los murciÉrlagos por antonio castro e carlos rego

9
1 LOS MURCIÉLAGOS Los Murciélagos foron unha escura banda de Rock de garaxe, que naceu en Ourense, á beira do Río Miño, a mediados da década dos anos sesenta. Os seus membros procedían tanto da cidade das Burgas, como de Ribadavia, en pleno Ribeiro. Temos moi poucos datos sobre deles, ata mesmo descoñecémo-los nomes dos compoñentes deste cuarteto, polo que necesariamente, cáseque tódalas referencias que imos facer deles, serán sobre da súa música, pasando por riba da traxectoria vital do grupo. Un dos guitarristas é da familia dos Outeiriño (donos de La Región), hoxe afamado oculista en Madrid Los Murciélagos teñen a honra de seren un dos grupos pioneiros do Rock ourensán, ao estaren activos xa dende mediados dos sesenta, anque nembargantes, eles non foron o primeiro conxunto en xurdir, nesta capital do interior de Galicia. Segundo Carlos Rego: “(…) Esa honra correspóndelles a Los Cramps, que a base de cancións de Elvis Presley, prenderon unha mecha que logo converterían en chama outros tolos coma eles. (…) Cecais aí se atope a semente dese característico gusto ourensán polo Rock máis sucio e canalla, pola súa liña máis trouleira e guitarreiraResulta curioso comprobar, coa perspectiva histórica que lle dan os cáseque corenta anos transcorridos dende entón, como perante a segunda metade dos anos sesenta, esta cidade produciu máis discos de Rock que ningunha outra en Galicia. (…)” 1 A mediados dos anos sesenta Ourense era unha cidade na que o Rock prendeu entre a xuventude musical máis inqueda, e por elo non é de estraña-lo xurdimento dalgunhas novas bandas, entre as cais destacaban poderosamente Los Ben Posta, que apadriñaba o Padre Silva, o carismático relixioso fundador da “Ciudad de los Muchachos”. A pesares das inquedanzas musicais dos xóvenes ourensáns, a situación non era favorable para a formación de conxuntos modernos. Faltaban apoios, infraestructura (locais de ensaio e de venda de instrumentos, equipos de son, salas que programaran concertos…), e por riba de todo, non estaba ben visto, entre as familias respectables, que os seus fillos se adicaran a facer ruídos eléctricos, para o escándalo das xentes de ben. E pese a todo elo, e deixando a parte o adocenado e mainstream 2 “Festival do Miño”, un couto cáseque reservado para os solistas, o ambiente musical na cidade foi medrando gracias ao abeiro de varias das parroquias, que lles emprestaban os seus locais aos novos conxuntos, para que estes, á súa vez, os poideran converter nos seus eventuais locais de ensaio. Tamén a emisora radiofónica “La Voz del Miño” (inaugurada en Xuño de 1966), prestou o seu apoio á música moderna, tanto ao darlle cabida na súa 1 Extractos do artigo escrito por Carlos Rego (membro do grupo ourensán Burgas Beat), sobre o xurdimento do fenómeno do Rock na cidade de Ourense, “Burgas Beat, una introducción a los inicios del rock en Ourense”, que se publicou tanto no número 3 do fanzine “Otoño Cheyenne”, como dixitalmente, en “Sonic Wave” (Novembro do 2001). 2 Mainstream é un anglicismo (literalmente significa corrente principal), que se emprega para designa- los gustos ou preferencias maioritarios, sobre de todo, influídos polos medios de comunicación de masas. En música moderna (pop ou lixeira), refírese aos traballos discográficos que contan con grandes medios para a súa producción e comercialización, e que chegan moi doadamente ao grande público, pero que artisticamente, son obras que se caracterizan polo seu carácter marcadamente comercial e pouco innovador.

