nº 13 xaneiro 2020 ano difí cil para a...

32
xaneiro 2020 nº 13 EXEMPLAR GRATUÍTO xove. Remata o plan de sinalización dos recursos turísticos. Pax. 15 barreiros. O Concello pon en servizo un punto limpo móbil. Pax. 14 viveiro. A Deputación fará a reforma do cemiterio de Altamira. Pax. 6 foz. Inaugurado o novo refuxio de animais situado en Mañente. Pax. 11 trabada. Posto en mar- cha o Punto de Atención á Infancia. Pax. 18 burela. Non haberá acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro. O temporal destroza instalacións da Protectora. Pax. 13 Foz acolle a Festa do Chícaro A exaltación do berberecho será do 18 ao 19. Pax. 10 Ano dicil para A Mariña O remate do 2019 deixou en vilo a varias empresas mariñás como Alcoa e Muebles Hermida, que verán no novo Goberno Estatal unha luz A Mariña ofrece múlples alternavas de ocio e a visi- ta aos seus museos son un dos plans favoritos dos turis- tas cando chove. Os museos abren a diario e, en moitos casos, sobre todo durante o verán, tamén atenden visitas os días fesvos. Así, pódense visitar os concellos mariñaos en inverno e desfrutar da am- pla variedade de representa- ción arsca e cultural que ofrecen. Pax. 20 e 21 A comarca mariñá ofrece un amplo abano museísco Mondoñedo será sede da narración Este 2019 foi un ano compli- cado para a Mariña lucense, no que as empresas Alcoa e Muebles Hermida levantaron moita preocupación. Esta úl- ma acadou a aceptación dun expediente de redución tem- poral de emprego ou ERTE que, como máximo, terá unha duración de nove meses, tra- la aceptación dos traballa- dores da fábrica laurenna. Polo que respecta a Alcoa, a situación está pendente do novo Goberno e a aprobación do estatuto para as empresas electrointensivas no que ta- mén resultarían afectadas as empresas auxiliares, que se cohesionaron nunha platafor- ma coordinadora. Pax. 2 e 19 Crean o Eco-Trail Monte Castelo A Deputación aprobou a con- cesión de 332 axudas para asociacións culturais para a realización de acvidades de interese cultural. O pro- grama esta dotado cun or- zamento de 280.000 euros, que se adxudicarán entre as asociacións baseándose en criterios como o grao de con- solidación das acvidades e o seu interese, baremos sociais como o fomento da igualda- de ou a inclusión de persoas. Trátase dunha das liñas máis importantes para a dinamiza- ción do tecido cultural, pois entre as acvidades subven- cionadas atópanse festas populares, como o entroido, magostos e feiras. Pax. 23 Máis de 300 asociacións recibirán axudas para acvidades culturais O encontro literario será a fi- nais deste mes. Pax. 13 Esta nova proba terá varias modalidades. Pax. 24

Upload: others

Post on 21-Jan-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020 nº 13EXEMPLAR GRATUÍTO

xove. Remata o plan de sinalización dos recursos turísticos. Pax. 15

barreiros. O Concello pon en servizo un punto limpo móbil. Pax. 14

viveiro. A Deputación fará a reforma do cemiterio de Altamira. Pax. 6

foz. Inaugurado o novo refuxio de animais situado en Mañente. Pax. 11

trabada. Posto en mar-cha o Punto de Atención á Infancia. Pax. 18

burela. Non haberá acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4

valadouro. O temporal destroza instalacións da Protectora. Pax. 13

Foz acolle a Festa do Chícaro

A exaltación do berberecho será do 18 ao 19. Pax. 10

Ano difí cil para A MariñaO remate do 2019 deixou en vilo a varias empresas mariñás como Alcoa e Muebles Hermida, que verán no novo Goberno Estatal unha luz

A Mariña ofrece múlti ples alternati vas de ocio e a visi-ta aos seus museos son un dos plans favoritos dos turis-tas cando chove. Os museos abren a diario e, en moitos casos, sobre todo durante o

verán, tamén atenden visitas os días festi vos. Así, pódense visitar os concellos mariñaos en inverno e desfrutar da am-pla variedade de representa-ción artí sti ca e cultural que ofrecen. Pax. 20 e 21

A comarca mariñá ofrece un amplo abano museísti co

Mondoñedo será sede da narración

Este 2019 foi un ano compli-cado para a Mariña lucense, no que as empresas Alcoa e Muebles Hermida levantaron moita preocupación. Esta úl-ti ma acadou a aceptación dun expediente de redución tem-poral de emprego ou ERTE que, como máximo, terá unha duración de nove meses, tra-la aceptación dos traballa-dores da fábrica laurenti na. Polo que respecta a Alcoa, a situación está pendente do novo Goberno e a aprobación do estatuto para as empresas electrointensivas no que ta-mén resultarían afectadas as empresas auxiliares, que se cohesionaron nunha platafor-ma coordinadora. Pax. 2 e 19

Crean o Eco-Trail Monte Castelo

A Deputación aprobou a con-cesión de 332 axudas para asociacións culturais para a realización de acti vidades de interese cultural. O pro-grama esta dotado cun or-zamento de 280.000 euros, que se adxudicarán entre as asociacións baseándose en criterios como o grao de con-solidación das acti vidades e o seu interese, baremos sociais como o fomento da igualda-de ou a inclusión de persoas. Trátase dunha das liñas máis importantes para a dinamiza-ción do tecido cultural, pois entre as acti vidades subven-cionadas atópanse festas populares, como o entroido, magostos e feiras. Pax. 23

Máis de 300 asociacións recibirán axudas para acti vidades culturais

O encontro literario será a fi -nais deste mes. Pax. 13

Esta nova proba terá varias modalidades. Pax. 24

Page 2: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

actualidade2 xaneiro 2020

A MARIÑA

Os Concellos de Mondoñedo, Rio-torto, A Pontenova e Taramundi im-pulsan a creación dunha ruta BTT de longo percorrido vinculada aos ofi-cios tradicionais. Este proxecto opta ás subvencións convocadas pola Xunta para fomentar a recuperación, accesibilidade e sinalización de re-cursos turísticos no medio rural.A ruta discorrerá por catro concellos de carácter rural e de marcada natu-reza montañosa que destacan, ade-mais, polos seus oficios tradicionais e a súa vinculación coa auga; deste

xeito póñense en valor os recursos naturais, paisaxísticos e etnográficos.O emprego da auga tamén é singu-lar e específico deste territorio para as actividades dos ferreiros: ben sexa para a elaboración das navallas de Taramundi ou A Pontenova ou mesmo para os coitelos, fouciños e outros apeiros que se realizaban ao longo do territorio. Outros recursos existentes na zona son as covas ou as minas e o patrimonio industrial.Aproveitando as pistas de terra dos catro concellos, deseñarase unha

ruta de longo percorrido -arredor duns 150 quilómetros con itinerario de ida e volta- indicada, principal-mente, para bicicletas de montaña; aínda que tamén se prevé o seu aproveitamento para outras activi-dades deportivas e culturais.O proxecto recolle tamén o deseño de distintos trazados de diferente duración, dificultade e desniveis acu-mulados para a práctica deportiva do BTT. Contémplanse característi-cas adaptadas aos distintos niveis. Un dos trazados recollerá unha ruta

cunha dificultade máis baixa e o ou-tro, unha máis profesional. Ademais, poranse a disposición dos visitantes vías alternativas que permitan com-pletar a visita en trazados máis cur-tos que comuniquen as cabeceiras das catro vilas.Esta iniciativa constitúe, polo tanto, unha base para atraer cara a este territorio visitantes e deportistas vin-culados ás actividades de montaña. Este proxecto ofrece unha oferta in-tegral dirixida tamén ás familias dos deportistas ou dos visitantes e usua-rios que poderán coñecer tamén este entorno e o patrimonio.

Ese proxecto marca o camiño para futuras actuacións e poñerase en va-lor a través de actividades e recursos complementarios que contribúan a situala como un referente da activi-dade deportiva. A creación de recur-sos e servizos asociados coas activi-dades que se poden desenvolver ao longo do seu percorrido, contribuirá a dinamizar as economías.A ruta contará con paneis informa-tivos e códigos QR que ofrecerán in-formación sobre os recursos existen-tes, especialmente os relativos aos oficios tradicionais e aos recursos naturais dos concellos.

Catro concellos mariñaos impulsan a creación dunha ruta BTT no interior

A ruta terá uns 200 quilómetros de trazados

O comité de empresa de Alcoa re-clama ao recentemente nomea-do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que publique o día que se celebre o primeiro Consello de Ministros, o Decreto que aprobe o comprometido estatuto das elec-trointensivas.José Antonio Zan, presidente do organismo de representación dos traballadores, esixe ao Executivo bi-partito de PSOE e Unidas Podemos, que acordou a aprobación deste do-cumento tralo pacto co BNG para a investidura, que saque adiante o tex-to para “crear un marco enerxético estable.Zan sostén que “non hai razón para demorar máis” a aprobación do do-cumento. “Veremos que medidas trae e ata onde chega, e que certeza ofrece ás electrointensivas”. O novo presidente xa se manifestou a este respecto asegurando que, xunto a Pablo Iglesias, pedirán ás grandes empresas electrointensivas, entre elas Alcoa, que se comprome-tan a manter e xerar emprego.Por outra banda, segue en marcha a concentración prevista para o vin-deiro 22 de xaneiro en defenda da industria electrointensiva que terá lugar en Madrid.

PLATAFORMA. Os delegados das empresas auxiliares de Alcoa San

Cibrao veñen de anunciar a crea-ción dunha plataforma coordina-dora de traballadores auxiliares.Este grupo abrangue as empre-sas Reymogasa, Cotelsa, Cyrgasa, Terpil, Jofrasa, Noguera, Industrias Xove, Pasek, Garmil, Maesa e Iso-trón. Cunha masa social represen-tada duns 650 traballadores.A plataforma coordinadora de traballadores auxiliares de Alcoa sumou o apoio de seis novas em-presas ás once xa presentes.Dita plataforma está a recibir o apoio de empresas como Rodabell SA, Mecanizados Rodabell, Mon-taxes Rodabell, Mayco, Saur Xove e Talleres Noguera. Xunto coas 11 xa

presentes suman un total de 800 traballadores.A primeira reunión serviu de ache-gamento de impresións e deixou a Enrique Rocha como voceiro desta plataforma.Manteñen tamén a convocatoria dunha mobilización con paros de traballo de 2 horas para finais des-te mes.“Dende que Alcoa se fixo cargo da planta de San Cibrao adicouse a reducir postos de traballos direc-tos para externalizalos. Levando con iso a unha precarización dos postos de traballo, e a unha maior ganancia para eles, non pode ser que agora que pode vir un golpe

mal dado que sexamos os primei-ros en pagar o pato, tal e como xa aconteceu nas plantas de A Coruña e Avilés”, conclúen.

ACENDIDO SIMBÓLICO. O 25 de decembro repetiuse a iluminación simbólica de apoio a Alcoa e a de-fensa dos seus traballadores, que tamén se fixo en Xove e San Cibrao.O Concello de Cervo e o comité de empresa da fábrica alumieira pro-moveron esta iniciativa co lema Alcoa, peche non, para reivindicar a continuidade da planta cervense.Con este lema acendeuse a ilumi-nación ante a Casa de Cultura de Cervo desa localidade.

Alcoa espera unha rápida resposta do novo Goberno de Pedro Sánchez

Unha imaxe do acendido simbólico de Cervo e o cartel da concentración do día 22

A Xunta de Goberno da Deputa-ción aprobou a sinatura de con-venios de colaboración da De-putación con cinco entidades de Mondoñedo, Viveiro, Foz e Lugo por un importe conxunto próximo aos 240.000 euros.Por un lado, a Deputación firmará un convenio de preto de 150.000 euros co Concello de Mondoñedo para a mellora de diversas vías: nos núcleos de Cesuras, Curuxeiras, San Pedro, Cabana, Vilar e entre a LU-124 e o barrio O Couto de Outeiro.A Deputación tamén aprobou un convenio co Concello de Viveiro por case 17.000 euros para a re-dacción do proxecto técnico das obras de urxente necesidade no cemiterio municipal.Por outra banda, a Xunta de Go-berno deu o visto bo a convenios co Club Sociedade Deportiva Mui-menta por importe de cerca de 30.000 euros co fin de renovar a instalación eléctrica no campo de fútbol O Pichón da localidade; co Colexio Fundación Martínez Ote-ro de Foz para a pavimentación do patio por 20.800 euros; e coa asociación de veciños, comercian-tes e industriais da Milagrosa por importe de 20.000 euros para su-fragar os gastos dunha acción de dinamización e potenciación des-te barrio emblemático de Lugo

A Deputación investirá na mellora de servizos e infraestruturas

Page 3: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020actualidade 3

Vanse fi nanciar con 1,2 millóns de euros os programas de emerxencia e inclusión social de 14 concellos da provincia de Lugo en apoio dos colecti vos en situación de vulnera-bilidade.Entre as iniciati vas que os servizos sociais municipais desenvolverán están os programas de inclusión da poboación xitana, inmigrante e persoas en risco de exclusión social que engaden, por primeira vez, un programa específi co para a aten-ción ás persoas sen fogar.O orzamento desti nado para estas accións duplica o previsto o ano anterior e inclúe a ampliación do período para levar a cabo os pro-gramas subvencionados, que se eleva de 16 a 20 meses, para que os concellos que os impulsen con-ten con máis conti nuidade.Respecto á provincia de Lugo, catro concellos (Lugo, Monforte, Quiroga e Viveiro) repártense un total de 290.061,71 euros para o programa de apoio á comunidade xitana.O segundo programa fi nanciado é o dirixido á inclusión social da po-boación inmigrante, con 290.061

euros a distribuír entre outros catro concellos, en concreto, os de Bure-la, Lugo, Viveiro e Vilalba.A terceira das accións fi nanciadas é a promovida polo Concello de Lugo, que recibe 68.772 euros para o programa de apoio a situacións de emerxencia social.Finalmente, 572.178 euros servirán para apoiar os programas comple-mentarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores de once municipios da provincia: os de o Viveiro, Vilal-ba, Sober, Pobra do Brollón, Pan-tón, Monforte, Mondoñedo, Guiti -riz, Chantada, Carballedo e Burela.Aínda que as accións subvencio-nables pode variar en función do programa concreto, moitas delas teñen en común iniciati vas como a erradicación do chabolismo, me-diación cultural e social, reforzo educati vo de menores, formación dixital, servizo de transición ao em-prego, accións formati vas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida, ou á alfabeti zación nas linguas ofi ciais e o servizo de Edu-cación Familiar, entre outros.

Financiados con 1,2 millóns os programas de inclusión

O programa Clubs de Lectura impul-sado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesio-nal chega este curso a 37 centros escolares da provincia de Lugo. O programa vai dirixido a centros pú-blicos ti tularidade da consellería que imparten ensinanzas de ESO, Bacha-relato, FP ou de réxime especial.En Galicia están adscritos un total de 247 centros escolares que agluti nan a preto de 12.700 alumnos. E por provincias, ademais dos 37 de Lugo, parti cipan 105 centros da Coruña, 25 de Ourense e 80 de Pontevedra.Así, na Mariña están o IES Monte Castelo de Burela, o San Rosendo de Mondoñedo, o Enrique Muruais da Pontenova, o Porta da Auga de

Ribadeo, o Illa de Sarón de Xove e en Viveiro o ESOI Luz Pozo Garza e o María Sarmiento.A iniciati va, que forma parte do Plan Lía de Bibliotecas escolares, ten como obxecti vo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades so-ciais e a aprendizaxe desde o espazo da biblioteca escolar de cada centro.Para tal fi n, a Consellería desti na un total de 220.000 euros a este pro-grama cunha asignación por centro que se desti na, fundamentalmente, á adquisición de libros para as acti -vidades do club de lectura (que pos-teriormente pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca) e para ou-tros gastos derivados do seu funcio-namento.

Varios centros de ensino da comarca forman clubs de lectura

Como chegou ao mundo da nutri-ción?Realicei o ciclo superior en Lugo, con-cretamente no Politécnico e acabei o curso obtendo a mellor nota acadé-mica. Eso permiti ume poder buscar as prácti cas por libre, así, púxenme en contacto co Hospital Clínico de Santi ago, coa doutora Pilar Pavón, que naquel entonces era presidenta da Asociación de Celíacos de España e esti ven con ela 3 meses na consul-ta de gastroenteroloxía pediátrica.

Cando dá o salto a consultar direc-tamente?Esta andaina ten xa 7 anos e come-zei na Mariña, ao principio ía a far-macias, parafarmacias, consultas de terceiros e cando levaba 2 anos deci-dín dar un paso máis e estendinme a Lugo, Vilalba, Xixón e Oviedo.

Na actualidade onde consulta?Na Mariña, en Láncara, na Coruña, en Lugo, en Navia, en Ferrol e por suposto online, tanto de Galicia coma en España e incluso de xente que está no resto de Europa e La-ti noamérica. En Ribadeo estou no Centro Estéti co Canelas, en Foz en Tu Look e en Covas en Sala 5 Acti vi-dades Dirigidas.

Conta cun centro propio en Burela?Pois foi en outubro de 2016 cando inauguro a miña clínica en Burela, denominado Noel López Pinín Cen-tro de Bienestar, integrado por dife-rentes profesionais da saúde. Non e só unha clínica de nutrición se-nón temos tamén sicoloxía, terapia ocupacional, terapias alternati vas, estéti ca tanto facial coma corporal, venda de alimentación ecolóxica e fi toterapia e fi nalmente unha liña cosméti ca.

Nestes anos mudaron os hábitos alimenti cios?Durante estes 10 últi mos anos cambiou todo moito, cada vez a nutrición é unha profesión máis valorada, e iso pasa porque cada vez a xente lle dá máis importan-cia á alimentación, que é a base de todo. Por exemplo, un tratamento

farmacolóxico sen a nutrición da persoa non vai ser igual de efecti vo. As persoas e tamén os médicos son máis conscientes de iso. Cada vez hai máis demanda de información, pero tamén é certo que cada vez hai máis oferta, pero as veces oferta oportunista, non profesional.

Recibe persoas de todas as idades e condicións?Teño de todo ti po e sexo, pero por facerche unha valoración quizáis o público que máis asiste ás miñas consultas son mulleres entre os 30 e os 70 anos de idade. Tamén xen-te de calquera sexo con problemas de sobrepeso, persoas con altera-cións de algún punto da analíti ca que queren mellorar por exemplo o ácido úrico ou fí gado graso, persoas con patoloxías dixesti vas para me-llorar esa sintomatoloxía, etc.

Cre que os pais e nais deberan edu-car previamente en alimentación?A alimentación é educable, somos conscientes de como nos alimen-tamos e como comemos, entón é importante educarnos en materia nutricional para que así saibamos que alimentos incluír na nosa dieta e o noso organismo mediante o me-canismo da nutrición poda obter os nutrintes necesarios para un correc-to funcionamento. É fundamental que desde a base se eduquen os nenos, así como é tan importante dar. Os máis pequenos teñen que ver que os seus pais comen como

están pretendendo que coman eles. Que mellor caso que o do azu-cre, ninguén nace con apetencia polo azucre, pero desde pequenos estamos embuti dos con azucre, estamos moi condicionados polas industrias alimentarias, incluso con campañas de publicidade que aso-ciaban o azucre ou certos alimentos con grasas hidroxenadas coma un alimento bo para o crecemento for-te dos máis pequenos.

Asóciase ás veces vir ao nutricionis-ta con dietas estritas?As dietas non son pasar fame. A xen-te non cre que poda comer potaxes ou froitos secos nunha dieta, e sor-préndense porque a máis deben es-tar, na súa medida como o resto de alimentos.

Como afectan os hábitos de vida saudables na nutrición deporti va?O exercicio fí sico é fundamental, é cardiosaudable, mantén unha boa masa muscular. Se se combinan die-ta e exercicio imos ter mellores resul-tados. Para o tránsito intesti nal, os tres piares son dieta con fi bra, unha correcta hidratación e exercicio.

Que o diferencia dos demais?As miñas dietas, baseadas na dieta mediterranea, sen restriccións de alimentos. Non uti lizo ningún ti po de produto, só pauto alimentos. Ademais, a formación e a experien-cia permitenme aprender conti nua-mente.

Noel López, na súa consulta

“As dietas non son pasar fame”O nutricionista Noel López Pinín rexenta unha consulta en Burela

Page 4: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

actualidade4 xaneiro 2020

burelaNOVAS

As obras de humanización da rúa Rosalía de Castro darán comezo a mediados de xaneiro e o prazo de execución será de dous meses, se-gundo anunciou o alcalde, Alfredo Llano. O tráfi co rodado estará cor-tado nesa vía durante ese período agás entre as sete da tarde e as nove da mañá, franxa na que se permiti -rá que os residentes poidan entrar e saír dos seus garaxes. Ademais crea-rase unha zona de carga e descarga en Curros Enríquez e vanse distribuír bandos do Concello polos inmobles afectados para informar de todo isto. O rexedor dixo que “este ano 2020 queremos que empece con bo pé e en Burela había unhas obras pen-dentes que consideramos que van fortalecer a singularidade, a funcio-nalidade e a fl uidez e creo que van ser rechamantes. Refí rome á cén-trica rúa Rosalía de Castro e a zona da rúa do Hórreo, que ten unha vis-

tosidade extraordinaria que se pode apreciar desde o porto de Burela”.Llano manifestou que “como quere-mos comezar o antes posible, pen-samos que en Rosalía de Castro vai empezar a obra o día 15 deste mes. Esperamos que non haxa problemas técnicos e que teñamos bo tempo para que favoreza este inicio. Basica-mente o que se vai facer en Rosalía

de Castro será na zona que vai desde o cruce con Eijo Garay ata a rúa La-mestra, onde está o establecemento de Froiz, un arranxo integral das bei-rarrúas e da rúa propiamente dita. Chamámoslle humanización porque realmente vai cambiar radicalmente a cuesti ón funcional, de estrutura e estéti ca. Queremos facela moito máis atracti va e desde logo apro-

veitamos para amañar o separati vo de pluviais e residuais e o resto das canalizacións. Imos deixar todo ao mesmo nivel, as beirarrúas e a rúa, aínda que irá destacada a parte peo-nil e a de circulación de vehículos e os aparcamentos. Esperamos que todo vaia ben e se faga no tempo previsto, calcúlase que serán dous meses de obras porque é unha ac-tuación importante”.O alcalde explicou que ti veron unha para falar cos responsables da obra, cos policías municipais e cos técnicos directores para ver como facilitar a vida durante as obras. En principio acordaron que a rúa Rosalía de Cas-tro estará pechada ao tráfi co aínda que se vai permiti r o acceso aos garaxes antes das nove da mañá e despois das sete da tarde para que os que teñen vado poidan sacar e gardar os vehículos.

