len gal_3 eso_adaptacion curricular

15

Click here to load reader

Upload: lodoitodito

Post on 07-Dec-2015

24 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

lingua galega

TRANSCRIPT

Page 1: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

© Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 P R O G R A M A C I Ó N D A U N I D A D E

Conceptos� A narración.

� Os personaxes, o tempo e o espazo.

� O substantivo e as súas clases.

� Xénero e número do substantivo.

� O artigo.

� Sílaba tónica e sílaba átona.

Procedementos� Lectura de textos narrativos.

� Recoñecemento dos elementos e as partes da narración.

� Recoñecemento, análise e clasificación de substantivos.

� Segmentación de palabras.

Actitudes� Interese pola narración de historias.

� Valoración das achegas de diversasculturas.

Obxectivos

� Ler e comprender textos literarios e non literarios.

� Recoñecer os elementos da narración nos textos dados.

� Analizar os elementos estruturais propios das narraciónsliterarias.

� Recoñecer substantivos e diferenciar as súas clases.

� Coñecer as regras básicas de formación de xénero e número, e os procedementos para outros casos.

� Coñecer a función do artigo, e as formas dos artigosdeterminados e indeterminados.

� Recoñecer as sílabas dunha palabra diferenciando entresílaba tónica e sílabas átonas.

Criterios de avaliación

� Comprender textos tanto literarios coma non literarios.

� Identificar os elementos da narración.

� Identificar personaxes en narracións literarias e clasificalossegundo sexan protagonistas ou secundarios.

� Identificar substantivos nos textos e clasificalos de acordocos criterios dados.

� Escribir oracións cambiando de xénero e número os substantivos.

� Recoñecer os artigos que correspondan a unha serie dadade substantivos.

� Separar palabras en sílabas e identificar a sílaba tónica.

Contidos

COMPETENCIAS BÁSICAS

1. Competencia en comunicación lingüística

ACTIVIDADES

1.4. Utilizar activa e efectivamente códigos e habilidades lingüísticas e non lingüísticas, e as regras propias do intercambiocomunicativo en diferentes situacións.

1.6. Buscar, recompilar e procesar información.

1.7. Comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos con intencións comunicativas diversas.

1.13. Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras do funcionamento da linguaxe do sistema da lingua.

4.1. Comprender e integrar a información nos esquemas previos de coñecemento.

6.3. Coñecer, de maneira básica, as principais técnicas, recursos e convencións das diferentes linguaxes artísticas, así comodas obras e manifestacións sobranceiras do patrimonio cultural.

6.9. Cultivar a propia capacidade estética e creativa.

6. Competencia cultural e artística

7.4. Sentir curiosidade por formularse preguntas, identificar e manexar a diversidade de respostas posibles diante dunhamesma situación ou problema utilizando diversas estratexias e metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións,racional e criticamente, coa información dispoñible.

7. Competencia para aprender a aprender

4. Tratamento da información e competencia dixital

6.1, 6.6

E.2

1.1-1.5, 2.1, 2.3, 3.1, 3.2, 3.4, 4.6, 4.7, E.1, E.7

4.1-4.7, 5.1-5.5, 6.1-6.6, E.3-E.6

E.2

1.3, 2.1, 2.2, 2.4, 3.5, E.2

3.6, E.7

3.3, 3.4

Page 2: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 ESCOITAR E FALAR. LER E ESCRIBIR ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 1. Comprensión lectora

O dilema do CaliEmbívicus é un deses lugares, nin moi grandes nin moi

pequenos, que teñen de todo e non posúen nada. O úni-co que perturba a paz do lugar é a vella contenda quemantén con Figueiras. Ninguén sabe de onde arrinca,o certo é que se perde na memoria do tempo. Algúnsaseguran que a vila veciña foi fundada por unha familiade Embívicus, expulsada da comunidade por ladroar, deaí a tal manía histórica. Porén non existen documentosque poidan probalo e o rancor segue rulando como apedra dun muíño, sempre con idénticas voltas e senmoverse do sitio. Ao Cali esta pugna espertáballe o maxíne parecíalle fabulosa porque crebaba a monotonía dosdías repetidos. Desde o xoves, as cousas ían coller outrocariz e os amigos non tardarían en caer na conta de quealgo estraño acontecía no seu interior.

