memoria da fundación galicia europa 2013 (ga)
DESCRIPTION
ÂTRANSCRIPT
Fundación GALICIA EUROPA
Memoria 2013
Galego
2
Recuperar a ilusión no proxecto europeo
3Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
2013 foi o “Ano Europeo dos Cidadáns”: 20 anos despois do establecemento da cidadanía europea, a UE centrou a
súa axenda en promover a participación activa dos cidadáns no debate sobre o futuro de Europa e en dotar de maior
visibilidade ás políticas, decisións e estratexias que se adoptan en Europa e que afectan, diariamente, ao conxunto da
cidadanía.
Porque Europa continúa a ter futuro, precisamente grazas aos esforzos conxuntos para sentar as bases dunha Unión
renovada, reforzando a coordinación económica e orzamentaria e camiñando cara unha maior Unión Económica e
Bancaria. Máis alá da aprobación de normativas sobre cuestións financeiras, dende as institucións comunitarias e as
autoridades nacionais e rexionais continuamos a traballar durante 2013 na coordinación das políticas económicas
nacionais para adecualas á estratexia Europa 2020, dispostos a consolidar a volta á senda do crecemento e a creación
de emprego que se debuxou durante o segundo semestre do 2013, no que o conxunto da UE comezou a saír da recesión.
Con todo, son moitas aínda as cuestións pendentes para retomar ese camiño e acadar os obxectivos establecidos
para os próximos anos. A creación de emprego, e máis concretamente a loita contra o desemprego xuvenil, foi unha
das preocupacións prioritarias para a UE durante o 2013, elaborando iniciativas como a Garantía Xuvenil coa que se
pretende asegurar ofertas de traballo, prácticas ou estadías formativas para os menores de 25 anos nos catro meses
seguintes ao inicio da súa situación de desemprego.
Os traballos para transformar á Unión Europea nunha economía baseada no coñecemento, como establece Europa
2020, concretáronse tamén na aprobación de novos programas para o período 2014-2020. No novo Marco Financeiro
Plurianual evidénciase a forte aposta pola promoción da innovación, xestionada a través do programa Horizonte 2020,
cunha dotación preto de 80.000 millóns de euros e polo apoio ás Pemes, a través do programa COSME.
Outro dos eidos nos que tiveron incidencia os criterios e obxectivos da axenda para o crecemento Europa 2020 foi
na reforma dunha das políticas de maior importancia para Galicia, a Política de Cohesión, adoptada en decembro do
2013. O novo enfoque desta política, un dos elementos fundamentais da integración europea, é resultado de múltiples
avaliacións realizadas desde as distintas institucións e órganos consultivos. Como parte deste traballo, en outubro de
2013 tiven a honra de defender, no seo do Comité das Rexións, o ditame “Recomendacións para un mellor gasto”, no que
se apuntaban varias formas para mellorar a xestión dos fondos comunitarios no novo período, facendo especial fincapé
na descentralización e na simplificación das cargas administrativas para a súa xestión.
4
A Xunta de Galicia, co obxectivo de adaptarse a este novo enfoque e cumprir coas esixencias da nova Política de
Cohesión para acceder aos fondos estruturais, elaborou unha estratexia de especialización intelixente en investigación
e innovación, a estratexia RIS3 Galicia. A RIS3 identifica as áreas de especialización da nosa comunidade susceptibles
de recibir financiamento comunitario para a realización de proxectos de I+D, innovación e TIC, como poden ser a
xestión dos recursos naturais e patrimoniais, a diversificación da industria e o liderado en materia de vida saudable e
envellecemento activo.
O camiño cara á recuperación económica está polo tanto trazado, tanto pola estratexia Europa 2020 como polos novos
programas de financiamento para o período 2014-2020, e dende a Xunta de Galicia continuaremos a traballar a partir do
2014 co novo Parlamento Europeo e o novo colexio de Comisarios para que o crecemento intelixente, sostible e inclusivo
que propugna Europa 2020 se materialice en Galicia e en toda Europa.
Os responsables públicos temos a obriga de explicar mellor o proxecto europeo. Non podemos prescindir de Europa.
No contexto actual, Europa é máis necesaria ca nunca. Enfrontados a problemas que non coñecen fronteiras e a
retos xeopolíticos, financeiros e enerxéticos, a participación e implicación dos cidadáns é cada vez máis activa e máis
necesaria.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia
Presidente da Fundación Galicia Europa
5Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
Galicia no novo período financeiro 2014-2020
2013 foi un ano intenso, marcado pola fin das negociacións para poder comezar un novo período financeiro que estará
vixente ata 2020. Culminaron así máis de dous anos de intensos debates entre os 28 gobernos nacionais reunidos
no Consello, os máis de 700 eurodeputados que representan aos cidadáns comunitarios no Parlamento Europeo e a
Comisión, institución responsable de executar este orzamento. En xogo estaban os límites de gasto que se fixa á Unión
Europea (UE) para os vindeiros sete anos. Se o comparamos cos orzamentos nacionais, o comunitario é relativamente
pequeno xa que representa tan só un 1% do PIB da UE. Isto implica unha clara selección de prioridades sobre como
investir estes cartos centrándose, esencialmente, en aqueles ámbitos onde a UE demostra un valor engadido en
comparación coas intervencións a escala nacional, rexional ou local.
Galicia xogábase moito nestas negociacións, principalmente no que se refire á política rexional, que ten investido na
nosa comunidade miles de millóns de euros ao longo dos máis de 25 anos da nosa pertenza á UE. Malia que foi a
primeira vez que o orzamento comunitario diminuíu en comparación co período anterior e que a política rexional foi
unha das que sufriu maiores recortes, Galicia mantén un moi importante volume de fondos para os vindeiros sete
anos. Esta situación é froito dun intenso labor desenvolvido durante varios anos en Bruxelas polo goberno galego coa
contribución da Fundación Galicia Europa (FGE), defendo os intereses da nosa rexión no longo e complicado proceso
comunitario de toma de decisións.
Por outro lado, durante 2013 tamén se traballou intensamente na defensa da posición galega no marco das reformas da
Política Pesqueira Común e da Política Agrícola Común, nun ano en que practicamente culminaron todas as negociacións.
En ambos casos, a valoración final foi positiva para os intereses de Galicia, sobre todo tendo en conta o feito de que a
proposta inicial da Comisión estaba, en moitas ocasións, moi afastada da nosa posición. A participación directa da Xunta
de Galicia, en representación do resto de comunidades autónomas, nas negociacións do Consello en materia de pesca
durante o segundo semestre do ano, contribuíu, sen dúbida, a que as decisións finais fosen máis favorables ao noso
sector pesqueiro, reivindicando a dimensión socioeconómica desta política comunitaria.
Así pois, 2013 foi un bo exemplo da relevancia das decisións da UE para a nosa comunidade que nos anima a seguir
traballando máis intensamente nos diferentes foros nos que facemos oír a nosa voz en Bruxelas. E non soamente
naquelas competencias transferidas á UE, como a pesca, senón que cada vez é máis evidente cómo a coordinación das
6
políticas nacionais (económica, de emprego, industrial,...) é o único modo de camiñarmos xuntos cara os obxectivos
fixados para 2020. Eu mesmo tiven a ocasión de comprobalo cunha visita a Bruxelas na que puidemos explicar o proceso
de reforma da administración pública galega, o cal pode servir de exemplo para outras rexións europeas nun momento
en que a Comisión insta a todos os Estados membros a modernizar as súas administracións públicas para contribuír a
equilibrar as finanzas públicas e gañar competitividade.
Por último, cómpre recoñecer o labor desempeñado pola FGE nun ano en que cumpriu un cuarto de século de existencia.
25 anos tendendo pontes de Galicia á UE informando, formando, sensibilizando e asesorando sobre esa organización
supranacional, as veces difícil de explicar e comprender, denostada por momentos e sobrevalorada noutros. Conscientes
da súa importancia e tamén da súa complexidade, non podemos deixar de recoñecer os esforzos da Fundación durante
todos estes anos por acurtar distancias entre estas dúas realidades.
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa
7Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
25 anos conectando Galicia e Bruxelas
Neste ano en que se cumpre un cuarto de século dende a súa creación, a Fundación Galicia Europa continuou a funcionar
como o mellor actor e representante dos intereses galegos en Bruxelas, participando na defensa e promoción do sector
produtivo e da cultura da nosa comunidade na capital europea, e actuando como canle para achegar a, ás veces, tan
afastada realidade comunitaria aos cidadáns galegos.
Debido ao contexto comunitario, a actividade da FGE durante este ano estivo centrada, principalmente, no seguimento
da elaboración e aprobación das distintas políticas comunitarias que máis afectan a Galicia para o período 2014-2020:
agricultura e pesca, emprego, cohesión,... En relación con esta última, 2013 foi o ano no que se recolleron os resultados
dunha das prioridades políticas nas que vén traballando dende 2009 a FGE, o esforzo pola consecución dunha “rede
de seguridade” para Galicia, que garante para a nosa comunidade un mínimo do 60% dos fondos estruturais recibidos
no período anterior malia superar amplamente o limiar do 75% do PIB medio comunitario que separa as rexións menos
desenvolvidas das máis ricas da UE.
Unha vez decidido o reparto destes fondos entre as diferentes rexións europeas, o debate pasou a centrarse en como
investir dun modo máis eficaz estes cartos. Galicia contribuíu activamente a este debate coa redacción e defensa do
ditame “Recomendacións para un mellor gasto”, da que exerceu como relator o Presidente da Xunta de Galicia na
sesión plenaria de outubro do Comité das Rexións. A Fundación Galicia Europa asistiu á Xunta ao longo do proceso de
elaboración do ditame, facendo de interlocutor co Comité das Rexións, recollendo as achegas de diferentes actores e
negociando as emendas introducidas ao proxecto de ditame.
Ademais das dúas visitas do Presidente a Bruxelas durante este ano, tamén viaxaron á capital europea en varias ocasións
a Presidenta do Parlamento de Galicia e seis conselleiros autonómicos, co obxectivo de reunirse coas autoridades
comunitarias. A FGE prestou apoio a esta intensa presenza institucional, colaborando na organización de todas as
visitas, exercendo de interlocutora coas institucións e elaborando as axendas dos representantes galegos.
Co obxectivo de defender os intereses galegos e dar a coñecer a postura da nosa comunidade naqueles asuntos
comunitarios que máis nos afectan, a FGE organizou e acolleu diversos debates e seminarios nas súas oficinas de
Bruxelas e Santiago, centrados en diferentes cuestións como o emprego xuvenil ou a reforma do sector público. Así
mesmo, como en anos anteriores, a FGE participou durante o mes de outubro na Semana Europea das Rexións e
8
Cidades, Open Days 2013, celebrando un seminario sobre os retos demográficos que están a afrontar Galicia e outras
rexións europeas, derivados da caída da natalidade e o envellecemento da poboación.
Por outra banda, a FGE continuou a traballar, como recollen os seus estatutos fundacionais, na promoción da realidade e a
cultura da nosa comunidade no contexto da capital comunitaria. De tal xeito, a FGE organizou catro exposicións e un evento
gastronómico e exerceu de representante de Galicia na xornada de portas abertas das institucións europeas e no Día E do
Instituto Cervantes, difundindo información turística e cultural entre o público asistente.
Aínda cando 2013 ten sido un ano intenso en Bruxelas polo contexto comunitario, o traballo da FGE non se limitou á
promoción de Galicia na capital de Europa, senón que tamén continuamos a tentar achegar o proxecto europeo á cidadanía
da nosa comunidade. Proba disto é o definitivo despegue durante 2013 da presenza da FGE en redes sociais, acadando un
crecemento moi significativo no número de seguidores e facilitando polo tanto o acceso da cidadanía galega á información
de interese e ás oportunidades de emprego e prácticas nas institucións. Foi prioritario para a FGE durante este ano ir
achegando toda a información dispoñible sobre os novos programas de financiamento para 2014-2020 a aqueles posibles
actores participantes, para manter a participación galega en proxectos europeos dentro do novo período orzamentario.
De tal xeito, máis alá de continuar a publicar as convocatorias e buscas de socios na web da FGE, firmouse un convenio
coa Federación Galega de Municipios e Provincias para impulsar a captación de fondos comunitarios entre os entes
locais galegos. Co obxectivo de mellorar o coñecemento dos técnicos locais e provinciais nestas cuestións, dende a FGE
organizáronse varios seminarios e unha visita formativa a Bruxelas.
O ano 2013 demostrou, á luz de todo o traballo realizado, que a existencia da Fundación Galicia Europa continúa a ter tanto
peso para os intereses galegos en Bruxelas como cando se puxo en marcha, hai 25 anos. Contar cunha ponte que conecte
a realidade comunitaria con aqueloutra máis próxima ao cidadán é imprescindible para que o proxecto europeo continúe
a ter sentido e, polo tanto, futuro.
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia
Director da Fundación Galicia Europa
Í N D I C E
9Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
01
02
03
04
05
06
ANEXO
11 AFUNDACIÓNGALICIAEUROPA
11 1.1. Obxectivos
12 1.2. Padroado e entidades membros
14 1.3. Organigrama
16 1.4. Colaboración con outras entidades
19 DEFENSADOSINTERESESGALEGOSENEUROPA
19 2.1. Participación de Galicia no Consello da Unión Europea
20 2.2. Participación de Galicia no Comité das Rexións
21 2.3. Participación de Galicia nos comités da Comisión Europea
21 2.4. Colaboración entre as oficinas rexionais españolas en Bruxelas
23 2.5. Accións desenvolvidas no eido das políticas comunitarias de maior
impacto en Galicia
28 2.6. Organización de encontros en Bruxelas entre representantes galegos e
responsables das políticas comunitarias con impacto en Galicia
31 2.7. Organización de seminarios e conferencias en Bruxelas
33 2.8. Actividades de promoción de Galicia en Bruxelas
37 FOMENTODAPARTICIPACIÓNGALEGAENPROXECTOSEUROPEOS
37 3.1. Formación de potenciais xestores de proxectos europeos
39 3.2. Asesoramento a entidades galegas
40 3.3. Participación da FGE en proxectos europeos
42 3.4. Oficina de Información Europea para a Xuventude
45 INFORMACIÓNSOBREAUEENGALICIA
45 4.1. Portal web
46 4.2. Redes sociais
47 4.3. Boletín electrónico
47 4.4. Colaboración cos medios
47 4.5. Resolución de consultas
49 FORMACIÓNESENSIBILIZACIÓN
49 5.1. Bolsas
50 5.2. Visitas formativas a Bruxelas
51 5.3. Cursos, seminarios e xornadas en Galicia
52 5.4. Celebración do día de Europa e do 25º Aniversario da Fundación Galicia
Europa
55 EUROPAENGALICIA.QUENÉQUEN?
59 ÍNDICEDESIGLAS
10
01
11Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
A Fundación Galicia Europa
1.1. Obxectivos
A Fundación Galicia Europa (FGE) foi creada en 1988 como
unha entidade sen ánimo de lucro coa misión de promover
o achegamento entre Galicia e Europa. Vinculada á
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta
de Galicia, conta con dúas oficinas, unha en Santiago de
Compostela e outra en Bruxelas, incluíndose esta última
entre as máis de 300 representacións rexionais sitas na
capital comunitaria.