As obras de mellora da rúa Rosalía de Castro darán comezo a mediados de mes

Unha imaxe da rúa Rosalía de Castro de Burela

“O Consello de Contas de Galicia foi tallante se non se presentan as contas ou se estas son presenta-das con defectos, e estes non se subsanan, o Concello de Burela non terá acceso ás subvencións da Xunta de Galicia”, aseguran dende o PP de Burela.“Toda esta problemáti ca vén deri-vada da fantásti ca xesti ón levada a cabo polo goberno socialista de Burela nos últi mos catro anos”, iro-nizan no PP. No ano 2018 as con-tas, que teñen que render tódolos concellos perante este órgano in-dependente de carácter autonómi-co, foron presentadas con defectos polo “goberno” socialista que, “ata onde sabemos no PP, non foron subsanados, e no, recentemente fi nalizado ano 2019, directamente non foron presentadas”, expón o concelleiro, Manuel Rouco.Os populares aseguran “estar fartos de ver como o señor Llano saca peito vanagloriarse do asom-broso remanente de máis de 3 mi-llóns de euros que ten o Concello en tesourería a día de hoxe”.

O PP advirte de que o Concello non ten ao día as contas

O alcalde, Alfredo Llano, confi rmou que non haberá coalición co BNG. O PSOE gobernará en minoría en Bu-rela e seguirá en conversas cos na-cionalistas cos que poderá chegar a acordos puntuais ao longo deste mandato. O Pleno de organización podería celebrarse a vindeira sema-na.O rexedor contou que “ti vemos unha últi ma reunión de momento para tratar de achegar posturas no aspecto de si se integraba ou non o Bloque Nacionalista Galego no equipo de goberno”.Alfredo Llano dixo que “todas as reunións que ti vemos foron sem-

pre moi respectadas, houbo un ambiente extraordinario de colabo-ración, de propostas e de rigor. Tra-tamos sempre de levar as cousas da mellor maneira posible co respecto que nos temos e mirando polo ben común do concello de Burela”.O alcalde subliñou que “nesta reu-nión acordamos que non houbese integración no equipo de goberno por parte do BNG, porque existe al-gún fl oco, hai algunha cuesti ón de representati vidade e de proporcio-nalidade nas que non coincidimos. Polo tanto consideramos que non debemos, agora mesmo, chegar a un acordo derivado desa problemá-

ti ca que tí ñamos aí”.Pola súa banda, o portavoz munici-pal do BNG, Mario Pillado, sinalou que a “gobernabilidade do Conce-llo non está garanti da unicamente en base á investi dura e lembra ao señor Llano que o PSOE perdeu

a maioría absoluta dúas veces en seis meses e que o futuro de Burela pasa necesariamente por un acordo que garanta un goberno municipal estable e que traballe para dar so-lución aos problemas e necesidades da nosa vila”.

Non haberá pacto de goberno PSOE-BNG

O voceido do BNG municipal e o alcalde de Burela

Burela acollerá un ano máis o fes-ti val Osa do Mar que se celebrará o 14 e 15 de agosto.No cartel fi guran os nomes de Batuko Tabanka & Bando Kriou-la, Blanco Palamera, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, Grande amore, Grande osso, Eze-taerre, KITAI, Parquesvr, Sen Sen-ra, The Rapants e The Wonder-minds.A organización lembra que aínda quedan moitas bandas e moitas sorpresas por confi rmar.O cartel deste ano conta coas ilus-tracións de Héctor Manasé.

Burela acollerá un ano máis en agosto o festi val Osa do Mar

Page 5: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020actualidade 5

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, agarda que durante este mes de xa-neiro dean comezo as obras de me-llora na estación de autobuses e de tren, que foron anunciadas hai al-gunhas semanas pola Xunta de Ga-licia. O rexedor considera necesario seguir apostando por uns servizos públicos de calidade e avoga por re-cuperar as xuntanzas e o traballo da comisión do ferrocarril consti tuída no seu día por Concellos da Mariña, de Ortegal e de Ferrolterra con re-presentantes da Xunta, de Adif e de Feve. Ademais a Alfredo Llano non lle parece ben que se instalen má-quinas para vender billetes do tren de vía estreita. O alcalde cre que é necesario manter os servizos e os postos de traballo.Llano pensa que “é importante para Burela un arranxo e unha mellora na estación de tren e de autobuses que temos na nosa vila. Pensamos que é unha necesidade urxente, xa debera estar feita esa obra porque, a medida que pasa o tempo, si que se ve deterioro e falta de mantemento”.

O rexedor lembrou que “ti ñamos xa un acordo que presentamos na propia estación de autobuses e do tren de Feve. É un proxecto que ten a Xunta para mellorar a esta-ción de Burela en varios aspectos importantes como o asfaltado do estacionamento de autobuses, a pintura da propia estación e me-lloras no interior en luces e mobi-liario. Quedaramos que en xaneiro ían comezar as obras e agardo que este mes, a parti r da segunda quin-

cena, empecen estas obras que tanto tempo levamos esperando por elas”.Para o alcalde burelés “hai que pen-sar que consideramos este medio como un instrumento válido para o desenvolvemento integral da Mari-ña tanto no transporte de viaxeiros como de mercancías, como un bo método para facer trens de intere-se turísti co. Pensamos que se debe seguir apostando por este servizo público”.

Llano espera que as obras na estación de buses e tren comecen este mes

O alcalde, visitando a estación no mes de agosto

A asociación cultural Batuko Ta-banca xa ten desti no para os car-tos recaudados na gala solidaria celebrada no auditorio burelés. O grupo prepara un envío de ma-terial para un colexio de Porto Mosquito, en Cabo Verde. Trá-tase dunha axuda que podería ampliarse a outros centros, pois conseguiron recadar 4.700 euros na gala solidaria á que asisti ron unhas 500 persoas.A asociación debátese entre man-dar un contedor co material ou o diñeiro para comprar alí.A grupo estuda tamén a posibili-dade de facer unha segunda gala, neste caso dirixida aos máis pe-quenos, que na primeira edición entraron gratuítamente mentres os maiores pagaron 10 euros por persoa.Batuko Tabanca anunciou que parte do recadado investi use en pagar o billete de Alexis Fidalgo,

un músico que triunfa nas illas co nome artí sti co de Álex Djimmy, e que quedou cego hai un década, con 17 anos de idade.O músico, que ten familia directa en Burela, someterase na comar-ca a diversas revisións para contar cun diagnósti co certeiro sobre a

súa doenza; unhas revisións que se realizan de maneira solidaria pola oft almóloga Sofí a Méndez, da clínica Virxe da Mariña.Ademais, Burela loce actualmen-te un grafi ti no muro da estación como símbolo da unión de dous pobos.

Batuko Tabanka enviará o recadado na gala a un colexio

A programación cultural de Burela para xaneiro inclúe cine, teatro e exposicións. Os domingos 12 e 26 conti nuará o ciclo Burela de Cine con películas infantí s. Será ás 18:30 horas e a entrada é gratuíta.O 17 de xaneiro haberá teatro en inglés para escolares de prima-ria coa actuación de Cia. OnStage Company. Desenvolverase en hora-rio de mañá e está organizado por Afundación Obra Social Abanca.Ademais ata o día 15 de xaneiro na Sala de Arte poderá visitarse a exposición Postais de Nadal. E do 20 ao 30 de xaneiro estará aber-ta a mostra de Manualidades dos Cursos de Muller.Colaboran co Concello na organi-

zación destas acti vidades: a Xunta de Galicia, Falaredes, Buxiganga Proxecto Teatro Afeccionado 2019 e Deputación de Lugo.ral.

Cine, teatro e exposicións para conti nuar a programación cultural do mes de xaneiro

Mural de Batuko Tabanka realizado en Burela

A Consellería de Educación, Univer-sidade e Formación Profesional vén de conceder a 6 centros educati vos galegos os premios da terceira edi-ción do certame Desafí os STEM: programación, robóti ca e impre-sión 3D, que ten como obxecti vo recoñecer o traballo realizado nos centros cos materiais e a formación recibida nestes ámbitos.A convocatoria establece dúas cate-gorías, con tres desafí os cada unha delas (Desafí o Robots, Desafí o Pro-gramación ou Desafí o Impresión 3D). O premio ascende a 2.000 euros para o equipo docente dos centros gañadores nos diferentes desafí os de cada categoría.Na segunda categoría, STEM afon-damento para proxectos máis com-plexos de alumnado de 4º ESO, 1º ou 2º bacharelato, un dos centros gañadores foi o IES Monte Castelo de Burela no Desafí o Impresión 3D e o proxecto pezas de xadrez.29

O Desafí o Robots consisti u nun proxecto no que nun escenario un ou varios robots realizan de-terminadas accións ou tarefas encamiñadas a darlle solución a unha situación que teña aplica-ción na realidade da vida diaria, da industria etc; mentres que a programación ti ña que xirar arredor dun proxecto tecnolóxico que dea solución a unha necesi-dade concreta onde se uti licen linguaxes de programación. Pola súa banda en Desafí o Impresión 3D debían presentarse proxectos tecnolóxicos onde se uti lice unha impresora 3D para o deseño e construción de todas ou parte das pezas da maqueta.Todos os proxectos presentados de-bían estar elaborados enteiramen-te polo alumnado coa dotación que a Consellería realizou aos centros públicos de ensino non universita-rio dende o curso 2016/17.

O IES Monte Castelo recibe un premio do Desafí os Stem

Page 6: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

actualidade6 xaneiro 2020

O Concello de Viveiro agradece a implicación da Deputación de Lugo nas obras para subsanar as graves defi ciencias no cemiterio municipal de Altamira, moi afecta-do pola riada que sufriu a vila en 2018.As inundacións acontecidas o 18 de novembro de 2018 causaron graves destrozos materiais en diferentes lugares do concello, moi especialmente no barrio de Xunqueira, pero tamén en moitos outros puntos do municipio. Entre as edifi cacións afectadas está o ce-miterio municipal de Altamira, que presenta patoloxías e defi ciencias estruturais producidas no muro de contención sur das instalacións.Ante a gravidade da situación, o Concello de Viveiro demandou a colaboración da Deputación de Lugo que, implicándose desde o primeiro momento, aprobou en marzo de 2019 un convenio inte-radministrati vo para a redacción do proxecto técnico das obras de urxente necesidade no cemite-rio municipal, por un importe de 16.940 euros (asumidos pola insti -tución provincial).“Foron momentos moi duros e complicados, unha situación moi difí cil para Viveiro, polo que temos que agradecer a rápida resposta

da Deputación, sempre en disposi-ción de axudarnos”, lembra a alcal-desa, María Loureiro.Tras a redacción do proxecto ‘Obras de reparación do muro de contención do recinto do cemi-terio municipal de Altamira’, este concello solicitou unha addenda para facer constar que a actuación obxecto do mesmo se correspon-de coas obras nas instalacións, cun orzamento de execución de 96.235,21 euros.A Deputación, probando unha vez máis o seu compromiso co conce-llo, aprobou o pasado 27 decem-bro a modifi cación do convenio interadministrati vo entre ambas administracións para a execución dos fi ns comúns consistentes en: cooperación na redacción do

proxecto técnico, licitación e exe-cución das obras de urxente nece-sidade no cemiterio municipal.Segundo esta modifi cación, os investi mentos comprometi dos pola Deputación ascenden a 113.175,21 euros, dos que 16.940 euros corresponden á coopera-ción na redacción do proxecto e 96.235,21 euros ás obras.

PISCINA. O temporal que asolou Galicia e que moti vou alerta ver-mella por ventos causou destrozos no teito da piscina, que estaba pe-chada por labores de mantemen-to. A pesar dos desperfectos cau-sados, a piscina reabriu no prazo previsto, 7 de xaneiro. Os cursos reanudaranse nos próximos días.

A Deputación fará a reforma do cemiterio de Altamira

O Teatro Pastor Díaz cumpriu 100 anos e para celebrar o seu primeiro século de vida organiza un acto cen-tral o próximo 18 de xaneiro.Nesa xornada, inaugurarase ás 20.30 horas no hall do teatro unha exposi-ción na que se fará un repaso pola traxectoria deste emblemáti co edifi -cio. A parte histórica da mostra corre a cargo do cronista ofi cial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, e ao acto asisti rán diferentes colecti vos.“O emblema da nosa vida cultural cumpre 100 anos e temos que cele-bralo como se merece, cun acto de homenaxe e unha exposición que percorre a vida do edifi cio, que é ta-mén gran parte da vida de Viveiro do últi mo século”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.A concelleira de Cultura, Lara Fer-nández, explica que o cartel da ex-posición “foi elaborado a parti r dos elementos máis representati vos de teatro e fai recordar o escudo de Vi-veiro”.

Construído entre 1918 e 1919 a iniciati va parti cular de Nemesio Barreiro Casal, o teatro pasou por varios propietarios ata que foi adqui-rido polo Concello en decembro do 1988. Esti vo pechado oito anos ata a súa rehabilitación, cun custo de 200 millóns de pesetas. Foi reinaugurado no ano 2001.Proxectado por Mario Páez Suárez,

na parte alta do escenario ten grava-dos os rostros de Rosalía de Castro e de Pastor Díaz, obras de Sandra Es-cohotado Gil e Fernando Cano Vidal.Trala súa rehabilitación, o tea-tro reincorporouse á vida social de Viveiro, de xeito que é onde se rea-lizan a maioría das acti vidades cultu-rais do Concello e tamén as organiza-das polo seu tecido asociati vo.

O Pastor Díaz cumpre cen anos

viveiro

Unha imaxe da entrada ao cemiterio

Unha vista do exterior do teatro

Os concelleiros do Parti do Popular acusan ao Concello de ter “calzadas en mal estado, beirarrúas defi cientes ou inexistentes, falta de sinalización, lixo e maleza no barrio de Cantarra-na, un ámbito urbano moi próximo ao paseo de Covas”.O grupo popular quere que o go-berno municipal adopte as medidas necesarias para corrixir as numero-sas defi ciencias que presenta este amplo espazo urbano, delimitado por la avenida e a rúa Cantarrana, Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Alexandre Bóveda e Castelao.Os concelleiros populares detallaron que as calzadas están en mal estado, con pavimentos que nalgún caso te-ñen fochancas moi considerables e inexistente ou moi defi ciente sinali-zación horizontal e verti cal.En canto ás infraestruturas para peóns, hai tramos de rúa sen beira-rrúas e outros nos que o pavimento está en mal estado; carecen de acce-sibilidade, é dicir, de ramplas a cota cero para acceso de cadeiras de ro-das e similares; pola contra hai ram-plas de acceso a garaxes mal feitas e perigosas para os peóns.“O aspecto xeral deste amplo ámbi-to é de desleixo. Os contedores non son os adecuados e deberían estar situados en illas disimuladas. En todo caso, a calidade da limpeza é moi mellorable con spazos que deberían ser pequenas zonas axardinadas son, na realidade, matogueiras”, din.

O PP recolle as queixas dos veciños de Cantarrana

Bombeiros. O parque de bombeiros organizou por primeira vez unha xornada de portas abertas para levar a cabo unha recollida de alimentos, produtos de hixiene, roupa e xoguetes para o Banco de Alimentos. Esta ini-ciati va foi todo un éxito xa que se chegaron a recoller decenas de xoguetes para os máis pequenos e preto de 500 quilos de comida. Ademais, durante a xornada levouse a cabo un obradoiro sobre a prevención de lumes no fogar.

A banda da loba, presentará o seu novo traballo o 28 de febreiro no teatro Pastor Díaz de Viveiro.Despois do éxito acadado co seu primeiro disco, Bailando as rúas, presentarán o seu segundo traballo, Fábrica de luz, composto por doce cancións que prometen non deixar a ninguén indiferente.Fábrica de luz, é un traballo de crea-ción, refl exión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun senti -do amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábri-cas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e me-moria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.A banda da Loba é música con M de muller, diversidade, enerxía e música caleidoscópica que bebe de tódalas fontes totalmente libre de comple-xos. Os seus directos son adrenalina, compromiso e diversión a partes iguais.

A banda da loba presentará en febreiro o seu novo traballo

Page 7: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020actualidade 7

A alcaldesa de Viveiro tivo unha reunión coa presenza de Augas de Galicia, a Conselleira de Infraestru-turas e Mobilidade e a Asociación de Veciños de Xunqueira, na que se entregou o Plan específico de xestión do risco de inundación da ARPSI Fluvial ES014-LU-170101 Río Fontecova (Viveiro). Memoria de-cembro 2019.Esta Alcaldía deu traslado deste do-cumento aos voceiros dos grupos políticos con representación muni-cipal e convocou dúas reunións co obxectivo de avaliar o seu contido e valorar as propostas realizadas.Nese informe ofrécense os re-sultados da valoración conxunta da análise multicriterio das tres alternativas en función dos cinco aspectos considerados (coste be-neficio, ambiental, social, nivel de protección e temporal), resultando ser a alternativa A a que conta con maior puntuación.En base a isto, na reunión celebra-da, os voceiros dos partidos políti-cos con representación municipal (PSOE, PP, Por Viveiro, BNG e Son Viveiro) acordaron por unanimida-

de solicitar a Augas de Galicia, aos efectos de poder contar con toda a información necesaria para amo-sar dende o Concello a conformi-dade a unha ou outra opción.Ademais, pediron que se volva a analizar tecnicamente a viabilida-de da opción de manter a ponte medieval e que se elabore, valore e puntúe unha nova alternativa coas actuacións contempladas na alternativa A, a excepción do man-

temento da ponte medieval.Tamén se solicitou un informe pre-vio á Dirección Xeral de Patrimonio sobre a proposta de eliminación da ponte medieval e construción dun-ha nova ponte, segundo se plan-texa na alternativa A, aos efectos de axilizar os tempos e segundo a demanda da asociación de veciños de Xunqueira.Por outra banda, pediron que se valore a catalogación do río Fon-tecova, aos efectos de poder esixir a corta nunha distancia de 15 me-tros, tendo en conta o seu caudal, pendente e calado, así como a im-portante masa arbórea existente na súa colindancia. E que se realice unha valoración económica da to-talidade das actuacións que cóm-pre executar, aos efectos de elabo-rar un proxecto completo de todas as obras incluíndo o custe íntegro no presuposto base de licitación, para poder establecer o financia-mento a asumir por cada unha das administracións (tendo en conta que no documento soamente se valoran unha parte das actuacións propostas).

Loureiro pide a Augas de Galicia o Plan específico do río Fontecova

Viveiro vén de facer públicas as datas de celebración para as di-ferentes festas do Concello.Así, o Entroido 2020 será do 22 ao 26 de febreiro e a Semana Santa celebrarase do 3 ao 12 de abril.Xa no verán terán lugar a Rapa das Bestas do Curro de Candaoso

en Boimente o 5 de xullo, a festa da merluza do pincho de Celeiro o 18 de xullo, as festas patronais e do mar de Celeiro na honra de Santiago Apóstolo; Santa Ana e a Virxe do Carmen celebrarase do 24 ao 27 de xullo, e as patronais de San Roque e Nosa Señora se-rán do 14 ao 16 de agosto.

Adiantan as datas para as diferentes festas

O Concello de Viveiro reclama á Xun-ta de Galicia a ampliación do edificio dos xulgados e a creación dunha terceira sala de Primeira Instancia e Instrución.O concello realizou as xestións opor-tunas para a cesión gratuíta de varios locais de titularidade municipal para satisfacer estas demandas a favor da Consellería de Presidencia, Adminis-tracións Públicas e Xustiza, segundo o acordo adoptado polo pleno muni-cipal o 4 de novembro de 2015. Na-quel momento, o equipo de goberno liderado por Melchor Roel impulsou esta cesión vendo os recortes que se viñan producindo nos xulgados.

Despois dunha longa tramitación, o expediente de cesión xa está concluí-do e o concello xa ten posto a dispo-sición da Xunta os locais cedidos. A Dirección Xeral de Xustiza, a petición do concello, concedeu un prazo de tempo para rematar de revisar os fondos bibliográficos que permane-cían almacenados neses locais, onde anteriormente se ubicaba a bibliote-ca municipal. Estes traballos remata-rán a finais da vindeira semana.“Entendemos que o concello cum-priu e agora toca reclamar a creación dese terceiro xulgado; consideramos ademais que coa posta a disposición destes locais se atenden as deman-

das dos traballadores do Xulgado, cando indicaban que había pouco espazo e era necesario habilitar unha sala especial para atender as mulleres vítimas de violencia de xé-nero”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.Finalmente, o Concello de Viveiro apoia as reivindicacións dos tra-balladores do Xulgado, tendo en conta que o volume de traballo se incrementou nun 215% segundo se constatou nas inspeccións do Con-sello Xeral do Poder Xudicial. Dende o concello, tamén se requirirá máis persoal á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Reclama tamén a ampliación dos xulgados e unha nova sala

O Concello de Viveiro renova o pavimento do pavillón municipal, unhas obras que están en marcha agora mesmo e servirán tamén para pintar o interior das instala-cións.O importe do proxecto foi de 134.000 euros e a obra faise con cargo ao Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019 da Deputación de Lugo. O novo pavimento é de madeira de haya maciza, cunhas condicións idó-neas para a práctica deportiva.O pavillón polideportivo, cons-truído a principios da década dos 80, acolle numerosas actividades deportivas, o que implica un for-te desgaste das instalacións polo uso.“Esta actuación xorde pola de-manda dos clubes deportivos e da necesidade de reposición dun pa-

vimento deportivo que, pola súa antigüidade, se atopaba nunha situación precaria”, afirma a alcal-desa de Viveiro, María Loureiro.Para o Concello de Viveiro, o de-porte e o fomento dos hábitos de vida saudables son prioridades na súa acción de goberno. Cada ano son máis os veciños e veciñas de todas as idades que practican al-gún tipo de modalidade deportiva.Na pista do pavillón se practican habitualmente fútbol sala, balon-mán e baloncesto, ademais dou-tros deportes que non requiren de marcaxe no chan, como a xim-nasia rítmica.O Concello de Viveiro agradece a todos os clubes deportivos que entrenan habitualmente no pavi-llón a súa comprensión á hora de cambiar os horarios para poder realizar as obras.

Renovado o pavimento no pavillón municipal

Unha vista do interior do pavillón

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro

Page 8: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

actualidade8 xaneiro 2020

O Concello de Ribadeo segue a eli-minar de especies exóti cas invaso-ras a marxe da ría, no tramo situa-do ao sur da enseada das Aceas. A madeira reti rada vén der ser doada á Orde Marta y María, que é a res-ponsable do hospital asilo.O Concello de Ribadeo, a través do proxecto Life Fluvial, está a reali-zar a eliminación de formacións de especies exóti cas invasoras (Eucalyptus spp.) de ti tularidade privada no tramo situado ao sur da enseada das Aceas, situadas dentro da Rede Natura 2000, na parroquia de Ove, para poste-riormente restaurar a vexetación natural nesas superfi cies, e polo tanto favorecer o restablecemen-to nun estado de conservación favorable dos ti pos de hábitat do corredor fl uvioestuarino da Ría de Ribadeo.Dende a elaboración da candida-tura inicial do proxecto o Concello

de Ribadeo, na súa condición de benefi ciario asociado de Life Flu-vial, ti vo o compromiso de que a madeira xerada polo proxecto con moti vo da eliminación das forma-cións de especies exóti cas invaso-ras teña unha fi nalidade social den-tro do territorio municipal. Para tal fi n, o Concello vén de facer entrega da madeira á Orde Marta y María, responsable da xesti ón do hospital

asilo San Sebasti án e San Lázaro, para que se desti ne ao funciona-mento e sostemento ordinario des-ta instalación radicada no concello. Deste xeito, o proxecto Life Fluvial contribúe como benefi ciario aso-ciado, a que esta enti dade sen áni-mo de lucro, en virtude da súa acti -vidade habitual, vexa potenciado o seu papel na intervención social a nivel municipal.Life Fluvial contemplou a adqui-sición, mediante expropiación, deses terreos de ti tularidade pri-vada da parroquia de Ove por par-te do Concello, para que despois, na súa condición de benefi ciario, achegue os terreos necesarios para a restauración do corredor fl uvioestuarino na ría.