Despois de coñecer á Susana vírono chegar entrecontento e ensimesmado. Presa dalgún misterioso feiti-zo. Dándolle pancadas a tres ou catro pedras ao tempo,saltando e rindo sen razón, gastando bromas sen moitagraza. Como impaciente e nervioso. Quique e mais o Peroolláronse entre eles cun aceno significativo, pensandoque algunha badocada lle calara o coco e que alguénlle botara o mal de ollo, ou algún feitizo, porque coschurris nunca se sabe.

—Non beberías da Fonte do Mouro? —preguntoulleo Rafa, que é un papán e cre ao dereito o que din as lendasdas beberaxes de embruxar, dos filtros de amor e outrastolerías semellantes.

Como esta lenda da Fonte do Mouro, da que aseguranque foi bendicida por un bispo herexe e desde entón aquen toma as súas augas cámbialle o carácter e entolece.Pero o maleficio non produce efecto nos figueireses por-que o tal bispo tamén os mollou co hisopo inmunizándoospolos séculos dos séculos. Amén.

—Non digas parvadas —retrucoulle Cali—, non bebínda Fonte do Mouro, pero tampouco me pon medo facelo.Esa lenda inventárona os de Figueiras para que ninguénlles quite a auga nos meses da seca…

—Onde estiveches todo este tempo? —quixo saberQuique.

—Se eu vos contase…!

Vaia dilema. O Cali estaba desexando darlle renda soltaá historia da Susana, mais, en verdade, é que non tiña ungrande argumento. A simple anécdota dun encontro emais a conciencia de se parecer á rapaza dos seus soños,non ía ser ben interpretada pola panda. Porque, como xus-tificar agora as mentiras que fora tecendo? Por outra ban-da, non podería gardar un segredo tan importante duran-te moito tempo.

Xosé Antonio Perozo O enigma de Embívicus, La Voz de Galicia (Adaptación)

� Le o texto O dile-ma do Cali e contes-ta as cuestións:

� Como é a cidadede Embívicus?

� Por que están en-frontados os de Em-bívicus contra os deFigueiras?

� Por que lle gus-taba ao Cali que asdúas cidades estive-sen enfrontadas?

� Que pensaba Cali da lenda da Fonte da Moura?

� Por que o narrador nos di que Rafa é un papán?

� Cal é o dilema do Cali?

� Quen nos está a contar esta historia do dilema doCali? Xustifica a túa resposta.

a) O propio protagonista.

b) Quique, un dos amigos da panda.

c) Un narrador en terceira persoa.

d) Susana, a rapaza que coñeceu o Cali.

� Neste fragmento da novela de Xosé AntonioPerozo aparecen varios personaxes. Enuméraos edescríbeos brevemente.

� Conta coas túas propias palabras a lenda da Fontedo Mouro.

Page 3: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

© Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 ESCOITAR E FALAR. LER E ESCRIBIR ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 1. Comprensión lectora

� A continuación respóndense as preguntas sobre a lectura:

� Embívicus é unha cidade tranquila, nin moi grande nin moi pequena.

� Non se sabe por que razón están enfrontados os habitantes de Embívicus e mais os de Figueiras, é algoque xa vén de hai tanto tempo que ninguén o lembra.

� A Cali gustáballe este enfrontamento entre as cidades porque se puña a imaxinar e así rompía a mono-tonía dos días.

� Cali pensaba que a lenda da Fonte da Moura era unha invención dos de Figueiras para que ninguén llesquitase a auga nos meses da seca.

� O narrador pensa que Rafa é un papán porque cre sen dubidar todo o que din as lendas.

� O dilema de Cali xira arredor de Susana. Cali quere contar toda a historia de Susana, mais a súa panda nonía interpretala moi ben. Ademais, non lle sería doado explicarlles todas as mentiras que fora encadeando.

� De reparar nos verbos e comprobar que están a en terceira persoa, agás os que pertencen ao diálogo doprotagonista, dedúcese que a resposta correcta é a c) Un narrador en terceira persoa.

� Os personaxes que aparecen son Cali, Susana, Quique, Pero e mais o Rafa. Apenas se describen estes per-sonaxes no fragmento, mais cos datos que dá damos en pensar o seguinte:

� Cali é un rapaz soñador e alegre mais tamén un pouquiño introvertido.

� Susana é unha nena moi semellante á rapaza dos soños de Cali.

� Quique e Pero son dous membros da panda que parecen espelidos porque se decatan de que algo lleacontecía a Cali.

� Rafa é un rapaz inocentón ao que non lle custa traballo crer todo o que din as lendas.

� RESPOSTA LIBRE.

So luc ionar io

Page 4: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 COMUNICACIÓN ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 2. As modalidades textuais (I). A narración

� Completa os ocos do seguinte texto coas palabras do cadro e escribe á dereita as partes desta narración.

