iv. oposicións e concursos universidade de santiago de … · 2018-01-16 · dog núm. 11 martes,...

16
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017, conxunta da Universidade de Santiago de Compostela e do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca a concurso público unha praza vinculada de profesor contratado doutor correspondente á oferta de emprego público 2017. En cumprimento da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modi- ficada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (en diante, LOU); a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP); a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en dian- te, LRXSP); o Decreto 266/2002, do 6 de setembro, sobre contratación de profesorado universitario, os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro; a Normativa pola que se regula a selección do persoal docente e investigador contratado e interino, aprobada polo Acordo do Consello de Gober- no do 17 de febreiro de 2005 e modificada polos Consellos de Goberno do 10 de maio de 2007, 19 de xullo de 2007 e 22 de xullo de 2009 (en diante, Normativa); o II Convenio colec- tivo para o persoal docente e investigador laboral das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, subscrito con data do 26 de xaneiro de 2011 (DOG do 14 de abril), prorrogado con data do 12 de xullo de 2013 (DOG do 29 de xullo) (en diante, Convenio) e as bases desta convocatoria. De acordo co establecido no Concerto asinado entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, para a utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia universitarias o día 20 de abril de 2001 (DOG do 29 de xuño, corrección de erros DOG nº 185, do 24 de setembro, e nº 194, do 5 de outubro), e o reco- llido na addenda ao citado Concerto asinada o día 13 de marzo de 2013 entre ambas as institucións. De acordo co disposto polo Consello de Goberno do 18 de xullo de 2017 desta univer- sidade e logo da autorización da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia do día 29 de xuño de 2017 da oferta pública de emprego (OEP) de persoal docente e investigador para o ano 2017 e da Comisión Mixta Universidade de Santiago (USC)-Sergas do 22 de decembro de 2017. Esta reitoría, conforme o establecido no concerto citado, e a presidencia do Servizo Galego de Saúde, acordan convocar para á súa provisión mediante concurso público unha CVE-DOG: vfjv3zt3-pqf8-k2j9-uuc9-fzqtqusfhjn8

Upload: others

Post on 18-Jun-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

IV. OpOsIcIóns e cOncursOs

unIVersIdade de santIagO de cOmpOstela

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017, conxunta da Universidade de Santiago de Compostela e do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca a concurso público unha praza vinculada de profesor contratado doutor correspondente á oferta de emprego público 2017.

En cumprimento da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modi-ficada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (en diante, LOU); a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP); a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en dian-te, LRXSP); o Decreto 266/2002, do 6 de setembro, sobre contratación de profesorado universitario, os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro; a Normativa pola que se regula a selección do persoal docente e investigador contratado e interino, aprobada polo Acordo do Consello de Gober-no do 17 de febreiro de 2005 e modificada polos Consellos de Goberno do 10 de maio de 2007, 19 de xullo de 2007 e 22 de xullo de 2009 (en diante, Normativa); o II Convenio colec-tivo para o persoal docente e investigador laboral das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, subscrito con data do 26 de xaneiro de 2011 (DOG do 14 de abril), prorrogado con data do 12 de xullo de 2013 (DOG do 29 de xullo) (en diante, Convenio) e as bases desta convocatoria.

De acordo co establecido no Concerto asinado entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, para a utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia universitarias o día 20 de abril de 2001 (DOG do 29 de xuño, corrección de erros DOG nº 185, do 24 de setembro, e nº 194, do 5 de outubro), e o reco-llido na addenda ao citado Concerto asinada o día 13 de marzo de 2013 entre ambas as institucións.

De acordo co disposto polo Consello de Goberno do 18 de xullo de 2017 desta univer-sidade e logo da autorización da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia do día 29 de xuño de 2017 da oferta pública de emprego (OEP) de persoal docente e investigador para o ano 2017 e da Comisión Mixta Universidade de Santiago (USC)-Sergas do 22 de decembro de 2017.

Esta reitoría, conforme o establecido no concerto citado, e a presidencia do Servizo Galego de Saúde, acordan convocar para á súa provisión mediante concurso público unha

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 2: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3305

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

praza de profesor contratado doutor vinculado con institución sanitaria que se detalla no anexo a esta resolución, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1.1. O presente concurso rexerase polo disposto:

– Na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (en diante, LOU).

