libro muller web 3 - cig ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo...

24

Upload: others

Post on 23-Sep-2020

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,
Page 2: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,
Page 3: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

ÍNDICE

Introdución, por Pilar García Negro... 4Recomendacións para o uso dunhalinguaxe non sexista no ensino... 11Termos relacionados coas actitudes sexistas... 19Bibliografía e Marco Normativo... 22Notas... 22

CIG Ensino 2007

Page 4: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

valores funcionais, a semántica, en definiti-va, os que poden ser manipulados pola auto-ridade (in)competente, sempre a beneficiodunha visión social dada, non inocua, e daformatación dun pensamento, unha mentali-dade e unha percepción do papel dos xénerose mais da División Sexual do Traballo queconvén, como dixemos, ao funcionamentodese sistema. Sistema capitalista, discrimi-nante e segregador per se, que non subsisti-ría se as barreiras que el proprio crea fosenradicalmente abolidas. A autoridade (in)com-petente é política, por suposto, e é académi-ca, como reflexo e extensión daquela. Nonprecisamos busca exhaustiva en dicionarios.Só unha ollada-rastrexo superficial xa nospon no camiño de detectarmos graves confu-sións entre denotacións e connotacións, par-ticularmente graves no asunto que nos ocu-pa: a naturalidade con que se dan por obxec-tivas definicións que son resultado mesma-mente dunha discriminación sexista que nonse discute. No seu día, por exemplo, pude-mos ler, nun dicionario galego previsto parapequenos de 7 a 10 anos, a seguinte defini-ción de "home": "animal que pensa e fala";"muller": "femia do home". A ilustraciónacompañante tamén non tiña prezo: home

INTRODUCIÓNPreámbulo necesario

Quizabes necesario, mais non tanto como cha-mar a atención sobre os contidos que a seguir asleitoras - os leitores van ter a ocasión de coñe-ceren e a oportunidade de repararen neles.Realidade que non se nomea, realidade que nonexiste ou existe invisibilizada. Por iso, resultafundamental realizar propostas para mudar epara evitar o sexismo no uso lingüístico, porqueeste é revelador non de perversidades intrínse-cas (o papel terma do que lle poñen, di o refránde noso; mutatis mutandis, a lingua "carga" cofardel que lle impoñan…), senón de determina-cións provenientes da ideoloxía dominante, dunfuncionamento social dado, duns intereses eco-nómicos particulares e, digámolo xa, da pervi-vencia non inocente dunha visión androcéntricae masculinista que non só é atavismo senón ele-mento funcional ao mantemento dun statu quoen que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condiciónsfavorábeis para el proprio.

A lingua, obviamente, non é a culpábel. As for-mas dunha lingua son de por sí acríticas; non asías súas funcións (1). Claro está que son estes

introdución

CIG Ensino 2007

4

Page 5: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

introdución

CIG Ensino 2007

5

vestido, muller espida. A contravención dasmínimas regras non xa históricas senón simples-mente biolóxicas é clamorosa. ¿Qué tal unhadefinición nestes termos: "Muller: animal quepensa, fala e pode parir e aleitar"; "Home:macho da muller"? Desde logo, non sería máischamativa nen menos exacta.

En resumo: a lingua "imprégnase" de todas asadherencias ideolóxico-morais que se lle impo-ñen. A súa plasticidade, a súa flexibilidade fun-cional, permítenos introducir mudanzas que des-monten, nunha dirección igualitarista e anti-segregacionista, todos aqueles significantes quese corresponden a significados connotados, sig-nificados dos que se vai desvendar mesmamentea súa orixe, a súa etioloxía e a súa teleoloxía.Nesta operación, vaise producir, por suposto,unha resemantización, similar, en certos aspec-tos, á que practica con toda a lexitimidade aliteratura, mais, aquí, con intención de naturali-zar social e publica-mente unha outra realidade,un outro modelo de comunicación e de inteli-xencia colectiva. Como ben ensinou Saussure, ovínculo que une o significante ao significado éarbitrario, arbitrario por inmotivado, non porquedependa da caprichosa escolla do falante (2). Deaí a súa mutabilidade, non por vontade indivi-

dual, unilateral, senón por desvendaxe dopreconceito, da discriminación, e por natura-lización social dun(s) outro(s) significante(s)acorde(s) cun pensamento e unha prácticasocial que revelaron ás mulleres e se rebela-ron contra a súa exclusión, contra a súa invi-sibilidade, contra a súa permanente secun-darización, animalización ou cousificación.