Ribadeo segue a eliminar as especies invasoras vexetais da marxe da ría

Firma do acordo entre os especialistas e a representante do asilo

ribadeo

O Concello de Ribadeo acon-dicionou o firme de varios dos aparcadoiros cos que conta o núcleo urbano. Os traballos fo-ron supervisados polos conce-lleiros de Obras e Medio Am-biente, Mónica Freire e Jorge Díaz.Freire Rancaño contou que “estivemos acondicionando e mellorando o firme de varios dos aparcamentos cos que contamos no núcleo urbano de Ribadeo. Concretamente fixemos melloras nos que hai na avenida Rosalía de Castro e no que está nas inmediacións

do instituto Dionisio Gamallo. Tamén melloramos o firme do que está situado na rúa Ramón González e ademais fixemos actuacións no anexo que existe ao lado do aparcadoiro muni-cipal, na rúa Daniel Cortezón”.A concelleira de Obras lem-brou que “estes espazos non son propiedade do Concello senón que están cedidos e este feito limítanos o tipo de actua-cións que podemos realizar so-bre eles. Temos que limitarnos a facer estas melloras, pero conservando as súas caracte-rísticas”.

Acondicionado o fi rme de varios aparcadoiros do núcleo urbano

O humorista Carlos Blanco actuará o 1 de febreiro en Ri-badeo cun resumo dos seus mellores monólogos. A repre-sentación será no auditorio municipal a parti r das 20.00 horas. Esta actuación englóba-se dentro do ciclo Humor no Camiño.En decembro 2019 a APSX Sa-grado Corazón de Lugo, puxo en marcha cofi nanciado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta, este proxecto. Consiste nun programa de 10 actua-cións en clave de humor (mo-nólogos) por 10 vilas ou cida-des por onde pasa o Camiño. O proxecto que se desenvolve-rá entre o 28 de decembro e o 18 de abril conta con arti stas coma JJ Vquero, Carlos Balnco, David Perdomo, Nacho García, Dani Fontecha, Pedro Branda-riz, Pepo Suevos ou Xan Veiga.As entradas están xa á venda en ataquilla.com.

Carlos Blanco actuará o 1 no ciclo Humor no Camiño

A axenda cultural do primeiro tri-mestre do novo ano en Ribadeo arrincou xa o 3 de xaneiro, coa pre-sentación dunha publicación manga e unha obra de teatro para o público familiar pero conti nuará con acti vi-dades para todos os gustos e idades. Seguirán neste primeiro trimestre do ano co ciclo de música nas parro-quias. Así desta volta o Cuarteto Illa Pancha estará na escola de Vilaselán o domingo 12 de xaneiro ás 17:30 horas e as Pandereteiras da Asocia-ción Cultural Amigos da Gaita o do-mingo 26 na escola de Remourelle.A concelleira ribadense subliñou que “a nosa preocupación polo patrimo-nio arquitectónico non se cingue a explotar os lugares de uso socio-cultural. Cremos que a chave de calquera mellora pasa pola forma-ción. Por iso, en modo audiovisual, que ás veces é como mellor entra a información, proxectamos o 24 de xaneiro, primeiro para o alumnado de Ribadeo, o documental Estrutu-

ras, de Paco Gallego e Xosé Bocixa, e despois pola tarde para o público xeral. Esta proxección ten unha con-ti nuación e un peche coa charla do arquitecto Carlos Henrique Fernán-dez Coto, presidente de Apatrigal e creador da conta de Facebook Canibalismo urbanísti co e maltrato da paisaxe, o día 31 no IES Dionisio Gamallo, centro que visitará tamén a escritora Eli Ríos o 16 de xaneiro para presentar a súa obra Remexido de patacas”. No mes de xaneiro publi-carán as bases do IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásti cas, que se resolverá no mes de marzo.A música estará moi presente coa celebración os días 18 e 19 do quinto curso de música tradicional galega, organizado pola Asociación Cultural Ronqueta, no Auditorio municipal. Actuarán tamén o 28 de marzo Da-vide Salvado e Fransy González; o 15 de febreiro Habelas Hainas, e o día 6, pechando as Xornadas de Igualdade, organizadas polo CIFP Porta da Auga,

o concerto de De Vacas. O tocante a exposicións, Miguel Mu-niz presentará as súas fermosas e sutí s fotografí as en Raíces, que esta-rá na Sala de Turismo do 7 ao 29 de marzo. Tamén na ofi cina de turismo o día 2 de febreiro celebrarase o Día dos Humidais.En febreiro festexarán o Entroido

(entre o 22 e o 29) polo que buscan xente disposta a encargarse da orga-nización. O teatro tamén estará presente nes-te trimestre en Ribadeo. O 21 de fe-breiro actuarán os Quinquilláns coa obra de Sechu Sende Made in Galiza.Seguirá a programación o 8 de mar-zo co concerto de Metamorphoses no Teatro, a cargo de Jean Johnson, ao clarinete, Roeland Jagers, á viola, e Ilona Timchenko, ao piano. Sarabela Teatro presentará Crónicas do Paraíso o 15 de marzo no audito-rio municipal e a Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza a represen-tación por parte de Os Quinquilláns de A pluma viva de Rosalía, o día 22 de marzo no Teatro. O público infanti l terá conti nuidade á súa programación con varias pro-postas teatrais, como Cousas de ca-tro, con Odaiko, o 1 de marzo e coa Matronatación os días 3, 10, 17 e 24 de marzo”.

O Concello presenta a programación cultural do primeiro trimestre

Visita ás obras de construción dun dos aparcadoiros

Page 9: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020actualidade 9

Licitan as obras no camiño de dous barrios de Covelas

A comisión organizadora do En-troido ribadense vén de presentar a súa dimisión, tras comunicarllo ao alcalde, Fernando Suárez, e á concelleira de Cultura, Pilar Otero. Os seus membros alegan cansan-zo, así como causas de ti po laboral e persoal.Desde a comisión sinalan que “búscase relevo para organizar o Entroido en Ribadeo. É bo que despois duns anos de traballo as persoas cambien porque iso ta-mén implicará novidades á hora de deseñar o programa do Carna-val ribadense”.E subliñan que “deixamos todo pagado, a situación económica da comisión está ao día e quedan 2.500 euros na conta para os vin-

deiros organizadores; hai 1.920 euros pendentes de cobrar do Concello, que é o 40% da subven-ción que percibimos neste 2019. E queda solicitada a subvención para o vindeiro ano, que podería oscilar entre os 4.000 e os 6.000 euros”.Desde a comisión saínte agrade-cen “o traballo e o apoio de todas as persoas que de xeito totalmen-te desinteresado colaboraron co Entroido de Ribadeo ao longo dos últi mos anos; e tamén a colabora-ción do Concello e das veciñas e dos veciños de Ribadeo. E apro-veitamos para desexarlle moita sorte á vindeira comisión organi-zadora do Entroido”.

A comisión organizadora do Entroido busca relevo

Os alumnos e alumnas do Ceip Gregorio Sanz de Ribadeo de 6º de primaria, trasladáronlle a Aci-sa Ribadeo varios vídeos e audios nos que agradecen a colaboración do comercio local asociado coa elaboración dunha cesta especial de Nadal para recadar fondos para a súa excursión e ademais neles subliñan a importancia do comercio na vila.O presidente Francisco Iriarte dixo que “estamos moi contentos de que os nenos tan mozos sexan conscientes da importancia que ten o comercio local, das súas vantaxes, e de que prefi ran mer-car na vila que por internet.

Gravan un vídeo de apoio ao comercio no Gregorio Sanz

O Pleno do Concello de Ribadeo, reunido en sesión extraordinaria, acordou o nomeamento de Luz Pozo Garza como fi lla predilecta de Riba-deo.O alcalde, Fernando Suárez, aludiu ao argumentario defendido pola concelleira de Cultura, Pilar Otero, sobre a proposta de nomeamento de Luz Pozo Garza como fi lla predi-lecta de Ribadeo, e no que se des-taca “a súa incuesti onable calidade literaria” así coma “a unión senti -mental que sempre expresou polo seu concello de nacemento, que menta ademais como un dos mo-tores da súa produción poéti ca”. O rexedor dixo que “tras esa proposta eu mesmo, como alcalde, convoquei a Comisión Informati va previa ao Pleno, onde se deu conta da mesma. Nesta comisión obtí vose un ditame que foi votado por unanimidade dos grupos municipais (BNG, PP e PSOE). A seguinte fase será a convocatoria doutro pleno extraordinario singu-larmente para o acto de recoñece-mento formal. Esa segunda sesión celebrarase presumiblemente ao

longo do mes de xaneiro.Outro dos asuntos que se abor-daron no Pleno foi a modifi cación puntual da RPT municipal: “en con-creto para tres postos. Un deles, o bedel dos centros municipais, para precisar un pouco mellor o alcance das súas funcións. As outras dúas son relati vas a postos da área de intervención que, por xubilación das persoas que os desempeñaban, aproveitamos agora para defi nir

mellor as súas funcións,”.Tamén o terceiro asunto foi a decla-ración como inversións fi nanceira-mente sosti bles para unha serie de actuacións que fomos facendo ao longo do ano, pero que é necesario facer esta declaración para poder uti lizar os remanentes de Tesourería existentes para poder fi nancialas. Este é un trámite ordinario, pero ne-cesario de ser feito antes do remate do ano natural”.

O Pleno acorda nomear a Luz Pozo Garza fi lla predilecta

Luz Pozo Garza, no seu discurso na Academia da Lingua. Foto de Xosé Castro/RAG

O Concello de Ribadeo ven de sacar a licitación polo procedemento aber-to simplifi cado e por un importe de 58.436,87 euros as obras de arranxo do camiño que desde a estrada LU-131 dá servizo os barrios de Saa e Somo, na parroquia de Covelas nun-ha lonxitude total de 1 quilómetro. O concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, explicou que “as melloras consisten en afi rmado cunha capa de zahorra arti fi cial, limpeza de cu-netas e corredores, obras de fábrica, fi rme de aglomerado en quente e de formigón así como a sinalización ho-rizontal e verti cal”.

O edil nacionalista dixo que “as em-presas interesadas na execución desta obra teñen un prazo de 20 días naturais para presentar as ofertas. O prazo de execución será de dous meses”.Mundiña subliñou que “coa licita-ción desta obra o Concello de Riba-deo conti núa actuando nas infraes-truturas viarias do rural, estando a punto de rematar as melloras en ca-miños que cunha lonxitude total de 12,5 quilómetros foron iniciadas no pasado ano e que dan servizo a 17 núcleos rurais de 11 parroquias por máis de medio millón de euros”.

O Concello agasalla a todo o alum-nado ribadense de 4º de ESO e 1º de BAC cun exemplar da obra Made in Galiza, de Sechu Sende. As per-soas interesadas en facerse co libro poden recollelo na biblioteca cal-quera destes días, agás os festi vos. A concelleira de Cultura, Pilar Ote-ro, explicou que “desde hai uns días o Concello agasalla a todo o alum-nado ribadense que cursa 4º de ESO e 1º de BAC cun exemplar da obra de Sechu Sende Made in Ga-liza e tamén poderán desfutar da versión que fan desta obra Os Quin-

quilláns o día 21 de febreiro co seu Language planning”. A edil dixo que “se trata dunha obra que nos convida a refl exionar so-bre a nosa lingua, que é de lectura obrigada nalgún dos cursos para o segundo trimestre deste curso es-colar”. E subliñou que “todo este alumnado de 4º de ESO e de 1º de BAC pode aproveitar estes días de vacacións para recoller o seu exemplar no horario de apertura da biblioteca municipal (de luns a venres de 10:30 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, exceptuando os festi vos)”.

Agasallado o alumnado cun exemplar da obra ‘Made in Galiza’

Entrega do libro aos centros educati vos

Page 10: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

actualidade10 xaneiro 2020

foz

A Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia estudará a crea-ción dunha rotonda no cruce que une a Nacional 642 coa estrada Foz-Ferreira, segundo anunciou o alcalde, Fran Cajoto, despois da reunión que manti vo coa sub-delegada do Goberno, Isabel Ro-dríguez, e con responsables da Demarcación de Carreteras do Es-tado en Galicia.“Foi unha reunión de traballo que valoro moi positi vamente porque se trataron disti ntos proxectos de importancia, como a marcha das obras que se están a acometer en catro pontes sobre a N-642, para reparar os danos que teñen e evi-tar no futuro problemas derivados do reducido gálibo actual”, explica o rexedor municipal.“Son certamente opti mista res-pecto dos asuntos que plantexei neste encontro. Entre outras cou-sas, a Demarcación de Carrete-ras do Estado comprometeuse a avaliar a demanda de crear unha

rotonda para regular o tráfi co no cruce da Corredoira. Para elo vai-se realizar o estudio de execución dunha rotonda no cruce que une a Estrada da Costa (N-642) co via-rio Foz-Ferreira (LU-152). O alcalde fi xo esta proposta por considerar que se trata dun punto moi con-fl iti vo, especialmente en época de verán, cando pola Estrada da Costa chegan a circular máis de 15.000 vehículos diarios. Sábeno ben todos os usuarios da estrada de Ferreira, que moitas veces bus-

can camiños veciñais para sortear o atasco que se forma no sinal de STOP da intersección. Unha estra-da como a da Costa, con este nivel de tráfi co, non se pode conectar cun enlace simple como na actua-lidade: hai que actuar na zona”, engadiu o alcalde focense.Cajoto lembra que esta proposta tamén fora plantexada á Xunta de Galicia, que é a ti tular da LU-152, “pero desbotou esa posibilidade, argumentando que non había su-fi ciente intensidade de vehículos”.

Estudan a creación dunha rotonda no cruce que une a N-642 coa estrada Foz-Ferreira

O vindeiro 15 de xaneiro terá lugar a entrega dos premios aos gañadores dos concursos de escaparates e Na-dal no Fogar, que convocou o Cen-tro Comercial Aberto de Foz. Un xurado profesional elixiu como os mellores escaparates do Nadal, que acaba de rematar, os de Viajes Rodríguez e Electricidad Núñez. E no facebook houbo empate a 299 votos. Dous negocios reuniron o mesmo número de me gustas. Fo-ron Chuvia e Vas’s Outlet.O Concurso de Escaparates desen-volveuse do 16 de decembro ao 6 de xaneiro. O CCA estableceu varios premios, consistentes en diplomas e obsequios. Uns para os escapa-rates que recibiron máis apoios en facebook e outros para os elixidos

polo xurado profesional que avaliou as diferentes decoracións presenta-das ao certame.E a imaxe gañadora do Concurso de Nadal no Fogar foi a publicada nas redes como Navidad 1. Desde o CCA lembraron que “para decorar os fogares os parti cipantes puideron empregar todo ti po de materiais e detalles. Pero algún deles ti vo que se adquirido nos establecementos asociados a Acia/CCA. As persoas que se inscribiron no concurso de-tallaron en qué tenda fi xeron esas compras decorati vas”. O gañador do Concurso Nadal no Fogar recibirá 100 euros en vales de compra para gastar nos comercios asociados ao CCA de Foz.

Xa se coñecen os gañadores do concurso de escaparates

A Festa do Chícaro 2020, celebrara-se a fi n de semana do 17 ao 19 de xaneiro con degustacións de ber-berechos en varias preparacións na carpa instalada no peirao e nos locais de hostalería de Foz.A festa comezará o día 17 cunhas charlas no salón de actos do Ceni-ma ás 20.00 horas sobre o 90 ani-versario do pósito de pescadores, a cargo de Antón Niñe, e Foz, versión única da salve mariñeira por Xesús do Breogán.Xa o sábado 18, ás 11 da mañá, da-rán comezo as charangas de músi-ca coa parti cipación de A Subela e O Feiti zo.Acto seguido farase a apertura ofi -cial da carpa, xunto co pregón, que estará a cargo de Lara Méndez, al-caldesa de Lugo. E despois haberá unha actuación de Mar Aberto.Ao mediodía serán as degustacións de berberechos, e pola tarde con-

ti nuarán as actuacións musicais ata a noite. O domingo 19, os visi-tantes poderán seguir desfrutando deste manxar polos locais hostalei-ros da vila.A parti r do pregón xa se abre a

festa e o menú serán chícaros en empanada, á provenzal, ao vapor e con fabas de Lourenzá. Os pratos serán cociñados cun pouco de tra-dición, e os prezos non varían moi-to con respecto a anos anteriores.

A Festa do Chícaro será a fi n de semana do 18 e 19

O lugar onde se quere facer a rotonda

Unha cociñeira de chícaros na edición do ano pasado e o cartel deste ano

Ata principios do mes de febreiro pode visitarse na basílica de San Marti ño de Mondoñedo a exposi-ción conmemorati va dos 800 anos do comezo do ponti fi cado do Bis-po Don Martí n I (1219-1248) na catedral de Mondoñedo, mostra que de modo iti nerante estase a expoñer na diocese mindoniense. Tralo seu paso pola propia catedral de Mondoñedo, Ferrol e Bretoña, achegase ó lugar que veu o nace-mento da sede, alá polo ano 867 e na que esti vo o primeiro terzo do século XII.Esta mostra está exposta dentro da anti ga catedral da sede, acce-dendo a ela polo Centro de Inter-pretación que se sitúa á cabeceira do templo, de mércores a domin-go en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

REVISTA. Na revista Hola Viajes 2020, 52 rutas por la España más bella y desconocida ofrece unha ampla reportaxe sobre a basílica de San Marti ño. Enrique Domínguez Uceta escribe sobre Una Catedral y un sinfí n de leyendas. Ría de Foz-Lugo, tralo seu paso pola basílica, por Foz e por outros enclaves da Mariña nos últi mos meses.

A basílica de San Marti ño acolle unha mostra da catedral de Mondoñedo

A basílica de San Marti ño

TEATRO. O grupo de teatro O Centi -ño recalará o sábado 18 de xaneiro en San Marti ño de Foz para ofrecer o que denominan a maior represen-tación mundial da súa obra, O Guin-dilla, “a función máis picante e en-dexamáis escrita e dirixida por Pepe Peinó”. A actuación terá lugar ás 20 horas, no local social do Pradovello de Marzán. A entrada é libre e gra-tuíta para todos os públicos.

LIBRO. A Pomba do Arco de Foz presenta o libro A síndrome de Ha-yworth de Natalia Ramos Alonso, periodista focense natural de Vila-ronte. Esta presentación será o ven-res 17 de xaneiro ás 20.30 horas na librería Bahía de Foz. Este libro é a obra gañadora do premio O Facho 2019 de poesía. O xurado elixiu a obra da escritora focega, que é o primeiro poemario da autora.

EN BREVE

Page 11: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020actualidade 11

Comeza unha nova edición do Campañazo os venres

O Concello de Foz inaugurou o novo refuxio de animais, situado no nú-cleo de Mañente, na parroquia de Vilaronte. Un acto no que parti ci-pou o presidente da Deputación, José Tomé Roca; o alcalde focense, Francisco Cajoto; o deputado de Medio Ambiente, José Luís Rapo-so; a vicepresidenta da Protectora de Animais do municipio, Laura Fernández Lestegás, e diferentes membros do Goberno local. Na súa intervención, Tomé Roca destacou que nestas instalacións se investi -ron 90.000 euros co obxecti vo de que “sexan úti les e proveitosas para desenvolver este labor de coidado dos animais que se fan dun xeito totalmente altruísta”. O novo refuxio “é un servizo moi de-mandado e moi necesario para esta asociación protectora de animais de Foz porque somos coñecedores de que as instalacións nas que se viñan prestando estes labores eran insufi cientes”, sinalou o Presidente. Ademais, explicou que dará cobizo tanto a cans coma gatos e estará “xesti onado polo Concello xunto coa Asociación Asistencial Protectora de Foz e tamén o poderán empregar outros municipios da contorna se o deciden”. Tomé Roca tamén puxo de manifes-to a importancia de que a Deputa-ción lle dea respaldo aos concellos habilitando espazos nos que os con-cellos poidan levar os animais aban-donados e prestarlles os coidados que requiren, pois “a Xunta de Ga-licia transferiulle aos municipios as competencias de recollida e xesti ón de animais, pero sen proporcionar-lles ningún recurso económico para poder asumir este servizo”, subli-ñou.A edifi cación atópase nunha parcela municipal de máis de 13.000 m2, lu-gar no que agora mesmo tamén está o punto limpo. O refuxio sitúase na parte sur do terreo, estendéndose uns 2.500 metros cadrados, onde a propia canceira terá unha ocupación en planta de 285 metros cadrados. Trátase dunha nave con estrutura metálica cuberta e inclinada a dúas

augas, con zonas cubertas nas dúas direccións e terá capacidade para 40 animais, cumprindo así as norma-ti vas existentes sobre benestar ani-mal. As novas instalacións dispoñen de zona de espera, ofi cina, aseo con

ducha e zona de baño de animais, sala de curas e sala para pequenas intervencións. A nave conta cunha zona exterior para os animais, onde se atopa tamén un almacén de ali-mentos.

Inaugurado o novo refuxio de animais situado en Mañente

Un momento da inauguración do refuxio

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición do Campañazo, que se desenvolverá os venres 10, 17, 24 e 31 deste mes de xaneiro. Hai 2.400 eu-ros en premios, que son vales de compra, e parti cipan 40 estable-cementos focenses.Os sorteos realizaranse a parti r das 23.00 horas a través de Ra-dio Foz en directo. Para parti cipar hai que seguilos desde algún dos locais hostaleiros parti cipantes e

desde alí chamar a Radio Foz para cantar o premio. Desde o CCA lembran que “a primeira persoa que cante premio recibirá 300 eu-ros en vales de compra para gas-tar nos establecementos que par-ti cipan nesta campaña e entre o resto de parti cipantes con cartóns premiados reparti ranse outros 300 euros en vales”.Nesta edición parti cipan 11 esta-blecementos hostaleiros e 29 co-merciais.

O Concello de Foz mellorará a rede de abastecemento de auga e viais no barrio de Alemparte, da parro-quia de Cangas. Estas obras con-tarán cun investi mento total de 48.000 euros.O alcalde, Fran Cajoto, anunciou a adxudicación das obras, que su-poñen un investi mento total de 48.000 euros de fondos propios e inclúen a substi tución de 350 me-tros de tubaxe do abastecemento de auga por unha nova canaliza-ción de 75 milímetros de diáme-tro, que inclúe unha boca de rego. “Esta actuación é moi necesaria polas roturas conti nuas que se

estaban a producir na rede e que obrigaron a reducir a presión na mesma”, explica. As obras complé-tanse co aglomerado en quente, con mestura bituminosa ti po D-12, de 650 metros de viarios munici-pais, nos que se prevé o levantado de arquetas, a reposición de su-midoiros danados e o reforzo da sinalización”.Estas obras foron reclamadas xa polos veciños e por FPF na lexisla-tura anterior e consignada cunha parti da propia nos presupostos de 2019. Esperan poder executar as obras entre os meses de xaneiro e febreiro.