– Na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adminis-tracións públicas (en diante, LPACAP).

– Na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LR-XSP).

– No Decreto 266/2002, do 6 de setembro, sobre contratación de profesorado univer-sitario, os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decre-to 14/2014, do 30 de xaneiro.

– Na Normativa pola que se regula a selección do persoal docente e investigador contra-tado e interino, aprobada polo acordo do Consello de Goberno do 17 de febreiro de 2005 e modificada polos consellos de Goberno do 10 de maio de 2007, 19 de xullo de 2007 e 22 de xullo de 2009 (en diante, Normativa).

– No II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador laboral das universi-dades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, subscrito con data do 26 de xaneiro de 2011 (DOG do 14 de abril), prorrogado con data do 12 de xullo de 2013 (DOG do 29 de xullo) (en diante, Convenio) e as bases desta convocatoria.

1.2. Por tratarse dunha praza asistencial vinculada serán de aplicación, ademais das normas citadas, as seguintes:

– Real decreto 1558/1986 (modificado polo Real decreto 644/1988, do 3 de xuño, BOE do 25 de xuño, e polo Real decreto 1652/1991, do 11 de outubro, BOE do 21 de novembro).

– Concerto asinado entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Gale-go de Saúde, para a utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia uni-

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 3: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3306

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

versitarias o día 20 de abril de 2001 (DOG do 29 de xuño, corrección de erros DOG nº 185, do 24 de setembro, e nº 194, do 5 de outubro).

– Addenda ao Concerto entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, para a utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia universitarias, asinada o día 13 de marzo de 2013.

1.3. A praza de profesor contratado doutor convocada queda vinculada coa institución sanitaria e a categoría asistencial básica nos termos que se especifican no anexo.

1.4. Cando os prazos a que fai referencia esta convocatoria se expresen en días en-tenderase que estes son hábiles, excluíndose do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos. Considéranse festivos para estes efectos os festivos locais tanto de Santiago de Compostela como de Lugo, ampliándose en calquera caso en ambos os dous campus o prazo establecido por un número de días igual ao dos festivos existentes.

Cando os prazos rematen nun día en que os rexistros da Universidade de Santiago de Compostela (USC) estean pechados prorrogaranse ata o seguinte día hábil.

Para o cómputo de prazos o mes de agosto considérase inhábil para todos os efectos.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

Os requisitos que as persoas aspirantes deberán reunir para seren admitidas nestes concursos serán:

a) Ser español/a, nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras/es nos ter-mos en que esta se atopa definida no Tratado constitutivo da Comunidade Europea.

Tamén poderán participar o cónxuxe non separado de dereito, e os descendentes e descendentes do cónxuxe non separado de dereito menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas, dos españois, dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, ou de nacionais doutros Estados cando así o estableza un tratado internacional celebrado pola Unión Europea e ratificado por España.

As/os nacionais de Estados distintos dos indicados anteriormente poderán tamén par-ticipar nos concursos e seren contratadas, sempre que se atopen en España en situación

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 4: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3307

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

de legalidade e sexan titulares dun documento que as habilite para residir e para acceder sen limitacións ao mercado laboral.

b) Ter cumpridos dezaseis anos.

c) Non ter sido separada/o mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Ad-ministración pública española, da Unión Europea ou do Estado do que teña nacionalidade a persoa concursante.

d) Non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e in-demnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos.

e) Non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o desempeño das correspondentes funcións.

f) Estar en posesión do título universitario oficial de doutor ou da certificación supletoria correspondente ou ter declarada a equivalencia.

g) Estar en posesión do título oficial de especialista que corresponde á praza e que se cita no anexo.

h) Ter recibido a avaliación positiva da súa actividade docente e investigadora por par-te da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANACA) ou de calquera outro órgano de avaliación que determinen as leis doutras comunidades autónomas, sempre que exista un convenio ou concerto previo coa Comunidade Autónoma de Galicia; ou ben reunir as condicións que determinan a cualificación automática para ser contratado nesta figura.

i) No caso de persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira será requisito para poder concursar o coñecemento de calquera das linguas oficiais da USC.

Non poderán participar no presente concurso os empregados públicos da Universidade de Santiago de Compostela que pertenzan ao mesmo réxime xurídico, corpo, categoría, área de coñecemento e departamento da praza que se convoca.