Pleno do Comité das Rexións da UE
O labor da FGE durante os seus 25 anos de historia xira
en torno á persecución de dous grandes obxectivos: unha
mellor comunicación da actividade comunitaria en Galicia
e a defensa das posicións galegas no contexto europeo. A
estratexia da Fundación para a consecución destas metas
materializase en catro grandes ámbitos de acción:
• Defensa dos intereses de Galicia perante a
UE. A FGE leva a cabo unha serie de actividades
encamiñadas á promoción dos intereses galegos ante
as institucións europeas. Isto tradúcese en diversas
accións como o seguimento das políticas, normativas
e recomendacións adoptadas a nivel comunitario e
a elaboración de informes de análise sobre estas,
dirixidas especialmente á Administración autonómica
galega. Así mesmo, presta apoio e asesoramento
técnico e loxístico aos participantes galegos en foros
como o Comité das Rexións e outras reunións a nivel
comunitario, incluídas as que organiza a propia FGE
e que serven para achegar os intereses de Galicia
ao ámbito europeo. Complementariamente, a FGE
organiza diversas actividades para dar a coñecer a
cultura e a identidade galegas en Bruxelas.
• Promoción da participación galega en proxectos
europeos. A FGE, a través das súas oficinas en Santiago
e Bruxelas, fomenta a participación de entidades
galegas en proxectos europeos, co fin de potenciar a
competitividade dos sectores público e privado da nosa
comunidade e preparar á sociedade galega de cara
ao novo marco financeiro plurianual 2014-2020. Esa
promoción tradúcese en asesoramento técnico, procura
de socios a escala europea, organización de reunións
con representantes das institucións comunitarias,
participación da FGE no consorcio promotor dos
proxectos que resulten de interese e organización de
cursos de elaboración e xestión de proxectos en Galicia.
12
• Información sobre a Unión Europea en Galicia. A FGE
conta con varias plataformas para o achegamento da
actualidade comunitaria á sociedade galega, así como
para informar sobre posibilidades de participación en
programas de financiamento europeo ou oportunidades
de emprego e bolsas nas distintas institucións.
A través do seu portal web, www.fundaciongaliciaeu-
ropa.eu, pode ser consultada a actualidade daqueles
temas comunitarios que máis afectan a Galicia e a in-
formación sobre as negociacións desenvolvidas polas
administracións galegas na capital comunitaria. Os no-
vos contidos da web da Fundación son recollidos nun
boletín electrónico quincenal con preto de 2400 subs-
critores. Durante 2013, ademais, consolidouse a presen-
za da FGE nas redes sociais, cun significativo aumento
de seguidores dos seus perfís en Twitter e Facebook.
• Formación e sensibilización sobre Europa en Galicia.
O compromiso da FGE coa formación en temas
comunitarios permitiu que, durante os 25 anos de vida
da Fundación, a través do seu programa de bolsas se
permitise a máis de 400 persoas coñecer máis de preto
a realidade da UE. Así mesmo, a través dos seminarios,
cursos e diversas xornadas que organiza a FGE en
Galicia, foméntase a formación e sensibilización da
sociedade galega en temas relacionados coa Unión
Europea.
1.2. Padroado e entidades membros
PADROADO
O Padroado é o órgano de representación, goberno e
administración da Fundación Galicia Europa. Está presidido
polo presidente da Xunta de Galicia e integrado por
representantes das entidades membros da FGE. Reúnese
dúas veces ao ano co obxecto de aprobar a xestión
económica e a memoria de actividades do exercicio anterior,
así como para programar as actividades e o orzamento
do seguinte exercicio. A composición do Padroado foi
modificada a comezos de 2013, sendo a seguinte a súa nova
estrutura:
PRESIDENTE:
Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia
VICEPRESIDENTE:
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administra-
cións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia
SECRETARIA:
Marta Viñas Hylass-Bernoud
Letrada da Xunta de Galicia
VOGAIS:
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda da Xunta de Galicia
Francisco Conde López
Conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia
Jesús Asorey Carril
Representante do Consello Galego de Cámaras
Mª Teresa Pedrosa Silva
Delegada do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo
José María Castellano Ríos
Presidente de Novagalicia Banco
José Ramón Gómez Besteiro
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Diego Calvo Pouso
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
REUNIóNS DO PADROADO
O Padroado da Fundación Galicia Europa reuniuse en dúas
ocasións durante o ano 2013: o 18 de febreiro e o 26 de
decembro. O obxectivo da primeira destas xuntanzas foi
o establecemento dos eixos de traballo da FGE durante
2013, sinalándose como obxectivo prioritario a difusión
e preparación das institucións, empresas e cidadáns
A Fundación Galicia Europa
13Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
galegos ante o novo período financeiro 2014-2020. Outra
das tarefas principais encomendadas á FGE foi promover
unha utilización dos fondos europeos que se axeite aos
obxectivos de crecemento inclusivo, intelixente e sostible
da Estratexia Europa 2020, e teña en conta o carácter
transitorio da “rede de seguridade” lograda para Galicia
ata ese mesmo ano.
rincipales encomendadas a la FGE fue promover una
utilización de los fondos europeos que se adecue a los
objetivos de crecimiento inclusivo, inteligente y sostenible
de la Estrategia Europa 2020, y tenga en cuenta el carácter
transitorio de la “red de seguridad” lograda para Galicia
hasta ese mismo año.
Reunión dos membros do padroado da Fundación Galicia Europa
No segundo encontro, mantido a finais de ano na sede
da FGE en Santiago, debatéronse as prioridades de
traballo para o ano 2014, seguindo a liña das establecidas
para 2013. De tal xeito, sinalouse a necesidade dunha
comunicación constante coas institucións comunitarias
para que a programación e execución dos fondos 2014-
2020 contribúan ao crecemento económico e a creación
de emprego en Galicia, dando a coñecer ao mesmo tempo
entre as administracións locais e as Pemes da comunidade
os novos programas de financiamento europeo que se
poñen en marcha. Por outra banda, seguirase a traballar
pola concienciación europea e a colaboración con outras
rexións no ámbito do envellecemento demográfico, reto
político, económico e social de vital importancia para a
UE e para Galicia. Noutro orde de cousas, nesta mesma
reunión fíxose un balance do traballo realizado pola
Fundación durante 2013, destacando o labor desempeñado
na negociación e seguimento do novo marco financeiro e a
consecución da chamada “rede de seguridade” de fondos
estruturais para Galicia
ENTIDADES MEMBROS DA FUNDACIóN GALICIA
EUROPA
Entidades membros fundadoras
Entidades membros adheridas:
14
GRUPO DE TRABALLO
Composto por representantes das entidades membros do
Padroado, o grupo de traballo reúnese periodicamente
para avaliar as actuacións da FGE e programar actividades
futuras. No ano 2013, o grupo de traballo da FGE reuniuse
o 21 de xaneiro e o 14 de novembro.
Fernando Filgueiras Feal
Director de Relacións Institucionais de Novagalicia
Banco
Fernando Barros Fornos
Secretario xeral adxunto da Cámara Oficial de
Comercio, Industria e Navegación de Santiago de
Compostela
Santiago López-Guerra Román
Secretario xeral do Consorcio da Zona Franca de
Vigo
Pablo Rivera Capón
Director de Fondos Europeos e asesor da
Presidencia da Deputación de Lugo
Jose Manuel Álvarez-Campana
Asesor do presidente da Deputación da Coruña
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa
Unión Europea. Vicepresidencia e Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da
Xunta de Galicia
Director da Fundación Galicia Europa
Santiago Álvarez González
Subdirector xeral de Relacións coa Unión Europea.
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de
Galicia
Ana Ramos Barbosa
Directora da oficina da Fundación Galicia Europa
en Bruxelas
1.3. Organigrama
Jesús Gamallo Aller
Director
Director xeral de Relacións Exteriores e coa
Unión Europea. Vicepresidencia e Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da
Xunta de Galicia
Ana Ramos Barbosa
Directora da oficina de Bruxelas
Pilar González Quintana
Coordinación da xestión financeira
Xefa do Servizo de Xestión Económica e
Coordinación Administrativa da Dirección Xeral
de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de
Galicia
A Fundación Galicia Europa
15Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
EQUIPO TéCNICO DE INFORMACIóN
E ANÁLISE COMUNITARIA
Oficina de Bruxelas
Vanessa Lobo Casas
Coordinación técnica de políticas europeas
Isabel Vázquez Conde
Delegada da Consellería do Medio Rural e do Mar
Ricardo Capilla Pueyo
Delegado da Consellería de Economía e Industria
ADMINISTRACIóN E SECRETARIADO
Oficina de Santiago de Compostela
Mª Belén Rodríguez Martín
Responsable de administración
Mª Pilar Louro García
Auxiliar administrativa
Oficina de Bruxelas
Marlène Fernández González
Responsable de administración
LICENCIADOS EN PRÁCTICAS
Oficina de Santiago de Compostela
Andrés Ballesteros Posada
Francisco de Asís Pichel Contra
Oficina de Bruxelas
Iria Campos Álvarez
María Montoiro Salvado
Javier Roura Blanco – Comunicación
OFICINA DE INFORMACIóN EUROPEA PARA A
XUVENTUDE
Oficina de Santiago de Compostela
Pilar del Oro Sáez
Coordinadora
16
1.4. Colaboración con outras entidades
A Fundación Galicia Europa mantén convenios e outras
formas de colaboración con distintas entidades galegas
para o desenvolvemento das súas actividades, xa sexa
no ámbito da defensa dos intereses galegos na UE,
na formación de mozos en temas comunitarios ou na
participación en proxectos europeos.
CONVENIOS CON CONSELLERíAS DA XUNTA DE GA-
LICIA PARA REFORzAR O SEGUIMENTO DAS POLíTI-
CAS COMUNITARIAS
A FGE vén establecendo dende o ano 2006 convenios con
diferentes consellerías da Xunta de Galicia co obxectivo
de que estas poidan contar con persoal propio na oficina
de Bruxelas para facer un seguimento das políticas máis
relevantes para a Xunta de Galicia co apoio da FGE.
Durante 2013, mantivéronse os convenios de colaboración
coa Consellería do Medio Rural e do Mar e coa Consellería
de Economía e Industria a través do Parque Tecnolóxico de
Galicia (Tecnopole).
CONVENIO COA CONSELLERíA DE TRABALLO E BE-
NESTAR DA XUNTA DE GALICIA PARA O DESEN-
VOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE INFORMACIóN
E DOCUMENTACIóN EUROPEA PARA A XUVENTUDE
GALEGA
A FGE mantivo durante o ano 2013 o convenio de
colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar para
o desenvolvemento de actividades de información
e documentación dirixidas á mocidade, a través da
Oficina de Información Europea para a Xuventude que a
propia FGE acolle na súa sede de Santiago de Compostela.
A Oficina de Información Europea para a Xuventude,
existente dende 1997 grazas a convenios similares,
encóntrase a disposición da mocidade galega para
calquera consulta relacionada coas actuacións da Unión
Europea en materia de xuventude, como bolsas de
estudos, prácticas nas institucións da UE ou financiamento
comunitario. Actualmente desenvolve un importante labor
como impulsora e xestora de proxectos europeos (máis
información no punto 3.3. desta publicación).
CONVENIO CON NOVACAIXAGALICIA PARA A REALI-
zACIóN DE ACTIVIDADES CONXUNTAS
En 2013 mantívose o convenio existente entre a FGE e
Novacaixagalicia para reforzar a súa colaboración na
defensa dos intereses galegos en Europa. En virtude deste
acordo, preténdese o desenvolvemento de tres liñas de
traballo fundamentais: a promoción da participación das
entidades galegas en proxectos europeos, a promoción de
Galicia en Bruxelas, e a formación e sensibilización sobre
a Unión Europea. Como parte desta última liña de traballo,
durante 2013, Novacaixagalicia financiou parte das bolsas
de formación dos licenciados en prácticas na Fundación
Galicia Europa.
PROTOCOLO DE COLABORACIóN COA FEDERACIóN
GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP)
Alfonso Rueda, Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza co presidente da
Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), José Manuel Rey Varela
A FGE asinou en abril de 2013 un acordo con esta asociación,
constituída polos 314 concellos, as catro deputacións
provinciais e nove entidades menores existentes en Galicia,
co fin de impulsar a captación de financiamento comunitario
entre os entes locais galegos. Para acadar este obxectivo,
a FGE e a FEGAMP acordaron promover a realización de
A Fundación Galicia Europa
17Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
cursos, seminarios e xornadas de formación en materias da
Unión Europea que contribúan a fortalecer o coñecemento,
por parte das corporacións locais galegas e do seu persoal
das políticas, iniciativas e programas da UE. Para máis
información, ler o punto 3.1. desta Memoria Anual.
CONVENIOS CON UNIVERSIDADES EN MATERIA DE
FORMACIóN
A Fundación Galicia Europa asinou convenios de
colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela
e a Universidade de Vigo para acoller estudantes en
prácticas na oficina da FGE en Santiago de Compostela, co
fin de ofrecerlles formación en asuntos comunitarios.
