n.º 44 / xuño-xullo de 2016€¦ · galicia para o curso académico 2016-2017. 2.- orde do ….....
TRANSCRIPT
BOLETÍN DE ACTUALIDADE INSTITUCIONAL
SECRETARÍA DE EMPREGO E INSTITUCIONAL
SINDICATO NACIONAL DE CC OO DE GALICIA
Número 44 (xuño-xullo 2016)
SSSUUUMMMAAARRRIIIOOO
Organismos en que participa CCOO
Participación institucional
Parlamento de Galicia
Normas publicadas no DOG
Normas publicadas no BOE
PRESENTACIÓN
Estimadas compañeiras e compañeiros:
Presentámosvos o boletín correspondente ós meses de xuño
e xullo. Debido á súa periodicidade a parte normativa ten unha
extensión maior da habitual, non así a parte institucional. A
inactividade dos organismos consultivos da Administración
Autonómica é xa estrutural e consecuencia directa da falta de
vontade política do Goberno galego de ter en conta a opinión
da sociedade civil organizada.
En relación á lexislación, compre destacar a publicación
dunha extensa relación de normas relacionadas co
desenvolvemento das políticas activas de emprego (PAE) que
son competencia da Comunidade Autónoma. Ningunha destas
normas pasou polo Consello Autonómico de Emprego que fai
tantos anos que non se convoca que xa nin o recordamos. Si
pasaron polo Consello Galego de Relacións Laborais onde
manifestamos a necesidade de redefinir as PAE xa que non
están a incidir na situación das persoas en desemprego e
rexeitamos aquelas relacionadas cos incentivos á contratación
porque consideramos que deben eliminarse e restrinxirse só ós
colectivos específicos mais vulnerables e ligadas á negociación
colectiva de carácter sectorial. Unha retahíla de normas que,
en xeral, teñen un escaso prazo de execución por publicarse no
último trimestre do ano.
Son necesarias outras políticas de índole xeral para favorecer
a creación de emprego e son necesarias outras políticas activas
de emprego para favorecer a empregabilidade das persoas
traballadoras ocupadas e desempregadas. Xusto ó contrario do
que ven facendo o Partido Popular. Á volta do verán temos a
posibilidade de mudar as cousas en Galicia.
Esperamos que este boletín sexa da vosa utilidade. Recibide
un cordial saúdo,
Maica BOUZA SEOANE Secretaría de Institucional Sindicato Nacional de CC OO de Galicia
4
PPPAAARRRTTTIIICCCIIIPPPAAACCCIIIÓÓÓNNN IIINNNSSSTTTIIITTTUUUCCCIIIOOONNNAAALLL
CONSELLO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL
O pasado 13 de xuño reuniuse o Consello Galego de Formación Profesional no que se trataron
os seguintes temas:
1.- Orde do ... de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do
sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de
Galicia para o curso académico 2016-2017.
2.- Orde do ….. de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas
adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia de ciclos formativos de grao
medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano académico 2016-2017.
Por parte de CCOO manifestamos que non é lóxico que a oferta da FP chegue a estas alturas
do ano e con pouco tempo para facer unha análise seria das ordes.
Continuamos esixindo a creación dunha comisión no seo deste consello, que ademais está nas
funcións do mesmo, para a elaboración dunha proposta de oferta de Formación Profesional,
na que participen os axentes sociais, acorde á realidade galega.
Na oferta de carácter modular e para adultos, estamos diante dunha oferta que desde esta
organización entendemos que debera incrementarse para dar saída á demanda existente en
determinadas familias profesionais. Debese dar resposta ás necesidades dos traballadores, nun
momento no que se están achegando de novo á formación.
Entrando polo miúdo temos que salientar que :
No réxime ordinario presencial temos que preguntar pola supresión do ciclo CMELE01
Instalacións eléctricas e automáticas no IES María Casares de Oleiros e se hai posibilidades de
recuperación do mesmo.
Xa o curso pasado preguntaramos pola oferta no CIFP Portovello de Ourense, esta ano a
situación parece agravarse pois a oferta de ensinanzas de familia profesional de servizos
socioculturais e a comunidade desaparece totalmente a oferta modular de adultos en réxime
presencial na provincia de Ourense, ao eliminarse do CIFP Portovello o ciclo Superior de
Educación Infantil en modular e Atención a persoas en situación de Dependencia en modular
presencial tamén. Só permanecen unha oferta parcial de módulos en Barco e Viana do Bolo de
Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
As razóns polas que entendemos que estes ciclos non se poden eliminar son:
Estamos diante de ensinanzas asentadas e sen oscilacións de matrícula á baixa, e na
meirande parte dos caso o alumnado compatibiliza os estudos co traballo.