A posesión de todos os requisitos estará referida sempre á data de expiración do prazo de presentación de solicitudes de participación e deberase manter ao longo de todo o pro-ceso selectivo.

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 5: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3308

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe participar nesta convocatoria deberá facelo constar na instancia que se axustará ao modelo anexo II que se atopa no enderezo electrónico http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/prazasabertas/solicitudes.html.

A non presentación da instancia será causa de exclusión e non poderá repararse no prazo establecido na base 5.3. desta convocatoria.

3.2. As solicitudes dirixiranse ao reitor no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte á data da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

3.3. A presentación da solicitude farase en calquera dos rexistros xerais desta univer-sidade, situados no Campus de Santiago de Compostela (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela) e no Campus de Lugo (Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros, avenida Bernardino Pardo Ouro, s/n, po-lígono Fingoi, 27002 Lugo) ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da LPACAP. As solicitudes que se presenten a través das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto, para que sexan datadas e seladas antes de que procedan á súa certificación. As solicitudes subscritas no estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes.

No caso de que se presente a solicitude a través dos últimos procedementos descritos os solicitantes deberán adiantar por correo electrónico ao enderezo [email protected] e dentro do prazo establecido para a presentación de solicitudes, copia da instancia debida-mente dilixenciada polo organismo competente.

3.4. Dereitos de exame.

As persoas aspirantes deberán aboar á USC, por cada concurso en que soliciten partici-par a cantidade de 40,74 euros en concepto de dereitos de exame. Para estes efectos pode-rase efectuar unha transferencia á conta corrente IBAN ES07 2080-0388-20-3110000646 de Abanca.

Estará exenta do pagamento da taxa por dereitos de exame a persoa que posúa unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, circunstancia que deberá ser acreditada docu-mentalmente xunto coa solicitude, presentando copia compulsada (ou simple, acompaña-da do respectivo orixinal para o seu cotexo) da cualificación do grao de minusvalidez.

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 6: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3309

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Así mesmo, estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia compulsada (ou simple, acompañada do respectivo orixinal para o seu cotexo) do título de familia numerosa.

Tamén se aplicará unha bonificación do 50 % á inscrición no proceso selectivo, solici-tada por persoas que figurasen como demandantes de emprego desde polo menos seis meses antes da data de publicación desta convocatoria, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados no parágrafo anterior, solicitarase nas oficinas do Servizo Público de Emprego e presenta-rase coa solicitude.

4. Documentación acreditativa de requisitos e méritos. Momento de presentación.

Xunto coa solicitude (anexo II: instancia) presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento acredita-tivo da nacionalidade.

As/os descendentes e descendentes do cónxuxe non separado de dereito deberán pre-sentar, ademais, os documentos acreditativos do vínculo de parentesco, e, de ser o caso, do feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do nacional dun Estado membro da Unión Europea ou doutros Estados, cando así o estableza un tratado internacional celebrado pola Unión Europea e ratificado por España, co que teña o dito vínculo. A acreditación realiza-rase por medio de certificados expedidos polas autoridades competentes do seu país de orixe, traducidos a algunha das linguas oficiais da USC.

b) Fotocopia do título universitario oficial de doutor ou da correspondente declaración de equivalencia que para cada praza se requira, de ser o caso, certificación supletoria co-rrespondente.

c) Fotocopia do documento acreditativo da avaliación positiva para esta figura contrac-tual expedido pola ACSUG ou pola ANACA, ou de que reúne as condicións que determinan a cualificación automática para ser contratado nesta figura, agás no suposto de que esta acreditación xa conste nas bases de datos da USC. Non presentar estes documentos será

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 7: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3310

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

causa de exclusión que poderá repararse no prazo establecido na base 5.3 da convocato-ria.

d) Fotocopia do título oficial de especialista que corresponde á praza e que se cita no anexo.

e) De conformidade co indicado na alínea i) da base 2, as persoas aspirantes nacionais de Estados que non teñan o español como lingua oficial poderán presentar coa solicitude a documentación acreditativa do coñecemento dalgunha das linguas oficiais da USC. O coñecemento do español acreditarase mediante fotocopia compulsada dos diplomas de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) ou equivalente. A acreditación do coñecemento do idioma galego farase conforme dispón a norma sétima.2 do anexo II da Normativa.

