manifesto para un ambiente de lectura na escola

4
1 Para un ambiente de lectura na escola 23 de abril de 2012 Asinantes do manifesto* Educar unha actitude favorable A disposición persoal que vincula íntima e favorablemente á comunicación mediada por textos configúrase ao fío de experiencias significativas nutridas de emoción, metáforas e imaxes. Gozar a comunicación Os textos pódense compartir desde idade moi temperá e gozar xunto a outras persoas en situacións agradables e pracenteiras que crean climas propicios para o xogo, a expresión e o diálogo. Xerar unha motivación persoal A actitude persoal favorable convértese en motivación autónoma conforme vai sendo interiorizada por quen sente a comunicación mediada por textos como unha fonte de pracer estético e intelectivo, un camiño para a indagación e o descubrimento, unha vía de conexión co mundo e de proxección imaxinaria nel. Recoñecer a diversidade Cada persoa orienta a súa motivación de acordo a preferencias e intereses diversos como diversas e plurais son a vida, as expectativas individuais, as relacións. Por iso os lectores deben poder elixir as súas lecturas entre unha ampla variedade de rexistros culturais e de tipoloxías textuais.

Upload: biblio-diaz-castro

Post on 29-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

manifesto a favor da lectura na escola (e sobre a mediación) realizado por un pequeno grupo de xente relacionada con este tema (mestres de primaria, profes de secundaria, mediadores culturais) a raíz da proposta de Luis Arizaleta, (Navarra) e suscrito por un grupo importante de xente

TRANSCRIPT

Page 1: Manifesto para un ambiente de lectura na escola

1

Para un ambiente de lectura na escola

23 de abril de 2012

Asinantes do manifesto*

1º Educar unha actitude favorable

A disposición persoal que vincula íntima e favorablemente á comunicación

mediada por textos configúrase ao fío de experiencias significativas

nutridas de emoción, metáforas e imaxes.

2º Gozar a comunicación

Os textos pódense compartir desde idade moi temperá e gozar xunto a

outras persoas en situacións agradables e pracenteiras que crean climas

propicios para o xogo, a expresión e o diálogo.

3º Xerar unha motivación persoal

A actitude persoal favorable convértese en motivación autónoma

conforme vai sendo interiorizada por quen sente a comunicación mediada

por textos como unha fonte de pracer estético e intelectivo, un camiño

para a indagación e o descubrimento, unha vía de conexión co mundo e

de proxección imaxinaria nel.

4º Recoñecer a diversidade

Cada persoa orienta a súa motivación de acordo a preferencias e intereses

diversos como diversas e plurais son a vida, as expectativas individuais, as

relacións. Por iso os lectores deben poder elixir as súas lecturas entre

unha ampla variedade de rexistros culturais e de tipoloxías textuais.

Page 2: Manifesto para un ambiente de lectura na escola

2

5º Favorecer a liberdade de lectura

Ser lector é crecer en liberdade. A educación da lectura en liberdade ten

que ser capaz de amparar a diferenza, os valores diverxentes, a crítica das

aparencias ou a incorrección transgresora que cada lector reelabora no

seu mundo imaxinario.

6º Apreciar a calidade literaria

En todas as tipoloxías textuais existen textos de calidade literaria, non

estereotipados e accesibles para lectores de distinta idade, cuxa recepción

alimenta os procesos de educación literaria que traen consigo aprecio da

beleza, discernimiento entre fondura e banalidade, diálogo cun mesmo,

recoñecemento da alteridade.

7º Exercer a mediación entre os lectores e os textos

O adulto que exerce o papel de mediador entre os textos e os seus

receptores activa a educación literaria e acompaña o desenvolvemento de

afeccións á lectura recoñecendo a diversidade, favorecendo a liberdade de

lectura, apreciando a calidade literaria. Estimula temperá e

continuadamente a disposición á emisión/recepción de textos, narra e le

en voz alta, comparte experiencias de lectura, recibe recomendacións dos

outros lectores, selecciona e recomenda lecturas que gozou e que valora

como accesibles e interpretables para o lector con quen dialoga.

8º Desenvolver a competencia comunicativa

A interacción satisfactoria cos outros nunha contorna textual, escoitar e

dicir textos, escribir textos para ser lidos por un interlocutor e ler en voz

alta, dialogar sobre os textos, favorece a maduración da competencia para

a comunicación lingüística e o crecemento persoal.

Page 3: Manifesto para un ambiente de lectura na escola

3

9º Vincular pracer lector e comprensión

Pracer lector e comprensión lectora van da man: esta é a conclusión do

Informe PISA 2009 acerca da asociación entre o rendemento en

comprensión lectora, a motivación persoal cara á lectura e o pracer de ler:

“En todos os países, os alumnos que gozaban máis coa lectura tiveron un rendemento

significativamente máis alto que aqueles que dixeron que non lles gustaba ler… Os

alumnos que non len por diversión son os que, xeralmente, non gozan lendo. O goce

pola lectura é, de acordo con PISA 2009, unha condición previa da motivación cara á

lectura… Ler por pracer e rendemento son factores positivamente asociados. O baixo

rendemento en comprensión lectora nos alumnos que din non ler por diversión parece

aconsellar a difusión de medidas de fomento da lectura, pero animar aos alumnos a ler

máis horas non significa necesariamente que melloren a súa comprensión lectora.

Existe un limiar que indica que a diferenza estriba en que lean diariamente por

diversión, non na cantidade “bruta” de tempo que pasan lendo.”

“PISA 2009. Informe español”. Ministerio de Educación, 2010

http://www.educacion.gob.es/dctm/ministerio/horizontales/prensa/notas/2010/20101207-pisa2009-informeespanol.pdf?documentId=0901e72b806ea35a

10º Distinguir entre reprodución e produción

O diálogo sobre os distintos significados extraídos polos lectores tras as

súas lecturas, a interpretación compartida, permite profundar no sentido

dos textos indo máis aló das pautas que miden a mera capacidade para

reproducir significantes pero non desenvolven a competencia para

producir novos significados.

Page 4: Manifesto para un ambiente de lectura na escola

4

11º Alentar a afección e a dedicación

A motivación autónoma e o desenvolvemento da competencia

comunicativa alentan a procura de novos retos textuais cada vez máis

complexos, que requiren afección, dedicación e esforzo, e vense

recompensados con novos achados de pracer lector.

12º Caracterizar a Biblioteca como lugar para o pracer lector

A Biblioteca escolar é o lugar privilexiado da Comunidade Educativa para

as interaccións en torno aos textos, un recurso para o traballo do

profesorado que desexa compartir o pracer de ler e un ambiente idóneo

para desenvolver o gusto pola lectura e para articular estratexias de

educación lectora e literaria coherentes.

*Luís Arizaleta (educador literario, Pamplona). Seve Quella (escritor, Bilbao). José

García Guerreiro (coordinador de bibliotecas escolares, Málaga). Miguel Anxo Mendo

(escritor, Madrid). Emilio Roca (profesor de Educación Secundaria, A Coruña). Jordi

Rodríguez Artés (mestre de Educación primaria, Barcelona).