memoria descritiva e grÁfica das actividades de … · lingüística. a actividade consistiu na...

24
MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE FOMENTO DO USO DO GALEGO Dende o equipo de dinamización lingüística, sempre en coordinación cos equipos de biblioteca e actividades complementarias e extraescolares, propuxemos, recomendamos, orientamos e asesoramos sobre a posta en marcha das seguintes actividades distribuidas por trimestres. 1º TRIMESTRE: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, do 19 ao 27 de outubro leváronse a cabo unha serie de actividades nas que os nenos e nenas de primaria exploraron as seccións da nosa biblioteca, seguiron as pistas que lles deixou Pepón (a nosa mascota), traballaron en equipo, colleron o seu primeiro libro e algún ou algunha levou a mochila viaxeira. Cunha mensaxe nunha botella empezou a actividade de 1º a 4º: ” Pepón proponche un xogo que mola mogollón… serás aventureir@ e ademais explorador . Se atopas o camiño , que gran emoción! “ Para os maiores a actividade baseouse en descrifrar cinco mensaxes secretas e facer o que alí se pedía: "a/orodarolpxe narg oneuqep sáres sarficsed sexasnem sa es…nóllogom alom euq ogox nu nu ehcnoporp nópeP"

Upload: others

Post on 26-Jan-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS

ACTIVIDADES DE FOMENTO DO USO DO

GALEGO

Dende o equipo de dinamización lingüística, sempre en coordinación cos equipos de

biblioteca e actividades complementarias e extraescolares, propuxemos, recomendamos,

orientamos e asesoramos sobre a posta en marcha das seguintes actividades distribuidas

por trimestres.

1º TRIMESTRE:

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, do 19 ao 27 de outubro

leváronse a cabo unha serie de actividades nas que os nenos e nenas de primaria

exploraron as seccións da nosa biblioteca, seguiron as pistas que lles deixou Pepón (a

nosa mascota), traballaron en equipo, colleron o seu primeiro libro e algún ou algunha

levou a mochila viaxeira.

Cunha mensaxe nunha botella empezou a actividade de 1º a 4º:

” Pepón proponche un xogo que mola mogollón… serás aventureir@ e ademais

explorador . Se atopas o camiño , que gran emoción! “

Para os maiores a actividade baseouse en descrifrar cinco mensaxes secretas e facer o

que alí se pedía:

"a/orodarolpxe narg oneuqep sáres sarficsed sexasnem sa es…nóllogom alom

euq ogox nu nu ehcnoporp nópeP"

Page 2: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

SAMAÍN

Os días 28 e 29 de outubro celebrouse a festa de Halloween-Samaín cunha gran

exposición de manualidades na entrada do colexio, partindo dun rolo de papel hixiénico.

Ademais houbo:

un obradoiro de maquillaxe para os nenos/as de EI,

un obradoiro de cociña terrorífica nas clases de 1º e 2º,

visionado do vídeo-conto "A lenda do espantallo",

exposición de libros de medo na biblioteca,

e un terrorífico túnel do terror.

Page 3: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

MAGOSTO

O mércores 11 de novembro celebramos no Curros a festa do magosto.

Houbo unha degustación de froitos de outono, froitos secos, marmelos... e, por suposto,

castañas.

Tamén levamos a cabo unha sesión de xogos populares, organizada polos mestres de

Ed. Física, a través da cal pretendemos o achegamento do alumnado ós xogos de

tradición popular,adaptándoos ás idades dos nenos e nenas( o tirasoga, o tres en raia, a

carreira de sacos, os bólos,...)

Page 4: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Porque NON QUEREMOS VIOLENCIA DE XÉNERO, dende o Curros tentamos que

os máis pequenos tomasen conciencia de que homes e mulleres somos todos iguais.