Ourense é a única provincia na que desaparece a oferta total en modular adultos
presencial desta familia profesional.
5
alumnado que demanda este tipo de modalidade é alumnado adulto que precisa en
moitos casos recoñecemento de competencias e título para o seu traballo, polo que non
pode asistir ao réxime ordinario de maña, e pola súa idade e formación a modalidade a
distancia supón moitos obstáculos e pouco nivel de práctica.
Trátase da provincia máis avellentada que demanda de modo crecente traballadores desta
familia profesional.
A oferta redúcese en 50 prazas.
Segundo os datos das enquisas de avaliación inicial a maioría do alumnado recoñecía que
non tiña ordenador na casa, nin formación sobre cuestións informáticas. Os estudos a
distancia, propostos como alternativa, esixen competencias e recursos informáticos e
realízanse cun limitado acompañamento directo do equipo docente. Esta situación é
especialmente preocupante para o alumnado deste ciclo, procedente na súa maioría do
mundo laboral e que non ten adquiridas competencias dixitais básicas para desenvolverse
na plataforma de teleformación.
No caso do ciclo de infantil; a pesar de que o centro dispón da oferta de estudos a distancia
desde hai varios anos, este alumnado nunca solicitou praza na mesma por considerar que non
se adaptaba ás súas particularidades e necesidades formativas.
Ademais temos que salientar que para a maioría deste alumnado trátase de estudos finalistas,
mentres que no caso do de ordinario os estudos fanse como un tránsito de cara á
universidade. Razón que permitiría entender o motivo de que haxa unha demanda tan ampla
para o réxime ordinario.
Con respecto ao Ciclo superior de Administración e finanzas na oferta de persoas adultas
presencial temos que subliñar que se trataba dunha opción plenamente asentada, despois de
tres cursos completos desde a súa implantación, na que o 68% do alumnado matriculado, no
curso 2014-15, estaba a traballar mentres realizaba os seus estudos, supoñendo esta opción
unha oportunidade para mellorar a súa situación laboral. Como consecuencia do paso da
oferta modular completa á parcial, unha parte do alumnado afectado pasouse aos estudos a
distancia, tendo amosado ao longo deste curso a súa insatisfacción con esa modalidade.
Solicitamos a implantación do CICLO MEDIO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS
no IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova.
As respostas do director xeral foron as seguintes:
No caso dos ciclos de electricidade de Oleiros e Celanova a caída dos mesmos producirse por
falta continua de alumnado. Non poden manter estes ciclos porque a situación do alumnado
non remonta.
No caso concreto de Celanova, deberan buscar outra tipoloxía que teña mais futuro, estase a
dar unha situación de agotamento da demanda.
No CIFP Portovello, todo o que fixeron foi a proposta do centro, no caso de administrativo hai
unha proposta de suprimir o Ciclo de administración e impartir os dous cursos de comercio
exterior.
No caso de atención a persoas dependentes e de Educación Infantil, pasaron a oferta a
distancia, e iso fixo que se aumentaran aas prazas.
6
En todo caso veran que é o que sucede no centro, porque a oferta esta baseada nas peticións
do mesmo.
3.- Orde do 6 de xuño de 2016 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación
profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en
colaboración con diversas entidades.
Na formación dual solicitamos o seguimento das experiencias para evitar as disfuncionalidades
e a realización dun informe de resultados para a validación dos mesmos. Debemos ter en
conta a existencia de ineficiencias e ver que capacidade de inserción laboral ten este
alumnado.
Entendemos que o prazo de matrícula nestes programas é moi curto polo que solicitamos a
súa ampliación.
Ademais solicitamos que nos convenios que se asinan coas empresas debe figurar a mención
explícita da obriga de información á RLT do convenio e da situación do alumnado que vai a
participar en ditos programas
Verán de facer o informe que pedimos, o proceso esta aberto e se xurden novos convenios os
traerán a este consello para polos en práctica.
4.- Orde do...de...de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos
centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación
profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.