No caso de que non se acredite documentalmente o dito coñecemento, este verificarase ben pola comisión encargada de resolver o concurso, que poderá solicitar o asesoramento de persoas expertas en caso necesario, ou ben pola Administración a través dunha proba específica.

f) Recibo de ingreso dilixenciado pola entidade bancaria en concepto de dereitos de exame ou o xustificante acreditativo de transferencia bancaria.

Nin o ingreso en conta nin a transferencia bancaria substituirán o trámite de presenta-ción en tempo e forma da solicitude ante o reitor.

A falta de pagamento dos dereitos de exame no prazo de presentación de instancias non é reparable e determinará a exclusión da persoa aspirante, excepto que acredite estar exenta do pagamento da dita taxa.

Non procederá reintegrar ás persoas aspirantes as cantidades aboadas por este con-cepto no caso de que sexan excluídas definitivamente do concurso por causas imputables a elas.

g) Presentarase un currículo consonte o modelo anexo III, que se atopa no enderezo electrónico: http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/prazasabertas/solicitudes.html.

Serán obxecto de valoración exclusivamente os méritos alegados polas persoas concur-santes no dito currículo (anexo III), sempre que se posúan na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes establecido na base 3.2. desta convocatoria, e que dentro do dito prazo sexan acreditados conforme o establecido na alínea seguinte.

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 8: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3311

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

A non presentación do modelo anexo III será causa de exclusión e non poderá emendar-se no prazo establecido na base 5.3 desta convocatoria.

g) Documentos acreditativos dos méritos alegados polas persoas aspirantes no currículo a que se refire a letra anterior, consonte o establecido no anexo VI da convocatoria, o cal pode consultarse no enderezo electrónico http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/pra-zasabertas/solicitudes.html.

Non será preciso achegar os documentos acreditativos do rendemento académico e da experiencia docente cando estes méritos correspondan a actividades desenvolvidas na USC, sen prexuízo da necesidade de relacionalos no modelo de currículo (anexo III). Non obstante, no caso de titulacións acadadas nesta universidade con anterioridade a 1988, recoméndase a presentación das certificacións académicas correspondentes.

O expediente académico será valorado como aprobado cando se acredite estar en po-sesión dun título e non se presente a certificación das cualificacións correspondentes.

Os documentos acreditativos terán que estar indexados, estruturados consonte o mode-lo de currículo, numerados en cada unha das súas páxinas, numeración que debe coincidir coa indicada no currículo (anexo III) para cada mérito. Estes documentos presentaranse encadernados (espiral ou en canela), ou suxeitos de calquera outro modo que os manteña unidos de maneira sólida e permanente e que garanta que se impida a posterior inclusión ou perda de documentación. Para tal fin, o Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador poderá adoptar medidas que permitan manter a documentación na orde en que foi presentada.

Os libros e outros materiais non encadernables deberán presentarse en caixas tipo arqui-vador definitivo ou similar, identificados con número de orde, número do concurso e nome da persoa aspirante. A súa presentación deberá facerse constar no modelo de currículo (anexo III), indicando o número de orde do arquivador que os contén.

Toda a documentación acreditativa de méritos a que se refire esta alínea g) deberá presentarse dentro do prazo de presentación de solicitudes. Non se admitirá ningunha documentación acreditativa de méritos rematado o antedito prazo, nin sequera no prazo de emenda de documentación a que se refire a base 5.3. A non acreditación en prazo dos méritos alegados non determinará a exclusión da persoa aspirante ao concurso, pero im-pedirá o cómputo e valoración de tales méritos no baremo establecido.

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 9: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3312

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Non presentar os documentos especificados nas alíneas a), b), c), d) e f) , será causa de exclusión que poderá emendarse no prazo establecido na base 5.3. desta convocatoria.

A non presentación do modelo de currículo (anexo III) a que se refire a alínea g) deter-minará a non valoración dos méritos da persoa aspirante. A presentación defectuosa do antedito modelo será causa de exclusión, que poderá repararse conforme o establecido no parágrafo anterior. Non obstante, neste acto non poderán alegarse novos méritos.

