mulleres 4 5

5
Elinor Ostrom Elinor Ostrom (1933) (1933) Elinor Ostrom (Os Ánxeles, California, USA, 7 de agosto de 1933) é unha politóloga estadounidense. É profesora de Ciencia Política na Universidade de Bentley e codirectora del "Workshop in Political Theory and Policy Analysis" na Universidade de Indiana. Tamén é a directora fundadora do centro de estudios de diversidade institucional na Universidade Estatal de Arizona. É considerada unha experta en acción colectiva, confianza e fontes colectivas; o seu achegamento institucional á política pública considerouse tan destacado como para considerarse como unha "escola" na teoría da elección pública. Ten editados numerosos libros nos campos dos estudos organizacionais, ciencia política e adminsitración pública. En 2009, Ostrom converteuse na primeira muller en recibir o Premio Nobel de Economía, compartido con Oliver E. Williamson, pola "súa análise da gobernanza económica e dos recursos compartidos". Considérase que Ostrom é unha das estudosas máis destacadas na área de recursos compartidos, en particular, respecto a cómo os seres humanos interactúan a fin de manter a longo prazo os niveis de producción de recursos comúns, tales como bosques e recursos hidrolóxicos, incluíndo pesca e sistemas de irrigación, áreas de pastizais, etc. Tradicionalmente os economistas consideraron que manter tales recursos require xa sexa da intervención estatal ou do interese privado individual. Ostrom ten estudiada a maneira na que diversas sociedades desenvolveron formas institucionais ao respecto e casos concretos nos que as comunidades instituíron prácticas comunais que teñen permitido a preservación de recursos comúns e evitaron o colapso ecolóxico.

Upload: ies-curtis

Post on 19-Jun-2015

291 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Mulleres 4 5

Elinor OstromElinor Ostrom(1933) (1933) 

Elinor Ostrom (Os Ánxeles, California, USA, 7 de agosto de 1933) é unha politóloga estadounidense. É profesora de Ciencia Política na Universidade de Bentley e codirectora del "Workshop in Political Theory and Policy Analysis" na Universidade de Indiana. Tamén é a directora fundadora do centro de estudios de diversidade institucional na Universidade Estatal de Arizona.É considerada unha experta en acción colectiva, confianza e fontes colectivas; o seu achegamento institucional á política pública considerouse tan destacado como para considerarse como unha "escola" na teoría da elección pública. Ten editados numerosos libros nos campos dos estudos organizacionais, ciencia política e adminsitración pública.En 2009, Ostrom converteuse na primeira muller en recibir o Premio Nobel de Economía, compartido con Oliver E. Williamson, pola "súa análise da gobernanza económica e dos recursos compartidos". Considérase que Ostrom é unha das estudosas máis destacadas na área de recursos compartidos, en particular, respecto a cómo os seres humanos interactúan a fin de manter a longo prazo os niveis de producción de recursos comúns, tales como bosques e recursos hidrolóxicos, incluíndo pesca e sistemas de irrigación, áreas de pastizais, etc.Tradicionalmente os economistas consideraron que manter tales recursos require xa sexa da intervención estatal ou do interese privado individual. Ostrom ten estudiada a maneira na que diversas sociedades desenvolveron formas institucionais ao respecto e casos concretos nos que as comunidades instituíron prácticas comunais que teñen permitido a preservación de recursos comúns e evitaron o colapso ecolóxico.

Page 2: Mulleres 4 5

Michelle Bachelet(Santiago de Chile, 1951)

A xeración de chilenos á que pertence afrontou durante a mocidade o golpe de estado do xeneral Pinochet (1973). Por entón, Michelle Bachelet estudaba Medicina e puido ver desde a facultade o bombardeo ao Palacio da Moneda, que puña fin á democracia chilena. A súa familia resultou especialmente represaliada: o seu pai, o xeneral A. Bachelet, morreu en prisión por mor das torturas. Ela, militante da Mocidade Socialista, e a súa nai afrontarían este horror en 1975, cando foron detidas pola DINA (forzas policiais da ditadura) e recluídas nos centros de Vila Grimaldi e Catro Álamos. Tras a experiencia exiliáronse en Australia e Alemaña, onde Michelle continuou a carreira de Medicina.

A volta a Chile tivo lugar en 1979. O inicio da súa carreira profesional comezou tras graduarse como cirurxiá en 1982. Exercendo como pediatra, Bachelet mantívose afastada do activismo político, polo menos na súa faceta visible de resistencia á ditadura, e a cambio desenvolveu un labor de atención ás vítimas da represión a través dunha ONG adicada a axudar a nenos de pais represaliados.