Upload: infofelipop5060

Post on 18-Jun-2015

36 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: LOS MURCIÉRLAGOS por Antonio Castro e Carlos Rego

1

LOS MURCIÉLAGOS

Los Murciélagos foron unha escura banda de Rock de garaxe, que naceu en Ourense, á beira do Río Miño, a mediados da década dos anos sesenta. Os seus membros procedían tanto da cidade das Burgas, como de Ribadavia, en pleno Ribeiro. Temos moi poucos datos sobre deles, ata mesmo descoñecémo-los nomes dos compoñentes deste cuarteto, polo que necesariamente, cáseque tódalas referencias que imos facer deles, serán sobre da súa música, pasando por riba da traxectoria vital do grupo. Un dos guitarristas é da familia dos Outeiriño (donos de La Región), hoxe afamado oculista en Madrid

Los Murciélagos teñen a honra de seren un dos grupos pioneiros do Rock

ourensán, ao estaren activos xa dende mediados dos sesenta, anque nembargantes, eles non foron o primeiro conxunto en xurdir, nesta capital do interior de Galicia. Segundo Carlos Rego: “(…) Esa honra correspóndelles a Los Cramps, que a base de cancións de Elvis Presley, prenderon unha mecha que logo converterían en chama outros tolos coma eles. (…) Cecais aí se atope a semente dese característico gusto ourensán polo Rock máis sucio e canalla, pola súa liña máis trouleira e guitarreira… Resulta curioso comprobar, coa perspectiva histórica que lle dan os cáseque corenta anos transcorridos dende entón, como perante a segunda metade dos anos sesenta, esta cidade produciu máis discos de Rock que ningunha outra en Galicia. (…)” 1

A mediados dos anos sesenta Ourense era unha cidade na que o Rock prendeu

entre a xuventude musical máis inqueda, e por elo non é de estraña-lo xurdimento dalgunhas novas bandas, entre as cais destacaban poderosamente Los Ben Posta, que apadriñaba o Padre Silva, o carismático relixioso fundador da “Ciudad de los Muchachos”.

A pesares das inquedanzas musicais dos xóvenes ourensáns, a situación non era

favorable para a formación de conxuntos modernos. Faltaban apoios, infraestructura (locais de ensaio e de venda de instrumentos, equipos de son, salas que programaran concertos…), e por riba de todo, non estaba ben visto, entre as familias respectables, que os seus fillos se adicaran a facer ruídos eléctricos, para o escándalo das xentes de ben.

E pese a todo elo, e deixando a parte o adocenado e mainstream 2 “Festival do Miño”, un couto cáseque reservado para os solistas, o ambiente musical na cidade foi medrando gracias ao abeiro de varias das parroquias, que lles emprestaban os seus locais aos novos conxuntos, para que estes, á súa vez, os poideran converter nos seus eventuais locais de ensaio. Tamén a emisora radiofónica “La Voz del Miño” (inaugurada en Xuño de 1966), prestou o seu apoio á música moderna, tanto ao darlle cabida na súa

1 Extractos do artigo escrito por Carlos Rego (membro do grupo ourensán Burgas Beat), sobre o xurdimento do fenómeno do Rock na cidade de Ourense, “Burgas Beat, una introducción a los inicios del rock en Ourense”, que se publicou tanto no número 3 do fanzine “Otoño Cheyenne”, como dixitalmente, en “Sonic Wave” (Novembro do 2001). 2 Mainstream é un anglicismo (literalmente significa corrente principal), que se emprega para designa-los gustos ou preferencias maioritarios, sobre de todo, influídos polos medios de comunicación de masas. En música moderna (pop ou lixeira), refírese aos traballos discográficos que contan con grandes medios para a súa producción e comercialización, e que chegan moi doadamente ao grande público, pero que artisticamente, son obras que se caracterizan polo seu carácter marcadamente comercial e pouco innovador.

Page 2: LOS MURCIÉRLAGOS por Antonio Castro e Carlos Rego

2

programación diaria, coma por organizar e radiar -sorprendentemente en directo-, ao través das ondas, concertos de grupos locais, retransmitidos dende o salón de actos do edificio da Organización Sindical Española, no Parque de San Lázaro, en sesións dominicais matutinas. Por eles pasarían, entre moitas outras bandas: Los Murciélagos, Los Dráculas (futuros Los Posters), Los Wagners, 3 Los Volcanes, Las Fugitivas, Los Iris (O Barco de Valdeorras), Los Cirios (Vigo) ou Los Kawes (Monforte de Lemos)… É curioso que se tratara dunha estación emisora local da radio sindical, e polo tanto pertencente ao aparato propagandístico do réxime dictatorial franquista, que precisamente non miraba con bos ollos ningún tipo de movemento xuvenil, e por suposto, menos aínda, se adicaba a favorecer á música moderna.

