materia de · dirección da área de humanidades e ciencias sociais: ... dereito de nacionalidade...

18

Upload: docong

Post on 15-Nov-2018

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Materia de Educación para a Cidadaníae os Dereitos Humanos

Educación Secundaria Obrigatoria

Proxecto e edición: rodeira-grupo edebé

Dirección xeral: Antonio Garrido GonzálezDirección de edición de contidos educativos: María Banal MartínezDirección da área de Humanidades e Ciencias Sociais: Natalia Corretjé CarnéDirección pedagóxica: Santiago Centelles CerveraDirección de produción: Juan López Navarro

Equipo de rodeira: Coordinación editorial: M.ª Xesús Gómez SanjurjoAsesoría: Francesc Riu Rovira de VillarEdición: Nuria Carreras Vidal, Susana Rodríguez Nogueira, Ester Segarra Montaner e Ánxela Seoane AresPedagoxía: Santiago Centelles CerveraIlustración: Zenón Cubillas González Corrección: Eva García FernándezDeseño gráfico e cuberta: Luís Vilardell Panicot e Mónica González López

Colaboradores: Fotografías: Thinkstock

É propiedade de rodeira-grupo edebé© rodeira-grupo edebé, 2012 Rafael Alberti, 11, baixo15008 A Coruñawww.edebe.com

Depósito Legal. B. 15740-2012ISBN: 978-84-8349-365-6Impreso en EspañaPrinted in SpainEGS - Rosario, 2 - Barcelona

Este libro forma parte do proxecto editorial rodeira e foi elaborado segundo as disposicións e normas curriculares que desenvolven a Lei Or-gánica de Educación (LOE) do 3 de maio do 2006.

ADVERTENCIA: Todas as actividades contidas neste libro débense realizar nun caderno á parte. Os espazos incluídos nas activida-des son simplemente indicativos e a súa finalidade, didáctica.

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excep-ción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) se necesita fotocopiar ou dixitalizar algún fragmento desta obra (www.conlicencia.com;91 702 19 70 / 93 272 04 45).

Os editores fixeron todo o posible por localizar os titulares dos materiais que aparecen a título de citación na obra. Se involuntariamente algún foi omitido, os editores re-pararán o erro cando sexa posible.

O libro inclúe unha coidada selección de ligazóns de páxinas web que rodeira - grupo edebé considera que poden ser de interese. Non obstante, estas páxinas non llepertencen. Polo tanto, rodeira - grupo edebé non pode garantir a permanencia nin a variación dos seus contidos e tampouco se fai responsable dos posibles danosque poidan derivarse do acceso ou do uso das páxinas.

111663_00_ETIC_ES2_GAL_WEB_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 17:12 Página 1111

1Índice

ÍNDICECONTIDOS APARTADOS COMPETENCIAS BÁSICAS

Cidadáns españois

(páx. 2)

Dereito de nacionalidade

Criterios para a adquisición da nacionalidade española

Os símbolos do Estado español e deGalicia

Dereitos básicos dos cidadáns:a Seguridade Social e as pensións

SOCIAL E CIDADÁ

• Recoñezo, acepto e uso convencións e normas sociaisde convivencia.

• Coñezo a pluralidade social, as dimensións da globaliza-ción e as implicacións para os cidadáns.

APRENDER A APRENDER

• Traballo en equipo de forma construtiva e axudo a favore-cer o clima de traballo.

AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL

• Aprendo a tomar decisións reflexionadas, a responsabili-zarme delas e a asumir as súas consecuencias.

COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA

• Expreso as ideas propias con corrección e coherencia, eacepto puntos de vista diferentes sobre unha mesma cues-tión.

DIXITAL E DE TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

• Utilizo correctamente os recursos das tecnoloxías da in-formación e da comunicación.

Cidadanía nun mundo

global(páx. 4)

Estados errados

Terrorismo

Integrismo relixioso

Privacidade e Propiedade Intelectual

O medionatural

(páx. 5)

Preservación do medio natural

A contaminación acústica

7. A dimensióneconómica

da sociedade (páx. 6)

1. A importancia dos servizos

2. A empresa

3. O papel do emprendedor na economía

Proxecto: unha empresa de deseño gráfico

EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA 2 ESO

111663_01_ETIC_ES2_GAL_WEB_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:32 Página 1

Ser cidadán dun país significa obter unha serie dedereitos e de deberes respecto da sociedade naque vives. A nacionalidade é un dereito fundamental daspersoas que as vencella xuridicamente co Estado.Por este vínculo, a persoa goza dos dereitos queo Estado lle outorga, así como da súa protecciónno estranxeiro. Como contrapartida, a persoadebe cumprir cos deberes e obrigas que o Es-tado lle solicita. Este dereito está recollido na De-claración Universal dos Dereitos Humanos e naConstitución española.

Adquisición da nacionalidade española

Os españois de orixe son os nados de pai ou naiespañola; os nados en España de pais estranxeirosse un dos proxenitores naceu en España; os nadosen España de pais de identidade descoñecida e osmenores de 18 anos adoptados por un español.

As persoas estranxeiras que queiran obter a na-cionalidade española poden adquirila por:

— Residencia en España durante dez anos deforma legal e continuada. Existen excepciónsque reducen o tempo esixido.

— Carta de natureza, que outorga o goberno encircunstancias excepcionais.

— Posesión de estado, é dicir, se a persoa posuíue utilizou a nacionalidade durante dez anospensando que era española.

— Opción, é dicir, poden optar á nacionalidadeaqueles que estiveron baixo a patria potestadedun español ou o seu pai ou nai fose español,nacido en España; tamén as persoas adoptadasdespois de cumprir os 18 anos ou as que se de-terminou a súa filiación ou nacemento despoisdesa idade.

Nesta web pódense consultar excepcións e outroscriterios de adquisición da nacionalidade:

http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/gl/1215198282620/EstructuraOrganica.html

Cidadáns españois

2 Cidadáns españois

Artigo 11.1. A nacionalidade española adquírese, consér-vase e pérdese de acordo co establecido polalei.2. Ningún español de orixe poderá ser privadoda súa nacionalidade.3. O Estado poderá concertar tratados de dobrenacionalidade cos países iberoamericanos ou conaqueles que tiveran ou teñan unha particular vin-culación con España. Nestes mesmos países,aínda cando non recoñezan aos seus cidadáns undereito recíproco, poderán naturalizarse os espa-ñois sen perder a súa nacionalidade de orixe.

Constitución de 1978.

