literatura galega - usc.es · escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e...

12
Literatura galega María Xesús Nogueira Pereira GUÍA DOCENTE 2018/2019 FACULTADE DE HUMANIDADES DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA

Upload: others

Post on 11-Oct-2019

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

Literatura galega

María Xesús Nogueira Pereira

GUÍA DOCENTE 2018/2019

FACULTADE DE HUMANIDADES

DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA

Page 2: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

ÍNDICE

1. Datos descritivos da materia

2. Obxectivos

3. Competencias

4. Contidos

5. Metodoloxía

6. Avaliación

7. Distribución da carga ECTS

8. Cronograma

Page 3: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

1. Datos descritivos da materia

MATERIA: Literatura Galega

CÓDIGOS: G5101223A

TIPO DE MATERIA E CURSO NO QUE SE IMPARTE: Obrigatoria, 1º cuadrimestre

do 2º curso. Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

HORARIO DA MATERIA:

Martes de 11.00 a 12.30 (aula 12)

Mércores de 17.30 a 19.00 (aula 12)

REQUISITOS: Non se estabelecen requisitos esenciais para a materia

PROFESORA ENCARGADA DA MATERIA: María Xesús Nogueira Pereira

([email protected])

DEPARTAMENTO: Filoloxía Galega

2. Obxectivos

Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da historia da

literatura galega centrado nas súas principais obras, figuras,

movementos e liñas creativas.

Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que

caracterizan a literatura galega nos distintos períodos da súa historia e

as diferenzas a respecto das literaturas do seu contorno.

Proporcionar información complementaria sobre o contexto social,

cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega.

Profundar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais da

literatura galega.

Entender a literatura como unha produción viva e dinámica para

comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no

momento actual.

Page 4: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

3. Competencias

Coñecemento da evolución da literatura galega.

Comprensión das particularidades que caracterizan a creación literaria

galega.

Coñecemento dos textos representativos da literatura galega.

Lectura e análise de textos

Coñecemento das principais claves da literatura galega actual.

Habilidade no uso das novas tecnoloxías.

4. Contidos

TEMARIO:

1. Panorama xeral da literatura galega

2. A literatura medieval

1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros

1.2. O verso

1.3. A prosa

2. A literatura do século XIX

2.1. Contexto e periodización

2.2. Os Séculos Escuros

2.3. O Rexurdimento

3. A literatura dos séculos XX e XXI

3.1. A preguerra

3.2. A guerra e o exilio

3.3. A posguerra

3.4. A democracia

Page 5: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

DESENVOLVEMENTO DO TEMARIO:

Tema 1. A LITERATURA MEDIEVAL OBXECTIVOS:

Contextualizar as primeiras manifestacións da literatura galega escrita.

Comprender as particularidades da literatura galega medieval.

Pór de relevo a importancia da produción medieval.

EPÍGRAFES:

1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa

LECTURAS: Selección de textos distribuída a través da aula virtual.

BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA:

Beltrán, C. (1995). A cantiga de amor. Vigo: Xerais.

Brea, M. / P. Lorenzo Gradín (1998). A cantiga de amigo, Vigo: Xerais.

Lanciani G. / G. Tavani (eds.) (1996). Dicionario da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa: Caminho.

Lanciani G. / G. Tavani (1995). As cantigas de escarnio, Vigo: Xerais.

Oliveira, A. (1995). Resende de, Trobadores e xograres. Contexto histórico,

Vigo: Xerais.

Pena, X. R. (1986): Literatura Galega Medieval, I. A Historia, Barcelona: Sotelo

Blanco.

Tavani, G. (1986). A poesía lírica galego-portuguesa, Vigo: Galaxia.

Page 6: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

Tema 2. A LITERATURA DA IDADE MODERNA E DO SÉCULO XIX

OBXECTIVOS:

Comprender as dinámicas histórico-culturais dos Séculos Escuros.

Comprender o proceso de marxinación ao que se viu sometida a cultura

galega e reflexionar sobre as consecuencias no desenvolvemento da

literatura.

Entender as principais claves do Rexurdimento.

Coñecer as principais manifestacións literarias producidas nestes séculos.

EPÍGRAFES:

2.1. Contexto e periodización

2.2. Os Séculos Escuros

2.3. O Rexurdimento

LECTURAS: Selección de textos distribuída a través da aula virtual. Rosalía de Castro, Follas novas

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

Alonso Montero e outros (eds.). Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o seu tempo”. Santiago: Consello da Cultura Galega.

Carballo Calero, R. (1979). Estudios Rosalianos. Vigo: Galaxia.

Ferreiro, M. (1991). Pondal. Do dandismo á loucura. Compostela: Laiovento.

