manuel maría: a natureza, os animais

33
ANIMAIS (varios) A natureza na obra de Manuel María

Upload: monadela

Post on 14-Jan-2017

10.831 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Manuel María: a natureza, os animais

ANIMAIS(varios)

A natureza na obra de Manuel María

Page 2: Manuel María: a natureza, os animais

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIROOuteiro de Rei (6-10-1929)a Coruña (8-9-2004)

Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos.Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais, ademais ten moitas obras aínda inéditas.

Page 3: Manuel María: a natureza, os animais

O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra. Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal, as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade… Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento.A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e planeta.

“¿Cándo faremos un mundo no que poidan cantar libremente en paz, en auténtica irmandade, homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”

Page 4: Manuel María: a natureza, os animais

GANDO

O gando da Terra Chá é moi fermoso:ollos grandes, corna levantada;e pelo teixo, fino moi lustrosoe o paso lento cando fai a arada. En todo o país non o hai mellor:é manso, leiteiro e comedor.A San Antón heino de ofrecerpra que o conserve sempre de bon ver!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 5: Manuel María: a natureza, os animais

A VACA A señora Vacatraballa sen tasa,mantén a súa críadá leite prá casa. A señora Vacanon dá descansado,tira polo carroe arrastra o arado. A señora Vaca-ten a cor teixa-sofre en silenciopro non se queixa.

A señora Vacavai do monte ao pradoe do prado ao currocon ar resignado. A señora Vacaé humilde e mansa:non sei que misteriona súa ollada cansa! Non sei que misterionos seus ollos quedosque semellan feitosde noites e medos! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)

Page 6: Manuel María: a natureza, os animais

O BOI

En ti saúdo e recoñezo,pesado boi solemne,a forza do universo,as sagras fontes purasdas enerxías aurorais.Eras, ouh boi pai,o pulo xerador,o esforzo que facíada terra unha matrizparidora e ubérrima.Ti, instinto machofecundante: semente,nobre testa poderosade volcáns alporecidose lóstregos escuros.Agora, manso boi, nestemísero tempo do proveito,eres: pel, graxa, sebo,carne ruín de matadoiro.Ouh boi, brado gastado:en ti acato a un deus! (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 7: Manuel María: a natureza, os animais

A XATA Como a casta se conoce!Filla de vaca Marela.O que come ben mo loce!Non hai becerra como ela! E que pelo está botando!Esta xata non ten venda!Mentres a vou criandoque San Antón ma defenda! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 8: Manuel María: a natureza, os animais

O AÑO Teño un año brancocomo outro non hai,Teño un año brancoque quedou sen nai! Ven conmigo ao pradoe ao monte tamén,a onde quer que eu vaiael comigo ven… Sempre ven comigo,sen min non se afai.Eu son seu amigoque quedou sen nai!

El comigo brincae eu xogo con el.Meu añiño branco,meu amigo fiel…! El comigo xoga:moi mansiño é!E sei o que falacando dice: meé! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)

Page 9: Manuel María: a natureza, os animais

PORCOS DA CEBA Eran ranchos da boa lei.Foron medrando, medrando.Moito me escraviceipara os poder ir cebando! Agora xa están cebados.Hai que pensar en matarporque xa van rematadosos nabos para os engrosar. Teremos mañá os roxóse haberá festa na casa!Hai que cortar os xamóse ir roxando na grasa! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 10: Manuel María: a natureza, os animais

O MEU BURRIÑO Arre, corre,meu burro trotón,meu burriño manso,meu burriño bon! -Corre meu burriño;non gallopes, voa!A ver si lle ganasao vento que zoa! -Arre meu burriño,non seas perguiceiro!A ver si lle ganasao vento lixeiro…!

