memoria de calidade facultade de filoloxÍa2013-2014, recóllese información relativa ao sistema de...

30
MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA Curso Académico: 2013-2014

Upload: others

Post on 16-Aug-2021

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

MEMORIA DE CALIDADE

FACULTADE DE FILOLOXÍA

Curso Académico: 2013-2014

Page 2: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Páxinas

Introdución 3

Estrutura da Facultade de Filoloxía para o desenvolvemento do SGIC 4

Sistema de Garantía Interna de Calidade 8

Seguimento dos indicadores do SGIC 12

Informes de seguimento 24

Plan de melloras da Facultade de Filoloxía 25

2

Page 3: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Introdución

A Facultade de Filoloxía é consciente da importancia que ten a calidade no contexto universitario para garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia. Tomando como referencia a política de calidade da USC, a Facultade de Filoloxía elabora a súa política marcándose como principal obxectivo o desenvolvemento de programas formativos avalados por unha xestión de calidade como elemento clave e estratéxico para establecer un compromiso de máxima eficacia cos nosos grupos de interese.

Nesta Memoria de Calidade da Facultade de Filoloxía, correspondente ao curso académico 2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro e ao plan de melloras do centro para o curso 2014-2015, incluíndo as accións de mellora derivadas do seguimento dos títulos.

Esta Memoria de Calidade da Facultade de Filoloxía correspondente ao curso 2013-2014 foi aprobada pola Comisión de Calidade do centro con data 30/06/2015 e ratificada en Xunta de Facultade con data 30/06/2015.

3

Page 4: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Estrutura da Facultade de Filoloxía para o desenvolvemento do SGIC Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación do SGIC durante o curso 2013-2014 atangue a todas as titulacións impartidas no centro e a todos os colectivos da Facultade: alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos. Os títulos vinculados á Facultade de Filoloxía que estiveron vixentes durante o curso 2013-2014 son os seguintes (márcanse en azul os implantados neste curso):

- Grao en Filoloxía Clásica.

- Grao en Lingua e Literatura Españolas.

- Grao en Lingua e Literatura Galegas.

- Grao en Lingua e Literatura Inglesas.

- Grao en Linguas e Literaturas Modernas.

- Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura.

- Máster Mundus Encrucilladas nas Narrativas Culturais (EM Crossways in Cultural

Narratives). Integrado no Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura.

- Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións.

- Máster Universitario en Lingüística Aplicada.

- Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.

- Licenciatura en Filoloxía Alemá (en proceso de extinción).

- Licenciatura en Filoloxía Clásica (en proceso de extinción).

- Licenciatura en Filoloxía Francesa (en proceso de extinción).

- Licenciatura en Filoloxía Galega (en proceso de extinción).

4

Page 5: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

- Licenciatura en Filoloxía Hispánica (en proceso de extinción).

- Licenciatura en Filoloxía Inglesa (en proceso de extinción).

- Licenciatura en Filoloxía Italiana (en proceso de extinción).

- Licenciatura en Filoloxía Portuguesa (en proceso de extinción).

- Licenciatura en Filoloxía Románica (en proceso de extinción).

No caso dos estudos de licenciatura, non se impartiu docencia durante o ano académico 2013-2014, limitándose a actividade docente á realización de probas de avaliación, garantindo, en todo caso, os dereitos do estudantado.

Documentación de referencia

Considérase documentación de referencia para o desenvolvemento do SGIC, ademais do Manual do SGIC, do Manual de Procesos e Procedementos e da normativa xeral estatal, autonómica e da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a que se inclúe a continuación:

- Memoria do Grao en Filoloxía Clásica.

- Memoria do Grao en Lingua e Literatura Españolas.

- Memoria do Grao en Lingua e Literatura Galegas.

- Memoria do Grao en Lingua e Literatura Inglesas.

- Memoria do Grao en Linguas e Literaturas Modernas.

- Memoria do Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura.

- Memoria do Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións.

- Memoria do Máster Universitario en Lingüística Aplicada.

- Memoria do Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.

5

Page 6: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

- Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Filoloxía.

- Regulamentos de Réxime Interno dos departamentos adscritos á Facultade.

- Regulamento de Réxime Interno da Comisión Académica do Máster en Estudos Medievais: Imaxes, Textos e Contextos.

Os órganos de goberno, comisións e cargos que interveñen directamente no desenvolvemento do SGIC son o Equipo Decanal, a Comisión de Calidade do Centro, a Comisión de Títulos de Grao, as comisións de cada un dos títulos de grao e máster, a Responsable de Calidade do Centro e os/as coordinadores/as dos distintos títulos. As funcións de cada un dos órganos/cargos relacionados co desenvolvemento do SGIC poden consultarse no Capítulo 3 do Manual do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Filoloxía. Detállanse a continuación a composición e funcións da Comisión de Calidade:

MEMBROS DA COMISIÓN DE CALIDADE DO CENTRO

O/A decano/a da Facultade de Filoloxía, quen convocará e presidirá.

O/A Responsable de Calidade do Centro

Os/As coordinadores/as dos títulos, no curso 2013-2014: Grao en Filoloxía Clásica, Grao en Lingua e Literatura Españolas, Grao en Lingua e Literatura Galegas, Grao en Lingua e Literatura Inglesas, Grao en Linguas e Literaturas Modernas, Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura, Máster Universitario en Lingüística Aplicada, Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións e Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.

O/A Responsable da Unidade de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos.

Dous estudantes, un deles de grao e outro de posgrao.

Son funcións da Comisión de Calidade:

- Realizar o deseño, implantación, seguimento e mellora do SGIC da Facultade.

- Elaborar a Memoria de Calidade da Facultade, que englobará os distintos informes e memorias: informe de resultados do sistema, que inclúe a proposta do plan de melloras

6

Page 7: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

da Facultade para o curso seguinte; informe do seguimento da implantación do SGIC e as súas propostas de mellora e memorias de seguimento dos títulos, que inclúen as propostas de mellora, elaboradas polas correspondentes comisións de título.

Dado o elevado número de títulos que se imparten na Facultade de Filoloxía, esta Comisión precisa da colaboración estreita das comisións dos títulos para o correcto desenvolvemento do SGIC.