Licitan a mellora da rede de abastecemento e viais de Alemparte

Un momento da visita do alcalde ás obras

O Grupo Municipal do PP ve abso-lutamente reprochable a acti tude do actual alcalde de Foz.“O alcalde, Francisco Cajoto, que de forma totalmente deliberada se está dando un atracón de auto-bombo con obras xesti onadas in-tegramente na anterior lexislatura polo goberno popular co apoio de FPF que foi o único grupo respaldou eses proxectos aprobando os orza-mentos do 2019 que o Psoe e Bng votaron en contra” declara o porta-voz popular Javier Jorge Casti ñeira.Casti ñeira proseguiu dicindo que “lamentamos a formas do señor Cajoto, que vive das rendas do traballo feito pola anterior corpo-ración, que fi elmente deixou en-camiñada a lexislatura actual, con obras no insti tuto e no colexio N1, xesti onada a depuradora, proxecta-das as rotondas de cangas, resolto o Plan Único de obras e aproban-

do un orzamento gracias as ne-gociación con Foz Plataforma de Futuro. Froito desas negociacións é unha obra de cambio de abaste-cemento e repavimentación con aglomerado en quente na calle de Alemparte en Cangas e que ven de anunciar recentemente o Sr Cajoto plaxiando novamente a autoridade da mesma. Tal é a caradura políti ca do actual goberno, que no pleno de outubro o Alcalde demostrou des-coñecer a existencia da parti da nos orzamentos do 2019 para esa obra ata o punto de ter que pregárselle o inicio da contratación, e ven agora demagóxicamente anunciando a súa aposta polas parroquias”.“O caso máis sangrante desa acti -tude é a construción da canceira, na que o actual goberno ti vo un protagonismo irrelevante, tendo únicamente que rematar o proceso de contratación”, engade.

O PP di que Cajoto aprópiase de obras do anterior goberno

Page 12: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

actualidade12 xaneiro 2020

mondoñedo

Segundo asegura Elena Candia, o Concello de Mondoñedo subven-cionou actuacións en 35 edifi cios da área de rehabilitación e en 20 no te-rritorio histórico do Camiño. A inversión total efectuada polos parti culares propietarios dos edifi -cios que se acollen ás subvencións ofrecidas desde o Concello ascende a 267.352,06 euros, unha inversión que ten una clara incidencia na eco-nomía no ámbito do territorio.Do total de rehabilitacións que con-tan con subvención municipal, 10 xa están executadas e recibiron subven-cións que totalizan 59.416,72 euros. Hai en marcha outras 16 iniciati vas, para as que, en total, se desti nan 49.644,06 euros. Noutros 9 casos as

axudas, que suman 13.664,10 euros, corresponden a traballos de pintado de fachadas. Nas reas de interven-ción no entorno histórico do Camiño tramitáronse vinte solicitudes, das cales 12 xa están rematadas.

Máis de 50 edifi cios están sendo rehabilitados con axudas

“O Concello de Mondoñedo está fi rmemente implicado no apoio ao asentamento de empresas, creación de emprego e apoio ao emprendemento. Agora dá un paso máis neste terreo e pon en marcha unha liña de axudas para o asentamento de empresas no po-lígono industrial”, así o explicou a alcaldesa Elena Candia.Esta iniciati va atense ao plan es-tratéxico de subvencións aproba-do polo Concello. A xunta local de goberno vén de dar o visto bo áa-probación da convocatoria e bases reguladoras de subvencións para o fomento da implantación de ac-ti vidades económicas no parque empresarial de Mondoñedo. Esta convocatoria farase pública a tra-vés do Boletí n Ofi cial da Provincia.Desde o goberno mindoniense lembran que para o Concello re-sulta prioritario o fomento do mantemento e consolidación das acti vidades económicas existentes

e a captación de novas iniciati vas empresarias que, para o desen-volvemento da súa acti vidade, se apoien en recursos endóxenos do municipio. O equipo de goberno que preside Elena Candia indica que a súa liña de xesti ón ten entre as súas prioridades a reorientación dos recursos públicos para buscar o asentamento de acti vidades económicas.O de Mondoñedo é un municipio

doing business, é dicir, un concello adherido a esta iniciati va, impulsa-da desde o IGAPE, e polo tanto ten un compromiso claro para ofrecer as empresas que se instalen no seu territorio rebaixas fi scais. Des-te xeito, os proxectos empresariais que xeren emprego terán rebaixas no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) e no Imposto de Acti vidades Económi-cas (IAE).

O Concello abre unha liña de axudas para asentar empresas no polígono

O BNG de Mondoñedo vén de pre-sentar unha moción no Concello para instar ao equipo de Goberno a que inicie os trámites para a reti rada da Medalla de Ouro da cidade, con-cedida en 1949, a Francisco Franco.O voceiro nacionalista no concello, Eloi Cabanas, apunta que dez anos despois de fi nalizar a Guerra Civil a Corporación aproba en pleno unhas bases polas se crean as Medallas de Ouro da Cidade para “premiar y re-conocer servicios muy extraordina-rios prestados a la patria, en general, y a Mondoñedo en parti cular”.Estas bases foron aprobadas por aclamación de todos os asistentes sen disensión algunha e polas cales tamén se aproveitou para conceder a primeira Medalla de Ouro da cida-de a Francisco Franco Baamonde, “en testi monio de adhesión inque-brantable y reconocimiento de los muy extraordinarios y relevantes

servicios prestados a la patria”, e ao mesmo tempo tamén se lle concede o tí tulo de Concelleiro Honorífi co da corporación municipal.Segundo explica o concelleiro do BNG, nove anos despois da conce-sión da disti nción e posteriormente no ano 70 apróbanse novos regula-mentos de honras e disti ncions pero “non temos constancia de que a Me-dalla de Ouro concedida ao ditador fora anulada”.“Desde o BNG entendemos que por hixiene democráti ca e por un com-promiso éti co coas víti mas da bru-tal e cruenta represión franquista, a actual corporación no concello debe reti rarlle a Medalla de Ouro da cida-de ao responsable do período máis negro da nosa historia recente”.Piden tamén a anulación do tí tulo de Concelleiro Honorífi co así como tamén a primeira presidencia de Ho-nor da Corporación.

Os nacionalistas piden que se reti re a Medalla de Ouro a Franco

O polígono industrial de Mondoñedo

A voceira socialista de Mondoñedo, Esperanza González, denunciou que o Goberno de Elena Candia renun-ciou a tres subvencións que ascen-den a un total de 29.179 euros. Así o dixo tras revisar a acta da Xunta de Goberno celebrada o día 7-10-19, e que foi enviada ao Grupo Socialista o 13 de decembro.Segundo se constata na acta “o Con-cello solicitou unha subvención o 14 de febreiro, para Proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021: Programa o teu Xacobeo, concreta-mente para a actuación denominada Potencia o Camiño Norte en Mondo-ñedo, e que contaba cun orzamento total de 20.000 euros. Nesta acta

sinalase que “debido a moti vos orga-nizati vos esta enti dade non é capaz de levar a cabo esta acti vidade polo que renuncia de forma expresa a subvención”.Neste mesmo documento hai unha segunda renuncia a outra subven-ción para este mesmo programa, para unha iniciati va que leva por tí tu-lo Bordón e Pluma. “Segundo consta o montante total deste proxecto é de 19.965, e tamén se renuncia ao in-vesti mento que concedeu a Axencia de Turismo de Galicia que ascendeu a 11.979 euros”.Por últi mo o Concello tamén renun-ciou a unha terceira subvención da Conselleira de Cultura para a contra-tación dun arquiveiro que ascendía a 5.200 euros.“Tres proxectos quedaron sen execu-

tar en Mondoñedo por mor da ino-perancia do Goberno de Elena Can-dia, e que supoñían un investi mento de máis de 29.000 euros”, resumiu a voceira socialista.

BNG O BNG de Mondoñedo tamén vén de manifestar a súa inquedanza pola perda de tres subvencións para o Concello. Tres investi mentos de máis de 29.000 euros, e según dín “o goberno municipal de Elena Candia tamén renunciou a unha cuarta sub-vención que ti ña concedida do Ins-ti tuto Galego de Vivenda e Solo por un importe total de 23.243,41 euros para a rehabilitación da anti ga escola de Santa María Maior”Segundo a resolución do IGVS o concello de Mondoñedo renunciou á concesión da subvención recoñe-cida “como consecuencia da impo-sibilidade de executar as obras na presente anualidade” din os nacio-nalistas.Para o BNG o feito de non aprovei-tar estas subvencións que chegan doutras administracións e un claro exemplo de desleixo e mala xesti ón do goberno popular e o portavoz dos nacionalistas no concello, Eloi Caba-nas, anuncia que pedirá explicacións no vindeiro Pleno municipal pola perda de máis de 50.000 euros en axudas para o concello Mondoñedo.

PSOE e BNG acusan á Candia de renunciar a varias subvencións

Esperanza González

Un dos edifi cios rehabilitados

Page 13: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020actualidade 13

O Concello de Mondoñedo vai cambiar os puntos de luz nas pa-rroquias. Por iso vai renovar os alumeados públicos exteriores nas parroquias de Masma, Santa María Maior e Os Remedios.Esta iniciati va, que forma parte dun proxecto comparti do cos con-cellos de Trabada e Riotorto para a mellora da efi ciencia enerxéti ca e cuxa execución está subvencio-nada polo Insti tuto para la Diversi-fi cación y Ahorro de la Energía ou IDAE, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica.Os traballos nas citadas parro-quias de Mondoñedo comezarán de seguido, segundo as previsións da alcaldesa, Elena Candia. O proxecto a executar supón a insta-lación de 350 puntos de luz, con-trolados por 22 cadros eléctricos.A presidenta da corporación mu-nicipal recorda que o proxecto de mellora do alumeado para as tres parroquias ascende a 95.078 eu-ros. Do importe total, o Concello mindoniense aporta 19.015 euros e a subvención concedida polo IDAE é de 76.062 euros.

Comeza a instalación de 350 puntos de luz nas parroquias

Mondoñedo acollerá a fin de semana do 24 ao 26 de xaneiro o segundo Encontro da narra-ción oral galega, que reunirá a narradores de toda Galicia para unha convivencia que inclui-rá unha actuación no audito-rio Pascual Veiga.O venres 24 será a gala na que os participantes xuntaranse no auditorio para unha noite de contos, e será aberta ao público e de balde.O sábado 25 será a xuntanza na que haberá tamén formación para quen queira achegarse.Despois será o xantar máis o encontro, que é tan só para o colectivo de Narración Oral.O domingo pola mañá haberá un roteiro de contos por Mon-doñedo, no que haberá distin-tos narradores por diferentes puntos da vila, así o público achegarase a escoitar dun na-

rrador a outro as diferentes his-torias.“O programa deste ano é máis ambicioso e algo máis amplo” di o organizador e narrador cer-vense Caxoto. “O ano pasado participaron uns 30 narradores entre eles Ánxeles Goas ou Cán-dido Pazó. Así que esperamos que esperamos moita participa-ción e que todo o mundo des-frute”, remata.

Mondoñedo será sede do II Encontro de narración oral galega

o valadouro

A asociación Protectora de Ani-mais Valadouro-Alfoz sufriu un derrube nas súas instalacións debido á incidencia do tempo-ral Fabien, a fin de semana an-terior a Nadal.Así, os integrantes do refuxio continúan coas labores de ato-par acollidas temporais para os cans que alí se atopan. Xa fo-ron recollidos varios coa cola-boración de diferentes protec-tora de Sarria, unha clínica de Viveiro e particulares.Estes días informaron de que “as instalacións son un caos, e unha voluntatia resultou ferida levemente neses momentos, os animais estaban asustados e tiñamos que sacalos de alí”.O refuxio conta con 16 cans dos cales tres necesitan aco-

llida con experiencia, tamén lembran que necesitan axuda económica para pagar as resi-dencias para algúns dos cans, por iso teñen aberta unha con-

ta en Abanca.Para calquer información ha-berá que poñerse en contacto nos teléfonos 647 777 848, 630 828 781 e 687 629 049.

O temporal esnaquiza parte das instalacións da Protectora

Estado no que quedou a canceira de Valadouro tralo temporal

o vicedo

A comisión organizadora das Festas do Carme do Vicedo pre-para un cocido popular para o 15 de febreiro. Esta celebración será a partir das 13.30 horas co-mezando coa sesión vermú ame-nizada pola recanteira Ena e JM.O menú constará de sopa de cocido, cocido, refrescos, viño, sobremesa, café e chupito. Terá un prezo de 22 euros por persoa e para os menores de 10 anos será gratis. Xa pola tarde haberá festa rachada para todos os que participen, e a organización lem-bra que contarán con carpa.Para poder asistir haberá que apuntarse antes do 12 de febrei-ro chamando ao 669 870 888, 605 503 760 ou 670 418 709.

O Carme terá o 15 de febreiro un cocido popular

A Casa da Cultura do Vicedo organiza unha obra de teatro para o día 19 de xaneiro.Esta obra titulada Casa Macho, está a cargo do grupo de teatro Obra Viva do Seminario de es-tudos Terra de Viveiro e baixo a tutela do autor Vicente Mí-guez.A entrada é de balde para to-dos os públicos, e a obra dará comezo ás 20.00 horas.

Nova obra de teatro o día 19 na Casa da Cultura

Cafetería da Casa da Cultura. A Casa da Cultura do Vicedo recu-pera a cafetería que vén de reinaugurarse tralo parón desde principios do 2019. Nesta celebración parti ciparon os veciños, que agradecen a recupe-ración deste servizo. A nova xerencia da cafetería obti vo a concesión por catro anos.

A comisión de festas de San Es-tevo do Vicedo organiza a Festa de Entroido que xa ten data para o 2020, e será o 29 de febreiro na rúa do Porto.Haberá un xantar típico destas datas, seguido da festa infantil ás 20.00 horas.Xa pola noite, ás 21.30 horas dará comezo o gran desfile con premios, e ás 23.00 horas come-zará a gran verbena ameniza-da polo dúo Areal e Discomóvil Rojo.A organización lembra que ha-berá un sorteo dunha gran ces-ta e premios para os mellores disfraces en grupo, en parella e individuais.

A comisión de festas de San Estevo do Vicedo prepara a festa de Entroido

Page 14: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

actualidade14 xaneiro 2020

O Concello de Barreiros poñerá en servizo no este ano o punto limpo móbil, que percorrerá todas as pa-rroquias e disti ntos puntos de po-boación de xeito periódico.No punto limpo, habilitado para o depósito de pequenos residuos, po-deranse depositar pilas, baterías, pe-quenos electrodomésti cos, baterías, bombillas e tubos fl uorescentes, car-tuchos de ti nta, teléfonos móbiles, botes pechados de pinturas, verniz ou disolventes, etc.Na presentación do punto limpo explicouse que residuos deben ir e deuse información xeral sobre reci-claxe e o correcto uso dos colectores.O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, “lembra a im-portancia dunha correcta reciclaxe

dos residuos, por unha cuesti ón medioambiental, mais tamén eco-nómica; xa que o feito de non sepa-rar ben os residuos supón un maior custe ao Concello.”

COMPOSTEIROS DOMÉSTICOS. Desde o goberno municipal veñen tamén de dirixirse a Sogama para so-licitar unha ampliación do programa de compostaxe domésti ca, pedindo 30 novos composteiros individuais para poder facelos chegar a aquelas vivendas que o soliciten e queiran parti cipar no programa. “Trátase ta-mén de intentar reducir os residuos que van ao lixo, uti lizando a materia orgánica para a xeración de compost que se poida reuti lizar en xardíns e hortas”, explica Ratoeira.

barreiros

O punto limpo presentado polo Concello

A deputada provincial de mocida-de, Mónica Freire Rancaño, visitou a escola infanti l municipal de Ba-rreiros acompañada dunha delega-ción do goberno municipal, onde fi xo entrega de varios exemplares do libro editado pola insti tución provincial Coloreando a provincia de Lugo para a súa distribución por parte do executi vo barreirense.Os exemplares repartí ronse como agasallo de Nadal ás nenas e nenos do centro municipal co fi n de que

“desde as idades máis novas teñan nas súas mans, dun xeito didácti -co e diverti do, algúns dos lugares máis fermosos de Lugo”, explica a deputada.Estes exemplares tamén serán re-parti dos polo concello a xeito de premio nos disti ntos eventos cul-turais que se celebren no munici-pio, co fi n de que cheguen a todas as familias posibles e poidan servir tamén de escaparate para a pro-vincia.

Os nenos recibiron como agasallo uns libros para colorear

A entrega dos libros na escola infanti l municipal

A alcaldesa de Barreiros vén de re-miti r unha carta á directora xeral de turismo da Xunta trasladándolle o “disgusto” porque o material edita-do no proxecto Galicia Surfi ng ob-via que unha das praias incluídas no top 16 se atopa en Barreiros, men-cionándoa como “un gran areal en-tre Ribadeo e Foz”.A alcaldesa asegura na súa misiva que “como representante do Con-cello de Barreiros síntome honrada de ter un espazo no material edita-do sobre o mencionado programa, nomeadamente, incluíndo a praia de Oliñas como unha das destaca-das a efectos da prácti ca do surf. Porén, gustaríame trasladarlle o meu disgusto por obviar a ubica-ción da praia de Oliñas en Barreiros

e situala como un gran areal entre Ribadeo e Foz”.Ana Ermida asegura que o goberno municipal é “consciente de que a situación de Barreiros entre dous polos de atracción turísti ca como son os municipios de Foz e Ribadeo é unha oportunidade”, pero consi-deran “pouco acertado non ter se-quera mencionado o concello que acolle na súa xeografí a dito areal.”A alcaldesa fai fi ncapé en que “o feito de ser un Concello de menor enti dade poboacional que os seus veciños e con un menor impulso tu-rísti co neste momento xa difi culta de por si a propia promoción, polo que non podemos desde as insti tu-cións deixar pasar as oportunida-des de situarnos no mapa.”

Ana Ermida pide a inclusión no proxecto Galicia Surfi ng

A concellería de medio ambiente do Concello de Barreiros vén de colocar novos puntos de recollida de aceite domésti co usado e pro-cedeu tamén á renovación dos xa existentes en Reinante, San Mi-guel, Altar e San Cosme. Os novos puntos colocáronse en Vilamar, Viladaíde, nas vivendas sociais novas de San Cosme e no punto limpo; facilitando así a reciclaxe de aceite ás veciñas e veciños.O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, explica que “o aceite debe depositarse en botellas de plásti co pechadas dentro dos colectores, evitando así verquidos arredor dos mesmos. O feito de con-tar con un colector no punto limpo facilita tamén que as persoas poidan enviar este residuo nas recollidas programadas polo concello se non teñen facilidade para desprazarse.”

CHARLAS. Ademais organizaron unha xornada divulgati va expli-cando como xerar menos residuos

e como facer correctamente a súa selección.O goberno de Barreiros conti nuará levando a cabo campañas divulga-ti vas sobre a xesti ón dos residuos, xa que ten detectado eivas impor-tantes nos mesmos e consideran que “a administración ten que po-ñer todos os medios para que os residuos que se produzan sexan os mínimos e que os que existan

sexan tratados correctamente.” Por iso, explican, “púxose en mar-cha un sistema de recollida de res-tos vexetais previo aviso e estase tratando de divulgar a necesidade de uti lizar correctamente todos os medios dos que dispón o concello, como as recollidas a domicilio ou o punto limpo, evitando os depó-sitos de residuos a carón dos co-lectores.”

Amplían e renovan os puntos de recollida de aceite domésti co

Presentado o punto limpo móbil

A alcaldesa, fronte a un dos novos puntos de recollida

CONCURSO. O Concello de Ba-rreiros vén de facer público os gañadores do Concurso de Poe-sía e Debuxo de Nadal 2019. Así, os agasallados do certame organizado desde a biblioteca municipal na categoría de poe-sía foron Paula Méndez Baja-ti erra, Carla Rañón Broz, Sara González Pérez, Fernando Seco Sánchez, Sara Lamelas Fernán-dez e Jimena Fernández-Rei-nante Pérez. Os parti cipantes da fase local pasarán a parti ci-par na fase provincial do certa-me. Os premiados na categoría de debuxo foron Roque Balles-ter López, Marina Yáñez Loren-zo e Noa Marful Rego.

CALENDARIO. O Concello de Barreiros vai agasallar aos seus veciños cun calendario para este ano 2020. Así, o almana-que do 2020 xa se está a impri-mir e nos vindeiros días estará a disposición dos interesados. As imaxes do calendario son fotos anti gas de festas das disti ntas parroquias do Concello e algún acontecemento. Traerán recor-dos a todos os veciños, así mes-mo na portada saen dous veci-ños de Barreiros que levaban o cabalo a bañar á praia por reco-mendación do veterinario para curarlle a sarna.

EN BREVE

O sábado 25 de xaneiro, ás 21.00 horas, a comisión de festas do San Rosendo, en colaboración co Con-cello de Barreiro,s organiza a Festa do Caldo.Nesta xuntanza haberá comida, música e diversión, e todo isto por un prezo de 5 euros a ración de cal-do e 6 a de cocido, ou pola contra

un menú de 10 euros que inclúe os dous pratos.A festa estará amenizada polo dúo Arume e será nos colexios vellos de San Miguel, xa que contan con lo-cal climati zado.A entrada é de balde e pódese con-seguir nos bares de San Miguel ou cos membros da comisión.

A comisión de San Rosendo organiza a Festa do Caldo

Page 15: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020actualidade 15

xove

O pasado día 18 de decembro ti vo lugar a Xunta de Goberno Local na que se aprobaban as bolsas e axudas ao estudo para o curso 2019/2020, concedidas e fi nancia-das integramente polo Concello de Xove.O número total de axudas conce-didas é de 96, ascendendo o gasto total a 30.487,46 euros.Como todos os anos, as bolsas se diferencian en varias modalidades, a de estudos universitarios, na que se concede un total de 15.713,39 euros; a de ciclos formati vos que non existan na comarca, conce-dendo un total de 1.311,14 euros, a modalidade para alumnos con discapacidade, cuxa contí a ascen-de a 6.000 euros; a de compra de material (infanti l, primaria, eso, bacharelato e ciclos), cun total de 6.462,93 euros, e as axudas conce-didas para a modalidade de más-ter, que ascende a 1.000 euros.