-Corre meu burriño,nos cascos pon ás!Si queres ao ventodeixarás atrás…! -Arre, meu burriño!Corre máis deprisa!Que si perde o ventoxa verás que risa…! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)

Page 11: Manuel María: a natureza, os animais

CERVO Cervo en liberdade, luz e aire:ábreste docemente comounha raiola de lús enfeitizadana terra carnal dos nosos soñose fas sagrado ao bosque rumoroso. A arboreda xentil que te coroa,grave e lene –tal a brétema-é a única alborada que podefacer agromar do corazónunha música pura e misteriosa. Cervo que baixas con urxenciaa nidia limpidez da auga fríapara cumprir o rito de beberas cores e os misterios da mañá. Cervo, camelia tremelante,marabilloso Outono en plenitude:convérteste en espello,salouco lonxano e esvaído,lene melancolía vagorosae fulgor que cega: como o lóstrego. (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 12: Manuel María: a natureza, os animais

CAN Enormísima lingua desconformepara lamber humildementea rexa dura man de quente somete, doma e domestica.Que lixeira tenrura xubilosate posúe cando andas a brincarcos outros cás, lonxeda rigorosa ollada vixiantedo dono que te manda e humilla!Que arrepío ser can e asumilo!Un can so ten auténtico o seuouveo fondo, longo e triste.Can independente e vagamundo:defende sempre, deica a morte,a túa total e impagábel liberdade! (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 13: Manuel María: a natureza, os animais

O CAN

Teño un canciño moi bon,teño un canciño rabeno.É bonito e xoguetóno meu canciño pequeno! Teño un canciño xeitoso,teño un canciño rabelo.É un canciño fermosoque mesmo dá xenio velo! Teño un canciño moi vivo,fillo do can do Xaneco.Por ser criado cautivosempre lle din moito meco! Vive connosco nun piso,non se mete con ninguén.o meu canciño petiso,e meu canción de ben…! Non é podenco de cazao meu canciño “Luceiro”Máis é cadelo de razae non un can de palleiro!(AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)

Page 14: Manuel María: a natureza, os animais

POEMA A UN CAN DE PALLEIRO Ti, humilde can de palleiro, amigo meu:sabes benque toda quietude é perfección. Qué senso ten a túa nugalla? Cantas lúas docísimas morreronno fondo canso dos teus ollos?Que aldraxe tan fondo sintespolos cás de caza, teus irmaos!…Amo, can de palleiro, a túa nugalla,a túa humildade,a túa tristeza.E o teu laio fondísimona miña alma ecoa longamente. (MAR MAIOR, 1963)

Page 15: Manuel María: a natureza, os animais

LOBO Sagro arrepío, ouveo estarrecente,lonxanísima sombra,medo ancestral e fantasmal,ser dun mundo misteriosoque as xentes do comúnnon ousamos ollar face a faceporque o descoñecido danos medoe sementa en nós desasosegos.Ti, lobo, non acatasmáis lei que o teu instinto:impós a soberanía da túa forza,defendes a túa agreste liberdadee non comprendes a vilezada bala que te fire e aniquila. (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 16: Manuel María: a natureza, os animais

O LOBO Ven o señor Lobo-Que medo, neniño!-Polo monte abaixoe asusta o camiño! Trae lume nos ollo;Nos dentes coiteloTan ben afiadosque dá medo velos! Que dá medo velos;Arrepíos ollalos...!Ven o señor loboCon instintos malos! Anda paseniñoCon pasos calados.Años e ovellas:estarán gardados?

Ven o señor LoboCon paso seguro:¡a luz dos seus ollosFura no escuro! Escóitase lonxe,Perdido entre matos,No fondo do monte,oular de lobatos. Chega o señor Lobo.A súa ollada fría:pon os pelos dereitos,o sangue arrepía...! O sangue arrepía,O corazón xea:está o señor LoboVenteando a aldea! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972) «Iberian Wolf AdF 001» de Arturo de Frias Marques -