No artigo 11.1.a non parece lóxica a distinta prelación entre os titulados en Secundaria
anteriores e posteriores á implantación da revalida, o título ten o mesmo carácter e non ten
mais mérito o ter pasado unha proba que non existía ou non estaba implantada cando se
produciu a titulación.
Nos artigo 11, 12 e 13 non parece moi acaído como método de desempate a discriminación
positiva para favorecer o fomento das vocacións nas areas con infrarrepresentación de
mulleres ou de homes, iso conséguese cunha educación en igualdade e non sexista.
Eliminar a DT 2ª en coherencia co establecido no artigo 11, os titulados de ESO obtidos a través
da FPB obtiveron a titulación pq a comisión avaliadora así considerou que acadaron os
obxectivos referidos á etapa de secundaria. Non é lóxico que para a admisión nun ciclo non
poidan acceder na quenda da titulación que posúen, isto amosa dúas cousas unha
desconfianza no profesorado que concedeu a titulación a este alumnado e pola outra banda a
confirmación de que a FP Básica é un itinerario secundario e que a titulación en secundaria
destes alumnos non supón nada máis que un parche para salvar unha situación transitoria en
espera da titulación da revalida. Non a van a tocar, consideran que favorecen ao alumnado ao
facelo entrar no cupo de FP Básica.
5.- Proxecto de orde do....pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á
convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso
de contratación en Unidades Formativas das Empresas e dos incentivos á contratación.
Remitímonos ao xa manifestado no ditame do Consello Galego de Relacións Laborais.
7
Pero aínda así queremos manifestar que se debe abordar unha reformulación das políticas
activas de fomento de emprego, que se veñen manifestando sen cambios nos últimos anos sen
que os seus resultados teñan actuado de forma perceptible na situación das persoas
desempregadas.
Estes recursos deberan ser reorientados en base a tres eixos:
As medidas de apoio económico á contratación deberían estar destinadas en exclusiva a
aqueles colectivos específicos máis vulnerables que se determinen (entre os que debe
terse en conta o da mocidade), coa única excepción das dirixidas á conciliación da vida
persoal, laboral e familiar e á redución da xornada laboral ordinaria sen perda de salario.
Conexión de todas as axudas á negociación colectiva de ámbito sectorial e establecemento
de mecanismos de control por parte da representación legal do persoal nas empresas.
Destinar os recursos dos programas de transferencias correntes ás empresas, ata onde
sexa posible, a outras políticas activas de emprego, dirixidas á atención das persoas
desempregadas.
6.- Proxecto de decreto polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos:
Remitímonos ás alegacións xa feitas por esta organización na Mesa Sectorial e que serán feitas
no CEG.
Pero non debemos deixar de mencionar que para nos é fundamental o aumento da carga
horaria da titoría, así como o feito de que debera existir un módulo específico de FOL e non
inserilo de modo transversal nos módulos profesionais. Así como o establecemento dunha
rateo de 15 alumnos nos módulos prácticos.
Deben adaptarse os decretos en materia de non discriminación da diversidade afectivo-sexual
inserindo resultados de aprendizaxe e obxectivos nos módulos de comunicación e sociedade
en virtude da Lei 2/2014 de igualdade de trato e non discriminación LGBTI. Verán de modificar
a redacción, e o levarán ao Consello Escolar de Galicia
7.- Rogos e preguntas
Solicitamos a convocatoria do Plenario diste órgano. Verán de convocar un plenario.
Solicitamos información sobre a dotación dos centros de material necesario para o
desenvolvemento das actividades nos ciclos de nova creación, así como esta a situación do
recambio do material obsoleto que existe nos centros, tal e como se nos avanzara na
anterior xuntanza deste órgano. Informarán en vindeira xuntanza
PPPAAARRRLLLAAAMMMEEENNNTTTOOO DDDEEE GGGAAALLLIIICCCIIIAAA
Proposicións non de lei aprobadas
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre a posta en servizo
por parte da Xunta de Galicia do novo acceso ao porto de Burela no ano 2016. Aprobouse o
seguinte texto:
8
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a poñer en servizo o acceso ao porto de Burela no ano 2016.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso polo
Goberno galego da compra pública innovadora en todas as administracións de Galicia.
Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar a compra pública innovadora en todas as administracións galegas, como medida para promover a mellora dos servizos públicos e exercer un efecto tractor na innovación do tecido empresarial e nos centros de coñecemento galegos
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia e a Asociación Galega de Familias Numerosas
presentaron unha iniciativa popular, sobre redución do tipo impositivo do IVE dos cueiros.
Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado, ao se tratar dunha competencia do Estado (tipo de gravame IVE), co fin de solicitar que se reduza o tipo impositivo dos cueiros do 21 % actual, o tipo máximo, o mesmo que se está aplicar aos artigos de luxo, ata o IVE suprerreducido do 4 %, como produto de primeira necesidade que é.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia e Goldar Güimil, Jesús Antonio e 14 máis
presentaron unha proposta sobre a solicitude polo Goberno galego aos concellos da Coruña,
Lugo, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense da adopción das medidas necesarias durante o
ano 2016 para estender a gratuidade do transporte urbano aos menores de dezaoito anos.
Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a que solicite aos concellos que contan actualmente con transporte urbano, isto é, A Coruña, Lugo, Santiago, Vigo e Ourense, a que durante o ano 2016 adopten cantas medidas sexan necesarias co fin de estender a gratuidade do transporte urbano aos menores de 18 anos.
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego e Adán Villamarín, María do Carme e 2
máis presentaron unha proposta sobre a realización polo Goberno galego das actuacións
necesarias para garantir o mantemento dos centros produtivos e dos postos de traballo de
Alcoa en Galicia. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento insta á Xunta de Galicia a realizar todas as accións necesarias encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo de Alcoa en Galicia.
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia e Ferreiro Vidarte, María de los Ángeles e 3
máis presentaron unha proposta sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao
Goberno central en relación co baremo para a valoración do grao de discapacidade das
persoas con enfermidades neurodexenerativas, e os seus procesos de revisión e actualización.
Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que se dirixa ao Goberno de España para:
9
1º. Que atenda as peticións das asociacións de persoas con enfermidades neurodexenerativas, tendo en conta todas as especificidades destas enfermidades nos procesos de revisión e actualización dos baremos, buscando en todo momento poder realizar os procesos de valoración con equidade e atendendo ás características do avance do proceso dexenerativo.
2º. Que lle solicite a modificación do baremo para a avaliación do grao de discapacidade recoñecendo, tralo diagnóstico de enfermidades neurodexenerativas, unha porcentaxe de discapacidade do 33 %, independentemente da propia valoración que compense a especificidade en canto a variabilidade de xeración e de explotación que os cursos destas enfermidades xeran.
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presentou unha proposición de lei sobre o
establecemento polo Goberno galego de programas específicos de atención e axuda colectiva
e individualizada ás persoas galegas que cumpren condena en penitenciarías do estranxeiro,
en especial, en países alleos á Unión Europea. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a colaborar, cos créditos orzamentarios correspondentes, coas entidades que poidan axudar ás persoas presas galegas que cumpren condena en cárceres do extranxeiro, especialmente en países alleos á Unión Europea.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, presentou unha proposición de lei sobre a
demanda polo Goberno galego ao Goberno central do impulso das reformas normativas
precisas para o establecemento da obrigatoriedade para todas as embarcacións con porto
base en Galicia de comunicación das súas notas de venda á Federación Galega de Confrarías,
con independencia do punto de descarga das capturas e nun prazo non superior ás doce horas.
Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que impulse as reformas normativas que sexan precisas dirixidas a facer obrigatorio que todas as embarcacións con porto base en Galicia comuniquen á Federación Galega de Confrarías as súas notas de venda, con independencia do punto onde teña lugar a descarga das capturas, nun prazo que non supere ás 12 horas desde que estas teñan lugar.
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, presentou unha proposición de lei
sobre a presentación polo Goberno galego dun plan de recuperación e explotación pública
directa dos saltos hidroeléctricos existentes en Galicia ao remate da súa concesión, así como a
información referida ás condicións establecidas para o seu outorgamento. Aprobouse o
seguinte texto:
O Parlamento insta á Xunta de Galicia a proporcionar información sobre as condicións de concesión dos saltos hidroeléctricos, que cando menos contemple o ano de remate da concesión, cláusulas sociais da concesión e cumprimento das mesmas, solicitando de ser preciso a información pertinente ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, presentou unha proposta del ei sobre a demanda
pola Xunta de Galicia ao Concello de Vigo da súa adhesión ao Programa de Vivendas baleiras
da Xunta de Galicia. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Concello de Vigo a:
1. Dar os pasos necesarios para adherirse ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia, para o cal asinará o acordo de adhesión previsto no convenio coa FEGAMP.
