mulleres 3 5

5
Dolores Ibárruri “A Pasionaria” Dolores Ibárruri “A Pasionaria” (1895 – 1989) (1895 – 1989) Dolores Ibárruri Gómez , chamada A Pasionaria, naceu en Gallarta, Biscaia, o 9 de decembro 1895 e morreu en Madrid en 1989. Foi unha destacada dirixente política na II República Española e na Guerra Civil e histórica dirixente do Partido Comunista de España. A súa loita política uniu a loita polos dereitos das mulleres para demostrar que “as mulleres, fosen da condición que fosen, eran seres libres para elixir o seu destino”. En xuño de 2005 no XVII Congreso do Partido Comunista foi elixida Presidenta de Honra a perpetuidade. Casou en 1916 cun líder mineiro socialista e nesta época comezou a adquirir coñecementos de marxismo que cuestionaron a súa educación tradicionalista e católica, quedando, en 1919, impresionada polo trunfo da Revolución Bolchevique en Rusia. En 1920 participou na fundación do Partido Comunista Español que ao ano seguinte se uniría ao Partido Comunista de España. Formou parte do seu Comité Central en 1930. En 1931 trasladouse a Madrid e traballou no xornal do Partido, Mundo Obreiro. En 1933 foi presidenta da recén fundada Unión de Mulleres Antifascistas. Nas eleccións de febreiro de 1936 foi elixida deputada por Asturias. Figura relevante durante a Guerra Civil, foi vicepresidente das Cortes Republicanas en 1937. Durante este período converteuse nun mito para unha parte de España, sendo famosa polas súas arengas en favor da causa republicana. Seu foi o lema «Non pasarán!» acuñado durante a defensa de Madrid. Tras finalizar a Guerra Civil española, exiliouse na URSS. No exilio foi Secretaria Xeral do PCE. En 1960 presentou a súa dimisión, para pasar a ocupar o cargo de Presidenta do partido. Tras a morte de Franco, volveu a España en 1977 e foi elixida de novo deputada por Asturias. nas primeiras eleccións democráticas.

Upload: ies-curtis

Post on 19-Jun-2015

403 views

Category:

Education


10 download

TRANSCRIPT

Page 1: Mulleres 3 5

Dolores Ibárruri “A Pasionaria”Dolores Ibárruri “A Pasionaria”(1895 – 1989)(1895 – 1989)

Dolores Ibárruri Gómez , chamada A Pasionaria, naceu en Gallarta, Biscaia, o 9 de decembro 1895 e morreu en Madrid en 1989. Foi unha destacada dirixente política na II República Española e na Guerra Civil e histórica dirixente do Partido Comunista de España. A súa loita política uniu a loita polos dereitos das mulleres para demostrar que “as mulleres, fosen da condición que fosen, eran seres libres para elixir o seu destino”. En xuño de 2005 no XVII Congreso do Partido Comunista foi elixida Presidenta de Honra a perpetuidade.Casou en 1916 cun líder mineiro socialista e nesta época comezou a adquirir coñecementos de marxismo que cuestionaron a súa educación tradicionalista e católica, quedando, en 1919, impresionada polo trunfo da Revolución Bolchevique en Rusia.En 1920 participou na fundación do Partido Comunista Español que ao ano seguinte se uniría ao Partido Comunista de España. Formou parte do seu Comité Central en 1930. En 1931 trasladouse a Madrid e traballou no xornal do Partido, Mundo Obreiro. En 1933 foi presidenta da recén fundada Unión de Mulleres Antifascistas. Nas eleccións de febreiro de 1936 foi elixida deputada por Asturias. Figura relevante durante a Guerra Civil, foi vicepresidente das Cortes Republicanas en 1937. Durante este período converteuse nun mito para unha parte de España, sendo famosa polas súas arengas en favor da causa republicana. Seu foi o lema «Non pasarán!» acuñado durante a defensa de Madrid.Tras finalizar a Guerra Civil española, exiliouse na URSS. No exilio foi Secretaria Xeral do PCE. En 1960 presentou a súa dimisión, para pasar a ocupar o cargo de Presidenta do partido. Tras a morte de Franco, volveu a España en 1977 e foi elixida de novo deputada por Asturias. nas primeiras eleccións democráticas.

Page 2: Mulleres 3 5

Soledad Puértolas(Zaragoza 1947)

Soledad Puértolas Villanueva naceu en Zaragoza o 3 de febreiro de 1947. Trasladouse a Madrid cando tiña catorce anos. Comezou Políticas en Madrid, pero por problemas políticos non puido continuar os estudos. Estudou Ciencias Económicas en Bilbao pero non terminou a carreira. Estudou Xornalismo na Escola da Igrexa e foi redactora da revista España Económica de 1968 a 1970. Nesa mesma época viuse obrigada a abandonar a carreira de Ciencias Políticas por un expediente. Casou aos vinte e un anos. O matrimonio trasladouse a Rondheim, unha pequena cidade en Noruega, debido a unha bolsa que lle foi adxudicada ao seu marido. Logo da súa volta a España, con outra bolsa do seu marido, trasládanse a Santa Bárbara, California. Alí nace o seu primeiro fillo, o tamén escritor Diego Pita.Tras uns tres anos de estancia en California, regresou a Madrid en 1975 e dedicouse á escritura. Gañou o Premio Sésamo en 1979. Foi asesora do Ministerio de Cultura -con Javier Solana como titular- e coordinou a área de Lingua Castelá para a Difusión do Español no mundo.En 1989 gañou o Premio Planeta con Queda la noche, e o Premio Anagrama de Ensayo 1993 con La vida oculta. No 2003, recibiu o Premio de las Letras Aragonesas 2003. A partir de 2006, e ata 2012, forma parte do padroado do Instituto Cervantes.Dirixiu a editorial Destino e colabora coa revista Qué leer.O 28 de xaneiro de 2010 foi nomeada Académica de la Lengua tras haber resultado elixida na terceira rolda de votacións, cubrindo a vacante do científico Antonio Colino na Real Academia Española.