Pouco a pouco, coma froito dese espertar musical xoven, o Pop e mailo Rock se

abrirán camiño na cidade das Burgas, ata acadar que as presentacións, en directo, de conxuntos locais, se programen nas salas de baile, como por exemplo en Auria e La Bilbaína. Pero non só en Ourense, este feito producirase tamén en outras localidades próximas coma O Carballiño ou Xinzo de Limia, vila onde existía outra sala na que se celebraban concertos de conxuntos, cada sábado. Precisamente será a Sala Auria a que organice o primeiro festival “Pote de Oro”, para conxuntos modernos, cuia final, en sesión de 19:00 a 22:00 horas (co baile prohibido e sen expender bebidas alcohólicas), arroxou o seguinte palmarés: 1º Los Cirios, Pote de ouro (Vigo); 2º Los Wagners, Pote de prata (Ourense); e 3º Los Kawes, Pote de cobre (Monforte de Lemos).

Daquela, os grupos ourensáns, por norma xeral, tocaban onde lles deixaban. E

eran unha chea deles, para repartirse os poucos locais abertos á nova música: Los Wagners, Los Volcanes, Los Evers, Los Meteoros, Grupo Clave, Los Nodos, Los Gringos, Los Mayquel’s, Los Yankis, Los Vientos, Los Dedos, Los Meigas, Los Amos, Las Fugitivas (conxunto de mozas), Los Iris (de O Barco de Valdeorras), Los Poker (de O Carballiño)… A meirande parte deles foron conxuntos efímeros, que adoitaban padecer abondantes trocos de formación, e ata incluso con frecontes intercambios de membros, entre eles. Este feito, os intercambios de músicos entre grupos, se converterá nun costume, na escena musical ourensá, así coma tamén, a deriva dos músicos cara as orquestras de baile, que contaban cunha maior carga de traballo, e ofertaban certa estabilidade profesional para os músicos, nelas integrados… Unha situación, esta última, moi común en tódolo territorio galaico.

Unhas poucas tendas coma Quintairos (Galerías Centrales), o Bazar Puga ou

Electrodomésticos Ventura, onde se podían mercar discos; ou cafeterías onde soaban cancións ye-yés e modernas, como Mayka (Parque de San Lázaro), Moroko (Alameda) ou Lady Rois; completaban o limitado circuíto da escena musical ourensá, de mediados dos anos sesenta. Pouco tempo despois, os novos conxuntos terán cabida nos conservadores carteis das Festas do Corpus, e ata nas últimas edicións do “Festival do Miño”, un evento moi monopolizado por artistas da discográfica catalana Belter. Nos Corpus de finais dos 60 actuaron grupos como Bravos, Canarios ou pop Tops, se a memoria non me falla. Eu era un bebé pero sei de quen os viu e flipou.

E este foi o caldo de cultivo de onde xurdiron Los Murciélagos, a lendaria banda

garaxeira de Ourense. Deixaron, coma o seu único legado discográfico, un máis que

3 Los Wagners foron un grupo moi festivaleiro, xa que participaron no I Festival Galego de Conxuntos de Pontevedra, celebrado no Silos Club da capital do Lérez (días 3 e 4 de Agosto de 1967); no I Festival “Pote de Oro”, celebrado en Ourense, etc… E en Setembro de 1967, tras dunha dura pugna con Los Ojos Negros (de León), Los Wagners acabaron por gaña-lo Festival de Conjuntos Músico-vocales del Bierzo, en Ponferrada, onde tocaron, entre outros temas a “Alborada gallega”.