Rematemos cun outro exemplo que todo omundo pode advertir. ¿Cantas veces nonteremos lido, estudado ou repetido que aRevolución Francesa consagra o sufraxio uni-versal, que en España non se implanta atémoitos anos máis tarde ou as vicisitudes porque atravesou a súa consecución? Un peque-no detalle: ao sintagma "sufraxio universal"fáltalle, clamorosamente, un adxectivo:"masculino". Daquela, a súa significación his-tórica real sería veraz e saberíamos todos deque estamos a falar: da concesión do direitode voto aos varóns maiores de vinte e un oudezaoito anos, non ás mulleres do mesmotempo e sociedade, cuxa loita xa de vello foiben penalizada e grazas á cal perderon acabeza na guillotina Olympe de Gouges ouMadame Rolland.

Page 6: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

introdución

CIG Ensino 2007

6

A inclusión da muller no universo humanoPorque é xustamente a falsa ecuación humano =masculino / masculino = universal a que subxazen todas as manifestacións lingüísticas sexistas ea que dotou de falsa naturalidade, mais ferreña-mente asentada no uso lingüístico, a discrimina-ción. O adxectivo "público" non ten a culpa, evi-dentemente, de que asociado a "home" significa-se prestixio, status, poder, capacidade de inter-vención…, e asociado a "muller" se fixese equi-valer a "prostituta", isto é, o único espazo, a úni-ca marxe de trato público permitido a unhamuller, xustamente a dependente da demanda edo mercado masculino. Un dos grandes (e aíndanon ben ponderados) méritos da nosa compatrio-ta Rosalía de Castro radica xustamente en rese-mantizar o universo mundo e o universo humanonel, rompendo estereotipos, reasignando o rol eo valor das mulleres, fincando o bisturí en todaa carga, innominada, de segregacións, dupla outripla xornada laboral, sentimentalidade preteri-da ou ofendida… e tantos e tantos outros aspec-tos invisíbeis que ela se preocupou por faceremerxer e por corporeizar literariamente e, polotanto, publicamente (3). Se este aspecto, fulcral,da nosa autora se tivese considerado adecuadamente,teríamos servida en bandexa de prata a posibilidade ea certeza dun cambio lingüístico que fixese xustiza a

unha realidade económica, sociolóxica e psicolóxi-ca onde, mesmamente, as mulleres galegas brilla-ron non pola súa ausencia senón pola carga abusi-va do traballo produtor e reprodutor, por seren, entermos masivos, sostén da casa e da facenda, víti-mas da ausencia masculina, responsábeis de tantasfamilias monoparentais, buscadoras de recursos esolucionadoras de problemas de toda índole.

Que un tal exercicio de visibilización conleveconnotación apoloxética non ten nada deestraño. É o lóxico en todos os procesos his-tóricos de emancipación, que comezan porverbalizaren, por nomearen, o interesada-mente oculto e minusvalorado, como instru-mento verbal e ideolóxico de dominación que onovo paradigma quer denunciar e substituír.

É claramente diglósica a posición das mulleresna sociedade, por utilizarmos a lúcida expresiónde Ninyoles (4), cando se refere á esaxeradadiferenciación que separa a concepción e a ads-crición funcional de mulleres e homes nas nosassociedades. Engadiríamos que non calibramosaínda até que ponto o machismo, como secre-ción e como excipiente da ideoloxía sexista,segue a ser un principio reitor, un principioorganizador do funcionamento social, e non

Page 7: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

introdución

CIG Ensino 2007

7

por rotina ou simples dificuldade de aggiornamen-to de actitudes e condutas, senón, insistimos, pornecesidade consubstancial ao modelo de explota-ción inherente ao capitalismo, un sistema que tanbon proveito tirou do patriarcado e das máis rese-sas fórmulas do tradicionalismo misóxino. Non estáen absoluto caducada a sentenza de Séneca candoestabelecía que aínda que un e outro sexo conco-rran paralelamente á vida social, un naceu paramandar e outro para obedecer… Reflictan sobre oasunto os amigos das compensacións consoladoras,os partidarios das idealizacións, e digan, se se per-mitiren un exercicio de sinceridade, se aceitaríande bon grado a inversión da sentenza senequista, ouben até que ponto estarían (e están) dispostos asobrelevaren un verdadeiro cambio social merecen-te de tal nome, onde, por tanto, non houbese sóigualdade declarativa ou teórica senón exercicio damesma. Talmente a conversión da excepción ennorma ou ben a ruptura dunha norma non escrita,en virtude da cal é tan difícil conceber a inversiónde roles e a súa naturalidade social.

A cuestión gramatical Vaiamos agora ao núcleo da cuestión, á modifi-cabilidade do significante. E… coa gramáticatopamos… Vexamos de esquematizar as variasposibilidades ao noso dispor:

1ª. Seguirmos a utilizar o xenérico masculino,con valor integrador dun feminino implícito.2ª. Feminizar gramaticalmente ao máximo, através dos morfemas correspondentes, os sig-nificantes de forma gramatical masculina.3ª. Adoptarmos, como marcas distintivas dexénero, todas aquelas que gramaticalmenteconten con dualidade morfemática e deixar-mos intactos aqueles significantes que non oprecisaren, por non teren marca morfemáti-ca masculina explícita.

