microrrelatos de outono de... · microrrelatos de outono no mes de novembro celebrouse, no cpi do...
TRANSCRIPT
MICRORRELATOS DE OUTONO
No mes de novembro celebrouse, no CPI DO TOURAL, un certame de Microrrelatos de Outono dirixido a rapazas e rapaces desde 3º de Primaria ata 4º da ESO, co propósito de fomentar a creatividade e estimular o uso da lingua galega na actividade literaria do alumnado.
Os nosos rapaces e rapazas mostraron unha grande imaxinación na elaboración dos
seus textos. Aquí mostramos os gañadores nas diferentes categorías.
Iris Collazo recibe o premio por un emotivo relato que conmoveu o xurado.
Clara Pena posa co seu premio pola creación dun relato cheo de misterio.
O potencial imaxinativo de Martín Núñez levouno a acadar este merecido premio.
Amin Ezzaari, á súa curta idade, mostra unha grande habilidade para darlle vida á
natureza. E isto merece un premio.
NORABOA A TOD@S !!!
Nesta actividade colaboraron o Departamento de Lingua e Literatura Galega, as titoras de Educación Primaria e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.