Page 3: LOS MURCIÉRLAGOS por Antonio Castro e Carlos Rego

3

notable Extended Playing, gravado en condicións precarias. Sobre as incribles condicións de gravación deste EP, para o selo madrileño Marfer, e que foron de seu máis unha aventura, que unha experiencia profesional de altura, de novo, apunta Carlos Rego:

“(…) A chatarreira versión de “Satisfaction” que estes ourensáns-ribadavienses

gravaron no 1966, é un tesouro do Burgas Beat máis trash, incriblemente gravada nun magnetófono de dúas pistas, nos locais de “La Voz del Miño”, cos membros repartidos, sen verse, polas distintas habitacións da emisora, en castelán e substituíndo o fuzz das guitarras orixinais por un efecto reverb espectral. Amosaron un excelente gusto, ao transforma-lo “Keep searchin´” de Del Shanon, en “Sigue, sigue”, e se atreveron cunha peza en italiano, sinalando, por último, a súas orixes, cun instrumental titulado “Morriña”. (…)”

Carlos Rego (Burgas Beat). O disco, “¡Sigue, sigue!” (EP Marfer M-635, 1966), é actualmente inatopable, e

cando aparece, de forma excepcional, algunha copia nas Feiras de Discos de Colección, acada prezos astronómicos, verdadeiramente un disco moi caro. As 4 cancións que conforman este rarísimo artefacto sónico son as seguintes:

1.- “¡Sigue, sigue!” (Del Shanon [Charles Weedon Westover]). Versión moi dinámica e beat do “Keep searchin´” de Del Shanon. O tema orixinal do cantautor rockeiro norteamericano Del Shanon, publicado en Novembro do 1964, con producción de Harry Balk, chegou a ocupar o posto número 9 das listas pop americanas; e o número 3 da lista de ventas discográficas británicas. O tema tamén foi gravado, en español, Los 4 De la Torre e Los Extraños, ámbolos dous grupos de Barcelona. Del Shanon: - “Keep searchin’ (We’ll follow the Sun)” / “Broken promises”

Page 4: LOS MURCIÉRLAGOS por Antonio Castro e Carlos Rego

4

(Single Amy Records 915, 1964).

“¡Sigue, sigue!”

(Del Shanon [Charles Weedon Westover], 1966)

“¡No acabes con mi amor…!

Todos te dirán, que dejes de pensar en mí,

porque así será mejor.

Todos te hablarán, de tu equivocación. Algunos te dirán

que yo me merezco tu compasión.

¡Por favor, sigue, sigue! ¡Sigue junto a mí!

¡Sigue, sigue! ¡Sigue junto a mí!

¡No creas lo que los demás, te puedan decir!

(yeah, yeah, yeah, yeah) Te puedan decir…

(yeah, yeah, yeah, yeah)

¡No hagas caso de la gente que nada te da,

ya que lo que existe es envidia, nada más…!

¡Por favor, sigue, sigue! ¡Sigue junto a mí!

¡Sigue, sigue! ¡Sigue junto a mí!

¡No creas lo que los demás, te puedan decir!

(yeah, yeah, yeah, yeah) Te puedan decir…

(yeah, yeah, yeah, yeah)

¡Por favor, sigue, sigue! ¡Sigue junto a mí!

¡Sigue, sigue! ¡Sigue junto a mí!

¡No creas lo que los demás, te puedan decir!

(yeah, yeah, yeah, yeah) Te puedan decir…

(yeah, yeah, yeah, yeah)

¡No hagas caso de la gente que nada te da,

ya que lo que existe es envidia, nada más…!

¡Por favor, sigue, sigue! ¡Sigue junto a mí!

¡Sigue, sigue! ¡Sigue junto a mí!

Page 5: LOS MURCIÉRLAGOS por Antonio Castro e Carlos Rego

5

¡No creas lo que los demás, te puedan decir!

(yeah, yeah, yeah, yeah) Te puedan decir…

(yeah, yeah, yeah, yeah) Te puedan decir…

(yeah, yeah, yeah, yeah) Decir.”