O libro escollido foi:

O libro dos Porcos de Anthony Browne (Ed. Kalandraka)

Os alumnos/as maiores do centro fóronlles co conto ao resto do colexio e invitáronos a

pensar quen é a persoa da súa casa que traballa máis, se eles fan algo para axudar un

chisco...

Os/as mestres/as traballaron logo con eles//as o tema nas aulas.

Page 5: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

CONCURSO TARXETAS DE NADAL

Fíxose una exposición de tarxetas de nadal.

As tarxetas gañadoras foron enviadas como felicitación ás familias. Escolleuse unha

por ciclo.

Estas foron as bases:

Page 6: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

E así quedou a exposición de tarxetas:

Page 7: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

FESTIVAL DE NADAL

Para celebrar o Nadal levamos a cabo diversas actividades moi lúdicas para os nenos e

nenas do colexio nas que tamén eles/as participaron activamente:

obra de teatro "Espantallo amigo" de Neira Vilas, adaptada polo grupo Os

Quinquilláns,

obra de teatro do grupo do colexio coa obra: Nadal 2030. Zona cero.,

actuación da rondalla,

do grupo de pandeiretas

da little band

e entrega de agasallos aos gañadores do concurso de tarxetas de nadal.

Page 8: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

2º TRIMESTRE:

DÍA DA PAZ

Este curso, aproveitando que varios mestres/as tocan diferentes instrumentos: guitarra,

teclados, baixo, violín..., decidimos facer unha gran orquesta acompañados polos nenos

e nenas de 5º e 6º de Primaria (eles/as coas frautas) para celebrar o Día da Paz.

A canción escollida foi Blowind in the wind.

A canción pódese ver e escoitar na nosa canle de Youtube.

Page 9: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

ENTROIDO

Este ano o entroido do Curros fixo unha pequena viaxe por diferentes culturas do

mundo.

Previamente todo o colexio fixo un traballo de investigación para coñecer mellor a

cultura do país que lle tocou representar.

Page 10: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil
Page 11: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

ANIMACIÓN Á LECTURA

LECTURAS CO KAMISHIBAI

O equipo de voluntarios e voluntarias da biblioteca quixo agasallar aos seus

compañeiros/as cunhas sesións de contos co teatrillo xaponés kamishibai.

Os contos elixidos foron:

O gato con botas, para educación infantil

Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?, para toda a primaria.

Do 16 ao 24 de febreiro durante a HORA DE LER os diferentes cursos foron pasando

pola biblioteca para deleitarse coas imaxes e as historias que os nenos e nenas de 5º e 6º

ían contando.

Page 12: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

ANIVERSARIO DE ROSALÍA

Para celebrar o nacemento de Rosalía de Castro en Padrón (A Coruña) un 24 de febreiro

de 1837, dende a biblioteca propuxéronse dúas actividades:

1ª: Un puzzle da imaxe de Rosalía (reinterpretación en estilo pop feita polo Rei

Zentolo).

Page 13: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

2ª:Coñecemos a súa vida

Para facer esta última actividade pode e debe consultarse o blog da nosa biblioteca

(actividade de emprego das TICS).

SEMANA DA POESÍA

Os nenos e nenas de 5ºEP ( voluntarios/as da biblioteca) recitaron pola megafonía do

centro, durante a Hora de Ler, un poema cada día.

Aproveitando que este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Manuel María, as

poesías que se escoitaron foron da súa autoría.

Page 14: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

Estas foron as poesías de Manuel María que se "degustaron":

Page 15: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

ANIMACIÓN Á LECTURA

VISITA DOS COELERNI EXPLORADORES

Os luns, na hora de ler, os Coeleni exploradores estiveron lendo historias aos devorado-

res de libros de educación infantil.Vai por sorteo, cada luns tócalle a dous/tres nenos/as

de infantil.

3º TRIMESTRE

ANIMACIÓN Á LECTURA

Un grupo de alumnas de 6º EP contoulles o conto "O soño de Esther"( escrito por

Miguel Ángel Alonso Diz e ilustrado por Luz Beloso) ao alumnado de educación

infantil.