Forcadela, M. (1995). A poesía de Eduardo Pondal. Vigo: Edicións do Cumio.

Mariño Paz, Ramón (ed.). 2008. Papés d'emprenta condenada : a escrita

galega entre 1797 e 1846. Santiago de Compostela: Consello da Cultura

Galega.

Hermida, M. (1994). Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Vigo: Xerais.

Page 7: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

Tato Fontaíña, L. (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra.

VV. AA. (1986). Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo. Santiago: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago), 3 vols.

Tema 3. A LITERATURA DOS SÉCULOS XX E XXI

OBXECTIVOS:

Comprender os feitos histórico-políticos máis relevantes do período anterior

á Guerra Civil e reflexionar sobre a súa transcendencia.

Entender as consecuencias do levantamento militar, a Guerra Civil e a

Ditadura na cultura galega

Coñecer as manifestacións máis importantes producidas tanto na Galicia

interior como na emigración e no exilio

Comprender as principais claves culturais da posguerra

Coñecer a evolución da literatura galega até os nosos días.

Coñecer os textos fundamentais deste período.

Comprender as claves do sistema literario actual

EPÍGRAFES:

3.1. A preguerra

3.2. A guerra

3.3. A posguerra

3.4. A democracia

LECTURAS:

Escolma de textos distribuída a través da aula virtual

Manuel Antonio, De catro a catro

Eduardo Blanco Amor, A Esmorga

Álvaro Cunqueiro, Si o vello Sinbad volvese ás illas

Page 8: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

Alonso Montero, X. (1991). Luís Pimentel: biografía da súa poesía. Pontevedra: Edicións do Cumio.

Casares, C. (coord.), (1996). Congreso Rafael Dieste. Santiago: Xunta de Galicia.

Casares, C. (coord.) (1996). Congreso Vicente Risco. Santiago: Xunta de Galicia.

Casas, A. (1995). Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego. Vigo: Galaxia.

Forcadela, M. (1993). Manual e escolma da Nova Narrativa Galega. Santiago:

Sotelo Blanco.

Gaspar, S. (1995). “A narración excéntrica (1985-1995)”, Grial 127.

González Gómez, X. (1995). Manifesto das vangardas europeias. Santiago: Laiovento.

González-Millán, X. (1994). Literatura e sociedade en Galicia (1975-90). Vigo:

Xerais.

González-Millán, X. (1996). A narrativa galega actual (1975-1984). Vigo: Xerais.

López Silva, I. e D. Vilavedra (2002). Un abrente teatral. Vigo: Galaxia.

López Casanova, A. (1990). Luís Pimentel e Sombra do aire na herba. Vigo: Galaxia.

Méndez Ferrín, X. L. (1992). De Pondal a Novoneyra. Vigo: Xerais (1ª ed.

1984)

Noia, C. (1992). A Nova Narrativa Galega. Vigo: Galaxia.

Nogueira, M. X. (1997), “Poesía galega dos oitenta”. Boletín Galego de

Literatura 18, 57-84.

Raña, R. (1996). A noite nas palabras. Unha aproximación á poesía galega de

posguerra. Santiago: Sotelo Blanco.

Pena, X. R. (1996), Manuel Antonio e a vangarda. Santiagto: Sotelo Blanco.

Pozo Garza, L. (1996). A bordo de Barco sin luces ou o mundo poético de Luís Pimentel. Barcelona: Sotelo Blanco.

Page 9: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

Rabunhal, H. (1994). Textos e contextos do teatro galego (1671-1936). Santiago: Laiovento.

Requeixo, A. (1996). Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en

galego. Vigo: Edicións do Cumio.

Rodríguez, F. (1993). Eduardo Blanco Amor. O desacougo da nación negada.

Vilaboa: Edicións do Cumio.

Rodríguez Fer, C. (1997). Ánxel Fole. Vida e obra. Vigo: Xerais.

Rosales, M. (1997). A narrativa de Castelao. Santiago: Sotelo Blanco.

Tarrío Varela, A. (1989). Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía. Vigo:

Galaxia.

Tarrío Varela, A. (coord.) (1990). Actas do Simposio Internacional: Otero Pedrayo no panorama literario do século XX. Santiago: Consello da Cultura Galega.

Tato Fontaíña, L. (1995). Teatro e nacionalismo (Ferrol 1917-1936). Santiago: Laiovento.

Vieites, M. (1996). Manual e escolma da literatura dramática galega. Santiago:

Sotelo Blanco.

Vieites, M. (coord.) (1998). Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-95). Vigo:

Xerais.