MEMBROS DA COMISIÓN DE TÍTULOS DE GRAO

O/A decano/a da Facultade de Filoloxía, quen convocará e presidirá.

O/A Responsable de Calidade do Centro

Os/As coordinadores/as dos graos

Dous estudantes

Durante o curso 2013-2014 a Comisión de Calidade do Centro reuniuse en dúas ocasións: o 13/12/2013 (reunión ordinaria) e o 25/06/2014 (reunión extraordinaria). Cómpre indicar que na sesión do 13/12/2013 a Comisión de Calidade aprobou (ademais dos informes de seguimento das titulacións de grao e máster) unha modificación do SGIC (aprobada posteriormente pola Xunta de Facultade o 19/12/2013), polo que a partir dese momento entrou en vigor o Manual Simplificado de Garantía Interno de Calidade do Centro.

7

Page 8: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Sistema de Garantía Interna de Calidade

O Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC) busca propiciar a mellora continua nas titulacións adscritas aos Centros da USC, permitíndolles acadar niveis de calidade que faciliten a súa acreditación e a renovación das mesmas de acordo ao establecido no RD 1393/2007 e no RD 861/2010. O SGIC marco da USC está deseñado seguindo o modelo das axencias de calidade nacional e autonómica, ANECA e ACSUG, e está articulado en 9 criterios e 46 directrices englobados en 5 eixes, que se corresponden cos programas elaborados polas axencias a estes efectos, denominados AUDIT e FIDES.

Dende xullo de 2009, a Facultade de Filoloxía conta cun Sistema de Garantía Interna de Calidade, cuxa documentación de referencia consiste nun "Manual del Sistema de Garantía de Calidad de la Facultad de Filología de la Universidad de Santiago de Compostela", onde se definen as características xerais do sistema, e nun "Manual de Procesos y Procedimientos".

A USC aprobou o primeiro SGIC marco en decembro de 2009, e a Comisión delegada do Consello de Goberno de Calidade e Planificación, na sesión que celebrou o 31 de maio de 2013, aprobou unha revisión do mesmo.

Todos estes documentos, así como o “Manual Simplificado do Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Filoloxía”, que foi aprobado en Xunta de Facultade o 19 de decembro de 2013, están dispoñibles a través da páxina web propia da Facultade de Filoloxía, no apartado dedicado ao Sistema de Garantía de Calidade: http://www.usc.es/fac_filoloxia/sgic.html.

A documentación relativa ao SGIC en vigor durante o curso 2013-2014 recóllese na Secretaría do Centro e nas vicerreitorías competentes relacionadas con cada proceso ou procedemento.

8

Page 9: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Actuacións máis relevantes

Como aspectos máis salientables tratados nas reunións da Comisión de Calidade, cabe destacar os seguintes:

- Modificación do SGIC. Na reunión do 13/12/2013 infórmase de que a Comisión de Calidade e Planificación da USC aprobou unha nova versión do Sistema de Garantía Interna de Calidade da institución, que require dunha adaptación dos manuais por parte dos centros. O manual do centro modificado foi aprobado pola Xunta de Facultade o 19/12/2013.

- Aprobación dos informes de seguimento dos títulos de grao e máster impartidos na Facultade correspondentes ao curso 2012-2103 (reunión do 13/12/2013).

- Aprobación da Memoria de Calidade do curso 2012-2013 (reunión do 25/06/2014).

Revisión do SGIC correspondente ao curso académico 2012-2013

A maior parte das Accións de Mellora recollidas na Memoria de Calidade da Facultade de Filoloxía correspondente ao curso 2012-2013 se levaron a cabo tal e como estaban planificadas:

AM1. Implantación do SGIC modificado e actualización da documentación en vigor. Data prevista de finalización: 31/12/2014; data de finalización: 02/02/2015.

AM5. Oferta de prácticas en empresas para os alumnos dos graos. Data prevista de finalización: xullo de 2014; data de finalización: febreiro de 2014.

AM6. Mellora do sistema de rexistro da mobilidade docente e investigadora do PDI do Centro. Data prevista de finalización: xullo de 2014; data de finalización: xullo de 2014.

AM7. Mellora do sistema de rexistro das actividades de difusión científica desenvolvidas polo PDI do Centro. Data prevista de finalización: xullo de 2014; data de finalización: xullo de 2014.

AM8. Organización de actividades dirixidas á captación de alumnado e a incrementar a visibilidade das titulacións filolóxicas diante da sociedade. Data prevista de finalización: xullo de 2014; data de finalización: xuño de 2014.

9

Page 10: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

As principais actividades desenvolvidas relativas a esta AM foron as seguintes:

Participación do persoal docente e investigador do Centro no programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC con charlas informativas sobre a oferta de títulos da USC en distintos centros de ensino secundario. Tiveron lugar ao longo do curso.

No marco do mesmo programa, entre o 18 e o 21 de febreiro de 2014 organizáronse visitas de estudantes de ensino medio á Facultade. Os responsables do equipo decanal fixeron unha presentación da oferta académica do centro á que tamén asistiron os coordinadores dos graos. Ao final da charla, os estudantes interesados puideron facer preguntas específicas sobre os diferentes títulos.

Participación nas XXII Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, organizadas polo Concello da Coruña (7 de abril de 2014), nas que se presentou toda a oferta académica da Facultade a estudantes de ensino medio.

Distribución de folletos sobre a oferta de títulos de grao da Facultade nas sedes das Comisións Delegadas das Probas de Acceso á Universidade (xuño de 2014).

Especificamente, en relación co Grao en Filoloxía Clásica: organización de diversas xornadas e actividades de divulgación, varias en colaboración coa SEEC-Galicia (cf. http://www.usc.es/gl/departamentos/latin_grego/index.html e http://seecgalicia.org/): curso "A influencia de Grecia e Roma na cultura occidental" (febreiro-marzo 2014); curso de formación permanente "Investigación universitaria e docencia en secundaria e bacharelato" (xullo 2014); concurso Odisea (decembro 2013); Certamen Ciceronianum (febreiro 2013); Festival de teatro grecolatino (marzo 2014); viaxe a Italia (marzo 2014); conferencias varias.