O Consello de Ministros concedeu hoxe a nacio-nalidade española por carta de natureza ao xoga-dor de balonmán Laszló Zoltán Nagy, denacionalidade húngara, e á deportista de remoAnna Sergeevna Yuchenko, de nacionalidaderusa.Ambos os dous poderán elevar o nivel dos equi-pos nacionais de cada unha das súas especiali-dades nos Xogos Olímpicos de 2012 que secelebrarán en Londres. O Consello Superior deDeportes informou postivamente en ambos os ex-pedientes.A nacionalidade española adquírese por carta denatureza, outorgada discrecionalmente por RealDecreto, cando no interesado concorran circuns-tancias excepcionais e despois de tramitar un ex-pediente para cada caso particular, como ocorreuno que resolveu hoxe o Goberno.Posteriormente, o solicitante debe xurar ou prome-ter fidelidade ao Rei e obediencia á Constitucióne ás Leis, renunciando á súa anterior nacionali-dade (salvo os naturais de países iberoamerica-nos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial ouPortugal).

Traducido e adaptado de:<http://www.mjusticia.gob.es>

(27-4-2012)@

111663_02-03_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Layout 2 17/09/12 16:34 Página 2

A Constitución de 1978 recolle a obriga de manter unsistema de Seguridade Social para todos os cidadáns. Édicir, débense garantir unha serie de medidas públicaspara evitar as privacións sociais e económicas que sepoderían xerar por causas como enfermidade, mater -nidade, accidente de traballo ou enfermidade laboral,desemprego, invalidez, vellez e morte; e tamén a pro-tección en forma de asistencia médica.Este sistema é público, é dicir, soportado coas achegaseconómicas (cotizacións) dos traballadores en activo eos empresarios e con parte dos orzamentos do Estado.Xestiónano distintos organismmos, xa sexan estatais ouautonómicos, segundo as leis vixentes.A forma máis visible deste sistema é a asistencia sanita-ria para todos os cidadáns, que ofrecea nosa comuni-dade a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Osistema público tamén garante, entre outros:

— O pagamento de subsidios de desemprego ás per-soas en paro que cotizaron mentres traballaban.

— O pagamento de pensións ás persoas xubiladas e áspersoas da terceira idade que non cotizaron.

— O pagamento de pensións ás persoas incapacitadaspara traballar por mor dalgunha enfermidade ou acci-dente (baixa laboral).

Os símbolos do Estado son:— A bandeira é o símbolo recollido na Cons-

titución de 1978. Está formada por tres fra-xas horizontais, vermella, amarela evermella (a amarela é o dobre de anchaque cada unha das vermellas).

— O escudo está composto por elementosde longa tradición histórica.

— O himno coñécese tradicionalmente comoMarcha granadera ou Marcha real españolae non ten letra.

O Estatuto de Autonomía de Galicia, no ar-tigo 6, recolle os símbolos de Galicia:— A bandeira é branca cunha banda diago-

nal de cor azul que a atravesa desde o án-gulo superior esquerdo ao inferior dereito.

— O escudo está formado por un cáliz deouro, unha hostia de prata e sete cruces domesmo metal.

— O himno é Os Pinos.

3Cidadáns españois

Que símbolos identifican o Estado español e Galicia?

Dereitos básicos dos cidadáns: a Seguridade Social e as pensións

1. Le a noticia da páxina anterior e explica a que criterio se aco-lleron os dous deportistas para obter a nacionalidade espa-ñola. Quen concede a nacionalidade segundo este criterioe por que razóns se outorga? Que razón se alega no casodestes dous deportistas?

— Que deben facer os solicitantes ao adquirir a nacionali-dade? Todos os solicitantes deben renunciar á súa antiganacionalidade? Por que hai excepcións? Le o artigo 11 daConstitución da páxina anterior.

2. Coa axuda da páxina anterior e a web citada, razoa en caldos seguintes casos concederías a nacionalidade españolae por que criterio teñen dereito a adquirila.

— Somos españois de orixe e solicitamos a nacionalidadepara o noso bebé adoptado en China.

— Son chileno e levo dous anos en España de forma legal econtinuada.

— Son paquistaní e levo sete anos en España de forma legale continuada.

— Levo seis meses casado cunha española.— Teño a condición de refuxiado e levo cinco anos en Es-

paña, agora solicito a nacionalidade.

3. Busca no dicionario e define, en relación coa Seguridade So-cial: cotización, subsidio, baixa laboral, xubilación, pensión.

4. Lede as seguintes afirmacións e reflexionade sobre se estaspersoas teñen garantidos estes dereitos.

— Son condutor de autocar nunha empresa. Rompín aperna e non podo traballar durante uns meses. Cobrareio meu soldo?

— Vou solicitar a prestación de desemprego, pois nonatopo traballo, por iso non coticei nunca ao sistema daSeguridade Social.

_

111663_02-03_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Layout 2 17/09/12 16:34 Página 3

No mundo actual existen Estados cunha estruturapolítica inestable, con gobernos que non poden ga-rantir o desenvolvemento duns mínimos servizoscomo a sanidade, a participación na vida pública, asinfraestruturas, a educación… Hai outros Estados nosque os conflitos son permanentes. Os seus gobernosperderon o control sobre o territorio, pois impera aviolencia, o terrorismo ou a corrupción. Coñécensecomo Estados errados.No mundo de hoxe, globalizado, interdependente een continua intercomunicación polas novas tecnolo-xías, estes pa íses poden poñer en perigo o resto xaque, por exemplo, un aumento da violencia podefacer que cambalee a Bolsa ao outro lado do mundo.A maioría destes países encóntrase en África, taménos hai en Asia. Algúns exemplos serían Somalia, Chad,Nixeria, Iraq, Afganistán ou Haití.

Cidadanía nun mundo global

4 Cidadáns do mundo

O atentado suicida de onte en Mogadiscio, no que unhas70 persoas morreron e varias ducias resultaron feridas, éo primeiro deste calibre realizado pola milicia islamitarebelde Al Shabab desde que o 6 de agosto anunciaseque se retiraba das súas posicións na capital somalí.Nos últimos días, Al Shabab realizara outros dous ata-ques en dúas cidades próximas ás fronteiras con Etiopíae Somalia, zonas que aínda seguen controladas maiori-tariamente polos extremistas.O atentado pode repercutir negativamente na entrega edistribución de axuda humanitaria no país, a onde che-garon uns 45000 somalís desprazados pola fame e aviolencia, segundo as cifras do Alto Comisionado de Na-cións Unidas para os Refuxiados.

Traducido e adaptado de: <http://www.elpais.es> (4-10-2011).