5. Admisión de aspirantes.

5.1. A Vicerreitoría de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador, publi-cará unha lista provisoria de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión, nun prazo máximo de quince días hábiles desde o remate do prazo de pre-sentación de solicitudes.

5.2. A lista provisoria de aspirantes admitidos e excluídos publicarase no taboleiro elec-trónico da USC. Así mesmo, difundirase a través da web: http://www.usc.es/profesorado.

5.3. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico da USC. Neste prazo as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de aspirantes admitidos e excluídos poderán emendar os defectos que motivaran a súa exclusión ou omisión, senón serán excluídas definitivamente da realiza-ción das probas.

5.4. Unha vez rematado o prazo para emendar os defectos aprobarase, no prazo máxi-mo de quince días hábiles, a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión.

5.5. Esta resolución, que será publicada no mesmo taboleiros e web que as listas pro-visorias, esgota a vía administrativa e contra ela poderanse interpoñer os recursos oportu-nos. A inclusión nas listas definitivas non prexulga o cumprimento dos requisitos normati-vamente exixidos para a subscrición do correspondente contrato na categoría docente de que se trate.

6. Documentación relativa á guía docente e ao proxecto investigador. Prazo de presen-tación.

6.1. As persoas concursantes deberán presentar unha guía docente referida á materia que para o correspondente concurso se estableza na convocatoria. No caso de que no per-

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 10: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3313

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

fil se indique «materias da área» esta guía referirase a unha materia troncal ou obrigatoria, adscrita á área de coñecemento a que corresponda a praza obxecto de concurso das que se cursen para a obtención dunha titulación oficial de primeiro ou segundo ciclo na USC das titulacións estruturadas segundo a normativa aprobada con anterioridade á aprobación do Real decreto 1393/2007, ou ben a unha materia de formación básica ou obrigatoria dun titulo oficial de grao aprobado na USC, conforme se indica no artigo 6.f) da Normativa.

Os requisitos que debe cumprir a guía docente están recollidos no artigo 23.B da Nor-mativa.

Ademais da guía docente indicada no parágrafo anterior deberán presentar un proxecto investigador regulado no artigo 23.C da Normativa.

6.2. O proxecto investigador e a guía docente poderán presentarse xunto co formulario que figura como anexo VII no enderezo electrónico http://www.usc.es/gl/servizos/profeso-rado/prazasabertas/solicitudes.html, nun prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no DOG. Estes documentos estarán numerados en cada unha das súas páxinas e encadernados, ou suxeitos de modo que os manteña unidos de maneira sólida e permanente, que impida a posterior inclusión ou perda de información. Cando non se presente en prazo o proxecto investigador ou guía docente, entenderase que a persoa aspirante desiste da súa solicitude de participación no concurso correspondente e o seu expediente non será valorado.

7. Comisións de selección e desenvolvemento dos concursos.

7.1. Os concursos obxecto desta convocatoria serán resoltos polas comisións que se relacionan no anexo IV que se pode consultar no enderezo electrónico: http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/prazasabertas/solicitudes.html.

Estas comisións rexeranse polo disposto na Normativa.

7.2. A puntuación final de cada concursante será a suma das puntuacións obtidas na valoración do currículo e nas probas orais, conforme o disposto no anexo II da Normativa.

7.3. O procedemento de selección estrutúrase segundo se indica a continuación:

Procedemento selectivo:

Constará de dúas fases.

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 11: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3314

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

I. Primeira fase.

A primeira fase consistirá na valoración dos méritos e historial académico, docente, in-vestigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial alegados polo candidato.

A comisión de selección valorará os currículos dos aspirantes consonte o establecido no baremo que figura no anexo I da Normativa para as prazas de profesor contratado doutor (docente e investigador).

Concluída a valoración dos currículos faranse públicos os resultados e convocaranse os candidatos para a realización da primeira proba da segunda fase, indicando a data, a hora e o lugar de realización desta.

II. Segunda fase.

A segunda fase constará de dúas probas, cada unha delas de carácter eliminatorio.

1. Primeira proba.

A primeira proba consistirá na exposición oral en sesión pública da guía docente e do proxecto investigador, durante un tempo máximo dunha hora.

Seguidamente a comisión debaterá co candidato sobre os contidos da súa exposición durante un tempo máximo de noventa minutos.