Máis unha vez, comprobamos como a cues-tión non é gramatical, ou non o é en exclusi-va. Explicámonos. As protestas dos partida-rios da primeira opción sinalada, que mesmoabominan do (ab)uso de barras (as/os; os/as,cos substantivos ou adxectivos corresponden-tes) ou critican o entrambilicado e / ou caco-fónico dunha repetición constante dos mes-mos lexemas, en feminino e en masculino,terían máis credibilidade se, con anteriorida-de a esta moda politicamente correcta, setivesen pronunciado sobre a natural e auto-mática exclusión do suxeito feminino noxenérico masculino ou ben sobre a naturali-dade con que se feminizaban gramaticalmen-te nomes de oficios que o estaban sociolóxi-

Page 8: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

introdución

CIG Ensino 2007

8

ca e economicamente. A ninguén dos puristasouvimos protestar porque se falase das gober-nantas dos hoteis (cando, teoricamente, valeríaperfeitamente "as gobernantes"), das dependen-tas que solicita un anuncio, das asistentas oumandadeiras, das xastras, das empregadas defogar, das cuidadoras de nenos ou de vellos, dassecretarias, das "canguros", das au pair… Comotamén non resultaba chamativo falarmos demestras ou pedagogas, mesmamente por serenprofisións feminizadas ou con notábel presenzafeminina, en inicio como extensión dun laboreducativo que se consideraba particularmenteapto (prolongación ou substitución da materni-dade) para as mulleres. Quer dicer: é unhaesmagadora realidade socioeconómica a que dánaturalidade gramatical ao que se consideranatural e acoplado sen discusión ao xénero femi-nino. Tamén non se discutía que "gobernadora"non fose o cargo público, senón a esposa dogobernador; "alcaldesa", a muller do alcalde ouque a "regenta" (que dá titulo a unha das mello-res novelas españolas do XIX, La Regenta, deClarín) fose a muller do "regente" ou "corregido-ra" a muller do "corregidor"…

Como tampouco chama maiormente a atenciónque se "masculinice" o sufixo -ista, para facer

dun modista modisto, contravindo agramati-calmente o significado do morfema, quevale, aínda que remata na vogal -a, parafeminino ou para masculino e cando non seadmitiría que falásemos de "xornalistos","ebanistos" ou "chapistos"… Mais, oh casualida-de!, visto que o da agulla foi un oficio tradicional-mente feminino, cando ascende aos altos cumesdo mercado e do prestixio, masculinízase e precí-sase indicalo claramente, mesmo contravindo aregra gramatical, para identificar claramente oxénero superior do deseñador ou dono da multina-cional correspondente. Igualmente, non chamamaiormente a atención que os insultos varios conque se pode obsequiar a alguén sexan moito máiscontundentes se enunciados en feminino: "mona","burra" (dirixidos, por exemplo, a un árbitro defutebol) ou todos os relacionados coa proxenitorado interfecto, nova mostra de machismo total-mente familiar no uso social, como expresións dotipo "poñer a parir" ou "vaciar" (por "criticar dura-mente" ou extirpar certos órgaos sen os cais se con-sidera que a muller [tota mulier in utero] deixa deser tal!).

A segunda opción apontada tenciona feminizarao máximo e, mesmo, xeneralizar con valor uni-versal a forma feminina. De aí aparecen formas

Page 9: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista no ensino

CIG Ensino 2007

9

como "membras", "xóvenas", "elementas" ou"individuas"… Coido que de novo topamos conagramaticalidade, porque na lingua de noso nonhai o menor inconveniente para marcarmos, através dos determinantes de xénero correspon-dentes, o sexo que interese: "as membros"; "asmulleres a título individual", "os elementosfemininos", "os seres humanos (ou as persoas)de sexo feminino", etc. De por parte, observa-mos nesta tendencia unha certa consideraciónfetichista da lingua, como se ela, por si só,pudese reparar o que está desaxustado e aber-tamente disimétrico na realidade social. Máisunha vez, recordaremos que o significante, enpor si, non pode curar as eivas ou deficienciasdo significado. Aliás, en moitos contextos inte-resará mesmamente non feminizar, por ignorar-mos o sexo do aludido ou referenciado. "¿Quenfoi o "cabrón" que me raiou o auto?"; "¿quen foio estúpido que dixo semellante cousa?"…Nestes, como en tantos exemplos máis, non vaiinteresar negativizar previa, aprioristicamente,o suxeito feminino, mesmamente porque seignora de quen se trata…

Defendemos claramente a terceira opciónapontada. Na dualidade morfemática -o / -a,practicarémola en todos os casos, así como

Page 10: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista no ensino

CIG Ensino 2007

10

naqueles casos doutros sufixos que indiquen cla-ramente masculinidade: médica, maxistrada,advogada, mineira, labrega, mariscadora, xar-dineira, fotógrafa, aparelladora, topógrafa,enxeñeira… e tantos outros.

