lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · a época máis importante da lingua galega en...

14
Tarefas de reforzo e recuperación – PMAR Lingua galega PALABRA: unidade lingüística con significante e significado que pode actuar independentemente: persoa, coche, pataca... Clasificables polo seu significado: -Algunhas palabras teñen significado léxico – representan a realidade: saltar, azul, neno... -Outras teñen significado gramatical – actualizan outras palabras ou axudan a unilas: este, con, ou... Clasificables pola súa forma: -Algunhas poden ser variables – cambian a forma con morfemas de xénero, número, persoa, tempo ou modo: neno/a, feliz/felices, salto/saltabas/saltarei... -Outras son invariables – preposicións (a, de...), conxuncións (pero, porque...) e adverbios (hoxe, aquí...). O substantivo Xénero: MASCULINO FEMININO exemplos –o ou –a átonos –a átono Neno/nena –eu –ía Xudeu/xudía –vogal tónica –a Avó/avoa –consoante (non N) –a Titor/titora –ón –oa (forma regular) –ona (derivativo – aumentativo ou despectivo) León/leoa Solteiron/solteirona –án –á (forma regular) –ana (derivativo – aumentativo ou despectivo) Alemán/alemá Testán/testana

Upload: others

Post on 09-May-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Tarefas de reforzo e recuperación – PMAR

Lingua galega

PALABRA: unidade lingüística con significante e significado que pode actuar

independentemente: persoa, coche, pataca...

Clasificables polo seu significado:

-Algunhas palabras teñen significado léxico – representan a realidade: saltar, azul,

neno...

-Outras teñen significado gramatical – actualizan outras palabras ou axudan a

unilas: este, con, ou...

Clasificables pola súa forma:

-Algunhas poden ser variables – cambian a forma con morfemas de xénero,

número, persoa, tempo ou modo: neno/a, feliz/felices, salto/saltabas/saltarei...

-Outras son invariables – preposicións (a, de...), conxuncións (pero, porque...) e

adverbios (hoxe, aquí...).

O substantivo

Xénero:

MASCULINO FEMININO exemplos

–o ou –a átonos –a átono Neno/nena

–eu –ía Xudeu/xudía

–vogal tónica –a Avó/avoa

–consoante (non N) –a Titor/titora

–ón

–oa (forma regular)

–ona (derivativo –

aumentativo ou despectivo)

León/leoa Solteiron/solteirona

–án

–á (forma regular)

–ana (derivativo –

aumentativo ou despectivo)

Alemán/alemá Testán/testana

Page 2: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Número:

SINGULAR FAN PLURAL exemplos

–vogal –ditongo –consoante (distinta de –r, –

z, –l, –s)

Engaden –s Nena/nenas Xersei/xerseis Pasmón/pasmóns

–r ou –z –s agudas

Engaden –es Motor/motores Compás/compases

–s graves ou esdrúxulas –x

Non varían O martes/os martes O fax/os fax

–L

·monosílabas ou graves ·compostas con monosílaba final ·agudas

Engaden –es

·Sol/soles ·Parasol/parasoles ·Animal/animais Engaden -is

Exercicio 1, páxina 13.

notaria – notario cabalo – egua/besta alcaldesa – alcalde

xenro – nora farmacéutico – farmacéutica cónsul – consulesa

actor – actriz tsar – tsarina xuíz – xuíza

xogadora – xogador

Exercicio 4, páxina 13.

urbano – urbana anfitrión – anfitrioa xudeu – xudía

patrón – patroa solteirón – solteirona catalán – catalá

pagán – pagá anglosaxón – anglosaxoa cubano – cubana

charlatán – charlatana ladrón – ladroa

Page 3: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Clasificación semántica dos substantivos

Adxectivo

Os adxectivos son unha clase de palabra que indica características ou propiedades

dos elementos da realidade. Pode ser:

·Explicativos ou epítetos expresan algo que xa se lle supón ao substantivo:

neve branca.

·Especificativos atribúen calidades que non teñen por que ser propias do

substantivo: coche vello.

Graos do adxectivo:

·Positivo o adxectivo sen máis: home alto.