2.- “Vosotros” (Letra de Vito Pallavicini / Música de Gorni Kramer). Versión que navega entre o beat e mailo Pop-Rock ye-yé, e que Los Murciélagos cantan en italiano. O tema era un orixinal transalpino, “Nessuno di voi” que Milva [Maria Ilva Biolcati] e Richard Anthony [Richard Btesh] defenderon no Festival de San Remo, na súa XVI edición, celebrada en Xaneiro do 1966, onde acadaron o 9º lugar do cadro de honra final. 4 Este tema tamén o faría seu María de los Ángeles Rodríguez, o sexa, a granadina Gelu (1966). Asemade hai outra versión en castelán, que foi gravada polo Cuarteto Maranatha (1966). Milva: - “Nessuno di voi” / “Pigramente” (Single Cetra SP 1295, 1966).

Richard Anthony: - “Nessuno di voi” / “Difendi questo amore” (Single Columbia SCMQ 1903, 1966).

“Nessuno di voi” [“Vosotros”]

(Letra de Vito Pallavicini / Música de Gorni Kramer, 1966)

“Nessuno di voi mi parla di lui

mi dice la verità. Che serve oramai la vostra pietà

se niente mi resterà… Se uno di voi ha amato così,

allora mi capirà… Capirà… Capirà…

Se mi ascolti, amore mio, torna da me, qui’ da me,

io ti voglio troppo bene e non vivrei piu senza te!

Non piango per me, piango per lui:

nessuno lo capirà come me!

Nessuno di voi, nessuno di voi mi dice la verità

se un altro è con lui che importa,

io so che poi lo perdonerò…

4 Ese ano a canción vencedora foi “Dio come ti amo”, composta por Domenico Modugno e defendida por el mesmo e maila fermosa cantante Gigliola Cinquetti.

Page 6: LOS MURCIÉRLAGOS por Antonio Castro e Carlos Rego

6

(…)

Dove sei? Con chi sei?

Se mi ascolti, amore mio, torna da me, qui’ da me,

io ti voglio troppo bene e non vivrei piu senza te!

Non piango per me, piango per lui:

nessuno lo capirà come me!

Se uno di voi ha amato così, allora mi capirà…

Capirà… Capirà…

Se mi ascolti, amore mio, torna da me, qui’ da me,

io ti voglio troppo bene e non vivrei piu senza te!

Non piango per me, piango per lui:

nessuno lo capirà come me! Come me. Come me.”

3.- “Satisfacción” (Letra de Mick Jagger / Música de Keith Richards). Versión garaxeira do “Satisfaction” de The Rolling Stones. É a máis inmortal das creacións dos Stones. A Keith Richards se lle ocorreu o famoso e imitadísimo riff de guitarra e mailo título da canción, unha noite na que se espertou de cote, namentres durmía no hotel Fort Harrison, en Clearwater, Florida. The Rolling Stones estaban daquela embarcados na súa terceira xira polos Estados Unidos (1965). O 5 de Maio, Mick Jagger tiña lista a letra, que contaba con grandes doses de insatisfacción xuvenil, frustración sexual e cinismo. Moi pouco despois, o día 10 de Maio de 1965, foi gravada unha primeira versión do tema, nos Chess Studios de Chicago, con Brian Jones tocando a harmónica. Pero a versión definitiva sería rexistrada o 12 de Maio do 1965, nos RCA

Page 7: LOS MURCIÉRLAGOS por Antonio Castro e Carlos Rego

7

Studios de Hollywood, California. Nesta ocasión, Keith Richards empregou coma complemento da súa guitarra, un pedal Gibson Maestro Fuzzbox, para crea-lo efecto distorsionante final, que se escoita na canción, un dos primeiros pedais de fuzz dispoñibles no mercado. O enxeñeiro da sesión foi Dave Hassinger, e o productor, o de costume dos Stones, o grande Andrew Loog Oldham. A canción foi un inmenso éxito mundial, ocupando o número 1 da lista de ventas discográficas en moitos países: Estados Unidos de Norteamérica, Gran Bretaña, Canadá, Alemania, Francia, Irlanda, Noruega, Holanda, Suecia, Suiza, Australia, etc… The Rolling Stones: - “(I can’t get no)Satisfaction” / “The under assistant West Coast promotion man” (Single London Records 45-LON 9766, U. S. A., 1965). Editado o día 27de Maio do 1965.