Sen embargo, tres das Accións de Mellora incluídas na Memoria de Calidade do curso 2012-2103 non se realizaron:

AM2. Deseño e implementación dun plan estratéxico da Facultade de Filoloxía durante o 2014. Data prevista de finalización: 31/12/2014

Sendo unha acción de realización inescusable en opinión da Comisión de Calidade do Centro, pero recoñecendo as dificultades para poñela en práctica, esta decide incluíla de novo como Acción de Mellora na presente Memoria, aínda que intentando ser máis realista coa data prevista de finalización, que se adía ata o 31/12/2016.

AM3. Sistematización na elaboración do plan de mellora anual a través da Aplicación de Apoio ao Sistema de Xestión da USC. Data prevista de finalización: 31/12/2014.

Tendo en conta os problemas continuos que provoca o emprego da AASX, os diferentes colectivos que participan na elaboración dos Informes de Seguimento dos títulos e da Memoria de Calidade do Centro decidiron retirar esta Acción de Mellora á espera de contar cunha

10

Page 11: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

aplicación informática máis amigable e eficaz.

AM4. Organización de actividades formativas sobre as titorías programadas. Data prevista de finalización: xullo de 2014

A experiencia adquirida durante os anos de implantación dos novos títulos de Grao, en particular en relación co desenvolvemento das titorías programadas, provocou que a demanda de formación por parte do profesorado baixase drasticamente; como consecuencia decidiuse obviar esta acción de mellora.

11

Page 12: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Seguimento dos indicadores do SGIC

Indicadores relativos ao acceso e admisión de estudantes

IN01C-PC-05 Prazas ofertadas. O número de prazas ofertadas para o curso académico 2013-2014 foi de 425.

TOTAL 425 Máster Universitario en Estudos Medievais... 25 Máster Universitario en Estudos Ingleses:... 0 Máster Universitario en Estudos Lingüísticos 0 Máster Universitario en Estudos Teóricos e... 0 Máster Universitario en Estudo e Edición de Textos... 0 Grao en Filoloxía Clásica 25 Grao en Lingua e Literatura Españolas [S] 50 Grao en Lingua e literatura galegas 50 Grao en Lingua e Literatura inglesas 100 Grao en Linguas e Literaturas Modernas 75 Máster Universitario en Estudos da Literatura e da... 40 Máster Universitario en Lingüística Aplicada 30 Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados... 30

IN02C-PC-05 Matrícula. O número de estudantes matriculados no curso 2013-2014, sen contabilizar os de programas de mobilidade, foi de 1170. Como se pode ver na seguinte táboa, a matrícula foise incrementando, ininterrompidamente, dende o curso 2009-2010, cando se empezaron a impartir os títulos de grao:

Curso Nº de estudantes 2013-2014 1170 2012-2013 1016 2011-2012 853 2010-2011 692 2009-2010 356

Ofrecemos os datos desagregados dos graos dos dous últimos cursos, que son os únicos susceptibles de seren comparados, xa que en cursos anteriores os estudos de Grao non cubrían os catro anos. Respecto aos másteres, só poden compararse os datos do Máster Universitario

12

Page 13: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

en Estudos Medievais, porque a oferta académica do Centro en relación cos estudos de posgrao sufriu unha transformación no curso 2013-2014 que consistiu na implantación de novos títulos que substituíron os anteriores (na táboa os títulos substituídos ou integrados aparecen en gris). En todo caso, distinguindo entre os títulos novos e os vellos, pódese comprobar o incremento de alumnado, e por tanto o interese dos títulos implantados no curso 2013-2014.

Título 2012-2013 2013-2014 Grao en Filoloxía Clásica 57 64 Grao en Lingua e Literatura Españolas [S] 181 208 Grao en Lingua e Literatura Galegas 98 97 Grao en Lingua e Literatura Inglesas 376 447 Grao en Linguas e Literaturas Modernas 212 251 Máster Universitario en Estudos Medievais... 14 26 Máster Universitario en Estudos Ingleses:... - 6 Máster Universitario en Estudos da Literatura e da... - 26 Máster Universitario en Lingüística Aplicada - 12 Máster Universitario en Estudos Lingüísticos 9 3 Máster Universitario en Estudos Teóricos e... 21 7 Máster Universitario en Estudo e Edición de Textos... 9 1 Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados... 16 22 Máster Universitario en Lingüística Galega 2 - Máster Erasmus Mundus: Unha Encrucillada nas... 21 -

Considerando que os datos dos másteres se explican en boa parte polos cambios na oferta, en relación cos graos pode observarse que todos os títulos incrementaron o número de estudantes, salvo o Grao en Lingua e Literatura Galegas, que se mantivo practicamente na mesma matrícula. Respecto a este dato, así como o relativo ao número de matriculados no Grao en Filoloxía Clásica, as Comisións dos dous títulos e a Comisión de Calidade do Centro traballaron e traballan para mellorar as cifras, como se evidencia nas propostas de mellora.

IN03C-PC-05 Matrícula de novo ingreso. Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Recóllense na seguinte táboa os datos do Centro dende o curso 2009-2010:

Curso Nº de estudantes 2013-2014 388 2012-2013 337

13

Page 14: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

2011-2012 371 2010-2011 483 2009-2010 345

Ofrecemos, para seren comentados, os datos desagregados dos graos, dado que, como se indicou, os másteres (coa excepción do Máster en Estudos Medievais Europeos) experimentaron transformacións que impiden as comparacións.