A eclosión da súa traxectoria política chegou coa democracia en 1990: a súa vinculación ao PS (Partido Socialista) permitiulle a implicación na nova política chilena. A etapa de Ricardo Lagos como presidente supuxo a súa consagración política. Entre os anos 2000 e 2002 é ministra de Sanidade: mellora a atención primaria e inicia a reforma do sistema de saúde. En 2002 convértese en Ministra de Defensa: baixo o seu ministerio conmemorouse o trixésimo aniversario do golpe de estado de Pinochet; Bachellet coordinou varios actos de conciliación entre o mundo civil e militar e tamén de recoñecemento ás vítimas da ditadura, subliñando a violación de dereitos humanos que vivira o seu país. A popularidade, reforzada polo seu carácter directo e mordaz, levárona a finais de 2005, a presentar a súa candidatura á presidencia do goberno; tras a esperada victoria electoral, desde 2006, e por primeira vez na historia da nación chilena, unha muller dirixe a política do país.

Page 3: Mulleres 4 5

Ánxeles Penas(Teixeiro, 1948)

Poetisa, pintora e escultora que ten a terra sempre presente na súa obra.Dende moi nova ve editados os seus poemas en revistas estudantís e realiza numerosas actividades en pro da cultura galega.Publica inicialmente os poemarios en castelán Con los pies en la frontera (1976) e Ya soy para tu muerte (1980). O seu primeiro poemario galego, Galicia, fondo val, sae no 1982. O segundo foi O santuario intocable (1992). Ten aínda varios libros de poemas inéditos e dúas obras teatrais, A volta de Edipo, coa que gañou o premio Abrente, e Algún deus está a soñar.Colaborou, ademais, en libros de homenaxe a poetas –con gravacións sonoras como as do volume Rosalía na voz dos poetas (1983)- e pintores galegos e realizou para TVG o programa Campanarios de Galicia.Como pintora e escultora participa con éxito en numerosas exposicións individuais e colectivas.Ultimamente desenvolve tamén o labor de crítico de arte.

Page 4: Mulleres 4 5

María de Julia(S. II d.C.)

É unha das primeiras alquimistas de nome coñecido,

autora de varios libros que se perderon na destrución da Biblioteca de Alexandría, aínda que é coñecida por ser citada por diferentes científicos e alquimistas como, Georges de Syncelles, Zósimo de Panápoliscronista bizantino do século VIII ou o enciclopedista árabe Al-Nadim de fins do século IX.No século II d.C., a alquimista de Alexandría María de Julia inventou complicados aparatos de laboratorio para a destilación e sublimación de materias químicas e precisamente o "baño María" (Balneum Mariae) que leva o seu nome e que se emprega na actualidade. Ademais do baño María, atribúeselle a invención do "kerotakis ou aparato de refluxo".Os árabes coñecérona tamén por Filla de Platón, nome que nos textos alquímicos occidentais estaba reservado para o xofre branco, primeiro estado da tintura ao branco saída directamente da flor os cinco pétalos da cal se ven no gravado superior. María pasa así a ser identificada coa materia que traballa.

Page 5: Mulleres 4 5

Barbara Hendricks1948

Naceu en en Arkansas(E.E.U.U.). É unha soprano lírica e intérprete de jazz coñecida tamén polo seu traballo como activista polos dereitos humanos. Actualmente é cidadá sueca.

Graduouse aos vinte anos na Universidade de Nebraska en matemáticas e química. Logo asistiu á Juillard School en Nueva York onde estudou canto baixo a tutela da mezzosoprano Jennie Tourel e participou nas clases maxistrais de María Callas. En 1974 debutou en Europa e nos Estados Unidos. A partir de entón, cantou nos teatros de ópera máis importantes do mundo: a Ópera de París, na Ópera de New York, Royal Opera House de Londres e na Scala de Milán traballando con directores como Herbert Von Karajan e Neville Marriner. En 1987 foi condecorada coa Legión de honor francesa e en 2000 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes.No seu repertorio inclúe pezas de jazz, estilo no que debutou no Festival de Jazz de Montreux en 1994. É así mesmo unha notable intérprete de música de cámara. Tamén participou en varias películas.

Traballou intensamente polos refuxiados e apoia o traballo do Alto Comisionado das Naciones Unidas para os Refuxiados (ACNUR). Foi nomeada Embaixadora vitalicia honoraria da devandita organización. En 1998 fundou a Fundación Barbara Hendricks para a Paz e a Reconciliación, para facilitar a reconciliación naqueles lugares onde aconteceron conflitos. Dende o 2000, é membro do consello da Fundación para a Educación dos Refuxiados, organización dedicada a educación post-primaria dos novos refuxiados do mundo.