Non sería preciso en profisións como fiscal, xuíz oualbanel porque o artigo (o/a) e os adxacentespoden marcar perfeitamente o feminino ou o mas-culino.O sufixo -nte é bixenérico: "ela está presen-te", "ela é prudente", a ou o "comparecente", a ouo "interpelante"… Se se popularizou presidenta(cando, en teoría, como practica o portuguésactual, valería a presidente) é, de novo, porqueinteresa marcar a tendencia a facer natural o queaté hai ben pouco era inexistente ou absolutamen-te excepcional.

ConclusiónEn resumo: in medio, virtus. E non por eclecti-cismo, senón por realismo. A lingua marcou esegue a marcar as realidades que nós, as súas eos seus utentes e proprietarias-os, precisamos edesexamos. Nada hai, pois, de estraño en quetoda a formidábel carga de novidade que supóno pensamento e a praxe feminista induzan anecesaria renovación lingüística. Na intelixenciade que ela, esta renovación, por si soa, non vai

conseguir o cambio social a que aspiramos.Que haxa igualdade salarial varóns / mulleres,igualdade de oportunidades no ascenso profisio-nal ou corresponsabilidade masculina na execu-ción das tarefas doméstico-familiares… non vaidepender (só) da feminización gramatical,senón dunha mudanza profunda nas relaciónssociais, no mundo do traballo, na valorizacióndo idem feminino, na non confusión de traballoe emprego… e millenta factores máis. A linguaaxuda, por suposto, xa que, como se dixo supra,nomea e visibiliza realidades, primeiro pasopara calquer tomada de conciencia e calquerreforma ou contestación posíbel. Cando a masamasculina politizada asumir como un proble-ma de flagrante inxustiza, como un caso deendorracismo, toda a lousa de discrimina-cións sofridas polas mulleres, daquela falare-mos con propriedade de cambio real e non sóde cambio nominal. Mais, desde logo, poralgo se empeza…: in principio, verbum. Polapalabra se comeza. E este útil opúsculo que,leitora-leitor, tes nas mans, usa da palabra eda súa modificabilidade, para ben noso, danosa mente e da nosa conduta. Parabéns!

MARÍA PILAR GARCÍA NEGROGALIZA (A Coruña), Xaneiro de 2007.

Page 11: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista no ensino

CIG Ensino 2007

11

RECOMENDACIÓNS PARA O USO DUNHA LIN-GUAXE NON SEXISTA NO ENSINO

Pode a lingua ser sexista?A lingua non é sexista, pero si o pode ser ouso que dela facemos. A lingua é o medio através do cal nos comunicamos, polo tantoreflicte o pensamento colectivo, e con elestamos a transmitir unha grande parte daforma de pensar, sentir e actuar de cadasociedade. A través da linguaxe estamos asu-mindo papeis de xeito consciente e incons-ciente, conformando estereotipos sexistas. Ouso sexista e androcéntrico da lingua é oreflexo dunha cultura sexista e androcén-trica na que se valoran as capacidades efuncións atribuídas aos homes, pero non serecoñece o valor social das capacidades efuncións que se atribúen ás mulleres. Nunmundo en cambio, onde a muller se está aintroducir en novos ámbitos, sobre todo nolaboral, hai unha especie de resistencialingüística a recoñecer o grande númerode actividades desenvolvidas polas mulle-res, e segue a presentarse -a través dunuso lingüístico máis que consolidado- unhaimaxe desvalorizada e subordinada dasmulleres con respecto aos homes.

Page 12: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista no ensino

CIG Ensino 2007

12

En que consiste a linguaxe sexista?A miúdo facemos un uso sexista da linguaxe damaneira máis natural, sen ser conscientes, a tra-vés de formas incorrectas da linguaxe ou daescolla de palabras ou estruturas discriminato-rias, aínda que gramaticalmente correctas.Nomeamos en masculino determinadas profe-sións, ocultando que tamén hai mulleres que asexercen ou que poden optar a exercelas (médi-co, avogado...); dirixímonos en masculino a unpúblico que potencialmente pode ser dos doussexos; nomeamos en feminino profesións quetradicionalmente exerceron as mulleres, como senon for posíbel que as exerzan os homes (enfer-meira, limpadora...); nas comparacións ou mesmoinsultos, utilizamos termos femininos con connota-cións negativas (é un galiña, marica...); En fin, alinguaxe sexista exclúe as mulleres, dificulta a súaidentificación ou asóciaas a valoracións negativas.Este uso da linguaxe é discriminatorio e parcial, eimpón barreiras arbitrarias e inxustas ao desenvol-vemento persoal e colectivo.

