neolítico e idade dos metais

31
Agora vou ser eu (un home do NEOLÍTICO) quen vos vai seguir con- tando o que pasou en momentos máis avanza- dos da Prehistoria… ¿Queredes saber cando e como se iniciou este novo periodo…? Estade moi atentos que, agora mesmo, volo vou contar… O NEOLÍTICO

Upload: maria-lemos-cerqueira

Post on 06-Jul-2015

671 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Neolítico e idade dos metais

Agora vou ser eu (un home do NEOLÍTICO) quen vos vai seguir con-tando o que pasou en momentos máis avanza-dos da Prehistoria…

¿Queredes saber cando e como se iniciou este novo periodo…?

Estade moi atentos que, agora mesmo, volo vou contar…

O NEOLÍTICO

Page 2: Neolítico e idade dos metais

Hai uns 10.000 anos a humanidade aprendeu a cultivar a terra e a domesticar animais, nacen-do así, a agricultura e a gandería.

Por primeira vez, os homes e mais as mulleres comezamos a producir alimentos -sen limitarnos a recoller aqueles que a natureza nos ofrecía…-.

Deixamos de ser nómades e fixémonos sedentarios (establecendo poboados permanentes). Os poboados estaban situados a carón dos campos de cultivo para poder vixiar a colleita e coidar -ao mesmo tempo- dos animais domésticos.

As paredes das cabanas estaban feitas de barro e tiñan o teito cuberto de canas e pólas; em-pregábamos tamén troncos de madeira.

Page 3: Neolítico e idade dos metais

Observando a natureza, os homes prehistóricos aprendemos o ciclo do crecemento das plantas (comprobando que se planta- bamos unha semente, esta xermolaba e daba froitos que podia-mos recoller).

Page 4: Neolítico e idade dos metais

Os cereais (trigo, centeo, arroz, millo…) e as legumes (lentellas, garavanzos e chícharos) foron as primeiras plantas que se cultivaron.

Page 5: Neolítico e idade dos metais

Para realizar as tarefas do campo, elaboramos novos utensilios ou trebellos (machadas de pedra que empregabamos para cortar a madeira; fouciños -de pedra e madeira- para segar os cereais; muíños de pedra para triturar o trigo e obter fariña…).

Page 6: Neolítico e idade dos metais

A gandería xurdiu da necesidade de poder sacrificar animais cando escaseaba a caza. Os primeiros gandeiros comezaron a ter animais vixiados e encerrados (o can foi un dos primeiros animais que se domesticaron; despois domesticáronse cabras e ovellas, e máis tarde, os porcos).

Page 7: Neolítico e idade dos metais

Continuamos practicando a caza, pero agora comiamos prioritariamente os animais que do-mesticabamos.

Page 8: Neolítico e idade dos metais

Da necesidade de gardar os alimentos, de cocelos e de transportalos, naceu a cestería e a cerámica.

Page 9: Neolítico e idade dos metais

A invención do fuso para fiar e do tear para tecer, permitiu o aproveitamento de fibras naturais -coma a la e mailo liño- para mellorar a vestimenta.

Page 10: Neolítico e idade dos metais

Perfeccionouse o instrumental, puíronse as pedras… Por iso ó Neolítico chámaselle tamén a Idade da Pedra Pulimentada.

Page 11: Neolítico e idade dos metais

Ademais, utilizáronse outros materiais para facer utensilios (por exemplo o óso e o marfil).

Fixemos arpóns e melloramos as machadas.

Page 12: Neolítico e idade dos metais

Hai uns 6.000 anos tivo lugar a aparición da metalurxia.

Os seres humanos aprendimos a utilizar metais para a elaboración de ornamentos, armas e trebellos (espadas, machadas, eixadas, fouces…). Os obxectos de metal eran moito máis resistentes que os que se fabrica-ban con pedra.

