola Universidade da Coruña. Teño participado en

mostras colectivas de pintura e gravado. Profesionalmente nos últimos anos

estou dedicado a campos coma o deseño gráfico e a animación dixital.

López Rivas, Antón (Mago Antón) Castroverde, 1956. Iniciou a súa actividade escénica co grupo Valle Inclán de

Lugo para despois dedicarse por completo aos espectáculos de maxia. En

1977 creou o personaxe de Facundo, unha marioneta á que lle pon voz. En

1985 constituíu a empresa Produccións Máxicas, coa que producíu o

espectáculo Merlín e familia, ao que seguiron outras propostas como o

espectáculo multimedia Vía Láctea (1993), Insólito por Antonomaxia (1995),

Fugas e soños (1996), En clave de maxia (1998), en colaboración coa

Orquestra Sinfónica de Galicia e 2001 ilusións (2001). En 1989 foi nomeado

Lucense do ano e en 2003 foi nomeado Galego Egrexio nos Premios da Crítica

de Galica. Percorreu Galicia e varios países do mundo cos seus espectáculos.

Martínez Conde, Mª Pilar (Pilocha) Nacín en Vigo e cursei estudos en Santiago de Psicoloxía. Vivín en Almería

e agora en Lugo. Teño varios traballos discográficos publicados (Pilocha,

Calamidá Sentimental ...) e colaboracións en moitos outros de artistas galegos.

Adoro a poesía e fago uso dela no meu traballo. Na actualidade curso estudos

de canto lírico e preparo unha nova gravación.

Nogueira, Evi A súa vida profesional transcorre entre Santiago de Compostela e Lugo.

Iníciase no xornalismo como locutora e redactora de radio na Cadena COPE,

en Santiago de Compostela. Posteriormente, trasládase a vivir a Lugo, e

incorpórase á plantilla de Ondas Galicia de onde pasa á Cadena COPE.

Abandona a radio para incorporarse como redactora ao gabinete de prensa da

Presidencia da Xunta de Galicia, en Compostela. Regresa de novo a Lugo,

onde ocupa o cargo de Xefe de prensa da Subdelegación do Goberno en Lugo.

Na actualidade traballa como redactora e presentadora de programas de

televisión producidos pola Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías

da Información e da Comunicación.

Pestana, Paco Nacín en Castroverde, Lugo, en 1949. Artista multidisciplinar, realicei máis de

120 exposicións de escultura e estiven presente nas bienais de escultura de

Zamora, Oviedo, Pontevedra, Tárrega, e en simposios en Santander, Wismark,

Portugal, ... As miñas últimas exposicións tiveron lugar na Fundación Granell,

na Casa da Parra en Santiago de Compostela, Museo de Lugo, Fundación

Torrente Ballester de Ferrol, Museo de la Pasión de Valladolid, Museo de Lalín

(Pontevedra), Auditorio de Galicia en Santiago e Museo de Ourense. Colaboro

en revistas e nos xornais escribindo sobre arte e humor. Publiquei poesía e

colaborei en radio e en montaxes teatrais.

Quiroga Figueroa, María Lugo, 1969. Licenciada en Xeografía e Historia, Sección de Arte,

Especialidade de Museoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela.

Desde 1992 traballo no Museo Provincial de Lugo como Técnico de Actividades

Socioculturais, desenvolvendo labores de inventariado e catalogación na

Sección de Belas Artes do museo.

Rodríguez Amorín, Gonzalo Henrique Nacín o 24 de xullo de 1975 en Gondomar, no Lugar do Ripote. Alí estiven até

os 22 anos cando rematei Maxisterio. Funme para Santiago onde me licenciei

en Historia coas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía. Comecei o

doutoramento pero deixeino ao segundo ano; había que traballar. E traballei en

múltiples escavacións e en diferentes oficios até que acabei cun traballo «ora et

labora» aquí no Museo Provincial de Lugo.

nº 3 29 de setembro de 2005

Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo

dependente da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Hora: 20 horas. Lugar:

Refectorio do Museo Provincial de Lugo.Duración aprox.: 1,30 h. Deseño gráfico e

animación dixital: Javier Huerga García. Coordina: Antonio Reigosa.

Este número especial da revista oral O pazo das musas pretende divulgar e apoiar a

Candidatura para o recoñecemento por parte da UNESCO da Tradición Oral Galego-Portuguesa como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Intanxible da

Humanidade.

A vontade das persoas e agrupacións que interveñen neste monográfico súmase á de

moitas institucións, asociacións e entidades que colaboran con este proxecto para

acadar a anceiada declaración co obxectivo de que este patrimonio se difunda, se

poña en valor e se salvagarde para o futuro.

SUMARIO

Música

Xota lucense, á trompa por Emilio do

Pando”. (2’)

Vídeo promocional da Candidatura

As Tradicións Orais Galego-

Portuguesas. (10’)

Presentación Folclore e folclorismo, por Xosé Manuel González Reboredo. (10’)

Cancioneiro

Adelaida, romance recollido o ano 2004

por Cantar das eiras a Josefa Viña Castelo, de Recelle, Portomarín

(Lugo).

