memoria explicativa de actuaciÓns para o … · da arte rupestre galega, cova da bruxa e laxe das...

35
CONCELLO DE MUROS 1 PROXECTO: SINALIZACIÓN TURISTICA INTELIXENTE DO CONCELLO DE MUROS MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O FOMENTO DA ACCESIBILIDADE E SINALIZACIÓN DOS RECURSOS TURÍSTICOS NO MEDIO RURAL RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017 1. FUNDAMENTACIÓN 2 2. IDENTIFICACIÓN DO PROXECTO 2 3. CONTEXTUALIZACIÓN 2 4. XUSTIFICACIÓN 3 5. MEMORIA EXPLICATIVA DO PROXECTO 26 6. ORZAMENTO 34

Upload: doanlien

Post on 02-Dec-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

1

PROXECTO: SINALIZACIÓN TURISTICA INTELIXENTE DO CONCELLO

DE MUROS

MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O FOMENTO DA

ACCESIBILIDADE E SINALIZACIÓN DOS RECURSOS TURÍSTICOS NO MEDIO

RURAL

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras

para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades

locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio

rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no

marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017

1. FUNDAMENTACIÓN 2

2. IDENTIFICACIÓN DO PROXECTO 2

3. CONTEXTUALIZACIÓN 2

4. XUSTIFICACIÓN 3

5. MEMORIA EXPLICATIVA DO PROXECTO 26

6. ORZAMENTO 34

Page 2: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

2

1.- FUNDAMENTACIÓN

O Concello de Muros pretende aproveitar a convocatoria feita pola Axencia de Turismo

de Galicia ao abeiro da RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se

establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia

competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e

sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo

Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020,

e se anuncia a convocatoria para o ano 2017

2.- IDENTIFICACIÓN DO PROXECTO

O título do proxecto é: “SINALIZACIÓN TURÍSTICA INTELIXENTE PARA O

CONCELLO DE MUROS”

3. CONTEXTUALIZACIÓN

3.1. Datos xeográficos

O municipio de Muros está situado no extremo noroccidental da ría de Muros e Noia, a

máis setentrional das Rías Baixas. Xunto co concello de Carnota conforman a comarca

de Muros que presenta unha superficie de 138,9 Km2. A comarca linda ao norte coa

comarca de Xallas, ao leste coa comarca de Noia e ao sur e ao oeste co océano

Atlántico. O termo municipal de Muros atópase limitado ao noroeste polo termo

municipal de Carnota (comarca de Muros), ao nordeste polos municipios de Mazaricos

(comarca de Xallas) e Outes (comarca de Noia) e ao sur pola ría de Muros e Noia.

A extensión do termo municipal é de 72,5 Km2 distribuída en sete parroquias: Abelleira,

Esteiro, Louro, Muros, Serres, Tal e Torea. Cada unha destas parroquias divídese a súa

vez en varios lugares ou núcleos de poboación ata un total de 104, que varían tanto nas

súas dimensións como no número de habitantes. A densidade é de 121,85 hab./Km2 ,

aínda que a maioría da poboación se concentra na franxa litoral, o concello de Muros é

un exemplo máis da elevada dispersión da poboación, característica de Galicia.

Page 3: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

3

Parroquias Lugares Superficie (Km2)

Abelleira (Sto. Estevo) 22 12,2

Esteiro (Sta. Mariña) 24 19,1

Louro (Santiago) 13 9,4

Muros (San Pedro) 8 5,2

Serres (San Xoán) 18 14,7

Tal (Santiago) 10 2,7

Torea (San Xián) 9 9,4

Municipio 104 72,5

Táboa 1: Número de lugares e superficie das distintas parroquias do

Concello de Muros.

3.2. Poboación

Os últimos datos oficiais tomados polo Instituto Nacional de Estatística recollen unha

poboación de 8834 habitantes, dos cales 4280 son homes e 4554 son mulleres (Cifras

oficiais da poboación a 1 de xaneiro. Ano 2016).

4.- XUSTIFICACIÓN

O Concello de Muros quere dinamizar a súa información turística có fin de ampliar os

recursos dispoñibles destinados ao turismo en xeral, cos seguintes obxectivos

fundamentais:

• Mellorar a imaxe que transmite a través das novas tecnoloxías, tendo en conta a

importancia do sector turístico do municipio

• Incrementar o número de visitantes que recibe o Concello e ao mesmo tempo

desestacionalizar o turismo .

• Ter unha referencia a través da sinalización intelixente coa información de interese

para os habitantes e os visitantes de Muros.

• Facilitar o contacto cos cidadáns e visitantes.

• Promover a distintas actividades que no ámbito turístico se están a desenvolver.

Page 4: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

4

Propoñemos a necesidade de contar cunha sinalización intelixente , xa que o Concello

carece deste recurso que permita unha comunicación eficiente cós visitantes ou

potenciais visitantes, considerando por tanto de vital importancia a existencia deste tipo

de sinalización como medio de comunicación para a dinamización turística do noso

Concello.

O concello de Muros conta co galardón de Municipio turístico e ten un amplo repertorio

de recursos turísticos, dentro do patrimonio histórico artístico cabe destacar a Vila de

Muros declarada Conxunto histórico en 1970. Tamén merecen especial mención os

petroglifos prehistóricos do noso concello, entre eles, dous son singulares no conxunto

da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas.

Tampouco nos podemos esquecer do patrimonio popular e tradicional, espallado por

todo o concello, e que se converteu no noso sinal de identidade, así podemos atopar

gran cantidade de hórreos, muíños de río, pero é o Muíño de Mareas do Pozo do

Cachón, , o que atrapa o interese de todos os visitantes, situado na parroquia de Serres

que na actualidade ten a función de Centro Cívico e Cultural.

No que se refire a patrimonio natural merece especial mención o LIC “Monte e Lago de

Louro” que é o espazo natural más importante do litoral do municipio, tanto polos seus

valores ecolóxicos como polos paisaxísticos. Tamén destaca neste ámbito o roteiro

“Pedra do Cadro a Braña” na parroquia de Esteiro.