·Comparativo establece comparación entre elementos

Igualdade

tan ... coma ante pronome persoal: é tan alta coma min

tan ... como ante verbo: é tan alta como pensaba

tan ... como/coma no resto: é tan alta como/coma Pepe

Inferioridade e

superioridade

máis/menos ... ca ante pronome persoal: é menos alta ca min

máis/menos ... do que ante verbo: é máis alta do que pensaba

máis/menos... ca/que no resto: é máis alta ca/que Pepe

·Superlativo grao superior do adxectivo. Pode ser:

-Absoluto – un coche rapidísimo / un coche moi rápido.

-Relativo – o “máis ...” dentro dun grupo: o máis alto da clase.

PROPIOS

ABSTRACTOS

NON CONTABLES

INDIVIDUAIS COLECTIVOS

COMÚNS

CONCRETOS

CONTABLES

Page 4: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Exercicio 6, páxina 15.

-Marchaches moito antes ca min do concerto.

-Na miña clase somos tan numerosos coma/como na clase do lado.

-Gústalle máis Matemáticas ca/que Historia.

-O regalo gustoulle máis do que pensamos.

-Nunca pasara tanto frío coma/como na excursión á montaña.

Época medieval

A sociedade vive nun sistema feudal: nobres e vasalos.

O galego é a lingua de Galicia dende o século IX.

No século XII comezan os textos escritos.

Na época medieval o galego é a lingua dominante (compartindo certos usos co latín)

ata o século XV.

A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período

trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época de maior esplendor das nosas letras.

É unha época importante para a literatura.

Destaca a LÍRICA PROFANA, con tres grandes xéneros: amigo, amor, escarnio e

maldizer.

Os trobadores compoñían canción para a corte.

Cantiga de amor

·Voz masculina.

·Aparece a palabra “senhor” (amada).

·Muller perfecta, ideal.

·Amor cortés: namorado = vasalo da senhor.

·Coita de amor: o namorado sofre, pode perder sono e ata morrer de amor.

Page 5: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

PRINCIPAIS RECURSOS DA LÍRICA PROFANA

·Paralelismo – repetición de grupos de palabras, dunha estrutura (sintáctico) ou

dunha idea (semántico) en versos de cobras diferentes.

·Leixaprén – o último verso da primeira cobra é o primeiro da terceira, o último da

segunda é o primeiro da cuarta e así sempre.

·Refrán – verso ou grupo de versos (entre un e tres) repetido despois de cada

cobra. Se as cantigas o teñen chámanse “de refrán”, se non o teñen son “de

mestría”.

·Fiinda – cobra breve ao final da composición. Soe ter carácter conclusivo.

·Ata-fiinda – encabalgamento entre cobras.

·Dobre e mordobre – dobre é a repetición dunha palabra en lugares similares da

composición, o mordobre é similar pero flexionando a palabra (ex. amar – amado).

Recuperación lingua galega

Exercicio 3, páxina 13.

a linguaxe – fem. o costume – masc. a xénese – fem.

o sangue – masc. o cume – masc. a análise – fem.

a ponte – fem. o garaxe – masc. o pesadume – masc.

a cute – fem. a friaxe – fem. o sal – masc.

o labor – masc.

Exercicio 5 da páxina 15.

Poño algún exemplo pero debe poñer cada quen os seus:

Substantivo Adxectivo explicativo Adxectivo especificativo

Lebre rápida vella

Luz brillante azul

Paxaro voador verde

Herba verde seca

Cristal sólido tintado

Chuvia húmida torrencial

Esquema da cantiga de amor – xa está antes, na páxina anterior.

Page 6: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Lengua española

Palabras

Sustantivo designa elementos de la realidad.

Adjetivo designa cualidades.

Verbo expresa acciones, estados o procesos.

Adverbio informa sobre circunstancias.

Preposición enlaza palabras.

Conjunción enlaza grupos sintácticos.

Ejercicio c, página 43.

increíble – increíblemente extraña – extrañamente

plena – plenamente última – últimamente

supuesta – supuestamente

Acentuación

Page 7: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Tilde diacrítica

Ejercicio 2, página 45.

AGUDAS LLANAS ESDRÚJULAS

organización (termina en –n)

remedio carencia diseñando buenos horarios trabajo diario

pongámosle

Page 8: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Semántica

La semántica estudia el significado de las palabras.

Las palabras están formadas por significado y significante: el significante es la

forma (m-e-s-a) y el significado es lo que ese conjunto de fonemas o letras quieren

transmitir.