A viaxe de LitoEste é o ____________ da primeira viaxe que o meu amigo Lito fixo á Coruña. Foi alá

polo 1970, cando el acababa de cumprir os dez anos. Seus pais prometéranlle a viaxe seaprobaba o curso con boas notas.

Lito, coa ilusión da viaxe, non pegou ollo en toda a noite. Era a primeira vez que ía á____________, ademais vería o mar bater bravamente nas rochas de Punta Herminia,preto da Torre de Hércules. Coas présas e co querer chegar canto antes, apenas almorzou.

Logo dunha hora de viaxe en tren chegaron á estación de San Cristovo. Alí mesmocolleron un ____________ que os levou directamente ata a Torre. Alí estaba, fincada comoun xigante contemplando e dirixíndoo todo. Aos seus pés había un ____________esculpindo unha cruz. ____________ polo seu traballo xa que el quería ser escultor.

Cando saíu do ____________ decatouse de que perdera de vista a seus pais. Foicorrendo ata a entrada da Torre, pero soamente atopou ao garda. Preguntoulle polos pais,pero non sabía nada. Baixou a toda présa cara á parada do autobús, pero tampoucoestaban alí. A súa ____________ ía en aumento. E agora como volvería á casa. Non____________ a ninguén na cidade; non tiña cartos…

Pasou toda unha hora dun sitio para outro preguntando polos seus pais. Cando asbágoas deitaban polas súas __________ e xa pensaba en acudir á policía, alguén pousouenerxicamente a man sobre o seu ombreiro. Era seu pai. Todo quedou nun susto.

� Cales son os elementos da narración da actividade 1?

� De que trata a historia que acabas de ler?

� A primeira visita de Lito á cidade está narrada en primeira ou en terceira persoa? Xustifica a túa resposta.

� A narración é un tipo de texto onde un narrador conta unha historia que lles acontecea uns personaxes nun espazo e nun tempo determinados.

� O narrador pode contar a historia en primeira ou en terceira persoa.

� A narración estrutúrase en tres partes:

� � Presentación. O principio da narración, onde se presentan os personaxes, o tempoe o espazo.

� � Nó. A parte central, na que se conta o que lles acontece aos personaxes.

� � Desenlace. O final da historia.

Os personaxes son O lugar é O tempo é

desesperación relato cidade interesouse coñecía autobús canteiro meixelas obradoiro

Page 5: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

© Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 COMUNICACIÓN ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 2. As modalidades textuais (I). A narración

So luc ionar io� A resposta a este exercicio preséntase a seguir:

A viaxe de LitoEste é o relato da primeira viaxe que o meu amigo Lito fixo á Coruña. Foi alá polo 1970,

cando el acababa de cumprir os dez anos. Seus pais prometéranlle a viaxe se aprobaba ocurso con boas notas.

Lito, coa ilusión da viaxe, non pegou ollo en toda a noite. Era a primeira vez que ía ácidade, ademais vería o mar bater bravamente nas rochas de Punta Herminia, preto daTorre de Hércules. Coas présas e co querer chegar canto antes, apenas almorzou.

Logo dunha hora de viaxe en tren chegaron á estación de San Cristovo. Alí mesmocolleron un autobús que os levou directamente ata a Torre. Alí estaba, fincada como unxigante contemplando e dirixíndoo todo. Aos seus pés había un canteiro esculpindo unhacruz. Interesouse polo seu traballo xa que el quería ser escultor.

Cando saíu do obradoiro decatouse de que perdera de vista a seus pais. Foi correndo ataa entrada da Torre, pero soamente atopou ao garda. Preguntoulle polos pais, pero nonsabía nada. Baixou a toda présa cara á parada do autobús, pero tampouco estaban alí.A súa desesperación ía en aumento. E agora como volvería á casa. Non coñecía a ninguénna cidade; non tiña cartos…

Pasou toda unha hora dun sitio para outro preguntando polos seus pais. Cando asbágoas deitaban polas súas meixelas e xa pensaba en acudir á policía, alguén pousouenerxicamente a man sobre o seu ombreiro. Era seu pai. Todo quedou nun susto.

� As respostas as cuestións formuladas aparecen no seguinte cadro.

� A historia trata da primeira viaxe de Lito, un amigo do narrador, á cidade da Coruña, onde visitou a Torre deHércules.

� A historia está narrada en primeira persoa. Podémolo saber pola presenza do adxectivo posesivo meu naprimeira oración do texto: «que o meu amigo Lito».