Intérpretes: Cantar das eiras. (2’)

A Candidatura: Alicerces

Patrimonio Inmaterial: Cultura sen

fronteiras, por Xabier Prado. (5’)

A Candidatura: Ponte nas Ondas

Ponte Nas Ondas: Comunicação sem

fronteiras, por Mª de Lourdes Carita.

(5’)

A tradición oral vive Tres casamentos nun día, romance de

cego recollido de boca da recitadora

polo Equipo Chaira o ano 1992 en

Labrada, Abadín (Lugo), por Elva Requeijo. (3’)

A tradición oral recreada A princesa que non ría, conto da

tradición oral publicado na colección

Cabalo Buligán, nº 6, de Edicións

Xerais, por Antonio Reigosa. (7’)

Cancioneiro

Canto de Sega, recollido o ano 2001

por Cantar das eiras a Dolores López Vázquez, de S. Mamede de Belaz,

Portomarín (Lugo). Intérpretes: Cantar das eiras. (3’)

A Candidatura: Características

Características da Candidatura

presentada á UNESCO, por Xabier Prado. (5’)

A Candidatura: Obra Mestra da

Humanidade

Vantagens da proclamação como Obra

Mestra da Humanidade pela UNESCO,

por Mª de Lourdes Carita. (5’)

A tradición oral pervive Xerineldo, romance cabaleiresco

recollido de boca da recitadora polo

Equipo Chaira o ano 1992 en Labrada,

Abadín (Lugo), por Elva Requeijo. (3’)

Música

Xota roubada, á trompa por Emilio do

Pando”. (2’)

A tradición oral por descubrir As zapatillas gastadas, conto

tradicional recollido a Enrique Díaz, de

Vilarpiñol, A Fonsagrada (Lugo),

adscrito a un tipo non rexistrado ata o

de agora en Galicia, por Xoán R. Cuba do Equipo Chaira. (5’)

Cancioneiro

Jota, recollida o ano 2004 por Cantar

das eiras a Josefa Viña Castelo, de

Recelle, Portomarín. (Lugo).

Intérpretes: Cantar das eiras. (2,5’)

A tradición oral anovada Remoldiño, recreación en verso de

Xoán R. Cuba dun conto recollido a

Manuel López Díaz en Candelos, A

Fonsagrada (Lugo) polo Equipo Chaira en 1999, por Clara Reigosa Lombao. (2’)

O carro e o home (1940)

Filme do cineasta ourensán Antonio Román, con guión de Xaquín Lorenzo. Narra o proceso de

construción dun carro do país na aldea

de Facós, concello de Lobeira

(Ourense). (10’)

Opinión Intervención libre do público

asistente. (5’)

Manifesto Manifesto do Museo Prov. de

Lugo, por Encarna Lago. (3’)

Música

Muiñeira dos Pontinos, á trompa por

Emilio do Pando”. (2’)

COLABORAN NESTE NÚMERO

Cantar das Eiras Grupo de cantadeiras formado en Lugo o ano 2004 por Violeta Núñez, Lucía Pereira, Sara Pérez, Sabela Quijada e Vanessa Tella, todas con experiencia

previa noutros grupos folklóricos. O seu repertorio é amplo, procedente de recolla

propia ou doutros grupos, e abrangue desde o romanceiro e o cancioneiro

tradicionais, de temáticas moi variadas, jotas, pasodobres, muiñeiras, cantos de

festa, de labor, de amor e do ciclo do Maio, de Nadal ou Reis. Ás veces

acompáñanse con instrumentos de percusión como as pandeiretas, latas,

pandeiros, cunchas... e poñen en escea vestimentas respetuosas coas formas

tradicionais, axeitadas aos temas que interpretan. Grupo de recente formación que

aporta ao mundo da música tradicional de Galicia a necesaria renovación para que

a tradición se manteña viva.

Carita, Mª de Lourdes. Marvão, Portalegre, 1946. Coordenadora da Candidatura a Património Oral e

Imaterial da Humanidade das “Tradições Orais Galego-Portuguesas. Licenciada em

Filologia Românica pela Universidade Clássica de Lisboa e professora na Escola

Secundária de Valença..Em 1987 assumiu o cargo de Leitora de Português na

Universidade de Santiago de Compostela e logo na da Corunha. Obteve a

qualificação de Formadora de Professores (1998) e tem ministrado cursos para

Professores no Centro de Formação do Alto Minho, Monção. Sob o patrocínio do

Instituto Camões publicou na Editora Laiovento de Santiago em 1996, o manuscrito

inédito (que, entretanto, descobriu na Torre do Tombo) da Viagem que Fialho de

Almeida fez à Galiza em 1905, livro reeditado pelo semanário “O Independente”, de

Lisboa (2001). Com o apoio do Instituto de Inovação Educacional publicou Falsos

Amigos Entre o Português e o Espanhol e colaborou com artigos sobre escritores

portugueses na publicação da Histoire de la Littérature Européenne, editada pela

Hachette, Paris (1992).

Cuba, Xoán Ramiro Lugo, 1958. Traballa no Museo Provincial desde 1984. Escritor e investigador da

tradición oral de Galicia. Creou con O. Carnero, M. Salvador e A. Reigosa o Equipo

Chaira. Participou en tódolos proxectos, traballos de campo, de arquivos e

publicacións realizadas por este equipo dende 1992. Co Equipo Chaira, con X.