Aprobadas as bolsas e axudas ao estudo

Un nutrido grupo de veciños de San Isidoro de Monte manti veron no salón de plenos do Concello unha xuntanza co alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, onde lle ma-nifestaron o profundo malestar polo estado da estrada que vai dende Xove a San Isidoro de Mon-te e que presenta un estado la-mentable. A canti dade de baches, pequenos e grandes, é incontable, con pérdas asfálti cas en practi ca-mente todo o percorrido. A estra-da, de ti tularidade da Deputación Provincial de Lugo, é nestes intres un auténti co perigo, tanto para peóns como para a circulación de vehículos.Esta estrada é vital para a parro-quia, xa que é o cordón umbilical que une Monte con Xove, “perco-rrido que hoxe é unha auténti ca e

perigosa aventura”.O alcalde aproveitou a xuntan-za para entregarlles aos veciños unha copia do acordo asinado en-tre o Concello de Xove e a Depu-

tación de Lugo segundo o cal a es-trada debería estar asfaltada con aglomerado en quente no 2019, “acordo que a Deputación de Lugo está a inclumplir”.

Malestar polo estado da estrada que vai a San Isidoro de Monte

Reunión do alcalde cos veciños da zona

Dende hai anos o Concello de Xove elabora un calendario co cal agasalla a todos os seus veciños e lles desexa un bo Nadal e un feliz Aninovo.Así, a Concelleira de Cultura Do-lores Meití n, quen elabourou o calendario deste ano 2020, fi xo a presentación do mesmo.O calendario 2020 mostra nas súas páxinas un conxunto de fotogra-fí as anti gas nas que se recollen encontros familiares, reunións de amizade e xuntanzas nas festas.Dende o Concello agradécese a todas as persoas e familias que desinteresadamente prestaron as fotos para este calendario; “tamén

un recordo para toda a xente que aparece nestas fotografí as e que xa non nos acompañan”.

Elaborado un calendario de 2020 para os veciños

Meití n, co novo calendario

O Concello de Xove vén de anunciar a finalización do plan de sinalización dos recursos turísticos do termo municipal xovense.Esta sinalización completará e mellorará a información dos

recursos turísticos do Conce-llo como son o mirador Monte Castelo, os cantís de Morás, a fervenza de Guilán, o mirador Punta Merixe, dentro da Senda Costeira de Xove, e o Faro Pun-ta Roncadoira.

Remata o plan de sinalización dos recursos turísti cos

O IX concurso de karaoke de Xove celebrado a fi nais de decembro foi todo un éxito. Xacobe Pedre e José Rodríguez, profesores da Escola Municipal de Música, e Uxío Da-yán, do grupo de Gaitas de Saiñas, foron os xuíces encargados de se-leccionar aos gañadores. Na categoría Peques (ata 12 anos) o primeiro premio á Mellor Voz foi para Darío Castro Díaz, coa can-ción Hijo de la luna de Mecano e o segundo foi para Martí n Canoura Lamelas coa canción Burrito Ha-banero de Hugo Blanco. O premio á Mellor caracterización levouno Anais Romero Suárez, coa canción Estrellita donde Estás.Na categoría Júnior (de 12 a 18 anos) o primeiro premio á Mellor Voz levouno Alba Canouar Frá coa canción I Dont Wanna Be You Any More de Billie Eilish, o segundo foi Izan Frá Fernández coa canción Perfect de Ed Sheeran, e á Mellor caracterización Víctor Vázquez con La de la Mochila Azul de Pedro Fer-nández.

Os veteranos tamén levaron pre-mios. Así, Elena Valle García coa canción Halelujah de Alexandra Burke quedou primeira, seguida de Laura Míguez Ramos coa can-ción Por mil años más. Xa por últi -mo, Raul de Jesús Torres García e a canción Wonder of You de Elvis Presley acadaron a Mellor carac-terización.A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, que se cele-brou por noveno ano consecuti vo.

A IX edición do concurso de karaoke colleita un gran éxito

Un dos parti cipantes

Un dos puntos de sinalización turísti ca

Page 16: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

actualidade16 xaneiro 2020

Os premiados no certame de Nadal

cervo

O Concello de Cervo está a rea-lizar un minucioso traballo de xeolocalización e cartografado de todos os contedores instala-dos no municipio, por catego-rías, “a fin de levar e optimizar ao máximo os recursos e facer máis eficiente este servizo mu-nicipal”, tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares.“Este labor, que podemos reali-zar grazas a aposta do Concello de Cervo pola xestión pública do servizo de recollida de lixo –entre outros servizos- permí-tenos detectar deficiencias e axilizar a reposición e/ou ins-talación dos colectores en fun-ción das necesidades”, engade o rexedor cervense.Nestes intres hai contabiliza-dos e sinalizados sobre plano 545 colectores verdes (de ma-teria orgánica e fracción resto), 179 amarelos (envases, latas, briks..), 44 azuis (papel), 12 vermellos (aceite), 45 de vidro

e 2 de roupa. Estes últimos días xa se subs-tituíron catro colectores de vidro, instaláronse catro novos de papel e reemprazáronse 2 dos amarelos, un deles no CEIP de Cervo.Villares puxo en valor este im-portante traballo que se está a realizar desde a delegación de

Medio Ambiente a través dos técnicos municipais, e que está apoiado nas novas tecnoloxías, “que nos facilitan poder docu-mentar e dixitalizar, neste caso, o conxunto da rede de recollida selectiva do Concello de Cervo, permitíndonnos ser moito máis operativos, prácticos e eficien-tes”.

Xeolocalizan e cartografan todos os contedores do municipioO Concello de Cervo felicita aos

veciños do municipio co tradicio-nal calendario de Nadal.En total editáronse 2.200 exem-plares que xa se están a reparti r fogar por fogar.Tal e como explicou o rexedor “este calendario é xa é un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferra-menta moi úti l para os nosos ve-ciños porque recolle todas as da-tas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festi vidades e días importantes que se conmemo-ran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso

Concello”.Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial e moi noso, xa que cada mes vén ilus-trado cunha fotografí a de grupos de amigos, familias, de paisaxes, de xuntanzas ou de celebracións, que ti veron lugar no noso Conce-llo nesta ocasión entre os anos 91 e 2007; e que, de seguro, lles van traer moitos recordos aos prota-gonistas. “Son instantáneas que forman parte da fototeca munici-pal, cedidas polos nosos veciños, aos que lles temos que agradecer ese xesto xeneroso que nos per-mite recuperar anacos da nosa historia e recompilalos, ano tras ano, neste almanaque que ten tanto signifi cado para nós”.

Cervo felicita aos veciños co seu tradicional calendario

O Concello de Cervo fixo entrega do premios do programa Xuven-tude no Nadal.O primeiro premio foi para o equipo de Mafalda, o segundo para o de Tania e o terceiro para o de Silvia.

A edil de Educación, Dolores García Caramés, fixo a entrega dos vales, de 50 e de 100 euros, para gastar en establecementos de Cervo. Entre as actividades programadas tivo lugar un Esca-pe Room e un Laser Tag.

Entregados os premios do programa Xuventude no Nadal Cervo xa iniciou os trámites para

declarar a caducidade das licenzas urbanísti cas dos dous esqueletos que están ubicados na rúa Bella-vista, na zona da Galdín en San Ci-brao, que lle foran outorgadas no seu momento a Construcciones Os Molineros S.L. e á Inmobiliaria Pasillo Verde S.L, respecti vamen-te, entre os anos 2006 e 2007.O ente municipal puido comezar este proceso logo de reunir a co-mezos deste mes os correspon-dentes informes dos servizos da policía local e da ofi cina técnica que rati fi can que non hai ningún ti po de acti vidade nestas edifi ca-cións desde hai moito tempo.Este procedemento é a forma le-gal que rati fi ca que as obras inicia-das non poden conti nuar ao non existi r ningún permiso en vigor que as ampare; as construcións, unha vez chegue a termo este trámite, xa non estarían avaladas por ningún tí tulo xurídico-admi-nistrati vo.Villares apuntou que estamos a dar pasos importantes para lograr un obxecti vo que é fundamental

para este goberno e que pasa por-que os propietarios ou ben “rema-ten as construcións que deixaron inacabadas, ou ben devolvan os terreos ao seu estado orixinal, o que supón o derrube destas edifi -cacións que quedaron inconclusas no noso termo municipal”.O Concello de Cervo está a traba-llar arreo para tentar acabar con todas estas estruturas pensando en todos os cervenses, e tamén loxicamente por moti vos de se-guridade e ornato público, un proceso que, tal e como precisou o rexedor, “é complexo, pero esta-mos a dar os pasos precisos, sen demora, para conseguir eliminar todos estes esqueletos do noso municipio”.A licenza urbanísti ca do esquele-to de Pasillo Verde foi concedida no ano 2006-2007, e conta cun total de 60.0145 m2, distribuídos en dúas plantas soto, seis plantas altas y baixo cuberta. O prazo de fi nalización establecido era de 6 anos, que foron incumpridos am-plamente, xa que o edifi cio ti ña que estar rematado en 2012.

Tramitan a caducidade da licenza dos dous esqueletos de Galdín

A festa da Candelaria na parroquia de Rúa en Cervo, comezará o día 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro coa festa na honra á Virxe da Candelaria.A festa dará comezo o 31 ás 22.00 horas cunha gran verbena a cargo das formacións Los Satélites e Trébol.O sábado 1, ás 13.00 horas, terá lugar a misa solemne cantada polo coro parroquial con posterior pro-cesión. Rematados os actos litúr-xicos, os presentes poderán gozar coa sesión vermú a cargo das or-questras La Favorita, que tamén animará a verbena das 22.00 horas, e Finisterre.O domingo 2, os veciños e visitan-tes poderán parti cipar ás 13.00 ho-ras na misa solemne cantada polo coro parroquial que dará paso á procesión. A conti nuación haberá sesión vermú amenizada polo gru-po Fénix.A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

A parroquia da Candelaria celebra as súas patronais

Axudas escolares. O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, entregaron as axudas para a adquisición de libros e material escolar para as familias do alumnado de Educación Infanti l (2º ciclo) dos dous centros, o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo. Desti nan unha parti da orzamentaria de 7500 euros para estas axudas e cada escolar recibirá un máximo de 130 euros.

Responsables municipais realizando as probas cos contedores

Page 17: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020actualidade 17

alfoz

Xusto o 10 de abril, será o 800 aniversario daquel 1220 no que o rei Afonso IX visitou as terras do actual Alfoz concedéndolle aos poboadores do Castrodouro o Fuero de Benavente, repro-ducindo o concedido á vila de Benavente por Fernando II de León en 1164, e que outorgaba ao Castrodouro o tí tulo de vila e un alfoz baixo a súa xurisdición. A concesión do Fuero sería a ori-xe e formación dunha nova vila e dun proxecto de repoboación. Tal e como indica Xabier Par-diñas, responsable da Área de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz, “a Vila do Castrodou-ro e o seu Alfoz foi a orixe dun novo municipio, conservando a denominación de Alfoz do Cas-trodouro (ou Castro de Ouro) ata fi nais do século XX, cando

desafortunadamente o topóni-mo se resume en Alfoz, reti rán-doselle o nome da vila que lle deu orixe”.Coa intención de conmemorar a celebración desta efeméride, fi xose un anagrama que se uti li-zará no sucesivo en toda a publi-cidade da Área de Cultura e Tu-rismo do Concello de Alfoz, “coa intención de ir dándolle visibili-dade a esta data tan sinalada e tan importante na historia do noso concello”, sinala Pardiñas.

O Concello prepárase para o 800 aniversario da fundación

O Concello de Alfoz xunto coa De-putación de Lugo están a rematar a demanda veciñal dos alfocenses coa renovación da iluminación do campo de fútbol municipal.O alcalde de Alfoz, Jorge Val, in-formou que a Deputación fi nancia con 91.000 euros a mellora da ins-talación eléctrica e a iluminación do campo de fútbol de herba na-tural.Jorge Val destacou que “con estas actuacións damos resposta a unha necesidade e demanda veciñal, pois a instalación eléctrica é moi anti ga, de hai 30 anos. Ademais, a iluminación era defi citaria polo que durante o inverno era ne-cesario acurtar as xornadas e os adestramentos. Agora coa nova instalación permiti mos que se alonguen, potenciando así a prác-ti ca deporti va. Estará rematada a mediados de mes”.

O rexedor socialista explicou que estas melloras suporán a redución de gasto enerxéti co en, polo me-nos, un 30%, grazas ás novas lumi-narias de tecnoloxía LED.“O campo de fútbol municipal o empregan para adestrar e com-

peti r máis de 40 deporti stas do CD Alfoz, cuxo equipo sénior lo-grou o ascenso á Segunda Auto-nómica. As obras estarán listas previsiblemente para o inicio da nova tempada deporti va”, subli-ñou Jorge Val.

A piques de rematar o novo alumeado no campo de fútbol

O campo de fútbol de Alfoz, durante un parti do

En Lagoa celébranse os días 25 e 26 deste mes de xaneiro as festas na honra a San Vicente.O sábado 25, ás 21.30 horas, terá lugar a Festa dos Callos con verbe-na amenizada pola orquestra Los Satélites. Haberá queimada gra-tuíta e instalaranse mesas e ban-cos nun recinto con carpa comple-tamente pechada e calefacción.O domingo 26, ás 13.00 horas, celebrarase a misa solemne se-guida de procesión. Haberá tamén sesión concerto e actuación coa agrupación musical Dambara.

O 25 e 26 terán lugar en Lagoa as festas na honra de San Vicente

A parroquia de Carballido ce-lebrará as súas festas na honra de San Sebasti án o 18 e 19 de xaneiro.Así, o sábado 18 comezará a fes-ta a parti r das 13.30 horas coa misa, seguida da procesión e a sesión vermú amenizada co dúo Samba, que será o mesmo que porá a nota musical pola noite. O día 19 poderase desfrutar da música de Samba outra vez. A verbena e a sesión vermú serán no restaurante A Naranxa.

Carballido celebra as súas patronais o 18 e 19

ourol

O Concello de Ourol aprobou o orzamento que rexirá o próximo ano que ascende a 2.019.000 euros e que se mantén igual que o ano pasado.Así, destínanse 50.000 euros para a residencia e o centro de día no que o Concello se com-promete a facer unha aporta-ción de 250.000 euros total.Dentro do capítulo de gastos figuran tamén os servizos de cultura, deporte e actividades recreativas e festivas como a axuda de 3.000 euros para o Festival Aturuxo, 1.000 euros para a Asociación Deportiva Ou-rol, 1.500 euros para o Club de Lucha de Brazos, e tamén desta-can 2.500 euros para a creación dunha carreira puntuable para o campionato galego.En materia de inversións faran-se investimentos en mellora e acondicionamento de pistas municipais, con 226.000 euros financiados pola Deputación ao abeiro do Plan Único 2019.O alcalde, José Luis Pajón, co-mentou que “tamén haberá al-

gún tipo de axuda da diócese de Mondoñedo-Ferrol para a repa-ración de algunha igrexa que se atopa en mal estado, e estamos pendentes de todo tipo de sub-vencións que poidan chegar da Deputación ou da Xunta”.Ademais, Pajón engadiu que “temos unha partida de case 6.000 euros para a creación dunha plataforma de emerxen-cias que sería en colaboración coa Guardia Civil, 061 e bom-beiros, para que en caso de emerxenxia se chegue máis rá-pido, xa que dada a dispersión de núcleos e complicada”.

CALENDARIOS. Noutra orde de cousas, o Concello de Ourol puxo a disposición dos veciños, como en anos precedentes, uns calendarios do ano 2020 para repartir. Nestes calendarios recóllense imaxes do Concello, tanto de eventos como de lugares de in-terese. Estes almanaques que son de balde, poden recollerse nas dependencias municipais.

O Concello aproba uns orzamentos que suman 2 millóns de euros

TEATRO. O grupo de teatro O Centi ño de Foz actuará o sábado 11 de xaneiro en Ourol para ofre-cer a súa obra, O Guindilla. Esta obra está dirixida por Pepe Peinó. A actuación terá lugar ás 19.30 horas, no local social de Bravos. A entrada é libre e gratuíta para todos os públicos.

BINGO. O local social de Bravos acollerá unha acti vidade de bin-go para todos os veciños. Tráta-se dunha celebración tradicional nesta parroquia que todos os anos reúne a veciños nunha festa de confraternidade. A data esco-llida para a celebración deste ano será o día 12 de xaneiro, domin-go, a parti r das 17.30 horas.

EN BREVE

Page 18: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

actualidade18 xaneiro 2020

a pontenova

A Pontenova xa está un pouco máis preto de ter a ti rolina de 330 metros de lonxitude que unirá a mina Con-suelo e o forno Boulloso.A Xunta de Goberno da Deputación aprobou en maio o convenio de colaboración entre a Deputación e Concello da Pontenova para esta construción e desde o Concello co-munican que xa se atopan na fase de espera dos permisos necesarios para poder licitar a obra. “Espe-ramos que neste ano, a obra este licitada e rematada”, di Darío Cam-pos, alcalde da Pontenova, “pero estamos cos permisos da Confede-ración”.Este proxecto está dotado de

317.605 euros. Desta canti dade, a Deputación achega 300.000 euros e o Concello a parte restante. A maio-res, o municipio está a adquirir os terreos necesarios na contorna da mina Consuelo para a súa execu-ción. Esta iniciati va recupera o tra-zado das vagonetas que transporta-ban o mineral.Por outra banda, outro dos princi-pais proxectos do alcalde é ver aber-ta a residencia de anciáns para os seus veciños. O proxecto está cada vez máis preto de facerse realidade para o vindeiro ano.As fi ncas onde se vai emprazar esta residencia están xa adquiridas, “es-ti vemos na fi nca e entregarán o

proxecto de execución neste mes” aclara o alcalde. “O proxecto de execución fi rmámolo o outro día na últi ma parcela, así que esperamos que o proxecto esté entregado nes-

te mes”. A residencia lles permiti rá aos maiores do municipio quedar nun centro da propia localidade e contará con 30 prazas residenciais e 20 de centro de día.

O Concello ulti ma os trámites da ti rolina e da residencia

trabada

O Pleistoceno é unha división de escala temporal xeolóxica que pertence ao período Cuaternario. Comeza fai 2 millóns de anos e remata aproximadamente 10.000 anos a.C. O Pleistoceno abarca as últi mas glaciacións e corresponde co Paleolíti co arqueolóxico. Durante o Pleistoceno recente, 50.000 anos ata fai uns 11.000, reinaban condicións morfoxenéti -cas frías, máis ou menos húmidas, que proporcionaron a xéneses de glaciares en toda Galicia, e a forte inestabilidade das ladeiras, tanto na costa como no interior. Nun am-biente frío a fracturación da rocha na parte superior dun promontorio rochoso vai favorecer a caída de de-rrumbos por gravidade. Formas erosivas xeradas pola acumulación de sedimentos, son

coñecidas como morrenas. A súa presenza vén a rati fi car a existencia da importancia das linguas de xeo. A morrena de Vilapena, segundo a forma e aos depósitos periglacia-res, pertence ao grupo Campo de bloques: predominan os fragmen-tos de tamaño grande. Aparecen en Galicia dende o nivel do mar ata as serras orientais que alcanzan os 2.000 metros de alti -tude. Trátase de formas que a nivel de afl oramento presentan unha es-trutura sen matriz, fórmanse por simple gravidade, xeralmente in-tertrati fí canse ou recubren outros depósitos. Son moi frecuentes no alto val do Eo, Serra de Meira (Pedregal de Iri-mia, nacemento do río Miño).Texto: Emilio Piñeroá.

A morrena de Vilapena, símbolo do Pleistoceno

O Concello de Trabada ti vo unha xor-nada de portas abertas do Punto de Atención á Infancia na súa posta en marcha.Unha das realidades sociais que afec-tan en maior medida aos municipios rurais é a despoboación, sobretodo nos municipios de interior.“A perda de poboación sufrida polo noso Concello é un dato realmente preocupante, e a intención de fi xar poboación un dos pilares da actua-ción do goberno municipal, por iso levamos a cabo tantas iniciati vas que favorezan o asentamento das fami-lias”.Consideran igualmente fundamen-tal contribuír coa conciliación da vida familiar e laboral, como medida adxunta da fi xación de poboación.Dende este goberno, consideran que é una necesidade para o Conce-llo a fi n de reducir a despoboación adoptar medidas que favorezcan a implantación dunha escola infanti l no Concello a fi n de mellorar o ni-vel de servizos que colaboran coa conciliación da vida familiar e laboral e a mellora no asentamento da po-boación.Iniciaron este proxecto fai tres anos, co expediente de desafectación do edifi cio público de educación, que nesas datas estaba en desuso.Cren que é fundamental desde as Administracións prestar estes ser-vicios públicos, xa que ademáis de

favorecer a conciliación laboral e familiar, destacan polo seu forte po-der revitalizador social, educati vo e cultural.O PAI conta con dezasete prazas e un horario de atención de 08.00 a 16.00 horas de luns a venres, agás festi vos, calendario laboral e festi vos locais. O servizo do PAI desenvolverase diariamente de luns a venres am-bos inclusive, agás os días sinalados como festi vos no calendario laboral, durante oito horas, xa sexa en media xornada (ata 4 horas) ou xornada completa (entre 4 e 8 horas).O prezo do servizo varía en función da renda e oscila dende os 17,45 eu-ros ata os 169,26 euros/mes. Tamén se establece que cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, o se-gundo e sucesivos terán un desconto do 50% sobre os prezos anteriores.

O Concello pon en marcha o Punto de Atención á Infancia

A alcaldesa, Mayra García, visitando o novo PAI de Trabada

O forno Boulloso, onde chegará a ti rolina

PLAYBACK. O Concello da Ponte-nova preparou varias acti vidades de Nadal para os máis pequenos, así, rematará o día 11 cunha acti -vidade de Playback. Dará comezo ás 20.00 horas no salón de actos da casa da cultura, e nela parti ci-parán 43 nenos e nenas do Con-cello.

FOLIADA. O Concello acollerá o 21 de marzo a que será xa a terceira edición do Encontro de Música e baile tradicional da Pontenova. Este encontro seguirá a liña de edicións anteriores e prevese que contará con obradoiros de inicia-ción e perfección do baile, cursos de canto e pandeiretas, e un tor-neo de billarda. Ademais haberá un xantar popular, unha sesión vermú e diferentes actuacións ao longo da tarde.

EN BREVE

Unha imaxe da morrena de Vilapena

A asociación O Picato celebrará a asamblea para a renovación de car-gos o 11 de xaneiro. Así, a asociación fará eleccións e renovará os cargos trala dimisión por moti vos laborais en maio do presidente, Israel Edrosa.Durante a asemblea, os socios valo-rarán as responsabilidades ao afron-tar o novo ano. Deixan o seu posto Lucía como vicepresidenta, Suevia como tesoureira, e Eugenio, Marige-les, Marisol e Jose como vogais.Despois da reunión farase unha cea baile no mesón Camiño Norte que terá diferentes prezos, así, os socios con cota familiar que asistan á asem-blea antes, terán dous menús de bal-de e individual un menú.