Por que e importante que nos centros de ensi-no non usemos una linguaxe sexista?Se nalgún lugar debemos de ter especial coidadocon este tema é nos centros de ensino. Nelesusamos a lingua non só como forma de comuni-

cación; traballamos sobre ela, estudándoa etratando da súa corrección. En ambos oscasos transmitimos tamén valores sociais,tanto cando nos diriximos ao alumnado comocando utilizamos exemplos ou propomosexercicios ou traballos onde aparecen homese mulleres con capacidades e funcións deter-minadas. Se poñemos exemplos onde asmulleres exerzan de electricistas, camionei-ras..., e os homes de coidadores, limpadores...,estamos tamén posibilitando que tanto mullerescomo homes poidan verse reflectidos en novosámbitos dun xeito máis natural.

Que posibilidades temos para non utilizaunha linguaxe non sexita?Hai unha nova realidade que debe ser nome-ada e a lingua debe modificarse e adaptarse.Non é nada novo, é algo que ocorre constan-temente; eis os constantes cambios nos dic-cionarios. E ninguén se estraña tampouco deque determinadas profesións tradicionalmen-te femininas sexan de repente nomeadas enmasculino (Pilar García Negro pon un boexemplo na introdución: modisto; e dentistano ten por que ser unha muller). No camiñocara á igualdade de mulleres e homes, a lingua-xe desempeña un importante papel, e podemos

Page 13: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista no ensino

CIG Ensino 2007

13

nomear a mulleres e homes sen ocultar a nin-guén e sen alterar gravemente as estruturas doidioma. Se somos capaces de facer un uso dalinguaxe adecuado, lograremos representar oxénero das persoas sen discriminacións e repre-sentacións positivas nin negativas. En definiti-va, trocando dos nosos costumes un uso discri-minatorio da linguaxe, cambiaremos a nosaconcepción da realidade. E non debemos esque-cer outra linguaxe: a visual.

Debemos tentar non discriminar a través da lin-guaxe á hora de nomearmos ou escribirmos:

- Cargos e postos- Títulos- Profesións- Categorías- Na documentación: Apontamentos, fichas,circulares...- Nas publicacións: libros, artigos, dípticos,trípticos, cartaces...- Na redacción de problemas ou traballos

As posibilidades que nos ofrece a lingua sonvarias:a) O desdobramento, ou uso de todas asmarcas posíbeis de xénero.

Page 14: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista no ensino

CIG Ensino 2007

14

A gramática posibilítanos en moitos casos usar mar-cas distintivas de xénero. No caso de que os nomesque utilicemos teñan os dous xéneros gramaticais,deberemos facer alusión a ambos, tendo coidadode como os empregamos, xa que ás veces o desdo-bramento supón reiteración, coa consecuenterecarga tanto na fala como na escrita.

Polo xeral, o masculino aparece precedendo ofeminino. Como recomendación xeral, alteraremoseste costume adiantando a mención á muller; asíestaremos a contribuír a modificar os estereotipostradicionais construídos a partir de relacións dedesigualdade entre os colectivos masculino e femi-nino. Non obstante, poderemos xogar co feminino eo masculino en cada ocasión, de xeito que non colo-quemos sempre un xénero antes ca o outro, evitan-do así a xerarquización.

É recomendábel:- As e os avogados colaboradores...- As directoras e directores convocados...- As mulleres e homes poderán subscribirse a...Non é recomendábel:- Os avogados e avogadas colaboradores e cola-boradoras...- Os directores e directoras convocados e convo-cadas...

Page 15: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista no ensino

CIG Ensino 2007

15

- Os homes e mulleres poderán subscribirse a...

Actualmente hai unha tendencia a marcar con morfe-mas de xénero masculino e feminino nomes que, enprincipio, valerían para os dous xéneros; só sería nece-sario antepoñerlles os determinantes masculinos oufemininos. Algúns xa están totalmente asumidos coasdúas marcas de xénero, mentres que outros considé-ranse válidos para os dous. O tempo diranos cal é amellor solución:- fiscal; o / a fiscal; a fiscala- o xuíz; a xuíza- o contrincante; a contrincante- albanel; o / a albanel; a albanela (?)- o mestre; a mestra- a estudante; o estudante- a representate; o representante- o membro; a membro

b) O uso de substantivos abstractos ou colectivos.O emprego do masculino para se referir á cidadaníae á poboación no seu conxunto está a producir unhainvisibilización dunha das dúas metades que a for-man. Ademais, leva a confusión, xa que non se acla-ra se nos estamos a referir á sociedade (compostapor mulleres e homes) ou a un colectivo específicoformado só por homes. Unha solución frecuente é ade utilizar substantivos abstractos ou colectivos

para evitar este problema. Consideramos quenon sempre é unha solución correcta, pois ennon poucos casos cambiamos o sentido dodiscurso. Non é o mesmo, por exemplo, acidadanía que as cidadás e os cidadáns; amocidade que as mozas e os mozos. Noutroscasos, sobre todo cos colectivos, non pareceque se force demasiado a semántica: o pro-fesorado apoiou maioritariamente o cambio;aínda que non sempre: o alumnado que votounestas eleccións...