Presentación

Os personaxes son

Os personaxes son Lito, seus pais e mais o canteiro.

O lugar é

O lugar é a Torre de Hércules, na Coruña.

O tempo é

O tempo é o ano 1970.

Desenlace

Page 6: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 COMUNICACIÓN ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 3. As modalidades textuais (I). A narración

O xogo da guerraBotaron a sortes e tocoume a min. Eu penso que fixeron

trampa, pero calei. Díxome o Rata: «Vai». Eu non quería ir,digo a verdade. Pero cando o Rata dicía vai, había que ir. ORata estaba tolo, segundo a miña nai. Pero eu penso quenon estaba tolo, que era atravesado e de mala lei. «Vai»,dixo outra vez. E fun. A casa de don Domingo quedabalonxe. Algo así como a dous quilómetros. Tiven que dar unrodeo para non pasar por diante da zapatería de meu pai.Pensei: «Escapo para a casa e xa está». Pero collín medo.Ademais ía calor e na casa no verán non se para coasmoscas. Cheguei ao chalé de don Domingo e berrei:

—Zalo…!

Cando apareceu, de seguida me dei conta de que viñade durmir a sesta. Díxome: «Que pasa?» Eu díxenlle: «ORata agárdate no río. Cazou unha bolboreta moi bonita.Di que vaias, que cha dá para a colección». O Zalo era tolopolas bolboretas. E o Rata, que cabrón, como lle sabía dargusto á xente.

—Onde está o Rata?

—No Campo da Bomba.

Saímos correndo. Cando chegamos, o Rata estaba ba-ñándose no río. Ao nos ver, saíu. Mirou ao Zalo con cara deatravesado e díxolle: «Ola, queres a bolboreta?» O Zalovolveuse cara a min como preguntando. A verdade, eunon quería. O rata asubiou e entre todos botáronse aoZalo. Espírono e atárono a un amieiro. O Zalo choraba e amin déronme ganas de chorar. Iso non se lle fai a ninguéne menos a traizón. O Rata chuspiulle alí, naquel sitio, echamoulle caguetas. «Non se chora», dixo.

Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e polabarriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min.Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así,como mira el, e collín o vimbio. «Veña». Díxenlle que non.«Mira, Rafael, que che tocou en sortes». Díxenlle que non.«Mira, Rafael, que te imos atar a ti». «Non».

«Mira, Rafael, que non me enchas». «Mira, Rafael…»Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai. Agarreio vimbio e funme cara ao Zalo. Eu non quería, ben o sabedeus. E deille no pescozo. Os outros berraron: «Máis!»Trinquei os dentes e sentín que me baixaban as bágoaspolos ollos e que non vía. E deille nas pernas, nos ombros,na cara , no peito.

Carlos CasaresVento ferido, Galaxia (Adaptación)

� Le o texto de Carlos Casares e contesta as seguintespreguntas:

� Quen nos conta a historia?

� Quen é o personaxe principal?

� Cales son os personaxes secundarios?

� Que relación existe entre os distintos personaxes?

� Cando acontecen os feitos?

� Onde se desenvolve a historia?

� Por que cres que «o Rata» actuou dese xeito?

� Como reaccionarías ti ante unha situación seme-llante á de Rafael?

� Consideras que o alcume «o Rata» é apropiadopara ese personaxe?

� O texto que acabas de ler, é narrativo? Xustifica atúa resposta.

� Escribe unha historia na que ti sexas o protago-nista e dous amigos teus participen como personaxessecundarios. Antes de escribir, completa os datos bá-sicos da historia que vas redactar.

Personaxes principais�

Personaxes secundarios�

Espazo / s�

Tempo�

� Os personaxes son os que experimentan os feitos que acontecen na historia.

� Segundo a súa importancia, poden ser principais —ou protagonistas— e secundarios.

Page 7: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

© Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 COMUNICACIÓN ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 3. As modalidades textuais (I). A narración

� As respostas ás preguntas formuladas son as seguintes:

� A historia cóntaa Rafael en primeira persoa.

� O personaxe principal é Rafael.

� Os personaxes secundarios son o Rata e mais o Zalo.

� Os personaxes todos son mozos que se coñecen por viviren no mesmo lugar.

� Os feitos acontecen no verán.

� A historia desenvólvese no Campo da Bomba.

� RESPOSTA LIBRE.

� RESPOSTA LIBRE.

� RESPOSTA LIBRE.