Page 3: Mulleres 3 5

Isabel Ríos Lazcano (Curtis, 1907- Madrid, 1997)

Destacada dirixente comunista durante a II República, foi unha grande defensora da legalidade republicana e firme loitadora a prol dos dereitos humanos.Na súa obra Testimonio de la guerra civil (1986), fala da súa orixe humilde, polo que dende sempre tivo unha conciencia espontánea de clase. Logo de estudar Comercio, aprobou unhas oposicións que lle permitiron exercer como funcionaria de Facenda en varias cidades españolas, para rematar en Lugo.Organizou a primeira célula comunista de Curtis en 1934.Unha vez que os militares sublevados tomaron o control do territorio galego, foi detida e condenada a morte; o 31 de decembro de 1936, pouco antes da hora en que ía ser fusilada, as autoridades conmútanlle a pena pola de reclusión perpetua, mentres que Manuel Calvelo, o seu home, era fusilado ese mesmo día. Ela percorrerá distintos cárceres durante sete anos: Santiago, Saturrarán e Betanzos, e será posta en liberdade condicional en 1943. En 1946 trasládase a vivir á cidade da Coruña onde decide marchar a Bos Aires, para deixar os seus fillos ao coidado da familia que ten alí e ela voltar a Galicia para incorporarse á guerrilla. O 18 de xullo embarcou cos seus fillos rumbo a Río da Prata. Pero a realidade foi moi distinta : non se produciu o regreso a Galicia e reiniciou a súa militancia comunista no seo da emigración. Incorporouse á Federación de Sociedades Galegas, onde participou na comisión feminina e na de cultura. En 1966, un dos fillos trasládase a Chile e ela séguelle os pasos. En 1973 volve outra vez ao exilio, o golpe de Pinochet obrígaa a saír rapidamente deste país e trasládase a Perú. En 1975 regresa a España uns días antes da morte de Franco. Consegue reincorporarse no seu posto laboral no Ministerio de Facenda e establécese en Madrid. "Non me levou á loita ambición ningunha, mellor dito, levoume unha ambición inmensa, a de querer achegar o meu gran de area á transformación dunha sociedade inxusta, deshumanizada, cruel, noutra máis xusta que abarcase a todos os seres e na que todos atopasen a posibilidade de vivir a nivel humano...".Isabel Ríos faleceu en Madrid o 17 de xuño de 1997.

Page 4: Mulleres 3 5

Rachel Carson(1907-1964)

Naceu nunha pequena granxa en Pensilvania. A súa nai inculcoulle o amor pola natureza. Á vez que pasaba grande parte do tempo explorando na extensión da granxa, Carson era unha ávida lectora e, dende pequena, unha talentosa escritora. Comezou a escribir historias sobre animais aos oito anos e publicou o seu primeiro conto aos once. O mundo natural, en particular o océano, foi o tema principal da súa lectura.O seu libro El mar que nos rodea (1951), ademais de converterse en best seller e adaptarse para un documental, acarreoulle o recoñecemento como escritora. Os seus dous libros seguintes formaron unha triloxía que explora a vida mariña en toda a súa extensión.A unidade e a forza que suscitou Primavera silenciosa axudou a cristalizar o movemento ecoloxista e a través del logrouse a prohibición nacional do DDT e outros pesticidas. De igual xeito serviu de inspiración para a creación da Axencia para a protección ambiental.

Page 5: Mulleres 3 5

María Casares(1922-1996)

Nacida na Coruña. Aínda non cumprira os catorce anos cando chegou a Francia fuxindo da barbarie golpista de 1936, por ser filla de Santiago Casares Quiroga, home forte do goberno de Manuel Azaña nos tempos da República e instalouse xunto a súa nai en París. Á aprendizaxe dun novo idioma seguiulle o seu mergullo no teatro galo, abraiando os seus mestres de arte dramática. Chekhov, Dostoievski, Synge, Ibsen, Sartre e Camus foron algúns dos autores dos textos dramáticos cos que María Casares enchía os escenarios dos teatros parisienses na década dos anos 40.

Despois virán tempos dun intenso contacto co exilio español, para chegar a Madrid no ano 1976 coa intención de poñer en escena El Adefesio, de Rafael Alberti. Despois de décadas sen cruzar os Pireneos, sentiuse allea ao rebumbio da transición. En Francia recibe os premios Molière e o Nacional de Teatro. O goberno español concédelle a Medalla ao Mérito en Belas Artes e a Xunta a Medalla Castelao. Os actores e actrices galegos póñenlles o seu nome aos premios que conceden anualmente. O cine aínda lle tiña reservado bos papeis nos seus últimos anos de vida como en La Lectrice ou Someones Else´s America.

Faleceu no ano 1996 preparando a obra El cerco de Leningrado, de José Sanchís Sinisterra. O teatro morreu, titulou un xornal ao día seguinte. Un dos seus últimos xestos foi legar ao concello de Alloue as súas propiedades, hoxe convertidas na Casa dos Actores "María Casares".