2. Lede o texto e reflexionade sobre como debería ser ouso ideal das novas tecnoloxías da comunicación nunmundo global.

— Que vantaxes achegan as novas tecnoloxías? — É correcto conseguir as novidades en cine ou mú-

sica cun só clic?, que ocorre co traballo dos crea-dores, parécevos que se respecta?

— Debería controlarse a información que circulana rede para evitar erros ou contidos inapropia-dos? Se fose así, quen a debería controlar? Ousimplemente compre ter criterio á hora de se-leccionala?

— Que perigos pode ter a circulación dos datos per -soais na rede? Alguén debería controlalo? Que oco-rre co dereito á privacidade?

1. Lede os textos e debatede na clase sobre os conflitos do mundo actual. Indicade as causas e achegade posibles solucións.

— Que ocorreu en Somalia? Quen son as milicias Al Shabab?— Observade a páxina 99 do libro de texto e explicade que conflitos se suceden en Somalia. Que tipo de conflito é o da noticia?

Que outros problemas ten o país? Por que Somalia é un exemplo de Estado errado?— Como poden afectar estes Estados ao resto dos países do mundo? Propoñede solucións.

_

_

Internet e o correo electrónico son fantásticos: encalquera momento podo falar con persoas de dife-rentes países, coñecer a súa cultura, entrar nunharede social e ter moitos amigos, ver a última película,mesmo antes da súa estrea no cine, baixar ese discoque tantas ganas tiña de escoitar ou buscar informa-ción para o traballo do cole con só un clic.

Pero suspendín o meu traballo sobre as baleas por-que dez compañeiros de clase fixemos un «copiar--pegar» da mesma páxina web. Ademais, o traballoestá cheo de erros. Agora doume de conta de que nin-gún de nós aprendeu nada sobre as baleas. E aínda por riba, dei os meus datos persoais paraentrar nunha web e agora non paran de enviarmepropaganda de todo tipo que me colapsa o correo.E o que aínda é peor, síntome ameazado porqueeses datos foron divulgados a través das redes so-ciais.

111663_04-04_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Layout 2 17/09/12 16:30 Página 4

O medio natural

5Cidadáns do mundo

O sistema actual de desenvolvemento humano, baseadono aumento do consumo e nunha dependencia dos com-bustibles fósiles, unido a unha crecente poboación hu-mana e unha deficiente xestión e gobernanza globaldos recursos naturais, é insostible. Moitos países e po -boacións enfróntanse xa a diversas ameazas derivadasda perda de biodiversidade, á degradación de servi-zos ecosistémicos e ao cambio climático, incluíndo esca-seza de alimentos, de auga e de enerxía; maiorvulnerabilidade a desastres naturais; a riscos para asaúde; a movementos de poboación e a conflitos rela-cionados cos recursos.Os gobernos e as empresas con visión de futuro come-zaron a facer esforzos para mitigar estes riscos, porexemplo, promovendo as enerxías renovables, a efi-ciencia no uso de recursos, unha produción máis res-pectuosa co medio natural e un desenvolvementosocialmente máis inclusivo.

Planeta vivo. Informe 2012.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) atribúellesaos factores ambientais a morte dun de cada cincoeuropeos. Despois da contaminación do aire, o ex-ceso de ruído é a segunda das causas máis nocivas.O dano na saúde producido por este tipo de contami-nación ambiental é moi diferente no campo e na ci-dade. «Unha persoa que vive na cidade ten máisprobabilidades de perder audición que unha que viveno campo. As perdas non son excesivas, pero a longoprazo si ven diferenzas entre os danos sufridos poloshabitantes da cidade e polos que viven no campo»,afirma F. Merino (xerente de Aecor).A Axencia Europea de Medio Ambiente lembra que orisco para a saúde que supón a contaminación acús-tica é «moi superior ao do tabaquismo pasivo e á con-taminación do aire por ozono e por partículas».

Traducido e adaptado de: <http://www.abc.es> (6-7-2012).

3. Le o informe Planeta vivo e explica por que o sis-tema actual de desenvolvemento humano é in-sostible. A que consecuencias se enfrontanmoitos países?

— Que accións levan a cabo algúns gobernos eempresas para mitigar estes riscos?

4. Le a noticia e ponlle un título.

— Define coas túas palabras contaminación acús-tica.

— Por que as persoas que viven en cidades teñenmáis probabilidades de perder audición que asque viven no campo? Pon exemplos.

5. Despois de ler os dous textos e de consultar as se-guintes páxinas web sobre o patrimonio natural,debatede sobre o medio natural e a xestión efi-ciente dos recursos:

— Como evitar todo tipo de contaminación am-biental?

— Como podemos realizar un consumo eficientepara xestionar menos refugallos?

— Que propostas podemos facer para preservar opatrimonio natural?

_

http://whc.unesco.org/en/list/http://reddeparquesnacionales.mma.es/parques/index.htm

@

111663_04-04_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Layout 2 17/09/12 16:30 Página 5

A dimensión económicada sociedade

7

CONTIDOS1. A importancia dos servizos

2. A empresa

3. O papel do emprendedor na economía

6 UNIDADE 7

Unha empresa de deseño gráfico

Proxecto

111663_06-16_07_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:34 Página 6

RESPONDE® Se non che ofrecesen traballo, que farías?

® Que tipo de emprego prefiren as mozas e os mozos,segundo o texto? E ti, que prefires?

® Que hai que facer para ser un emprendedor?

® Que factores frean as persoas na iniciativa emprende-dora?

Autonomía e iniciativa persoal• Tomar conciencia das propias capacidades para elaborar un

proxecto empresarial persoal.• Aprender a tomar decisións reflexionadas, a responsabili-

zarse delas e a asumir as súas consecuencias.

Tratamento da información e competencia dixital• Utilizar Internet de forma crítica e reflexiva para a procura

de información.

Aprender a aprender• Traballar en equipo.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Emprendedores«A maioría de mozas e mozos prefire un emprego e unsoldo fixos pero os desexos chocan coa realidade: un 40 %de persoas de ata 30 anos está en paro. Que facer se nonche ofrecen traballo? «Créao ti mesmo», suxire o Libro bran-co da iniciativa emprendedora en España, unha análise daactitude dos mozos e mozas españois cara ao autoem-prego e á creación de negocios. Non por investir máis diñeiro en novos proxectos —aíndaque tamén faría falta mellorar este aspecto— habería máisemprendedores. O fundamental é xerar boas ideas, poñer ascondicións necesarias para que estas xurdan e se desen-volvan, e iso conséguese a través da formación e do adestra-mento, di Luisa Alemany, directora do informe.As características que definen o emprendedor: iniciativa, con-fianza nun mesmo, creatividade, fácil adaptación aos cam-bios, capacidade de superación e resistencia ao fracaso. En-tre os factores que inflúen na pouca iniciativa emprende-dora, os mozos e mozas apuntan precisamente á falta de for-mación e de axudas económicas e ao medo ao fracaso.»