Miranda e A. Reigosa, e en solitario, é autor de vinte libros (Polavila na Pontenova,

Diccionario dos seres míticos galegos, Contos colorados e dez volumes da

colección Cabalo Buligán), de varias ducias de traballos que viron a luz en xornais e

publicacións especializadas. O seu libro O caracol Remoldiño, obtivo neste ano

2005 o Premio Lecturas da Asociación Gálix.

Emilio do Pando Emilio Pérez Álvarez, Emilio do Pando, carteiro xubilado da Fonsagrada (Lugo), é

referente indiscutible para todo aquel que queira coñecer a música daquela

comarca. Gaiteiro ilustre, tocador de trompa (trompa galega, birimbao, arpa de

boca, guimbarda, arpa xudea...), foi quen introducíu a músicos e grupos de música

tradicional como Milladoiro ou Luar na Lubre no saber e nas músicas da súa zona.

Imparte cursos e participa en recitais en Galicia, España e Portugal.

González Reboredo, X. Manuel Lugo, 1946. Catedrático de Xeografía e Historia no Instituto "Rosalía de Castro" de

Santiago de Compostela. Pertence a institucións como o Museo do Pobo Galego, a

Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, o Consello de

Cultura da Excma. Deputación Provincial de Lugo, o Consello Editorial do Proxecto

Galicia (Hércules de Edicións), o Consello Consultivo da Gran Enciclopedia Galega,

e á Academia Galega no grado de correspondente. Na súa actividade como

etnógrafo fixo traballo de campo en diversas comarcas de Galicia e na zona

occidental de León. Publicou varios libros e máis dun cento de artigos, participou en

simposios e congresos de Galicia, España e Portugal. Na provincia de Lugo

coordinou estudos sobre a cultura rural de Navia de Suarna, recolleu datos sobre o

Entroido da Ribeira Sacra e Pobra do Brollón, así como lendas e outros datos

etnográficos no Incio, Guitiriz, etc. É asesor etnográfico da Candidatura do

Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués para súa proclamación como Obra Mestra

da Humanidade pola UNESCO.

Lago González, Encarna

Nacida en Barcelona, instálase definitivamente en Pedrafita do Cebreiro en 1970.

Despois de diversas ocupacións comeza a traballar na área de didáctica do Museo

Provincial de Lugo en 1991. Desde 1999 ocupa o cargo de Xerente deste museo,

tendo como obxectivo e lema da súa xestión un museo para todos.

Prado Orbán, Xabier Ourense, 1956. Profesor de Física e Química dende 1983, agora no IES “Pedra da

Auga” de Ponteareas. Coordenou o Programa SÓCRATES “A Prensa: Medio de

Comunicación entre Escolares” no Curso 97/98 entre centros de España, Francia e

Alemania, así como o traballo “Educación Intercultural no Ensino Secundario”,

premio á Innovación Educativa na Educación para a Paz (1998). É autor da

Unidade Didáctica para a Educación Intercultural “Interlinguas”, nos Encontros

Intern. de Educación para a Paz, Santiago (1994); Vermont(1995); Graz (1996);

París (1997), da Unidade Didáctica Interdisciplinar “A Relatividade”, seleccionada

para a Semana Europea de Ciencia e Tecnología “Physics On Stage” organizada

pola Axencia Espacial Europea (ESA) no CERN de Ginebra (2000), autor e Coord.

Internacional do Proxecto “YoGoTe” para a Comunicación Internacional con Signos

Universais (www.yogote.org) ante a Comisión de Educación do Parlamento

Latinoamericano, A Habana (2002), e na Conferencia Interparlamentaria

Latinoamericana de Cultura, Sao Paulo (2004). Vicepresidente da As. Cultural e

Pedagóxica “Ponte… Nas Ondas!”

Reigosa, Antonio Mondoñedo, 1958. É membro de Chaira, xunto a X. Cuba, M. Salvador e O.

Carnero, grupo dedicado a traballos de recompilación, investigación e divulgación

de literatura oral coma o recentemente publicado Da fala dos brañegos. Literatura

oral do concello de Abadín. Autor ou coautor de libros coma o Diccionario dos

seres míticos galegos, Contos colorados, Pequena mitoloxía de Galicia ou a

colección Cabalo buligán, Memorias dun raposo, Resalgario e Bacoriño.

Reigosa Lombao, Clara Lugo, 1996. Comezo 4º de E. Primario estes días. Gústame ler e, de vez en cando,

escribo algún conto. Cando sexa grande quero ser profesora ou... xa veremos!

Aínda queda moito!

Requeijo, Elva Reside no barrio das Basilias, Labrada, Abadín (Lugo). Dedícase aos labores

agrícolas e domésticos, e sempre gustou, desde moi nova, de aprender e recitar

todo canto lía ou chegada aos seus oídos. Lembra con especial agarimo as

“historias”, follas impresas que se vendían na feira de Gontán. Cando ela non as

conseguía, pedíaas prestadas, e no que pasa unha tarde alindando as vacas

memorízabaas e xa non as esquecía. Foi unhas das principais informantes do

Equipo Chaira como se pode comprobar en Da fala dos brañegos. Literatura oral do

concello de Abadín. Dela dise nesta publicación “A achega a esta colección de Elva

Requeijo é altamente significativa, cuantitativa e cualitativamente... A ela e á súa

extraordinaria memoria debemos varias longas composicións...”.