CONVENIO CO GRUPO COMPOSTELA DE UNIVERSI-
DADES
Durante 2013, a Fundación seguiu executando o convenio
asinado no 2012 para establecer liñas de colaboración
entre a FGE e o Grupo Compostela de Universidades,
dando prioridade ao traballo coordinado de difusión das
actividades de ambas entidades, co obxectivo de acadar a
máxima proxección de Galicia no exterior.
PROTOCOLO DE COLABORACIóN COA CÁTEDRA
JEAN MONNET “THE CULTURE OF EUROPEAN INTE-
GRATION” (USC)
A FGE asinou en 2013 un acordo de colaboración coa
Cátedra Jean Monnet ‘The Culture of European Integration’
da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude
do cal ambas entidades traballarán conxuntamente nos
labores de formación e sensibilización sobre Europa
en Galicia, apoiándose e dando difusión ás actividades
realizadas e os resultados acadados por cada unha delas.
A cátedra Jean Monnet da Universidade de Santiago está
enmarcada dentro da Acción Jean Monnet da Comisión
Europea, iniciativa presente en 72 países e en máis de
785 universidades do mundo co obxectivo de estimular
a excelencia na docencia, investigación e debate sobre a
integración europea nos estudos universitarios.
18
02
19Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
Defensa dos intereses galegos en Europa
2.1. Participación de Galicia no Consello da Unión
Europea
Dende o 9 de decembro de 2004, as comunidades
autónomas (CCAA) participan de forma oficial en
determinadas formacións do Consello da Unión Europea
grazas a un acordo asinado coa Administración Xeral do
Estado. Esta participación representa un importante paso
cara a adiante na participación autonómica nos asuntos
europeos, xa que é no propio Consello e no Parlamento
Europeo onde reside o poder lexislativo da Unión.
En virtude deste acordo, as CCAA poden participar en todos
os niveis de traballo desta institución europea. Por un lado,
incorporando un representante autonómico con rango de
conselleiro na delegación española dentro das reunións do
Consello a nivel ministerial e, por outra, participando nas
instancias preparatorias das reunións do Consello, como
os grupos de traballo. As formacións nas que este acordo
se fai efectivo son as de Agricultura e Pesca; Educación,
Xuventude, Cultura, Audiovisual e Deporte; Emprego,
Política Social, Saúde e Consumidores; Medio Ambiente, e
a parte de Xogo, dentro do Consello de Competitividade.
Debido ao complexo e descentralizado sistema político-
administrativo español, este modelo de participación
busca integrar as diferentes realidades do país e fortalecer
os mecanismos de formación da vontade do Estado, de
acordo co principio de unidade de representación exterior
do Estado e de lealdade institucional.
Como vén sucedendo dende a implantación deste acordo, a
Fundación Galicia Europa prestou en 2013 o apoio necesario
aos departamentos competentes da Xunta de Galicia co
obxectivo de facilitar a participación e a comunicación entre
todas as partes implicadas. A colaboración estendeuse
á Representación Permanente de España ante a Unión
Europea e ás demais oficinas autonómicas en Bruxelas,
o que facilitou o seguimento do desenvolvemento dos
traballos nas diferentes formacións do Consello abertas á
participación autonómica.
Galicia coordinou, durante o primeiro semestre de 2013,
ao resto das CCAA nos Grupos de Traballo de Farmacia
e Saúde da formación de Emprego, Política Social, Saúde
e Consumidores (EPSCO) do Consello de Ministros da
UE. En representación da Consellería de Sanidade, a FGE
participou nas reunións de traballo a nivel técnico que
precederon ás reunións dos ministros do ramo. Entre
os expedientes debatidos figuraron a nova directiva
de tabaco, o regulamento de ensaios clínicos ou o
regulamento sobre riscos sanitarios transfronteirizos.
A participación da FGE en apoio da Xunta culminou coa
participación na reunión do Consello EPSCO, celebrado en
Luxemburgo o 21 de xuño.
Durante o segundo semestre do ano e por cesión da
Comunidade Autónoma de La Rioja, Galicia participou no
Consello de Pesca en representación de todas as CCAA,
retomando así un labor que xa exercera en 2010 e 2011.
Esta participación foi posible tanto nos grupos de traballo
Rosa Quintana nunha reunión dla negociación do acordo pesqueiro
con Mauritania
20
do Consello como nas propias reunións ministeriais (ver
máis información sobre a participación galega no Consello
de Pesca no punto 2.5. desta Memoria Anual).
Rosa Quintana conselleira do Medio Rural e do mar, con Miguel Arias Cañete, ministro de Agricultura, Alimentación e
Medio Ambiente nunha reunión do Consello de Pesca
2.2. Participación de Galicia no Comité das Rexións
O Comité das Rexións (CdR) é a asemblea consultiva
comunitaria na que están representados os entes locais
e rexionais da Unión Europea. Está composto por 353
membros, 21 dos cales son españois. En representación da
Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o
propio Presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo
de membro suplente recae no director xeral de Relacións
Exteriores e coa UE.
A pesar de ser un órgano consultivo, as institucións
comunitarias encargadas de lexislar deben consultar
obrigatoriamente ao Comité en materias como a cohesión
económica e social, o transporte, o emprego, a educación
ou a cultura, aínda que tamén pode ser consultado sempre
que se considere oportuno. Do mesmo modo, o CdR
elabora ditames por propia iniciativa, o que lle permite
tratar calquera asunto que figure na axenda europea.
A oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, en
permanente coordinación coa Xunta de Galicia, presta
asistencia e apoio aos membros galegos do CdR na súa
participación nos asuntos do Comité. Xunto co apoio
loxístico, a oficina fai un seguimento constante dos traballos
do CdR e colabora na elaboración de emendas a ditames e
informes debatidos tanto nas reunións de comisións nas
que participa Galicia coma no pleno do Comité, cando se
estima necesaria a inclusión e consideración dos intereses
de Galicia.
Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, votando
nunha sesión plenaria do Comité das Rexións
Galicia forma parte de dúas das seis comisións sectoriais:
• Política de Cohesión Territorial (COTER), con
competencias nos ámbitos da cohesión económica,
social e territorial, os fondos estruturais, a
cooperación territorial, os transportes e as súas redes
transeuropeas.
• Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e
Exteriores (CIVEX), con competencias en materia de
xustiza e asuntos do interior, liberdades e dereitos
fundamentais, redución das cargas burocráticas, e
cidadanía. O membro suplente galego exerce como
voceiro e coordinador do grupo do Partido Popular
Europeo nesta comisión.
Galicia ocupou tamén unha das vicepresidencias do Comité
das Rexións durante a meirande parte do ano (ata outubro)
Defensa dos intereses galegos en Europa
21Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
como xa acontecera no segundo semestre de 2012, polo
que participou nas reunións da Mesa -órgano de goberno
do CdR- que preceden ás sesións plenarias.
En total, a FGE prestou o apoio necesario para a efectiva
participación galega nos seis plenos e dez reunións
de comisións CIVEX e COTER celebradas en 2013. Os
membros titular e suplente de Galicia participaron
en dous seminarios sobre cooperación territorial
organizados fóra de sede: un en Porto (Portugal) no mes
de febreiro e outro en Iasi (Romanía) en xuño, nos que
expuxeron a experiencia de cooperación transfronteiriza
Galicia-Norte de Portugal como referente para outras
rexións europeas.
Boa parte do traballo da FGE durante este ano 2013
centrouse na elaboración do ditame “Recomendacións para
un mellor gasto”, encomendado a Galicia e cuxo relator foi
o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
A Fundación Galicia Europa colaborou coa Consellería
de Facenda ao longo do proceso de redacción do ditame,
recollendo as achegas de actores relevantes e tramitando
as emendas ao proxecto de ditame, tanto en comisión
como en pleno. O ditame foi aprobado por unanimidade
durante o pleno do CdR celebrado en Bruxelas os días 8 e
9 de outubro.
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, defendendo o ditame “Recomendacións para
un mellor gasto” na sesión plenaria de outubro do Comité das Rexións
2.3. Participación de Galicia nos comités da Comisión
Europea
As comunidades autónomas, como parte da Delegación
española, participan dende o ano 1999 nos denominados
“comités da Comisión Europea” ou “comités de
comitoloxía”. Estes son os que asisten á Comisión Europea
nos traballos de regulamentación, control e execución da
normativa europea.
A representación das CCAA nos comités determínase
a través de acordos cuadrianuais, e 2013 foi un ano
excepcional en canto á presenza galega nos mesmos
por ter sido un momento de transición entre dous deles.
Durante a primeira metade do ano, continuou vixente o
acordo prorrogado de 2007-2011, no que se establecía a
representación de todas as CCAA por parte de Galicia en 16
“comités de comitoloxía”. Sen embargo, a partir do mes de
xullo entrou en vigor o acordo 2014-2017, no que a presenza
galega nos comités se reduciu ata participar só en 6 no
segundo semestre de 2013, co obxectivo de concentrar
esforzos en aqueles de maior interese para Galicia.
A FGE presta apoio ás consellerías para a súa participación
activa nos comités, asistindo e/ou asesorando aos
representantes da administración galega.
2.4. Colaboración entre as oficinas rexionais españolas
en Bruxelas
Os directores das oficinas rexionais españolas en Bruxelas
asinaron en 2002, baixo a coordinación da Fundación
Galicia Europa, un acordo de colaboración co obxectivo
de estreitar as súas relacións, mellorar os seus sistemas
de información e potenciar os seus recursos humanos.
Desta forma, o grupo de Colaboración das Oficinas
Rexionais Españolas (CORE) reforzou durante estes anos
a interlocución destas oficinas coas institucións europeas
e coa Representación Permanente de España ante a Unión
Europea (REPER).
22
Os traballos desenvolvidos pola CORE durante 2013
estiveron coordinados pola oficina de Murcia en Bruxelas.
Coordinación entre directores
Os directores das oficinas rexionais continuaron cos seus
encontros habituais para coordinar as súas actividades e
debater temas de interese común como:
Programar actividades anuais conxuntas no marco da
CORE, así como poñer en funcionamento o acordo de
colaboración entre as oficinas.
Participar como membros da delegación española no
Comité das Rexións.
Coordinar as relacións coa REPER, especialmente a
través da súa Consellería de Asuntos Autonómicos.
Realizar un seguimento dos acordos da Conferencia
para Asuntos Relacionados coa Unión Europea
(CARUE) respecto á participación das comunidades
autónomas no Consello de Ministros da Unión Europea
e nas reunións dos comités da Comisión Europea
(“comitoloxía”).
Ademais das reunións internas, os directores e técnicos das
oficinas rexionais españolas celebran outras de carácter
externo con altos cargos das institucións comunitarias, que
permiten contar con información de primeira man sobre
as novidades en relación co desenvolvemento das políticas
europeas:
• Johannes Hahn, comisario de Política Rexional (22
de xaneiro). O comisario comentou cos directores
das oficinas das CCAA o avance das negociacións e o
deseño da nova Política Rexional da UE.
• Alfonso Dastis, Embaixador Permanente perante a
Unión Europea (22 de marzo). A xuntanza serviu para
analizar os resultados da aprobación do novo Marco
Financeiro Plurianual por parte do Consello Europeo.
• Joaquín Almunia, comisario de Competencia e
vicepresidente da Comisión Europea (29 de abril e
14 de novembro). Os encontros dos responsables das
oficinas rexionais españolas co comisario serviron
para abordar conxuntamente aspectos como a actual
situación económica en España e na Unión Europea, o
debate e aprobación do Marco Financeiro Plurianual ou
as axudas de Estado con finalidade rexional, así como
outros asuntos de especial interese para Galicia, como
a devolución das axudas tax lease ou o debate sobre as
participacións preferentes.
• Eider Gardiazábal e Salvador Garriga, da comisión
de Orzamentos do Parlamento Europeo (28 de maio).
Os eurodeputados españois abordaron as negociacións,
o posible calendario e a posición do Parlamento con
respecto ao Marco Financeiro Plurianual 2014-2020.
• Jaume Duch, voceiro do Parlamento Europeo (16 de
xullo). Os directores das oficinas de representación
autonómica en Bruxelas mantiveron un encontro
co voceiro do PE no que foron informados sobre a
campaña das eleccións europeas de 2014.
Grupos de Coordinación Técnicos
No marco dos obxectivos previstos mediante o acordo
de colaboración entre as oficinas rexionais españolas,
os Grupos de Coordinación Técnicos (GCT) teñen como
principal misión o seguimento e a análise continuada
das políticas públicas comunitarias, dende o inicio do seu
proceso de concepción por parte da Comisión ata a súa
adopción polo Consello e, de ser o caso, polo Parlamento
Europeo. Con este propósito, establecen contactos coas
persoas axeitadas para o seguimento destes procesos, ás
que se invita a participar nas súas reunións.
Tendo en conta as áreas de interese das comunidades
autónomas, durante o ano 2013 funcionaron dez GCT en
ámbitos tan diversos como a política comercial da UE, a
I+D+i ou a política enerxética.
Defensa dos intereses galegos en Europa
23Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
2.5. Accións desenvolvidas no eido das políticas
comunitarias de maior impacto en Galicia
No ámbito das políticas comunitarias, a Fundación Galicia
Europa realiza un labor de representación, promoción e
defensa dos intereses galegos na capital europea ante as
institucións e outros organismos da UE. A continuación
recóllense exemplos de accións desenvolvidas ao longo de
2013 respecto a algunhas das políticas comunitarias con
máis impacto en Galicia.
A) POLíTICA DE COHESIóN: A REDE DE SEGURIDADE
PARA GALICIA
Un dos eixos de actuación nos que veu traballando
a FGE dende 2009 culminou durante o ano 2013 co
recoñecemento no cumio do Consello Europeo celebrado
os días 8 e 9 de febreiro da “rede de seguridade” de fondos
europeos para as rexións que, como Galicia, abandonarán
por vez primeira no próximo período financeiro 2014-2020
o obxectivo “Converxencia”. A Fundación Galicia Europa,
como interlocutor privilexiado dos intereses de Galicia
perante a UE, realizou durante os últimos anos un labor de
seguimento e promoción desta reivindicación, colaborando
para iso con outras rexións a través da rede Convergence
Regions on the Way to Cohesion (CROWC), creada e
impulsada pola propia FGE.