Traducido e adaptado de La Vanguardia (28-10-2011).

7A dimensión económica da sociedade

111663_06-16_07_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:35 Página 7

Os seres humanos teñen unha serie de necesidades paravivir: unhas son básicas, como a alimentación ou a saúde; ou-tras son afectivas, como a familia, o amor ou a amizade; outras son de lecer, como os espectáculos ou as viaxes etc.

Moitas destas necesidades satisfanse mediante as activida-des económicas, que permiten obter bens materiais e deservizos.

Os bens materiais son os produtos materiais ou mercado-rías, como os alimentos, vestidos, coches etc.

Os servizos son aquelas actividades que teñen como obxec-tivo ofrecer benestar ou satisfacer as necesidades das per -soas, como a asistencia sanitaria, a educación etc. Os servi-zos pódense clasificar en públicos e privados.

1.1. Os servizos públicosSon os servizos ou prestacións que as distintas adminis-tracións públicas (Estado, comunidades autónomas, mu-nicipios…) proporcionan en sanidade, xustiza, educación, infraestruturas, seguridade, defensa, cultura, transportes etc.

Algúns dos servizos só os pode ofrecer a administraciónpública, como a xustiza, a defensa, o cobro de impostos ou opagamento das pensións.

Para poder ofrecer estes servizos, as administracións públi-cas recadan impostos que logo redistribúen dunha manei-ra equitativa, é dicir, para todos os cidadáns por igual e senbuscar beneficios.

1.2. Os servizos privadosSon os servizos ofrecidos pola iniciativa particular, é dicir,as persoas que invisten o seu diñeiro en ofrecer unha presta-ción ou servizo, a cambio de cobrar por eles, polo tanto, a cam-bio dun beneficio empresarial. Serían exemplos un comercio,unha entidade financeira ou un restaurante. Hai varios tiposde servizos privados:

— Aqueles servizos que tamén ofrecen as administracións pú-blicas, como a sanidade, a educación, a cultura ou a comunicación. Por exemplo, os cidadáns poden escoller enviar unha carta ou un paquete por un servizo públicode correos ou por unha empresa de transporte privada.

— Aqueles que abarcan prestacións básicas para as persoasque a iniciativa pública non ofrece, por exemplo, o transpor-te, a distribución e o comercio de alimentos e roupa.

— Servizos relacionados coas necesidades das empresas: con-sultorías, publicidade, informática etc. Ou con necesidadessecundarias como pode ser o lecer: a hostalaría, o turis-mo, os espectáculos etc.

1. A importancia dos servizosTransparencia na xestión pública

A xestión ou administración pública dos servizos realízasecos impostos de todos os cidadáns. Por esta razón, cal-quera actividade xestionada desde unha administraciónpública require a máxima transparencia e eficacia.

Existen leis que regulan esta transparencia, por exemplo,a obriga de convocar concursos públicos para a comprade material, a realización de obras etc. ou o traballo dosinterventores que controlan todas as contas.

É imprescincible esixirlle á xestión pública o cumprimen-to desas leis e o sometemento ao control tanto das insti-tucións públicas como da sociedade.

As ONG e a sociedade civil

As organizacións non-gobernamentais son asociacións pri-vadas, independentes dos organismos oficiais e sen ánimode lucro, formadas por persoas que voluntariamente de-ciden colaborar coa sociedade. Responden ao interesedun sector da sociedade civil de facer efectiva a súa solida-riedade. Así, reforzan as estruturas da sociedade sobretodo naqueles aspectos nos que a iniciativa pública non podechegar.

As ONG dedican o seu traballo á cooperación cos países doTerceiro Mundo e cos sectores máis desfavorecidos da nosasociedade.

UNIDADE 78

111663_06-16_07_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:35 Página 8

A través da declaración anual da renda, os cidadáns pa-gamos impostos segundo a nosa riqueza. Estes impos-tos serven para pagar os servizos públicos que lle chegana toda a poboación por igual, sen distinción de rendas.

1. Lede os seguintes textos e debatede na clase ata onde debechegar a gratuidade dos servizos públicos.

— Que solucións propoñedes para os problemas de Belén,Carlos e Luísa?

— Que servizos públicos deberían ser gratuítos?, só aque-les considerados básicos? Cales vos parece que sonbásicos en saúde e en educación?

— Os pais de Uxía deberían comprar os libros da súa fi-lla, aínda que xa paguen os impostos que lles tocan?Que os servizos sexan iguais para todos, non nos fai atodos iguais?

2. Lede o seguinte texto e explicade cales deben ser os princi-pios de comportamento dos cargos públicos ingleses.

— Como ve o autor a xestión pública en España e comocre que debería ser?

— Debatede na clase sobre a percepción que tedes datransparencia na xestión pública en España e elabora-de un informe sobre as normas de conduta na xestiónpública que se deberían cumprir.

ACTIVIDADES

_

_

9A dimensión económica da sociedade

REFLEXIONA: Servizos públicos e transparencia

A principios da década dos noventa xurdiu na socieda-de inglesa a preocupación sobre se era aceptable ounon o comportamento ético de políticos e funciona-rios no exercicio das funcións de servizo público que ti-ñan encomendadas. O primeiro ministro inglés consti-tuíu un comité para estudar o problema, o cal lle re-mitiu o Informe sobre Normas de Conduta na VidaPública. Os principios do informe que deben aplicar-se aos que ocupan cargos públicos son:

Desinterese: deberían tomar decisións só con atenciónao interese público. Integridade: non deberían terningunha relación financeira que poida influírlles noexercicio das súas responsabilidades oficiais. Obxec-tividade: na xestión dos asuntos públicos, deberían eli-xir polo mérito. Responsabilidade: son responsables dassúas decisións e deben someterse ao control que sexaapropiado para o cargo. Transparencia: deberían obrarda forma máis aberta posible, nas decisións que to-man e nas accións que realizan. Honestidade: teñena obriga de declarar todos os intereses privados re-lacionados coas súas responsabilidades públicas. Li-derado: deberían fomentar e apoiar estes principios coseu liderado e exemplo.