- “(I can’t get no)Satisfaction” / “The spider and the fly” (Single Decca Records F 12220, U. K., 1965). Editado o día 20 de Agosto do 1965. En España, coma en tantos outros países, foi moi versioneada: Los Salvajes (1965), Lone Star (1965), Los 5 Del Este (1965), Los Barlak’s (1966), The Bonds (1965, en catalán), Franklin (1971, en inglés), etc… A versión de Los Murciélagos segue cáseque ao pe da letra, á adaptación dos barceloneses Lone Star, comandados por Pedro Gené. Pero musicalmente, se trata dunha lectura aínda máis garaxeira que a dos tamén barceloneses Los Salvajes, aínda que lles falte o toque do «sonido mosca» destes últimos. Polo tanto, nesta ocasión, Los Murciélagos foron máis papistas que os papas!

“Satisfacción” (Letra de Mick Jagger / Música de Keith Richards, 1966)

“Yo, no puedo comprenderte. Yo, no puedo comprenderte.

¡Loco estoy! ¡Loco estoy! ¡Loco estoy! ¡Loco estoy!

Yo, no puedo… Yo, no puedo…

Cuando, a alguna parte voy, siempre te llevo conmigo, pero tú ausente estás…

No sé por qué, ni me resisto… ¡Quisiera ser feliz contigo!

Y no puedo. (¡Oh, no, no no!) (¡Oh, he, he, he!)

¡Lo digo yo! Yo, no puedo comprenderte. Yo, no puedo comprenderte.

¡Loco estoy! ¡Loco estoy! ¡Loco estoy! ¡Loco estoy!

Yo, no puedo. Yo, no puedo.

Cuando, vamos a bailar

Page 8: LOS MURCIÉRLAGOS por Antonio Castro e Carlos Rego

8

y te abrazo suavemente, yo me siento tan feliz que no puedo ya más

y te quiero besar, ya casi lo voy a lograr…

Y no puedo. (¡Oh, no, no no!) (¡Oh, he, he, he!)

¡Lo digo yo!

¡No, yo no puedo comprenderte! ¡Oh, yo no puedo comprenderte!

¡No, no puedo comprenderte! ¡No, no puedo comprenderte! ¡Yo no puedo comprenderte!”

Segundo Luís Iglesias, facendo referencia ao disco: “Sobre todo a versión de “Satisfaction”, é un artefacto que inconscientemente se converteu en algo que non pretendía. E na que se identifica o estraño azar que orixina un potente intre pop. Toda esa cantidade de accidentes que hai nunha grande canción, empezando por unha guitarra de reverb espectral e un cantante que enrouquece; e eran músicos con 17 e 18 anos”. Esta cita é miña, da entrevista de Daniel Salgado para El País

Luís Iglesias.

4.- “Morriña” (Eduardo Diehl de Souza / Fely). 5 Versión instrumental dunha canción, con ritmo de bolero, que foi lanzada polo conxunto-orquestra Los Españoles, 6 no ano 1960. Los Españoles: - “Morriña” (EP Polydor 20 684 EPH, 1960). A adaptación de Los Murciélagos consegue desmarcarse bastante do tema orixinal, para achegarse ao estilo das poderosas texturas instrumentais de Los Ben Posta, paisanos e colegas seus.