Nº 4 Xoves, 29 de decembro de 2005

Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo e a

Excma. Deputación Provincial de Lugo. Hora: 20 horas. Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1,30 h. Deseño gráfico e animación dixital:

Javier Huerga García. Coordina: Antonio Reigosa.

“Creo nas musas e entendo que representan a inspiración ou o impulso para

escribir algo. As ideas ou as ocurrencias que teño atribúollas sempre a unha

musa máis que a un esforzo. Tomo a escritura como un regalo”

Augusto Monterroso (Tegucigalpa, 1921- México D. F., 2003)

SUMARIO

Portada musical

The Duellist (Nigel Eaton) Copsa Mica.

Intérprete: Pablo Cid (3’)

Presentación Poesía occitana en galego, por Darío Xohán Cabana (5’)

Música

Soño de Ainhoa (creación propia)

Intérprete: Pablo Cid (3’)

Poesía Fragmentos de Capitán dos teus ollos,

por Xosé Miranda (3’)

Música

Caravan (Duke Ellington)

Intérprete: Pablo Cid (3’)

En profundidade ¿Para que serve a arqueoloxía?

Campañas de escavacións no castro

de Zoñán, por Abel Vigo (15’)

Música

Un ir e vir (creación propia)

Intérprete: Pablo Cid (3’)

Ciencia e tradición Prognóstico do tempo para o ano 2006

segundo o método “Cabañuelas”, por

José Alberto González González (12’)

Música

Danza do entrenzado (tradicional)

Intérprete: Pablo Cid (3’)

Poesía

Fragmentos de Capitán dos teus ollos,

por Xosé Miranda (3’)

Música

O medio paso. De Mostade a Millares

(tradicionais)

Intérprete: Pablo Cid (3’)

Memoria viva Atlántico Express, a revista de

avangarda dos anos oitenta en Lugo,

por Xaime da Pena (10’)

Debuxos premiados no Concurso

Infantil convocado con motivo do “V

Aniversario da Declaración da Muralla

Romana de Lugo pola UNESCO como

Patrimonio da Humanidade”. (4’)

Música

En desacordo (creación propia)

Intérprete: Pablo Cid (3’)

Opinión Intervención libre do público asistente

(5’)

Epílogo Por Encarna Lago (3’)

Contraportada musical Horokahan (Stéphane Durand)

Intérprete: Pablo Cid (3’)

COLABORAN NESTE NÚMERO

Gañadores do Concurso de Debuxo “V Aniversario da Declaración da Muralla Romana de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade”

1º Premio: Diana Katherine Arango Ardila (C.E.I.P. de Paradai, Lugo). 2º Premio: Mª Victoria Fernández Bettinelli (C.E.I.P. de Paradai, Lugo). 3º Premio: María Mateos Seirul (C.P.R. PP. Franciscanos, Lugo). Accésits: Javier Montoya Bolaños, Andrea Rodríguez López, Cristina Paz Pérez (C. P. R. PP. Franciscanos, Lugo). Lorena Gómez López, Lucía Mato López (C.E.I.P. “Antonio Fernández López”, Oural,

Sarria). Andrea Sinde González (C.E.I.P. de Muimenta, Cospeito). Fouad El Ghani (C.E.I.P. de Paradai, Lugo).

Atlántico Express Revista de avangarda editada en Lugo o ano 1984 da que só viron a luz 4 números.

Os artífices foron Xaime da Pena, Honorio, Xermán Refojo e X. Carlos Fernández, e

colaboraron, entre outros, Juan Soto, Bordell, Fernando del Valle, Camilo López, J.

Antonio Coira, Paco Espinar, Paco Pestana, Lomarti, Antón Grande, Pedro L.

Cabanillas, Miguel Anxo Murado, X. A. López Dobao, Pimitivo Marcos, Julio Carballo,

Alvez, Roxo, P. Barro, Manuel Curiel, Antón Castro, M. C. Matalobos, Fidel Fernán,

Pedro Revaldería, Antonio Murado, X. L. Seixo e José de Cora.

Cabana, Darío Xohán Roás (Terra Chá de Lugo), 1952. Os seus grandes mestres foron e son Xosé Mª

Álvarez Blázquez, Manuel María e Méndez Ferrín. Durante moitos anos publicou case

exclusivamente poesía. A partir de 1984 adicouse intensamente á tradución de poetas

italianos —traducións en verso que respectan rigorosamente a métrica e a rima dos

orixinais—. Pola de A Divina Comedia foi galardoado co Premio Otero Pedrayo en

Galicia; e o Concello de Florencia outorgoulle a súa Medalla de Ouro, considerando a

súa tradución como «la più pregevole della dantesca Commedia finora isponibile in

area galego-portoghese-brasiliana». A tradución da Vida nova recibiu o premio Ramón

Cabanillas. Recentemente publicou Antoloxía do Dolce Stil Novo, e proximamente verá

a luz unha antoloxía dos trovadores occitanos. Ocasionalmente ten traducido poemas

franceses e cataláns, e publicou unha versión de Os Tres Mosqueteiros. A partir de

1989 publicou principalmente narrativa, entre elas obras de éxito como Galván en

Saor, O cervo na torre e Morte de rei. En próximas datas vai tomar posesión como

membro da Real Academia Galega.