Título 2013-2014 2012-2013 2011-2012 2010-2011 2009-2010 Grao en Filoloxía Clásica 23 23 22 9 25 Grao en Lingua e Literatura Españolas [S] 56 58 59 76 35 Grao en Lingua e Literatura Galegas 25 26 32 48 42 Grao en Lingua e Literatura Inglesas 120 106 102 198 104 Grao en Linguas e Literaturas Modernas 81 75 76 59 49 Obsérvase que no curso 2010-2011 hai importantes diferenzas en relación co resto dos cursos: O Grao en Filoloxía Clásica sufriu unha baixada no número de matriculados que resultou ser unha excepción, dado que este título mantén unha matrícula moi estable en volta dos 20/25 alumnos durante todo o período; os Graos en Lingua e Literatura Españolas e Lingua e Literatura Inglesas tiveron picos de matrícula que incidiron negativamente na calidade da docencia, razón pola cal, a partir do curso 2011-2012, a Facultade decidiu establecer limitación de prazas (100 no Grao en Lingua e Literatura Inglesas; 75 no Grao en Linguas e Literaturas Modernas; 50 nos Graos en Lingua e Literatura Españolas e Lingua e Literatura Galegas e 25 no Grao en Filoloxía Clásica); o Grao en Lingua e Literatura Galegas sofre unha paulatina baixada na matrícula, respecto da cal tanto a Comisión do título, como a Comisión de Calidade do Centro, o Departamento de Filoloxía Galega e o Decanato da Facultade están a traballar arreo en propostas de mellora de diverso tipo (véxase o apartado correspondente, así como os IS do Grao en cuestión). O Grao en Linguas e Literaturas Modernas consolídase coma unha opción de escolla cada vez máis demandada na oferta de estudos de Grao da Facultade.

IN04C-PC-05 Matrícula de inicio de estudos. Número de estudantes que se matriculan en 1º curso dun plan de estudos por 1ª vez, é dicir, sen contar os estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción. No curso 2013-2014 a matrícula foi de 365. A continuación ofrecemos os datos desagregados

14

Page 15: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

dos Graos (excluímos os másteres polas razóns xa aducidas), comparando as cifras coas de novo ingreso:

Título Novo ingreso Inicio de estudos Grao en Filoloxía Clásica 23 21 Grao en Lingua e Literatura Españolas [S] 56 56 Grao en Lingua e Literatura Galegas 25 21 Grao en Lingua e Literatura Inglesas 120 109 Grao en Linguas e Literaturas Modernas 81 76

Pode observarse que as diferenzas non son moi relevantes salvo, talvez, no Grao en Lingua e Literatura Inglesas. Probablemente se deba a validacións de alumnos provenientes doutras universidades do SUG, que buscan estudos máis especializados e/ou de maior calidade na USC. En todo caso, a Comisión de Títulos de Grao e a Comisión de Calidade do Centro deberían analizar o dato, de consolidarse nos seguintes cursos.

IN05C-PC-05 Variación da matrícula de inicio de estudos. Taxa de variación relativa (en porcentaxe) da matrícula de inicio de estudos. A diferenza entre inicio de estudos do curso actual e o anterior é de -3.47, é dicir, hai un 3,47% menos de alumnos matriculados en 1º curso por 1ª vez. Esta porcentaxe mellora a do curso anterior, cifrada no 4,73% (menos). De todos os xeitos, os datos desagregados demostran que a situación é diferente nuns títulos e noutros. De novo, manexamos unicamente datos dos Graos polas razóns xa expostas:

Título Diferenza Variación Grao en Filoloxía Clásica -2 -8.7 Grao en Lingua e Literatura Españolas [S] 1 1.82 Grao en Lingua e Literatura Galegas -3 -12.5 Grao en Lingua e Literatura Inglesas 9 9 Grao en Linguas e Literaturas Modernas 5 7.04

Podemos observar que só son dous os títulos de grao nos que diminuíu o número de alumnos matriculados por primeira vez, mentres que nos outros tres a tendencia é a contraria (debe terse en conta, a este respecto, que en todos hai límite de prazas, factor decisivo para que a variación tenda ao cero). Debemos insistir, tamén neste parámetro, no labor de captación de alumnado de todos os estamentos da facultade implicados na docencia destes dous títulos, reflectida nas accións de mellora recollidas noutro apartado desta Memoria.

15

Page 16: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

IN07C-PC-05 Porcentaxe de estudantes que acceden á titulación con puntuación igual ou superior a seis. Como se pode ver na seguinte táboa, a tendencia xeral desta porcentaxe vai á alza dende que se implantaron os títulos de Grao. Só houbo un desequilibrio no curso 2010-2011, que se explica por unha matrícula excesivamente alta (especialmente no Grao en Lingua e Literatura Inglesas, con 198 matriculados), circunstancia corrixida en cursos posteriores coa limitación de prazas:

Curso Porcentaxe 2013-2014 80.21 2012-2013 79.49 2011-2012 78.93 2010-2011 56.99 2009-2010 67.18

IN10C-PC-05 Relación de estudantes preinscritos en 1ª opción matriculados por 1ª vez sobre as prazas ofertadas. Número de estudantes preinscritos en 1ª opción matriculados por 1ª vez dividido entre as prazas ofertadas en Grao. Na seguinte táboa recóllese información sobre os tres últimos cursos, que son aqueles nos que houbo limitación de prazas:

Curso Porcentaxe 2013-2014 78.33 2012-2013 71.33 2011-2012 56.67

Obsérvase que a porcentaxe vai en aumento, o cal indica que cada vez son máis os alumnos vocacionais que cursan os graos impartidos na Facultade de Filoloxía.

IN17C-PC-08 Porcentaxe de estudantes enviados pola USC a programas de mobilidade sobre o total de matriculados. No curso 2013-2014 foron 90 estudantes, o 7.69% dos alumnos da Facultade, moi por riba da media da USC (3,13%). A porcentaxe é máis significativa se examinamos os datos por titulación. En primeiro lugar, debemos comentar que os másteres impartidos en Filoloxía non envían os seus estudantes a programas de mobilidade, basicamente por seren anuais e teren o curso académico organizado de xeito que no segundo semestre boa parte da carga docente se concentra nas prácticas e na realización do TFM, o cal dificulta

16

Page 17: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

seriamente a posibilidade de realizar estadías fóra. En relación cos graos observamos algunhas diferenzas, reflectidas na seguinte táboa:

Título Est. en mobil. Est. do Grao Porcentaxe Grao en Filoloxía Clásica 4 64 6.25 Grao en Lingua e Literatura Españolas [S] 13 208 6.25 Grao en Lingua e Literatura Galegas 2 97 2.06 Grao en Lingua e Literatura Inglesas 54 447 12.08 Grao en Linguas e Literaturas Modernas 17 251 6.77

