mulleres 5 5

5
Joan Robinson Joan Robinson (1903 – 1983) (1903 – 1983) Joan Violet Robinson (1903-1983) foi unha economista inglesa, participante do "Circus" de John M. Keynes na década dos anos trinta e corenta. Nas décadas seguintes, tras a morte de Keynes, Robinson formou parte da denominada escola postkeynesiana de Cambridge. Constitúe un paradigma de economista heterodoxa, xa que as súas teorizacións reuniron elementos das máis diversas escolas, opoñéndose xeralmente ás distintas ortodoxias dominantes na economía a medida que transcurría o século XX. Os seus primeiros aportes en economía foron na área da competencia imperfecta, opoñendo unha variante á tradición neoclásica-marshalliana que dicotomizaba a economía na competencia perfecta ou o monopolio absoluto. Robinson participou como colaboradora na obra máxima de Keynes (1936) Teoría xeral da ocupación, xuro e o diñeiro, recibindo o recoñecemento do autor no prólogo da obra. En 1942 publicou un ensaio sobre economía marxista tentando rescatar os aspectos conceptuais, puramente económicos, da obra de Karl Marx desligándose de dogmatismos que impedían realizar unha lectura académica de O Capital. Quizais as súas achegas máis recoñecidas viñeron do seu traballo na teoría do capital e do crecemento económico nas décadas dos cincuenta e sesenta. Non aceptou a teoría neoclásica do capital, que fora adoptada polos economistas da síntese Clásico-Keynesiana con Robert Solow e Paul Samuelson á cabeza. Protagonizou cos devanditos economistas a chamada controversia entre as dúas Cambridges en relación á teoría do capital e as súas implicacións para a teoría do crecemento.

Upload: ies-curtis

Post on 19-Jun-2015

582 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Mulleres 5 5

Joan RobinsonJoan Robinson(1903 – 1983)(1903 – 1983)

Joan Violet Robinson (1903-1983) foi unha economista inglesa, participante do "Circus" de John M. Keynes na década dos anos trinta e corenta. Nas décadas seguintes, tras a morte de Keynes, Robinson formou parte da denominada escola postkeynesiana de Cambridge. Constitúe un paradigma de economista heterodoxa, xa que as súas teorizacións reuniron elementos das máis diversas escolas, opoñéndose xeralmente ás distintas ortodoxias dominantes na economía a medida que transcurría o século XX.Os seus primeiros aportes en economía foron na área da competencia imperfecta, opoñendo unha variante á tradición neoclásica-marshalliana que dicotomizaba a economía na competencia perfecta ou o monopolio absoluto.Robinson participou como colaboradora na obra máxima de Keynes (1936) Teoría xeral da ocupación, xuro e o diñeiro, recibindo o recoñecemento do autor no prólogo da obra. En 1942 publicou un ensaio sobre economía marxista tentando rescatar os aspectos conceptuais, puramente económicos, da obra de Karl Marx desligándose de dogmatismos que impedían realizar unha lectura académica de O Capital.Quizais as súas achegas máis recoñecidas viñeron do seu traballo na teoría do capital e do crecemento económico nas décadas dos cincuenta e sesenta. Non aceptou a teoría neoclásica do capital, que fora adoptada polos economistas da síntese Clásico-Keynesiana con Robert Solow e Paul Samuelson á cabeza. Protagonizou cos devanditos economistas a chamada controversia entre as dúas Cambridges en relación á teoría do capital e as súas implicacións para a teoría do crecemento.

Page 2: Mulleres 5 5

Ana María Matute(Barcelona, 1926)

Nacida en Barcelona en 1926, deuse a coñecer na escena literaria española con Los Abel, novela inspirada na historia bíblica dos fillos de Adán e Eva, na cal reflectiu a atmosfera española de posguerra desde o punto de vista da percepción infantil. Este enfoque mantívose constante e foi común a outros representantes da súa xeración, a xeración dos "nenos asombrados". Con dezasete anos escribiu a súa primeira novela, Pequeño teatro, pola que lle ofreceron un contrato de 3.000 pesetas que ela aceptou.

Partindo do realismo logrou desenvolver un estilo persoal que se penetrou no imaxinativo e configurou un mundo lírico, emocional e delicado. A súa obra resulta así ser unha rara combinación de denuncia social e de mensaxe poética, ambientada con frecuencia no universo da infancia e a adolescencia da España da posguerra.

Á vez cultiva o relato curto e publicaba títulos como El tiempo o Historias de la Artámila. Igualmente, a comezos dos sesenta, editou dous libros corte autobiográfico: La mitad del camino e El río. De volta á produción novelística Ana María Matute aventurouse a escribir a triloxía Los mercaderes. Despois chegaría La torre vigía, onde narra a historia dun adolescente que debe iniciarse nas artes da cabalería. Aínda que segue a liña das anteriores, dáse nela un cambio histórico de ambientación cara ao período medieval, trazo que se converteu no universo dos seus libros máis recentes, publicados tras un dilatado período de silencio literario: Olvidado Rei Gudú (1997) e Aranmanoth (2000).

Así mesmo ao longo da súa carreira viron a luz tamén contos para nenos. Moitos deles recompilados baixo os títulos Los niños tontos, Caballito loco, Tres y un sueño, Sólo un pie descalzo e Paulina.

