mulleres escritoras de cómics

6
autoras de cómics O 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, é unha data que serve para recoñecer a loita da muller pola igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento social. Por isto, decidimos preparar un Top 10 de mulleres traballadoras que realizan cómics.. Precisamente no mundo da viñeta os últimos anos foron especialmente positivos neste senso, e se hai uns anos a presenza feminina era máis ben minoritaria, a día de hoxe o número de autoras e de lectoras medrou de xeito espectacular, de maneira tal que tivemos que deixar fóra da nosa lista a moitas historietistas do noso agrado.

Upload: bibliotecadeaguinho

Post on 17-Jul-2015

309 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Mulleres escritoras de cómics

autoras de cómics

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora , é unha data que serve para recoñecer a loita da muller pola igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento social. Por isto, decidimos preparar un Top 10 de mulleres traballadoras que realizan cómics..

Precisamente no mundo da viñeta os últimos anos foron especialmente positivos neste senso, e se hai uns anos a presenza feminina era máis ben minoritaria, a día de hoxe o número de autoras e de lectoras medrou de xeito espectacular, de maneira tal que tivemos que deixar fóra da nosa lista a moitas historietistas do noso agrado.

Page 2: Mulleres escritoras de cómics

10 / Mamen Moreu

Coñecida

principalmente pola

súa colaboración en

revistas como El Jueves ou Tmeo, esta novísima

autora e libreira

oscense dará moito

que falar nos

próximos meses

coa publicación do

seu primeiro álbum

en solitario,

titulado Resaca.

09 / Fiona Staples

Esta canadiana é

unha das

ilustradoras máis

recoñecidas da

actualidade, con

numerosos premios

recibidos polo seu

excelente traballo

na space-opera Saga.

Page 3: Mulleres escritoras de cómics

08 / Mireia Pérez

Ao igual que Cristina e

que Ana Miralles,

Mireia Pérez é valenciana. Ademais de

historietista e

ilustradora é libreira e,

tras participar en

numerosas publicacións

e fanzines, gañou o

Premio Fnac-Sins Entido de Novela Gráfica en 2011 pola súa obra La muchacha salvaje, convertíndose nunha das autoras máis prometedoras do

noso tebeo.

07 / Cristina Durán

Un bo exemplo de

perseverancia. Tras

unha gran traxectoria

como ilustradora para

diversos medios decidíu,

xunto á súa parella

Miguel Ángel Giner, contarnos a doenza da

súa primeira filla Laia en

Una posibilidad entre mil, unha tenra historia autobiográfica, coma

o proceso de adopción dun neno etíope que seguiron anos despois e

que narraron en La máquina de Efrén.

Page 4: Mulleres escritoras de cómics

06 / Rutu Modan

Esta israelí,

editora,

historietista e

ilustradora, fíxose

un nome por

dereito propio

dentro do cómic

internacional. Con

tan só tres das

súas obras

dispoñibles en

castelán, Metralla, Jamilti e, máis

recentemente, La Propiedad, podemos aprezar nelas un notable sentido do humor e un

estilo gráfico que foi derivando do naif á líña clara.

05 / Marguerite Abouet

Sen dúbida unha das

autoras preferidas de

Komic Librería, esta guionista costamarfileña

sorprendeu hai uns anos

coa súa serie Aya de Yopougon, onde mostraba

unha visión coral, divertida

e vitalista do seu país a

comezos dos anos oitenta.

Actualmente tén aberta

outra serie, tamén con

protagonista feminina pero ambientada en París, titulada Bienvenida.

Page 5: Mulleres escritoras de cómics

04 / Ana Miralles

Unha das grandes

damas da

historieta

española, esta

valenciana iniciou a

súa carreira nos

anos 80, en

publicacións como

Cairo e, tras realizar varios

álbumes,

emprendeu a

aventura francesa

prestando os seus

lapis e pinceis á serie Djinn, con guión de Jean Dufaux.

03 / Camille Jourdy

Foi unha auténtica

revelación descubrir

a esta autora a

través da súa

triloxía Rosalie Blum, unha deliciosa

obra de guión

sorprendente e

coidadoso debuxo

que pasou a ser, por méritos propios, un dos cómics de referencia

para Komic Librería.

Page 6: Mulleres escritoras de cómics

02 / Marjane Satrapi

Esta autora iraniana,

aínda que afincada en

Francia, é posiblemente

a máis coñecida dos

últimos anos, grazas á

súa famosísima obra

autobiográfica

Persépole, onde nos conta as súas lembranzas de infancia e mocidade nun Irán que, tras

a revolución de 1979, pasou de ser un país progresista a un estrito

rexime fundamentalista. Adaptada ao cinema pola propia autora, foi

traducida a moitísimas linguas, e é unha obra fundamental para

entender o auxe da novela gráfica na banda deseñada europea.

Outras obras de Marjane Satrapi son Bordados, Pollo con ciruelas ou o libro infantil Ajdar.

01 / Emma Ríos

Arquitecta, guionista e

debuxante nada en Vilagarcía

de Arousa, estamos ante a

autora máis salientable da

banda deseñada galega e unha

das máis importantes a nivel

nacional. Formou parte do

colectivo Polaqia, e colaborou con numerosos fanzines e revistas antes de pegar o chimpo cara o

mercado americano coa serie Hexed, á que lle seguiron continuas colaboracións para a editorial Marvel en títulos como Spider-man, Doctor Extraño ou Firestar. Actualmente o seu debuxo está a

deixarnos sen fala no escuro western Pretty Deadly, con guión doutra muller, Kelly Sue DeConnick.