Todas estas imágenes se

corresponden con el significante

“mesa” pero responden a

realidades distintas. Todas tienen

una serie de características

comunes (superficie plana,

verticalidad, para apoyar cosas,

etc.) denominadas semas. Los

semas son porciones de significado

que, cuando se combinan, dan

lugar a significados completos.

La semántica estudia los semas y los significados.

Relaciones semánticas entre palabras:

·Monosemia un significante + un único significado. Ej.: microbio.

·Polisemia un significante + varios significados. Ej.: cabo.

·Homonimia dos significantes iguales + significados distintos. Ej.: tallo (de planta

/ tallo (de tallar).

·Sinonimia dos significantes + un mismo significado. Ej.: coche / automóvil.

-parcial – los dos significantes significan lo mismo en algunos contextos pero

no en otros.

-total – los dos significantes significan siempre lo mismo exactamente.

·Antonimia dos significantes + dos significados opuestos. Ej.: malo / bueno.

Page 9: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Literatura del Siglo de Oro

El Siglo de Oro es un período del arte español (sobre todo literatura) que abarca los

siglos XVI y parte del XVII (Renacimiento y Barroco).

Contexto histórico:

·Reinado de Carlos I – se continúa con la conquista de América, prosperidad

económica y conflictos políticos.

·Reinado de Felipe II – guerras que suponen pérdidas económicas y coienzo de la

decadencia española – empobrecimiento.

Monarquía

Nobleza

Iglesia

Burguesía

Pueblo (empobrecido)

Renacimiento – corriente artística y cultural surgida del humanismo:

·antropocentismo el hombre es la nueva medida, el centro de todo.

Page 10: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Recuperación lengua española

Ejercicio 4, página 45.

Ejemplo 1: en la primera oración el reportero pregunta algo a la actriz en el momento

en el que esta se va de vacaciones pero lo que pregunta es algo que no se dice. En

la segunda lo que el reportero pregunta a la actriz es precisamente eso: ¿cuándo se

va de vacaciones?

Ejemplo 2: en la primera oración la persona dice que había estado soñando durante

toda la noche pero no explica el sueño. En la segunda, la persona que ha hablado

describió el sueño que tuvo la noche anterior.

Ejemplo 3: en la primera oración alguien ha preguntado por el lugar en el cual

sucedió el accidente. En la segunda, la persona que pregunta algo (no sabemos lo

que pregunta) lo hace en el lugar del accidente.

Ejercicio 6, página 45.

electrodoméstico videojuego fisicoquímico

léxico-semántico hispanoamericano

Ejercicio 2, página 47.

lamento / gemido – sinonimia parcial crujido / chasquido – sinonimia parcial

ignorante / culto – antonimia romo / puntiagudo – antonimia

puntiagudo / afilado – sinonimia parcial terminar / comenzar – antonimia

teórico / práctico – antonimia (complementaria)

Ejercicio 3, página 47.

flaco / delgado – sinonimia parcial. Se puede decir que un objeto es delgado pero no

flaco.

pulcro / limpio – sinonimia parcial. Aplicados a una persona pueden tener

significados distintos.

derecho / diestro – en alguno contextos puede ser total pero en otros no, por lo que

puede decirse que es sinonimia parcial.

fuego / lumbre – sinonimia total. Son intercambiables siempre.

Ejercicio 4.b, página 51.

La primavera es la primera de las estaciones y la más florida, el autor equipara esto

a la edad del ser humano. Así dice que se aproveche la juventud ya que “el tiempo

cubrirá de nieve la hermosa cumbre” (el pelo se pondrá blanco en la vejez). Debe

vivirse el presente y gozar de la juventud.

Page 11: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Xeografía e historia

Estudo da poboación

N.º nacidos vivos nun ano

Taxa de natalidade = x 1000

Poboación total

N.º falecidos nun ano

Taxa de mortalidade = x 1000

Poboación total

N.º de falecidos menores dun ano

Taxa de mortalidade infantil = x 1000

N.º de nacidos vivos nun ano

Taxa de crecemento vexetativo = taxa de natalidade – taxa de mortalidade

Crecemento real = crecemento natural + saldo migratorio

Crecemento real = (n.º nacidos – n.º falecidos) + (n.º inmigrantes – n.º de emigrantes)

Page 12: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Exercicio 3, páxina 27.

a) Verdadeiro.

b) Falso. A maior parte da poboación concéntrase en grandes cidades.

c) Verdadeiro.

d) Falso. Pode ser por este factor, como a cidade de Brasilia, pero pode ser por

outros factores.

