manifesto

2
MANIFESTO: QUE NOS PEDIRÍA UN NENO OU UNHA NENA CON AUTISMO? 1- Penso en imaxes, as palabras poden ser como aire para min. 2- Sabedes que? Que me custa un montón manter a atención! Pero se vos poñedes á miña altura e me dades un pouco de tempo seguro que vos fago caso. 3- Se me organizades o mundo e me dicides o que vai pasar antes de que pase estarei máis tranquilo. Podedes facerme un horario con imaxes para axudarme. 4- Non vos poñades nerviosos comigo porque eu tamén me poño nervioso. Respetade o meu ritmo. 5- Non me faledes demasiado, nin demasiado rápido. Se queredes que faga moitas cousas decídemo pouco a pouco, por pasos, ao final conseguireino, xa o veredes! 6- Ás veces necesito que me escribades as normas, tamén podedes usar imaxes. 7- Como a todos os nenos e aos maiores, a min tamén me gusta facer as cousas ben, aínda que ás veces non o consiga. Faime saber cando o fago ben, dame unha recompensa: pode ser un bico, un abrazo, un caramelo, unha pegatina…. 8- Sabes que? Cando teño demasiados fallos sucédeme o que a ti: enfádome e termino por non querer facelo. Non me gusta non saber facer as cousas. 9- Temos que negociar os meus rituais para convivir. Por exemplo, ás veces, gústame dicir frases sen sentido, balancearme na silla, rirme…. E como cando ti trabas nas uñas, ten paciencia, non podo controlalo. 10- Entendo as cousas tal e como son, non entendo as bromas nen as pillerías, explícamas de forma sinxela para que as vaia entendendo. 11- Ás veces gústame dicir frases que aprendo dos debuxos animados ou dos contos porque iso axúdame a que me entendas. Pouco a pouco, se me ensinades, aprenderei a cambiar estas frases por outras. 12- Ainda que non fale, non permitades que me aburra e esté sen facer nada, tratade de darme cousas que teñan sentido para min, podo ter moito que dicir. 13- Cústame entender o que sinto e o que sintes, poñerme no lugar dos demais, axúdame a entendelo. 14- As emocións (estar triste, contento, enfadado, aburrido…) son moi complicadas para min. A min gústame facer amigos pero non sei como facelos. Axudádeme ao principio, achegádevos, non me teñades medo!

Upload: patricia-pena-barbeito

Post on 20-Jun-2015

454 views

Category:

Education


10 download

TRANSCRIPT

Page 1: Manifesto

MANIFESTO: QUE NOS PEDIRÍA UN

NENO OU UNHA NENA CON AUTISMO? 1- Penso en imaxes, as palabras poden ser como aire para min.

2- Sabedes que? Que me custa un montón manter a atención! Pero se vos poñedes á

miña altura e me dades un pouco de tempo seguro que vos fago caso.

3- Se me organizades o mundo e me dicides o que vai pasar antes de que pase estarei

máis tranquilo. Podedes facerme un horario con imaxes para axudarme.

4- Non vos poñades nerviosos comigo porque eu tamén me poño nervioso. Respetade o

meu ritmo.

5- Non me faledes demasiado, nin demasiado rápido. Se queredes que faga moitas

cousas decídemo pouco a pouco, por pasos, ao final conseguireino, xa o veredes!

6- Ás veces necesito que me escribades as normas, tamén podedes usar imaxes.

7- Como a todos os nenos e aos maiores, a min tamén me gusta facer as cousas ben,

aínda que ás veces non o consiga. Faime saber cando o fago ben, dame unha recompensa:

pode ser un bico, un abrazo, un caramelo, unha pegatina….

8- Sabes que? Cando teño demasiados fallos sucédeme o que a ti: enfádome e termino

por non querer facelo. Non me gusta non saber facer as cousas.

9- Temos que negociar os meus rituais para convivir. Por exemplo, ás veces, gústame dicir

frases sen sentido, balancearme na silla, rirme…. E como cando ti trabas nas uñas, ten

paciencia, non podo controlalo.

10- Entendo as cousas tal e como son, non entendo as bromas nen as pillerías, explícamas

de forma sinxela para que as vaia entendendo.

11- Ás veces gústame dicir frases que aprendo dos debuxos animados ou dos contos

porque iso axúdame a que me entendas. Pouco a pouco, se me ensinades, aprenderei a

cambiar estas frases por outras.

12- Ainda que non fale, non permitades que me aburra e esté sen facer nada, tratade de

darme cousas que teñan sentido para min, podo ter moito que dicir.

13- Cústame entender o que sinto e o que sintes, poñerme no lugar dos demais, axúdame

a entendelo.

14- As emocións (estar triste, contento, enfadado, aburrido…) son moi complicadas para

min. A min gústame facer amigos pero non sei como facelos. Axudádeme ao principio,

achegádevos, non me teñades medo!

Page 2: Manifesto

15- Tamén me gusta xogar, pero ás veces os meus xogos poden ser aburridos porque

sempre estou repetindo a mesma cousa, axudádeme a cambialos pouco a pouco.

16- Se algún día me enfado, non é contra ti. Se me enfado moito e tiro cousas, berro… ao

mellor é porque me é difícil atender ou facer algo do que me pides, non estou tratando de

facerche mal. Recordades que teño un problema de intencións? Non me atribúades as malas!

17- Ás veces fago cousas que vos parecen “raras” pero é a miña especial maneira de ver o

mundo.

18- Ainda que me gusta facer sempre máis ou menos o mesmo non fai falta que me pidas

sempre as mesmas cousas, Podedes e debedes ir introducindo cambios. O que teño autismo

son eu, non vos!

19- Gústame estar con vos e divertirme! Quérolle moito ao meu papá, á miña mamá, á

miña profe… como calquera outro neno.

20- Ninguén ten a culpa do que me pasa, teño unha forma de ser un pouco diferente pero

non peor. Por favor, aceptádeme e querédeme tal como son porque podo cambiar algo pero o

autismo, de momento, non ten cura. Recordade que é máis o compartimos que o que nos

separa.