Recomendamos, polo tanto, prudencia á horade utilizar abstractos e colectivos comoxenéricos para evitar o emprego do masculi-no como termo non marcado ou xenérico.

c) Outros recursos do idiomaÁs veces podemos substituír unha palabra poroutra ou por unha perífrase ou expresión dis-tinta, evitando así o desdobramento xenérico:

É recomendábel: - A representación estudantil- O persoal técnico - O rendemento do ser humano - Quen teña - Quen presente a solicitude

Page 16: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

termos relacionados coas actitudes sexistas

CIG Ensino 2007

16

- Titular da conta - A persoa interesada deberá... Non é recomendábel:- Os delegados de estudantes- Os técnicos- O rendemento do home- Aqueles que teñan ...- O solicitante- O titular da conta- O interesado deberá...

d) Barras e arrobaEmpregaremos a barra cando non atopemos ningunhaoutra posibilidade para que non fique oculta a muller.As barras son axeitadas nos documentos onde non secoñece a persoa que vai facer un trámite: en formula-rios, fichas, solicitudes, contratos, nóminas, sinaturas,cartas, táboas... Cómpre, porén, evitar o uso da arro-ba (@), xa que no plano oral é impronunciábel e non éun signo lingüístico.Exemplos:- A/o interesada/o- A/o demandante- A/o demandada/o- Licenciada/o- Propietaria/o- Director/a- Xefa/e

Page 17: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

termos relacionados coas actitudes sexistas

CIG Ensino 2007

17

- O/A traballador/a- Don/Dona

Cando debemos ter especial coidado para nonutilizar unha linguaxe non sexista?

Nomeando cargos e profesiónsNos últimos anos houbo algúns cambios nos librosde texto en canto á aparición da muller en con-textos e profesións que tradicionalmente se aso-ciaban a homes. E ao revés: homes en contextose profesións que tradicionalmente se considera-ban de mulleres. Aínda así, podemos ollar criti-camente os textos e as imaxes que empregamosno ensino e darémonos conta de que queda moi-to camiño para lograr transmitir que mulleres ehomes teñen, en xeral, as mesmas capacidadese deben, por tanto, ter as mesmas posibilidades.Haberá que deixar de falar de médicos e enfer-meiras. As categorías, os cargos e as titulaciónsdeberán aparecer en feminino e masculino, ten-do en conta a persoa que os posúa, independen-temente de que esta sexa un home ou unhamuller, e haberá que propór exemplos que rom-pan cos esquemas tradicionais. Nomear en mas-culino a unha muller, invisibilízaa e leva consigoambigüidade e discriminación.

Achegamos un listado de profesións e cate-gorías profesionais e as recomendacións parao seu uso:

É recomendábel non é recomnedábel- Almaceneira/o Almaceneiro- Animador/a sociocultural Animador sociocultural- Asegurador/a Asegurador- Auxiliar administrativa/o Auxiliar administrativo- Azafato/a, auxiliar de vo Azafata- Bombeira/o Bombeiro- Caixeiro/a Persoal de

caixa/caixeiro- Camareira/o Camareiro- Camioneiro/a Camioneiro- Capataz/a Capataz- Cartógrafa/o Catógrafo- Catador/a Catador- Chacineira/o Chacineiro- Cobrador/a Cobrador- Cociñeira/o Cociñeira- Comprador/a Comprador- Condutor/a Condutor- Corredor/a Corredor- Costureira/o Costureira- Director/a Director- Empacador/a Empacador- Empregado/a do fogar Empregada do fogar- Encargada/o Encargado- Engraxador/a Engraxador- Enxeñeiros/as técnicos/as Enxeñeiros técnicos

Page 18: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

- Escultor/a Escultor - Facultativo/a Facultativo- Fontaneira/o Fontaneiro- Licenciados/as Licenciados- Limpador/a Limpadora- Mecánica/o Mecánico- Montador/a Montador- Mozo/a especialista Mozo especialista- Operador/a Operador- Orientador/a Orientador- Peoa/peón especializada/o Peón especializado- Perito/a ou Enxeñeiro/a Perito/Enxeñeirotécnico/a técnico- Porteira/o Porteiro- Repartidor/a Repartidor- Socióloga/o Sociólogo- Subalterno/a ou Persoal Subalterno Subalterno-Técnica/o contábel Técnico contábel

Nas formas de tratamentoNos documentos de carácter administrativo(solicitudes, inscricións ou fichas) é frecuente aaparición do masculino precedendo o feminino.Deberemos alterar este costume, xa que nonsabemos se a persoa que fai o trámite é home oumuller, de xeito que contribuímos a modificarestereotipos e relacións de desigualdade.