A Idade Moderna

A Idade Moderna comeza en Europa a finais do século XV e conclúe a finais do XVIII

coa Revolución industrial e a Revolución francesa.

Características:

·Demografía – Europa recuperábase da crise da peste e aumentaba a

poboación: prosperidade pola man de obra. Medran as cidades e comezan as

migracións transoceánicas.

·Economía – mellorou a produción artesanal (inventos), maior comercio con

novas rutas e aparición do mercantilismo. Desenvolveuse o capitalismo comercial e

financeiro.

·Sociedade – vida máis próspera nas cidades = auxe dos burgueses. Xorde o

humanismo, con novas ideas.

·Política – monarcas autoritarios que crean institucións de goberno para

mandar máis ca os nobres.

Humanismo

O humanismo é un movemento (de todos os ámbitos) baseado nun modo de pensar

arredor da idea de que no centro do universo está o ser humano (feito á imaxe de

Deus).

Características:

·Antropocentrismo – exaltación do ser humano fronte á mentalidade

teocentrista medieval (Deus era o centro).

·Renacemento da cultura e a arte grecolatinas – gusto pola antigüidade de

Grecia e Roma.

·Desenvolvemento da técnica e a ciencia.

·Recoñecemento das linguas vernáculas, xurdidas do latín. Máis xente tivo

acceso á cultura.

O humanismo expandiuse grazas á imprenta, ás academias, aos mecenas e ás

universidades.

Page 13: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Recuperación xeografía e historia

Distribución da poboación

A poboación do mundo concéntrase de forma desigual.

Condicionantes da distribución da poboación

·Condicionantes físicos:

-Relevo.

-Clima.

-Auga e recursos naturais.

-Fertilidade do chan.

·Condicionantes humanos:

-Históricos.

-Económicos.

-Políticos.

Distribución da poboación do mundo

-Zonas máis poboadas: leste e sueste asiático, Europa, costa leste dos Estados

Unidos e puntos de América do Sur, África e Asia.

-Zonas menos poboadas: nozas desérticas ou de estepa de América, África e Asia;

selvas dos trópicos; zonas frías próximas aos polos.

Poboación

Densidade de poboación = = habitantes/ km²

Superficie (km²)

Page 14: Lingua galega - pailebote.files.wordpress.com · A época máis importante da lingua galega en canto a prestixio e uso é o período trobadoresco (séculos XII e XIII). É a época

Ciclos demográficos ao longo da historia:

·Ciclo antigo – dende a Antigüidade ata o século XVIII. Sociedades rurais, taxas de

natalidade altas, mortalidade alta.

·Ciclo de transición – a partir do XVIII hai melloras na calidade de vida grazas aos

avances científios (medicamentos, maquinaria) e á Revolución industrial.

·Ciclo moderno – ao longo do século XX. Baixa a mortalidade pero tamén hai

menos natalidade. Nos países subdesenvolvidos isto aínda non sucedeu.

Exercicio 5, páxina 29.

peste – antigo incorporación da muller ao traballo – mod.

medicamentos – transición fames – antigo

métodos anticonceptivos – moderno avances científicos – transición

modelo de familia extensa – antigo medidas hixiénicas – transición/moderno

Exercicio 4, páxina 35.

Humanismo

O humanismo é un movemento (de todos os ámbitos) baseado nun modo de pensar

arredos da idea de que no centro do universo está o ser humano (feito á imaxe

de Deus).

Características:

·Antropocentrismo – exaltación do ser humano fronte á mentalidade

teocentrista medieval (Deus era o centro).

·Renacemento da cultura e a arte grecolatinas – gusto pola antigüidade de

Grecia e Roma.

·Desenvolvemento da técnica e a ciencia.

·Recoñecemento das linguas vernáculas, xurdidas do latín. Máis xente tivo

acceso á cultura.

O humanismo expandiuse grazas á imprenta, ás academias, aos mecenas e ás

universidades.