10
2. Propor á Xunta a inclusión no Programa das vivendas de propiedade municipal que non se atopen ocupadas e que estean en condicións ser habitadas, como é o caso dos 15 inmobles dos que dispón na rúa República Arxentina, de Vigo.
3. Xestionar a incorporación ao Programa de vivendas propiedade de terceiros que se atopen desocupadas e en condicións de ser habitadas.
O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a propor a inclusión, no Programa de Vivendas Baleiras, das vivendas de propiedade autonómica necesarias para garantir a demanda de alugueiro das persoas e familias de Vigo
O rupo Parlamentario Popular de Galicia, presentou unha proposta de lei sobre a posta á
disposición do conxunto da cidadanía galega, por parte da Xunta de Galicia, da Plataforma É-
Saúde, desenvolvida polo Sergas para mellorar a comunicación cos pacientes e coa cidadanía,
así como para incrementar a alfabetización sanitaria. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a que, unha vez avaliados os resultados das fases de probas, de ser estes positivos, proceda a estender progresivamente a Plataforma é-saúde a disposición do conxunto da cidadanía galega
Mocións aprobadas polo pleno
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción sobre as
actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas deficiencias detectadas
no actual modelo de emerxencias, prevención, extinción de incendios e salvamento de Galicia.
O texto aprobado é o seguinte:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno Galego a adoptar as seguintes medidas en relación coas eivas no sistema de emerxencias que puxo, unha vez máis, de manifesto o incendio na fábrica de Fandicosta, en Moaña:
1. Analizar de xeito pormenorizado o operativo realizado por parte dos intervenientes no incidente que afectou a Fandicosta, no tocante á intervención dos equipos de extinción de incendios, co obxecto de poder corrixir as eivas detectadas ou procurar correccións que se poidan formular. Para tal fin é preciso contar coas transcricións rexistradas no CAE112 (versión completa e non a restrinxida), que se remitirán a este Parlamento no prazo de quince días.
2. Solicitar un informe pormenorizado ao Consorcio de Bombeiros de Pontevedra, que se remitirá no prazo de quince días, no que se analice o operativo e mobilizacións dos seus medios no incidente que afectou a Fandicosta, en especial sobre a intervención e a dirección do dispositivo de extinción in situ, detectando as posible eivas e formulando as correccións que se consideren.
3. Remitir nos vindeiros quince días a este Parlamento a transcrición íntegra das chamadas rexistradas no CAE 112 cos bombeiros de Vigo na tarde do suceso, co obxecto de aclarar os aspectos relativos á súa mobilización.
4. Atender as críticas e suxestións manifestadas desde diferentes ámbitos profesionais, no sentido de que se estude a necesidade de axustar os protocolos de actuación empregados polo CAE 112 á nova situación actual do mapa dos servizos de atención ás emerxencias e ao catálogo de medios e recursos, favorecendo os criterios de proximidade, dispoñibilidade de efectivos e idoneidade de medios.
5. Instar as deputacións provinciais a que presenten canto antes os seus informes arredor do modelo de xestión do servizo prestado polos parques dos consorcios provinciais, co fin de chegar a un acordo respecto da adopción dun ou doutro modelo.
11
6. Acometer, unha vez definido o modelo de xestión dos consorcios provinciais, a elaboración dunha proposta de regulamento do bombeiro profesional e do voluntariado, dando cumprimento ao establecido na disposición adicional terceira, punto 3, da Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia. A proposta de regulamento deberá consensuarse previamente a través dunha mesa de negociación na que estean os representantes dos consorcios, xunto cos representantes dos concellos con parques de bombeiros, e tamén a representación sindical dos bombeiros, en consonancia co acordo parlamentario acadado o pasado 11 de setembro de 2015.”
Declaración Institucional do Parlamento de Galicia no marco do Día Internacional contra o
Traballo Infantil
Con motivo do Día Mundial contra o Traballo Infantil, que se celebra o 12 de xuño, chegou a
esta Presidencia, promovida por Plan International España, unha declaración institucional
asinada por todos os grupos políticos, que paso a ler:
Os deputados e as deputadas que neste Parlamento representamos a cidadanía galega
facemos un chamamento á comunidade internacional para defender que todos os nenos e
nenas teñan acceso á educación universal gratuíta como un dereito básico e obrigatorio e a
loitar polo desenvolvemento de políticas que impidan a explotación infantil a través do
traballo.