Puntos a sinalizar:

PATRIMONIO HISTÓRICO – ARTÍSTICO:

ARTE RUPESTRE (OS PETROGLIFOS)

Os gravados rupestres ou petroglifos son manifestacións simbólicas das comunidades

prehistóricas, e pódense considerar unha das manifestacións culturais máis interesantes

da prehistoria galega.

Page 5: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

5

Os petroglifos do noso concello, coñecidos ata o de agora, están repartidos pola maioría

das parroquias, con especial incidencia nas de Serres e Louro, entre eles, dous son

singulares no conxunto da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas.

Coa Guía de los petroglifos de Muros de Eiroa e Rey (1984) lévase a cabo unha

catalogación dos xacementos rupestres dos que daquela se tiña noticia, non obstante, hai

que ter en conta que a finais da década dos noventa lévase a cabo unha serie de

prospeccións nos que aparecen e se catalogan unhas dez estacións novas polo que na

actualidade contabilízanse máis dunha trintena de petroglifos espallados por todo o

concello.

O repertorio figurativo dos petroglifos muradáns inclúe tanto motivos xeométricos

coma figurativo-naturalistas, sendo as representacións xeométricas en Muros, coma no

resto do contexto galaico, as máis abundantes e espalladas.

Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións de animais:

cervos, un escena de equitación e a figura dun cánido, e a representación dunha figura

humana. A figura humana e o cánido de Cova da Bruxa son manifestacións únicas

dentro da arte rupestre de Galiza, e os cervos, malia a atopalos nunha soa estación,

presentan unha variedade de formas que fan que sexa un xacemento singular en Galicia,

pois nestes, as cornamentas son representadas con liñas rectas que nacen na cabeza do

animal e que se ramifican.

É de apreciar a notable escaseza de representacións figurativo-naturalistas fronte a un

notable desenvolvemento das xeométricas. As composicións son pouco frecuentes e

existe dificultade para saber coa suficiente nitidez se sobre certas rochas o que

apreciamos é a simple acumulación de figuras no mesmo plano, de diferentes momentos

ou do mesmo momento, pero sen estar relacionadas entre si, ou ben se varias delas

forman unha combinación xeral.

O grao de esquematización que presenta este tipo de figuras fai que a identificación

exacta da especie representada sexa difícil.

Page 6: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

6

Pese a todo isto os animais adoitan aparecer representados en actitudes características

do seu comportamento natural, o que indica un notable grao de observación do mundo

animal por parte do gravador.

Os autores dos gravados deixaron neles unha mensaxe lexible (expresa ou non expresa)

para os membros da súa comunidade que posuían as claves para poder interpretalos.

Para nós, que pertencemos a unha cultura afastada no tempo, resúltanos tremendamente

difícil achegarnos á función e significado deste mundo, pois, non posuímos o código

para descifralos, xa que a cultura que os fixo desapareceu por completo.

Intervencións arqueolóxicas:

Ata o de agora interveuse en tres estacións de arte rupestre, en Cova da Bruxa (outubro

2006), Laxe das Rodas (setembro 2007), e Naraio I (setembro do 2008) investigacións

levadas a cabo polo “Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste (GEPN)”,

Departamento de Historia I, Facultade de Historia, Universidade de Santiago de

Compostela. Os obxectivos fundamentais deste tipo de proxectos son de carácter

científico, social, cultural e educativo, ademais dende o concello estanse a realizar

visitas guiadas aos tres xacementos dirixida ao público en xeral e aos escolares.

Page 7: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

7

A VILA DE MUROS, CONXUNTO HISTÓRICO

Contexto histórico:

Declarada Conxunto histórico en 1970, foi fundada polo rei Sancho IV o Bravo no

século XIII, conservando desta época o primeiro documento veraz que se refire a Muros

e aos seus arredores (1286), e poboada por Alfonso IX de León (1188 - 1230). A finais

do século XIII deixa de ser vila de señorío, para depender da Sede Compostelá, por

concesión de Fernando IV (1299). Non obstante, a existencia de Muros como poboado

é bastante anterior ao século XIII, e mostra diso son as numerosas estacións rupestres

prehistóricas espalladas por todo o concello, ademais do castro de Miraflores (parroquia

de Muros), o castro de Ríomao (San Xián de Torea), o castro de Ventín (Santiago de

Louro) e o castro de Santa Catalina (Santiago de Tal) que nos serven de testemuña para

corroborar este dato.

A historia de Muros non se pode desligar da importancia comercial do seu porto e do

mar. Xa no ano 1452, o rei de Castela, Xoán II, cita o Porto de Muros coma un dos

máis grandes de Galicia, habilitándoo para exportar e importar, nel cabían máis de

cincuenta barcos, segundo o relato do cardeal Hoyos, que visitou o porto de Muros no

século XVII.

No século XIX fan presenza na vila empresarios cataláns que se instalan en Muros para

inaugurar, tanto no núcleo como nas parroquias costeiras, unha serie de fábricas de

salgado de sardiñas e arenque fundamentalmente que marcaron a vida laboral desta.

Moitas destas fábricas unha vez que deixan de funcionar como tal, sofren un cambio de

uso converténdose moitas delas en vivendas ou edificacións similares, é o caso da casa

Romaní, o restaurante Anido (Serres), o Caldeirón (Louro)...

Os cataláns chegan a nosa ría por considerala propicia para establecer a súa industria.

Un importante suceso relacionado co mundo do mar no que estivo implicado a xente de

Muros, e que a fixo merecedora do título Moi Humanitaria, distinción feita no ano 1906

polo rei Alfonso XIII, foi o afundimento en augas muradás, o día 28 de outubro do ano

Page 8: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

8

1905, do buque de Guerra da Arma Española Cardeal Cisneros, non só por salvar

de morrer afogados aos máis de cincocentos homes que formaban parte da tripulación,

senón tamén por acollelos durante varios días solidariamente nas súas casas. A este

novo título hai que engadir o de Moi Nobre e Moi Leal que xa lle fóra concedido no ano

1612.

