makinaria power point
TRANSCRIPT
MAKINARIA
CARLOS NEGRO
ROEDORES DO CAUCHOChegan da noite queimando goma,flipados de euforia e decibelios,coa gasolina inxectada en vea.
Logo, malotes de discoteca,descenden do carro maqueado,
co seu toque bakala na fala,arrastrando o ese como serpes,
coa roupa axustada ás tatuaxes,marcando paquete e territorio,feroces como galos de pelexa.Hoxe, drogados de adrenalina,
eternamente con dezaoito anos,sóñanse duros e invencibles,alleos ao tributo do destino:
irán ficando aos poucos na cuneta,coa morte a rondar o seu cerebro,as neuronas gripadas para sempre.
NEED FOR SPEEDferro
a tope
bótallepeito
métellea fondo
que ardanas chapas
dálle
dálle
dálle
gas
SOUND PLAY SESSION VOL. 2
canta, chavalcon ritmo terminal
tecno brutalzunido suburbial
cóntame a túa vidadas rúas sen saídado medo a cada díadas noites de fuxida
bates contra un muro
vives insegurofoxes do futuro
un galpón escuro
da cama te levantasescravo do que manda
outra vez aguantaso cuspe na garganta
curras sen contratoesforzo ben baratovives como un ratono fondo do burato
solitario e preso
vendido por un pesonada de progreso
o mundo está reseso
buscas un irmánque che dea a man
os amos hanche dargolpes como a un can
non sabes onde vas
cruzas como un flashsempre a todo gas
non pensas o que fas
aceleradorgatillo de calorgolpe de motor
balazo contra a dor
noite e madrugadamúsica que mallaritmo de batalla
makinaria e tralla
febre no volantetodo está distante
goza deste instanteo único importante
noite clandestinacheiro a gasolinaeuforia e cocaínaalcol de medicina
méteslle máis brasao único que arrasa
a mente que desfasaque carallo pasa
buscas a saída
cego ante a caídamañá será outro díae o luns monotonía
xogas contra a morte
unha aposta fortearriscas por deportea vida e maila sorte
sangue na calzadanéboa de almofada
da luz da madrugadasombras e máis nada
un muro de por medioun máis alá de tedioxa non hai remediodestino cemiterio
sangue na calzadanéboa de almofada
da luz da madrugadasombras e máis nada
un muro de por medioun máis alá de tedioxa non hai remediodestino cemiterio
AUTOPSIA
Dezanove anos,dezaseis válvulas,
douscentos cabalos,medio gramo
de euforiano sangue:
si, xa o levaron
para o tanatorio.