Todos os nenos e nenas teñen os mesmos dereitos, establecidos en tratados internacionais
como a Convención sobre os dereitos do neno, que recolle os dereitos da infancia e inclúe
dereitos como o dereito á educación. As institucións públicas e, en concreto, este Parlamento
responsabilízanse e garanten que todas as nenas e os nenos poidan acceder aos seus dereitos
e instan a que tamén sexa así a nivel global.
O traballo infantil é consecuencia de situacións de pobreza nas que os nenos e nenas están
obrigados a abandonar os estudos para manter economicamente as súas familias, perdendo o
dereito á nenez e a súa posibilidade a un futuro digno.
Este Parlamento é consciente de que a situación das nenas é especialmente difícil, xa que
sofren una dobre vulneración pola súa idade e polo seu xénero. Así, as nenas son as máis
pobres entre os pobres: nos países en vías de desenvolvemento as nenas son as máis
vulnerables, un feito que se acentúa cando no seu contorno hai escaseza de recursos. Este
factor, xunto con outros condicionantes, fai que as nenas non poidan ir ao colexio e que sufran
prácticas como o matrimonio infantil, o traballo infantil doméstico, o embarazo temperán, a
violencia, a discriminación e a mutilación xenital feminina.
O Parlamento de Galicia reitera o seu compromiso cos dereitos da infancia e a súa loita contra
o traballo infantil e, en concreto, o traballo doméstico que realizan millóns de nenas no
mundo.
Declaración institucional do Parlamento de Galicia ao se cumpriren 80 anos do golpe de
Estado do 18 de xullo de 1936
O Parlamento de Galicia, ao se cumprir o 80 aniversario dos tráxicos acontecementos que
provocaron a Guerra Civil e a posterior ditadura franquista, quere reiterar a súa condena ao
golpe de Estado perpetrado por Franco o 18 de xullo de 1936, ao réxime ditatorial
consecuencia deste golpe de Estado e aos crimes e represións exercidos sobre as persoas
vencidas.
12
Así mesmo, o Parlamento de Galicia reitera a importancia de proseguir coas accións dirixidas a
recuperar e dignificar a memoria das vítimas da represión exercida na Guerra Civil e durante o
franquismo, eliminar os símbolos, as denominacións e as referencias franquistas de rúas e
edificios públicos, así como a colaborar na identificación dos desaparecidos e soterrados en
fosas comúns durante a ditadura franquista.
NNNOOORRRMMMAAASSS PPPUUUBBBLLLIIICCCAAADDDAAASSS NNNOOO DDDOOOGGG CONSELLARÍA DE FACENDA
DOG número 108, 8 de xuño de 2016
Decreto 60/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Estatuto do organismo autónomo
Instituto Galego de Estatística. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160608/AnuncioCA01-310516-0001_gl.pdf
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
DOG número 109, 9 de xuño de 2016
Orde do 31 de maio de 2016 pola que se modifica o módulo de financiamento do servizo de
axuda no fogar a persoas en situación de dependencia. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160609/AnuncioG0425-010616-0001_gl.pdf
DOG número 116, 20 de xuño de 2016
Corrección de erros. Orde do 23 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases que
rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160620/AnuncioG0425-140616-0001_gl.pdf
DOG número 118, 22 de xuño de 2016
Resolución do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e
Voluntariado, pola que se lles dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do
4 de xuño de 2015, pola que establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade
transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se
procede á súa convocatoria para o ano 2015. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160622/AnuncioG0425-090616-0002_gl.pdf
DOG número 132, 13 de xullo de 2016
Orde do 27 de xuño de 2016 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan
prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da
Consellería de Política Social para o curso 2016/17. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160713/AnuncioG0425-280616-0006_gl.pdf
Extracto da Orde do 27 de xuño de 2016 pola que se determinan as bases reguladoras e se
convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes
da Consellería de Política Social para o curso 2016/17. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160713/AnuncioG0425-280616-0007_gl.pdf
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
DOG número 120, 27 de xuño de 2016
Resolución do 6 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola
que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade
2016, do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para
13
facilitar a reinserción laboral así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores
afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e
25/2001, do 31 de xullo. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160627/AnuncioG0424-140616-0012_gl.pdf
DOG número 122, 29 de xuño de 2016
Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os
premios de responsabilidade social empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) para o ano
2016 http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160629/AnuncioG0424-150616-0005_gl.pdf
DOG número 127, 6 de xullo de 2016
Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á
convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas
traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional
para o emprego correspondentes ao exercicio de 2016 (código de procedemento TR301V). http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160706/AnuncioG0424-220616-0012_gl.pdf