Noa, Irea, Sheila, Helena, Ana, Nayara e Ainoa estiveron preparando durante moitos

días a historia.

Ademais da interpretación, fixeron unhas preciosas manualidades coas que

ambientaron o conto.

Page 16: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

Esta vez fóronlles co conto a nenos/as de 1º, 2º e 3º curso de primaria.

Ainhoa, Lucía, Marta e Jorge foron os encargados de deleitar aos nenos agraciados coas

lecturas: "Bola de manteiga" e É rara Makeke?

Os días 12, 13 e 14 de abril un novo grupo de alumnas de 6º contoulle ao alumnado de

infantil o conto: "O valente coello que quixo soñar" escrito por Miguel Ángel Alonso

Diz e ilustrado por Luz Beloso).

Durante esta semana pasada un grupo de alumnas de 6ºEP contoulle o conto "Seis

barbudos" ( escrito por Mar Pavón e ilustrado por Vitali Konstantinov) , a todo o

alumnado de educación infantil.

Antón, Brais, Noa, Celia, Iván, Rebeca e Fátima Jeimar estiveron preparando durante

moitos días a historia. Ademais da interpretación, fixeron unhas preciosas

manualidades coas que ambientaron o conto.

Page 17: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o Día do Libro coa actividade “Apadriña un lector”

organizada polo equipo de biblioteca en colaboración co equipo de dinamización

lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º

aos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria.

O libro escollérono días antes na biblioteca, tendo en conta a idade dos oíntes, para

preparar a lectura do mesmo.

O espazo escollido para as lecturas foi o patio de infantil. A hora elixida foi a "hora de

ler”.

LETRAS GALEGAS

O mércores 18 de maio celebramos no Auditorio de Celanova o Día das Letras Galegas

coas seguintes actividades:

actuación do grupo de teatro do centro coa súa función "O Elixir",

Page 18: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

pandeirada por parte dos alumnos de pandeireta,

actuación do grupo musical Little Band,

presentación da curtometraxe "Diamantes",

presentación do libro de teatro "Facendo Teatro" realizado polos alumnos/as

de 5º e 6º.

PRESENTACIÓN DO LIBRO FACENDO TEATRO

Na elaboración do libro participaron os nenos e nenas de 6º de Primaria, para elaborar

as historias, baixo a supervisión dun mestre coordinador e o alumnado de 5º para

realizar as ilustracións coa supervisión do mestre de pintura de extraescolares.

Page 19: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil
Page 20: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE “DIAMANTES”

Obradoiro de audiovisuais: os nenos e nenas que participan neste obradoiro foron os

protagonistas da curtametraxe titulada “Diamantes”.

Está colgada na nosa canle de Youtube.

COORDINADORA COMARCAL

Os alumnos/as dos centros da coordinadora comarcal de dinamización lingüística Terras

de Celanova-Baixa Limia participaron ao longo do curso levando a cabo diferentes

actividades:

Elaboración dun almanaque tendo en conta a paisaxe da contorna vista dende un

punto de vista romántico.

Exposición de traballos sobre o romanticismo na paisaxe.

Encontro pola normalización lingüística na comarca.

Page 21: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

XUNTANZA CURROS ENRÍQUEZ

Esta actividade, á que asistiu o alumnado de 5º EP, que está organizada pola

Fundación Curros Enríquez, pretende reunir periodicamente en Celanova aos alumnos

dos centros que levan o nome do poeta e realizar actividades na súa vila natal entre as

que destacan: coñecemento da vila de Celanova, concerto didácticos de órgano no

mosteiro de San Rosendo, visita á Casa dos Poetas e á capela de San Miguel,

coñecemento da obra dos autores de Celanova e dos arredores e visita a Vilanova dos

Infantes e ao Cristal.