Page 3: Mulleres 5 5

INDIRA GANDHI(Allahabad, India,1917 - Nova Delhi, 1984)

Foi a única filla de Kamala Nehru e Jawaharlal Nehru, o primeiro ministro de India, tras a súa indepencia . Tomou o seu nome do seu marido Feroze Gandhi (sen ningún parentesco con Mahatma Gandhi). Educouse nos principais colexios en India, Suíza e Inglaterra.Ocupou o cargo de primeira ministra de India desde o 19 de xaneiro de 1966 até o 24 de marzo de 1977, e desde o 14 de xaneiro de 1980 ata o seu asasinato o 31 de outubro de 1984.Foi unha estratega e pensadora política brillante. Ao ocupar unha posición tan elevada nunha sociedade aínda moi patriarcal, pódese pensar que Indira Gandhi foi unha "xefa pasiva", pero as súas accións continuamente demostraron o contrario. Utilizou todos os medios á súa disposición para consolidar a súa poder e autoridade como primeira ministra; e como unha das mulleres máis poderosas do mundo, non dubidou en materializar os seus fins politicos a escala nacional e internacional.Conduciu á India á industrialización e aos cambios sociais ( política de control da natalidade, que incluía programas de esterilización) . Durante o goberno do seu pai, primeiro mandatario indio tras a independencia do país, axudou a centralizar o poder, debido á situación crítica da nación. Tivo boas relacionas politicas coa Unión Soviética, pero as súas relacións con Estados Unidos tornáronse excepcionalmente frías, debido a que Indira era unha pensadora de esquerdas.En 1975 declarou ao país en estado de emerxencia, iniciando así unha ditadura que durou ata 1977, ano no que Indira decidiu chamar ao plebiscito popular, sufraxio que perdeu, sendo reelixida en 1980, grazas á súa popularidade extrema entre as clases baixas e á incompetencia do goberno "provisional" para manter a estabilidade no país.Indira loitou e represaliou, valéndose do exército, o nacionalismo sij en Punxab, xa que estes querían un país confesionalmente sij . A súa loita contra este grupo custoulle a vida: foi asasinada, con 31 impactos de bala, ao tres meses da súa reelección en 1984 ,por dous gardacostas sijs, que foron abatidos pouco despois.

Page 4: Mulleres 5 5

María Miramontes(Guísamo, 1895 - Bos Aires, 1964)

María de los Dolores Miramontes Matos naceu en Santa María de Guísamo Os seus pais, Vicente e Antonia, xornaleiros, van vivir á Coruña a comezos do século XX. Nesta cidade, María comeza a traballar con 11 anos nun obradoiro de costura. Alí coñece tamén ao home co que vai compartir vida e militancia: Ánxel Casal.Con el casa en setembro de 1920. A parella non só mantén a súa vida en común senón que alimenta economicamente iniciativas múltiples do nacionalismo e da cultura de Galicia: as Irmandades da Fala, a editorial Lar, despois a editorial Nós e unha escola aberta e popular con ensino bilingüe e educación progresista e laica. A proclamación da República o 14 de abril de 1931 faille vivir, xunto con Ánxel, días de esperanza e de ilusión na cidade da Coruña. Aos poucos meses deciden trasladarse a Compostela. Cando no mes de decembro deste 1931 nace o Partido Galeguista, María traballa a prol de convencer ao pobo de Galicia, e moi especialmente ás mulleres, da necesidade que Galicia ten de dotarse dunha forza política propia.A súa xornada laboral como modista compatibilízaa coa súa militancia política e coa súa participación nas tertulias da Editorial Nós.O 17 de xullo Ánxel Casal facía entrega do Estatuto de Galicia, xunto a toda a Comisión designada para esta función, ao Presidente das Cortes e ao Presidente da República. O 18 de xullo ten lugar a sublevación militar franquista. María e Ánxel vanse a Vilantime (Arzúa), aldea da familia de Ánxel Casal. O martes 4 de agosto, tras ser delatado por un veciño, Ánxel foi detido e conducido á cadea de Santiago, "a falcona" para ser despois asasinado. No mes de novembro de 1936 embarca vía Lisboa, rumbo a Bos Aires, onde ten parte da súa familia emigrada. . María morreu o 17 de setembro de 1964 na capital porteña.

Page 5: Mulleres 5 5

Rita Levi-Montalcini(1909)

Neuróloga italiana que logrou o Premio Nobel de Medicina en 1986. É a descubridora do Factor de Crecemento Nervioso (NGF). Sigue activa e di que o seu cerebro funciona mellor que cando era novo.Comprometida co mundo no que vivimos, Levi-Montalcini impulsou na ONU a Carta Magna dos Deberes Humanos para salvar ao planeta dos perigos creados pola intervención do home.Desenvolveu a súa carreira en condicións especialmente díficiles, tivo que superar a resistencia do seu pai para matricularse en Medicina e logró doctorarse con 28 año. De ascendencia xudía, as leis de Mussolini expulsárona da Universidade e seguiu investigando nun laboratorio caseiro. Nunha ocasión, conseguiu un feto para traballar, meteuno no bolso e mentres viaxaba no tranvía asomou unha parte. Saíu daquela situación, trasladouse a Estados Unidos e malia as adversidades logrou o Nobel aos 75 anos.

A Fundación Rita Levi-Montalcini Onlus, creada por ela e a súa irmá Paola en 1992, concedeu máis de 6.000 bolsas para a instrución de nenas e mulleres novas africanas. A Nobel cre firmemente que a educación é a clave do progreso e recorda que o impedimento do acceso á escola primaria "se ceba especialmente nas mulleres".