malos tempos

16
Malos tempos 3º CICLO

Upload: estrela-brancas

Post on 28-Mar-2016

252 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

escrita, treboada, 3º ciclo

TRANSCRIPT

Page 1: Malos tempos

Malos tempos

3º CICLO

Page 2: Malos tempos

TREBOADA

XA CHEGA A TREBOADA XA CHEGA POLO NORTE VEN CARGADA DE SANGUE VEN SEDENTA DE MORTE TREBOADA DE AREA TREBOADA DE SAL QUE SE LEVA ÓS CATIVOS NON NOS DEIXA MEDRAR TREBOADA DE AREA...¡NON A QUERO! TREBOADA DE SANGUE... ¡NON A

QUERO! TREBOADA DE MORTE...¡NON A

QUERO! CHEGA POLO NORTE PARA ONDE SE

IRA TREBOADA MALDITA DA DESESPERACIÓN QUE MALTRATA AS MULLERES QUE ROMPE OS CORAZÓNS VAI E METE NO MEDIO ANQUE POIDAS MORRER QUE TODO O QUE LEVA O VENTO NON SE PODE ESQUECER.

Letra e música: Antonio Saco.

Lume (para que saia o sol) . Lamantumbá

Page 3: Malos tempos

O TSUNAMI

Onte viu o tsunami, onte viu polo mar, chega cheo de lixo, chega cheo de contaminación. Tsunami de lixo, tsunami de morte que lava os nenos, déixaos ben limpos. Tsunami de lixo ...Non o quero! Tsunami de sangue...Non o quero! Tsunami de auga contaminada...Non o quero! Foi polo mar, para onde irá? Federico

Page 4: Malos tempos

O RATO Onte saíu o rato, hoxe entra no burato, agora marcha polas noites, mañá volta sen bigotes. Xa se achega o Nadal, e a xente dálle as felicidades. O rato todo colorado marcha para a súa casa e termina o seu traballo. Nieves

Page 5: Malos tempos

Agora achégase a chuvia Agora achégase dende a montaña Chega chea de felicidade Chega limpa de sorte.

A fame no mundo...NON A QUERO! O maltrato ás mulleres...NON O QUERO! A guerra...NON A QUERO! A morte da xente... NON A QUERO! Raquel.

Page 6: Malos tempos

CHOIVA

Onte miraba a choiva Onte a miraba no campo Vén chea de auga Vén chea de sede A guerra...NON A QUERO! Os terremotos...NON OS QUERO! A violencia...NON A QUERO! A morte...NON A QUERO! David Botello

Page 7: Malos tempos

O TREBÓN

Logo volveu o trebón Logo volveu polo sur Volveu cheo de lóstregos Volveu cheo de choiva. Trebón de lóstregos Trebón de choiva Que chega polo sur E chega moi forte. Trebón de lóstregos...Non os quero! Trebón de choiva...Non o quero! Trebón de nubes negras...Non o quero! Chega polo sur, para onde se irá? Trebón maldito de tristeza Que trae lóstregos, Que trae choiva, Que trae nubes negras. Andrea Regueiro.

Page 8: Malos tempos

XA ACODE A FELICIDADE Agora vén a felicidade Agora vén desde o mar Acode chea de amor Acode enxoita de amizade.

Felicidade de amor... Si a quero! Felicidade de amigos...Si a quero! Felicidade de amizade... si a quero! Chega polo mar, a onde se irá? Antonio

Page 9: Malos tempos

A NEVARADA Hoxe vén a nevarada, Hoxe vén polo sur, Vindo lixeiriña de auga, Vindo chea de vida. Nevarada de sangue, Nevarada de frío Que trae aos prisioneiros Que nos deixe medrar. Nevarada de amor... Si a quero! Nevarada de felicidade...Si a quero! Nevarada de risa... Si a quero! Vaise polo sur, onde chegaraá? Nevarada agradecida Con alegría, Que coida as mulleres, Que arranxa as almas...... Andrea Cerqueiro

Page 10: Malos tempos

O MAL TEMPO Xa se achega o mal tempo. Xa se achega polo ceo. Vén con moita desigualdade. Vén con moita destrución. Mal tempo de sangue, Mal tempo de morte Que se leva a paz Que nos deixa a guerra. Xistra de destrución...Non a quero! Xistra de morte...Non a quero! Xistra de desigualdade... Non a quero! Achégase polo ceo, para onde se irá? Mal tempo perverso Que destrúe a paz, Que sementa a guerra Carla

Page 11: Malos tempos

A GUERRA Vai chegando a guerra Vai chegando polo mundo. Onte marchaba a paz Hoxe reina a guerra! Furacán de morte...Non o quero! Furacán de sangue... Non o quero! Furacán de guerra... Non o quero! Marcha polo mundo...Para onde se irá? Alba

Page 12: Malos tempos

Hoxe volveu a contaminación Hoxe volveu o mal tempo Corre rápido polo río Corre canso sen esgotarse. A contaminación... Non a quero! O mal tempo...Non o quero! O lixo.... Non o quero! A contaminación, para onde se irá? Pablo

Page 13: Malos tempos

A CHOIVA DA MORTE Despois virá a choiva Despois virá por Chapela Virá manchada de guerra Virá cargada de destrucción

A guerra!....NON A QUERO! A destrucción ... NON A QUERO A morte ... NON A QUERO! Para onde se marchará? Aitor

Page 14: Malos tempos

TREBÓN Trebón de area… ¡ Non a Quero! Trebón de sangue …¡ Non a Quero! Trebón de falecemento… ¡ Non a Quero! Chega polo norte para onde se ira Andrea C.

Page 15: Malos tempos

GUERRA E MALTRATO

Vai chegando a morte , Polas malas guerras. Que peta moi forte

Que se achega polo norte para onde se irá?

Guerra de maltrato, Guerra de sangue,

Que maltrata as mulleres E non as quere soltar.

Guerra de morte...¡non Quero!

Guerra de mulleres..¡non a Quero! Que ven polo norte, Para onde se irá?

Gabriel

Page 16: Malos tempos

Sempre veñen aos colexios Eles veñen polo norte Veñen cargados de exames Veñen sedentos de ceros. Nevarada de exames ...Non a Quero! Sarabia de deberes... Non a Quero! Marexada de ceros... Non a Quero! Veñen polo norte, para onde se irán? Os colexios malditos De moito traballo Que lle poñen aos nenos Que non os deixan gozar Vai e quéixaste ao profe Aínda que te poidan expulsar Que o que leva o expediente Non se pode borrar. Iago