Parece evidente que, ao adicarse á lingua e literatura vernáculas do país, os estudantes do Grao en Lingua e Literatura Galegas dificilmente atoparán no estranxeiro a formación específica que reciben na Facultade de Filoloxía, situación oposta á dos estudantes do Grao en Lingua e Literatura Inglesas, que son os que elixen con maior frecuencia realizar parte da súa formación en universidades de Europa e doutras partes do mundo. Con todo, debemos sinalar que o cálculo non reflicte exactamente a realidade, xa que establece a porcentaxe dos alumnos que están fóra durante un curso académico (ou durante un semestre) en relación cos alumnos dos catro cursos da titulación. En Filoloxía, a inmensa maioría dos alumnos realiza as súas estadías no 3º curso: se nos fixamos unicamente no Grao en Lingua e Literatura Inglesas, veremos que aproximadamente a metade dos alumnos de cada promoción realiza un intercambio: se temos en conta que a matrícula está limitada a 100 alumnos dende o ano 2011, e que por tanto ese é o nº aproximado de alumnos en cada curso académico, 54 debería compararse con 100, non con 400).

IN18C-PC-08 Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados. No curso académico 2013-2014 foi de 297, cifra que representa o 25,38% respecto ao total de alumnos (propios) matriculados na facultade (1170). De novo os datos deben desagregarse por titulacións, e de novo ofrecemos só datos dos graos (unicamente o Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura recibiu 3 alumnos de intercambio, cifra que representa o 11,54% respecto aos seus estudantes propios):

17

Page 18: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Título Estudantes en mobil.

Estud. do Grao propios Proporción

Grao en Filoloxía Clásica 9 64 14.06 Grao en Lingua e Literatura Españolas [S] 194 208 93.27 Grao en Lingua e Literatura Galegas 2 97 2.06 Grao en Lingua e Literatura Inglesas 25 447 5.59 Grao en Linguas e Literaturas Modernas 64 251 25.5

Como pode observarse, no que á mobilidade entrante se refire, Filoloxía é unha facultade moi activa, sobre todo nos graos. Pero hai un que destaca sobre todos os demais de xeito moi importante: como pode verse na táboa, no curso 2013-2014 case que a metade dos alumnos do Grao en Lingua e Literatura Españolas procedía de universidades estranxeiras. Tendo en conta que a Facultade decidiu limitar o número de prazas a 50 cada curso, en prol dunha mellora da calidade da docencia, resulta a todas luces evidente que a chegada masiva de alumnado estranxeiro só pode ir en detrimento desa calidade, que a todos preocupa e ocupa, sobre todo se consideramos que o seu nivel de español está moi por debaixo do minimamente esixido nuns estudos universitarios especializados na Literatura, a Gramática e a Lingüística españolas (a USC, en contra da opinión da Facultade, que propuxo o nivel B2 de orixe, establece o nivel de lingua B1 para acceso aos estudos de Grao). O problema chega a ser insostible nalgunhas materias, de preferencia moi marcada nas escollas que fan estes alumnos.

Por outra banda, a maior parte destes estudantes ten a mesma orixe: case todos proceden da República Popular Chinesa. Este factor tamén é negativo, dende o noso punto de vista, porque a riqueza que supón a multiculturalidade vese minguada pola uniformidade do alumnado recibido.

Nos últimos Informes de seguimento do Grao en Lingua e Literatura Españolas pódese ver o traballo que todos os implicados estamos a desenvolver (profesores, departamentos, comisións, decanato), a través das nosas reflexións, que levan a determinadas propostas de mellora. A Facultade comprende a enorme potencialidade e o interese que ten para a USC a internacionalización, polo que fai un grande esforzo para que esta situación se vexa como unha oportunidade, en lugar de como un problema. En todo caso, o número de alumnos de intercambio (especificamente os de orixe oriental) diminuíu algo en relación co curso anterior, no que se matricularon no Grao en Lingua e Literatura Españolas 211 estudantes, cifra que representa o 116,57% dos alumnos propios do título.

18

Page 19: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Indicadores relativos aos recursos humanos

IN24C-PS-01 Porcentaxe de Persoal Docente Investigador (PDI) con sexenios sobre o PDI total con docencia no título. Os datos desagregados por título dos actualmente impartidos na Facultade de Filoloxía recóllense na seguinte táboa:

Grao en Filoloxía Clásica 81 118 68.64

Grao en Lingua e Literatura Españolas [S] 83 120 69.17

Grao en Lingua e literatura galegas 80 117 68.38

Grao en Lingua e Literatura inglesas 83 119 69.75

Grao en Linguas e Literaturas Modernas 83 121 68.6

Máster Universitario en Estudos Medievais... 29 34 85.29

Máster Universitario en Estudos da Literatura e da... 45 56 80.36

Máster Universitario en Lingüística Aplicada 15 22 68.18

Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados... 19 23 82.61

Observamos que non hai grandes diferenzas duns títulos a outros, agás que, en xeral, e como cabería esperar, as porcentaxes máis elevadas sitúanse nos másteres. En todo caso, todas as porcentaxes están moi por riba da media da USC, que é de 59,66%.

IN25C-PS-01 Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total. A porcentaxe global do centro sitúase no 89,70% de profesores doutores no curso 2013-2014. Os datos son diferentes nas distintas titulacións, xa que nos graos supera lixeiramente o 88% en todos os casos, mentres que nos másteres chega ao 100%, salvo no Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura, no que é do 89,29%. En todo caso, estas porcentaxes están todas moi por riba da media das universidades públicas españolas (70,40%), mesmo da media da área de Artes e Humanidades (81,90%)1.

1 Ambos os datos, tomados de Datos básicos del sistema universitario español. Curso 2013-2014, Ministerio de Educación, Cultura e deporte. <http://www.mecd.gob.es/dms/mecd/educacion-mecd/areas-educacion/universidades/estadisticas-informes/datos-cifras/DATOS_CIFRAS_13_14.pdf>

19

Page 20: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

IN26C-PS-01 Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total. A porcentaxe global do centro sitúase no 74,12% de profesores funcionarios no curso 2013-2014. De novo deben diferenciarse as distintas titulacións, dado que nos graos oscila entre o 70,94% e o 72,73% e nos másteres entre o 82,14% e o 100%. Esta porcentaxe sufriu un descenso en relación co curso anterior, no que chegaba ao 78,28%, a causa das xubilacións sen reposición. Na Facultade de Filoloxía hai un número non desdeñable de profesores contratados doutores acreditados para profesores titulares que non poden acceder a esas prazas por mor da parálise que afecta á universidade en relación coa contratación. Dado que actualmente as posibilidades de incorporación de funcionarios ao cadro de persoal son moi restrinxidas, é de esperar que en anos sucesivos a situación se manteña ou mesmo empeore.