Finalizada a realización da proba por todos os candidatos a comisión procederá á valo-ración da guía docente, do proxecto investigador e da exposición realizada polo concursan-te consonte os criterios de valoración fixados.

Pasarán á segunda proba aqueles concursantes que superen a puntuación mínima es-tablecida pola comisión para a primeira proba.

2. Segunda proba.

A segunda proba consistirá na exposición oral en sesión pública, durante un tempo máximo dunha hora, dun tema do programa contido na guía docente presentada polo can-didato, elixido por el de entre tres sacados a sorteo.

Os candidatos disporán dun tempo máximo dunha hora para a preparación desta expo-sición.

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 12: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3315

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Logo da exposición oral a comisión debaterá co candidato sobre os contidos expostos, a metodoloxía que se vai utilizar e cantos aspectos considere relevantes en relación co tema durante un tempo máximo de dúas horas.

Finalizada a realización da proba por todos os candidatos, cada membro da comisión valorará de xeito razoado e de acordo cos criterios de valoración fixados a actuación de cada un dos concursantes.

A puntuación final de cada candidato será o resultado da suma das puntuacións obtidas na primeira fase e en cada unha das probas da segunda fase.

7.4. A orde de actuación das persoas aspirantes a prazas con probas orais seguirá a ordenación alfabética por apelido a partir da letra «K», de conformidade co establecido na Resolución do 20 de xaneiro de 2017 da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

7.5. Unha vez rematado o procedemento, a documentación das persoas concursantes quedará ao seu dispor no Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador, de onde deberán retirala. Non obstante, no caso de interposición de recurso non poderá reti-rarse ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que as persoas intere-sadas poidan realizar copia da documentación para outros efectos logo do aboamento das taxas correspondentes.

Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación será des-truída.

8. Proposta de provisión.

8.1. Nun prazo máximo de cinco días desde o seguinte ao da finalización das probas, farase pública no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a comisión de selección, a proposta motivada sobre a provisión da praza, con expresión de todas as persoas candida-tas propostas por orde de puntuación. Sobre a forma e a motivación da proposta estarase ao disposto no artigo 28 da Normativa.

8.2. Contra a proposta de provisión de prazas de profesor contratado doutor os intere-sados poderán presentar unha reclamación ante o reitor no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación da devandita proposta. A reclamación será valorada por unha comisión de reclamacións nos termos e consonte o procedemento establecido no

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 13: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3316

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

artigo 18 da Normativa pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funciona-rios docentes universitarios. Admitida a trámite a reclamación suspenderase a contratación ata a súa resolución definitiva.

9. Resolucións reitorais de contratación, presentación de documentos e formalización dos contratos.

9.1. A resolución reitoral que autorice, cando proceda, a contratación da/do candidata/o ou candidatas/os segundo a orde de puntuación, farase pública no taboleiro electrónico da USC e no taboleiro de anuncios do Reitorado e do Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo así como na páxina web da Universidade: http://www.usc.es/profesorado. A publicación no taboleiro electrónico da USC substituirá a notificación persoal ás persoas interesadas e producirá os mesmos efectos ca esta, segundo o previsto no artigo 45 da LPACAP.

9.2. A persoa candidata á cal se lle atribúa a praza obxecto de concurso deberá asinar o contrato nun prazo de dez días hábiles segundo se indique na resolución pola que se autorice a contratación. Con carácter excepcional, tras a solicitude motivada da persoa interesada e de acordo coas necesidades do servizo, este prazo poderá ser modificado polo reitor.

9.3. Antes de proceder á sinatura, a persoa candidata deberá presentar copias compul-sadas (ou simples acompañadas dos respectivos orixinais para o seu cotexo) daqueles documentos que avalen o cumprimento dos requisitos de carácter xeral e específicos para cada tipo de praza exixidos nesta convocatoria, sempre que non os presentara xunto coa instancia. En todo caso, deberá acreditar a titulación universitaria de maior nivel que se posúa, co obxecto de que conste no seu expediente persoal. Estes documentos deberán presentarse en:

• Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador-Colexio de San Xero-me-Santiago de Compostela, se a praza se convocou para Santiago de Compostela.

• Vicexerencia-Edificio Biblioteca Intercentros-Lugo, se a praza se convocou para Lugo.

