lois pereiro - poemas

2
XII (Prayer) Agora pecha os ollos e imaxina que o que escoitas é unha pregaria atea dirixida a ti na escuridade por unha voz invisible e perdida nos templos dun amor ritualizado. Escoita como atravesa o silencio ese rumor carnal desesperado que se achega nocturno á túa existencia contaxiando cos seus os teus desexos e penetrando en ti vaise asentando inaudible e fatal nas túas entranas. Poesía última de amor e enfermidade. a Ti, única desde por e para sempre, fagas o que fagas, ou esteas onde esteas para ella, que me reanudou sen dor entre poemas; todo o que podo e o que aínda teño por Ela, Ela e Ela, á miña beira sempre, e eu nelas e a todas Elas, as que foron, son e serán obxecto e causa deste amor que resucita ilimitado. Poesía última de amor e enfermidade VIII Deixaches no meu corpo a túa presencia verquendo o teu encanto nos meus ollos que non se volverán nubrar de bágoas porque apodrecerá máis tempo a nostalxia convertida en cadavre. E imos explorar a xeografía do noso amor eterno correxíndoa sa te abres con dozura novamente ó meu amor ausente e vixiante aceptas que cho entregue e logo vaste camiño do futuro libremente compartida coa túa propia vida e amada para sempre. Xuño 95 Poesía última de amor e enfermidade. Outro poema de amor Eu xa non sentía nada alí deitado e ela tampouco ao velo Preguntouse se o amara algunha vez mentres vía o seu sangue a caer na alfombra que ela, sempre ela, tería que limpar cando o levasen Poemas1981/1991

Upload: biblioteca-ies-poio

Post on 22-Mar-2016

236 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Selección de poemas para os alumnos do IES de POIO

TRANSCRIPT

Page 1: Lois Pereiro - Poemas

XII (Prayer)

Agora pecha os ollos

e imaxina que o que escoitas é unha pregaria atea

dirixida a ti na escuridade por unha voz invisible e perdida

nos templos dun amor ritualizado.

Escoita como atravesa o silencio ese rumor carnal desesperado

que se achega nocturno á túa existencia contaxiando cos seus os teus desexos e penetrando en ti vaise asentando

inaudible e fatal nas túas entranas.

Poesía última de amor e enfermidade.

a Ti, única desde por e para sempre, fagas o que fagas, ou esteas onde esteas

para ella, que me reanudou sen dor entre

poemas; todo o que podo e o que aínda teño

por Ela, Ela e Ela, á miña beira sempre, e eu nelas

e a todas Elas, as que foron, son e serán

obxecto e causa deste amor que resucita ilimitado.

Poesía última de amor e enfermidade

VIII

Deixaches no meu corpo a túa presencia verquendo o teu encanto nos meus ollos que non se volverán nubrar de bágoas

porque apodrecerá máis tempo a nostalxia convertida en cadavre.

E imos explorar a xeografía

do noso amor eterno correxíndoa sa te abres con dozura novamente ó meu amor ausente e vixiante aceptas que cho entregue

e logo vaste

camiño do futuro libremente compartida coa túa propia vida

e amada para sempre. Xuño 95

Poesía última de amor e enfermidade.

Outro poema de amor

Eu xa non sentía nada alí deitado

e ela tampouco ao velo Preguntouse se o amara algunha vez

mentres vía o seu sangue a caer na alfombra que ela, sempre ela, tería que limpar

cando o levasen

Poemas1981/1991

Page 2: Lois Pereiro - Poemas

Corporal (je t´aime...)

Da boca a furia, os dentes:

as armas da paixón que a pel intacta exploran e profanan

Carne de luxo

amor tóxico inxecta

Callado o frío na man e na ferida

formiguea insurxente e cicatriza

entre os peitos posibles doutro trunfo

Pois cada tres segundos dúas pálpebras lubrican

os seus ollos hostiles que non cren.

Poemas 1981/1991

III

Namorado outra vez do amor que levo dentro sede enfurecida dun futuro

esgotou as miñas alternativas levándome dereito cara o impacto: un proxectil conxelado no aire a poucos metros dun corazón frío e agardo o menor signo de calor

para abrir a súa pel e entrar no sangue vencido pola forza do desexo

cegamente e sen medo ó posible desastre.

Xuño, 95.

Poesía última de amor e enfermidade.

Debería rematar este caderno cunha pinga de sangue da que me quitaron hoxe dúas veces ( Non eras un poeta de sangue e semen, e todo iso? Pois disfruta...) Sería unha boa sinatura para todo o que escribín nestas follas que rematan aquí..

3/5/95 (4 AM) Conversa ultramarina

Unha rapaza na barra do bar onde escribo isto pon os ollos en min. É moi consciente da súa beleza, e iso satisfaina. Eu tamén son consciente , e ela sábeo. Tamén a min me satisfai que a súa ollada mo diga, pero aí remata todo o que pode haber de común entre os dous. Non sei se debería cruzar os brazos e observala directamente, a ver...

23/3/95 Conversa ultramarina