Extracto da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se
procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para
persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación
profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2016 (código de procedemento
TR301V). http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160706/AnuncioG0424-220616-0013_gl.pdf
DOG número 128, 7 de xullo de 2016
Decreto 76/2016, do 9 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma
de Galicia do calendario laboral para o ano 2017. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160707/AnuncioG0424-280616-0005_gl.pdf
DOG número 129, 8 de xullo de 2016
Orde do 28 de xuño de 2016 pola que se fai pública a ampliación dos importes existentes para
a concesión das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen
as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a
contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da
renda de integración social de Galicia (Risga), e se aproba a convocatoria para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160708/AnuncioG0424-300616-0010_gl.pdf
DOG número 132, 13 de xullo de 2016
Orde do 14 de xuño de 2016 pola que se nomean dous novos membros do Consello Galego de
Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT Galicia. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160713/AnuncioG0424-010716-0017_gl.pdf
Orde do 28 de xuño de 2016 pola que se dispón a renovación dunha vogal do Consello de
Administración da Autoridade Portuaria de Vigo. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160713/AnuncioG0427-010716-0007_gl.pdf
DOG número 133, 14 de xullo de 2016
Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de
incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo
Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160714/AnuncioG0424-040716-0005_gl.pdf
Extracto da Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do
Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral,
cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160714/AnuncioG0424-040716-0007_gl.pdf
14
DOG número 135, 18 de xullo de 2016
Resolución do 4 de xullo de 2016 pola que se substitúen varios membros do Consello Galego
de Seguridade e Saúde Laboral. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160718/AnuncioG0424-070716-0019_gl.pdf
DOG número 140, 26 de xullo de 2016
Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de
incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa
duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160726/AnuncioG0424-040716-0009_gl.pdf
Extracto da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do
programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de
longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160726/AnuncioG0424-040716-0010_gl.pdf
DOG número 141, 27 de xullo de 2016
Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para
o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social),
cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo e ao
Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160727/AnuncioG0424-040716-0012_gl.pdf
Extracto da Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das
subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-
economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo
Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016.
Programa I-Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160727/AnuncioG0424-050716-0011_gl.pdf
Extracto da Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das
subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-
economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo
Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016.
Programa II-Fomento do acceso á condición de persoa socia. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160727/AnuncioG0424-050716-0014_gl.pdf
Extracto da Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das
subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-
economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo
Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016.
Programa III-Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais para persoas mozas
inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160727/AnuncioG0424-050716-0016_gl.pdf
Extracto da Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das
subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-
economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo
Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016.
Programa IV-Fomento do emprendemento colectivo para persoas mozas inscritas no Sistema
nacional de garantía xuvenil. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160727/AnuncioG0424-050716-0018_gl.pdf
15
Extracto da Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das
subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-
economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo
Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016.
Programa V-Impulso de proxectos empresariais colectivos http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160727/AnuncioG0424-050716-0020_gl.pdf
Extracto da Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das
subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-
economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo
Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016.