Vilavedra, D. (2010) A narrativa galga na fini de século. Unha ollada desde

2010. Vigo: Galaxia.

BIBLIOGRAFÍA XERAL: AA. VV., Historia da literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996. Carballo Calero, Ricardo. Historia da literatura galega contemporánea, 1808-

1936. Vigo: Galaxia, 1963 (3ª ed. 1981). Pena, X. R., Historia da literatura galega. I, II e III. Vigo: Xerais, 2013, 2015 e

2016. Tarrío Varela, Anxo. Literatura galega (aportacións a unha historia crítica).

Vigo: Xerais, 1994.

Page 10: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

Vilavedra, Dolores. Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1999. Villanueva Prieto, Darío (coord.). Galicia. Literatura, 6 volumes, A Coruña:

Hércules de Ediciones, 2000-2002. VV.AA. Historia da literatura galega. Vigo: A Nosa Terra, 1996. RECURSOS NA REDE: Base de datos da lírica profana galego-portuguesa (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), www.cirp.es Biblioteca Virtural Galega, www.bvg.udc.es

Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP / Consello da Cultura Galega, www. poesiagalega.org

OBRAS DE LECTURA:

Rosalía de Castro, Follas novas Manuel Antonio, De catro a catro Eduardo Blanco Amor, A esmorga Álvaro Cunqueiro, Si o vello Sinbad volvese ás illas Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual.

5. Metodoloxía As clases expositivas estarán dedicadas á explicación dos contidos centrais da

materia. Apoiaranse en textos e, presentacións en power point e internet.

As sesións de seminario dedicaranse ao traballo con textos das lecturas

obrigatorias.

As titorías programadas dedicaranse a facer un seguimento personalizado do

alumnado.

Page 11: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

Utilizarase a aula creada no Campus Virtual.

Empregarase tamén, como ferramenta de comunicación, un grupo pechado de

Facebook.

A profesora encargará actividades relacionadas cos texto estudados.

Distribuiranse a través da aula virtual e deberan ser enviadas a través desta

nun prazo que se dará a coñecer no seu momento.

6. Avaliación

Na primeira oportunidade, a avaliación levarase a cabo conforme o estabelecido nos seguintes puntos: 1. Asistencia e participación activa do alumnado nas sesións de clase e nos foros da aula virtual e do grupo pechado de Facebook. Para a avaliación esíxese un mínimo dun 80% de asistencia e a nota obtida suporá un 20% da cualificación final. 2. Realización en prazo das actividades propostas a través da aula virtual. A nota deste apartado será a resultante da media da obtida nas actividades encargadas (corrixidas nunha escala de 0 a 3 puntos) e suporá un 30% da cualificación final. 3. Realización dunha proba escrita. Suporá un 50% da cualificación final. As persoas que non poidan asistir á clase por algunha razón xustificada serán avaliados no punto 1 por traballos complementarios acordados coa profesora; a avaliación dos puntos 2 e 3 realizarase conforme os criterios máis arriba indicados. Na segunda oportunidade, o alumnado terá dúas posibilidades: a) Solicitar que se lle manteña a cualificación obtida nos puntos 1 e 2, nas porcentaxes indicadas (sempre que tivese unha asistencia regular e enviase os traballos ao longo do curso nos prazos establecidos), e someterse a unha proba escrita cun valor do 50% da cualificación final. Non se contempla a posibilidade de admitir traballos recibidos fóra de prazo nin tampouco de repetilos unha vez cualificados. b) Realizar unha proba escrita cuxo valor suporá o 100 % da cualificación final. As probas escritas deberán ser realizadas nas datas oficiais sinaladas no calendario de exames e consistirán na elaboración dun ou varios temas a partir dun material de apoio proporcionado pola profesora.

Page 12: Literatura galega - usc.es · Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual. 5. Metodoloxía As clases expositivas estarán

CALENDARIO DE EXAMES

14/01/2019 12.00 aula 15

5/07/2019 16.00 aula 15

7. Distribución da carga ECTS

Sesións expositivas: 24 horas

Sesións de titoría programada: 3 horas

Sesións de avaliación: 3 horas

Horas de traballo dirixido: 21

Horas de traballo autónomo: 75

9. Cronograma

DÍAS TEMAS ACTIVIDADES VIRTUAIS*

11, 12 Introdución

18, 19, 25 e 26 de setembro 2 e 3 de outubro

TEMA 1 A literatura medieval [lectura: escolma aula virtual]

3 de outubro

9, 10, 16, 17, 23 e 24, 30 e 31 de outubro

TEMA 2 A literatura do século XIX [lectura: Follas novas]

31 de outubro

6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro 4, 5, 11 e 12 de decembro

TEMA 3 A literatura dos séculos XX e XXI [lecturas: De catro a catro, A esmorga e Si o vello Sinbad volvese ás illas]

12 de decembro

* Non haberá clase presencial