Indicadores relativos aos resultados previstos

Estes indicadores aplícanse exclusivamente aos graos, dado o profundo proceso de renovación que sufriron os másteres, consecuencia do cal no curso 2013-2014 todos os títulos de máster da facultade se cursaron por primeira vez, salvo o Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos.

En primeiro lugar ofrecemos os datos globais de cada indicador e, en segundo lugar, unha táboa cos datos desagregados por titulación de todos os indicadores implicados, seguida dun comentario.

IN34CG-S01-PM-01 Taxa de rendemento. Porcentaxe entre número de créditos ordinarios superados e créditos ordinarios matriculados nos graos (excluídos adaptados, recoñecidos ou validados). No curso 2013-2014 foi do 69,76%. Esta taxa está por debaixo da media da USC, que se establece en 76,89%.

IN35CG-S01-PM-01 Taxa de éxito. Porcentaxe entre número de créditos ordinarios superados e créditos ordinarios presentados (excluídos adaptados, recoñecidos ou validados). No curso 2013-2014 foi do 79,62%. A taxa está por debaixo da medida da USC (85,95%).

20

Page 21: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

IN36CG-S01-PM-01 Taxa de avaliación. Porcentaxe entre número de créditos ordinarios presentados e créditos ordinarios matriculados (excluídos adaptados, recoñecidos ou validados). No curso 2013-2014 foi do 87,62%. Esta media está lixeiramente por baixo da media da USC, que chega ao 89,46%.

IN37CG-S01-PM-01 Taxa de graduación. Porcentaxe de estudantes que finalizan os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis en relación á súa cohorte de entrada. No curso 2013-2014 foi do 35,87%. Este o primeiro curso no que temos datos, posto que, debido ao sistema empregado para a medición deste indicador, o título ten que estar implantado un ano máis da súa duración estándar para que se poida proporcionar información ao respecto. En todo caso, a taxa é inferior á media da USC (42,02%).

IN38CG-S01-PM-01 Duración media dos estudos. Tempo medio (en anos) que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos. Suma do número de anos que tardaron en rematar os estudos os estudantes graduados dividido entre o número de estudantes graduados. No curso 2013-2014 foi de 4,25 anos.

IN39CG-S01-PM-01 Eficiencia dos titulados. Porcentaxe entre o número total de créditos do plan de estudos nos que deberon matricularse ao longo dos seus estudos o conxunto de graduados dun determinado ano académico e o número total de créditos nos que realmente se matricularon. Calcúlase así: número de créditos do plan de estudos multiplicado polo número de graduados nese curso dividido polo número total de créditos realmente matriculados polos estudantes graduados, multiplicado por 100. No curso 2013-2014 foi do 94,22%. Esta media está moi lixeiramente por debaixo da media da USC: 95,64%.

IN40CG-S01-PM-01 Taxa de abandono durante o primeiro curso (Grao). Porcentaxe entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso, que non se matricularon no título nos cursos X+1 e X+2, e o núm. total de estudantes da cohorte que accederon ao título no curso X. A taxa de abandono correspondente ao curso 2013-2014 foi do 23,85%, media que supera case en 10 puntos a media da USC (14,08%), así coma a das universidades públicas españolas (14,50%). Non obstante, está por debaixo da media española por rama de ensino: nas universidades

21

Page 22: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

públicas, a taxa de abandono nos graos en Artes e Humanidades elévase ao 28,80%2. En todo caso, a media descendeu en relación coa do ano anterior, que se situou no 29,46%.

Como vemos, os datos dos Graos que se imparten no centro son peores que os datos medios da USC. Na Facultade de Filoloxía cremos que hai un factor importante que incide negativamente nos resultados previstos dos estudantes, contribuíndo a que a taxa de abandono sexa moi elevada en relación coa media da USC e tamén coa das universidades españolas: isto é así porque, tradicionalmente, boa parte dos estudantes que se matriculan nun título de Artes e Humanidades fano por exclusión; por non poder acceder ás titulacións que realmente lles interesan ou por non saber exactamente que estudar. No entanto, cómpre valorar positivamente que a taxa de abandono da Facultade de Filoloxía estea por baixo da taxa de abandono da rama de coñecemento de Artes e Humanidades no estado español. Se analizamos os datos por titulación dos indicadores anteriores, recollidos na seguinte táboa, comprobaremos que tamén apuntan nesta dirección:

Título Rendem. Éxito Avaliac. Graduac. % Durac. Efic. Aband. GFClásica 72.73 80.56 90.28 41.38 4.25 90.91 26.32 GLLEspañolas [S] 75.20 84.95 88.52 41.38 4.04 96.44 11.32 GLLGalegas 71.27 80.48 88.55 42.11 4.40 90.91 41.94 GLLInglesas 70.09 79.73 87.91 32.97 4.29 93.85 24.18 GLLModernas 63.16 74.05 85.29 28.57 4.42 95.33 24.24

Dun lado, vemos que en case todos os ítems o Grao en Lingua e Literatura Españolas presenta as mellores cifras: as súas taxas de rendemento e éxito están por riba das dos outros graos, e na de avaliación a diferenza con respecto á taxa máis alta, a do Grao en Filoloxía Clásica, non chega aos dous puntos. En todo caso, en todas elas está por riba da media das universidades públicas españolas, cuxas taxas no ensino presencial son, respectivamente, 73,70%, 83,70% e 88%. A porcentaxe de graduados sitúase en segundo lugar, tras o Grao en Lingua e Literatura Galegas (a diferenza, neste caso, non chega a un punto) e tanto en duración media coma en eficiencia volve presentar os mellores datos. Cremos que o feito de que a taxa de abandono

2 Fonte: Datos básicos del sistema universitario español. Curso 2013-2014, Ministerio de Educación, Cultura e deporte. <http://www.mecd.gob.es/dms/mecd/educacion-mecd/areas-educacion/universidades/estadisticas-informes/datos-cifras/DATOS_CIFRAS_13_14.pdf>

22

Page 23: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

sexa ostensiblemente máis baixa ca no resto dos graos explica, cando menos parcialmente, estes datos, xa que a baixa porcentaxe de estudantes que deixan a carreira indica que a maior parte dos que se matriculan son alumnos vocacionais, alumnos para os que os estudos na lingua e na literatura españolas foron a súa primeira opción. En relación con este feito hai que considerar os datos de matrícula, xa ofrecidos, que demostran que este grao leva tres anos cubrindo as prazas ofertadas.