Rolda de prensa de representantes das CCAA españolas incluidas na rede “Convergence Regions on the Way to
Cohesion (CROWC)”
Grazas a esta reivindicación, ratificada coa aprobación
final do Marco Financeiro Plurianual e dos diferentes
regulamentos que definen a política rexional 2014-2020,
Galicia deberá percibir durante este novo período non
menos do 60% de total de fondos europeos asignados
no presente período. Do reparto realizado a nivel estatal,
despréndese que, finalmente, Galicia recibirá un 83%
destes fondos. A “rede de seguridade” permitiu tamén a
Galicia reducir a porcentaxe de fondos que debe destinar
ás catro prioridades marcadas pola UE (competitividade
empresarial, TIC, innovación e enerxía eficiente e
renovable) dun 80% ata un 55% e aumentar a taxa de
cofinanciamento europeo por proxecto dun 50% ata un
80%.
En definitiva, 2013 supuxo un punto e seguido a anos de
traballo en Bruxelas defendendo a necesidade dunha axuda
transitoria para as rexións ex-Converxencia, demostrando
o éxito da estratexia posta en marcha pola FGE. En 2009,
cando algunhas rexións comezaron a avogar pola creación
dunha nova categoría de rexións cun PIB entre o 75% e
o 90% da media comunitaria, a FGE optou por continuar
defendendo un trato especial para as rexións que saían por
primeira vez de Converxencia, sen opoñerse a esa nova
categoría de rexións “en transición”, na que non se sabía
con seguridade se Galicia ía encaixar. De ter abandonado
este labor, probablemente hoxe non existiría esta “rede de
seguridade” ou a súa intensidade tería sido moito menor.
En marzo de 2012, cando Eurostat publicou as estatísticas
rexionais de PIB no período de referencia (2007-2009),
comprobouse que Galicia superaba o 90% da media
comunitaria e, por tanto, non podía incluírse nesa nova
categoría de rexións, demostrando así que a aposta pola
rede de seguridade foi un verdadeiro acerto.
24
B) CAMBIO DEMOGRÁFICO E ENVELLECEMENTO
ACTIVO
Debido as particularidades demográficas de Galicia,
caracterizada pola baixa natalidade e o envellecemento da
poboación, a FGE continuou a traballar como vén facendo
dende hai anos na Rede de Rexións Afectadas polo Cambio
Demográfico (DCRN), que agrupa a 40 rexións europeas. O
obxectivo desta rede é chamar a atención das institucións
europeas sobre a necesidade de que as especificidades
daquelas rexións afectadas polo cambio demográfico
sexan tomadas en conta para o deseño e execución das
políticas comunitarias. Para difundir o traballo que se
está a realizar neste eido na comunidade galega, a FGE
participou en varias iniciativas xurdidas a partir da DCRN,
como o IV Foro de Demografía organizado pola Comisión
Europea, ou o seminario “Retos demográficos – Solucións
globais”, enmarcado nos Open Days, Semana das Rexións
e Cidades deste ano.
Está previsto que o traballo continúe durante o vindeiro
ano 2014, a partir da declaración institucional sobre a crise
demográfica asinada polas comunidades autónomas de
Galicia, Asturias, Aragón e Castela e León, todas incluídas
na DCRN, a finais de outubro. O texto será remitido ás
principais institucións europeas para que tomen conciencia
sobre a necesidade de adaptar a elaboración e execución
das políticas comunitarias a esta problemática.
Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade, coa comisaria de Axenda Dixital, Neelie Kroes,
na entrega dos premios aos sitios europeos de referencia no eido do envellecemento activo
O envellecemento da poboación, unha das consecuencias
do proceso de cambio demográfico que está a sufrir
Galicia, tamén está a ser un dos eixos de actuación da FGE
en Bruxelas, colaborando directamente cos departamentos
da Xunta de Galicia implicados para favorecer o diálogo
coas institucións. De tal xeito, a FGE colaborou en 2013 coa
Plataforma de Innovación da Consellería de Sanidade en
varias das iniciativas europeas nas que participa. Por un
lado, prestoulle asistencia na preparación da candidatura
á convocatoria dunha Comunidade de Innovación e
Coñecemento (KIC, nas súas siglas en inglés) en materia
de “Vida saudable e envellecemento activo”. Por outro,
continuou apoiando a súa participación na Asociación
Europea pola Innovación no Envellecemento Activo (EIP on
AHA, nas súas siglas en inglés), da que forma parte dende o
seu lanzamento en 2011. En 2013 Galicia foi uno dos 32 sitios
de referencia a nivel europeo en relación coa innovación no
eido do envellecemento, obtendo, nunha cerimonia que se
celebrou en xullo, dúas estrelas de puntuación e máis unha
mención de honra. En novembro, a conselleira de Sanidade,
Rocío Mosquera, volveu a Bruxelas para participar na
segunda conferencia de socios desta asociación a nivel
europeo coa que se pretende afrontar o desafío do cambio
demográfico na UE.
C) TECIDO PRODUTIVO GALEGO
A FGE prestou apoio a diferentes sectores produtivos
galegos na defensa dos seus intereses ante as institucións
comunitarias:
Sector do automóbil
Dende a posta en marcha do grupo interrexional do
Comité das Rexións sobre a crise do sector do automóbil
en 2009, a FGE promoveu a activa participación de Galicia
no mesmo, apoiando a asistencia ás súas reunións de
representantes galegos da Administración Pública e do
sector. Froito destas actividades, as rexións europeas
presentes no grupo viron aumentada a súa interlocución
cos máximos responsables na materia da Comisión
Europea e no Parlamento Europeo.
Defensa dos intereses galegos en Europa
25Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
O director do IGAPE, Javier Aguilera, participando nunha das reunións do Grupo Interrexional sobre o futuro do sector
do automóbil en Europa
Galicia continuou participando activamente no Grupo
Interrexional sobre o futuro do sector do Automóbil en
Europa do Comité das Rexións, no que o Presidente da
Xunta de Galicia ostenta a vicepresidencia. A actividade
deste grupo, formado por máis de 40 membros de 32
rexións europeas, organízase nun nivel técnico e nun
nivel político. A FGE asegura a participación nas reunións
preparatorias en Bruxelas, nas que se presentan e debaten
as iniciativas de traballo e se orientan os temas que
tratarán os representantes políticos nos seus encontros.
en Bruxelas para elaborar un plan de acción común. Así,
a finais de 2011 foi creada a rede Maritime Industries for
Blue Growth (MI4BG) co fin de defender unha política
europea de futuro para o sector naval que aposte pola
súa diversificación e diferenciación, e reclamar así mesmo
que o sector se teña en conta nas directrices políticas e
financeiras da Estratexia Europa 2020.
Os froitos desta asociación puideron verse en febreiro de
2013 durante a xuntanza na que se aprobou o informe final
da estratexia Leadership 2020 da Comisión Europea, que
persegue o mantemento da competitividade do sector
naval europeo no contexto mundial, facendo especial
fincapé na necesidade e a capacidade de innovación. A
este encontro, no que participou o comisario de Industria
e Emprendemento, Antonio Tajani, foron convidadas
autoridades políticas das rexións integrantes da rede
Maritime Industries for Blue Growth, representando a FGE
á comunidade galega. A partir da publicación da devandita
estratexia, os compoñentes de Maritime Industries for Blue
Growth continuaron durante 2013 a manter reunións de
traballo para analizala e traballar na elaboración dun plan
de acción que permita a implementación da mesma.
Por outra banda, a rede MI4BG continuou a traballar na
reivindicación da importancia das industrias marítimas
na estratexia de reindustrialización da UE, elaborando
un documento de posición que se presentou e debateu
con representantes da Comisión Europea, o Parlamento
Europeo, os Estados membros e a industria no mes
de decembro. Nesta xuntanza política participaron
representantes da Xunta de Galicia e do clúster galego do
naval, que contaron co apoio da FGE.
Tamén relacionado co sector marítimo, a FGE estivo a
traballar durante 2013 na defensa da inclusión do porto
de Vigo como porto nodal na Rede Transeuropea de
Transportes, levando esta reclamación a varias reunións
da Comisión Arco Atlántico, integrada na Conferencia de
Rexións Periféricas e Marítimas, e dando apoio á delegación
da Autoridade Portuaria de Vigo para a organización dun
encontro co gabinete do comisario de Transportes, Siim
Kallas.
En 2013, celebráronse dúas reunións a nivel político, en
abril e novembro. A de abril, que contou coa participación
do director do IGAPE, Javier Aguilera, estivo centrada na
promoción da electromobilidade, e durante a mesma a
Comisión Europea presentou o Plan de Acción CARS 2020
e a estratexia europea sobre combustibles alternativos. O
encontro de novembro, por outra banda, xirou en torno
ás posibilidades de financiamento comunitario no período
2014-2020 para a investigación, a innovación e o traballo
en rede da industria do automóbil.
Industria naval e portos galegos
Para facer fronte ao actual contexto de crise que vive
o sector naval e defender a súa viabilidade ante as
institucións comunitarias, Galicia e outras rexións
europeas nas que este sector é estratéxico mobilizáronse
26
Política Pesqueira Común
Durante o ano 2013, a Xunta de Galicia traballou
intensamente na defensa da posición galega no marco
da reforma da Política Pesqueira Común (PPC). Nun ano
no que practicamente culminaron todas as negociacións
da PPC salvo as do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
(FEMP), Galicia desempeñou un papel moi importante ao
liderar a representación de todas as CCAA no Consello de
Ministros da UE en materia pesqueira durante o segundo
semestre de 2013, por delegación expresa de La Rioja.
En total, Galicia participou en tres reunións do Consello
de Ministros de Agricultura e Pesca, para o que acudiu
a máis de 20 reunións técnicas, producindo informes
que circularon entre os respectivos departamentos das
CCAA. Nun eido onde as sensibilidades e intereses son
moi diferentes, acadouse unha coordinación harmoniosa
de todas as CCAA co Estado para traballar nunha mesma
dirección, de xeito que se pode dicir que a influencia
autonómica na posición española foi considerable.
A comezos do segundo semestre de 2013, o Consello de
Ministros de Agricultura e Pesca da UE do 15 de xullo acadou
un enfoque xeral parcial sobre o Fondo Europeo Marítimo
e de Pesca que complementaba o xa obtido no Consello do
23 de outubro de 2012. A Xunta de Galicia asistiu a estas
dúas reunións do Consello colaborando activamente co
Ministerio competente. Deste xeito, púxose fin aos traballos
no Consello sobre a terceira das Propostas que conforman
a Reforma da PPC: a proposta sobre o FEMP.
Así mesmo, nesa mesma reunión do 15 de xullo aprobáronse
as dúas propostas de compromiso do Parlamento Europeo
e o Consello adoptadas sobre o Regulamento Base da PPC
e o Regulamento da Organización Común de Mercados
(OCM) de produtos da pesca e a acuicultura. Este acordo
supuxo o paso previo para a súa publicación no DOUE no
mes de decembro de 2013.
Aínda cando non se coñecían nese momento as cifras
de reparto, nese Consello concretáronse os criterios de
distribución que primarían no momento de facer o reparto
dos recursos financeiros no que á xestión compartida se
refire. Neste sentido, co acordo acadado primáronse os
criterios de reparto de marcado carácter socioeconómico
(nivel de emprego, nivel de produción, parte da flota que
representa a flota pesqueira artesanal,...) que son os que,
en definitiva, se perseguían dende a Xunta de Galicia
porque benefician ás flotas galegas dentro da UE.
Logo de acadar este enfoque xeral sobre o FEMP ao inicio
do semestre, os traballos do Consello de Ministros sobre
este expediente centráronse na análise dos debates a tres
bandas co Parlamento Europeo e a Comisión, con vistas a
chegar a un acordo interinstitucional antes de que remate
o ano, participando para tal fin a Consellería do Medio
Rural e do Mar nas reunións ministeriais do mes de outubro
e decembro de 2013.
A reunión ministerial de decembro destaca especialmente
por ser o foro no que se decide o reparto dos totais
admisibles de captura (TAC) e de cotas das poboacións
de peixes na UE para o ano seguinte, sendo novamente de
gran interese a participación de Galicia neste Consello á
vista dos bos resultados conseguidos para os intereses das
nosas flotas durante o proceso de negociación.
Rosa Quintana nunha reunión da negociación do acordo pesqueiro con Mauritania
Defensa dos intereses galegos en Europa
27Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
Ademais, Galicia participou de novo na European Seafood
Exhibition 2013, que se celebrou en Bruxelas do 23 ao 25 de
abril. O evento serviu para promover os produtos frescos
e transformados do sector pesqueiro galego e potenciar
a imaxe internacional do sector marítimo da comunidade.
A FGE estivo presente na feira prestando apoio aos
empresarios galegos e moi especialmente á delegación da
Xunta de Galicia.
Política Agrícola Común
O labor de defensa da posición galega no marco da
reforma da Política Agrícola Común tense intensificado
en 2013 logo da aprobación dos Regulamentos de base
que conforman a mesma. O acordo político acadouse no
mes de setembro, publicándose o 20 de decembro os
catro regulamentos principais da reforma (Pagos Directos,
OCM, Desenvolvemento Rural e Regulamento Horizontal).
Durante 2014 será de especial relevancia o seguimento da
normativa de desenvolvemento destes Regulamentos que
marcarán as marxes e límites da agricultura e gandería
galegas no vindeiro período de programación.
Así mesmo, cabe destacar a celebración da conferencia “O
sector lácteo da UE: o desenvolvemento máis alá de 2015”,
que tivo lugar o 24 de setembro e onde Galicia contou coa
presenza dun representante da Consellería do Medio Rural
e do Mar no que ten sido -en palabras do comisario Ciolos-
o gran evento agrícola do ano. A Conferencia culminou
co compromiso da creación do Observatorio do Sector
Lácteo no ano 2014, un foro onde os principais axentes do
sector amosen en tempo real a situación e evolución do
mesmo, con miras á desaparición da cota láctea en 2015.
Este observatorio proporcionará unha alerta temperá dos
riscos de desequilibrios nos mercados, tendo en conta
a diversidade dos produtos lácteos, e por outra banda
levará adiante unha análise prospectiva no contexto da
volatilidade dos prezos.