Prazas do concello:

Praza do Concello: tamén denominada Curro da Praza, por se celebrar nela a principios

do século pasado multitudinarias corridas de toros.

Praza de Santa Rosa ou praza do Cristo: antes da colocación do cruceiro, esta praza

chamábase Da Leña e a partir da súa colocación o 15 de decembro do 1789, coñécese

coa actual denominación.

Rúa Real: rúa que conecta coa tamén coñecida rúa da Axesta, conformando as dúas a

principal arteria interior da vila. Vila que conserva a súa estrutura medieval, que se

caracteriza por ter un estrutura labiríntica conformada por rúas tortuosas e algunhas sen

saída e innumerables canellóns estreitos, por mor dos ataques piratas, mais, tamén puido

obedecer a un sistema ideado para resgardarse da climatoloxía da zona.

Praza da Pescadería: a súa denominación débese a que é nela onde as mulleres

instalaban os seus postos de peixe, que cubrían con lonas a modo de toldos. Presidida

por unha fonte de cantería que reproduce a silueta dun réptil alado, e que foi construída

no ano 1929 polo mellor canteiro da vila, D. Francisco Iglesias.

Page 9: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

9

Praza do Mercado: antigamente coñecida como a Praza Maior, que está presidida por

un monumental edificio de planta rectangular situado entre rúas estreitas e salvando o

desnivel do terreo, que distribúe as catro alturas coas que conta o mercado. Este edificio

é unha proba da importancia comercial que antigamente tivo esta vila.

A Vivenda:

Estas están compostas por un baixo aportalado en arco apuntado ou de medio punto que

en ocasións queda por debaixo do nivel das rúas, onde antigamente se situaban as pías

para salgar o peixe, e un ou dous pisos onde resalta a presenza de consistentes balcóns

corridos con balaustrada de ferro forxado, soportados por grandes ménsulas de cantería.

Antigamente era frecuente ver como os homes arranxaban os aparellos de pesca,

mentres que as mulleres salgaban e lavaban o peixe. Na actualidade estes baixos fan a

función de paseo cuberto. Todos estes edificios combínanse ao longo das rúas con

outras edificacións máis actuais onde o movemento modernista deixou a súa pegada e

con casas antigas ás que se incorporaron galerías, seguindo a moda de finais do século

XIX.

Page 10: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

10

Arquitectura Hospitalaria:

O Hospital da Trindade ou de San Pedro: fundado no século XIV polo xuíz da vila D.

Diego Rodríguez de Muros. Funcionou coma hospital de pobres ata os anos corenta do

século pasado, albergando actualmente o Centro Social da Terceira Idade. Está feito a

base de pedras de cantería e conta cun claustro sen rematar que data posiblemente de

principios do século XIX. A principios do século XIX decídese construír un novo

edificio e a obra fíxose, ao parecer, sobre o mesmo terreo no que estaba asentado o

primitivo hospital.

Arquitectura civil:

Casa Consistorial: substitúe a un edificio anterior, comeza a súa construción no ano

1958, converténdose nun símbolo dos novos tempos. A obra é proxectada polos

arquitectos Antonio Tenreiro Rodríguez e Pelegrín Estellés, que intentan deseñar un

edifico que non rompa có entorno. O resultado foi unha construción de tres andares que

repite no piso baixo o motivo do arco apuntado, con intención de recordarnos o pasado

gótico da vila. Os traballos de acondicionamento realízanse relativamente pronto e no

Page 11: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

11

ano 1960 inicia a súa andadura como principal centro administrativo deste municipio.

Cine París: pertencente ao século XX, situado no paseo marítimo da vila cara á ría, é un

dos exemplos de edificios de carácter público – cultural que salpican as rúas da vila

como o “Teatro Mercedes”, emprazado preto do edificio do Concello, mais perderon os

dous as súas funcións orixinais. O interese do edificio céntrase na composición da

fachada principal de catro arcos rebaixados configurando un soportal que alberga a

entrada ao cine. Os arcos apoianse en piares de sección cadrada realizados en pedra;

sobre eles, no segundo piso, tres agrupacións moldéanse a base de curvas sen maior

profusión decorativa que a mesma xeometría.

Fábricas de Salgado: aparecen no século XIX coa presenza de empresarios cataláns

instalan fábricas de salgado en diversos núcleos galegos, dando orixe a unha

arquitectura propia para o desenvolvemento destas actividades: ao corpo principal da

vivenda apéganselle perpendicularmente dous corredores, pechándose ao fondo para

configurar no medio un patio cuberto onde se levaban a cabo os traballos co peixe,

colocándose nun dos corpos a maquinaria e noutro os fosos de salgadura. Un destes

exemplos é o que se sitúa na parroquia de Serres pertencente á familia Romaní, unha

das máis importantes da comarca e principal promotora deste tipo de industria. Tamén a

Casa Anido restaurada recentemente aínda que con outros fins.

Page 12: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

12

Arquitectura Relixiosa:

Santa María do Campo (actual igrexa parroquial de San Pedro de Muros): a igrexa

primitiva era de estilo románico datada no século XII, pero dela só se conserva a

portada principal. O edificio actual foi iniciado polo arcebispo de Santiago Lope de

Mendoza na primeira metade do século XV, pero a obra é rematada polo concello de

Muros tal e como figura nunha inscrición.

Esta igrexa convertese a principios do século XVI en Colexiata, grazas aos Reis

Católicos e ao Papa, polo cal os veciños non pagaban os décimos á igrexa de Santiago.

Na actualidade obsérvanse diversos estilos froito das remodelacións que sufriu ao longo

do tempo. Así aprécianse partes barrocas na torre e no pórtico realizado no século

XVIII grazas ao gremio do mar. Pero o estilo que predomina é o chamado gótico

“mariñeiro” datado no século XV.

