neira vilas

2
27 de novembro de 2015- Faro de Vigo Falece o escritor Xosé Neira Vilas aos 87 anos na súa casa de Gres (Vila de Cruces) O autor de Memorias dun neno labrego, o primeiro "best seller" galego e un gran axitador de conciencias, morreu na súa casa cruceña de Gres ►Os seus restos mortais serán velados esta tarde, a partir das seis, no Panteón de Galegos Ilustres ►O enterro terá lugar mañá, as 17:30 horas, en Vila de Cruces (Salomé Soutelo 27.11.2015 | 20:50) Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928), na Fundación que leva o seu nome /Eli Regueira O escritor cruceño Xosé Neira Vilas acaba de falecer esta mañá na súa vivenda de Gres. O autor de "Memorias dun neno labrego" mantiña unha carreira literaria ainda en activo, acababa de presentar a súa última novela o pasado día 15 e o seu próximo proxecto era a estrea da adaptación teatral de "Querido Tomás", prevista para o vindeiro 8 de xaneiro en Santiago de Compostela. Neira Vilas estaba pendente de falar o premio Arume de poesía para nenos, que concede a fundación que leva o seu nome. Neira Vilas naceu en Gres o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde coñeceu á escritora cubana Anisia Miranda. O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto durante a súa estancia en Buenos

Upload: sira-varela

Post on 24-Jul-2016

223 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Noticia do Faro de Vigo do falecemento do escritor Neira Vilas

TRANSCRIPT

27 de novembro de 2015- Faro de Vigo

Falece o escritor Xosé Neira Vilas aos 87 anos na súa casa de Gres (Vila de Cruces)

►O autor de Memorias dun neno labrego, o primeiro "best seller" galego e un gran axitador de conciencias, morreu na súa casa cruceña de Gres ►Os seus restos mortais serán velados esta tarde, a partir das seis, no Panteón de Galegos Ilustres ►O enterro terá lugar mañá, as 17:30 horas, en Vila de Cruces (Salomé Soutelo 27.11.2015 | 20:50)

Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928), na Fundación que leva o seu nome /Eli Regueira O escritor cruceño Xosé Neira Vilas acaba de falecer esta mañá na súa vivenda de Gres. O autor de "Memorias dun neno labrego" mantiña unha carreira literaria ainda en activo, acababa de presentar a súa última novela o pasado día 15 e o seu próximo proxecto era a estrea da adaptación teatral de "Querido Tomás", prevista para o vindeiro 8 de xaneiro en Santiago de Compostela. Neira Vilas estaba pendente de falar o premio Arume de poesía para nenos, que concede a fundación que leva o seu nome. Neira Vilas naceu en Gres o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde coñeceu á escritora cubana Anisia Miranda. O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto durante a súa estancia en Buenos

Aires como posteriormente cando se trasladaron a Cuba. Xa xubilados, instaláronse na localidade natal de Neira Vilas en 1992, onde puxeron en marcha a citada Fundación Xosé Neira Vilas, unha das entidades máis dinamizadoras da comarca. Anisia Miranda faleceu en outubro de 2009.

GALERÍA | Neira Vilas, nunha imaxe recente/ Retrato de Balbino por Isaac Díaz Pardo/ Neira Vilas, na redacción de Zunzún en Cuba. Doctor Honoris Causa pola Universidade de A Coruña, membro da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas.... O autor do primeiro "best seller" galego obtivo ao longo da súa traxectoria multitude de recoñecementos.