Cid Peiteado, Pablo Vigo, 1980. Cando tiña tres anos, meus pais mudáronse á aldea luguesa de San

Miguel de Senande, onde vivo dende entón. Xa de cativo enredaba facendo pequenos

traballos coa madeira ou calquera tipo de actividade manual. Isto foi o que me levou,

máis tarde, a comezar estudos de ebanistaría nun centro educativo de Vigo. De xeito

paralelo, e xa que sempre sentira unha fonda paixón pola música, comecei a toca-la

gaita galega. Daquela espertou en min a idea de conxuga-las dúas artes mediante a

construcción de instrumentos musicais de madeira. Coa fin de amplia-los

coñecementos, participei en cursos de acabados tradicionais na madeira, restauración

de órganos e mobles antigos, así como de luthería antiga en Xixón da man do mestre

francés Benoît Gervais e do asistente galego Antonio Franco. No que atinxe aos

instrumentos musicais, até agora lévome centrado na construcción de zanfonas.

Asemade, arranxo instrumentos de corda. Fai catro anos escomencei estudos

musicais da man de Óscar Fernández Sanjurjo na Asociación do Conservatorio de

Música Tradicional e Folque ...de Lalín.

González González, José Alberto Oficial industrial na rama de electricidade e electrodomésticos, e con coñecementos de

enerxía solar. A miña afección desde neno foi o estudo da natureza, e en especial a

meteoroloxía. Pertenzo á Asociación Española de Cabañuelas y Astrometeorología.

Presentei ponencias en distintos congresos que a asociación organizou para

intercambiar coñecementos e experiencias.

Lago González, Encarna Nacida en Barcelona, instálase definitivamente en Pedrafita do Cebreiro en 1970.

Despois de diversas ocupacións comeza a traballar na área de didáctica do Museo

Provincial de Lugo en 1991. Desde 1999 ocupa o cargo de Xerente deste museo,

tendo como obxectivo e lema da súa xestión Un museo para todos.

Miranda Ruíz, Xosé

Lugo,1955. Poeta, narrador e ensaísta, licenciado en Bioloxía e catedrático de Bioloxía

e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo. Entre a súa obra narrativa destacan,

entre outros moitos títulos, Historia dun paraugas azul (1990), A biblioteca da iguana

(1994), O demo á orella (1996) Morning Star (1998), Ariadna (2002), Pel de lobo

(2002). É coautor do Diccionario dos seres míticos galegos (1999), Pequena mitoloxía

de Galicia (2001) Cando os animais falaban (2003), Contos colorados (2001) Arrepíos

e outros medos (2004) e da colección Cabalo buligán. Como poeta é autor de cinco

libros reunidos en As cidades mergulladas. Poesía reunida (2003) e deste Capitán dos

teus ollos (2005). Foi galardonado cos premios Esquío, Eusebio Lorenzo Baleirón, M.

García Barros, Xerais e Merlín.

Vigo García, Abel Mondoñedo, 1978. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de

Compostela no ano 2000 e actualmente doutorando do Departamento de Historia I da

USC. Traballa como arqueólogo municipal de Mondoñedo dende o ano 2001 e, dende

o 2002 é o director dos traballos arqueolóxicos no Castro de Zoñán (Mondoñedo,

Lugo). Conta con varios artigos publicados sobre o Castro de Zoñán e a prehistoria

mindoniense en diversas revistas e xornais e dirixe as Xornadas Mindonienses de

Arqueoloxía dedicadas á divulagación de temas de carácter arqueolóxico e que veñen

de celebrar a súa quinta edición.

Nº 5 Xoves, 30 de marzo de 2006

Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo e a

Excma. Deputación Provincial de Lugo. Hora: 20 horas. Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1,30 h. Deseño gráfico e animación dixital:

Javier Huerga García. Coordina: Antonio Reigosa.

A memoria é fráxil e transparente como cristal. Dedicamos este número á memoria

dos inocentes, ás máis cativas víctimas de tempos de aceiro e ferro.

“Celébrase de cando en vez no Museo Provincial, nos amplos refectorios, unha

especie de perfomance, ... un espectáculo interdisciplinar: o pazo das musas.

Poesía, música, lecturas,... Trátase dun concepto interdisciplinar e belísimo.

Postas en escea de poemas, música..., charlas, breves. Estamos diante dunha

iniciativa curiosa e preciosista.”

Manuel Xosé Neira, La Voz de Galicia, sábado, 21 de xaneiro de 2006

SUMARIO

Portada musical

Estudo simple XVII (Leo Brower)

Intérprete (guitarra): Eloy Tomé (3’)

Fantasía

Vídeo: Fantasía de area (4’)

Presentación Xulia Minguillón na memoria, por D. Francisco Fernández Del Riego (6’)

Música

Estudo nº 1 ( Mateo Carcassi)

Intérprete (guitarra): Eloy Tomé (3’)

Entrevista Aqueles nenos da escola de Doloriñas,

entrevistados por Tonina Gay (1ª

parte) (10’)

Música

Estudo nº 2 ( Mateo Carcassi)

Intérprete (guitarra): Eloy Tomé (3’)

Entrevista Aqueles nenos da escola de Doloriñas,

entrevistados por Tonina Gay (2ª

parte) (10’)