Capela de San Xosé: propiedade de Dª Luísa Málvarez, trátase dunha edificación

barroca do século XVIII. O cruceiro data do 1727, ano no que a capela foi fundada por

Pedro Teixido de Turnes e a súa muller Catalina Pérez de Reloba, tal e como se nos

indica nas inscricións que figuran na fachada. Nos anos corenta do século pasado

Page 13: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

13

constrúese un colexio de monxas neste lugar quedando a capela pegada ao colexio. En

torno ás décadas 70 e 80 do século XX, as monxas, non se sabe moi ben os motivos,

marchan da vila e a capela volve a ser de novo unha edificación independente.

Capela da Virxe do Carme: de estilo barroco, a capela foi construída no ano 1766.

Situada no barrio do Carme, está dedicada á patroa dos mariñeiros. No seu interior

albérgase a imaxe da patroa das xentes do mar: a Virxe do Carme, que hai pouco se

descubriu que se trata dunha obra do escultor Gambino, de procedencia italiana.

Page 14: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

14

Capela de Nosa Señora das Angustias ou do Santo Cristo de Burgos: fundada no ano

1657.Formaba parte da antiga igrexa parroquial de San Pedro que se atopaba situada nos

extramuros da vila. No atrio celebrábanse sesións municipais e oficiábanse

enterramentos; moitas das lousas con escudo serviron para o empedrado das rúas.

Antiga Igrexa Parroquial de San Pedro: igrexa de estilo barroco pertence ao século

XVII, aínda que a primitiva obra pertencía ao século X, unicamente mantén en pé o que

foi a capela maior, hoxe capela das Angustias de propiedade privada, e a sancristía,

convertida na actualidade en centro de interpretación do patrimonio sacro da vila.

Capela do Remedios: fundada en 1744 por Dª María Pose de Leis e a súa filla Isabel,

casada con D. Pedro Ventura Varela Taboada. O cruceiro desta capela comprende dúas

épocas. A base é do ano 1586 segundo consta na data gravada nela. Esta base pode

proceder dalgún cemiterio, posiblemente do que rodeaba á igrexa de San Pedro, que foi

colexiata interina nos tempos da fundación desta e cuxas lousas sepulcrais, brasonadas

en inscricións, empregáronse nas rúas da vila ao deixar de facerse alí os enterramentos e

cesar o culto parroquial.

A columna e a cruz coas súas imaxes pertencen a unha época posterior e é de supoñer

que foi realizado en 1744, ano da fundación desta capela.

Page 15: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

15

Capela de San Roque: a edificación actual, datada no 1765 segundo o cardeal Hoyos,

constitúe unha reedificación sobre outra igrexa existente datada así mesmo no 1609.

Foi construída en honor a santo que goza de gran popularidade na actualidade en todo o

municipio. No interior destaca a imaxe, que se sacaba en procesión o día 16 de agosto,

acompañada por innumerables persoas que se cobren cun hábito e capuchón para desta

forma homenaxealo e pedirlle o seu favor.

Capela da Virxe do Camiño: santuario que debido á gran devoción dos fieis, chegou a

converterse nun famoso templo ao que concorrían os devotos en peregrinación e os

mariños e atribulados coas súas ofrendas para implorar o remedio aos seus males.

Existían pendentes das paredes da súa capela maior, cadros alusivos a ofrecementos

Page 16: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

16

feitos por navegantes da vila. O barrio da Virxe do Camiño debeu tomar o seu nome da

Ermida dedicada á Virxe. No seu interior acolle a imaxe da Virxe, que, segundo a

tradición, chegou por mar e foi atopada na praia veciña. Tamén conserva no seu interior

a reprodución dunha fragata de guerra que data do ano 1767, que posiblemente

fose colocada alí como un “exvoto” á Virxe do Carme que por aquel momento se

veneraba neste santuario.

Capela de San Marcos: pequena capela situada ás aforas da vila de Muros, no monte de

San Marcos, entre as localidades de Campo de Cortes e Louro.Levantada por Lorenzo

Estévez no 1480, segundo indica unha inscrición. Trátase dunha capela gótica moi

sinxela.

Page 17: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

17

Capela de Santa Cruz: situada no antigo camiño do convento de franciscanos en Louro,

no alto de Campo de Cortes, a uns 2 km da vila, cara o lugar de Louro, encóntrase en

ruínas, e hoxe desfeita por se empregaren os restos dos seus materiais na ampliación do

Espírito Santo, situada no alto do barrio muradá de Campo de Cortes. Na actualidade

tan só se conserva o cruceiro que se atopa no lado sur da desaparecida capeliña do

mesmo nome.

Capela do Espírito Santo: de estilo románico, está situada no camiño de Muros a Louro

na chamada “Punta de Campo de Cortes”, construída aquí porque, segundo a tradición,

foi onde se rompeu o carro que transportaba a imaxe do seu interior, que foi atopada na

praia. Foi reconstruída no ano 1927.

Page 18: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

18

Convento de San Francisco: Ten a súa orixe no século XIII, é un dos monumentos

mellor conservados de todo o termo municipal. Foi fundado como crematorio no ano

1233 e sobre el levantouse unha capela románica dedicada a Santa Mónica do Rial,

que no ano 1432 pasou a ser convento, mais a súa vida verase paralizada no ano 1835

por causa da exclaustración dos relixiosos, pero anos despois, concretamente no 1873,

volveu a ser ocupado polos membros da orde franciscana que se encargaron da súa

restauración.

Aínda que por moi pouco tempo, este convento albergou o primeiro colexio de rapaces

que querían exercela profesión relixiosa, pero debido ao crecente número de estudantes

tívose que trasladar a Herbón. Chamando ás portas, e pedindo permiso, é posible

visitala igrexa e o adro interior do convento.

Destaca no conxunto do mosteiro a presenza da igrexa de estilo gótico e un fermoso

claustro de magnífica factura e coidado deseño que, segundo unha inscrición atopada

data do ano 1646.

