investigación porque el agua es salada 03

3

Click here to load reader

Upload: pablo-quintas-barros

Post on 19-Jun-2015

35 views

Category:

Education


9 download

DESCRIPTION

Investigación porque el agua es salada 03

TRANSCRIPT

Page 1: Investigación porque el agua es salada 03

Auga na terra Artigo principal: Auga.

Fervenza de Toxosoutos, Lousame

A agua é unha substancia química que está composta de hidróxeno e osíxeno e é vital para todas a formas coñecidas de vida. Popularmente emprégase o termo auga para referirse ao seuestado líquido, existindo tamén en forma sólida como xeo, e gasosacomo vapor de auga. A auga cobre o 71% da superficie da terra. Na terra, atópase principalmente nos océanos e outros grandes corpos acuáticos, cun 1,6% baixo a codia en forma de acuíferos e un 0,001% no ar como vapor e nubes (formadas a partir de partículas sólidas e líquidas suspendidas no aire).[28] Os océanos abranguen o 97% da auga da terra, os glaciares e campos de xeos abranguen o 2,4%, e outras masas de auga da superficie como ríos, lagos e pozas o 0,6%. Adicionalmente, unha minúscula proporción da auga terrestre atópase contida en corpos biolóxicos e produtos manufacturados.

Page 2: Investigación porque el agua es salada 03

Océanos[editar | editar a fonte]

Cabo Fisterra, Fisterra

Os océanos son grandes extensións de auga salgada que forman principalmente a hidrosfera.

Os cinco océanos

Atlántico

Ártico

Índico

Pacífico

Antártico

Aproximadamente o 71% da superficie da terra (unha área de 361 millóns de km2) está cuberta por océanos, un continuo corpo de auga que adoita ser divido entre diferentes océanos e mares. Máis da metade desta área está a máis de 3.000 metros de profundidade. A salinidade media está ao redor do 35 partes por mil (ppt) (ou 3,5%), atopándose a maioría das augas mariñas entre as 30 e 38 ppt. Malia estar recoñecidos diversos océanos "separados", estas augas forma un único corpo

Page 3: Investigación porque el agua es salada 03

interconectado de auga salgada a miúdo referido como océano mundial ou océano global. Este concepto de océano global como corpo de auga continuo cun relativo libre intercambio de auga entre as súas partes é de importancia fundamental para a oceanografía.

As principais divisións dos océanos veñen definidas polos continentes, diversos arquipélagos, e outros criterios: estas divisións son (en orde descendente de tamaño) o océano Pacífico, o océano Atlántico, o océano Índico, o océano Antártico e mailo océano Ártico. As rexións menores dos océanos divídense entre mares, golfos, baías entre outros nomes. Existen tamén lagos salgados, que son corpos menores de auga salgada que non están interconectados cos océanos. Dous exemplos notables de lagos salgados son o mar de Aral e mailo mar Caspio.

Auga do mar Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A auga do mar é unha solución baseada en auga que compón os océanos e mares da Terra. É salgada pola concentración de sales minerais disoltas que contén, (3,5%) como media, entre as que predomina o cloruro sódico, tamén coñecido como sal de mesa. O océano contén un 97,25% do total de auga que forma a hidrosfera.