� Si, é un texto narrativo, porque nel un narrador —neste caso o propio protagonista— conta unha historiaque lles sucede a uns personaxes nun tempo e nun espazo determinados. Ademais, pode engadirse quepresenta a estrutura típica da narración con presentación, nó e desenlace.

� RESPOSTA LIBRE.

So luc ionar io

Page 8: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 FUNCIONAMENTO DA LINGUA ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 4. O substantivo

� Clasifica os substantivos do recadro segundo o tipo de realidade que representan.

� Emparella os substantivos abstractos cos substantivos concretos que lles correspondan:

� Agora escribe o substantivo abstracto que se corresponda con cada adxectivo.

� Indica o substantivo individual que lle corresponde a cada un dos seguintes colectivos.

souto� castiñeiro arquipélago�semana � esqueleto �rabaño � biblioteca �carballeira � léxico �

� Emparella cada substantivo común co propio quelle corresponda.

� Escribe unha relación dos topónimos (nomespropios de lugar) máis próximos a localidade ondevives.

� Escribe, cando menos, seis antropónimos (nomespropios de persoa) de entre todos os dos teuscompañeiros e compañeiras de clase.

� Os substantivos son unha clase de palabras que se emprega para nomear os seresvivos, os obxectos e as ideas.

� Adoitamos clasificar os substantivos atendendo a distintos criterios:

� � Os substantivos comúns refírense a calquera ser ou obxecto con trazos comúns(rapaza, cidade); e os propios son os nomes de persoas e lugares (Uxía, Ourense).

� � Os substantivos concretos designan seres ou cousas perceptibles polos sentidos(casa, zoco); e os abstractos, ideas ou conceptos (amor, beleza).

Adxectivos

branco

doce

Substantivos Adxectivos

intelixente

bo

Substantivos Adxectivos

sincero

fermoso

Substantivos

río

monte

ría

serra

vila

illa

cabo

Pindo

Miño

O Courel

Combarro

Touriñán

Ferrol

Sálvora

SERES VIVOS

xuízamigo

ricopobremozo

pobrezariqueza

amizadexustiza

mocidade

OBXECTOS IDEAS

ledicia araña quenlla ovella solidariedade libro cullerCarme bondade avogada túnel arpa temor liberdade

Page 9: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

© Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 FUNCIONAMENTO DA LINGUA ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 4. O substantivo

So luc ionar io� A clasificación correcta destes substantivos preséntase a seguir:

� A resposta correcta é a seguinte:

� Os substantivos abstractos correspondentes son:

� Os substantivos individuais correspondentes aparecen no seguinte debuxo.

souto� castiñeiro arquipélago� illasemana � día esqueleto � ósorabaño � ovella biblioteca � librocarballeira � carballo léxico � palabra

� As parellas correctas son as seguintes:

� RESPOSTA LIBRE.

� RESPOSTA LIBRE.

río

monte

ría

serra

vila

illa

cabo

Pindo

Miño

O Courel

Combarro

Touriñán

Ferrol

Sálvora

xuízamigo

ricopobremozo

pobrezariqueza

amizadexustiza

mocidade

SERES VIVOS

araña, Carmequenlla, ovella , avogada

túnel, arpalibro, culler

ledicia, solidariedadebondade, liberdade

OBXECTOS IDEAS

Adxectivos

branco

doce

Substantivos

brancuradozura

Adxectivos

intelixente

bo

Substantivos

intelixenciabondade

Adxectivos

sincero

fermoso

Substantivos

sinceridadefermosura

Page 10: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 FUNCIONAMENTO DA LINGUA ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 5. Xénero e número do substantivo

� Completa a táboa co artigo que corresponda (o, a, os, as) e indica o xénero e o número de cada substantivo.

� Emparella cada substantivo de xénero masculino co seu correspondente feminino.

� Escribe as oracións cambiando o xénero dos substantivos subliñados e todo o que sexa preciso paramanter a concordancia.

a) A curmá de miña nai é a madriña de meu irmán.� O curmán de meu pai é o padriño de miña irmá.b) A doutora non chegou a tempo de atender o enfermo.�

c) A raíña entregoulle o premio ao rapaz gañador.�

d) Ese médico e aquel enfermeiro naceron o mesmo día.�

� Emparella as palabras co seu significado e constrúe unha oración con cada unha delas.

� Escribe, seguindo os exemplos, o plural dos seguintes substantivos.

a moza � as mozas o rapaz � os rapaces o animal � os animais

a lei � o motor � o baúl �

o can � o sol � o albanel �

o carné � o réptil � o caníbal �

o xersei � a raíz � o réptil �

� O xénero permítenos clasificar os substantivos en masculinos e femininos.