Nas proximidades do convento, ascendendo polo monte, desenvólvese un orixinal Vía

Cruces composto por quince estacións, nas que se relatan escenas da Paixón de Cristo,

construído no ano 1877 grazas aos donativos dos fieis. Durante anos, o domingo de

Ramos e o posterior ao 26 de novembro, festa de San Leonardo de Porto Mauricio, ao

vía cruces acudía unha gran afluencia de veciños.

Page 19: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

19

PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DO CONCELLO

Tampouco nos podemos esquecer do patrimonio popular e tradicional, espallado por

todo o concello, e que se converteu no noso sinal de identidade.

O feito de que o noso concello se atope á beira da ría de Muros e Noia, cunha

importante fachada marítima, protexida polos montes próximos á mesma, explica que

ata non hai moito convivise unha economía mixta, agrícola – mariñeira, que se plasma

nas construcións que daban reposta ás súas necesidades.

Son moitos os elementos materiais que definiron a vida, o traballo, a arte e os costumes

populares galegas de tempos pasados, e que perduraron no noso concello, podemos

atopar elementos típicos da cultura galega como: vivendas tradicionais, muíños de auga,

hórreos, cruceiros, petos de ánimas, pombais, fontes..., que teñen un significado

especial, xa que contribuíron a marcar a cultura e a economía da nosa sociedade. O seu

estudo axúdanos a comprender como se afrontaban os problemas cotiás, e tamén nos

permiten comprender as relacións simbólicas e espirituais das crenzas populares, tan

arraigadas aínda hoxe en día no noso pobo.

Page 20: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

20

Cabe destacar neste ámbito, os muíños: todo aquel que se achegue a Muros pode

adiviñar a importancia que tivo, e que segue tendo nalgúns lugares do concello, o

cultivo de cereais, pois alberga infinidade de muíños de río, dos cales podemos ver

algún hoxe en día en funcionamento, como poden ser o Muíño de Lestón á beira do río

Rateira, na parroquia de Torea ou o Muíño da Pontella á beira do río Maior, na

parroquia de Esteiro. Na parroquia de Louro sería interesante facer un percorrido pola

beira do río Longarela, onde podemos contemplar unha ringleira de muíños, dos cales

dous están hoxe restaurados.

Non obstante, é o Muíño de Marea do Pozo do Cachón, tamén coñecido como A

Ponte dos Muíños, o que atrapa o interese de todos os visitantes, situado na parroquia de

Serres. Falamos dun antigo muíño de marea construído ao carón do río Valdexería na

segunda década so século XIX, sendo o máis grande de Galicia e un dos máis

importantes de Europa.

As obras de rehabilitación leváronse a cabo entre os anos 1990 e 1994, a mans do

arquitecto D. Jesús Anaya Díaz, pero pouco despois da finalización destas, en novembro

dese mesmo ano, unha riada destrúe parte do muíño e leva por diante unha das pontes,

polo que tiveron proseguir coas obras de reconstrución, que remataron no 1999.

Na actualidade ten a función de Centro Cívico e Cultural, dividido en dúas partes, por

un lado pódese visitar o que foi o antigo muíño e por outro lado temos o edificio anexo,

Page 21: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

21

que ten a función de sala de exposicións temporais, destacando a mostra de artesanía

que se vén celebrando dende fai varios anos no verán, entre os meses de xullo e

setembro.

Nas inmediacións pódese gozar dunha área recreativa que conecta co edificio a través

de catro pontes de madeira, na que a xente da parroquia de Serres celebra as súas festas

patronais. Nun futuro prevese converter este grande edificio en museo ou centro de

interpretación.

Page 22: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

22

PATRIMONIO NATURAL (ESPAZO NATURAL PROTEXIDO):

LIC “ES 1110012 MONTE E LAGOA DE LOURO”

Datos informativos

Código do LIC ES1110012

Situación Localizado no suroeste da provincia da Coruña, pertence

á comarca de Muros.

Concellos: Muros e Carnota

Superficie 1.160,88 ha.

Coordenadas: Latitude: N 42º 46´19´´, Lonxitude: W 9º 7´25´´

Altitude media 14 m

Clima A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia

atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e

adscríbese no sector galaico-portugués. Sitúase no

dominio climático hiperhúmido. A precipitación media

anual é de 1.801 mm, a temperatura media é de 12,6 ºC e

non se detectan xeadas durante todo o ano

Outras figuras de protección Zona de Especial Protección dos Valores Naturais

(ZEPVN).

O Espazo Natural Protexido do Monte e Lagoa de Louro, é o espazo máis importante do

litoral do municipio de Muros polos seus valores ecolóxicos e paisaxísticos. Este

complexo litoral (cunha superficie de 1.096 Has compartidas co veciño Municipio de

Carnota), presenta unha gran diversidade de ecosistemas e hábitats dun incuestionable

valor ao coincidir zonas tan diversas coma montes e cantís litorais, praias e dunas,

lagoa, mariña e carregal, bosque de ribeira, etc.

Page 23: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

23

O Monte Louro é unha elevación solitaria ao bordo do mar, formando unha pequena

península entre as praias de Area Maior e San Francisco. Morfoloxicamente representa

un "inselberg" ou monte illa, que marca o límite entre a ría e o mar aberto, constituído

por rochas graníticas (granito de dúas micas e granito de megacristais). Está unido ao

continente polo planalto litoral, orixinado no plistoceno a partir dun tómbolo, dobre e

heteroxenético, formado na fachada atlántica coa praia-barreira de Area Maior, que

pecha a Lagoa de Louro, e cara á ría polo antigo depósito sedimentario de San

Francisco.

O Monte Louro foi incluído no Inventario de Puntos de Interese Xeolóxico Nacional

(PIX) polo Instituto Geológico y Minero de España, publicado na década dos oitenta, en

función da singularidade da súa xeomorfoloxía, constituíndo un destacado recurso

didáctico, referencia na xeoloxía ambiental.

