mociÓn sobre a repulsa da conducta do presidente da deputaciÓn
DESCRIPTION
MOCIÓN SOBRE A REPULSA DA CONDUCTA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, D. JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO E A ESIXENCIA DA SÚA DIMISIÓNTRANSCRIPT
D. JOSE ÁNGEL VÁZQUEZ BARQUERO, voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de
Ourense, D. MARTIÑO X. VÁZQUEZ MATO, voceiro do grupo municipal de Ourense en Común no
Concello de Ourense e D. GONZALO PÉREZ JÁCOME, voceiro do grupo municipal de Democracia
Ourensana no Concello de Ourense, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida
resultar de aplicación, presentan, diante do Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN SOBRE A
REPULSA DA CONDUCTA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, D. JOSÉ
MANUEL BALTAR BLANCO E A ESIXENCIA DA SÚA DIMISIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos derradeiros días, a través de distintos medios de comunicación estatais, autonómicos e provinciais,
fíxose de dominio público que presentouse perante a Fiscalía Provincial de Ourense unha denuncia na que se
acusa ao Presidente da Deputación de Ourense, D. José Manuel Baltar Blanco, de prometer un posto de traballo
a cambio de favores sexuais.
As gravacións publicadas polo medio de comunicación “eldiario.es”, que en ningún momento foron
desmentidas por parte do Presidente da Deputación, D. José Manuel Baltar Blanco, evidencian indicios de
presuntos delitos por prevaricación, tráfico de influencias e abuso de posición.
Defendendo a necesaria presunción de inocencia á que calquera persoa ten dereito, esta debe
circunscribirse no ámbito estritamente penal, non así político. Non hai que esquecer que D. José Manuel Baltar
Blanco representa, nestes intres, a todos os cidadáns e cidadás da Provincia de Ourense. De modo que tales
indicios deberían ser suficiente para esixir accións inmediatas para non manchar a institución que preside, nin
facer pasar os ourensáns e as ourensás pola vergoña que supón que o seu máis alto representante estea inmerso
nun caso que presuntamente atenta de forma directa á dignidade das mulleres, máis da metade da poboación da
Provincia.
D. José Manuel Baltar Blanco, como non pode ser doutro xeito, debe poder defenderse das acusacións
feitas no ámbito penal. Así a todo, a responsabilidade política debe ser asumida de forma inmediata mediante a
súa dimisión en aras dunha transparencia e ética da cal fixo gala nos seus anos de presidencia.
A Ourensanía, da que tanto presume D. José Manuel Baltar Blanco, tamén é saber cando hai que dar un
paso atrás para non prexudicar á propia Provincia de Ourense. Non se pode permitir, no estado no que se
encontra actualmente, esta publicidade tan negativa.
Por todo o exposto, os Grupos Municipais do PSdeG-PSOE, Ourense en Común e Democracia Ourensana,
presentan ao Pleno para o seu debate e aprobación os seguintes ACORDOS:
1. Esixir por parte da Corporación Municipal do Concello de Ourense a inmediata dimisión como
Presidente da Deputación de Ourense de D. José Manuel Baltar Blanco.
2. Esixir a inmediata desculpa pública de D. José Manuel Baltar Blanco a todas as persoas da
provincia, e en particular ás vítimas da violencia machista, por ter ostentando unha
representación institucional ensuciada nestes intres por novas que aínda non foron desmentidas.
Esta desculpa non suporá en ningún caso un menoscabo na súa presunción de inocencia no
ámbito penal, pero si atenderá un clamor social manifestado cando menos pola metade da
poboación da provincia de Ourense.
3. Manifestar por parte da Corporación Municipal do Concello de Ourense a máis enérxica repulsa a
estes feitos concretos en particular, e en xeral a todos os tipos de violencia de xénero. De modo
que se asuma un compromiso firme da corporación municipal para apoiar unha eventual
modificación da Lei Orgánica 1/2004, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de
Xénero, para que esta recolla todas as formas de violencia de xénero.