O Picato renova a súa directi va

Page 19: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020actualidade 19

lourenzá

Os 93 traballadores con dereito a voto do persoal de Muebles Her-mida en Lourenzá votaron a súa aceptación dun expediente de redución temporal de emprego ou ERTE que, como máximo, terá unha duración de nove meses.O presidente do comité de em-presa, Manuel Franco, confi rmou que 59 dos votos emiti dos foron afi rmati vos, 28 en contra e 5 en branco. Esta decisión xa lle foi co-municada ao administrador con-cursal, quen agora terá que iniciar o proceso para a aplicación do ex-pediente.A outra opción ao ERTE era a liqui-dación da fi rma que según Manuel Franco, non garanti zaría o pago dos salarios do mes de xaneiro. A situación de Muebles Hermida preocupa a todas as insti tucións. A Corporación provincial aprobou por unanimidade no Pleno recla-mar medidas á Xunta de Galicia que garantan o futuro de Muebles Hermida e o mantemento dos seus preto de cen postos de traba-llo, así como o deseño dunha polí-ti ca de incenti vos que contribúa a manter as empresas lucenses e a captar novas industrias e instar ao Fondo de Garantí a Social (Fogasa), organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Traballo, a que axili-ce o antes posible o pago dos sa-larios que Muebles Hermida debe aos traballadores e traballadoras.A proposta en apoio da empresa que xa ti ña rexistrada dende o 26 de decembro o Goberno provincial

e que fi guraba na orde do día para o seu debate no Pleno foi transfor-mada nunha declaración insti tucio-nal que contou coa unanimidade da Corporación despois de que o PP se sumase a últi ma hora á iniciati va do Executi vo do PSOE e BNG, solici-tando unha xunta de voceiros para plantexar a adhesión á proposta do Goberno, algo que este aceptou.Os grupos provinciais amosaron na declaración insti tucional o seu “apoio, solidariedade e compromi-so cos traballadores e traballado-ras de Muebles Hermida e as súas familias”, ao tempo que esperan que “o administrador concursal habilite canto antes a posibilidade de que os empregados perciban os salarios canto antes”.

PSOE. Por outra banda, a parlamen-taria socialista Patricia Otero esixiu-

lle á Xunta que “medien para garan-ti r os postos de traballo” e garantan un plan de viabilidade que permita manter a acti vidade da empresa. A parlamentaria luguesa instou ao conselleiro de Industria que “non se sente a agardar a que o proble-ma se solucione”, e lembrou que o que foi un dos 10 principais fa-bricantes de mobiliario a nivel na-cional hoxe segue a ser a principal empresa do Concello de Lourenzá e que dá traballo a 100 familias da Mariña que levan xa 4 meses sen cobrar.Así mesmo, o voceiro de En Marea, Luís Villares, reuniuse co comité de empresa para coñecer a situación na que se encontra a empresa e para explicarlles as propostas para solucionar a actual crise, propostas que serán defendidas por En Ma-rea no Parlamento.

Os traballadores de Muebles Hermida deron luz verde ao ERTE

A situación de Muebles Hermida preocupa a políti cos de todas las insti tucións

A nena de 7 anos Claudia Pérez Centeno foi a gañadora do concur-so convocado pola Concellería de Cultura de Lourenzá para o cartel anunciador da Cabalgata de Reis 2020.O premio, consistente nun lote de material didácti co, foi entregado ao remate da Cabalgata o día 5 de xaneiro.

Unha nena de 7 anos gañou o concurso para o cartel da Cabalgata de Reis

A asociación de Sendeirismo Te-rras de Lourenzá organiza unha serie de rutas para este ano 2020.Así, estas camiñatas do novo ano comezarán o domingo 26 coa ruta A Seimeira da Pontenova e o 15 de febreiro co Camiño do Cantábrico no seu tramo das Ca-tedrais ata a praia de Altar.En marzo será a ruta Augas de Fonmiñá en Meira, en abril a ruta da Costa da Morte, e en maio tocará a fin de semana de

rutas en Vilariño de Conso.Xa no verán farán a camiñata do Piornedo aos Ancares, unha ruta de Burela, por Muras ou Lourenzá.A asociación convida a todas as persoas que lles guste camiñar e rodearse de natureza a unirse á súa familia de camiñantes.Ademais, de que se queren in-formación sobre como facerse socios podan poñerse en contac-to con calquer membro da direc-tiva ou a través da súa páxina de facebook.

Membros da asociación nunha das súas acti vidades de sendeirismo

Terras de Lourenzá crea un calendario de rutas de 2020

O club VespaFaba & Clásicos Lourenzá organizará varios even-tos este ano, entre eles a Scoo-Terapia desafío O Fiouco que coincidindo coa Semana Santa farase un roteiro pola Mariña.Así, para o 9 e 10 abril haberá unha ruta turístico en Vespa polo occidente Asturián e a contorna increible da comarca da Mariña Lucense, visitando monumentos e sitios pintorescos únicos, go-zando das vistas ao mar Cantá-brico, así como do contraste da Galicia interior e rural, pasando por recunchos inesquecibles os cales deixasen pegada en cada un dos participantes como o val de Lourenzá, O Fiouco, a Senda verde do Eo, a Praia das Cate-

drais, a contorna de Sargadelos.O roteiro sairá desde Lourenzá e pasará por Mondoñedo, A Pas-toriza, Riotorto, A Pontenova, San Tirso de Abres, Vegadeo, Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ferreira do Valadouro, Alfoz, Mondoñedo e de novo volverá a Lourenzá. Ademais, haberá un xantar para todos os participantes.Por outra banda, están a pre-parar a 6° VespaFaba & Clási-cos Lourenzá que será o 4 de outubro coincidindo coa Festa da Faba. Unha reunión anual de afeccionados na festa gastronó-mica laurentina para desfrutar das scooters e vehículos Clási-cos.

O club VespaFaba convoca varios eventos para este ano

Acial, en colaboración co Concello de Lourenzá, organizan clases de zumba para os veciños.Esta acti vidade desenvolverase os martes e xoves de 21 a 22 horas.Para parti cipar haberá que pagar unha cota de 20 euros ao mes.A organización lembra que para inscribirse ou ter máis información haberá que chamar ao 646 287 706.

Acial e o Concello organizan clases de zumba polas tardes

Page 20: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

20 xaneiro 2020 reportaxe

A Mariña ofrece múltiples alternativas de ocio e a visita aos seus museos son un dos plans favoritos dos turistas cando chove. Os museos abren a diario e, en moitos casos, sobre todo durante o verán, tamén atenden visitas os días festivos. Polo xeral, os horarios das visitas tamén son amplos.

ARTE SACRA LOURENZÁ. O museo ocupa sete salas da igrexa do mosteiro de Vilanova de Lourenzá (s. XVIII). Situado na praza do Conde Santo, Don Osorio Gutiérrez, que foi funda-dor de San Salvador no ano 969 e peregrino a Terra Santa onde, segundo a lenda, adquiriu un ex-traordinario sarcófago (s. V) para o seu descanso eterno. Outra destacada peza deste museo é o relicario da Sancristía en madeira policromada cunha colección de 28 bustos-relicarios de finais do século XVII. Tamén conta con pe-zas de xoiería, escultura, pintura, indumentaria, mobles e biblio-teca monacal.

ÁLVARO CUNQUEIRO. Este museo nace como un espazo adicado ao escritor en galego máis brillante do século XX e un dos grandes autores en lingua castelá. A Casa-Museo agarda ao visitante ou ao viaxeiro na praza da catedral de Mondoñedo, en pleno centro histórico desta vella cidade episcopal. A este edificio de tres plantas, sito no número 13 da praza da Catedral, oito anos despois do pasamento de don Joaquín, o pai de Álvaro Cunqueiro (1941), trasládanse os irmáns Pepe, Álvaro e Carmen dende a vivenda da Fonte Vella.

MUSEO CATEDRALICIO. Este museo de arte sacra, un dos máis importantes de Galicia, ten repar-tidos os seus fondos entre a har-mónica catedral do século XIII e

o pazo episcopal (s. XVIII). Posúe fondos de temática variada: es-cultura, pintura, imaxinería góti-ca, enxoval litúrxico e ornamen-tos bispais. Recentemente, foi ampliado con salas dedicadas á pintura francesa antiga, á historia da imprenta en Mondoñedo e á cerámica de Sargadelos. Proxima-mente realizaranse ampliacións de salas dedicadas a tecidos, bor-dados antigos e arqueoloxía.

MUSEO PROVINCIAL DO MAR. O Museo naceu en 1969, froito da gran paixón do mestre Francisco M. Rivera Casás por recoller e col-eccionar obxectos relacionados co mar. Desde os seus inicios pre-

tendeu reflectir a vida mariñeira da costa lucense e ensinar a súa riqueza biolóxica e etnográfica.Este edificio garda o reflexo da memoria do seu pobo, e é, sen dúbida, o seu mellor narrador. É o museo do mar público máis antigo de Galicia e o máis ac-cesible.

BARCO BONITEIRO. Barco bonit-eiro recuperado onde se poden visitar todos os seus comparti-mentos: ponte de mando, cama-rotes, cociña, pañol, neveira... Ten en funcionamento todos os seus equipos mecánicos, elec-trónicos, hidráulicos..., así como os seus motores principais e

auxiliares. Consérvanse tamén os medios e métodos de pesca tradicionais empregados para a pesca do bonito na especiali-dade de corricán, sendo este o xeito artesanal de pesca que mellor garante a excelente cali-dade do produto.

MUSEO DO MEL. O Museo do Mel é unha iniciativa que impulsou a propia Marifé en 2015 con dous obxectivos. En primeiro lugar, dar a coñecer a un público non ini-ciado o proceso de elaboración do mel con materiais didácticos audiovisuales e libros, así como os aperos e ferramentas que se utilizan, facendo un percorrido

histórico polos diferentes siste-mas. En segundo lugar, tamén fai as funcións de punto de venda do produto.O museo, que inicialmente era unha casa familiar, foi restau-rado e conta cunhas dimensións de 40 metros cadrados e está na parroquia de Alaxe, moi preto de Ferreira. Recomendamos visitalo, previa chamada telefónica para concertar cita.

SARGADELOS. Situado na Casa da Administración do antigo complexo fabril e sé do Real Patronato de Sargadelos, é un conxunto monumental cataloga-do como Ben de Interese Cultur-

Á esquerda, o Cenima de Foz e, á dereita, o museo do ceramista Regal situado en Viveiro

De arriba a abaixo e de esquerda a dereita, o catedralicio de Mondoñedo, o Espazo Caritel, o Museo do Mar e Sargadelos

Un percorrido cultural pola MariñaOs diferentes concellos da comarca contan cun museo representativo da súa idiosincrasia ou forma de vida histórica

Page 21: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020 21reportaxe

al e Conxunto Histórico Artístico. Conta cun fondo permanente que funciona como centro de interpretación dos labores de-senvolvidos por esta fábrica, a través de fotografías, cerámica antiga e pezas de fundición. Acu-mula ademais gravados, escul-tura e pintura contemporánea cedida polo Seminario Sargade-los.Conta tamén con exposicións temporais de temática variada sobre a cultura galega. Do antigo conxunto consérvanse restos dos altos fornos, da presa e do canle, convertidos no fermoso

paseo dos namorados, o Pazo do Marqués, así como o edificio que alberga o museo, a Casa da Ad-ministración.

CENIMA DE FOZ. O centro ofrece cinco experiencias para coñe-cer a comarca da Mariña que permiten realizar viaxes virtuais no tempo ou visitar desde o aire lugares emblemáti cos. O obxec-ti vo fi nal de todo iso, fomentar o número de visitantes reais a todos os concellos.

CERÁMICA REGAL-XUNQUEIRA. Un proxecto innovador na recu-

peración do patrimonio indus-trial galego. Esta e unha mostra destacada da arqueoloxía indus-

trial galega no ámbito dos curti -dos e, pola súa vez, converter o complexo nunha plataforma de difusión da historia do proceso de elaboración da cerámica.Os fondos son de tres ti pos: fon-dos museográfi cos, (que inclúen dúas coleccións, a artí sti ca e a et-nográfi ca), biblioteca especializa-da en arte e fondos documentais da anti ga curti duría.O complexo comprende unha área aproximada duns 2140 met-ros cadrados distribuídos en di-versas edifi cacións e dependen-cias, así como unha zona central dedicada a xardín. Nesta parcela desenvolveuse ata o ano 1962 a acti vidade industrial dunha fábri-ca de curti dos que chegou a ser a máis grande de Galicia

ESPAZO CARITEL. Situado a 200 metros da basílica de San Mar-ti ño, un singular edifi cio con-temporáneo acolle, nun dobre espazo, a obra do arti sta plásti co Caxigueiro. A exposición esté-ndese ao xardín, de 3.500 m2 e de notable interese botánico. Cabe destacar a importante colección de camelias, así como unha amp-la mostra de fl ora autóctona que contrasta con especies exóti cas.

MUSEO DA AUGA. A fi nca Galea acolle o museo da auga, onde se poden ver diversos enxeños hidráulicos como un muíño e un batán que funcionan coas augas do río Ouro. A fi nca alterna pra-deiras, diversas especies de árbo-res, arbustos e estanques de gran beleza e en 1998 recibiu o Premio Medioambiental Europeo.

MUSEO DA IMPRENTA. Mon-doñedo, dispón dende setem-bro dun recurso máis, como é o do Centro de Interpretación da Imprenta ou Museo da Im-prenta. Alí o visitante pode ver desde a orixe da imprenta man-ual ata como se implantou a mecánica, pasando polo seu de-senvolvemento en Galicia. Entre os tesouros que agocha o espa-cio figura unha máquina plano cilíndrica de 1870, fabricada en Bélxica e ideada para grandes formatos, así como unha Mi-nerva Hispania semiautomática e unha linotipia.

Agroalimentación, oficios tradicionais, arte e historia son

os grandes eixes nos que se fundamentan os museos mariñaos

MUSEO DE ARTE SACRA DE VILANOVA DE LOURENZÁPraza do Conde Santo, Lourenzá.Para visitar hai que chamar 982 121 073.

MUSEO HISTÓRICO DE SARGADELOSAs Fábricas, Cervo.De martes a sábados de 10:30 a 14 e de 16 a 19.Para visitar hai que chamar 982 107 654 ou 670 267 [email protected]

MUSEO PROVINCIAL DO MARAvda da Mariña nº 25, San Ciprián.Inverno de martes a sábado 11 a 14:e de 16 a 19.Domingos e festi vos 11 a 14.Verán de martes a sábado 11 a 14 e de 17 a 20.Domingos e festi vos 11 a 14.

MUSEO CATEDRALICIO E DIOCESANO SANTOS SAN CRISTÓBALPraza de España, Mondoñedo.982 521 006 e 686 416 111Martes a sábados de 10:30 a 13 e de 16:30 a 18:30. Domingos de 16:30 a 20.

BARCO MUSEO BONITEIRO REINA DEL CARMENPeirao do Porto de BurelaMartes a domingo e festi vos de 11 a 14 e de 17 a 20.

MUSEO DE ÁLVARO CUNQUEIROPraza da Catedral, Mondoñedo.De martes a domingo de 10 a 14 e de 16 a 19.Prezo de 1 euro

MUSEO DO MELTrasdosrios, Alaxe, Ferreira do ValadouroVisitas con cita previa chamando ao 626 16 27 91.

CENTRO-MUSEO DE INTERPRETACIÓN DE A MARIÑA LUCENSETravesía da Travesía Riveira, Foz.Verán de luns a sábado 10 a 14 e de 16:30 a 20.Inverno de luns a sábado 9 a 14.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICA E DE CERÁMICA REGAL-XUNQUEIRACamiño Real, ViveiroDe luns a sábados de 9 a 14 e de 16:30 a 20:30.

ESPAZO CARITELSan Marti ño de Mondoñedo, O Caritel, Foz.Para visitar hai que chamar 982 132 694 ou 659 773 916De xuño a agosto e de martes a domingo de 11:30 a 14. De martes a sábado de 17 a 20:30. De setembro a maio so con cita previa.Prezo de 3 euros adultos

FINCA GALEA. MUSEO DA AUGACastro de Ouro, Alfoz.Do 26 de marzo al 15 de setembro de mércores a luns de 10 a 14:30 e de 16 a 20.Prezo de 3 euros adultos e 1,5 menores de 12 anos.

MUSEO DA IMPRENTARúa Pascual Veiga, Mondoñedo

DATOS

De arriba a abaixo, o Álvaro Cunqueiro, boniteiro de Burela, Finca Galea e o museo de Arte Sacro de Lourenzá

O novo Museo da Imprenta de Mondoñedo

Page 22: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

actualidade22 xaneiro 2020

MAR

A portavoz de Pesca do Grupo So-cialista, Patricia Otero Rodríguez, sinalou o desleixo da Xunta de Ga-licia co Porto Chico de Foz, logo de que este confi rmara que tampouco realizará a dragaxe comprometi da en 2020. Así o denunciou nunha pregunta en Comisión á presiden-ta de Portos de Galicia, na que lle reclamou a posta en marcha dun-ha parti da orzamentaria específi ca para acometer a dragaxe do porto.Patricia Otero denunciou que todo foi unha “campaña publicitaria” por parte da Xunta que non se concre-tou en accións concretas e pediu datas concretas para a realización das obras pendentes no Porto Chi-co. Destacou a “promesa incumpri-da” feita pola presidenta de Portos de Galicia que lle anunciara á Aso-ciación A Ribeira de Foz a existencia dunha parti da “dentro dos gastos xenéricos de Portos” para poder ini-ciar “os estudios correspondentes” para comezar coa dragaxe.A responsable socialista lembrou que o PP rexeitou, no debate de orzamentos para o ano 2020, unha emenda do Grupo Socialista para desti nar 850.000 euros a esta in-tervención, co que demostran que

“non é unha obra prioritaria para a Xunta de Galicia”. Así o confi rmou a propia responsable de Portos de Galicia, que anunciou o comezo dos trámites para contratar unha asis-tencia técnica pero que en ningún caso farían a dragaxe en todo 2020.Otero acusou ao goberno galgo de encetar unha “nova campaña de publicidade” con unha intervención prioritaria para as embarcacións que uti lizan o porto chico e que quedan en dique seco cando baixa a marea. Lembrou que no pasado verán “os socorristas de Barreiros ti veron que actuar desde a praia para socorrer a varios bañistas ante

a imposibilidade de empregar a súa zodiac” debido á falta de calado do porto que impediu a súa saída.Lembrou que o problema xa fora tratado nunha sesión no ano 2018, onde se aprobou a obra de dragaxe que debía realizarse de forma ur-xente. A día de hoxe a situación “se-gue sendo a mesma e a Xunta segue sen tomar medidas”. Reclamou que “non caia en meros anuncios da Xunta, como o segundo martelo do Porto de Burela, que ano tras ano anuncian parti das orzamentarias que despois non executan, as tras-ladan para o ano seguinte e a obra segue sen executarse”.

A Xunta confi rma que aínda non fará a dragaxe do Porto Chico

Embarcacións varadas no Porto Chico de Foz

A Consellería do Mar publicou a convocatoria de 2020 de axudas a propietarios de buques pesquei-ros galegos para investi mentos que fomenten a pesca sustenta-ble, unhas achegas que están co-fi nanciadas polo Fondo Europeo Maríti mo e de Pesca (FEMP) e ás que a Xunta desti na preto de 800.000 euros.Destes apoios poden benefi ciarse os propietarios de pesqueiros con porto base en Galicia que realicen investi mentos para limitar o im-pacto da pesca no medio mariño e para protexer as especies. Tamén son subvencionables as actua-cións que melloren as condicións de traballo, hixiene e seguridade dos buques e aquelas relaciona-das coa efi ciencia enerxéti ca e a miti gación do cambio climáti co. Outros investi mentos obxecto de axuda son aqueles que aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e o uso de capturas non desexadas así como os desti nados a servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable.

Estas achegas subvencionan ac-tuacións como a modernización de buques, o subministro e insta-lación de hélices de manobra ou a reforma das estruturas de abrigo na cuberta así como equipamen-tos de salvamento e loita contra os lumes, traxes de supervivencia, equipos de navegación ou adap-tacións a bordo para mellorar as condicións hixiénicas.As persoas interesadas en cursar as solicitudes poden consultar os requisitos e a documentación ne-cesaria na orde que publicou esta semana o Diario Ofi cial de Galicia (DOG) e o prazo de presentación de solicitudes remata a fi nais des-te mes.A esta orde de axudas súmase ademais a convocatoria de 2020 de achegas a tripulantes de bu-ques pesqueiros galegos para investi mentos que fomenten a pesca sustentable e que ten como obxecti vo impulsar que estes ma-riñeiros adquiran a súa primeira embarcación e inicien a acti vidade como armadores.

Os buques poden optar a axudas para fomentar a pesca sustentable

O Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, incorporou tres novos vehículos á súa frota para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furti vis-mo. Estes turismos serán emprega-dos tamén para aqueles traballos que se realicen por terra en materia de busca e salvamento maríti mo e tamén na loita contra a contamina-ción. O subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, recep-cionou os tres vehículos nun conce-sionario en Santi ago.Estes tres coches permiten ampliar a frota do organismo dependente da Consellería do Mar e a previsión é desti nar un a cada unha das tres provincias costeiras da comunida-de. A incorporación destes vehículos complementa a renovación realiza-da o ano pasado en parte da frota do Servizo de Gardacostas, que supuxo a posta en servizo de preto dunha vintena de coches que foron distri-buídos entre as unidades operati vas que Gardacostas ten polo litoral de Galicia e os servizos centrais.

Gardacostas amplía con tres novos vehículos a súa frota

O presidente da Deputación entre-gou en Burela os diplomas de catro cursos de capacitación para formar a 16 persoas desempregadas na profesión de redeiras. Nestas ac-cións formati vas, onde a insti tución provincial investi u preto de 40.000 euros, os parti cipantes aprenderon as diferentes formas de traballar as redes segundo o arte de pesca. Tomé Roca valorou positi vamente esta formación porque “o colecti vo artesanal de redeiras na zona da Mariña vive un momento crucial loitando pola subsistencia do sector, pois non existe relevo xeracional e a pesca segue a ser un dos motores máis importantes da nosa provin-cia”. O presidente fi xo fi ncapé en que nesta comarca lucense xera entre 5.000 e 6.000 empregos e que demanda persoal case de for-ma conti nua para as confrarías de pescadores de Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e O Vicedo. O alumnado benefi ciouse de catro

accións formati vas de confección e mantemento en: artes de enmalle, aparellos de pesca, artes de arraste e artes de cerco. Unhas accións que habilitan para presentarse ao exa-me de cualifi cación profesional que os acreditará como redeira.A estes cursos engadíronse tres xornadas divulgati vas que se cele-braron en Burela, Viveiro e Ribadeo, estruturadas en catro módulos te-máti cos e oito bloques cos seguin-

tes temas: Prevención de riscos laborais; A Relación do sector coa administración; O Asociacionismo no sector; Réxime Xurídico, organi-zati vo e electoral das confrarías de pescadores; Factores Ambientais: impacto sobre a explotación maris-queira; Marisqueo e pesca artesa-nal: sustentabilidade, trazabilidade e responsabilidade; Explotación de novos recursos; e un debate sobre a problemáti ca no sector.