A acreditación dos requisitos exixidos na base 2.a) deberá axustarse ao seguinte:

a) Para as persoas aspirantes nacionais dos Estados membros da Unión Europea, dou-tros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo (Islandia, Liechtenstein, Noruega) ou da Confederación Suíza, será suficiente coa copia compulsada (ou simple

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 14: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3317

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

acompañada do respectivo orixinal para o seu cotexo) do documento acreditativo da nacio-nalidade. As persoas aspirantes nacionais dos restantes Estados deberán acreditar, ade-mais, que teñen recoñecida a excepción de autorización de traballo.

b) As persoas aspirantes cónxuxes de nacional español, nacional doutro Estado mem-bro da Unión Europea ou nacional doutros Estados cando así se estableza nun tratado internacional celebrado pola Unión Europea e ratificado por España deberán presentar, ademais do indicado na alínea a), os documentos acreditativos do vínculo matrimonial e unha declaración xurada do seu cónxuxe de non estar separado de dereito deles.

c) Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais. O dito certificado pode solicitarse ao ministerio con competencias en materia de xustiza.

d) Os documentos que así o precisen deberán presentarse traducidos a algunha das linguas oficiais da USC.

A acreditación do requisito exixido na base 2.e) farase mediante a presentación de certificado médico oficial ou informe de saúde emitido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

De non presentarse a documentación na forma e prazo sinalados anteriormente, ou cando esta non garde correspondencia co declarado na instancia, a persoa candidata de-caerá nos dereitos que para ela deriven desta convocatoria.

9.4. Se a persoa candidata non asina o contrato dentro do prazo sinalado no número 2 desta base, agás supostos de forza maior debidamente acreditados e sen prexuízo do es-tablecido no artigo 10, in fine, da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, perderá o dereito a desempeñar o posto para o que foi seleccionada e procederase a formalizar a contratación coa persoa candida-ta proposta na seguinte posición.

9.5. Con carácter xeral os contratos que deriven desta convocatoria producirán efectos desde a data en que se asinen agás que neles se dispoña outra cousa, sen que en ningún caso poidan ter efectos retroactivos. Tan só unha vez formalizada a relación xurídica terá lugar o inicio da prestación de servizos e, polo tanto, a devindicación das retribucións asig-nadas á praza obtida.

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 15: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3318

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

9.6. Cando nunha mesma data se autorice a contratación dunha persoa candidata para ocupar máis dunha praza, a sinatura dun dos contratos suporá a renuncia ao dereito a ser contratado nas outras prazas para as que fora proposto. A sinatura do contrato suporá ta-mén a renuncia á praza que, de ser o caso, se estivese ocupando con anterioridade, salvo que ambos os postos resulten compatibles.

9.7. Serán de aplicación ao persoal contratado en virtude desta convocatoria as normas contidas na Lei 53/1984, do 26 de decembro; na Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompa-tibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica, e demais normativa de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públi-cas e as súas normas de desenvolvemento.

10. Duración do contrato.

Estes contratos terán efectos a partir da data de sinatura de cada un deles, ou da que se determine na resolución de autorización da contratación se é posterior, e a súa duración será segundo o establecido no artigo 35.1 da Normativa.

11. Norma derradeira.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santia-go de Compostela no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán in-terpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en canto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procede-mento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela P.D. (Resolución do 22.9.2015; DOG do 5 de outubro)

Luís Lima Rodríguez Vicerreitor de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8

Page 16: IV. OpOsIcIóns e cOncursOs unIVersIdade de santIagO de … · 2018-01-16 · DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3304 Issn110-22 depósi leal c.-1 p.na.aldiari-icial-alicia

DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3319

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

ANEXO relación de prazas-Oep 2017

Profesor contratado doutor.

Nº de concurso: 9001/17-18. Dedic.: T.Nº de prazas: 1 (PX0443).Área de coñecemento: Uroloxía.Departamento: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas.Perfil: Enfermidades Renais e Urinarias (G2051330).Centro*: Facultade de Medicina e Odontoloxía.Localidade: Santiago de Compostela.Categoría asistencial: facultativo especialista de área.Especialidade: Uroloxía.Institución sanitaria: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

(*) Centro onde se realizará con carácter preferente a actividade.

CV

E-D

OG

: vfjv

3zt3

-pqf

8-k2

j9-u

uc9-

fzqt

qusf

hjn8