Dado que o Grao en Lingua e Literatura Inglesas coincide co de Lingua e Literatura Españolas nesta última circunstancia, cabe preguntarse por que no resto dos indicadores acada peores resultados. A resposta pode estar no feito de que a lingua inglesa resulta, en xeral, moi atractiva para os estudantes, que se matriculan sen seren conscientes de que cursar un grao universitario non é equiparable a matricularse nunha escola de idiomas (é significativo ao respecto que, no curso 2010-2011, sen límite de prazas, a matrícula chegase a 198 estudantes). De todos os xeitos, os datos deste grao foron analizados con profundidade na Comisión do título, que elaborou diversas propostas de mellora no seu informe de seguimento relativo a este curso (véxase o anexo).

Do outro lado, observamos que o Grao en Linguas e Literaturas Modernas presenta, en xeral, as peores cifras: peores taxas de rendemento, éxito, avaliación e graduación. A este respecto, pode influír o feito de que o Grao, que non é, como nos outros catro casos, a simple adaptación das licenciaturas correspondentes, necesite levar algúns cursos implantado para ser coñecido e recoñecido por potenciais estudantes, que cada vez máis se matriculan sabendo que esperar dos catro anos de formación. Os datos de matrícula de inicio de estudos, en progresión ininterrompida dende o curso de implantación do título, así o corroboran: 42 – 52 – 65 – 71 – 76. A este respecto, debe sinalarse que a taxa de eficiencia amosa unhas cifras altamente positivas, pois acada o 95,33%, moi preto da máis alta.

23

Page 24: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Informes de seguimento

Na Facultade de Filoloxía impartíronse durante o curso 2013-2014 os seguintes títulos:

- Grao en Filoloxía Clásica.

- Grao en Lingua e Literatura Españolas.

- Grao en Lingua e Literatura Galegas.

- Grao en Lingua e Literatura Inglesas.

- Grao en Linguas e Literaturas Modernas.

- Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.

- Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura.

- Máster Mundus Encrucilladas nas Narrativas Culturais (EM Crossways in Cultural

Narratives). Integrado no Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura.

- Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións.

- Máster Universitario en Lingüística Aplicada.

As comisións dos títulos de Grao en Filoloxía Clásica, Grao en Lingua e Literatura Españolas, Grao en Lingua e Literatura Galegas, Grao en Lingua e Literatura Inglesas, Grao en Linguas e Literaturas Modernas, Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos, Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura, Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións e Máster Universitario en Lingüística Aplicada elaboraron os correspondentes informes de seguimento relativos ao curso 2013-2014.

Estes informes pódense atopar na seguinte ligazón:

http://www.usc.es/fac_filoloxia/calidadetrece.html

24

Page 25: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Plan de melloras da Facultade de Filoloxía

O Plan de melloras da Facultade de Filoloxía elaborouse tendo en conta as accións de mellora recollidas nos informes de seguimento de cada unha das titulacións impartidas no centro e o traballo da Comisión de Calidade da Facultade de Filoloxía.

AM1. Deseño e implementación dun plan estratéxico da Facultade de Filoloxía.

Orixe acción: Seguimento do SGIC.

Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada pola Comisión de Calidade da Facultade de Filoloxía. Foi a AM2 da Memoria relativa ao curso 2012-2013.

Descrición proposta: Deseño e implementación dun plan estratéxico da Facultade de Filoloxía durante o 2015.

Responsable: María José López Couso, Decana da Facultade.

Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.

Data inicio: 19/12/2014 Data prevista de finalización: 31/12/2016

AM2. Melloras na información pública sobre os títulos de Grao da Facultade de Filoloxía.

Orixe acción: Acción de mellora correspondente aos apartados "Acceso e admisión de estudantes" e "Planificación das ensinanzas" dos Informes de Seguimento dos seguintes graos: Grao en Filoloxía Clásica (AM1), Grao en Lingua e Literatura Españolas (AM2), Grao en Lingua e Literatura Galegas (AM3), Grao en Lingua e Literatura Inglesas (AM1), Grao en Linguas e Literaturas Modernas (AM1).

Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas Comisións dos Graos en Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas. A Comisión de Calidade considera que esta acción debe ser realizada a nivel de centro.

Descrición proposta: Melloras na información pública sobre os títulos de Grao da Facultade de Filoloxía.

25

Page 26: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Responsable: María José López Couso, Decana da Facultade.

Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.

Data inicio: setembro de 2014 Data prevista de finalización: xullo de 2015

AM3. Obtención de máis información sobre as características do alumnado de novo ingreso da Facultade de Filoloxía.

Orixe acción: Informes de Seguimento dos seguintes graos: Grao en Filoloxía Clásica (AM2), Grao en Lingua e Literatura Españolas (AM3), Grao en Lingua e Literatura Galegas (AM4), Grao en Lingua e Literatura Inglesas (AM4), Grao en Linguas e Literaturas Modernas (AM4).

Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas Comisións dos Graos en Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas. A Comisión de Calidade considera que esta acción debe ser realizada a nivel de centro.

Descrición proposta: Obtención de máis información sobre as características do alumnado de novo ingreso da Facultade de Filoloxía

Responsable: Belén López Meirama, RCC.

Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.

Data inicio: 1/9/2014 Data prevista de finalización: 30/9/2014

AM4. Adecuación dos espazos da Facultade ás necesidades docentes.