� Polo xeral, os substantivos rematados en -o son masculinos (o mono) e os rematados en-a, femininos (a cama). Hai casos nos que non se cumpre esa tendencia: a radio, o día.

� O número permítenos clasificar os substantivos en singulares e plurais.

� Para formar o plural dos substantivos debemos engadirlle ao singular -s ou -es, oumudar o -l final por -s ou -is: canción / cancións, rapaz / rapaces, fusil / fusís,papel / papeis. Tamén hai substantivos invariables: luns, lapis.

PALABRA

pozo

poza

bombo

bomba

SIGNIFICADO

Cavidade no terreo que contén auga estancada.

Escavación vertical no chan para buscar auga.

Aparello para inflar globos e pneumáticos.

Apertura feita nunha parede para poder entrar e saír.

ORACIÓN

Fixeron un pozo na horta.

porto Abrigo na beira do mar para as embarcacións.

porta Instrumento musical de percusión.

Artigo

a

Substantivo

arte

leite

Xénero

feminino

Número

singular

Artigo Substantivo

pozas

animais

Xénero Número

carneiroxenrohomecabalomacho

príncipepoetaescritoremperadorboi

mullereguaovellafemianora

vacaemperatrizescritorapoetisaprincesa

Page 11: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

© Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 FUNCIONAMENTO DA LINGUA ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 5. Xénero e número do substantivo

So luc ionar io

carneiroxenrohomecabalomacho

mullereguaovellafemianora

vacaemperatrizescritorapoetisaprincesa

� Velaquí a táboa completa.

� A resposta ao exercicio formulado é a seguinte:

� As oracións coas mudanzas indicadas aparecen a seguir:

a) A curmá de miña nai é a madriña de meu irmán.� O curmán de meu pai é o padriño de miña irmá.

b) A doutora non chegou a tempo de atender o enfermo.� O doutor non chegou a tempo de atender a enferma.

c) A raíña entregoulle o premio ao rapaz gañador.� O rei entregoulle o premio á rapaza gañadora.

d) Ese médico e aquel enfermeiro naceron o mesmo día.� Esa médica e aquela enfermeira naceron o mesmo día.

� A resposta á cuestión formulada é a seguinte.

� A resposta a esta pregunta aparece embaixo.a moza � as mozas o rapaz � os rapaces o animal � os animais

a lei � as leis o motor � os motores o baúl � os bauis

o can � os cans o sol � os soles o albanel � os albaneis

o carné � os carnés o réptil � os réptiles o caníbal � os canibais

o xersei � os xerseis a raíz � as raíces o réptil � os réptiles

PALABRA

pozo

poza

bombo

bomba

SIGNIFICADO

Cavidade no terreo que contén auga estancada.

Escavación vertical no chan para buscar auga.

Aparello para inflar globos e pneumáticos.

Apertura feita nunha parede para poder entrar e saír.

ORACIÓN

Aquela poza está chea de cágados.

Fixeron un pozo na horta.

Levaron as bicis á bomba do taller de Pedro.

O río desbordouse polas chuvias do outono.

porto Abrigo na beira do mar para as embarcacións. As portas batían porque había moito vento.

porta Instrumento musical de percusión. En chegando a porto, buscaron un hospital.

príncipepoetaescritoremperadorboi

Artigo

a

o

Substantivo

arte

leite

Xénero

feminino

masculino

Número

singular

singular

Artigo

as

os

Substantivo

pozas

animais

Xénero

feminino

masculino

Número

plural

plural

Page 12: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 ORTOGRAFÍA ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 6. A sílaba. Sílaba tónica e sílaba átona

� Segundo o número de sílabas, as palabras clasifícanse do seguinte xeito:� � Monosílabas. Teñen unha soa sílaba: sol, can, luz.

� � Bisílabas. Teñen dúas sílabas: tex-to, xor-do, len-te.

� � Trisílabas. Teñen tres sílabas: pro-fe-sor, pa-la-bra, na-rra-ción.

� � Polisílabas. Teñen catro ou máis sílabas: ma-ra-bi-lla, ma-ra-bi-llo-sa, en-fer-mi-da-de.

� A sílaba tónica dunha palabra é aquela que se pronuncia con maior intensidade: par-chís, la-pis, mú-si-ca. As demais sílabas son átonas: par-chís, , la-pis, mú-si-ca.

� BARULLO SILÁBICO. Busca o nome de cinco animais e escríbeos na cartelaindicando o número de sílabas que conteñen.