O seu actual relevo débese aos diferentes procesos erosivos que orixinaron diversas

formas características do modelado granítico, presentando dous cumios ben

diferenciados, de 226 e 244 metros respectivamente. No pico norte predominan os

matos xunto con piñeiros e algún carballo, destacando a presenza, na aba leste do

monte, de cerquiño (Quercus pyrenaica). Na desembocadura do pequeno río Longarelo,

os procesos de acumulación de sedimentos xerada polo transporte mariño, deu orixe á

construción dunha praia-barreira que pechou o paso ás augas continentais orixinando o

"lagoon” de Louro.

A Lagoa litoral de Louro ou de Xalfas, situada aos pés do Monte Louro, atópase

rodeada por un importante anel de vexetación palustre e separada do mar aberto por un

sistema dunar moi ben conservado. A lagoa, duns douscentos metros de diámetro e

comunicada co mar só durante os temporais, está illada do mar por un importante cinto

dunar, tipo de cordón, e representan unha grande acumulación areosa que nalgún caso

chega aos 15 m de altitude. Ademais, son moi importantes as grandes depresións de

deflación con corredores moi marcados de dirección NO-SL por ventos do NL. Nos

temporais as fortes ondadas aproveitan as cubetas de deflación, formando abanicos de

tormenta. A lagoa atópase xa moi ateigada de sedimentos, presentando unha notable

Page 24: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

24

flutuación estacional na súa salinidade, e, nas súas marxes, a característica zonificación

de mariñas en contacto coas dunas e uceiras cara ao interior.

Estes humidais constitúen ecosistemas moi valiosos, cunha enorme diversidade

biolóxica, determinada polas particulares condicións existentes. Os hábitats naturais de

interese comunitario que motivaron a súa inclusión como Lugar de Importancia

Comunitaria son os que seguen: lagoas costeiras, cantís con vexetación das costas

atlánticas e bálticas, pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae),

dunas móbiles embrionarias, dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas

brancas), dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises), uceiras secas

europeas, uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo, prados húmidos mediterráneos

de herbas altas do Molinion-Holoschoenion, bosques aluviais de Alnus glutinosa e

Fraxinus excelsior (Alno padion, Alnion incanae e Salicion albae).

As duras variables ambientais (vento, salinidade, alta insolación, sequidade, escaseza de

nutrientes, mobilidade da area, etc.), fan que o número de especies de plantas que aquí

habitan sexa escaso, pero de moi alto valor ecolóxico, por estaren moi especializadas e

adaptadas ao ambiente litoral e seren exclusivas destes ecosistemas.

No monte e lagoa de Louro existe unha vexetación constituída, na súa maior parte, por

especies pirófitas e acidófilas capaces de sobrevivir en solos degradados e está

dominada por toxais de Ulex europaeus. A auga da lagoa é salobre e existen

comunidades vexetais adaptadas aos diferentes grados de salinidade e hidromorfia. Hai

unha superficie considerable de cañaverais (Phragmites australis), de xuncais de

Scirpus holoschoenus e de Schoenus nigricans e de praderías de Puccinella.

A lagoa é un lugar de invernada de aves acuáticas, principalmente anátidas, limícolas e

mariñas, cunha ampla variedade de especies aniñantes e invernantes. Entre elas

destacan: alavanco real (Anas platyrhynchos), galiñola negra (Fulica atra), galiñola

(Gallinula chloropus), agulla colipinta (Limosa lapponica), garza cincenta (Ardea

cinerea), garzota (Egretta garzetta), corvo mariño real (Phalacrocorax aristotelis),

gaivotas (Larus sps.), charneco (Anas crecca), e somorgullo pequeno (Tachybaptus

ruficollis). No Tomo II (Aves) do “Atlas de Vertebrados de Galicia” (SGHN, 1995),

Page 25: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

25

que inventaria as especies de aves aniñantes en Galicia, informa da importancia e

diversidade desta zona incluíndo Louro dentro das Áreas de Interese Ornítica en

Galicia, na categoría B (cun número de aves aniñantes entre as 66 e 79 especies).

Entre os anfibios e réptiles debemos destacar a existencia de especies mediterráneas,

que teñen na zona o seu límite setentrional de distribución, como sapo de espolóns

(Pelobates cultripes) e o esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai). Ademais destas

especies é frecuente na zona atopar: a serpe riscada (Elaphe scalaris), a lagartixa rabuda

(Psammodromus algirus), o lagarto arnal (Lacerta lepida), o lagarto das silvas (Lacerta

schreiberi), e a saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica).

Por último cabe destacar a presenza dun mamífero bioindicador das boas condicións das

augas dos ríos, como é a lontra (Lutra lutra).

Page 26: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

26

5.- MEMORIA EXPLICATIVA DO PROXECTO

ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DA

SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE SINALIZACIÓN INTELIXENTE

PARA O MUNICIPIO DE MUROS

Artigo 1º. OBXECTO DA MEMORIA

O obxecto da presente memoria é describir os traballos e fixar as condicións técnicas

que rexerán a subministración e instalación de sinalización intelixente para o municipio

de Muros.

Artigo 2º. DEFINICIÓN

2.1 Introdución e antecedentes

A sociedade de información e o coñecemento xerou un profundo impacto nos hábitos

relacionados con todas as actividades sociais, culturais e económicas. O turismo non

podía ser alleo a iso, non hai que esquecer que tanto a adopción de internet como o

desenvolvemento do comercio electrónico foron máis rápidos no sector turístico que

noutros sectores económicos.

Así pois a adaptación á nova economía dixital é clave para a promoción económica e

turística do municipio de Muros. De modo que tanto o sector público (xestores do

destino) como o privado (comercios, empresas hostaleiras, de restauración, de

actividades turísticas e outras) teñen que estar preparados para cubrir os requirimentos e

necesidades do novo visitante ou turista dixital (moi informado, multicanle moi

esixente) se queren aspirar a ser un destino recoñecido a nivel nacional e internacional.

O obxectivo básico para a transformación do municipio de Muros nun Destino

Intelixente no ámbito da promoción e información turística é integrar e atender as

necesidades de todos os actores implicados:

Page 27: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

27

• Os turistas e visitantes esperan un municipio que lles acolla e acompañe,

dándolles información antes da viaxe, recibíndoos e guiándoos con sinalización

durante a súa estancia.

