modulo 1

9
XEOMETRÍA E ARTE RESPOSTA AO MÓDULO I

Upload: agustinvalino

Post on 26-Jul-2015

295 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

XEOMETRÍA E ARTE

RESPOSTA AO MÓDULO I

Plano orixinal cadrado que é o fondo branco, sobre o que contrasta a figura circular negra : contraste máximo de tons e contraste forte de liñas rectas horizontais e verticais do plano orixinal coa curva do círculo. A estes contrastes se lle engade o freo a expansión dos vértices do cadrado fronte a dilatación ou fuga do círculo.

Composición dinámica ao estar o centro do círculo sobre a vertical ascendente; elévase e marchase cara o futuro.

Xogo de tensións:

1.-círculo pesado (grande e escuro) contrarrestado pola posición na parte superior do PO que lle comunica lixeireza.

2.-O círculo por estar no centro e na periferia, está sometido a dúas tensións: unha cara o centro denso ( centrípeta ) e outra centrífuga por tocar na periferia.

3.-As tensións cos bordes-fronteira superior horizontal e vertical dereito están contrarrestados (?) coa posición do centro do círculo que está na diagonal ascendente, liña de simetría que lle aporta equilibrio.

PO rectangular onde predomina a vertical o cal lle confire un carácter dinámico e quente. Este carácter dinámico reforza as liñas diagonais libres que ao atravesar a periferia e as fronteiras superior,inferior e dereita perden a súa tensión. Estas liñas ao non enlazar vértices perden equilibrio e aumenta o sentido dinámico da composición. As liñas horizontais aportan un equilibrio frío que contrarrestan o anterior.

Facendo o percorrido visual de esquerda a dereita hai un ritmo que lle aporta un orden a composición, incluso unha liña oblicua remata no vértice inferior dereita do PO; contrarrestando o anterior hai un ritmo mais ordenado de liñas horizontais, facendo un percorrido visual de arriba cara abaixo.

O feito de que cinco interseccións de liñas estean nas fronteiras elimina tensións e puntos de atención, dando unha sensación de rematado. Aparte do anterior hai en oposición dous pares de liñas converxentes que se cortan entre si formando coma dous triángulos opostos cuxos vértices están xusto nas fronteiras do ceo e da terra, nas liñas horizontais superior e inferior do PO. Outros pares de liñas tamén se cortan,pero en puntos da fronteira vertical dereita.

Formato do PO horizontal e polo tanto frío. Fondo gris, neutro.

A figura ten dúas direccións de tensións oblicuas non diagonais que se cortan aproximadamente no centro e que se equilibran entre si. Unha está definida polos extremos rectos da figura, onde cada extremo aporta unha tensión cara os bordes superior e inferior. Tensión reforzada pola proximidade dos extremos libres das rectas a periferia e que xuntas tenden a

expandir o PO verticalmente, a vez que opostamente xérase unha sensación de opresión. Liña compositiva oblicua ascendente e quente non diagonal que lle aporta desequilibrio. Outra liña de tensións opostas cara aos lados esquerdo e dereito o aportan as tensións de cada un dos arcos nunha dirección compositiva oblicua descendente fría non diagonal, tamén desequilibrada e con unha tensión pola proximidade

aos bordes menor que a outra dirección xa que a distancia e maior. O PO tende a expandirse horizontalmente. Contrastes rectas-curvas e dun certo orden nas rectas cun certo desorden nas curvas.

PO de formato vertical que lle imprime un carácter ascendente aéreo. Unha forma pesada que se expande ou procede da terra logra vencer a retención, emerxendo con gran dinamismo pero de xeito inestable, alixeirándose agora e provocando unha tensión que da lugar a unha forma mais livián e vit al que tende a expandirse, estabilizarse interiormente e liberarse definitivamente.

Predominio da terra e do pesado ,que se expande fora dos límites do cadro, e da horizontalidade (do PO e das liñas de horizonte) :equilibrio frío.

A forma (humana) lixeiramente inclinada está en tensión coa liña fronteira superior,o ceo, e en menor medida coa inferior, a terra, e outra tensión xorde pola súa proximidade coa liña vertical dereita do PO que parece potenciarse porque a figura ten unha dirección deica a

esquerda. Ao lado outra forma tamén lixeiramente inclinada coma a anterior (ao saír de abaixo non ten tensión, que queda reservada a figura humana) e que aportan un certo dinamismo e desequilibrio, que contrasta coa horizontalidade predominante. Arriba un círculo case central e na periferia..........non sei moi ben como interpretalo: si como

elemento equilibrador ou coma elemento inquietante polo seu desvío da mediana e en tensión coa liña superior pola proximidade.

Esta imaxe e dun logotipo. O cadrado coas súas horizontais e verticais transmite as sensacións de tranquilidade e equilibrio frío e cálido e de orden. A dobre liña ascendente (que forma un plano triangular coa base coincidindo coa liña inferior de terra ) lle imprime un gran dinamismo e dirección, e que remata cun triángulo na mesma orientación e que vai mais alá do límite superior, nunha secuencia temporal. Non hai tensións porque as dobres liñas ascendentes superan a periferia e as fronteiras do cadrado.

O percorrido visual que nos propón o deseñador e a través da diagonal ascendente (aproximadamente), e con unha dirección deica arriba axudada polas liñas converxentes dos contornos do canón, sen tensións na saída porque a figura chega ata os límites do cadro, ata chegar ao centro e punto de máxima atención visual onde se produce unha forte tensión ( explosiva) motivada pola proximidade , oposición direccional da outra forma (obús ) e aliñamento na mesma dirección. O formato vertical do PO transmite sensacións de enerxía.

Porqué a liña de simetría das figuras non coincide coa diagonal ascendente?, e por tan pouco?

Eu penso que é para provocar unha incomodidade visual en canto que nosa visión tende a levar esa liña de simetría cara a diagonal ascendente que é unha liña de mais equilibrio. Pero tamén e certo que lle aporta mais dinamismo e o choque é mais forte

Esta imaxe a poño nun exercicio de clase. LLes pido aos alumnos que sustituian a imaxe da motocicleta por outra que represente un perigo para un neno ou adolescente na actualidade e para iso doulles unha fofocopia da imaxe en DIN A6, pero sin a imaxe da moto.