TEATRO DE MONICREQUES

O alumnado de 4º de Primaria presentou a obra de teatro de monicreques “Romeo e

Xulieta: amor baixo dunha maceta” creada por eles/as.

Esta obra está enmarcada no ámbito do desenvolvemento da capacidade lingüística,

tanto oral como escrita.

Hai que dicir tamén que os monicreques tamén foron creados polos nenos e nenas de 4º

dentro dun obradoiro de manualidades.

Page 22: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

Páxina web e uso das novas tecnoloxías

Destaca a utilización da páxina web do centro como medio de información continua

cara as familias e toda a comunidade escolar, como medio para ver as actividades que se

fan no centro, as visitas, as excursións e como recurso para realizar actividades variadas

cos alumnos: xogos, busca de información, visualización de vídeos,….

Nela fomos metendo información das actividades promovidas polo Equipo de

Dinamización Lingüística en colaboración cos Equipos de Biblioteca e de Actividades

Complementarias e Extraescolares.

O enderezo da nosa páxina web é:

http://centros.edu.xunta.es/ceipcurrosenriquez.celanova/

Page 23: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

Utilizáronse tamén o encerado dixital, os ordenadores da aula de informática e os da

propia aula para desenvolver as actividades de fomento do uso do galego.

Tanto os nenos/as como os mestres/as utilizamos o blog canistrel ( blog da biblioteca)

para informarnos de actividades que ían acontecer, resolver enigmas, música e libros

que se podían utilizar, etc...

Todo o alumnado acudiu puntualmente durante os períodos de recreo para utilizar os

ordenadores da biblioteca para buscar información, facer traballos, entreterse con xogos

educativos... (emprego das TICS)

Todos os mestres/as do centro asistimos con regularidade, ao longo do curso, a

pequenos cursos de formación relacionados coas novas tecnoloxías coa finalidade de

reflectir estes coñecementos na práctica co alumnado.

AVALIACION DO PROXECTO

En xeral a valoración do desenvolvemento do Proxecto de Actividades foi satisfactorio.

Fixemos como sempre, máis actividades das que estaban previstas (foron xurdindo ao

longo do curso) pero que resultaron de gran interés xeral para os/as nenos/as.

Acadamos plenamente os obxectivos propostos no noso proxecto, tanto a nivel de

contorno como a nivel de profesorado, alumnado e centro.

A Dirección do centro colaborou en todo o que se lle pediu.

Houbo unha gran participación, implicación, esforzo e traballo por parte de mestres/as e

alumnos/as nas actividades propostas e da comunidade escolar en xeral. Os pais, nais e

familias participaron principalmente nas festas tradicionais como o Magosto e o

Entroido, colaboraron no Samaín, coas tarxetas de nadal, xogo dos enigmas, tamén

aportando material para a posta en marcha de diferentes actividades e sempre que se

solicitou a súa axuda..

Vimos unha resposta moi positiva ás actividades propostas en colaboración co equipo

de biblioteca: Samaín, Día do Libro, concurso de tarxetas de nadal, Día da poesía…

Tamén houbo colaboración co Concello, coa Fundación Curros Enríquez, co IES de

Celanova e coa Cooordinadora Comarcal Terras de Celanova e Baixa Limia.

As propostas de actuación de mellora cara o vindeiro ano, céntranse principalmente no

tocante ao mellor aproveitamento e uso das novas tecnoloxías e dos recursos

audiovisuais, xa que resultan ser un medio moi atractivo para o alumnado, e estaremos

Page 24: MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DAS ACTIVIDADES DE … · lingüística. A actividade consistiu na lectura dun libro por parte do alumnado de 3º a 6º aos nenos e nenas de infantil

abertos/as a todas as iniciativas que xurdan a principio de curso no noso Equipo. Dende

logo continuaremos coas actividades que por experiencia consideramos de interés entre

a comunidade escolar.

Celanova, 21 de xuño de 2016