Recomendamos o emprego dos dous xéneros(feminino e masculino), evitando así o uso das

bibliografía e notas

CIG Ensino 2007

18

barras, ou ben formas que poidan presuporcalquera dos dous sexos.

É recomendábel:- Nome e apelidos- Data de nacemento- Con empadroamento en- Nº documento de identidade- Sinatura- Nai, pai ou representante legalNon é recomendábel:- Don- Nacido en- Empadroado en- Provisto de documento de identidade- O solicitante- Pai ou titor

Page 19: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

CIG Ensino 2007

19

TERMOS RELACIONADOS COAS ACTITUDESSEXISTAS

ANDROCENTRISMO. Enfoque ou visión, desde opunto de vista teórico e do coñecemento, na queos homes son o centro e a medida do mundo edas cousas, ocultando e facendo invisíbel todo odemais, entre outras cousas, as achegas e con-tributos das mulleres á sociedade. Una visiónandrocéntrica presupón que a experiencia mas-culina sería a universal, a principal, a referenciaou representación da humanidade, obviando aexperiencia feminina.ACCIÓN POSITIVA. Estratexias dirixidas a un gru-po social determinado destinadas a estabelecera igualdade de oportunidades por medio demedidas que permitan corrixir aquelas discrimi-nacións que son o resultado de prácticas ou sis-temas sociais, ou compensar as desvantaxesresultantes de actitudes, comportamentos eestruturas existentes.ACOSO SEXUAL. Comprende todo comportamen-to sexual verbal ou físico, non desexado polapersoa acosada, levado a cabo en distintos espa-zos da vida cotiá, aproveitándose dunha situa-ción de superioridade ou compañeirismo e querepercute nas condicións do medio facéndoashostís, intimidatorias e humillantes. O acoso

sexual é unha expresión máis das relaciónsde poder que exercen os homes sobre asmulleres.ANÁLISE DE XÉNERO. Estudo das diferenzasde condicións, necesidades, índices de parti-cipación, acceso aos recursos e desenvolve-mento, control de activos, poder de toma dedecisións, etc., entre homes e mulleres,debidas aos roles que tradicionalmente llesasignaron.COEDUCACIÓN. Tamén chamada educaciónen igualdade, vén a ser unha educación cen-trada nas alumnas e nos alumnos consideran-do a ambos os grupos en igualdade de derei-tos e oportunidades. É un método de inter-vención educativo que vai máis alá da educa-ción mixta asentando as bases no recoñece-mento das potencialidades e individualidadesde rapaces e rapazas, independentementedo seu sexo.DISCRIMINACIÓN DIRECTA. Situación na quese trata a unha persoa (en razón do seu sexo)dun xeito desfavorábel.DISCRIMINACIÓN INDIRECTA. Situación en queunha lei, política ou acción aparentementeneutrais, teñen un impacto desproporciona-damente adverso sobre os membros dun oudoutro xénero.

Page 20: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

CIG Ensino 2007

20

DISCRIMINACIÓN POSITIVA. Medidas dirixidas a ungrupo determinado, coas que se pretende supri-mir e prever unha discriminación ou compensaras desvantaxes resultantes de actitudes, com-portamentos e estruturas existentes.EMPODERAMENTO. Aumento da participación dasmulleres nos procesos de toma de decisións eacceso ao poder. Actualmente esta expresiónimplica tamén outra dimensión: a toma de cons-ciencia do poder que individual e colectivamen-te posúen as mulleres e que ten que ver coarecuperación da propia dignidade das mullerescomo persoas.EQUIDADE. Igualdade no trato. Equivalencia entermos de dereitos, beneficios, obrigas e opor-tunidades.ESTEREOTIPOS. Representacións xeneralizadas eculturalmente aceptadas sobre as funciónssociais e os comportamentos que homes e mulle-res deben amosar.ESPAZO DOMÉSTICO. Identifícase co espazo tradicio-nal das mulleres, un ámbito reprodutivo, un espazo deinactividade produtiva, no cal se leva a cabo a crianzados fillos e fillas, os afectos e o coidado das persoasdependentes.ESPAZO PRIVADO. Refírese ao espazo propio daspersoas, o tempo de lecer afastado do espaciodoméstico e do público. A privacidade é unha