5 Eduardo Diehl de Souza. Compositor e pianista nacido en A Coruña, o día 1 de Xaneiro de 1910. Finou na mesma cidade, o día 1 de Xaneiro de 1992. Este mestre compuxo máis de mil cancións, entre elas “Morriña” , que popularizaron Los Españoles, a comenzos da década dos anos sesenta: “Morriña” (EP Polydor 20 684 EPH, 1960). 6 Los Españoles voltarían gravar a canción un ano despois que Los Murciélagos, daquela nun disco sinxelo: “Morriña” / “Unha noite na eira do trigo” (Single RCA Victor 3-10278, 1967). A cara B deste vinilo era un extraordinario poema do ourensán Manuel Curros Enríquez, musicado por esta orquestra “moderna”, de longa traxectoria profesional, abondante rexistro discográfico, e mesmo con intenso percorrido internacional. Los Españoles estaban constituídos inicialmente por:

- Manuel “Lito” Pérez (A Coruña), clarinete, guitarra, saxofón e violín.

- José Luís Muñoz (A Coruña), baixo e guitarra. - Marcelino López “Candelas” (A Coruña), batería, trompeta e violín. - Miguel Laiz (León), acordeón e piano. - Antonio Moldes Ferro (Pontevedra), baixo, guitarra, contrabaixo, trompeta e violín.

Page 9: LOS MURCIÉRLAGOS por Antonio Castro e Carlos Rego

9

Ten algúns acordes, sobre de todo audibles nos punteos da guitarra solista, que a nós persoalmente nos lembran, ben é certo que de lonxe, á romántica balada de “Johnny Guitar” (que soa na banda sonora orixinal da obra mestra do mesmo título, dirixida por Nicholas Ray, no ano 1953), e o son da súa fermosa guitarra española.

Con respecto ao repertorio de cancións contidas no disco, Carlos Rego se pronuncia do seguinte xeito: “As bandas navegaban en moitas augas e facían o que lles mandaban: beat, canción italiana, temas populares como Los Relámpagos valencianos… E as influencias procedían antes do pop español da época –Los Brincos, Los Bravos- que dos orixinais anglosaxóns”.

Carlos Rego.

O nome de Los Murciélagos, grandes descoñecidos para a inmensa maioría do público afeccionado á música sesenteira, quedou inscrito entre as mellores bandas garaxeiras peninsulares, feito constatable nalgunhas publicacións especializadas, coma por exemplo, se pode ler nunha lista, entre varios grupos de son máis ou menos garaxeiro, nun libro escrito por Gerardo Irles: 7

“(…) Como sinalou Vicente Fabuel, no seu precursor artigo “Garaje español: el imperio de la serie Z”, o son “ritmandblús” español acubillouse, a miúdo, en selos discográficos minoritarios e nas caras B dos discos, de grupos pouco coñecidos. Estas discográficas eran Sesión, Marfer, Concèntric, Alma, Victoria, Ekipo… E os conxuntos, desempoándoos do esquecemento, xente como Los Buitres, o folk-pop de Los Agnis, cuio único disco sinxelo llelo censuraron, Los Nivram (outra vez, nomes agresivos), e especialmente para min, os lusos Os Sheiks, fantásticos, e que ofertaron unhas estupendas novas vibracións instrumentais, cada un coa súa personalidade. Vallan como antoloxía, mostras como a psicodélica “Try to understand” de Os Sheiks, ou a sonoridade Farfisa de “¡Qué más quisiera yo!” de Los Beta, e tamén temas ou versións coma “Satisfacción”, por Los Murciélagos; “Está muy bien”, por Los Marshalls; “Louie, Louie”, por Els Corbs; “No, no, no”, por Los Pops; “¡Vamos!”, por Los Watusi; “Un día feliz, otro de llanto”, dos valencianos Los Pepes; “Pienso en ti”, de Los Flinstones; “¡Acción!”, de Don y su Banda; “Muy lejos de aquí”, por Los Rangers; “El voltaje”, de Los Bohemios; “Algo más”, de Los Zooms. (…)”

Gerardo Irles. “¡Sólo para fans! La música ye-yé y pop española de los años 60”.

Páxina número 108.

Un artigo de Antonio Castro e Carlos Rego para o 18 Rodas http://18rodas.blogspot.com/

7 Gerardo Irles: “¡Sólo para fans! La música ye-yé y pop española de los años 60”. Alianza Editorial, Madrid, 1997. Vicente Fabuel: “Garaje español: el imperio de la serie Z”, publicado na revista “La Luna” , Madrid, 1987.