Música

Estudo nº 3 ( Mateo Carcassi)

Intérprete (guitarra): Eloy Tomé (3’)

Lectura O botón encarnado, de Marilar Aleixandre (1ª parte) (6’)

Música

Estudo nº 2 (Fernando Sor)

Intérprete (guitarra): Eloy Tomé (3’)

Entrevista Aqueles nenos da escola de Doloriñas,

entrevistados por Tonina Gay (3ª

parte) (10’)

Música

Estudo nº 8 (Fernando Sor)

Intérprete (guitarra): Eloy Tomé (3’)

Lectura

O botón encarnado, de Marilar

Aleixandre (2ª parte) (6’)

Música

Estudo nº 11 (Fernando Sor)

Intérprete (guitarra): Eloy Tomé (3’)

Memoria de cristal Historia dun mantón inacabado, por Mª del Carmen Pérez González (5’)

Para ver Exposición “Xulia Minguillón” no Museo

prov. de Lugo, por Encarna Lago. (3’)

Opinión Intervención libre do público asistente

(3’)

Epílogo Por Encarna Lago (3’)

Contraportada musical Fantasía X (Alonso Mudarra)

Intérprete (guitarra): Eloy Tomé (3’)

COLABORAN NESTE NÚMERO Aleixandre, Marilar Nacín en Madrid (1947) nuns anos en que aínda había máis persoas que coches, ao

revés que agora. Porén as miñas primeiras lembranzas son de Ceuta e de Doña

Mencía, unha vila cordobesa onde naceu meu pai. En Ceuta vivía nunha casa con

xardín, horta e unha tartaruga, así que foi un gran cambio ir para Madrid. Aos oito anos

era a máis vella de seis irmáns e sobrevivira a nove mudanzas. En Madrid estudei

Bioloxía e participei na resistencia clandestina contra o franquismo, afeccioneime aos

tebeos, á música de rock e a andar en moto. Despois fixen autostop por Europa para

asistir a concertos, escoitando a Jimi Hendrix ou The Who. Viñen para Galicia en

1973, son profesora na Universidade de Santiago de Compostela e escribo novelas

para idades diversas, poesía ou guións de comic. Algúns dos meus libros para

rapazas e rapaces son A expedición do Pacífico (1994), premios Merlín e da Crítica, A

Banda sen Futuro (1999), premio Lazarillo, A Vaca de Fisterra (2003) e O Monstro da

Chuvia (2003). Tamén escribín artigos sobre a aprendizaxe das ciencias, como sete

sobre a marea negra do Prestige nas escolas galegas.

Aqueles nenos da Escola de Doloriñas

Este ano 2006 cúmprense cen anos do nacemento da pintora lucense Julia Minguillón

e sesenta e cinco da súa obra emblemática: A escola de Doloriñas. Nos primeiros

meses de 1941 Julia Minguillón descansa en Lourenzá tras unha delicada operación

cirúrxica á que fora sometida en Madrid no mes de decembro e na que perdera un fillo.

Para amoblar a súa vivenda de Lugo busca polas aldeas de Lourenzá un bargueño e a

casualidade quixo que fose dar coa escola de Dolores Chaves Vizoso, en O Campo,

Vilapol, parroquia de Sta. Mª de Lourenzá. Doloriñas, a mestra que entón disque

cobraba unha peseta (0,006 euros) ao mes por cada neno, acepta a proposta da

pintora para pintar a súa escola e aos seus alumnos. Os que nos visitan hoxe son

algúns daqueles nenos e nenas para contarnos o que lembran, a memoria daqueles

días nos que a pintora os inmortalizou: Dictina Cabaleiro Maseda, Carmen Cabaleiro

Maseda, José Luís Cabaleiro Díaz, Hilda Ron Moscoso, Casimiro Rodríguez Eztúa e

Holanda González Sanmartín. Outros non poden estar por viviren en Asturias ou

Cataluña, e hai algún que xa non está entre nós, ou, se cadra, si; no cadro “A escola

de Doloriñas” de Julia Minguillón, no Museo Provincial de Lugo.

Fernández del Riego, Francisco Vilanova de Lourenzá (Lugo) 1913. Avogado e figura destacada do ensaio e a crítica

literaria galega, comezou a militar no galeguismo durante a República, intervindo en

proxectos do grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos. Con Ramón Piñeiro e

Xaime Illa Couto fundou a Editorial Galaxia en 1950 e posteriormente a revista Grial.

Autor dunha extensa obra, cultivou o ensaio sobre a cultura e a literatura galegas (Cos

ollos do noso esprito, 1949-; Historia da literatura galega, 1951; Galicia no espello,

1954; Diccionario de escritores en lingua galega, 1990; A xeración Galaxia, 1996) e

estranxeiras (Letras do noso tempo, 1974; Escritores de Portugal e do Brasil, 1984), a

narrativa (O cego de Pumardedón, 1992; Mondoñedo, 1992) e a literatura de viaxes

(As peregrinacións xacobeas, 1983; O camiño de Santiago, 1992; Galicia, 1994).