A situación de todas as administracións públicas dostres niveis de goberno en España é a seguinte:

Descrédito dos políticos e da función pública. Falta deeficiencia e desbaratamento na execución das políti-cas públicas. Aumento de asesores, de direccións xe-rais, renovación de despachos etc. Falta de transpa-rencia nas contas públicas e na información económi-ca. Falta de memoria económica en bastantes proxec-tos de leis que impiden contrastar con posterioridadea calidade das previsións realizadas co aumento do gas-to. Antepoñer os intereses dos partidos aos da na-ción. Non se avalían as políticas públicas, malia a crea-ción dun ha axencia para tal cometido.

Paréceme necesario facer algo similar ao de Inglaterra.

Traducido e adaptado de J. Barea, en Cinco Días(17-1-2009).

Ética na xestión públicaBelén ten problemas nun dente. O dentista dille que tenunha carie e que debería empastalo, pero ten que ir a undentista de pago porque a Seguridade Social só cobreas extraccións. Belén ten dous irmáns, o seu pai está en paro e a súanai fai algunhas substitucións esporádicas nunha em-presa de telefonía. Con esta situación na casa, non po-den pagar un dentista. Belén, aínda que lle doe o den-te e pode empeorar, non quere que llo arrinquen por es-tética, teme que os seus amigos se rían do seu aspec-to. Pregúntase por que algo tan sinxelo como un empas-te non o cobre o seguro.

Carlos e Rocío estudan ESO na mesma escola públi-ca. Nesta escola os libros son gratuítos porque estánsubvencionados polo goberno autónomo medianteo sistema de préstamo. Pero os cadernos de activi-dades, como non se poden reutilizar, hai que paga-los. Os pais de Carlos teñen grandes problemas eco-nómicos para comprar eses cadernos, polo que Carlosempezará o curso sen poder facer as actividades. Encambio, os pais de Uxía, aínda que tivesen que com-prar todos os libros da súa filla, non terían ningún pro-blema económico.Luísa, a irmá menor de Carlos, terá que deixar os es-tudos, pois quería facer Formación Profesional de GraoSuperior, pero ao ser un curso que non está dentrodo ensino obrigatorio, este ano ten que pagar unhamatrícula.

111663_06-16_07_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:35 Página 9

2. A empresa2.1. A liberdade económica: a empresaA empresa é a base do sistema económico capitalista, predominante hoxe no mundo. Este sistema fundaméntase na li-berdade económica, é dicir, as empresas teñen liberdade para decidir que producen, canto producen, cal é o prezo dos pro-dutos etc., segundo a oferta e a demanda do mercado. Por exemplo, se un teléfono móbil se vende moito, subirá de pre-zo e fabricaranse máis, pero se ten poucas vendas, baixará de prezo e deixarase de fabricar.

Tipos de empresas— Empresario individual: persoa que realiza unha actividade em-

presarial pola súa conta.

— Sociedade: varias persoas que se unen para formar unha em-presa, cando a actividade empresarial é máis complexa.

Elementos dunha empresa— Humanos: son os traballadores, é dicir, a man de obra, e o em-

presario, que é o que coordina, organiza e asume o risco daactividade produtiva.

— Materiais: serían tanto os recursos naturais (auga, petróleo…),como o capital físico (maquinaria, ordenadores…) e o financeiro(diñeiro necesario para producir).

— Inmateriais: aspectos imprescindibles, como a marca, o logo-tipo e a imaxe (impresión que percibe o público da empresa).A marca e o logotipo axudan a difundir a imaxe, así, en oca-sións os clientes compran ou rexeitan produtos segundo amarca porque nela recoñecen as calidades da empresa.

TIPOS FUNCIÓNS OBXECTIVOSELEMENTOS

A EMPRESA

Empresarioindividual

SociedadeCrear valor

Función social

Crecemento

Máximo beneficio

Satisfacción dos clientes

Calidade

Supervivencia

Obxectivos sociais

Inmateriais

Materiais

Humanos

Empresa. Entidade integrada por un conxunto de ele-mentos organizados e dirixidos por un empresario, asúa finalidade é alcanzar uns obxectivos mediante a rea -lización dunha determinada actividade económica.

ACTI

VIDA

DES 3. Le o seguinte texto e razoa que tipo de empresa é

e que elementos a forman.

UNIDADE 710

Marta, Luís e Mónica acaban de constituírunha empresa téxtil dedicada á fabricaciónde camisetas de todo tipo de tecidos, espe-cialmente de liño porque, segundo un es-tudo que realizaron, no mercado hai unhademanda deste tecido para o verán. Para iso,xuntaron os seus aforros e pedíronlle un cré-dito a un banco para alugar un local, com-prar maquinaria (máquinas de coser, orde-nadores para o deseño gráfico das camise-tas etc.), e a materia prima imprescindible(liño, algodón e diferentes tecidos). Ademais, contrataron dez traballadores: unsconfeccionarán as camisetas e outros dese-ñarán a marca e o logotipo da empresa, o quelles axudará a difundir a súa imaxe entre osposibles clientes.

111663_06-16_07_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:35 Página 10

Funcións da empresa— Social. As empresas crean postos de traballo que lles propor-

cionan uns ingresos en forma de salario aos traballadores,ou de beneficios aos propietarios. Tamén promoven a I+D+I(investigación, desenvolvemento e innovación), actividadefundamental na sociedade actual, grazas á cal existen, porexemplo, os teléfonos móbiles ou Internet.

— Crear valor. As empresas fabrican produtos (ordenadores, co-ches etc.), que nos axudan na nosa vida diaria.

Obxectivos da empresa— Máximo beneficio. Obter a maior diferenza entre os ingre-

sos e os gastos. Para iso é importante analizar ben o mercado,os clientes e os competidores, e realizar campañas de publi-cidade e comunicación.

— Crecemento. Reinvestir os beneficios, por exemplo en in-novación, tecnoloxía e deseño, para que a empresa creza.

— Satisfacción dos clientes. Os clientes son imprescindiblesnunha empresa, pois son os que compran os produtos.

— Calidade. Se os produtos non son de calidade, os clientescomprarán os produtos da competencia.

— Supervivencia. A empresa terá como obxectivo manterse,especialmente en época de crise.

— Responsabilidade social empresarial . Preocupación das em-presas pola repercusión das súas actividades na sociedade,por exemplo, o respecto ao medio natural, a creación de ri-queza e postos de traballo, ou as doazóns para proxectos sociais.

4. Le o texto e destaca as funcións e os obxectivos de TASE.

5. Lede en grupos o seguinte texto e explicade cal é a culturaempresarial de Adidas segundo o seu director comercial.

— Que converte a esta empresa en líder? Relacionádeocos obxectivos das empresas que estudastes.