• Os servizos turísticos necesitan rendibilizar os investimentos realizados para

crear produtos e servizos turísticos, e entre outras cousas requiren para iso

ferramentas de promoción que lles dean visibilidade para chegar aos seus

clientes da maneira máis directa e económica posible cando cheguen ao destino

de Muros.

• O sector público xestor do destino, en particular o concello, desexa promover a

economía do seu municipio de forma sustentable e competitiva, e desexa

aproveitar o turismo para xerar riqueza e emprego non deslocalizable.

Para cumprir estes obxectivos, o concello de Muros consciente da importancia do sector

do turismo no municipio, desexa levar a cabo a implantación dun sistema de

sinalización turística intelixente que permite alcanzar os obxectivos antes citados.

2.2 Obxecto

O obxectivo é a dotación de equipamentos de sinalización turística intelixente para a

cidade de Muros, que inclúe os seguintes compoñentes básicos:

Compoñente 1: Equipamentos de sinalización

• Sinalización dinámica direccional do núcleo urbano

o Sinalización direccional peonil

• Sinalización informativa peonil

o Paneis directorio / planímetro de Información Turística

Compoñente 2: Sistemas de xestión e información

• Conectores Off-On: Chips NFC

• Servizo para a xestión de sinalización

• Sistema de información turística

Page 28: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

28

Co fin de que a cidade de Muros dispoña dun equipamento de sinalización Intelixente

estruturado, funcional e operativo, este deberá cumprir os seguintes requirimentos

xerais:

Calidade de equipamentos de sinalización (continente)

Mobiliario de excelente calidade que poña en valor os recursos sinalizados, e que á súa

vez sexa fácil de manter (engadir, quitar ou substituir calquera dos elementos) evitando

así custos suplementarios unha vez realizada o investimento inicial. O deseño e o

contido da información ten que ser claro e conciso, para facilitar ao máximo a

comprensión a turistas e outros visitantes.

Calidade da información (contidos)

O municipio de Muros conta con numerosos servizos, puntos de interese e recursos

turísticos. Por iso, para facilitar ao visitante ou turista a organización dunha visita ou

estancia no municipio, é necesario estruturar a información. Por iso, é moi importante

que a representación en mapas da información relativa aos puntos de interese e recursos

turísticos estea xeolocalizada, tematizada, e sobre todo xerarquizada (por niveis de

interese e por nivel de zoom) para que o usuario, en pouco tempo, poida descubrir os

principais atractivos do municipio e organizar ao redor deles unha viaxe ou estancia en

Muros.

Actualización de contidos (personalización segundo a localización)

Para un municipio como o de Muros a capacidade de xestionar a información turística

dos seus recursos é un elemento esencial na política de promoción turística. Por iso, o

servizo técnico de turismo require unha plataforma que lle permita xestionar, de

maneira autónoma, directamente a información que mostrará en cada unha das

conexións on-line dos seus sinais intelixentes.

Page 29: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

29

Tecnoloxía (acceso fácil e gratuíto)

Implantarase un servizo na nube (“cloud computing”) que funcione con calquera

navegador web e cuxo deseño permita o seu utilización en calquera soporte:

computadores fixos, portátiles, tabletas e teléfonos móbiles de tipo Smartphone. En

tanto que administración pública, a información turística que ofrecerá o municipio de

Muros nos seus sinais intelixentes deberá ser gratuíta e de fácil acceso para os turistas

ou visitantes.

2.3 Descrición do os traballos a desenvolver

Compoñente 1: Equipamentos de sinalización

O traballo consistirá no seguinte:

- Subministración dos sinais dos tipos que se especifican na presente memoria

(artigo 3º).

- Retirada dos equipamentos actuais cuxa función e finalidade sexa asumida pola

nova sinalización.

- Instalación de todos os elementos sinalizadores de acordo cun estudo de detalle

previamente realizado polo contratista e validado polos técnicos competentes polos

técnicos do concello.

- Elaboración do deseño e dos textos explicativos de cada un dos recursos

(sinalización identificativa e interpretativa de recursos).

- Elaboración dos decorados a incluír nos puntos de información turística, no que

se incluirán todos os elementos destacados do municipio e barrio ou zona de

localización.

- Todos os tipos de sinais deberán levar, no lugar que se determine, os logotipos

das administracións competente.

Page 30: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

30

Compoñente 2: Sistemas de xestión e información

Unha sinalización moderna é un elemento prioritario na ordenación do sistema de

mobilidade do municipio de Muros, tanto para a posta en valor dos seus recursos como

para o consumo das actividades e servizos, en particular os ligados ao turismo. Para iso

resulta fundamental que a sinalización estea integrada e poida satisfacer tamén os

requirimentos e expectativas dixitais dos turistas e visitantes, proporcionándolles unha

orientación e información clara.

Unha aplicación importante de Internet das Cousas no ámbito do turismo é a capacidade

de integrar nos equipamentos de sinalización peonís (sinais de orientación, tótems,

planímetros, paneis interpretativos, placas, etc.) conexións ao sistema de información

turística online do destino. Con iso sumamos a universalidade de acceso do sistema de

sinalización coas posibilidades brindadas polas novas tecnoloxías online.

A implementación do sistema intelixente de sinalización no municipio de Muros deberá

incluír os seguintes conceptos e requirimentos:

- Tecnoloxías de conexión Off-On a implementar: chips NFC e Beacons.

- Implementación dun sistema de xestión de dispositivos de conexión capaz de

traballar con información xeorreferenciada e que funcione na nube. O sistema deberá

inventariar todos os sinais intelixentes do municipio.

- Implementación dun sistema de información turística multidioma para o

municipio de Muros que permita a consulta da información en cada conexión on-line.

En cada sinal intelixente a información que recibirá o usuario poderá ser actualizada de

maneira sinxela polos técnicos do concello e ofrecerá información relevante para o

turista ou visitante (en particular os recursos e puntos de interese próximos, servizos

turísticos, lugares de compras, paradas de taxi e servizos de urxencia).

