letras galegas 2012

2

Click here to load reader

Upload: rebeca-blanco

Post on 09-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

FOLLETO LETRAS GALEGAS

TRANSCRIPT

Page 1: LETRAS GALEGAS 2012

Equipo de D. L. CEIP O RAMO Equipo Biblioteca

Valentín Paz Andrade(Pontevedra,1898-Vigo,1987)

Home polifacético: xurista, político, galeguista, empresario, ensaísta e poeta. Comezou a interesarse pola literatura en 1916. A súa única nove-la foi Soldado na sombra(1921), inacabada e inédita.

Iniciouse no movemento galeguista da man de Castelao, do que foi ad-mirador, amigo e quen máis influíu na súa obra. Foi desterrado durante as primeiras décadas da ditadura e detido varias veces por axudar a fuxir a intelectuais galeguistas.

Promoveu xornais como Galicia e El pueblo gallego. Colaborou en revis-tas como Grial, O ensino, e Outeiro, con artigos arredor da figura de Castelao; e en Industria conserveira, El País e La Vanguardia con artigos económicos e políticos.

Foi impulsor da primeira multinacional galega, PESCANOVA, da que foi vicepresidente dende 1960 . O seu fillo, Alfonso Paz Andrade é consellei-ro de Pescanova e o actual vicepresidente de Novacaixagalicia.

Como poeta, formou parte da Xeneración do 25.

Foi membro da Real Academia Galega, e ao longo da súa vida obtivo nu-merosos premios e distincións, entre os que destacan A Medalla a Caste-lao(1984), a Medalla ao Mérito Social Marítimo(1984) e a Medalla de Ou-ro da Cidade de Vigo(1986), entre outros.

Algunhas das súas obras máis salientables son: Castelao na luz e na

sombra (ensaio, 1982), Pranto Matricial (poesía, 1954), e a novela xa citada.

Adícaselle este ano o Día das Letras Galegas por saber plasmar o seu forte compromiso co país en diversas facetas, tanto no ámbito político, empresarial como literario.

A Real Academia Galega adica o día 17 de maio de cada ano a unha figura senlleira da nosa cultura. Este ano está adicado a un autor polifacético: Valentín Paz Andrade. Neste folleto tedes un resumo da súa vida e obra. A súa produción está escrita para adultos; por iso adxuntámosvos outros libros en galego que pensamos poden ser do voso agrado. (Estes e outros títulos estarán á vosa disposición durante o mes de maio na mesa que a biblio ten na entrada do Colexio)

Page 2: LETRAS GALEGAS 2012

“Mamá, ti si que

me entendes”

Autor:Teresa Moure

Editorial:Galaxia

Conta a simpática voz dun meniño acabado de nacer que nada máis ver á súa nai dáse conta que eles dous anse entender ben.

“Crocodilo namorado”

Autora:Daniela Ku-lot-Frisch

Editorial:Faktoría K

Crocodilo está na-morado de Xirafa, pero non sabe que inventar para que ela se decate que el

existe, xa que nunca mira para abaixo.

LECTORES AUTÓNOMOSLECTORES AUTÓNOMOSLECTORES AUTÓNOMOSLECTORES AUTÓNOMOS

“Parece unha

rosa”

Autora:Rosalía de Castro

Editorial:Espiral Maior

Álbum que ilus-tra a primeira parte do poema “Vente, rapasa” de Rosalía de C. do seu libro “Cantares Galegos”.

“O pirata Metepata”

Autor:Toño Núñez

Editorial:Baía Edi-cións

Conta a historia do capitán Pene-que que, tras vivir

mil e unha aventuras polos mares máis peligrosos do planeta, ten que enfrentarse ao pirata Metepata.

LECTORES EXPERTOSLECTORES EXPERTOSLECTORES EXPERTOSLECTORES EXPERTOS

“Do A ao Z...con Rosalía”

Autora:Ana Mª Fernández Editorial:Everest Conxunto de poemas que, seguindo unha orde alfabética, recolle palabras chave de Rosalía para facelas revivir en versos novos.

“O segredo do alicornio”

Autor:Hergè Editorial:Juventud Unha das aventuras máis famosas do reporteiro Tíntín, que percorre o mundo enteiro na compaña do seu can Milú.

PRIMEIROS LECTORESPRIMEIROS LECTORESPRIMEIROS LECTORESPRIMEIROS LECTORES