letras galegas 2013
TRANSCRIPT
Escolma de poemas
A chegada do romeiro
Empeza unha noite fría,
chuvia, lóstregos e vento,
e un camiñante que intenta
loitar contra os elementos
para chegar a un castelo
no que pedirá sustento.
É o castelo do Sobroso,
do conde don Fiz Sarmiento. Manrique Fernández Vázquez
Falo coa miña lingua irada, coa rabia da brétema nos olloscoas palabras-farrapos culpantes de tanto ladroízo, coas bágoas, o ferro, o veleno, a auga turba, a lama dos pozos sen peitoril nin dono, a fereza dos cazadores doutrora -os que amansaban falcón e miñatos- coa fala dos saqueadores de airexas, a lingua maldita dos asasinos, dos saltadores de camiños, de tódolos bandoleiros sen perdón e dos guerreiros mercenarios, a fala muda dos pobres de pedir e dos guerreiros mercenarios, a fala muda dos pobres de pedir e dos cás escorrentados da lareira. Falo coa miña fala vagabunda, cos berros das mulleres no parto, coa voz de cada condenado diste mundo, de cada exiliado da vida.
PILAR CIBREIRO
NICOLÁS
CALOFRÍO
Envolto na grosa negrura nocturna
da rúa deserta
e sen embargo
como se todo me escrutase curuxento.
Nin pechando os ollos
ser quen de atopar un agocho trala nada.
Isidro Novo
Martín Reguengo
HG6TYHGTYGFTGF.
O sol aos pes de Cristo morto
reza unha lenta salve encol das lousas frías,
e as lampariñas tecen douradas letanías
de penumbras e luz, de fe e de recordo.
Elena Alonso
Negra sombra
Cando penso que te fuches,
Negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezais,
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
No mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan,es ti que cantas,
si choran,es ti que choras,
i es o marmurio do río,
i es a noite,i es a aurora..
En todo estás e ti es todo,
pra min i en mi mesma moras,
nin me abandonaras nunca,
sombra que sempre me asombras
Poema de Rosalía de Castro
Noelia
Alba María
¡LEVÁDEME!
Remuíños de vento¡Levádeme con vos!como o voo dun merlo que non ven os meus ollos cansos.
Remuíños de vento¡Levádeme con vos!e facédeme ver o sinxelo.
Valentín Estevez RialPABLO BLANCO
A lúaA SEÑORA LÚA
INDA ESTÁ SOLTEIRA
¡A SEÑORA LÚA,A LÚA LUEIRA!
A LÚA LUEIRA,A SEÑORA LÚA:
¡TEN GANA DE TROULAE QUERE IR DE RÚA!
¡E QUERE IR DE RUA,DE TROULA IR QUERÍA.QUE SENTE MORRIÑA
E MELANCOLÍA!
A SEÑORA LÚA,A LÚA RUEIRA,
COMO ANDA DE NOITE,SEMPRE ESTÁ TRISTEIRA.
SEMPRE CON TRISTURAE MELANCOLÍA
QUE ANDA POLA NOITEE DORME DE DÍA.
Autor : Manuel María
JAVIER BABARRO SALGADO 5ºA Nº5