Os primeiros metais que se utilizaron foron o ouro, a prata e o cobre (que podíamos moldear golpeándoos en frío cun martelo).

Esta etapa da Prehistoria coñécese co nome de IDADE DOS METAIS.

Page 13: Neolítico e idade dos metais

Na Idade dos Metais producíronse tres inventos de gran importancia que fixeron máis doada a vida das persoas: • A roda (fixo posible a construción de carros tirados por animais). • A vela (fixo posible que os barcos se moveran grazas á forza do vento). Construíronse embarcacións máis grandes que permitiron trasladar a máis persoas e mercadorías.• O arado (permitiu labrar grandes extensións de terra a maior veloci-dade).

Page 14: Neolítico e idade dos metais

As aldeas situadas en zonas onde había abundancia de metais, medraron, convertíndose así en pequenas cidades.

As cidades estaban rodeadas de murallas de pedra e orga-nizábanse en torno a un xefe.

Nas cidades apareceron novos oficios como guerreiros, comerciantes ou mercaderes.

Page 15: Neolítico e idade dos metais

É propio desta época o fenómeno do Megalitismo.

Os monumentos megalíticos son grandes estruturas de pedra elevadas polo home a partir de finais do Neolítico e sobre todo durante a Idade dos Metais (localizados xeograficamente na Europa atlántica e mediterránea).

Os monumentos megalíticos construíronse con grandes pedras (que se trasladaban coa axuda de troncos e cordas) denomina-das “megálitos”. Para facelos necesitábanse moitas persoas.

Os tres tipos principais de monumentos megalíticos son: os menhires, os dolmens e os cromlechs.

Page 16: Neolítico e idade dos metais
Page 17: Neolítico e idade dos metais

Un menhir é un bloque de pedra chantado no chan.

Para a súa construción necesitábase da colaboración de moitas persoas.

Axudándose de troncos de árbore, arrastraban a gran lousa ata unha zanxa -previamente aberta no chan- onde deixaban caer o monolito.

Page 18: Neolítico e idade dos metais
Page 19: Neolítico e idade dos metais
Page 20: Neolítico e idade dos metais
Page 21: Neolítico e idade dos metais

Os cromlechs son alineacións circulares de varios menhires utilizados como santuarios ou observa-torios astronómicos.

Page 22: Neolítico e idade dos metais
Page 23: Neolítico e idade dos metais
Page 24: Neolítico e idade dos metais

Os dólmens son cámaras funerarias formadas por pa-redes de grandes pedras verticais que sosteñen a outras lousas horizontais a modo de teitume.

Diante da cámara pode haber un pasillo ou corredor construído do mesmo xeito.

Os dólmenes adoitaban cubrirse de terra formando un túmulo.

Dolmen de Dombate

Page 25: Neolítico e idade dos metais

Dolmen de Axeitos

Page 26: Neolítico e idade dos metais

Dolmen de Cerqueda

Page 27: Neolítico e idade dos metais

As lousas verticais quedaban encaixadas en zanxas previamente excavadas no chan.

Page 28: Neolítico e idade dos metais

Para elevar as lousas horizontais construíanse rampas de terra polas que se arrastraban ata a súa posición definitiva.

Como xa dixen antes, unha vez construído o dol-men, cubríase de terra formando un túmulo.

Page 29: Neolítico e idade dos metais
Page 30: Neolítico e idade dos metais

Outra manifestación artística propia desta época, son os PETRÓGLIFOS (que son gravados feitos sobre ro-chas ao aire libre).

A cronoloxía dos gravados parte do Neolítico chegando ata a Idade de Ferro (aínda que a maioría deles sitúan-se na Idade de Bronce).

Page 31: Neolítico e idade dos metais

Estou seguro de que estaredes impacientes por saber máis cousas sobre os petróglifos…

Pois non hai ningún problema… ¡Só tedes que consultar a seguinte unidade didáctica…!

¡Mans á obra, amiguiños/as…!