� Segmenta en sílabas as seguintes palabras e clasifícaas segundo o seu número de sílabas.

a) constitución � c) animais � e) paciencia � g) aéreo �

b) libraría � d) pé � f) ceo � h) noite �

� Rodea cun circuliño vermello a sílaba tónica de cada palabra da actividade 2.

� Identifica a sílaba tónica das palabras de cada unha das seguintes series e forma con elas un novo termo.Clasifica as palabras resultantes segundo o seu número de sílabas. Fíxate no exemplo.

a) queixa, xeito, raro � quei-xa, xei-to, ra-ro� queixeira� quei-xei-ra (trisílaba)

b) mecánico, maraca, república, chapa �

c) autocar, níquel, avó, rocha �

d) pana, xato, carozo �

e) oprime, máquina, cervexa, paraxe �

� FUGA DE SÍLABAS TÓNICAS. Completa as palabras coa sílaba tónica precisa. Dámosche unha pista: refírense todas aárbores.

a) car___llo b) cer___ra c) ame___ro d) plata___ro e) pe___ra f) mag___lio g) fi___ra

� SALTO DE CABALO. Seguindo os movementos do cabalo de xadrez poderás atopar cinco termos referidos ao tempo cronolóxico. As palabras resultantes son todas bisílabas.

hipopótamo (5 sílabas, polisílaba)

ma-ñá (dúas sílabas, bisílaba).

HI TAR TA RU GA

PO E ES TOU VE

PO DA LE RO PI

TA TI OA FAN SE

MO MOR CE GO TA

MA AS TU CI TAR DEI

E OM XA CON HA RES

OS ÑÁ PI POR TRI DE

A SEU TE DE FU CAN

SEN DO SOL LU NOI TOU

LO DÍ XEN GUI DA ER

Page 13: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

© Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 ORTOGRAFÍA ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 6. A sílaba. Sílaba tónica e sílaba átona

So luc ionar io� Velaquí a solución.

� Esta é a resposta ao exercicio formulado.

a) cons-ti-tu-ción � polisílaba e) pa-cien-cia � trisílaba

b) li-bra-rí-a � polisílaba f) ceo � monosílaba

c) a-ni-mais � trisílaba g) a-é-re-o � polisílaba

d) pé � monosílaba h) noi-te � bisílaba

� As sílabas tónicas aparecen marcadas cun círculo na actividade 2.

� A resposta ás cuestión formuladas é a seguinte:

a) queixa, xeito, raro � quei-xa, xei-to, ra-ro � queixeira � quei-xei-ra (trisílaba)

b) mecánico, maraca, república, chapa � me-cá-ni-co, ma-ra-ca, re-pú-bli-ca, cha-pa � carapucha �ca-ra-pu-cha (polisílaba)

c) autocar, níquel, avó, rocha � au-to-car, ní-quel, a-vó, ro-cha � carnívoro � car-ní-vo-ro (polisílaba)

d) pana, xato, carozo � pa-na, xa-to, ca-ro-zo � paxaro � pa-xa-ro (trisílaba)

e) oprime, máquina, cervexa, paraxe � o-pri-me, má-qui-na, cer-ve-xa, pa-ra-xe� primavera� pri-ma-ve-ra(polisílaba)

� Velaquí a resposta a esta pregunta:

a) carballo b) cerdeira c) ameneiro d) plataneiro e) pereira f) magnolio g) figueira

� As palabras resultantes son as seguintes:

hipopótamo (5 sílabas, polisílaba)

tartaruga (4 sílabas, polísilaba)

elefanta (4 sílabas, polísilaba)

morcego (3 sílabas, trisílaba)

touro (2 sílabas, bisílaba)

ma-ñá (dúas sílabas, bisílaba).

sol-por (dúas sílabas, bisílaba).

tar-de (dúas sílabas, bisílaba).

noi-te (dúas sílabas, bisílaba).

dí-a (dúas sílabas, bisílaba).

HI TAR TA RU GA

PO E ES TOU VE

PÓ DA LE RO PI

TA TI OA FAN SE

MO MOR CE GO TA

MA AS TU CI TAR DEI

E OM XA CON HA RES

OS ÑÁ PI POR TRI DE

A SEU TE DE FU CAN

SEN DO SOL LU NOI TOU

LO DÍ XEN GUI DA ER

Page 14: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 7. Avaliación

Nome Apelidos

Curso Data Cualificación

� Le o texto de Manuel de Pedrolo e contesta as seguintes cuestións:

� Quen son os protagonistas desta historia?