— Como é o logotipo desta empresa? Que importancia cre-des que ten a marca e o logotipo neste caso?

— Investigade a cultura empresarial doutras marcas comer-ciais que coñezades.

ACTIVIDADES

Cultura empresarial

Valores e principios fundamentais compartidos polosmembros da empresa. Destacan tres elementos:

as empresas, sería como a filosofía empresarial. Por exem-plo, nun ha empresa de televisores, que estes sexan degran calidade para satisfacer todos os clientes.

— Valores: calidades presentes na empresa e queinflúen no comportamento dos seus traballado-res, por exemplo os valores éticos ou a non-discri-minación entre traballadores.

— Políticas: liñas de acción mediante as que a empresadefine a súa identidade, por exemplo, a política de igual-dade de oportunidades para todos os empregados.

11A dimensión económica da sociedade

TASE é unha empresa dedicada á fabricación de coches.No último ano obtivo grandes beneficios. Unha partedeses beneficios reinvestiuna en subirlles o soldo aos seusempregados. Outra en I+D+I para fabricar coches máis se-guros e cómodos nun futuro, pois cren que un produto decalidade chega mellor á súa clientela e poderán medrarmáis como empresa. Tamén quere mellorar a xestióndos residuos contaminantes que xeran as súas fábricas eseguir coas doazóns para distintos proxectos sociais.

_

A historia de Adidas comeza en 1920 cando Adi Dassler de-cide que o seu propósito vai ser prover cada atleta comellor material para realizar o seu deporte.

Adidas ten unha misión, que é «ser marca líder mundialde produtos deportivos», e ten tamén unha visión que é«a nosa paixón polo deporte pode contribuír a un mundomellor». E ambas as dúas teñen que levarse a cabo apoián-dose sempre nuns valores que para esta compañía son: ren-demento, paixón, integridade e diversidade.

Unha grande empresa como Adidas convértese en líder gra-zas á innovación, á comercialización dos produtos, ás súasboas campañas publicitarias, ao seu equipo de traballado-res e á súa orientación, sempre buscando a satisfacción docliente. Ademais de ser unha empresa ética que lles esixetransparencia a todos os seus provedores e a si mesma.

Traducido e adaptado de: J. L. Pérez (director comercial Adi-das España) en <http://www.programaempresa.com>

Un exemplo de empresa

111663_06-16_07_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:35 Página 11

3.1. O espírito emprendedorUn emprendedor é aquela persoa que, coa súa iniciativa e asumindo un risco crea unha empresa, establece os seus ob-xectivos, organízaa e diríxea para que estes obxectivos poidan ser cumpridos.

Os emprendedores fundan empresas que constitúen o motor do desenvolvemento da sociedade, crean empregos e xeranriqueza. Polo tanto, o emprendedor realiza unha achega moi beneficiosa á sociedade.

3. O papel do emprendedor na economía

Lina Solla, é unha muller emprendedora á que desde nena llegusta o trato directo co público, xa que os seus pais rexen-taban un negocio familiar de hostalaría no que colaboraba.Con 17 anos tivo o seu primeiro contacto co mundo do ma-risco, nunha batea embolsando mexillóns. Unha década des-pois creou a súa empresa, dedicada á comercialización demariscos frescos, na que xa se controla todo o proceso.O seu espírito valente e emprendedor conduciu a súa ini-ciativa empresarial á adquisición dunhas instalacións tec-noloxicamente preparadas e as máis modernas do sector.Desde alí comercialízanse mariscos a todo o mercado na-cional e internacional. Actualmente, a súa empresa destacapola adaptación dos seus produtos aos mercados actuais eespecialmente aos novos hábitos do consumidor. Así aprincipios deste ano lanzou unha nova liña de mexillónsenvasados en atmosfera protectora. Trátase dun novidososistema de conservación de alimentos que aplicado ao me-xillón vivo permítelle manter a súa calidade e frescura sen adi-tivos, ademais de alongar o ciclo de vida do produto.

Traducido e adaptado de La Voz de Galicia (9-5-2008).

Mariscos frescos e de calidade

O aumento do interese por saber chinés fixo xurdir, ultima-mente, numerosos métodos que prometen fluidez na con-versa desta lingua. Un dos métodos que está a repuntar éobra dun emprendedor galego: o fisterrán Anxo Pérez, quedomina oito idiomas e desde que marchou a China, no2006 e coñeceu a fondo esta cultura, decidu patentar omodelo co que el mesmo aprendeu chinés en pouco tempo.O modelo 8belts baséase en oito claves cunha premisaprincipal que é a regra do 80-20: «Do 20 % dun idioma úsa-se o 80 % das veces». 8belts comezou a ver a luz hai cincoanos, cado Anxo viaxou por primeira vez a China. Alí apun-touse a un curso de formación pero axiña empezou a apli-car unha técnica creada por el mesmo, cuns resultados queaxiña saíron á luz. Volveu a España, instalouse en Madrid epúxose a traballar con lingüistas, filólogos, informáticos, ma-temáticos e deseñadores na creación desta empresa, que ma-lia o crítico ano económico no que naceu, obtivo uns resul-tados prometedores. Outro aliciente máis é o seu carácter so-cial: cos seus beneficios e co avance dos seus alumnos finán-ciase un orfanato en Chongqing, no centro de China.Traducido e adaptado de: <http://www.lavozdegalicia.es> (4-

1-2012).

Aprender chinés en seis meses

ACTI

VIDA

DES REFLEXIONA: Son emprendedores?

6. Le o texto Mariscos frescos e de calidade e responde as se-guintes preguntas.

— A que se dedicaba a familia da protagonista?— Que nova empresa creou relacionada coa súa actividade

tradicional familiar? — A que se dedica a empresa? Que servizos ofrece?— En que fase se atopa actualmente a empresa? Como ten-

ta realizar a súa expansión?— A fundadora desta nova empresa, ten experiencia rela-

cionada co obxectivo da empresa? Por que cres quefixo este cambio?

7. Le o texto Aprender chinés en seis meses, e responde as se-guintes preguntas.

— A que se dedica a empresa? Que servizos ofrece?— O seu fundador, que estudos ou experiencia relacionada

co obxectivo da empresa ten? — Que fixo antes de montar a empresa?— Cal é o seu obxectivo de responsabilidade social da

empresa?

8. Que é un emprendedor?

— Que calidades debe ter un emprendedor?— Razoa se os protagonistas dos dous textos anteriores son

emprendedores. Por que? — Que calidades das que citaches na pregunta anterior cres

que teñen.