Page 17: Manuel María: a natureza, os animais

RAPOSO Tés moitísimos nomes para que os homes,terras e cousas non te recoñezan,ouh cinza que corres presurosa,un intre só, diante os nosos ollos!Mais, pese á túa capacidadeá túa arte sutil e requintadapara a malicia, o engano e o disimulo,deixas, detrás de ti, un rastro,un longo ronsel mestode fedorento cheirume que alcatrea:é o teu testemuxo fiel e verdadeiro.Raposo pillabán e perseguidose soubera, como ti, mil mañaspara fuxir moi lonxe de min mesmo! (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 18: Manuel María: a natureza, os animais

GATO Elegante e estraño ser desconfiado:non te entregas nunca endexamais.No máis fondo de ti gardasun pequeno pozo de egoísmo:cintílache nas pálpebrase na lumieira dura dos teus ollos.Gosto, pese a todo, de agarimara túa pel tépeda de sedae ao mesmo tempo fría como o xelo.Termo as túas unllas agresivas.E admiro a túa rapidez de lóstregocando foxes co rabo levantadocomo erguida bandeira victoriosa.

(A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 19: Manuel María: a natureza, os animais

SEÑOR GATO Señor Gato:atención;no rincónhai un burato;no buratoestá o ratocaladiño,sen falarnin respirar. -Señor Gato,pon sentidoque metidono buratoestá o rato.

-Señor Gato:está o ratono buratodo rincón:ten nun puñoo corazón!

-E non dudo,Señor Gatobigotudoque está o ratono burato.Ten as unllasafiadas,cravuñadas,preparadas:bule axiñaque senónSeñor Gatobigotón,do buratofuxe o rato! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)

Page 20: Manuel María: a natureza, os animais

" Fiz era un neno de sete ou oito anos. Vivía con seus pais nunha casa das aforas da vila. Unha casa xeitosa que tiña, na súa parte traseira, un xardín moi ben coidado. Tanto Fiz coma seus pais eran moi amantes de todos os seres vivos dende os bichocos máis pequenos, árbores e plantas ata os animais máis grandes e as persoas. Sabían que o amor era a cousa máis fermosa e perfecta de canto hai no mundo....E, para andar pola casa e tela limpa de ratos, trouxeron un gato ó que lle puxeron de nome Mimí. O gato Mimí era moi dado, manso e agarimoso. Tratábase dun gato precioso e moi murador ou cazador, que vén ser o mesmo. (...) (CONTO: OS BIGOTES DE MIMÍ, 1992)

O GATO MIMÍ

Page 21: Manuel María: a natureza, os animais

DONOSIÑA Breve lóstrego, cecaisunha presa de terra,montonciño de cinzaao que un vento leviánpode esborrallarnun nada e todo.Eres a sorpresa,o medo minúsculo,os ollos que esculcan,a leve gracia,ouh donosiña súpeta,raioliña que fuxe! (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 22: Manuel María: a natureza, os animais

A LEBRE Corre, lebre, corre lebree fuxe pró teu buratoonde te está agardando,con impaciencia, o lebrato. -Corre, lebre; lebre, correque te sigue o cazadorcoa súa escopeta cargadae o seu galgo corredor. -Corre lebre; lebre correcorre que te correrás,que si lle foxes ao galgodo cazador librarás…! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)

Page 23: Manuel María: a natureza, os animais

TOUPA Toupa que furas no escuro e rabuñas,garimosa e teimuda, a flor da terra,habitando pequenos labirintos,galeríasque levan a mínimos misterios,casa de teu e mundo coñecido.Máncate o sol e non resistesa súa luz explosiva: un exceso,para ti, de claridade e vida.A túa pel lustrosa é noite pechacomo os teus ollos cegos e inúteis.Toupa feita de terra só para a terra:eres unha presa de terra camiñante,usado soño, estrela do revésou será, cecais, a mesma terra…? (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 24: Manuel María: a natureza, os animais