Redixiu varias biografías (Ánxel Casal e o libro galego, 1983; Antolín Faraldo, o gran

soñador, 1998), dúas antoloxías poéticas (Do dezanove ós continuadores, 1976; Do

posmodernismo ós novos, 1980), editou varios vocabularios galego-castelán e

innúmerables artigos xornalísticos. Publicou un libro de memorias, O río do tempo

(1991). Foi presidente da Real Academia Galega e recoñecido con galardóns tan

prestixiosos como o Premio Trasalba, Premio Pedrón de Ouro, Medalla de Ouro da

Cidade de Vigo, Premio de creación Cultural da Xunta de Galicia, Premio Celanova, a

casa dos Poetas, etc. Así mesmo, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola

Universidade de Vigo e Galego Egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica.

Gay, Tonina A xornalista Mª Antonina Gay Parga naceu en Barcelona. Dirixiu o curso de lingua

galega “A palabra herdada” (libro e 6 CDs). É a autora de catro audiolibros. En 1993

recibiu o premio Galicia de Comunicación para medios radiofónicos. Desde 1948

residiu en Ávila. Cursou a carreira de Maxisterio na Escola Normal Santa Teresa.

Estudiou Xornalismo na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid e é diplomada en

galego pola Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Pertence ó cadro de persoal de

RADIO LUGO desde 1962. Do equipo “Galicia sempre”, fixo o primeiro programa

integramente en lingua galega a principios dos anos 70. Creou o magazine “Mexunxe”

en 1985.Durante tres anos consecutivos presentou na Cadena SER de Galicia

programas dedicados ás letras galegas. Crea e presenta o programa “Club de opinión”

desde 1991. Promove a revista de radio alternativa “O Badulaque” en lingua galega

que por primeira vez se emite na radio de Lugo vía Internet. Creou e presentou o

programa semanal “Libros, música y otras hierbas”. De 1994 a 1995 presentou o

programa “Lucenses”, unha serie de entrevistas para TV Lugo.

Pérez González, Mª del Carmen Lucense, filla da mestra Mª del Carmen González López e sobriña do poeta Ánxel

Xohán e do debuxante Antonio González López. Boa parte da súa vida viviuna

condicionada polos diferentes destinos profesionais da súa nai durante o réxime

franquista. Cando comezou a guerra civil en 1936 era unha nena. A súa nai afanábase

en confeccionarlle un mantón, mais non puido ser: a guerra e as circunstacias

familiares enchérona de tristeza e non foi quen de rematarllo.

Tomé González, Eloy Nace en 1986 en Lugo. Comeza os seus estudos musicais coa idade de sete anos no

conservatorio profesional de música desta cidade. Asiste a clases cos profesores

Alfonso Rey, Irene Añón e Fernando López finalizando os estudos de Grado Medio

coas máis altas calificacións neste centro no ano 2004. Asiste a cursos cos mestres

Ricardo Gallén, Alex Garrobé, Margarita Escarpa, Miguel Trápaga, Marco Socías...

Nestes momentos cursa o seu segundo ano de Grado Superior na Coruña con Rodolfo

García.

Nº 6 Xoves, 29 de xuño de 2006

Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo e a

Excma. Deputación Provincial de Lugo. Hora: 20 horas. Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1,30 h. Coordina: Antonio Reigosa.

Número conmemorativo do 75º aniversario da declaración do Convento de San

Francisco de Lugo como Monumento Nacional (hoxe denominado Ben de Interese

Cultural).

Ilustran a revista fotos pertencentes aos arquivos fotográficos do Museo Provincial de

Lugo e de Fernando Arribas Arias.

SUMARIO

Portada musical

Fábula de José y Andrés. Letra e

música: Norge Batista.

Intérprete: Norge Batista (3’)

Presentación Mendicantes franciscanos no Camiño

Primitivo de Santiago, por Ricardo Polín (10’)

Música

Los versos sencillos, nº XXXVII. Letra:

José Martí. Música: Norge Batista.

Intérprete: Norge Batista (3’)

Poesía Fragmentos de Libro da oración e da

pobreza, por Manuel Xosé Neira (3’)

Música

Ya casi va a nevar. Letra e música:

Norge Batista.

Intérprete: Norge Batista (3’)

Memoria

Os franciscanos en Lugo, por José A. Castiñeira Chouza, Superior da

Comunidade Franciscana de Lugo (10’)

Documental

A arte que se pisa. Jesús Amor

Vázquez, artífice do pavimento do

claustro de San Francisco.

Coproducción da Fundación TIC e o Museo Provincial de Lugo (10’)

Música Vuelve al canto y al sol. Letra e música:

Norge Batista.

Intérprete: Norge Batista (3’)

Conversa

Aqueles anos vividos no convento de

San Francisco, con Remedios López Pillado (10’)

Música

Cantiga de outono. Letra e música:

Norge Batista.

Intérprete: Norge Batista (3’)

Gaiola de Grilos Proxecto audiovisual, por Marta Prieto

(10’)

Coa colaboración de Gil Prieto

Poesía Fragmentos de Como aves que baixan

a beber, por Manuel Xosé Neira (3’)

Música Molinos. Letra e música: Norge Batista.

Intérprete: Norge Batista (3’)

Opinión Intervención libre do público asistente

(3’)

Epílogo Por Encarna Lago (3’)

Contraportada musical Búscame adentro. Letra e música:

Norge Batista.