UNIDADE 712

111663_06-16_07_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:35 Página 12

ACTIVIDADES

Fun afortunado, porque descubrín pronto o que queríafacer coa miña vida. Woz e mais eu comezamos Appleno garaxe dos meus pais cando eu tiña 20 anos. Traba-llamos duro e en 10 anos Apple crecera a partir de nósos dous nun garaxe, transformándose nunha compañíade 2 000 millóns con máis de 4 000 empregados.

Logo, despedíronme. Nese momento non o entendín,pero ser despedido de Apple foi o mellor que podía ter-me pasado. A pesadez de ter éxito foi substituída pola ilu-minación de ser un principiante outra vez. Liberoume eentrei nunha das etapas máis creativas da miña vida.Durante o seguintes cinco anos, fundei unha compañíachamada NeXT e outra empresa chamada Pixar. Applecomprou NeXT, regresei a Apple e a tecnoloxía que de-senvolvemos en NeXT constitúe o corazón do actual re-nacemento de Apple. Estou convencido de que o únicoque me permitiu seguir foi que eu amaba o que facía.Tedes que atopar o que amades. O traballo encherágran parte das vosas vidas e a única maneira de sentirserealmente satisfeito é facer aquilo que credes que é ungran traballo. E a única forma de facer un gran traballo éamar o que se fai.

Adaptado do: Discurso de Steve Jobs, cerimonia de graduación da Universidade de Stanford (12-6-2005).

Atopade o que amades

13A dimensión económica da sociedade

Como ser emprendedor e non morrer no intento

Teño unha idea de proxecto, relacionada cos meus estudos,que pode ter éxito, por onde empezo para emprender omeu propio negocio?

— Vou poñer a miña idea por escrito e desenvolver como apenso levar a cabo.

— Realizarei un estudo de mercado para ver como podo adap-tar a miña idea ás necesidades dos posibles clientes, ever que ofrecen as empresas da competencia.

— Vou buscar algunha persoa que queira emprender comi-go esta aventura empresarial.

— Necesitaremos financiamento, é posible que entre o meusocio e mais eu o consigamos con facilidade. Buscare-mos tamén a posibilidade dalgunha subvención pública.

— Desenvolveremos un plan de empresa, metódico e práctico.

— Necesitaremos consultar con asesores; os bos consellossempre veñen ben.

— A ilusión, o traballo duro, a constancia, a autocrítica e a pa-ciencia axudarannos a medrar pouco e pouco. O obxecti-vo non é chegar ao éxito con rapidez, senón afianzar a em-presa.

9. Realiza o seguinte test do emprendedor, seleccionando a resposta que mellor te define.

— As respostas moito ou bastante definenunha persoa emprendedora. Cal foi oresultado do test? Tes calidades de em-prendedor?

— Que calidades deberías modificar se qui-xeses ser un emprendedor?

10. En grupos, lede o discurso de Steve Jobs e ra-zoade se era un emprendedor. Por que di queser despedido de Apple foi o mellor que llepodía pasar?— Valorade os consellos que lles dá no seu

discurso aos futuros emprendedores.

11. En parellas, lede o texto e explicade se oseu protagonista é un emprendedor. Razo-ade por que a súa empresa fracasou.

PREGUNTAS Moito Bastante Pouco Nada

Es creativo, tes grandes ideas?

Es paciente e constante no teu traballo?

Tes capacidade de organización?

Tes capacidade de liderado?

Tes confianza en ti mesmo?

Sabes como motivar á xente?

Tes formación en informáticae en novas tecnoloxías?

Tes afán de superación?Adoitas ter boas ideas para solucionar os problemas?Aproveitas o tempo e os medios dos que dispós?

Es ordenado e metódico no traballo?

Relaciónaste con facilidade coa xente?

Gústache tomar decisións e asumir riscos?

Adoitas aprender dos teus erros?

Mateo sempre tivo grandes ideas. Moimotivado pero sen desenvolver un plande traballo nin facer un estudo de mer-cado, hai un ano creou unha empresa demercadotecnia. Pero como a empresanon tivo un éxito inmediato, pechouna.

_

_

Fonte: Adaptado de http://www.spri.es/web/docs/publicaciones/emprendedorcast.pdf

111663_06-16_07_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:35 Página 13

UNIDADE 714

Unha vez estudados os elementos, funcións e obxectivosdun ha empresa, e o espírito e as calidades necesarias paraser un emprendedor, propoñémosvos que vos convertadesen emprendedores levando a cabo un proxecto dunha em-presa de deseño gráfico.

Crea a túa empresaAntes de crear a empresa, que será unha sociedade porquea constituiredes entre varios compañeiros, deberedes bus-car información sobre como é unha empresa de deseñográfico, o seu funcionamento, obxectivos etc.

Deseguido montaredes a vosa propia empresa, seguindo es-tes pasos:

1. Elementos da empresa. Definide os elementos humanos,materiais e inmateriais que constituirán a vosa empresa:

— Persoal que traballará e distribución dos cargos eresponsabilidades de cada un.

— Material necesario para traballar, incluíndo ordenado-res con programas adecuados (de deseño, Power Pointpara as presentacións etc.)

— Nome, marca, logotipo e imaxe da empresa. Poñéde-lle un nome á empresa e pensade a marca coa que serácoñecida.

Deseñade un logotipo para as tarxetas de visita, sobrese papel de cartas, a web da empresa etc. Definide calserá a imaxe que queredes que o público teña daempresa.

Debedes ter presente que a marca e o logotipo vos axu-darán a difundir a imaxe da empresa.

2. Funcións e obxectivos da empresa. Concretade, cal é afunción da empresa?, e os obxectivos principais? Medrare reinvestir o beneficio? Elaborar un produto de calidadeque deixe os clientes satisfeitos para que confíen en vóspara futuros proxectos?

Tedes que analizar a que tipo de clientes van ir dirixidosos vosos deseños. Tamén debedes pensar na publicida-de e na comunicación da empresa para que sexa coñeci-da polos posibles clientes.

3. Cultura empresarial. Debedes formularvos: cal será a mi-sión ou a filosofía da empresa? Que tipo de deseño reali-zará. Que valores debe ter: a calidade, a ética empresa-rial, a comunicación entre os traballadores.