� Cando se producen os feitos?

� En que lugar se atopan os personaxes?

� Por que Dídac non estaba moi seguro do que facía?

� Que dixo Alba para que Dídac se apesarase?

� Completa a información do seguinte recadro.

� Subliña os substantivos do primeiro parágrafo do texto de Manuel de Pedrolo e localiza entre eles:

a) Dous substantivos propios. �

b) Dous substantivos comúns que designen partes dun vehículo. �

c) Dous substantivos comúns que designen partes do eido. �

d) Dous substantivos comúns que nos dean noción de tempo cronolóxico. �

� Sinala o xénero e o número dos seguintes substantivos do texto.

a) palleiro b) pedais c) volta d) pancas

� Forma substantivos a partir das seguintes palabras do texto.

a) branca b) aberta c) grande d) adestrar

� Segmenta en sílabas as seguintes palabras do texto e clasifícaas atendendo ao número de sílabas.

a) zigzagueante b) chegou c) sería d) primeira

� Continúa a historia de Alba e Dídac narrando o que lles acontece o día seguinte, cando Dídac lle ensina a Albaa conducir o tractor.

E tiveron que agardar máis dunha semana, ata quechegou unha mañá de sol e fundiu a capa branca, que eramoi delgada. O Dídac, que parecía máis infantil do que erana relativa inmensidade do vehículo, moveu con precau-ción os pedais, accionou unhas pancas e, aínda non moiseguro do que facía, porque era a primeira vez que condu-cía, fíxoo atravesar o limiar da porta ben aberta, saíu áeira, fíxolle dar, maxestosamente, unha volta un chiscozigzagueante e, despois, parou preto da Alba, que avanzabaata o palleiro.

—Queres subir?

A rapaza subiu e Dídac fixo describir outra volta ao trac-tor; seguidamente, sen consultar, dirixiuno ao camiño quepasaba por detrás da masía; mais ela obrigouno a parar.

—É unha besta grande de máis para ti, Dídac…O neno case se incomodou.—E que?Alba contemporizou:—Quero dicir que sería mellor que adestrases un pouco.

E que me aprendas a conducir a min. Manuel DE PEDROLO

Mecanoscrito da segunda orixe, Galaxia

O tractor

O texto O tractor é unha _________________ porque conta unha _______________ que lles acontece a

dous _____________ (Alba e ___________), nun _______________ e nun _____________ determinados.

Page 15: LEN GAL_3 ESO_Adaptacion Curricular

© Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 1.º ESO

3 ADAPTACIÓN CURRICULAR

Ficha 7. Avaliación

� As respostas ás cuestións formuladas son as seguintes:

� Os protagonistas son Dídac e Alba.

� Os feitos prodúcense unha mañá de sol.

� Os personaxes atópanse nunha masía.

� Dídac non estaba moi seguro do que facía porque era moi neno.

� Alba dixo que o tractor era unha besta grande de máis para el.

� Este é o recadro coa información completa.

� A resposta a este exercicio é a seguinte:

E tiveron que agardar máis dunha semana, ata que chegou unha mañá de sol e fundiu a capa branca, que era moidelgada. O Dídac, que parecía máis infantil do que era na relativa inmensidade do vehículo, moveu con precauciónos pedais, accionou unhas pancas e, aínda non moi seguro do que facía, porque era a primeira vez que conducía,fíxoo atravesar o limiar da porta ben aberta, saíu á eira, fíxolle dar, maxestosamente, unha volta un chisco zigza-gueante e, despois, parou preto da Alba, que avanzaba ata o palleiro.

a) Alba e Dídac.

b) Pedais e pancas.

c) Limiar e eira.

d) Chisco e semana.

� Estes son o xénero e o número correcto dos substantivos propostos.

a) palleiro �masculino, singular.

b) pedais �masculino, plural.

c) volta � feminino, singular.

d) pancas � feminino, plural.

� Algúns substantivos formados a partir destas palabras poderían ser os seguintes.

a) branca � brancura b) aberta � abertura c) grande � grandeza d) adestrar � adestrador

� Velaquí as palabras segmentadas e clasificadas:

a) zig-za-gue-an-te (polisílaba) b) che-gou (bisílaba) c) se-rí-a (trisílaba) d) pri-mei-ra (trisílaba)

� RESPOSTA LIBRE.

So luc ionar io

O texto O tractor é unha narración porque conta unha historia que lles acontece a dous personaxes

(Alba e Dídac), nun tempo e nun espazo determinados.