Intérprete: Norge Batista (3’)

COLABORAN NESTE NÚMERO

Amor Vázquez, Jesús Traballou como canteiro e albanel no sector da construción toda a súa vida laboral, a

maior parte do tempo na empresa Contrucciones Varela Villamor S. A. Da súa

habilidade profesional, como deseñador e executor, unha das mellores mostras

constitúea o chan do claustro do convento de San Francisco, hoxe sé do Museo

Provincial de Lugo.

Batista Albuerne, Norge Naceu en Las Tunas, Cuba, o 30 de outubre de 1969. Desde os 13 anos está

vinculado ao mundo da música, especificamente á canción de autor dentro da Nueva

Trova Cubana. É membro da Unión Nacional de Escritores y Artistas de Cuba

U.N.E.A.C. Ten dous discos editados polo selo AYVA MÚSICA de Barcelona:

Búscame adentro (1997) e Algo crece (2001). Dúas cancións súas están recollidas no

IV volume da Antología de La Nueva Trova Cubana gravado no ano 1997 nos Estudios

Ojalá de Silvio Rodríguez en La Habana, Cuba. Para máis información sobre a súa

obra recomendamos visitar a web http://www.trovacub.net/norge/.

Castiñeira Chouza, José A. Naceu na Coruña en 1955. Pertence á Orde de Frades Menores (Franciscanos).

Estudou en Santiago de Compostela. Licenciado en Estudos Eclesiásticos. Ordenado

sacerdote en 1984. Exerceu a docencia no Seminario Franciscano de Herbón e no

Colexio PP. Franciscanos de Lugo. Na actualidade é o Superior da Comunidade

Franciscana de Lugo e presidente da Confederación de Relixiosos de Lugo.

Gómez Polín, Ricardo Doutor en Filoloxía. Especialista en literatura baixomedieval dos séculos XIV e XV.

Autor de numerosos estudos de historia da literatura, crítica textual e edición de textos

antigos. Entre os galardóns recibidos figuran o Premio extraordinario de doutorado, o

Premio da Crítica de Galicia, o Premio Ánxel Fole ou o Premio do Ministerio de Cultura

á edición. As súas investigacións foron pioneiras no coñecemento da primeira vía

medieval das peregrinacións a Compostela por Lugo, labor que está a ser recollido na

súa Guía histórica e cartográfica do Camiño Primitivo de Santiago, da que veñen de

ser publicados os tres primeiros volumes (Vigo, Ed. A Nosa Terra, 2006). O

achegamento ao pensamento franciscanista débese á súa análise da obra de

significados escritores galegos vinculados ao seminario mindoniense.

López Pillado, Remedios Funcionaria xubilada. Naceu en Mondoñedo e pasou boa parte da súa crianza no

hospicio ubicado no Convento de San Francisco, lugar onde logo, uns cantos anos

adiante, traballou como vixiante do Museo Provincial. Daqueles anos garda na

memoria vivencias que hoxe comparte connosco.

Neira López, Manuel Xosé Naceu en Meilán (Lugo) en 1964. Poeta que se deu a coñecer co libro O mar perdido

(1990), unha breve escolma da súa poesía inicial. Seguíu con Abandono da noite

(1993), XII Premio Esquío de Poesía. E a continuación no 2001 publicou Templo. A

súa poesía, en certa maneira, rupturista e meditativa caracterízase polo que nos libros

que anda a traballar, tanto O libro da oración e da pobreza ou Como aves que baixan

a beber, recolle a tradición do hilozoismo amadocarballista ás máis abertas rupturas

ou fírgoas, ou condicións da modernidade que parte da Galiza Ilustrada dos pazos. Do

que é boa amosa esta revista oral tamén denominada O pazo das musas. Na súa

poesía última traballa desde o que supuxo a vangarda galega (non exactamente

Cunqueiro), ou sexa Amado Carballo, ata as últimas conclusións tan difíciles de

precisar das tendencias da modernidade.

Prieto, Gil Funcionario xubilado. Criouse no actual edificio do Museo Provincial de Lugo e

traballou na Deputación Provincial. Da época da nenez e adolescencia entre os muros

do antigo convento de San Francisco lembra infinitas anécdotas, entre elas o cantar

dos grilos, o que deu orixe a unha proposta artística denominada “Gaiola de grilos”, da

que é autora a súa filla Marta Prieto.

Prieto, Marta Natural de Lugo, onde reside actualmente. Cursa estudos de deseño gráfico na Escola

de Artes e Oficios “Ramón Falcón” en Lugo tras dunha estancia de catro anos en

Barcelona onde entra en contacto coa cultura artística de principios dos noventa. A

súa primeira exposición data de 1995. Despois desenvolve unha continuada carreira

artística expondo en toda Galicia e en España. Paralelamente funda o Taller Artístico

Marta Prieto para nenos no que pretende achegalos á arte contemporánea. Mostras

deste traballo puidéronse ver baixo o título Arte Menudo na Sala Almirante de Lugo. A

súa obra artística, sempre desde un enfoque pictórico, desenvolve linguaxes tan

diversas como a instalación, a fotografía e o vídeo, campo no que se centran os sus

traballos na actualidade. O seu interese polo espazo levouna a fundar no ano 2003 o

estudo “unomasuno” de arquitectura, interiorismo e deseño.