Page 31: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

31

- Formación técnica aos técnicos do concello para a xestión do sistema intelixente

de sinalización.

Artigo 3º. RELACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE SINALIZACIÓN

- Sinalización direccional peonil en núcleo urbano

Sinal direccional peonil de recursos: 45 ud

Instalación: 11 ud

Deseño contidos: 11 ud

- Puntos, directorios de Información Turística

Puntos de Información Turística dobre cara de 1.400 x 1.400 mm: 5 ud

Instalación punto de información: 5 ud

Deseño contidos: 5 ud

Artigo 4º. CARACTERÍSTICAS DOS EQUIPAMENTOS DE SINALIZACIÓN

Punto de Información

Placa

Placa nunha soa peza en chapa de aluminio maciza de 8 mm. de grosor. Tratamento de

superficie do aluminio mediante anodizado ou conversión química. Esta placa estará

lacada en po en cor gris pola parte posterior e lateral. A rotulación da cara dianteira

realizarase mediante impresión dixital mediante sistema de inxección de tinta (piezo)

cunha resolución de impresión de 1400 ppp. As tintas utilizadas deben ser eco-

solventes, proporcionando gran durabilidade e unha alta gama de cores sen agresións ao

medio ambiente. A impresión realizarase sobre vinilo adhesivo de alta calidade de base

Page 32: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

32

PVC, onde se aplicará, unha vez realizada a impresión, unha lamina transparente de

protección Ou.V. e antigraffiti. Dimensión da placa: 1400 x 1400 x 8 mm.

Soportes

Soportes telescópicos cun diámetro estable de 90 mm, realizados en aluminio aliaxe

6060, 6005, 6062 ou 6063 ó similar, extrusionado e posteriormente anodizado (mínimo

15 micras). Lacados en po en cor gris. A parte inferior do soporte será lisa, e a parte

superior onde vai fixada a placa será con guías por tal de permitir a súa fixación. Na

parte superior fixarase un tapón para obstruír a parte superior e asegurar a

impermeabilidade.

Sistema de fixación

O sistema de fixación da placa ao soporte realizarase mediante sistema de pinza de

aluminio maciza, de tal maneira que se garanta a rixidez da unión. A tornillería deberá

quedar totalmente oculta.

Anilla de personalización

O conxunto irá personalizado con dous anillas da mesma sección que o soporte, de cor

diferente, e co grafismo do escudo do Concello.

Sinalización direccional peonil

Indicador de lugar

Indicadores nunha soa peza en chapa de aluminio maciza de 8 mm. de grosor.

Tratamento de superficie do aluminio mediante anodizado ou conversión química. Estes

indicadores estarán lacados en po en cor RAL. a elixir. A rotulación realizarase

mediante vinilo homologado reflector RA1. A rotulación será a dobre cara.

Dimensión dos indicadores: 800 x 90 x 8 mm.

Page 33: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

33

Soportes

Soportes telescópicos cun diámetro estable de 90 mm, realizados en aluminio aliaxe

6060, 6005, 6062 ou 6063 ó similar, extrusionado e posteriormente anodizado (mínimo

15 micras). Lacados en po en cor gris forxa. A parte inferior do soporte será lisa, e a

parte superior onde van fixados os indicadores será con guías por tal de permitir a súa

fixación cada 45º. Na parte superior fixarase un tapón para obstruír a parte superior e

asegurar a impermeabilidade.

O soporte deberá incluír un beacon conectado co seu sistema de información no que o

concello poida verificar o correcto funcionamento do sistema tal e como se describe no

artigo artigo 2, epígrafe 2.3.

Sistema de fixación

O sistema de fixación dos indicadores ao soporte realizarase mediante sistema de pinza

de aluminio maciza, de tal maneira que se garanta a rixidez da unión. A tornillería

deberá quedar totalmente oculta.

Anilla de personalización

O conxunto irá personalizado cunha anilla da mesma sección que o soporte, de cor

diferente, e co grafismo do escudo do Concello.

Todas estas sinais, instalaranse en zona de dominio público municipal, rúas, camiños,

etc do concello de Muros.

Page 34: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

34

6.- ORZAMENTO

Unidades Descrición Prezo/ud Prezo

Cap. 1 -Sinalización peonil

45 Placa dobre cara de aluminio de

800x90x8mm, con decorado rotulado

con vinilo de corte RFT. RA1 (EG).

Incluída pinza de fixación, tubo exterior

de 8 posicións e tornillería. Incluída

instalación.

125,50 € 5.647,50 €

11 Soporte telescópico de aluminio de Ø90

x 5mm de 3m de base con tubo interior

de 1,50m, con imprimación cromo-

fosfato e pintado ó forno. Incluído tapón

de 40mm e instalación.

225,00 € 2.475,00 €

11 Anilla de personalización de aluminio Ø

90mm de 80mm de altura, acabado

color RAL

15,00 € 165,00 €

5 Tapón de plástico para conxuntos de 90

mm de diámetro e 100 mm de altura,

preparado para albergar BEACONS.

89,50 € 447,50 €

5 Punto de información a dobre cara de

1400x1400 mm, con decorado impreso

en vinilo a toda cor con protección

antigrafiti. Doble soporte lateral

telescópico de Ø 90x5mm de 1,50 m e

pinza de suxeición. Incluído tapón de

40mm acabado lacado e instalación.

2.150,00 € 10.750,00 €

Cap. 2 - Sistema de sinalización

intelixente

1 Implantación, asistencia e mantemento

do sistema de información intelixente e

integración na sinalización turística

intelixente. Incluído código QR, chip NFC

e BEACONS (5ud) nos elementos de

sinalización.

10.500,00 € 10.500,00 €

Page 35: MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O … · da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas. ... Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións

CONCELLO DE MUROS

35

500 Tarxeta NFC 1,50 € 750,00 €

TOTAL 30.735,00 €

IVE 21% 6.454,35 €

TOTAL IVE INCLUIDO 37.189,35 €