Orixe acción: Acción de mellora correspondente ao apartado "Recursos materiais e servizos” dos Informes de Seguimento dos seguintes graos: Grao en Filoloxía Clásica (AM8), Grao en Lingua e Literatura Españolas (AM11), Grao en Lingua e Literatura Galegas (AM12), Grao en Lingua e Literatura Inglesas (AM7), Grao en Linguas e Literaturas Modernas (AM7).

Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas Comisións dos Graos en

26

Page 27: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas. A Comisión de Calidade considera que esta acción debe ser realizada a nivel de centro.

Descrición proposta: Adecuación dos espazos da Facultade ás necesidades docentes.

Responsable: María José López Couso, Decana da Facultade.

Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.

Data inicio: xuño de 2014 Data prevista de finalización: decembro de 2014

AM5. Mellora na xestión dos TFG

Orixe acción: Acción de mellora correspondente ao apartado "Planificación das ensinanzas" dos Informes de Seguimento do Grao en Filoloxía Clásica (AM4), Grao en Lingua e Literatura Españolas (AM6), Grao en Lingua e Literatura Galegas (AM7), Grao en Lingua e Literatura Inglesas (AM3), Grao en Linguas e Literaturas Modernas (AM3).

Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas Comisións dos Graos en Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas. A Comisión de Calidade considera que esta acción debe ser realizada a nivel de centro.

Descrición proposta: Elaboración dun protocolo de actuación para os membros dos tribunais de TFG.

Responsable: Belén López Meirama, RCC.

Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.

Data inicio: novembro de 2014 Data prevista de finalización: xaneiro de 2015

AM6. Mellora do rexistro de profesores e investigadores visitantes.

Orixe acción: Acción de mellora correspondente ao apartado "Recursos humanos" dos Informes de Seguimento do Grao en Filoloxía Clásica (AM7), Grao en Lingua e Literatura

27

Page 28: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Españolas (AM8), Grao en Lingua e Literatura Galegas (AM11), Grao en Lingua e Literatura Inglesas (AM6), Grao en Linguas e Literaturas Modernas (AM6).

Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas Comisións dos Graos en Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas. A Comisión de Calidade considera que esta acción debe ser realizada a nivel de centro.

Descrición proposta: Mellora do rexistro de profesores e investigadores visitantes.

Responsable: Josefa Vázquez, Xestora do Centro.

Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.

Data inicio: outubro de 2014 Data prevista de finalización: abril de 2015

AM7. Mellora na xestión e nos procedementos para o recoñecemento de estudos cursados ao abeiro de programas de intercambio.

Orixe acción: Acción de mellora correspondente ao apartado "Planificación das ensinanzas" dos Informes de Seguimento dos seguintes graos: Grao en Lingua e Literatura Españolas (AM5), Grao en Lingua e Literatura Galegas (AM10), Grao en Lingua e Literatura Inglesas (AM2), Grao en Linguas e Literaturas Modernas (AM2).

Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas Comisións dos Graos en Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas. A Comisión de Calidade considera que esta acción debe ser realizada a nivel de centro.

Descrición proposta: Mellora na xestión e nos procedementos para o recoñecemento de estudos cursados ao abeiro de programas de intercambio.

Responsable: María José López Couso, Decana da Facultade.

Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.

Data inicio: setembro de 2014 Data prevista de finalización: febreiro de 2015

28

Page 29: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

AM8. Intensificación das relacións co ensino secundario mediante a realización de diversas actividades.

Orixe acción: Acción de mellora correspondente ao apartado "Descrición do título" dos Informes de Seguimento dos seguintes graos: Grao en Filoloxía Clásica (AM3), e Grao en Lingua e Literatura Galegas (AM1).

Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas Comisións dos Graos Filoloxía Clásica e Lingua e Literatura Galegas. A Comisión de Calidade considera que esta acción debe ser realizada a nivel de centro.

Descrición proposta: Reforzo das actividades que permiten establecer un vínculo entre a universidade e o ensino medio.

Responsable: Coordinadores dos graos en Filoloxía Clásica e Lingua e Literatura Galegas.

Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.

Data inicio: setembro de 2014 Data prevista de finalización: xullo de 2015

AM9. Difusión das prácticas en empresa.

Orixe acción: Acción de mellora correspondente ao apartado "Planificación das ensinanzas " do Informe de Seguimento do Grao en Lingua e Literatura Españolas (AM7), Grao en Lingua e Literatura Galegas (AM8), Grao en Lingua e Literatura Inglesas (AM5), Grao en Linguas e Literaturas Modernas (AM5).

Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas Comisións dos Graos en Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas. A Comisión de Calidade considera que esta acción debe ser realizada a nivel de centro.

Descrición proposta: Mellora na difusión das prácticas en empresa como materia potencial do módulo complementario dos Graos cursados na Facultade.

Responsable: Javier Gutiérrez Carou, vicedecano

Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.

29

Page 30: MEMORIA DE CALIDADE FACULTADE DE FILOLOXÍA2013-2014, recóllese información relativa ao Sistema de Garantía Interna de Calidade, ao seguimento dos títulos impartidos no centro

Memoria de Calidade (2013-2014) Facultade de Filoloxía

Data inicio: decembro de 2014 Data prevista de finalización: xullo de 2015

AM10. Difusión entre o alumnado de intercambio da USC da impartición na Facultade de Filoloxía de materias sobre lingua, literatura e cultura galegas

Orixe acción: Acción de mellora correspondente ao apartado "Planificación das ensinanzas " do Informe de Seguimento do Grao en Lingua e Literatura Galegas (AM9).

Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada pola Comisión do Grao en Lingua e Literatura Galegas. A Comisión de Calidade considera que esta acción debe ser realizada a nivel de centro.

Descrición proposta: Envío de información sobre a existencia das materias Lingua, literatura e cultura galegas I (impartida tanto no 1º como no 2º semestres) e Lingua, literatura e cultura galegas II (impartida no 2º semestre) aos responsables de mobilidade doutros centros, Colexio de Decanos etc. e publicación de información na páxina web da Facultade de Filoloxía.

Responsable: Javier Gutiérrez Carou, vicedecano

Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.

Data inicio: setembro de 2014 Data prevista de finalización: febreiro de 2015

30