parcela da que disfrutan principalmente oshomes, e no caso das mulleres tradicional-mente tende a confundirse co doméstico,roubándolles ese espazo para si.ESPAZO PÚBLICO. Identifícase co ámbito pro-dutivo, co espazo da actividade, onde tenlugar a vida laboral, social, política e econó-mica. É o lugar onde se colocaron tradicio-nalmente os homes.FEMINIZACIÓN DA POBREZA. Tendencia aoaumento da incidencia e prevalencia dapobreza entre as mulleres.IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. Ausencia detoda barreira sexista para a participacióneconómica, política e social.PARIDADE. Representación equitativa dehomes e de mulleres en todos os ámbitossociais, fundamentalmente nos políticos.POLÍTICAS DE IGUALDADE. Marcos referen-ciais de actuación política que contemplan oprincipio de igualdade de trato, a través daelaboración de estratexias baseadas nodereito das mulleres a seren tratadas comocidadás, propoñen solucións para resolver asdesigualdades por razón de sexo.SEGREGACIÓN HORIZONTAL. Concentraciónde mulleres e de homes en sectores e empre-gos específicos.

Page 21: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

CIG Ensino 2007

21

SEGREGACIÓN VERTICAL. Concentración demulleres e de homes en graos e niveis específi-cos de postos ou responsabilidades.SEXISMO. Conxunto de métodos empregados noseo da sociedade androcéntrica que determinanunha situación de inferioridade, subordinación eexplotación do colectivo feminino ao masculinoSEXO - XÉNERO. O xénero representa as diferen-zas sociais por oposición ás biolóxicas entremulleres e homes (sexo). Estas diferenzas foronaprendidas, mudan co tempo e presentan gran-des variacións tanto entre diversas culturascomo dentro dunha mesma cultura.TEITO DE CRISTAL. Barreira invisíbel resultantedunha complexa trama de estruturas en organi-zacións dominadas polo colectivo masculino, queimpide as mulleres accederen a postos destaca-dos socialmente.TRANSVERSALIDADE. Incorporación do principiode igualdade de oportunidades a todo tipo deproxectos públicos ou privados nos diferentesámbitos: educativo, económico, cultural, políti-co, social...

Page 22: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,

CIG Ensino 2007

22

BIBLIOGRAFÍA E MARCO NORMATIVO

- Silvia Rodríguez Fontán e Mª del Carmen Arias Fariña: Planestratexia marco comunitaria sobre a igualdade entre homese mulleres 2001-2005 (2001): A linguaxe fainos iguais.Proxecto Compás. A.D. Equal Área Metropolitana de Vigo.- Anxos Cancela: "Anegociación colectiva como mecanismo depromoción da igualdade entre homes e mulleres". CIG. 2003- Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galiza (2002):Recomendacións para unha linguaxe non discriminatoria naadministración pública.- Medina Guerra, Antonia M. (2002): Manual del lenguajeadministrativo no sexista. Ayuntamiento de Málaga -"Asociación de estudios históricos sobre la mujer" daUniversidad de Málaga.- Orde do 22 de marzo de 1995, do Ministerio de Educación yCiencia, que adapta a denominación dos títulos académicosoficiais.- Real Decreto 762/1993 sobre modificación do Rexistro Civile a discriminación lingüística nos textos e formularios.- Recomendación do Comité de Membros do Consello deEuropa, do 21 de febreiro de 1990, sobre eliminación dosexismo na linguaxe.- Resolución 109, aprobada pola Conferencia Xeral da Unesco,de 1989.- Resolución 14.1, aprobada pola Conferencia Xeral da UNES-CO, de 1987.-Servizo de Linguas e Documentos da UNESCO(1991): Guidelines on non-sexist language (Recomendaciónspara un uso non sexista da linguaxe).

NOTAS

(1) "As formas dunha língua son capaces de se adaptar atodo tipo de evolucións; non hai incapacidade intrínsecaen nengunha língua para servir a calquer cámbio sócio-cultural: sempre está disponíbel ás variacións funcionais.Isto é o que quer dicer que as formas dunha língua sonacríticas" (Francisco Rodríguez: Conflito lingüístico e ide-oloxia na Galiza, ed. Laiovento, Santiago de Compostela,4ª edición, 1998, páx.23).

(2) Vid. a magnífica tradución á nosa lingua do Curso deLingüística Xeral, de Ferdinand de Saussure, realizada porXosé Manuel Sánchez Rei (Ed. Laiovento, Santiago deCompostela, 2005).

(3) Vid. "Estudo introdutorio" da edición de El caballerode las botas azules, "Lieders", "Las literatas", de Rosalíade Castro, da nosa autoría (Ed. Sotelo Blanco, Santiagode Compostela, 2006), así como o corpo de notas, deCelia María Armas García.

(4) Vid. Idioma e poder social, de Rafael Ninyoles (Ed.Laiovento, Santiago de Compostela, 2005).

Page 23: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,
Page 24: Libro muller web 3 - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · en que as mulleres deben seguir sendo discrimi-nadas a fin de o sistema rodar en condicións favorábeis para el proprio. A lingua,