D) MEDIO AMBIENTE
A comisión de Peticións do Parlamento Europeo realizou
unha visita de investigación a Galicia en febreiro deste ano
a raíz das denuncias recibidas pola posible vulneración das
leis europeas de protección ambiental nas rías da nosa
comunidade. A FGE colaborou na organización desta visita e
fixo un estreito seguimento das sete reunións de avaliación
posteriores que tiveron lugar ao longo do ano no cadro
da comisión de Peticións, informando regularmente aos
distintos departamentos da Xunta de Galicia implicados. O
informe definitivo aprobouse no mes de decembro e nel
se recollen unha serie de recomendacións específicas para
cada área, ademais de recoñecer os esforzos feitos polas
autoridades galegas para acadar os niveis de protección
esixidos polas autoridades comunitarias.
Rosa Quintana e Agustín Hernández recibindo aos representantes da comisión de Peticións do Parlamento
Europeo que visitaron Galicia como parte da investigación sobre as rías
28
2.6. Organización de encontros en Bruxelas entre
representantes galegos e responsables das
políticas comunitarias con impacto en Galicia
A oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas
desempeña un papel destacado á hora de organizar visitas
á capital europea, tanto de responsables políticos coma de
técnicos do sector público e privado galego. As tarefas que
desenvolve a FGE son, de forma xenérica, as seguintes:
• Definición, de acordo cos interesados, dos interlocutores
máis apropiados no seo das institucións europeas
(principalmente da Comisión Europea e do Parlamento
Europeo), da Representación Permanente de España
ante a Unión Europea (REPER) e doutros organismos
ou asociacións establecidos en Bruxelas.
• Contacto cos interlocutores e elaboración da axenda
das visitas.
• Asesoramento técnico relacionado coas políticas
europeas nas que se centrará a visita.
• Acompañamento durante as entrevistas, prestando
apoio técnico e loxístico.
• No caso de visitas de grupos, organización de charlas
nas institucións europeas e na propia FGE sobre temas
comunitarios.
Ao longo do ano 2013, a FGE realizou un intenso labor
de organización das numerosas visitas institucionais
e de traballo a Bruxelas realizadas por diferentes
representantes da Xunta de Galicia. Entre os responsables
institucionais e do Goberno autonómico que visitaron
Bruxelas co apoio da FGE destacan:
• O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez
Feijóo, visitou en dúas ocasións a capital comunitaria.
O 11 de xullo, Feijóo mantivo unha reunión co comisario
Almunia ao respecto do expediente coñecido como tax
lease. Os días 8 e 9 de outubro, Feijóo acudiu a Bruxelas
a defender o ditame “Recomendacións para un mellor
gasto” ante o CdR e mantivo un encontro co comisario
de Política Rexional, Johannes Hahn. Nesta ocasión,
que transcorreu durante a celebración da semana das
rexións e cidades da UE, Open Days 2013, Feijóo tamén
mantivo un encontro co presidente da CCDR do Norte
de Portugal.
Alberto Núñez Feijóo co comisario de Política Rexional, Johannes Hahn
• A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo,
visitou Bruxelas os días 21 e 22 de outubro para
participar na Asemblea da Conferencia de Asembleas
Lexislativas Rexionais de Europa (CALRE), da que
ademais foi elixida presidenta para o vindeiro ano.
Defensa dos intereses galegos en Europa
29Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
• O vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de
Galicia, Alfonso Rueda, visitou Bruxelas os días 17 e 18
de setembro para presentar ao comisario de Relacións
Interinstitucionais e Administración, Maroš Šefcovic, o
plan de racionalización e modernización administrativa
da Xunta de Galicia. Ademais, Rueda participou,
xunto coa directora xeral de Avaliación e Reforma
Administrativa, Natalia Prieto Viso, nun seminario
sobre a reforma da Administración Pública, organizado
e acollido pola oficina de Bruxelas da FGE.
Alfonso Rueda nunha reunión co comisario de Relacións Interinstitucionais e Administración,
Maroš Šefcovic
• A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana,
visitou Bruxelas en numerosas ocasións, entre as que
salientan as que tiveron lugar con motivo das diferentes
etapas da negociación do acordo pesqueiro da UE con
Mauritania, os días 29 de maio e 1 de outubro e a súa
participación nas reunións do Consello de Pesca, o 15
de xullo e o 12 de decembro.
• A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato,
visitou Bruxelas os días 30 e 31 de maio, acompañada
polo director xeral de Voluntariado, Ovidio Rodeiro,
para manter varios encontros entre os que destacan os
mantidos co comisario de Emprego e Inclusión Social,
László Andor e coa comisario de Educación, Xuventude
e Multilingüismo, Androulla Vassiliou.
Beatriz Mato coa comisaria de Educación, Xuventude e Multilingüismo, Androulla Vassiliou
• O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas, Agustín Hernández, estivo en
Bruxelas os días 4 e 5 de xuño para reunirse coa
presidenta da comisión de Política Rexional do
Parlamento Europeo, Danuta Hübner, e co comisario de
Medio Ambiente, Janez Potocnik, aos que lles trasladou
os avances e as políticas da Xunta de Galicia en materia
de infraestruturas relacionadas co saneamento e o
medio ambiente. Nesta visita, Agustín Hernández
estivo acompañado por Francisco Menéndez, director
xeral de Augas de Galicia, quen mantivo unha reunión
con técnicos da Dirección Xeral de Medio Ambiente da
Comisión Europea sobre o proceso de saneamento das
rías galegas.
Agustín Hernández co comisario de Medio Ambiente, Janez Potocnik
30
• A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, visitou
Bruxelas os días 18 e 19 de xuño para manter un encontro
co director xeral de Política Rexional da Comisión
Europea, Walter Deffaa, para presentar a estratexia da
Xunta de Galicia na xestión dos fondos europeos no
vindeiro período. Ademais, participou no Parlamento
Europeo nunha audiencia pública sobre a contribución
do orzamento da UE ao investimento público.
Elena Muñoz, no seu encontro co director xeral de Política Rexional da Comisión Europea, Walter Deffaa
• A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera,
acompañada da directora xeral de Innovación e
Xestión da Saúde Pública, Sonia Martínez Arca, visitou
Bruxelas os días 1 e 2 de xullo para recoller un premio
concedido a Galicia pola súa aposta pola innovación
no eido do envellecemento activo. Mosquera acudiu de
novo a Bruxelas o 25 de novembro para participar na
segunda conferencia de socios da Asociación Europea
de Innovación sobre Envellecemento Activo e Saudable
(EIP on AHA, nas súas siglas en inglés).
Rocío Mosquera co comisario de Saúde, Tonio Borg
• O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN),
Manuel Varela, visitou Bruxelas o 24 de xaneiro e
o 17 de maio para explorar a candidatura de Galicia
á Comunidade de Coñecemento e Innovación (KIC)
no eido do Envellecemento Activo e Saudable e para
afondar nas posibilidades de financiamento comunitario
para proxectos innovadores en Galicia. Varela volveu a
Bruxelas os días 25 e 26 de novembro para estudar as
posibilidades do novo programa comunitario de I+D+i,
Horizonte 2020.
• O secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, visitou
Bruxelas o 17 de xuño para participar nunha rolda de
prensa conxunta co seu homólogo bretón para explicar
a súa posición no relativo á futura regulamentación da
pesca en augas profundas.
• O secretario xeral de Deportes, José Ramón Lete,
acompañado polo xerente da Fundación Deporte
Galego, Javier Rico, visitou Bruxelas os días 8 e 9 de
outubro para participar nun seminario organizado na
FGE durante a semana dos OPEN DAYS e presentar ante
a Comisión Europea o plan de Galicia para promover a
actividade física saudable entre a cidadanía, “Galicia
saudable”.
• A secretaria xeral de Igualdade, Susana López
Abella, presentou en Bruxelas un estudo sobre a trata
de persoas en Galicia, no marco do proxecto europeo
“Itíneris: protección dos dereitos das persoas migrantes
contra a explotación, de Brasil cara á Unión Europea”.
• O director xeral do IGAPE, Javier Aguilera, acudiu a
Bruxelas os días 10 de abril e 9 de xullo para participar
nunha reunión do grupo interrexional do automóbil do
CdR, do que Galicia ostenta a vicepresidencia e para
analizar co director xeral de Empresa e Industria da
Comisión Europea, Daniel Calleja, o novo marco de
apoio comunitario para as Pemes.
Defensa dos intereses galegos en Europa
31Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
• O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo,
Ignacio López-Chaves, acompañado de Ana Ramos,
directora da oficina da FGE en Bruxelas, mantiveron un
encontro en Bruxelas o día 28 de febreiro con membros
do gabinete do comisario de Transporte, Siim Kallas,
para trasladar á Comisión os argumentos a favor da
consideración do Porto de Vigo como nodal nas futuras
Redes Transeuropeas de Transportes.
• O director de Competitividade do Instituto Galego
de Promoción Económica (IGAPE), Norberto Penedo,
acompañado do xerente do Clúster do Naval Galego
(ACLUNAGA), Tomás Casquero, participou o 4 de
decembro nun encontro político das rexións que forman
parte da rede Maritime Industries for Blue Growth,
destinado a presentar un documento de posición no
que reivindican a importancia das industrias marítimas
na estratexia de reindustrialización da UE. Tamén
asistiron á reunión do intergrupo do Parlamento
Europeo de zonas costeiras no que se debateu sobre a
posta en marcha da estratexia Leadership 2020.
2.7. Organización de seminarios e conferencias en
Bruxelas
A Fundación Galicia Europa organizou e acolleu durante
2013 diversos debates e seminarios para tratar temas
de actualidade comunitaria de especial relevancia para
Galicia, en consonancia co seu obxectivo de defender os
intereses galegos ante a UE. As instalacións da oficina en
Bruxelas facilitaron a celebración de actos que reuniron
a representantes da sociedade galega, das institucións
comunitarias e doutras oficinas de representación
rexional.
• Os días 25 de febreiro e 24 de outubro, a oficina da FGE
en Bruxelas organizou en colaboración coa Comisión
Europea reunións entre representantes das CCAA e
responsables da Unidade de Política Estrutural para
o Atlántico da Dirección Xeral MARE da Comisión
Europea, co obxectivo de afondar no avance da
formulación do Acordo de Asociación entre España e a
Comisión Europea e o Programa Operativo FEMP 2014-
2020. Con este encontro, a Comisión puido coñecer de
primeira man as dificultades que están a atravesar as
CCAA para dar cabida aos seus intereses marítimos no
marco do Acordo, así como prestar especial atención
á inclusión das prioridades concretas da Estratexia
Marítima para o Atlántico.
• O día 3 de xuño, o Grupo Compostela Universidades
realizou unha reunión de coordinación do seu Comité
Executivo na oficina da Fundación Galicia Europa, en
virtude do convenio de colaboración asinado en 2012
por ambas as dúas entidades.
• O día 18 de setembro, a Fundación Galicia Europa
organizou o seminario “A reforma do sector
público na Estratexia Europa 2020”, que tivo lugar
na sede da FGE en Bruxelas, e no que participaron
o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE,
Jesús Gamallo e a directora xeral de Avaliación e
Reforma Administrativa, Natalia Prieto, xunto ao xefe
da Unidade de Europa 2020 de competitividade e
innovación do secretariado xeral da Comisión Europea,
Marcel Haag e a xefa da Unidade de Europa 2020 e
políticas nacionais de competitividade da UE, Ruth
Paserman. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda,
foi o encargado de clausurar o seminario, ao que seguiu
a celebración dun debate.
Seminario sobre “A reforma do sector público na Estratexia Europa 2020”, celebrado na oficina
da FGE en Bruxelas
32
SEMANA EUROPEA DAS REXIóNS E AS CIDADES –
OPEN DAyS 2013
Galicia participou un ano máis na Semana Europea das
Rexións e das Cidades, Open Days 2013, que se celebrou en
Bruxelas do 7 ao 10 de outubro baixo o lema “Despegando
cara a 2020”. A Fundación Galicia Europa organizou
e acolleu dous seminarios que reuniron a distintos
representantes de rexións e institucións europeas para
debater sobre temas vencellados ao desenvolvemento
rexional. Tamén o EURES transfronteirizo Galicia – Norte
de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación
Territorial (AECT) de Galicia – Norte de Portugal estiveron
presentes en seminarios celebrados na capital comunitaria
e compartiron e difundiron os resultados dos seus
proxectos e experiencias de traballo.
A oficina da FGE en Bruxelas durante a celebración dos Open Days 2013
• “Retos demográficos - Solucións globais”. O 8
de outubro, un consorcio formado por oito rexións
europeas –entre as que se atopaba Galicia- afrontaron
o problema do cambio demográfico, analizando as
oportunidades e desafíos que presenta o modelo de
crecemento da poboación no continente e atendendo
a todas as súas dimensións, dende a baixa taxa de
natalidade á conciliación laboral ou os movementos
migratorios. Nesta materia, o secretario xeral para o
Deporte, José Ramón Lete, explicou o “Plan Galicia
Saudable”, co que a Xunta de Galicia busca fomentar un
envellecemento activo e que integre aos nosos maiores
no tecido social. Este seminario contou cunha nutrida
participación, xa que máis de cen persoas acudiron á
mesa redonda e ao debate celebrado na oficina galega
en Bruxelas.
Seminario sobre “Retos demográficos - Solucións globais”, celebrado durante os Open Days 2013
na oficina da FGE en Bruxelas
• “A auga como un recurso crucial: sinerxías e
cooperación”. O 9 de outubro, a Deputación de
Pontevedra, como parte dun consorcio de rexións
e entidades locais, organizou coa colaboración da
Fundación Galicia Europa un seminario centrado no
intercambio de experiencias sobre a sostibilidade
no emprego da auga como un recurso esencial que,
ademais, contribúe a vertebrar e integrar os territorios
europeos.
• “Seminario sobre mobilidade intraeuropea de
cidadáns e empresas”. Tamén o 9 de outubro, o
EURES transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal,
foi presentado como exemplo de boas prácticas nun
seminario sobre a mobilidade de cidadáns e empresas
entre rexións e cidades, organizado no Comité das
Rexións da Unión Europea.