UNHA EMPRESA DE DESEÑO GRÁFICOPR

OXE

CTO

http://www.igape.es/guia-do-emprendedor.htmlGuía do emprendedor

http://www.youtube.com/watch?v=1kqKfTyGOt4&feature=fvwrelhttp://www.youtube.com/watch?v=Fl68xlF1Peg&feature=related

Conceptos básicos de deseño gráfico

http://es.wikihow.com/crear-tu-propia-página-web-con-Google-pages

Como crear unha páxina web

@

@

@

@

111663_06-16_07_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:35 Página 14

A dimensión económica da sociedade

PRO

XECT

O

15

Publicita Realizade un anuncio publicitario en prensa para dar a coñecer entre os po-sibles clientes a vosa empresa e elaborade un PowerPoint para presentar-lla ao público. É imprescindible que na presentación expliquedes todas ascaracterísticas da empresa, que tipo de deseños realizades e a misión e osvalores que desexades transmitir.

Tamén debedes ensinar os contidos da páxina web, onde os clientes po-den realizar os seus encargos, e onde mostraredes algúns exemplos de de-seños para dar a coñecer como é o voso traballo: a portada dun libro oudun cd de música, deseños para camisetas, toallas de praia etc.

TraballaVarias empresas viron a vosa publicidade e contratáronvos. É o momento deque a vosa empresa se poña a traballar no deseño dos seguintes produtos:

—Unha editorial quere que deseñedes as cubertas dos libros de texto deMatemáticas, Lingua e Ciencias Sociais.

— Unha empresa de telefonía busca fundas divertidas, coloridas e alegres paraos seus móbiles.

— Unha empresa de bolsos quere sacar unha liña de mochilas para mozos deentre 14 e 18 anos.

— Unha cadea de tendas de moda xuvenil encárgavos o deseño das bolsasque dan para levar a roupa que venden.

Presenta o produtoPresentádelle á empresa que vos contratou a proposta de deseño na que traballas-tes. Debedes explicar por que escollestes realizar eses deseños, por exemplo,xustificar a relación da imaxe gráfica da portada co contido no caso dos li-bros de texto; ou entre o deseño da bolsa e o nome da cadea comercial, nocaso das bolsas.

ReflexionaEscribe unha valoración persoal sobre o traballo realizado que respondaestas preguntas:

— Con que problemas te atopaches mentres traballabas? Comoos solucionaches?

— Como te sentiches levando a cabo este proxecto? Que che gus-tou de maneira especial? Que non che gustou? Por que?

— Como valoras o teu traballo? E o dos teus compañeiros?

— Es un bo emprendedor? Cres que tes as calidades dun empren-dedor? Cales deberías fomentar?

111663_06-16_07_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:35 Página 15

AVALIACIÓN

Explica que son os servizos.

— Que diferenzas hai entre servizos públicos e servizosprivados? Pon exemplos.

Que é unha empresa? Explica cales son as funcións eos obxectivos dunha empresa.

— É o mesmo o obxectivo de máximo beneficio que o decrecemento nunha empresa? Razoa a túa resposta.

Martina ten unha zapataría onde traballan ela e dous em-pregados. Cales son os elementos humanos e materiaisda empresa?

— Inventa unha marca, un logotipo e unha imaxe para estaempresa. Cres que son elementos importantes? Ra-zoa a túa resposta.

Le o texto sobre a empresa de Xavier e Ernesto e indica queobxectivos ten e cales son a súa imaxe e a súa culturaempresarial.

— Que significa ser un emprendedor? Xavier e Ernestoson emprendedores? Razóao.

Le o texto sobre Sara e Raquel e razoa se as protago-nistas son emprendedoras. Indica que calidades te-ñen?

— Cal das dúas cres que terá máis éxito no seu negocio?Por que?

Le o texto Emprendedores sociais e explica que benefi-cios lle achegan os emprendedores á sociedade.

— Que significa ser un emprendedor social? Cal é o pa-pel destes emprendedores?

— Como deben xestionar os seus proxectos?

Imaxina que es un emprendedor e queres montar atúa empresa. Que pasos darías para creala?

Monta a túa propia empresa. Inventa un nome, unha mar-ca e mais un logotipo.

— Redacta un breve escrito no que expliques a que sededica a túa empresa e que elementos necesitaspara constituíla.

— Achega que función e que obxectivos terá a túa em-presa.

— Indica tamén a misión e os valores que che gustaríaque tivese a túa empresa.

1

2

3

4

5

6

7

8

Se xa é refrescante traballar con emprendedores que connovas ideas queren crear empresas que xeren valor paraa sociedade, empregos e riqueza, máis o é, se cabe, tra-ballar con emprendedores sociais que, ademais, buscanaxudar a persoas discapacitadas ou en risco de exclusiónsocial, mellorar a saúde e o benestar das persoas, favo-recer o desenvolvemento rural, potenciar enerxías sosti-bles ou a reciclaxe de produtos etc.

Estes emprendedores teñen claro que os seus proxectos,aínda sendo sociais, teñen que ser xestionados coasmesmas regras que calquera empresa, asegurando unfinanciamento adecuado e xerando recursos, dotándosedunha organización adecuada e dun bo equipo huma-no, analizando ben o mercado, os clientes, os competi-dores etc.

Traducido e adaptado de A. Fernández Terricabras, en<http://www.abc.es (11-5-2012)>

Emprendedores sociais

UNIDADE 716

Sara e Raquel son dúas amigas que, despois de terminar osseus estudos deciden montar dúas empresas: Sara, un esta-blecemento especializado en próteses auditivas e Raquel,unha ortopedia.Ambas as amigas teñen iniciativa, ganas de traballar e son va-lentes á hora de innovar e asumir riscos. Teñen moi claro comodebe ser a súa empresa e desenvolveron un plan ben dese-ñado.Con todo, actúan de maneira moi distinta. Mentres Sara tencoidado de que os seus clientes estean satisfeitos e lles acon-sella sempre o mellor produto adaptado ás súas necesidades,non-necesariamente o máis caro, Raquel quere gañar diñei-ro como sexa e non lle importa «enganar» os seus clientesvendéndolles artigos que en realidade non necesitan.

Xavier e Ernesto son dous socios propietarios dunha em-presa dedicada á produción e á venda de árbores de Nadal.O consumo deste produto aumente cada ano. Unha das súas prioridades desde que inauguraron a em-presa, á parte de obter un máximo beneficio, é o respectopolo medio natural e a creación dunha imaxe ecolóxica.Para conseguilo, reinvestiron parte dos beneficios en estable-cer un sistema de explotación sostible das áreas forestaisda súa propiedade.

111663_06-16_07_ETIC_ES2_GAL_WEB.qxp_Plantilla.CULTURA.3ESO 17/09/12 16:35 Página 16