PEIXES Peixes, fermosas aves que habitadesos xardís subacuáticos, as fragasde corais, oucas e algase tendes o marpara navegalo libre e totalmente:Lembrades os menceres de abrile os amorosos solpores de outonodesangrándose en ouros melancólicos?Quero andar con vós, saber de fluxos,refluxos, mareas e correntes,camiñar o voso país marabilloso,ollar con calma as súas paisaxese espetalas no fondo dos meus ollos,sentir o rumor dos ventos submariñosagarimando e torrando a miña pel.E deprender o idioma que faladespara poder entender o voso canto. (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 25: Manuel María: a natureza, os animais

O GRILO Cando o silencio é maneirade cousa que non se nombracanta o grilo na lareirapor entremedias da sombra. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 26: Manuel María: a natureza, os animais

O GRILO O grilo canta no lar,tamén canta na campía.Canta co sol queimadornas horas do meridía! O grilo tan pequeniñocoas azas tan delicadas,co seu traxe de cor mourae as súas antenas delgadas! Teño un grilo ceboleiroque soio come leitugae, para cantar e cantar,si viras como madruga! O meu grilo cantadoré mellor que o que tés ti:cando o teu da dito “cri…”o meu xa dixo “cricrí…”! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)

Page 27: Manuel María: a natureza, os animais

VAGALUME Meu pequeniño vagalumeverme verde:ti soio contra a noitevas polos vieirosco teu nada de luz,humilde e verdadeira,faísca dun ensoñoa penas po de estrela! (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 28: Manuel María: a natureza, os animais

BOLBORETA Bolboreta: vas, vés, volvesa ir e volves a fuxirvoando en círculo, indovindo, voando de novoe outra vez revoandonun espacio reducido,sempre arredor da luzque te acena e chamacon fulgor irresistíbel,coa súa chama mortalque te aniquila,ouh pequena, delicada,fráxil bolboreta voadora:don, oferenda, mensaxeirado deus dos intres fuxidío! (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 29: Manuel María: a natureza, os animais

BOLBORETA Raio de luz, bolboretaque voas de flor en flor:non che me engada teu vó,que me engada túa color! Non che me engada teu vó,nin teu ar de soñadora!A gracia da túa coloré o que a min me namora! Engádame a túa color,mezcla de noite e aurora,as túas antenas delgadase as túas azas voadoras! Bolboreta, vidro feble,que voas polo xardín:semellas bolboretiña,unha dona de postín...! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)

Page 30: Manuel María: a natureza, os animais

OS CAVALIÑOS DO DEMO

1Cavaliño do demopinga de luzcristalizadaen lene soño,rumor do silencio,calada sementede paxaro,asombro do azulmáis delicado,pura nostalxiairreprimíbelsalouco de orballo. …

5Máxica, irisada transparenciaasombrando e agarimandoao ar que te ten e te sostén.Pinga de luz na luz,mínimo latexo incendiandode nidio amor ao universo.Non te reflicte o río: es tiquen espella, nos teuslúcidos ollos alertados,a transparencia da augaque pasa envisa e fuxidíaarquivándoteno espello fiel da súa memoria.

(ORÁCULO PARA CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)

Page 31: Manuel María: a natureza, os animais

6Nunca tés acougo.Afírmaste na vidae habitas na auga,no xunco,na follae na espadana.Es case irreal.E non sei se vésde nadaou ao infindo vas. (ORÁCULO PARA CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)

Page 32: Manuel María: a natureza, os animais

CARACOL Caracol, col, col;caracol, caracoleiro:pon os teus cornos ao solxa que es tan frioleiro! Ao lombo levas a casa,caracol, caracoleiro:e deixas cintas de sedaengalanando o carreiro! Caracol, col, col;caracol, caracolón:pon os teus cornos ao solao sol os teus cornos pon! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)

Page 33: Manuel María: a natureza, os animais

Manuel MaríaLetras Galegas 2016

Montaxe: Adela Leiro, Mon DaportaFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María.Textos: Manuel María Xaneiro 2016

Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.