• “Seminario sobre Agrupacións Europeas de
Cooperación Territorial (AECT)”. O xoves día 10
de outubro, a Agrupación Europea de Cooperación
Territorial (AECT) de Galicia – Norte de Portugal
presentou o seu traballo noutro seminario celebrado
Defensa dos intereses galegos en Europa
33Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
no Comité das Rexións, defendendo o papel que
desempeña esta institución na promoción de
iniciativas de cooperación institucional, como as euro-
cidades ou a coordinación de campañas turísticas
transfronteirizas.
Durante a celebración dos Open Days, e con ocasión da
celebración dos 20 anos de funcionamento da Eurorrexión
Galicia – Norte de Portugal, a Fundación Galicia Europa
acolleu unha exposición que recolle os mellores exemplos
do traballo realizado por este instrumento de cooperación
transfronteiriza (ver punto 2.8.).
Ademais, en Galicia celebráronse catro dos máis de 200
eventos locais dos Open Days, que teñen lugar fóra de
Bruxelas, nas rexións e cidades de Europa. Dunha banda,
a Eurocidade Chaves-Verín organizou o 20 de setembro
o Foro sobre Turismo Termal en Ourense e o II Foro de
Cooperación Transfronteiriza en Emerxencias e Seguridade
Viaria, en Verín. Doutra, a Eurocidade Tui-Valença celebrou
dúas andainas populares os días 12 e 27 de outubro, nas
que participaron máis de 300 persoas.
2.8. Actividades de promoción de Galicia en Bruxelas
Durante 2013, a Fundación Galicia Europa continuou a
colaborar e organizar diversas iniciativas e actividades
de promoción de Galicia en Bruxelas:
• Entre os días 11 e 15 de marzo, a oficina da Fundación
Galicia Europa acolleu a inauguración e a exposición
dunha mostra interactiva “Memoria Acústica
Europea”, na que participaron representantes da
Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual
e Cultural (EACEA), da Axencia Galega das Industrias
Culturais (AGADIC) e do colectivo galego Escoitar.
org. AGADIC liderou o proxecto xunto con outros
catro socios europeos, coa finalidade de poñer en
valor a paisaxe sonora como patrimonio inmaterial
e afondar na súa contribución á diversidade cultural.
A exposición incluíu instalacións que reproducen os
sons recollidos nos traballos de campo, cartografías
sonoras e puntos de escoita interactiva, entre outros
materiais.
Inauguración da mostra interactiva “Memoria Acústica Europea” na oficina da FGE en Bruxelas
• O día 19 de marzo tivo lugar na oficina da FGE en
Bruxelas a presentación da Feira do Cocido de Lalín,
acollida polo director da Fundación Galicia Europa,
Jesús Gamallo, e o alcalde de Lalín, Xosé Crespo. Tras
a presentación, celebrouse unha degustación á que
asistiron os embaixadores de España en Bélxica e o
representante permanente ante a Unión Europea, así
como eurodeputados de dez nacionalidades e medios
de comunicación belgas e españois. O evento avanzou
na internacionalización da Festa e contou coa presenza
dos europarlamentarios galegos Francisco Millán Mon,
Carmen Fraga e Antolín Sánchez Presedo.
Xornada de presentación da Feira do Cocido de Lalín en Bruxelas
34
• O día 23 de abril, a FGE colaborou na inauguración
da exposición de pintura do artista Xosé Luís Otero
celebrada no Comité das Rexións. Tratouse dunha
mostra promovida pola Deputación de Pontevedra co
apoio da FGE. A exposición permaneceu instalada no
vestíbulo da quinta planta do CdR durante máis de dúas
semanas. Tras o remate da mostra, o artista agasallou á
Fundación Galicia Europa cunha das súas obras.
• O día 4 de maio, a Fundación Galicia Europa participou
na 21ª edición da xornada de portas abertas das
institucións europeas, Open Doors 2013, que se
celebrou en Bruxelas para conmemorar o Día de
Europa. A comunidade galega estivo presente nun
expositor situado no Comité das Rexións, onde estaban
programadas diversas actividades ao longo da xornada.
Deste xeito, os cidadáns que se achegaron ata o edificio
do Comité puideron coñecer máis de preto a cultura,
a gastronomía e os atractivos turísticos galegos, así
como os de outras moitas rexións e cidades da Unión
Europea, que formaron parte desta exposición.
Persoal da FGE na celebración do Open Doors Day 2013, no Comité das Rexións
• Dende o día 17 de maio, a Fundación Galicia Europa
acolleu nas súas instalacións de Bruxelas unha
exposición sobre a vida e a produción literaria do
homenaxeado no día das Letras Galegas 2013, o
dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. O material da
exposición, que constaba de varios paneis infográficos
que ocuparon o vestíbulo da oficina, foi facilitado pola
Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de
Galicia. A mostra permaneceu exposta na oficina da
FGE ao longo dos meses de maio e xuño.
A exposición sobre Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013, na oficina da FGE
en Bruxelas
• O día 22 de xuño, a Fundación Galicia Europa participou
en nome de Galicia na celebración do Día E no
Instituto Cervantes de Bruxelas. O persoal da FGE
na capital comunitaria instalou un stand informativo
no que se explicou ao público asistente os diferentes
programas de aprendizaxe de lingua castelá que
poden ser cursados na nosa comunidade autónoma.
Ademais, informou sobre a nosa lingua propia e
facilitou información turística, gastronómica, cultural
Defensa dos intereses galegos en Europa
35Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
e socioeconómica sobre Galicia e a realidade galega.
O evento contou coa participación doutras CCAA
españolas e celebrouse de xeito simultáneo en todos
os centros Cervantes do mundo.
• Entre os días 7 e 11 de outubro e con ocasión da
celebración dos 20 anos de funcionamento da
Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, a Fundación
Galicia Europa acolleu unha exposición que recolle
os mellores exemplos do traballo realizado por este
instrumento de cooperación transfronteiriza. A
través de diversos paneis, esta mostra presentou os
resultados acadados pola cooperación entre ambas
rexións en diversos ámbitos como o medio ambiente,
as infraestruturas ou a investigación e innovación.
O director da FGE, Jesús Gamallo, na inauguración da exposición sobre a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
36
03
37Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
Fomento da participación galega en proxectos europeos
Como en anos anteriores, en 2013, a Fundación Galicia
Europa prestou o seu apoio á posta en marcha de
diferentes proxectos de dimensión europea promovidos ou
participados por entidades galegas, formando a actores que
poidan ser potenciais promotores deste tipo de iniciativas
na materia, implicándose na súa execución e difusión ou
colaborando na busca de socios noutros países europeos. A
FGE tamén colaborou directa ou indirectamente en varios
proxectos que contribúen a difundir os valores europeos
en Galicia.
3.1. Formación de potenciais xestores de proxectos
europeos
Debido a que 2013 foi un ano de transición entre marcos
orzamentarios, a FGE deu especial importancia durante o
mesmo a dar a coñecer as posibilidades de financiamento
existentes, derivadas da nova política de cohesión, así
como dos programas de xestión directa de nova xeración.
Os destinatarios destes esforzos foron aqueles actores
que, pola súa posición dentro da administración pública
autonómica e local, teñen máis posibilidades de traballar
de preto na elaboración de proxectos comunitarios.
Con este obxectivo, e a raíz do protocolo de colaboración
asinado en abril de 2013 coa Federación Galega de
Municipios e Provincias (FEGAMP) xa mencionado no punto
1.4., a FGE organizou ao longo do ano varias actividades
formativas orientadas a técnicos e responsables das
entidades locais de Galicia.
• Por unha banda, o 13 de maio celebrouse en colaboración
coa Deputación de A Coruña o seminario “A xestión
municipal en tempos de crise: posibilidades
de financiamento a nivel europeo” co obxectivo
de axudar aos entes locais galegos a participar en
proxectos europeos innovadores que dean respostas
aos desafíos aos que se enfrontan os municipios
no contexto da crise. O seminario centrouse en
cuestións como a eficiencia enerxética e as renovables,
perseguindo a identificación de socios e posibles
proxectos innovadores e presentando os programas
LIFE+ e CIP-Eco-Innovación con exemplos de boas
prácticas en iniciativas financiadas polos mesmos.
O director da FGE, Jesús Gamallo, inaugurando o seminario sobre “A xestión municipal en tempos de crise:
posibilidades de financiamento a nivel europeo”
38
• Tamén no marco do protocolo de colaboración coa
FEGAMP, a FGE organizou do 11 ao 13 de novembro
unha viaxe formativa a Bruxelas para 20 alcaldes
e técnicos de concellos e deputacións. O obxectivo
foi achegalos ao funcionamento das institucións
comunitarias, con visitas ás mesmas e encontros
con eurodeputados, así como darlles a coñecer as
oportunidades de financiamento que puidesen ser
de interese para as súas entidades a partir de 2014
a través dun seminario celebrado na FGE. Durante
a sesión formativa, e logo dunha introdución á
variedade de fontes de financiamento e o modo de
acceder a elas, explicáronse algúns dos programas de
financiamento comunitario que se xestionan desde
Bruxelas, como o novo programa de I+D, Horizonte
2020, ou o instrumento da UE para medio ambiente,
LIFE. Ademais, os asistentes participaron nunha
presentación do Fondo Social Europeo (FSE) e puideron
transmitir a un representante da Comisión Europea as
súas experiencias na xestión deste fondo dedicado á
formación e inserción laboral. A xornada na Fundación
Galicia Europa rematou cun debate aberto para o
intercambio de ideas de proxectos europeos entre os
asistentes e os relatores.
Seminario sobre financiamento comunitario celebrado na oficina da FGE en Bruxelas como parte da visita formativa de
responsables locais e provincias
Inauguración do seminario “O novo período de financiamento comunitario 2014-2020: cara a un novo modelo de xestión”,
celebrado na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
• Por outro lado, e tamén co obxectivo de dar a coñecer
os instrumentos do novo marco financeiro aos
xestores de proxectos europeos, a FGE organizou, en
colaboración coa Escola Galega de Administración
Pública (EGAP), unha xornada dirixida ao persoal
técnico da Xunta de Galicia. Baixo o título “O novo
período de financiamento comunitario 2014-
2020: cara a un novo modelo de xestión” a
xornada celebrouse o 15 de novembro en Santiago
de Compostela contando coa participación de dez
relatores e máis de 200 participantes. O programa
centrouse nos cambios máis importantes da
política de cohesión e na nova xeración de liñas de
financiamento de xestión directa, como LIFE+ ou
Europa Creativa, ás que tamén se poderán acoller os
distintos departamentos da Xunta de Galicia.
Fomento da participación galega en proxectos europeos
39Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
3.2. Asesoramento a entidades galegas
POSIBILIDADES DE FINANCIAMENTO COMUNITARIO
Distintas organizacións galegas contactaron coa
Fundación Galicia Europa para obter información sobre
as posibilidades de financiamento comunitario e sobre o
modo de participar nos diferentes programas europeos.
A continuación menciónanse algunhas das 34 consultas
recibidas, especificando o apoio prestado pola FGE:
• Asesoramento á Agrupación Europea de Cooperación
Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT-GNP) sobre
programas de financiamento no eido da cooperación
transfronteiriza.
• Asesoramento á Subdirección Xeral de Relacións
coa UE da Xunta de Galicia sobre posibilidades de
financiamento comunitario relativas ao envellecemento
activo e saudable.
• Asesoramento a AFORNOR S.L. sobre boas prácticas
no cadro de proxectos cofinanciados con fondos
europeos, así como sobre financiamento no eido do
desenvolvemento rural sustentable.
• Asesoramento á ANPA do CEIP Cabanas sobre
lexislación comunitaria e posibilidades de financiamento
referentes a dispositivos de retención móbiles para
transporte escolar.
• Asesoramento á Escola Galega de Administración
Pública (EGAP) sobre liñas de financiamento europeo
para a formación de traballadores públicos.
• Asesoramento ao Grupo COREN (Cooperativas
Orensanas S.C.G) na busca de financiamento a través de
programas europeos en diversos ámbitos de actuación,
entre eles a creación dun software para a interconexión
de plataformas de datos sanitarios.
• Asesoramento ao CIFP de Ferrolterra sobre o protocolo
de actuación a seguir para a solicitude dunha Carta
Universitaria Erasmus para Centros de Ensino Superior.
• Asesoramento a AEDL A Estrada sobre programas de
financiamento no eido da educación para adultos.
• Asesoramento a DEVALAR Consultoría sobre o
programa Horizonte 2020 e o financiamento das
Pemes.
• Asesoramento á cooperativa cultural “O Cable
Inglés” sobre programas europeos e financiamento
comunitario.
• Asesoramento á organización do XXIV Festival
Internacional de Música de Pulso e Púa “Cidade de
Cristal”, sobre posibilidades de financiamento a nivel
europeo.
• Asesoramento á Deputación de Pontevedra sobre o
novo Marco Financeiro Plurianual 2014-2020 da UE e
os programas europeos de financiamento derivados do
mesmo.
• Asesoramento ao Concello de Riveira sobre o novo
programa Europa Creativa, en relación co posible
financiamento europeo para estadías de literatos.
• Asesoramento á Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria sobre o novo programa
Erasmus + e as posibilidades que este ofrece para os
estudantes ou titulados en Formación Profesional.
40
PROCURA DE SOCIOS
Sendo a busca de socios doutros Estados membros unha
condición imprescindible para acceder a determinadas
liñas europeas de financiamento, a Fundación Galicia
Europa prestou asesoramento específico a varias entidades
e organizacións galegas neste labor.
Ademais, a web da FGE serviu como canle para a publicación
de 136 avisos de entidades europeas que buscaban socios
para presentar proxectos a programas de financiamento
comunitario.
CELEBRACIóN DE ACTOS DE DIFUSIóN DE RESULTA-
DOS
LA oficina da FGE en Bruxelas acolleu a celebración
da conferencia final do proxecto europeo Youth4JOB,
financiado polo programa Progress e no que participou
a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta
de Galicia xunto a organizacións de outros oito países. Na
sesión déronse a coñecer os resultados deste proxecto co
que se pretendeu mellorar a orientación laboral prestada á
mocidade, presentando catro casos de estudo elaborados
durante o desenvolvemento da iniciativa.
Conferencia final do proxecto Youth4JOB, na oficina da FGE en Bruxelas
3.3. Participación da FGE en proxectos europeos
Ademais de fomentar a participación galega en proxectos
europeos, a propia Fundación Galicia Europa participa en
proxectos que contribúen a promover os valores europeos
en Galicia, sobre todo entre os máis novos.
