multisim

9
Cristina Carballa Arosa, Sonia Serén Fernández

Upload: cristinacarballa

Post on 27-Jun-2015

551 views

Category:

Business


6 download

TRANSCRIPT

Cristina Carballa Arosa, Sonia Serén Fernández

O obxetivo fundamental é realizar unha introdución ás características do programa multisim9 para que poidamos familiarizarnos co seu manexo.

Comezaremos este traballo realizando a configuración da área de traballo procedendo do seguinte xeito:

1.Clicaremos sobre a barra de ferramentas Opcions/Sheet Properties;

Se entramos na pestana de circuitos podemos escoller o que queremos que aparezca en pantalla á hora de realizar un circuito; así vemos que nos indica dentro dos compoñentes as etiquetas, referencias, valores e atributos. Posteriormente indicaremos a cor que desexamos elixir nos elementos e na pantalla do circuito. Se queremos modificar algo aceptaremos as opción indicadas.

Na segunda pestana que se chama Workspace poderemos elixir o marco da pantalla e o tamaño do papel no que queiramos deseñar así como a posición do papel e unidades de medida.

Na terceira pestana que abrimos chamada Wining en wire width cambiaremos o grosor das liñas que debuxaremos; e en Bus width cambiaremos o grosor do bus.

Na seguinte pestana encontraremos Font que nos indicará o tamaño de letra así como o tipo de letra que desexamos utilizar.

Na pestana de PCB configuramos para o posterior deseño de placa de circuito impreso. As opcións son:-Conexionado de masa dixital con terra.-Unidades de medida.-Número de caras (dúas caras por placa) de cobre que imos empregar.

Na última pestana que vemos chamada visibility encontramos as opcións a visualizar nas distintas capas do circuito impreso.