inventario de animais

15

Upload: kalandrakacom

Post on 16-Mar-2016

242 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Faktoría K de Libros, Ciencia

TRANSCRIPT

Page 1: Inventario de animais
Page 2: Inventario de animais
Page 3: Inventario de animais
Page 4: Inventario de animais

A Mimi Rivault.E. T.

Para Suzanne.V. A.

Título orixinal: Inventaire illustré des animaux

© da edición orixinal: Albin Michel Jeunesse, 2009© da tradución: Fernando Moreiras, 2012© desta edición: Kalandraka Editora, 2012Italia, 37 - 36162 PontevedraTel.: 986 860 [email protected]

Coordinadores de colección: Xulio Gutiérrez e Chema Heras Faktoría K de libros é un selo editorial de Kalandraka

Impreso en Gráfi cas Anduriña, PoioPrimeira edición: febreiro, 2012ISBN: 978-84-15250-34-0DL: PO 698-2011Reservados todos os dereitos

Page 5: Inventario de animais

VirginieAladjidi

VAladjidi

EmmanuelleTchoukriel

EmmanuelleT

Page 6: Inventario de animais

LIMIAR

Emmanuelle Tchoukriel, pintora e debuxante con formación no eido da ilustración médica e científi ca, recrea os elementos da natureza coa precisión e a arte dos naturalistas exploradores de séculos pasados.

Antes de inventarse a fotografía (arredor de 1830), os naturalistas debuxaban animais mortos ou disecados, aos que daban vida no papel grazas ao seu talento. Emmanuelle Tchoukriel debuxou estes cen animais baseándose na observación de animais vivos ou de varias fotografías.Os perfís negros das súas imaxes fi xéronse con Rotring e tinta chinesa, e as cores aplicáronse con acuarelas que xogan coas transparencias.

Neste inventario non exhaustivo clasifícanse os animais segundo as zonas onde habitan para dar unha idea do seu medio natural. Cómpre precisar que as láminas das selvas tropicais abranguen as selvas americanas, africanas e asiáticas; as láminas das zonas desérticas, as de varios continentes; e as dos océanos, os fríos e os quentes. Pola súa banda, as láminas das montañas temperadas, as ribeiras, as zonas habitadas e as cidades, e as granxas, mostran sobre todo animais europeos.

Os científi cos adoitan clasifi car os animais en función das súas semellanzas, e comezan diferenciando dous grandes grupos: por unha banda, os vertebrados, que presentan columna vertebral; e, por outra, os invertebrados (como os insectos), que non a presentan. Cada un destes grupos está, á súa vez, dividido en varios subgrupos denominados «clases»; para cada animal indícase a clase á cal pertence e o nome científi co da especie (en latín). Con todo, cómpre ter en conta que a clasifi cación dos animais evoluciona a medida que se fan novos descubrimentos, que non todos os científi cos se poñen de acordo con algunhas delas, e que os nomes cambian (por exemplo, os anfi bios adoitaban denominarse «batracios» no pasado).

Os vertebrados actuais distribúense nunha decena de clases, e os lectores poderán admirar animais representativos das seis principais: mamíferos, aves, peixes cartilaxinosos, peixes de aletas radiadas, anfi bios e réptiles.

Page 7: Inventario de animais

Os invertebrados (que supoñen o 95 % das especies animais!) divídense en máis de sesenta clases,polo que só se elixiron animais dunhas poucas delas, primando a beleza da imaxe sobreo interese científi co.

Os debuxos desta obra non están todos á mesma escala; só tres páxinas dobres mostran, nunha mesma lámina, diversos animais en proporción os uns aos outros:

Determinadas especies, como o tigre ou o chimpancé, xa comezan a escasear; outras, como o rinoceronte negro, a foca monxe ou a tartaruga de coiro, volvéronse moi escasas; e outras, como o órix, xa non se dan en estado salvaxe. Esperamos que esta obra impulse a protexelos e, de forma xeral, fomente a curiosidade e o respecto cara a estes animais tan fermosos.

SUMARIO

As rexións polares láminas 1 a 4Os océanos láminas 5 a 11As selvas tropicais láminas 12 a 19As zonas desérticas láminas 20 a 25As sabanas láminas 26 a 31As montañas temperadas láminas 32 a 37Os bosques temperados láminas 38 a 45As costas e ribeiras láminas 46 a 53As zonas habitadas láminas 54 a 59As granxas láminas 60 a 65

Xirafa / cría de xirafa:

lámina 31

Balea corcovada /tartaruga de coiro:

lámina 9

Elefante da sabana africana / gacela springbok:

lámina 26

Page 8: Inventario de animais

– lámina 1 –

as rexións polares

Oso polarUrsus maritimusClase: MAMÍFERO

O xigante da banquisa, o oso polar confúndese coa brancura do xeo:tan só ten os ollos e o fociño negros.As súas patas lixeiramente palmeadas permítenlle nadar ben.

Page 9: Inventario de animais

– lámina 2 –

as rexións polares

Pingüíns emperadores Aptenodytes forsteriClase: AVE

Estas aves non poden voar, pero nadanmoi ben grazas á súa densa plumaxee ás súas patas palmadas.Os pingüíns macho e femia fan o cortexo saudándose e tocándose o peteiro.O macho é o que incuba os ovos.

Page 10: Inventario de animais

– lámina 3 –

as rexións polares

Curuxa nivalou bufo brancoBubo scandiacusClase: AVE

A curuxa nival pasa máis tempo pousadaou en terra que voando.Mantense quente grazas ás súas plumas longase mestas, que lle recobren as patas e caselle ocultan o peteiro. As femiasestán zarrapicadas de marxas negras,e os machos teñen unha plumaxe completamente branca.

Page 11: Inventario de animais

– lámina 4 –

as rexións polares

Raposo polarAlopex lagopusClase: MAMÍFERO

De cor parda no verán e branca no inverno, este raposo ten un pelame mestoque o protexe do frío.O pequeno tamaño das súas orellaslimita a perda de calor corporal.

Page 12: Inventario de animais
Page 13: Inventario de animais
Page 14: Inventario de animais
Page 15: Inventario de animais