Entregados os diplomas dos cursos de capacitación na profesión de redeiras

Un momento da entrega dos diplomas ás redeiras

Galicia volverá dar cobertura este ano ás familias dos profesionais do mar falecidos durante o exercicio da súa acti vidade ao habilitar axu-das coas que cubrir as necesidades máis inmediatas dos familiares nos primeiros momentos tralo fa-lecemento e mentres se realizan os trámites correspondentes cos seguros. As achegas, recollidas na orde da Consellería do Mar que publica o Diario Ofi cial de Galicia, preten-den facer fronte ás consecuencias duns accidentes que adoitan traer consigo situacións de desamparo económico temporal e puntual das familias dos tripulantes falecidos ou desaparecidos pois a perda da persoa soe ir aparellada á falla de ingresos económicos xerados pola acti vidade cesante. Para miti gar esa situación, a orde establece axudas de 3.000 e de 1.000 euros para viúvas e fi llos.Para esta convocatoria o prazo de presentación das solicitudes rema-ta o 15 de decembro de 2020.

Galicia dá cobertura ás familias de mariñeiros falecidos

Page 23: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020actualidade 23

DEPUTACIÓN

A Xunta de Goberno da Depu-tación, aprobou a concesión de 332 axudas para asociacións cul-turais para a realización de acti -vidades de interese cultural du-rante a anualidade 2019. Trátase de subvencións de concorrencia competi ti va que benefi cian ao tecido asociati vo de 54 concellos da Provincia.O programa esta dotado cun or-zamento de 280.000 euros, que se divide entre as asociación baseándose en criterios como o grao de consolidación das acti vi-dades e o seu interese, pero ta-mén baremos sociais como o fo-mento da igualdade, a inclusión

de persoas con capacidades di-ferentes ou o grao de dispersión territorial. As enti dades reciben axudas que van desde os 400 ata os 1.300 euros.Trátase dunha das liñas máis im-portantes para a dinamización do tecido cultural, pois entre as acti vidades subvencionadas ató-panse festas populares, como o entroido, magostos e feiras; viaxes culturais, publicacións de libros e revistas; concertos, teatro, clases de música e ma-nualidades, ou festi vais con gran implantación na Provincia como son o Festi val da Chaira ou o Fes-ti val de Pardiñas.

Máis de 300 asociacións recibirán axudas para acti vidades culturais A Deputación vén de recibir 12 no-

vos vehículos para renovar a fl ota do Parque Móbil co obxecti vo de prestar un mellor e máis efi cien-te servizo. Cun investi mento de preto de 182.000 euros, adquiriu 9 turismos e 3 todoterreo, que xa son uti lizados polos capataces de obra que traballan na área de Xesti ón Territorial, dirixida polo presidente, José Tomé, para a vixi-lancia e mantemento da rede via-ria provincial e tamén para asisti r aos concellos á hora de arranxar incidencias nas estradas munici-pais ou en obras de rehabilitación de fi rmes.Estes novos vehículos substi túen a uti litarios que ti ñan 12 anos e su-peraban os 400.000 quilómetros pois, de media, estes vehículos rexistran máis de 30.000 quilóme-

tros ao ano.Estes 12 vehículos novos súmanse aos 5 eléctricos adquiridos pola Deputación na primavera. Un to-tal de 17 vehículos que se inclúen

na fase de renovación do Parque Móbil que ten posta en marcha a Deputación de Lugo, un dos ins-trumentos máis importantes de cooperación cos concellos.

Renovan o Parque Móbil para mantemento das estradas provinciais

Presentación do novo parque móbil

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, xunto á vicepresidenta, Maite Ferreiro, anunciaron que o Goberno provincial garanti rá a conti -nuidade do servizo de mantemento das zonas verdes que vén facendo Suplusa e os postos de traballo dos 19 empregados e empregadas que veñen realizando estes traballos na Sociedade Urbanísti ca Provincial en-cargándolle o servizo a outra empre-sa pública, como é Tragsa.Como xa fi xo público a Deputación, o Grupo Tragsa, formado por Tragsa e Tragsatec, pasa a ser medio pro-pio instrumental da enti dade pro-vincial tras a compra dunha acción formalizada ante notario en Madrid o pasado martes, polo que pode encargarlle servizos ou traballos. O mantemento das zonas verdes, coa subrogación dos traballadores nas mesmas condicións salariais e la-borais, será o primeiro encargo, ao que, como avanzou Tomé, poderan-se sumar máis no futuro.Con esta decisión, o Goberno pro-vincial cumpre co compromiso de garanti r os dereitos dos traballado-res e traballadoras que prestan os seus servizos para Suplusa, un com-promiso que o Presidente anun-ciou no propio Pleno celebrado o pasado 12 de setembro no que foi aprobado por unanimidade da Cor-poración provincial a disolución da Sociedade despois de que este ente mercanti l perdese xa no 2018 a con-

dición de medio propio a través dun acordo da Xunta de Goberno debi-do aos problemas que lle ocasionou á insti tución provincial no pasado mandato.O Goberno provincial vaille en-cargar á empresa pública Tragsa o mantemento dos traballos que ata o de agora viña realizando Suplusa, que basicamente teñen que ver co mantemento de zonas verdes en disti ntos puntos da capital, como, por exemplo, a contorna do río Rato, e do resto da provincia.Para levar a cabo este encargo á empresa pública Tragsa, o Goberno conta co asesoramento dos servi-zos provinciais necesarios para a tramitación do expediente, como son Asesoría Xurídica, Contratación, Intervención, Medio Ambiente e

Recursos Humanos. Todos eles, apuntou o Presidente, “coinciden en esti mar que a mellor opción é o encargo á empresa pública Tragsa”.Estes servizos están elaborando o expediente e facendo os informes precepti vos, dos cales a día de hoxe xa está elaborado o dos servizos xu-rídicos e o resto están en redacción.Unha vez rematado o expediente e acordado o encargo dos traba-llos a Tragsa na Xunta de Goberno, que é o órgano competente para tomar este acordo, “informaremos axeitadamente a todos os traballa-dores e traballadoras da súa nova situación laboral, na que pasan de traballar nunha empresa pública, como é Suplusa, a outra empresa pública, como é Tragsa”, asegurou José Tomé.

Acordan conti nuar co traballo de Suplusa a través de Tragsa

Presidente e vicepresidenta, presentando as alternati vas a Suplusa

A Xunta de Goberno aprobou a am-pliación ata o día 20 de xaneiro do prazo de inscrición para favorecer a parti cipación no plan de emprego xuvenil para fi xar poboación Pren-de! Bota raíces no rural que ten en marcha a Deputación, tendo en conta que o período inicial de solici-tude coincidiu na súa prácti ca tota-lidade coas datas de Nadal.O programa está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, apuntados no Sistema Nacional de Garantí a Xuvenil e empadroados nalgún dos 58 concellos lucenses que teñan menos de 5.000 habi-tantes, ou entre 5.000 e 10.000 cun saldo demográfi co negati vo. Os interesados poden anotarse de forma presencial no Pazo de San Marcos ou a través da sede elec-trónica.Xunto á solicitude deberán ache-garse os seguintes documentos: DNI ou NIE do solicitante e do re-presentante de ser o caso; currículo actualizado; certi fi cado de empa-droamento na data da solicitude; xusti fi cante de inscrición no fi chei-ro do Sistema de Garantí a Xuvenil; declaración responsable do parti ci-pante ao inicio da actuación; certi -fi cacións de estar ao corrente das obrigas tributarias (Axencia Estatal

e Autonómica), Seguridade Social e Deputación de Lugo, só no caso de non autorizar a súa comprobación; e certi fi cado da conta bancaria onde conste como ti tular o solici-tante.Os seleccionados formarán parte dunha primeira etapa de forma-ción, que se levará a cabo por secto-res: enerxías renovables (que se im-parti rá na Mariña), xesti ón forestal (na Montaña), hostalería e turismo (Ribeira Sacra), e agricultura e gan-dería (zona centro). Nesta fase de aprendizaxe, os parti cipantes com-prométense á asistencia e aprovei-tamento da preparación recibida e haberá unha proba de coñece-mento por cada acción formati va. Por cada xornada de formación de cinco horas o parti cipante recibirá 14 euros e a Deputación entregará tamén un diploma de asistencia ao fi nal deste período.Despois da primeira fase de forma-ción, desenvolverase unha segun-da de experiencia laboral, na que a Deputación concederá axudas a empresas vinculadas cos anteriores sectores produti vos para que con-traten durante 8 meses aos mozos e mozas que recibiron a formación, e poidan así adquirir experiencia laboral.

Ampliado o prazo de inscrición para o plan de emprego Prende!

Page 24: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

actualidade24 xaneiro 2020

DEPORTES

O Pescados Rubén Burela FS brillou na II Gala de Fútbol Sala da RFEF, con recoñecementos colecti vos e individuais na tem-pada 2018-19, a mellor da fami-lia laranxa. Entre os máis de 60 galardóns que concedeu a Fede-ración, o vicepresidente laranxa, José Luis Sáez, recibiu de mans de presidente, Luis Rubiales, a Copa como campión de Segunda División Masculina, ademais do premio como campión de Copa da Raíña e Supercopa de España

Feminina, xunto a Pedro Rocha, presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, e Gonzalo Azká-rate, membro do comité execu-ti vo.Peque recolleu o premio como Mellor Xogadora da Tempada, outorgado por compañeiros e compañeiras, ademais de subir ao escenario, xunto á tamén bu-relista Luci, polos éxitos da Se-lección Española, como campioa de Europa, e bronce nos Xogos da Xuventude de Bos Aires.

A gala da Rfef homenaxeou a mellor tempada laranxa

A Peña Ciclista Lar de Viveiro vén de publicar a data da vin-deira Viveiro bike Xtreme.Esta proba celebrarase o 31 de maio de 2020 e terá dúas moda-lidades. A corta de 35 quilóme-tros e a larga de 60. Esta Peña participa tamén o 15 de marzo Eco Trail Monte Castelo, o 17 de maio no Trail Fuciño do Porco.

A Viveirobike Xtreme será o 31 de maio

O Toxiza Clube de Montaña de Mondoeñdo e a Asociación As San Lucas de Mondoñedo orga-nizan o Toxiza Gran Trail para o 2020.A data será o 4 de abril, e terá no-vos percorridos, novas distancias e moitas outras novidades que aínda quedan por anunciar.Esta é unha das probas de mon-taña máis multi tudinarias, non só de Galicia senón de todo o Norte

de España, así, o ano pasado par-ti ciparon uns 560 deporti stas .Os parti cipantes nas probas com-peti ti vas estarán distribuídos en catro opcións, catro carreiras convencionais de 60, 42, 24 e 14 quilómetros e unha andaina de 14 quilómetros.A maratón previsiblemente será a primeira en tomar saída desde a praza da Catedral, mentres que a andaina comezará máis tarde.

A Toxiza Gran Trail xa ten data

O Ribadeo é o único equipo da Mari-ña que logou a súa clasifi cación para a seguinte fase da Copa Deputación, os cuartos, no grupo de Preferente e Primeira, que se disputarán a fi n de semana de Entroido.O conxunto de Ribadeo terá como ri-val o día 23 de febreiro ao Chantada e, ao ser un rival de categoría infe-rior, serán os do Sur os que xogarán co factor campo ao seu favor.

O Ribadeo logrou o pase tras vencer en oitavos ao Viveiro nun derbi de alta rivalidade disputado nas Valgas. Un gol foi o que marcou a diferenza entre os dous equipos. No camino quedaron tamén o Burela, que per-deu co Chantada Atléti co, o Foz, go-leado polo Santaballés e o Riotorto, que perdeu na quenda de penalti s por 1 ante un Residencia de Prefe-rente.

No grupo de Segunda e Terceira, só o Viveiro de Terceira, equipo de nova formación e que está na parte alta do seu grupo na Liga, sobrevive na Copa, agora xa en cuartos. O conxunto viveirense deberá en-frontarse ao Roupar o 23 de febrei-ro na casa como seguinte paso. Na ponte da Consti tución apeáronse en dezaseisavos Celeiro, Candelaria, Ba-rreiros, Mondoñedo e Alfoz.

O Ribadeo e o Viveiro de terceira, clasifi cados na Copa Deputación

O domingo 19 de xaneiro dará comezo o IV Cross Comarcal A Mariña Lucense que se disputa-rá no municipio de Lourenzá.Na proba, que ten 5 quilóme-tros, poderán participar tanto atletas federados como non fe-derados. A carreira laurentina disputarase nas inmediacións do campo de fútbol.

As inscricións poden realizarse a través da páxina web www.championchipnorte.com, de balde. O prazo para inscribir-se termina o 16 de xaneiro ás 23.59 horas, ou ata cubrir o lí-mite de participantes, que será de 100. Non se admitirán inscri-cións a partir de dita data, nin o mesmo día da carreira.

O IV Cross Comarcal A Mariña Lucense será o 19 deste mes

Estáse a preparar unha nova con-vocatoria da Marcha da Merluza de Burela, que este ano chega a súa séti ma edición e será o 2 de febreiro.Espérase que parti cipen máis de douscentos ciclistas nesta ruta BTT que percorrerá uns 33 quilómetros de traxecto e practi camente todos polo monte.

Xa é posible inscribirse, na web www.championchipnorte.com, con cotas de 16 euros para ciclotu-ristas con licenza federati va en vi-gor e de 24 para os non federados.A saída está programada para as 9.30 horas do 2 de febreiro e des-pois da carreira poderase facer un xantar con pescada e desfrutar dunha xornada de convivencia.

Nova edición da Marcha da Merluza de Burela

A Peña Ciclista Lar Viveiro orga-niza para o 1 de marzo o 1º Eco Trail Monte Castelo Galdo.Esta proba terá varias dista-cias, así, a andaina percorrerá 10 quilómetros, o trail curto 14, o trail longo 21 e a marcha BTT 32.O prazo de inscrición xa está aberto e pode facerse desde a páxina web ranckr.com e con

prazas limitadas en cada unha das probas.Os prezos son diferentes para cada proba, é dicir, para a an-daina serán 7 euros, o trail curto 10, o trail longo 13 e a BTT 15 euros.A organización lembra que a recadación íntegra será para o alumnado de 6º do Ceip Santa Rita de Galdo.

A Peña Ciclista Lar crea o Eco Trail Monte Castelo Galdo

Page 25: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020 25sociedade

Alumnos do taller de memoria de Lourenzá desfrutaron dun xantar Algúns nenos cervenses visitaron a mostra Basuraleza na sala de exposicións da Casa da Cultura

Obradoiro de Nadal en Alfoz Carmen Vián López, centenaria de Ribadeo xunto á súa familia

Belén vivinte no Valadouro O Moto Clube Ruta N-634 de Mondoñedo

O CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, acolleu un curso de pintura

Page 26: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

26 xaneiro 2020 sociedade

De arriba a abaixo e de esquerda a dereita, algunhas das moitas imaxes que deixou o Nadal: Viveiro, Mondoñedo, San Cibrao, Foz, O Valadouro, O Vicedo, A Pontenova, Xove, Barreiros e Cervo

Page 27: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020 27sociedade

Os colexios de Foz fixeron un musical polo Nadal Os nenos de Riotorto visitaron Xuvenlugo

Os nenos de Alfoz desfrutaron dunha bola de neve xigante A III Papanoleada Moteira do Valadouro foi todo un éxito

A asociación Barrio dos Muíños de Mondoñedo fixo un photocall A asociación Eco das Minas da Pontenova nun obradoiro de Nadal

O grupo de gaiteiros Amado Valadouro acompañados de Papá Noel

Os nenos de Ourol mandaron as súas cartas a Papá Noel Actuación do grupo de teatro de Aspanane en Xove

Page 28: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

28 xaneiro 2020 opinión

COLABORACIÓNS

Querido lector, reen-contrámonos no Novo Ano e Nova Década nestas páxinas para conti nuar profundan-

do nun tema absolutamente estra-téxico e fundamental en calquera empresa de servizos que se prece: o “ branding”, a personalidade da túa marca…As marcas son como historias, ne-cesitan tempo para escribirse, tem-po para ser contadas e tempo para poder gozalas. A audiencia é a que contará a historia e faraa propia, se a nosa marca non ten persona-lidade será difí cil que a lembren…Expuxéchesche algunha vez que personalidade ten a túa empre-sa? Forxar a personalidade de marca da túa empresa permiti ra-che relacionarse, coma se fose un ser humano. Unha personalidade auténti ca, única e disti nguible

de todos os teus competi dores. A maioría quere ser “todos para to-dos”. Queren ser populares pero exclusivos. Que a súa marca sexa masculina pero á vez feminina. Que sexa xuvenil pero á vez seria e madura. Debes ter moi claro quen é o teu público obxecti vo e crear unha personalidade de marca au-ténti ca para que os atraia e fága-lles senti r cómodos. Tentar chegar a todo o mundo, hoxe en día, é o primeiro paso para fracasar co teu negocio. Has de enfocar no teu tar-get obxecti vo e centrar toda a túa estratexia de comunicación nel. Iso será o que marque a diferenza.Como se constrúe unha personali-dade de marca? Antes de nada de-bes identi fi car os benefi cios, é dicir, os aspectos tanxibles e intangibles que a túa marca pode ofrecer aos seus consumidores e grupos de interese. En segundo lugar, e non menos importante, debes identi fi -car os valores que fan referencia á forma de ser da túa marca. Son os trazos intangibles que achegan un valor engadido e un compromiso que a marca se dá a si mesma, non

necesariamente deben ir ligados ao produto ou servizo que ofrece a túa empresa. Unha forma úti l de refl exionar sobre de que trata a nosa marca e como se relaciona co mercado, é coñecer o concepto de “arqueti pos de marca” que se desenvolveu ao longo dos anos, baseándose nun traballo de Carl Jung sobre os seus 12 arqueti pos de personalidade.Recoméndoche que abandones a túa lectura durante uns minutos e búsquelo en Google para coñecer os diferentes perfí s e os seus exem-plos con grandes marcas. Axuda-rache a asimilar os conceptos e así poderás telo en conta á hora de traballar coa túa marca e identi fi -car a súa personalidade.Existe a personalidade de marca nas pemes? Desde logo que si! Pero moitas veces por erro confún-dese a personalidade da empresa coa personalidade da propiedade e non debería ser así. Unha marca é un ente independente que re-presenta a unha empresa. Feixe o seguinte exercicio e pregúntache: A miña marca é… tradicional ou in-

novadora?, adulta ou nova?, popu-lar ou Premium?, local ou global?, tecnolóxica ou artesá?, simpáti ca ou seria?...A sociedade organizouse por tribos e nichos de mercado, xa non hai unha única mensaxe e unha soa forma de comunicalo. É impres-cindible comprender que non é só o que dicimos, senón como o dici-mos. Para unha comunicación de marca efi caz resulta imprescindi-ble coñecer o teu público obxecti vo e ofrecerlle o conti do relevante que lle achegue un valor engadido ou diferencial. Debes ter claro que unha marca xamais poderá ser unha persoa, pero que para que unha marca corporati va poida ser coherente e relevante nas súas estratexias, é necesario construír unha persona-lidade propia.Senllos son os exemplos cos que nos atopamos diariamente no sector turísti co aquí na Mariña Lucense: marcas potentes debi-damente construídas e situadas, tanto na empresa privada como na Administración Pública, mar-

cas en proceso de construción cos deberes moi ben feitos, iniciati -vas emerxentes moi ambiciosas en prol dos intereses xerais da comarca, pero unha gran parte do mercado descoida perigosa-mente a súa personalidade e atri-butos de marca, especialmente no sector restauración e servizos complementarios, coa conse-cuente perda de fi delidade e cota de mercado. Busca aquilo que che diferencia, aquilo que só ti podes ofrecer, non importa sexa o mes-mo produto que a competencia pero destaca en algo mellor, xa sexa mellor servizo, mellor aten-ción ao cliente, mellor calidade, mellor packaging… na sociedade actual os consumidores toman as súas decisións de compra e con-sumo especialmente en base a factores intangibles –lembra que a imaxe é a raíña-, e aí é onde a túa personalidade de marca xoga un papel fundamental, así que non desesti mes a forza da túa marca, pois sen dúbida contribui-rá ao aumento das túas vendas e á consolidación do teu negocio.

Cómo é a túa personalidade de marca?

Juan Carlos GacalExperto en Xesti ón de Marketi ng e Comunicación Turísti ca

FALEMOS DE TURISMO

Comezamos o 2020 cargados de enerxía e a estas alturas a frase que mais adoi-tamos escoitar é iso

de “ano novo vida nova”. E Como cada ano, mais de un e unha te-rán preparada unha lista de novos propósitos nos que atopamos, de seguro, iniciala dieta e apuntarse o ximnasio.Como profesional do campo da nutrición, recalco a importancia que ten a nosa alimentación, que non só repercute a nivel fí sico se non tamén no noso estado de ánimo. Algo que sempre aconsello aos meus pacientes é que unha dieta non debe ser algo temporal, hai que comezar por asentar uns hábitos e o primeiro paso é es-quecer de esas dietas milagre que prometen resultados asombrosos en moi pouco tempo, porque nin son asombrosos nin son certos. Xurde así a pregunta de, ¿por don-de comezar? Para axudarvos con

esta tarefa, traemos aquí a nosa lista de propósitos nutricionais para este 2020.1- Ser realistas cos nosos obxecti -vos: por exemplo, marcar peque-nas metas. Se alguén ten como obxecti vo fi nal perder 20kg de peso, é mellor pequenas perdidas mes a mes, deste xeito non se frus-trará e será mais doado de cum-prir.2- Escribir un diario do que come-mos: fainos conscientes de toda a canti dade innecesaria de comida que inxerimos ou picamos o longo do día. Controlamos así os nosos hábitos para poder corrixir aque-les que non nos benefi cian.3- Acude a un experto: o internet hoxe en día facilita que teñamos acceso a todo ti po de dietas e permítenos levar un plan desde a comodidade da nosa casa , pero moita da información que vamos a atopar é errónea, o ideal é po-ñerse en contacto cun profesional da materia para evitar caer en die-tas “trampa”. Sempre nos orienta-rá según as necesidades de cada paciente. Recordar de novo que os únicos profesionais con competen-

cia para pautar unha dieta son os dieti stas ou os nutricionistas, de-bemos vetar pseudoprofesionais ocultos tras nomes como “aseso-res nutricionais” , “coach nutricio-nal “, “asesores de benestar” etc4- Graxas: aumentar o consumos de graxas saudables, como son o aceite de oliva virxe extra, froitos secos naturais, aguacate, peixes azuis, sementes como o lino, as pipas de cabaza,… todos estes ali-mentos son ricos en graxas sauda-bles ou como a maioría as coñece, omegas 3,6 e 9.5- Reducir o consumo de azucre branco: Pódese comezar susti uin-do por produtos como a panela,

stevia ou mel, e pouco a pou-co empregalo menos ata lograr deixalo por completo6- Comer 3-5 pezas de froita o día: aliada perfecta para os momentos de ansiedade, como aperiti vo en-tre horas, almorzo ou sobremesa.7- Comer peixe unhas 3-4 veces a semana: existen multi tude de po-sibilidades no mercado polo que é cuesti ón de ir probando os que mais nos guste.8- Menos carne vermella e mais branca: para aqueles que non con-cibides a vida sen carne, optar por carnes como polo, coello ou pavo. Conteñen menos graxas9- Apostar polos integrais: substi -tuír ese arroz, esas pastas, pan ou cereais pola súa versión integral. Maior aporte de fi bra e minerais, un pequeno cambio fácil de incor-porar.10- Mais cocido e menos frito.11- Verduras: a diferenza co resto de alimentos, teñen moi poucas calorías, son ricas en minerais e vitaminas, ademais de saciantes.12- Legumes 2-3 veces na sema-na: fonte de hidratos de carbono e proteína. Unha vantaxe é que son

moi versáti les na cociña.13- Practi ca exercicio a diario: manterse acti vo é fundamen-tal para uns hábitos saudables. Ninguén dixo que teñas que ir o ximnasio ou saír a correr, cando falamos de acti vidade pode ser calqueraa que nos manteña en movemento e se atopamos algo que nos guste mellor,xa sexa ca-miñar, nadar, andar en bicicleta, bailar,… calquera delas é unha op-ción moi interesante14- Unha correcta hidratación: Eli-minar o consumo de refrescos, zu-mes e apostar por un maior consu-mo de auga e infusións. Aproveito para dicir que non!! O consumo de leite non se contabiliza como hidratación.Como calquera propósito de ano novo, necesitará paciencia, com-promiso e sobre todo ser conscien-tes de que os novos hábitos debe-rán permanecer para sempre, solo así lograremos o noso plan.Espero que vos sirva de axuda este pequeño arti go, grazas e espero que este 2020 cumpra todos os vosos obxecti vos e veña cargado de felicidade.