ECO-INNOVA
A FGE participou dende 2010 ata xuño de 2013 no
proxecto Eco-Innova, liderado polo Concello de Ourense
en colaboración con diversas entidades nacionais e
internacionais. O proxecto enmarcouse dentro do Programa
de Cooperación Transnacional da UE “Espazo Atlántico”,
que promove a cooperación en distintas áreas das rexións da
fachada atlántica de Irlanda, Reino Unido, Francia, Portugal
e España, durante o período 2007-2013, a través do Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
O obxectivo esencial de Eco-Innova foi crear unha estrutura
transnacional para informar e promover a eco-innovación
entre as Pemes das rexións participantes. Xunto coa FGE e
o Concello de Ourense, participaron no proxecto a Axencia
de Desenvolvemento Rexional ADRAT (Portugal), dúas
incubadoras de empresas -ACIBTM (Portugal) e Bordeaux
Productic (Francia)- e a University of Glamorgan (Reino
Unido).
Neste último ano do proxecto foron varias as actuacións
realizadas, sendo unha das prioritarias o traballo sobre
a plataforma Toolbox, ferramenta que facilita o acceso
dos usuarios a información sobre o proxecto Eco-Innova
e as súas áreas de intervención. A FGE exerceu como
coordinadora desta liña de traballo en Galicia, xestionando
máis concretamente a parte de comercialización.
Mantivéronse reunións de equipo e de traballo internas
e con outros socios e empresas, buscando a difusión e
promoción da plataforma Toolbox, e como resultado do
traballo realizado foi presentado en febreiro un informe
Fomento da participación galega en proxectos europeos
41Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
titulado Toolbox de Eco-Innovación. Revisión de estado
e propostas. Complementariamente, realizáronse seis
obradoiros de sensibilización en cinco cidades galegas,
cuxo obxectivo foi a difusión desta ferramenta nos sectores
escollidos a través do traballo en grupos de pequeno
formato.
O director da FGE, Jesús Gamallo, na presentación do informe “Toolbox de Eco-Innovación”
Dentro de Eco-Innova, unha das liñas de traballo e
coordinación da FGE foi a da comunicación e difusión.
Como parte deste apartado, colaborouse con Eco, Revista
do Eixo Atlántico publicando diversos artigos sobre o
proxecto. A FGE tamén mantivo un contacto regular cos
avaliadores e auditores do programa Espacio Atlántico que
fixeron o seguimento do proxecto.
EMPRENDE
O proxecto Emprende de cooperación transfronteiriza
foi presentado na segunda convocatoria do Programa
Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-
Portugal (POCTEP), como continuación do proxecto
“Espazo Xuvenil”. Liderado pola Dirección Xeral de
Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, conta coa
participación da Fundación Galicia Europa, a Confederación
de Empresarios de Galicia (CEG), o Instituto Português da
Juventude e do Desporto (IPDJ) e a Federação Nacional
das Associações Juvenis (FNAX). O obxectivo común
dos integrantes é promover a creación de emprego por
parte dos mozos da Eurorrexión, apoiando as iniciativas
xuvenís emprendedoras. O proxecto estará vixente entre
2011 e xuño de 2014, cun presuposto de máis de 727.000
euros, dos que o 75% procede do Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional.
As actividades máis relevantes realizadas e dirixidas
pola FGE durante o ano 2013 e enmarcadas no proxecto
EMPRENDE foron:
• Foro da Innovación e novos emprendedores
En colaboración coa Federação Nacional das
Associações Juvenis e o Instituto Português do
Desporto e Juventude, a FGE participou neste foro
que se celebrou en Porto do 20 ao 21 de abril. Durante
o mesmo, a FGE colaborou na difusión do evento e
participou directamente instalando un stand propio
con parte do seu equipo, dende o que atenderon
múltiples consultas sobre mobilidade e posibilidades
de financiamento. Parte do equipo tamén participou
moderando varias mesas redondas e no acto de peche
do evento.
Punto de información da FGE no Foro da Innovación e novos emprendedores celebrado en Porto
42
• Punto Verde. Unha idea, un proxecto, un plan de
negocio verde (do pano de mesa ao plan de negocio)
En colaboración co Instituto Português do Desporto
e Juventude e coa Confederación de Empresarios de
Galicia, e co apoio da Eurocidade Chaves-Verín, a FGE
organizou este encontro durante os días 14, 15 e 16 de
novembro en Feces de Abaixo (Verín) co obxectivo de
informar, asesorar e promover novas ideas e proxectos
de mozos que emprendan no medio rural. Durante
as xornadas, os asistentes traballaron nun plan de
negocio e na comunicación do seu proxecto, buscando
a internacionalización dos seus produtos e sistemas en
territorios transfronteirizos.
• Coach Emprendedor. Xornada de Coaching Creativo
A Fundación Galicia Europa, en colaboración co Instituto
Português do Desporto e Juventude e a Confederación
de Empresarios de Galicia, organizou os días 23 e 24 de
outubro de 2013 en Monçâo unha xornada co obxectivo
de apoiar a creatividade como base do emprendemento,
impulsando así a industria creativa de Galicia e o Norte
de Portugal. A sesión baseouse en paneis prácticos e
interactivos que aportaron novas fórmulas de coaching
empresarial para a mocidade e amosaron ferramentas
de coaching a través das novas tecnoloxías.
A FGE encargouse da promoción e difusión do proxecto a
través da publicación de diversos artigos en Eco, Revista
do Eixo Atlántico, e da redacción de notas de prensa
referentes ás novas que foron xurdindo ao redor do
proxecto. A Fundación Galicia Europa tamén publicou a
revista “Eu podo, ti podes”, na que se recolleron exemplos
de emprendemento en Galicia e o Norte de Portugal co
obxectivo de promover e concienciar aos máis novos sobre
a importancia do autoemprego como alternativa viable.
Aínda cando o proxecto continuará grazas a unha
ampliación ata xuño do 2014, o 4 de decembro de 2013
celebrouse en Ourense unha Conferencia Final na que
se presentou aos asistentes os resultados obtidos ata o
momento. A FGE moderou varios paneis e presentou a
publicación “Eu podo, ti podes” aos asistentes.
3.4. Oficina de Información Europea para a Xuventude
A Fundación Galicia Europa acolle a Oficina de Información
Europea para a Xuventude grazas ao convenio que mantén
coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da
Consellería de Traballo e Benestar (ver punto 1.4.). Esta
oficina colabora ou é a responsable técnica de diferentes
proxectos europeos que teñen por principais beneficiarios
aos máis novos:
Eurocidade Chaves – Verín II: proxecto enmarcado no
Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza
España-Portugal (POCTEP) e liderado polo Concello
de Verín. A través del, preténdese sentar as bases
dunha cooperación de segunda xeración que permita
converter a Eurocidade Chaves-Verín nun instrumento
de desenvolvemento rexional. Esta iniciativa permitiría
poñer en marcha accións que melloren a calidade de
vida dos cidadáns a través de medidas como a creación
dunha oficina da xuventude conxunta e dunha unidade
de desenvolvemento de paquetes turísticos comúns.
Estará en vigor ata xuño de 2014.
IMAXINA ATLÁNTICA: enmarcado no Programa
Operativo Espazo Atlántico 2007-2013, o proxecto
está liderado polo socio francés Communauté
d’Agglomération du Grand Angoulême (COMAGA). Os
seus obxectivos céntranse no terreo da creatividade
xuvenil. As accións que impulsa son as seguintes:
constituír un polo atlántico de competencias e recursos
Fomento da participación galega en proxectos europeos
43Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
da imaxe; crear produtos e circuítos turísticos/culturais
con recursos mobilizados e as capacidades de expresión
dos territorios; definir e poñer en marcha un programa
de intercambios de estudantes ou profesionais; e
organizar seminarios técnicos internacionais. Foi
aprobada a súa extensión ata abril de 2014.
youth4JOB: enmarcado no programa Progress,
entre os seus obxectivos xerais destaca a realización
de análises e estudos que faciliten a implementación
de iniciativas relativas ao emprego xuvenil como
“Xuventude en Movemento”, orientados en gran
medida a mellorar a empregabilidade e a entrada dos
máis novos no mercado laboral. Nesa liña, os dez socios
europeos que conformaron o consorcio organizador,
entre os que se atopaba a Dirección Xeral de Xuventude
e Voluntariado da Xunta de Galicia, realizaron unha
investigación conxunta identificando boas prácticas
nos servizos de orientación laboral para a mocidade.
Como se comentou no punto 3.2., o acto de peche do
proxecto celebrouse na oficina da FGE en Bruxelas
durante o mes de decembro.
NoNEETS: Programa de asesoramento e formación que
ten como obxectivo a integración de xóvenes adultos
no mercado laboral e na sociedade. Está financiado
polo Programa de Aprendizaxe Permanente, en vigor
ata outubro do ano 2015, e no que Galicia participa
xunto a outros cinco socios europeos.
44
04
45Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
Información sobre a UE en Galicia
4.1. Portal web
O portal web da Fundación Galicia Europa é unha
ferramenta fundamental para a difusión efectiva das novas
e informacións sobre o labor da FGE e da Unión Europea
–especialmente na actualidade europea máis ligada
aos intereses galegos-, así como de oportunidades de
Páxina de inicio do portal web da Fundación Galicia Europa
convocatorias e procuras de socios para proxectos. Durante
o ano 2013, a páxina web fíxose eco de 183 convocatorias
e 134 procuras de socios, e publicou 189 noticias. O sitio
web, a 31 de decembro de 2013, ten recibido 120.000 visitas
totais dende a súa posta en marcha, o que representa
un crecemento do 31,5% dende as 91.000 do ano 2012 e
15.000 usuarios en doce meses.
46
4.2. Redes sociais
As redes sociais de maior emprego por parte da FGE,
Facebook e Twitter, contribuíron a promover as novas
recollidas no portal web e desenvolveron un activo papel
de difusión de oportunidades de emprego e prácticas
internacionais para o público galego, maioritariamente
entre os máis novos. Durante 2013, a conta Facebook da
FGE case triplicou o seu número de seguidores, pasando
de 320 a 803, o que supón un incremento dun 150%. A
presenza en Twitter aumentou un 127%, ao pasar de 410 a
930 seguidores.
Conta en Twitter da FGE
Perfil en Facebook da FGE
47Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
Información sobre a UE en Galicia
4.3. Boletín electrónico
A Fundación Galicia Europa envía quincenalmente un
boletín electrónico aos máis de 2.500 subscritores. Este
boletín recolle as principais novas publicadas na web
da FGE sobre o labor desenvolvido pola Fundación, a
actualidade europea e as actualizacións das procuras de
socios, convocatorias de proxectos e axenda da actividade
da FGE.
Boletín dixital enviado quincenalmente a máis de 2.500 subscritores
4.4. Colaboración cos medios
O persoal da Fundación Galicia Europa traballa na difusión
de contidos e información sobre a Unión Europea a través
dunha colaboración mensual coa revista ECO, Revista do
Eixo Atlántico. Durante o ano 2013, enviáronse dez artigos
de divulgación sobre diversos temas, como a política
medioambiental da UE, a implicación da cidadanía, o cambio
demográfico, a cooperación para o desenvolvemento ou a
política de competencia.
4.5. Resolución de consultas
No apartado de resolución de consultas, a Fundación
Galicia Europa rexistrou e resolveu ao longo do ano máis
de 50 consultas presenciais ou telemáticas, relacionadas
con oportunidades de emprego, mobilidade e prácticas
internacionais.
48
05
49Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
Formación e sensibilización
5.1. Bolsas
A formación da xuventude nos asuntos europeos é, dende
a súa creación, un dos piares da actividade da Fundación
Galicia Europa. Cada ano convócanse bolsas para que a
mocidade galega poida incrementar o seu coñecemento
sobre a UE.
Estas bolsas están principalmente dirixidas a licenciados
ou graduados que queiran especializarse nas políticas
comunitarias co obxectivo de favorecer a súa proxección
profesional no eido europeo. Dende a creación da FGE
en 1988, estas bolsas permitiron a máis de 400 persoas
aumentar os seus coñecementos sobre a UE, realizar
prácticas en institucións e órganos comunitarios e nas
oficinas da Fundación Galicia Europa.
En 2013, e grazas ao convenio asinado en 2011 entre
a Fundación Galicia Europa e Novacaixagalicia para a
realización de actividades conxuntas no ámbito da Unión
Europea, foron concedidas un total de cinco bolsas,
repartidas nas seguintes liñas de acción:
• Catro bolsas para a formación en prácticas de
licenciados ou graduados universitarios en temas
relacionados coa Unión Europea, nas oficinas da
Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e
Bruxelas.
• Unha bolsa para a formación en comunicación e
información das políticas comunitarias, das actividades
da Fundación e da presenza de Galicia nos organismos
europeos, con destino na oficina de Bruxelas.
Os bolseiros desenvolveron o seu período de prácticas
entre o 21 de xaneiro e o 20 de decembro.
RELACIóN DE BENEFICIARIOS EN 2013
Oficina de Santiago de Compostela
Andrés Ballesteros Posada
Francisco de Asís Pichel Contra
Oficina de Bruxelas
Iria Campos Álvarez
María Montoiro Salvado
Javier Roura Blanco – Comunicación
Ademais, no marco dos convenios de colaboración coas
universidades galegas (ver punto 1.4.), a oficina da FGE
en Santiago acolleu durante 2013 a catro estudantes en
prácticas para a súa formación en asuntos europeos.
50
5.2. Visitas formativas a Bruxelas
A FGE continúa a prestar apoio a grupos galegos de
estudantes, asociacións e outros colectivos que acoden
á capital comunitaria para formarse e familiarizarse coas
institucións europeas, e achegarse ao cometido que
realizan. O equipo da oficina da Fundación Galicia Europa
en Bruxelas acolle a estes grupos na súa oficina para
explicar de primeira man o papel de Galicia no entramado
comunitario, ofrecéndolles tamén asesoramento para
a organización da súa axenda. En 2013, a FGE recibiu as
seguintes visitas:
• Visita dun grupo de alumnos do Máster Universitario
en Estudos da Unión Europea da Universidade
da Coruña (16 de abril). Un grupo de oito alumnos
da Universidade da Coruña visitaron a oficina de
Bruxelas da FGE como parte do seu percorrido de
visitas institucionais na capital europea. Os alumnos
deste posgrao coñeceron as actividades que realiza a
FGE como representante dos intereses galegos ante
as institucións comunitarias, aprenderon como se
articula a participación rexional na UE e descubriron
de primeira man o funcionamento diario das principais
institucións.