Programa VI-Intercooperación e integración empresarial. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160727/AnuncioG0424-050716-0021_gl.pdf
Orde do 18 xullo de 2016 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a
concesión das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as
bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego, dentro dos
programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede
á súa convocatoria para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160727/AnuncioG0424-200716-0009_gl.pdf
DOG número 142, 28 de xullo de 2016
Orde do 1 de xullo do 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de
axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a
conciliación laboral e persoal nas pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e
se procede á súa convocatoria para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160728/AnuncioG0424-070716-0017_gl.pdf
Extracto da Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do
Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade
laboral e a conciliación laboral e persoal nas pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social
Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160728/AnuncioG0424-070716-0018_gl.pdf
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
DOG número 121, 28 de xuño de 2016
Resolución do 14 de xuño de 2016 pola que se publica a oferta de emprego público (OPE) do
persoal docente e investigador para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160628/AnuncioG2018-140616-0001_gl.pdf
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
DOG número 131, 12 de xullo de 2016
Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos
sociais de Galicia. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160712/AnuncioC3B0-080716-0002_gl.pdf
DOG número 140, 26 de xullo de 2016
Lei 12/2016, do 22 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a
prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160726/AnuncioC3B0-220716-0001_gl.pdf
VICEPRESIDENCIA E CONSELLARÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
DOG número 133, 14 de xullo de 2016
16
Resolución do 5 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo
de presentación da documentación xustificativa e da solicitude de pagamento, establecido na
Resolución 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as
bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida
de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa
xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa
operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2016 http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160714/AnuncioG0244-050716-0002_gl.pdf
DOG número 142, 28 de xullo de 2016
Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as
bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das
mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160728/AnuncioG0244-150716-0002_gl.pdf
Extracto da Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se
establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a
participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160728/AnuncioG0244-150716-0003_gl.pdf
NNNOOORRRMMMAAASSS PPPUUUBBBLLLIIICCCAAADDDAAASSS NNNOOO BBBOOOEEE MINISTERIO DE FOMENTO
BOE número 134, 3 de xuño de 2016
Orde FOM/852/2016, de 20 de maio, pola que se publica o Acordo de encomenda de xestión
ao Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas para a organización material de
determinados cursos selectivos correspondentes á Oferta de Emprego Público de 2015. http://www.boe.es/boe/dias/2016/06/03/pdfs/BOE-A-2016-5380.pdf
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
BOE número 147, 18 de xuño de 2016
Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. http://www.boe.es/boe/dias/2016/06/18/pdfs/BOE-A-2016-5942.pdf
Lei 6/2016, de 4 de maio, da economía social de Galicia http://www.boe.es/boe/dias/2016/06/18/pdfs/BOE-A-2016-5943.pdf
TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
BOE número 158, 1 de xullo de 2016
Recurso de inconstitucionalidade nº 3219-2016, contra os artigos 15.2 e 24.2.a) e b) da Lei
30/2015, de 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de Formación Profesional para o
emprego no ámbito laboral. https://www.boe.es/boe/dias/2016/07/01/pdfs/BOE-A-2016-6341.pdf
MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
BOE número 168, 13 de xullo de 2016
Resolución de 5 de xullo de 2016, da Intervención Xeral da Administración do Estado, pola que
se modifican as Resolucións de 1 de xullo de 2011, pola que se aproba a adaptación do Plan
17
Xeral de Contabilidade Pública ás entidades que integran o sistema da Seguridade Social; e a
de 25 de xullo de 2012, pola que se determina a estrutura e composición da Conta Xeral da
Seguridade Social e das contas anuais das entidades que integran o sistema da Seguridade
Social. https://www.boe.es/boe/dias/2016/07/13/pdfs/BOE-A-2016-6695.pdf
MINISTERIO DE EMPREGO E SEGURIDADE SOCIAL
BOE número 168, 13 de xullo de 2016
Resolución de 4 de xullo de 2016, da Subsecretaría, pola que se aproban as actualizacións das
Cartas de servizos das Consellerías de Emprego e Seguridade Social. https://www.boe.es/boe/dias/2016/07/13/pdfs/BOE-A-2016-6710.pdf
BOE número 173, 19 de xullo de 2016
Resolución de 29 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social,
pola que se establecen os termos para a aplicación ás mutuas colaboradoras coa Seguridade
Social dos coeficientes para a xestión da prestación económica por incapacidade temporal
derivada de continxencias comúns dos traballadores por conta allea das empresas asociadas. https://www.boe.es/boe/dias/2016/07/19/pdfs/BOE-A-2016-6935.pdf
MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE
BOE número 174, 20 de xullo de 2016
Resolución de 30 de xuño de 2016, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade,
pola que se publica a relación certificada de proxectos a realizar polas comunidades
autónomas e as cidades con estatuto de autonomía para a mellora da coordinación e posta en
marcha de plans personalizados para mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e
fillas, no ano 2016. https://www.boe.es/boe/dias/2016/07/20/pdfs/BOE-A-2016-6965.pdf
Resolución de 30 de xuño de 2016, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade,
pola que se publica a relación certificada de proxectos a realizar polas comunidades
autónomas e as cidades con estatuto de autonomía para garantir ás mulleres vítimas de
violencia de xénero o dereito á asistencia social integral no ano 2016. https://www.boe.es/boe/dias/2016/07/20/pdfs/BOE-A-2016-6966.pdf