Noel López Pinín Centro de Bienestar

Propósitos de ano novoNUTRICIÓN

Page 29: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020 29

Sentei no escritorio a escri-bir a columna deste mes. Por eso de que a inspira-ción te pille traballando, pero a min non me pasou

coma Borges e a min non me cha-mou Daneri para atopar o Aleph. Eu tan só achei un documento en branco. Coma o ano que temos por diante, un ano para non enfadar-nos tanto. Porque di Javier Aznar que provocar é doado, pero caer na provocación, mais. Sempre é inspirador escoitar os propósitos dos demais, persoalmente eu es-tou a agardar o primeiro obxecti -vo a incumplir con gusto. Algunha

cousa pola que preste renunciar á intención. No seu parti cular resumo do pasa-do ano, o meu escritor favorito re-coméndanos non esquecer que nin-guén nos debe nada, a menos que sexas un prestamista, engado eu, e nin con esas. Amosemos mais acti -tude empáti ca, por se acaso, polo menos. Trinta minutos mais tarde, seguimos agardando polas musas e no seu lugar, leo a unha coñecida queixarse da mala educación xe-neralizada entre os clientes da súa tenda de xeados e non sinto mais ca pena. Pena por ela, pero tamén pesar por toda esa xente que non pode disfrutar nin do anaco de ir a tomar un bo doce. Un anaco de ceo en forma de xeado de plátano e améndoas, a min só de pensalo xa se me pon un sorriso de nena

na noite de Reis. Tamén debemos facer porque nos acompañe o sen-ti do do humor, en todas as súas fa-ces. Que reine a grea. Porque todos os momentos felices acostuman a ser froito da algarabía. Onde temos o Land Rober coma semi-rrelixión. Dúas horas conti nuas de humor e risa amenizadas por un de Xove. Chegamos a converter os xo-ves ás 22:00 nunha cita ineludible. E coido que nos faría moi ben ex-trapolar parte de comedia ao noso día a día. Amosarnos partí cipes da risa, ata de nós mesmos.A miña familia da boa mostra dis-to, e intento que algo se me pegue, porque pasaron as súas sen es-quecer a brincadeira no momento mais inoportuno posible, pero no que máis lograba levantarnos o ánimo. A miña nai é a menor de

catro irmás, e é a que porta a fama de burlona. Pero cárdana as catro, os oito se me descuido, a golpe de chanza, de burla, de broma. Unha marca reivindicaba o Nadal pasa-do o humor como ben de primeira necesidade. Canto máis sensible é o tema, seica mais caro sae o chis-te.Eu quero recoñecer a importancia de rirse, ata dun mesmo. Poñer de manifesto a necesidade de rela-ti vizar os temas que nos acaen. O único senti do que debe limitar o humor é o senti do común. Coma todo: “a ciencia é un magnífi co mo-biliario para o piso superior dunha persoa na que o senti do común reside na planta baixa” lema que preside a Academia, como forma de vida. Debemos quitarlle a tras-cendencia a todo chiste ou burla feita dende a razón, por ese mes-mo moti vo, porque se trata dunha broma. Na nosa man está escoller o humor que nos faga rir, mais ne-gro ou mais branco, pero lexíti mo en todas as canles. Reitero, froito do corazón, o único lugar posible

onde nace a risa.Os cafés dos domingos son tra-dición na miña casa, da mesma forma que rirse tamén o é. Fose como fose a semana, Belenciña sempre atopa moti vo para o es-carnio, pero sen maldicir, por eso non escribe canti gas. Todo lle vale porque nada lle cheira. Os seus brancos preferidos somos miña tí a e mais eu, pero tampouco fai ascos a rirse ata dela mesma. Rezo por herdar parte dese tan seu senti do do humor. Porque se a muller é for-mada polas circunstancias, entón é preciso formar as circunstancias humanamente, coma na Sagra-da Familia. Bodegas sostén que o límite do humor se atopa no Có-digo Penal, pero eu manteño que o podemos atopar unha miguiña antes. Onde a razón bifurque coa risa. No mesmiño siti o onde doe o abdome e pides entre dentes silen-cio porque non podes rir mais, por-que temes danar as comisuras da boca. Porque a base de rir o mundo tamén semella máis amable, máis humano e menos raro.

Noelia Castro Yáñez

De que te ris?SENTIDIÑO, POUCO PERO QUE DURE

opinión

Unha das causas máis comúns de consulta podolóxica é a fascio-patí a plantar. Enten-demos a fasciopatí a

plantar coma unha lesión na fas-cia da planta do pé que produce moita dor nos talóns e que pode chegar a ser incapacitante para o quefacer diario. Como ben dicimos, o principal síntoma é a dor no talón, que empeora nos primeiros pasos do día, coma ao levantarnos da cama, ou despois dun período de inacti vidade fí sica, por exem-plo cando estamos moito tempo sentados. A medida que van pa-sando as primeiras horas do día esta dor soe disminuir, pero can-do xa levamos moito tempo de pé ou camiñando volve a desen-cadearse unha importante dor. En fases avanzadas, a dor pode ser conti nua e mesmo obrigar a coxear.Pero, ¿qué é a fascia plantar?A fascia plantar é un tecido fi bro-so que se estende dende o talón ata a base das dedas e que ten unha función moi importante ao camiñar: é a responsable de manter o arco plantar e devolver a enerxía que se produce cando o pé impacta contra o chan.A fascite plantar trátase dunha infl amación da fascia plantar. A fascite preséntase cando se pro-ducen microrroturas na fascia

por traumati smos de repeti ción ( en moitos casos provocados por unha alteración na pisada).En moitas ocasións, estas micro-rroturas do tecido provocan unha alteración progresiva do coláxe-no podendo chegar a producir unha dexeneración da fascia. Neste caso xa estariamos a falar de fasciose plantar. Por iso é máis correcto falar de faciopatí a plan-tar, termo que inclúe a fase infl a-matoria aguda (fascite) e a fase dexenerati va (fasciose).Como a fascia se inserta no óso do talón (o calcáneo), unha ten-sión manti da na fascia pode pro-vocar a aparición secundaria dun espolón calcáneo.Cales son as causas desta doenza?As causas máis comúns que con-levan a aparición dunha fascio-patí a plantar son: sobrepeso, alteracións da pisada, calzado inadecuado, pronación excesiva, patoloxía no tendón de Aquiles, disminución da mobilidade do pé, etc.Cómo podemos evitar a fascio-patí a plantar?A mellor forma de evitar calquer doenza é a prevención. En caso de ter unha alteración na pisada é importante realizar un estudo biomecánico da marcha para compensar o apoio inade-cuado do pé e así previr que se desencadenen os síntomas. É moi importante usar un calzado correcto en función do peso e da acti vidade fí sica que cada persoa realiza. Á hora de escoller o cal-zado debemos ter en conta que a sola teña certo grado de fl exibi-

lidade, pero que non nos permi-ta “estruxalo” zapato coma un trapo. Debe ter una contraforte consistente para que recolla ben o talón e sempre debe contar cun sistema de abroche ti po cordón ou velcro.No caso de notar lixeiras moles-ti as no talón, non debemos espe-rar moito tempo para acudir ao podológo. Nos casos de fascio-patí a plantar hay unha relación directa entre o tempo de evolu-ción da patoloxía con respecto ao tempo de curación do tecido. Así pois, canto máis tempo espere-mos para porlle solución, máis se dexenerará o tecido, e polo tanto, máis complicado será o seu tra-tamento.Os síntomas de fascite ou fascio-sis son compati bles con outras dores no talón por eso é moi im-portante realizar un bo diagnós-ti co.Segundo o Colexio de Podólogos de Galicia, o 80% das persoas con fasciopatí a plantar presen-tan unha resolución completa da patoloxía en menos de 12 meses.Os estudios cientí fi cos demostran que nos meses iniciais da doen-za, a dor responde ben a unha combinación de tratamentos: o tratamento fí sico realizado polo fi sioterapueta e máis o axuste biomecánico realizado polo po-dólogo mediante planti llas per-sonalizadas.Por iso, non dubide ! Se nota dor nos seus pés acuda ao seu podó-logo de confi anza, que lle pode-rá axudar na resolución da súa doenza.

Yaiza Puente AriasPodóloga

PODOLOXÍA

Falemos da fascite plantar...

A anciá asente coa cabeza indican-do as aves, todos confirman. A doce velliña descolga

un dos seus animais, agarra un machada que parecía ter a ida-de da China mesma, cun saúdo reverencial dálle as grazas ao ave; ela transfórmase e cun be-rro aterrador comeza a trocear ao animal vivo, con plumas, con crista, con viseras, con todo.Os latinos non podían crer o que diante deles estaba a ocorrer Ka-rina entra en pánico, Antonieta histérica di que non quere co-mer, Margarita grita, chora, sal-ta non entende, Tatiana agárra-se a cara sostén as súas fazulas, contén o alento; Manuel abraza a Karina e trata de que ela non siga vendo o masacre; Urbina fríamente anuncia comeremos en McDonald’s. Os amigos mí-ranse; en China? McDonald’ s en China? Volveuse tolo. Urbina sitúa a un grupo de chineses os chama coas mans e ofrécelles o rico “galo frito” mentres que a señora saca os anacos de galo do aceite quente e colócaos nun-

ha bandexa; el chancea dicindo que se parece ao cocho frito que serven no Junquito.Paga a factura á señora agradé-celle cunha moi formal reveren-cia e indícalles aos seus compa-ñeiros de aventuras que antes de saír de Xapón el viu nas noticias que o emporio alimenticio ame-ricano abrira un mes atrás o seu primeiro restaurante en China a poucas cuadras da Praza de Tiananmén; á dereita Manuel á dereita non hai que ir á esquer-da, riron á vez que marchaban cara ao encontro coa moderni-dade. Perdidos entre a espesa néboa e a simetría de Tianan-mén, entre a bruma divisaron os arcos dourados, outra vez o imperio salvoulles. Entraron no McDonald’ s chinés e ensegui-da sentíronse en casa. Pediron Big Mac e Margarita pediu unha de pito, de verdade? de pito? Non foi suficiente coas aves de hoxe? Margarita reacciona vaca quero vaca, Ròu. sentan a gozar os seus alimentos acompañados cunha “… coca cola fría con hie-lito…” mentres observan a un neno, evidentemente gringo, comendo xeado con papas fritas. Pensaron que para os chineses isto sería asqueroso. Riron es-taban profundamente felices de estar en China.

Mercado de Beixín

Ignacio Lazcano

MEUS CONTOS

Page 30: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

30 xaneiro 2020 cultura

Os arti gos de opinión publicados refl icten unicamente posturas persoais dos seus autores. O conti do dos arti gos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

TELÉFONOS DE INTERESE

Os arti gos de opinión publicados refl icten unicamente posturas persoais dos seus autores. O conti do dos arti gos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

BARREIROSConcello: 982 12 40 02Garda Civil: 982 12 41 94Centro de Saúde (cita previa): 982 12 41 05

LOURENZÁConcello: 982 12 10 06Garda Civil: 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 12 20 29

FOZConcello: 982 14 00 27Policía Local: 982 13 36 40Garda Civil: 982 14 04 44Centro de Saúde (cita previa): 982 13 23 85Agencia Tributaria: 982 13 35 12

CERVOConcello: 982 55 77 77Policía Local: 615 52 10 52Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 55 75 25

XOVEConcello: 982 59 20 01Centro de Saúde (cita previa): 982 59 24 24

VICEDO, OConcello: 982 59 00 02Garda Civil: 982 59 01 81Centro de Saúde (cita previa): 982 59 03 51

RIBADEOConcello: 982 12 86 50Policía Local: 982 12 86 50Garda Civil: 982 12 80 48Centro de Saúde (cita previa): 982 13 01 43

OUROLConcello: 982 55 91 09Garda Civil: 982 56 10 39Centro de Saúde (cita previa): 982 55 90 62

VIVEIROConcello: 982 56 01 28Policía Local: 982 56 29 22Policía Nacional 982 56 17 11Policía Nacional cita DNI 060/ 982 57 06 62Centro de Saúde (cita previa): 982 56 12 01

MONDOÑEDOConcello: 982 52 40 03Policía Local: 982 50 70 40Garda Civil : 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 50 74 52

RIOTORTOConcello: 982 34 62 22Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 66 63

TRABADAConcello: 982 13 50 11Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 13 53 00

PONTENOVA, AConcello: 982 34 22 77Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 24 00

VALADOURO, OConcello: 982 57 40 00Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde (cita previa): 982 57 43 12

ALFOZConcello: 982 55 85 81Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde: 982 55 86 97

Emerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061

Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

TELÉFONOS DE INTERESE

www.amariñaxa.com

BURELAConcello: 982 58 60 00Policía Local: 982 58 62 11Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 58 51 29Hospital da Costa (centraliña): 982 58 99 00Capitanía Maríti ma: 982 57 51 53

AXENDA DA MARIÑA

TAPEO EN SAN CIBRAOAta o 27 de febreiroSan Cibrao

HOMENAXE A REPRESALIADOS11 de xaneiroMondoñedo

TEATRO11 de xaneiroBravos, Ourol

PLAYBACK11 de xaneiroA Pontenova

CINE12 e 26 de xaneiroBurela

BINGO12 de xaneiroBravos, Ourol

FESTA DO CHÍCARO17 de xaneiroFoz

TEATRO EN INGLÉS17 de xaneiroBurela

TEATRO18 de xaneiroFoz

EVENTOSFESTAS EN CARBALLIDO18 de xaneiroAlfoz

ANIVERSARIO DO PASTOR DÍAZ18 de xaneiroViveiro

TEATRO19 de xaneiroO Vicedo

CROSS A MARIÑA LUCENSE19 de xaneiroLourenzá

II ENCONTRO NOGADo 24 ao 26 de xaneiroMondoñedo

PROXECCIÓN24 de xaneiroRibadeo

FESTAS EN LAGO25 de xaneiroAlfoz

FESTAS EN RÚADo 31 de xaneiro ao 2 de febreiroRúa, Cervo

MONÓLOGO CARLOS BLANCO1 de febreiroRibadeo Máis eventos en:

www.amariñaxa.com

CURSOSCOCIÑA ASIÁTICA11 de xaneiroTrabada

REPOSTERÍA25 de xaneiroTrabada

MÚSICA TRADICIONAL18 de xaneiroRibadeo

ZUMBAMartes e xovesLourenzá

VII MARCHA DA MERLUZA2 de febreiroBurela

CONCERTO DE DE VACAS6 de febreiroRibadeo

TEATRO9 de febreiroRibadeo

COCIDO POPULAR15 de febreiroO Vicedo

CONCERTO A BANDA DA LOBA28 de febreiroViveiro

FESTA DE ENTROIDO29 de febreiroO Vicedo

ECO TRAIL MONTE CASTELO1 de marzoViveiro

III ENCONTRO E FOLIADA21 de marzoA Pontenova

VII FOLIADA NORDESTÍA4 de abrilSan Cibrao

BELÉN A RIGUEIRAAta o 12 de xaneiro.A Rigueira, Xove

MANUALIDADES CURSOS MULLERDo 20 ao 30 de xaneiroBurela

800 ANOS DO COMEZO DOPONTIFICADO DE MONDOÑEDOPrimeiros de febreiroSan Marti ño de Foz

EXPOSICIÓNS

Page 31: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

xaneiro 2020 31cultura

RECOMENDACIÓNS

a elección de...

Cristina FernándezA.C. Amado Lar O Valadouro

un libro un disco

Los renglones torcidos de Dios, de Torcuato Luca de Tena

Tempestades de Salde Sés

unha película unha personaxe histórica

El Diario de Noa Castelao

un lugar para visitar un sitio onde vivir

Roma O Cadramón

unha comida unha bebida

Ovos fritos con patacas Albariño

que visitar?

Son cantís duns 32 metros de altura situados no Cabo de Morás. For-man un museo ao aire libre de esculturas de formas caprichosas como resultados da acción da auga e o vento. Están declarados LIC (Lugar de Importancia Comunitaria).Denomínaselles cantís de papel pola aparencia que teñen as rocas. O vento e o mar modelan os cantís da costa de Xove, reunindo pliegues e suavizando a superficie. Así é como a potencia dos elementos modifica o contorno da terra: coma se fosen de papel.

Cantís de papelXove

que ler?

que ver?

Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada pre-viamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emoti-va e, sobre todo, imprevisible, Un lume azul é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos.

Un lume azulPedro Feijoo

que escoitar?

Iván Ferreiros recapitula neste box o mellor e máis variado da súa carreira en solitario. Nos dous primeiros discos reúnense as mellores cancións dos seus discos en solitario, unha elección difícil porque as súas cancións impregnaron a moita xente e sempre é difícil resumir unha carreira en dous discos. O terceiro volume é unha selección das súas colaboracións con outros artistas, tanto nos seus discos como en discos alleos. O cuarto son cancións que foron creadas para discos tributo, bandas sonoras, ou experimentos varios. O quinto é toda unha xoia, porque son as súas Per-versións catastróficas.

Iván Ferreiro15 Años Entre Canciones Para el Tiempo Y La Distancia

Finais do século XIX, durante a Segunda Revolución Industrial. Unha das primeiras disputas corporativas da historia. O enfrontamento persoal e comercial entre Thomas Edison (Benedict Cumberbatch) e George Westinghouse (Michael Shannon). O seu obxectivo: facerse coa propiedade sobre a implantación do sistema eléctrico dos Estados Unidos. Durante esta intensa guerra comercial tamén tiveron unha importante participación dous personaxes fundamentais: Nikola Tesla (Nicholas Hoult), un dos máis importantes e controvertidos inventores da historia e o investidor e banqueiro J. P. Morgan (Matthew Macfadyen). Este drama histórico diríxeo o nomeado ao Emmy Alfonso Gómez-Rejón.

La Guerra de las Corrientes Cine dramático ou histórico

Page 32: nº 13 xaneiro 2020 Ano difí cil para A Mariñaamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AXM_xaneiro... · 2020. 1. 14. · acordo entre PSOE e BNG no Goberno local. Pax. 4 valadouro

32 xaneiro 2020 reportaxe

DESCUBRINDO O PATRIMONIO

A Porta de Carlos V, tamén cha-mada Porta Maior ou Porta do Castelo da Ponte (polo seu as-pecto de fortaleza) é unha das tres portas que se conservan da anti ga muralla da vila de Vivei-ro, edifi cada en 1548 por obra de Pedro Pedroso. Realizouse en homenaxe a Carlos I de España e V de Alemaña substi tuíndo outra anterior do século XIII, que por mor da acción erosiva das mareas e dos avatares históricos se fora deteriorando.A muralla ti ña un total de cinco portas pero só se conservan tres.A Porta da Vila ou Porta do Cris-to do Amparo é a entrada princi-pal á cidade pola anti ga calzada romana. O muro é de fábrica de cantaría de granito cun van forma-

do por un sinxelo arco de medio punto con bóveda de canón. No interior hai unha campa de lousa coa seguinte inscrición: Era MC-CLV in tempo RAF, que se transcri-be coma: Era 1255 (ano 1217) en tempo do rei Afonso, referíndose a Afonso IX, rei de León e Galicia.A segunda que se conserva é a Porta do Valado, que está consi-derada dende o ano 1949 coma Ben de Interese Cultural dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España. Daba á anti ga calzada romana e non ten ningunha inscrición rela-ti va á época de construción, polo que se considera do século XIII, aínda que de orixe romana. A Porta de Carlos V é sinxela, de esti lo renancenti sta-plateresco,

con tres corpos ben diferencia-dos. Aos lados da porta hai dous escudos coas armas da cidade enmarcadas con columnas plate-rescas; na banda dereita, o león con coroa real sobre a ponte, e na esquerda os cinco copóns. Estes dous escudos están recollidos no que posteriormente se conver-teu no escudo de Viveiro. Sobre o arco fi gura unha inscrición moi gastada: Hizose esta puerta sien-do Corregidor el Licenciado Ca-nosa de Tordesillas. Por riba da inscrición, no medio e medio da obra, áchase o escudo de Carlos V e o busto do emperador. No en-vés da porta, atópase un cama-rín plateresco con dous escudos e a imaxe do século XVIII de San Roque, anti gamente da Virxe dos

Desamparados.O emperador Carlos I de España e V de Alemaña concedera unha real cédula á vila de Viveiro para eximila do pagamento de impos-tos durante un período de tres anos, tras sufrir un grave incen-dio de setembro de 1540.Aos poucos meses de iniciados os traballos, paralizouse a acti vidade construti va, manténdose en esta-do de espera até que o 24 de abril de 1554, o corrixidor da localida-de, Andrés Carasa de Tordesillas, decidiu reanudar os traballos.A imaxe de San Roque substi tuíu á da Virxe dos Desamparados por-que se cre que foi este santo quen liberou a vila da peste bubónica. A imaxe de San Roque esti vo na fachada da casa do corrixidor até

1867. Malia ser reedifi cada con fi ns ornamentais, foi empregada durante a Guerra de Indepen-dencia Española como punto de defensa fronte ás tropas de Napo-león. O 18 de febreiro de 1809, Vi-veiro foi atacado por dous fl ancos ao mesmo tempo: pola desapare-cida Porta de San Domingos, por forzas procedentes desde Mon-doñedo, e pola Porta de Carlos V, polas tropas que procedían de Fe-rrol. Intentouse derrubar en dúas ocasións, a primeira no ano 1856, a peti ción do concello da vila no século XX pensouse outrora no seu derrubamento, porén no ano 1942 foi declarada Monumento Nacional. Hoxe está declarada Monumento Histórico Artí sti co Nacional.

As portas de ViveiroA cidade do Landro tiña unha muralla, levantada no ano 1548, con cinco portas, das que tan só se conservan tres

De esquerda a dereita a Porta da Vila ou Porta do Cristo, a Porta do Valado e a Porta de Carlos V, Porta Maior ou Porta do Castelo da Ponte