• Visita dun grupo de 20 autoridades e técnicos de
concellos e deputacións (do 11 ao 13 de novembro).
No marco do protocolo de colaboración coa Federación
Galega de Municipios e Provincias, a FGE organizou
a visita deste grupo de responsables municipais para
achegalos ao funcionamento das institucións europeas
e darlles a coñecer as oportunidades de financiamento
para as súas entidades (ver punto 3.1. para máis
información).
Os técnicos e autoridades de entidades locais galegas na súa visita á sede do Parlamento Europeo en Bruxelas
Formación e sensibilización
51Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
5.3. Cursos, seminarios e xornadas en Galicia
Seguindo co obxectivo de fomentar a formación e
sensibilización da sociedade galega en temas relacionados
coa Unión Europea, a FGE tamén organizou e participou en
diversas xornadas e seminarios en Galicia.
RELATORIO SOBRE “PRÁCTICAS E SAíDAS LABO-
RAIS NA UNIóN EUROPEA”
Ferrol, 4 de febreiro
O persoal da Fundación Galicia Europa fixo unha
presentación das oportunidades para a realización de
prácticas e outras saídas laborais na UE para os estudantes
de formación profesional do CIFP Ferrolterra, como parte
das accións previstas no Plan de Orientación Profesional
deste centro educativo, organizado en colaboración
coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria.
CURSO DE CREACIóN E CONSOLIDACIóN DE EMPRE-
SAS E FORMACIóN DE EMPRENDEDORES NO COMER-
CIO
Santiago de Compostela, 13 de febreiro
A FGE acompañou e deu apoio ao acto de clausura e
entrega de diplomas deste curso organizado pola Cámara
de Comercio de Santiago de Compostela, que tivo lugar no
seu viveiro de empresas. O curso, desenvolvido durante
2012, contou coa colaboración económica da Fundación
Galicia Europa.
FóRUM EMPREGO UNIVERSITARIO 2013 DA UNIVER-
SIDADE DE VIGO (XII XORNADAS UNIVERSITARIAS
DE EMPREGO EN GALICIA E NORTE DE PORTUGAL)
Ourense, Vigo e Pontevedra, do 20 ao 22 de febreiro
A FGE participou nestas xornadas presentando un relatorio
sobre “Prácticas e saídas laborais na UE e en organizacións
internacionais” nas tres sesións do Fórum Emprego
Universitario desenvolvidas do 20 ao 22 de febreiro nos
campus universitarios de Ourense, Vigo e Pontevedra.
Persoal da FGE participando no Fórum Emprego Universitario da Universidade de Vigo
2º FORO DE INNOVACIóN, XUVENTUDE E EMPRENDE-
MENTO E 6º ENCONTRO DO MOVEMENTO ASOCIATI-
VO XUVENIL GALICIA – NORTE DE PORTUGAL
Porto, 19, 20 e 21 de abril
A FGE participou neste encontro enmarcado dentro do
proxecto EMPRENDE, do que é socia. A representación
da FGE tomou parte cun stand no que se asesorou aos
participantes en temas relacionados con programas
europeos, creación de empresas, saídas profesionais e
filóns de emprego para a xuventude, así como sobre as
políticas que a Unión Europea ofrece para este sector
da poboación. O persoal da FGE tamén participou nos
relatorios que se desenvolveron nas sesións dos días 19 e
20 de abril.
52
XORNADAS SOBRE SAíDAS LABORAIS PARA GRA-
DUADOS EN RELACIóNS LABORAIS E RECURSOS HU-
MANOS
Vigo, 14 de maio
A FGE informou na Facultade de Ciencias Xurídicas e do
Traballo da Universidade de Vigo sobre os procedementos
de selección de persoal da Unión Europea, a súa estrutura
e as categorías profesionais que existen na UE. A xornada
estivo dirixida aos estudantes de último curso do Grao en
Relacións Laborais e Recursos Humanos, a fin de facilitar a
súa inserción laboral. Así mesmo, a FGE informou sobre as
prácticas e estadías nas institucións comunitarias ás que
poden optar.
PRESENTACIóN DA “GUíA DE PRÁCTICAS E SAíDAS
LABORAIS NA UNIóN EUROPEA E EN ORGANIzA-
CIóNS INTERNACIONAIS”
Santiago de Compostela, 4 de marzo
A Coruña, 30 de maio e 20 de xuño
O equipo da FGE realizou unha serie de presentacións
para dar a coñecer entre os estudantes universitarios a
terceira edición deste manual. As citas foron na Facultade
de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de
Santiago o 4 de marzo; no Máster en Estudos Europeos
da Universidade da Coruña o 30 de maio, e na Xornada
de Mobilidade Xeográfica UNINSERT -organizada pola
Fundación Universidade da Coruña- o 20 de xuño.
FORO XUVENTUDE EN MOVEMENTO 2013
A Coruña, 28 a 30 de novembro
A FGE participou na segunda edición deste foro, que se
desenvolveu no Campus de Elviña da Universidade da
Coruña. No contexto destas xornadas, a Fundación contou
cun stand propio no que o seu persoal resolveu dúbidas
sobre prácticas e saídas profesionais para a mocidade
galega na Unión Europea e en organizacións internacionais.
5.4. Celebración do día de Europa e do 25º Aniversario
da Fundación Galicia Europa
Como cada ano, a Fundación Galicia Europa uniuse en 2013
aos actos que conmemoran a creación dunha Europa unida
e a publicación da Declaración Schuman que a orixinou.
Este 9 de maio, ademais, a FGE contaba con outro motivo
de celebración ao cumprir 25 anos dende a súa posta en
marcha co obxectivo de defender os intereses galegos en
Europa e dar a coñecer o proceso de integración europea
en Galicia.
Unindo ambas efemérides, celebrouse o 8 de maio en
Santiago un foro de debate sobre “O futuro de Galicia
en Europa”, inaugurado polo expresidente da Xunta de
Galicia, Xerardo Fernández Albor, e polo propio director
da FGE. O foro, moderado polo catedrático José Manuel
Sobrino Heredia, contou coa presenza de antigos bolseiros
da Fundación que no seu momento se beneficiaron de
formación prestada pola FGE e hoxe desempeñan cargos
de responsabilidade sobre asuntos europeos e, por tanto,
coñecen en profundidade a posición da nosa comunidade
no contexto europeo. Participou na clausura Alfonso
Rueda, vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e
vicepresidente da Fundación Galicia Europa.
Acto de celebración do 25º Aniversario da Fundación e do Día de Europa
54
06
55Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
Europa en Galicia. Quen é quen?
FUNDACIÓNGALICIAEUROPA
Rúa do Hórreo, 61, 3º
15701 Santiago de Compostela
Tel. 981 541 012; Fax 981 541 013
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu
Correo: [email protected]
Rue de la Loi, 38, 2º
1040 Bruselas
Tel. 0032(0)2 735 54 40
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu
Correo: [email protected]
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES E
COAUE
Rúa do Hórreo, 61, 1º
15701 Santiago de Compostela
Tel. 981 541 002; Fax 981 541 003
http://cpapx.xunta.es/exteriores-a-direccion-xeral
Correo: [email protected]
OFICINADEINFORMACIÓNEUROPEAPARAA
XUVENTUDEDAFUNDACIÓNGALICIAEUROPA
Divulga información europea, orienta e asesora á xuventude
para promover a súa participación en programas europeos.
Rúa do Hórreo, 61, 3º
15701 Santiago de Compostela
Tel. 981 541 010; Fax 981 541 013
Correo: [email protected]
CENTROSDEDOCUMENTACIÓNEUROPEA
Permiten o acceso ao público en xeral, e especialmente
á comunidade universitaria, á información sobre a Unión
Europea e as súas diferentes políticas. Promoven e
consolidan o estudo sobre a integración europea.
UniversidadedeSantiagodeCompostela
Centro de Estudos e Documentación Europeos
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n.
Campus Vida
15782. Santiago de Compostela
Tel. 981 814 782 / 784 / 647 344386
Correo: [email protected] - [email protected]
UniversidadedeACoruña
Facultade de Dereito
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
Tel. 981 167 000 (ext. 1628); Fax 981 290 310
Correo: [email protected]
56
EUROPEDIRECT
Ofrece información, asesoramento e respostas a preguntas
dos cidadáns sobre lexislación, políticas, programas e
posibilidades de financiamento da Unión Europea.
Europe Direct A Coruña
Deputación Provincial de A Coruña
Alférez Provisional, 2
15006 A Coruña
Tel. 981 080 331; Fax 981 080 354
http://www.dicoruna.es/ipe
Correo: [email protected]
Europe Direct Lugo
Avda. Coruña, 490 (antigo cuartel de Garabolos)
27001 Lugo
Tel. 982 297 479; Fax 982 297 364
http://www.lugo.es/europedirect
Correo: [email protected]
Europe Direct Cámara de Comercio de Ourense
Rúa de Vigo, 2
32900 San Cibrao das Viñas, Ourense
Tel. 988 368 148 / 988 233 116
Correo: [email protected]
ENTERPRISEEUROPENETWORK
Rede promovida pola Dirección Xeral de Empresa e
Industria da Comisión Europea que ofrece información e
asesoramento a empresas sobre as oportunidades que a
UE lles ofrece. Está presente nas comunidades autónomas
do noroeste de España (Asturias, Cantabria, Castela e León
e Galicia) a través do consorcio de entidades Galactea-
Plus (http://www.galacteaplus.es). En Galicia, estas son as
entidades que forman parte do consorcio:
CentrodeInnovaciónEServizos,Tecnoloxíae
deseño(CISGalicia)
Apoia a transferencia de tecnoloxía entre empresas
e a súa participación en programas de financiamento
comunitario, especialmente os relacionados coa I+D+i.
A Cabana, s/n
15590 Ferrol
Tel. 981 337 146; Fax 981 337 171
http://www.cisgalicia.org
Correo: [email protected]
InstitutoGalegodePromociónEconómica(IGAPE)
Informa e asiste ás empresas galegas en temas
comunitarios, promove a cooperación empresarial e
apoia a súa participación en programas europeos.
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela
Tel. 981 541 147; Fax 981 558 844
http://www.igape.es
Correo: [email protected]
ConfederacióndeEmpresariosdeGalicia(CEG)
Presta información e asistencia sobre temas europeos
ás empresas galegas, fomenta a cooperación entre
elas, transmite á Comisión Europea as súas opinións e
apoia a súa participación en programas europeos.
Rúa do Vilar, 54
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 555 888; Fax 981 555 882
http://www.ceg.es
Correo: [email protected]
Europa en Galicia. Quen é quen?
57Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
REDEEURODESKENGALICIA
Rede de centros de información relevante para xente nova
sobre temas da UE.
EURODESK Santiago de Compostela
Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Xuventude e
Solidariedade
Praza do Matadoiro, s/n
15703 Santiago de Compostela
Tel. 981 58 39 00; Fax: 981 58 39 42
Correo: [email protected]
EURODESK A Coruña
Asociación InGalicia
Rúa Puerta de Aires, 12, bajo
15011 A Coruña
Tel. 981 266 715
Correo: [email protected]
EURODESK Vigo
Asociación Xuvenil Abertal
Rúa Venezuela, 3
36203 Vigo, Pontevedra
Tel. 986 22 56 62
Correo: [email protected]
58
59Fundación GALICIA EUROPA Memoria 2013
Anexo. Índice de siglas
ACLUNAGA Asociación Clúster do Naval Galego
AECT Agrupación Europea de Cooperación
Territorial
AECT-GNP Agrupación Europea de Cooperación
Territorial Galicia-Norte de Portugal
AGADIC Axencia Galega das Industrias Culturais
CALRE Conference of European Regional
Legislative Assemblies (Conferencia
de Asembleas Lexislativas Rexionais
Europeas)
CARUE Conferencia para Asuntos Relacionados
coa Unión Europea
CCAA Comunidades Autónomas
CdR Comité das Rexións
CE Comisión Europea
CEG Confederación de Empresarios de Galicia
CIFP Centro Integrado de Formación
Profesional
CIVEX Comisión de Cidadanía, Gobernanza e
Asuntos Institucionais e Exteriores do
CdR
CORE Colaboración das Oficinas Rexionais
Españolas en Bruxelas
COTER Comisión de Política de Cohesión
Territorial do CdR
CROWC Convergence Regions On The Way To
Cohesion (Rexións Converxencia Camiño
da Cohesión)
DCRN Demographic Change Regions Network
(Rede de Rexións polo Cambio
Demográfico)
DG Dirección Xeral da Comisión Europea
DG MARE Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e
Pesca da Comisión Europea
DG REGIO Dirección Xeral de Política Rexional da
Comisión Europea
DOUE Diario Oficial da Unión Europea
EACEA Education, Audiovisual and Culture
Executive Agency (Axencia Executiva no
Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural
da Comisión Europea)
EGAP Escola Galega de Administración Pública
EIP European Innovation Partnerships
(Asociacións Europeas para a
Innovación)
EPSCO Formación de Emprego, Asuntos Sociais,
Saúde e Consumidores do Consello de
Ministros da UE
60
FEDER Fondo Europeo de Desenvolvemento
Rexional
FEGAMP Federación Galega de Municipios e
Provincias
FEMP Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
FGE Fundación Galicia Europa
FSE Fondo Social Europeo
GCT Grupo de Coordinación Técnica dentro
de CORE
IGAPE Instituto Galego de Promoción
Económica
KIC Knowledge and Innovation Community
(Comunidade de Innovación e
Coñecemento)
MI4BG Maritime Industries for Blue Growth
(Rede de Industrias marítimas para o
crecemento azul)
OCM Organización Común de Mercados
PAC Política Agrícola Común
POCTEP Programa Operativo de Cooperación
Transfonteiriza España-Portugal
PPC Política Pesqueira Común
REPER Representación Permanente de España
ante a Unión Europea
TAC Total Admisible de Capturas
UE Unión Europea