introducciÓn - edu.xunta.gal

22

Upload: others

Post on 05-Apr-2022

12 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal
Page 2: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

INTRODUCCIÓN

Hoxe en día estamos inmersos nun mundo multicultural onde non só conviven os pobos, culturas, razas, xente distinta, tamén se comparte o coñecemento, e para iso, para poder obter esa vantaxe, esa riqueza do entorno, dos outros, é necesario o entendemento, a comunicación. Esta mestura, hoxe por hoxe é tal que custa ás veces percibir en moitas ocasións as deferencias, e isto precisamente é o aspecto máis positivo posto que é a consecuencia directa da tolerancia, do respecto, da solidariedade, conseguidos ata agora a través do contacto e coñecemento dos outros. Pero este, que foi ata aquí un camiño moi longo, non está acabado, sabemos que temos que seguir traballando na mesma liña para que estes logros se afiancen. É neste punto onde cabe a reflexión sobre a utilidade dos Programas de Intercambio. Nós estamos convencidos do enriquecedoras que poden chegar as ser estas experiencias,tanto para alumnado como para profesorado, polas moitas oportunidades de interactuar con outras culturas a través dunha canle común ás dúas, unha lingua estranxeira para ámbalas dúas partes.

Aprender nun contexto real onde se comproba a utilidade do adquirido na aula para cubrir as necesidades propias, é o máis eficaz, atractivo e motivador xeito de aprendizaxe. Apréndese facendo, por necesidade. É polo que consideramos importante a aprendizaxe da lingua nun contexto real de comunicación, por un lado porque é así como máis útil e enriquecedor resulta, e por outro, porque é o xeito de que o neno/a vexa a súa utilidade real, o seu fin último, a comunicación.

O tomar parte neste tipo de proxectos é sumamente importante para nós, non só porque cremos no exposto anteriormente, senón por outros factores como que o noso centro pertence a un medio rural e o contacto e interacción con outras xentes, costumes e formas de pensar fanse ás veces difíciles. A isto debéramos engadir que a relación co diferente faise en situacións alleas á vida cotiá. Viveiro -a 5 km do noso centro- é unha vila turística que acolle a xentes doutros lugares en vacacións de verán e Semana Santa, pero non evita os prexuízos e estereotipos respecto doutras culturas.

O noso interese como educadores é obviamente máis amplo, poñer ao neno/a en contacto con esas outras culturas, compartindo inquedanzas da idade aínda que vistas dende outro estilo de vida. E non só os nenos se aproveitan deste contacto, tamén nós aprendemos destas experiencias.

Tal e como se explicou previamente no proxecto o seu título, Let’s visit Poland with Witty, fai referencia a unha das personaxes principais das historias que se contan no noso libro de texto (un dos materiais de aula) e que serve de fío condutor das diferentes unidades. Witty é unha bombilla capaz de transportar a unha parella de nenos a diferentes países do mundo, sempre a través da pantalla dun

Page 3: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

ordenador; poderíase entender coma se fose unha viaxe virtual para os nosos alumnos/as, pero que nesta ocasión, unha viaxe a Polonia, foi real, unha vivencia propia.

O CENTRO

Un dos motivos que nos levou a elixir Polonia foi que este curso tivemos a sorte de contar durante 6 meses cunha Asistente Comenius procedente de Polonia, Gosia, coa que coñeceron de primeira man a súa cultura, modo de vida e incluso a saudar en polaco e algunhas cancións. Todo isto mediante o uso do inglés. Á vez axudounos a boa relación que temos cun centro educativo en Staszow, co que compartimos un Proxecto Comenius anterior e o noso colexio foi visitado por alumnos dese centro, así que esta sería unha visita reencontro

Publiczne Gimnazjium Nr.2

UL.25 CECIA PRL 4

28200-Staszow

Polonia

Contactamos con este centro ao igual que ata o momento, vía correo electrónico. Realmente xa tiñamos relación fluída coa que fora coordinadora dun Proxecto Comenius anterior, Lucyna, e co director Janus, polo que non resultou difícil poñerse de acordo en pouco tempo.

REUNIÓNS COS PAIS

O primeiro paso, logo de ter contactado e confirmada a posible visita aos nosos compañeiros polacos, foi convocar aos pais dos alumnos/as de 6º de Primaria, grupo elixido para a actividade, e informalos da posibilidade de solicitar tomar parte no Programa de Intercambios así como se lles expuxo o motivo da nosa preferencia por Polonia, ao que estiveron de acordo. Explicóuselles tamén cal fora a experiencia con grupos anteriores en actividades tanto de Intercambio como de Comenius, as características típicas e tempo de estadía nestes casos, e incluso adiantóuselles as

Page 4: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

datas posibles e preferidas por ambos centros en relación a outras actividades (viaxes, excursións, calendario de exames e avaliacións); as mellores opcións estaban na segunda quincena de maio ou na primeira de xuño. Falouse de cal eran as expectativas a cumprir coas actividades. Estas irían dende a participación nas actividades do colexio e nas saídas cos grupos de alumnos polacos ao entorno, sempre co emprego do inglés ata o traballo diario en actividades programadas a tal fin como a guía de viaxe (Anexo 2) polo que necesitarían un pequeno dicionario de peto. Que documentación habían necesitar para a viaxe e incluso facilitóuselles información concreta sobre esta. Asemade que o profesorado que acompañaría ao grupo serían D. José Rodríguez Costa, director do noso centro, e a profesora de inglés Dna. Mª del Carmen Pernas. Déuselles unha autorización que debían cubrir e devolver nun prazo acordado no caso de decidir tomar parte na actividade. En cada unha das posteriores reunións, en total foron 4, fóiselles poñendo ao día das novidades nas actividades, a data concreta (do 9 ao 18 de maio), os posibles gastos, incluso algunhas recomendacións de material a levar en función das actividades.

DATAS E RUTA

A localidade polaca á que viaxamos, Staszow está máis próxima de Cracovia, polo que a primeira intención era viaxar con ese destino pero ao contactar con varias axencias de viaxe, comprobamos que os billetes chegaban a ter un prezo desmesurado. Precisamente coa axuda dos nosos colegas alí, facilitándonos o aluguer dun minibús para recollernos, decidímonos viaxar a Varsovia con escala en Madrid.

As datas acordadas, logo de desbotar as que interferían noutras actividades, e considerando que no mes de xuño o prezo do billete era maior, foron do 9 ao 18 de maio.

Acordamos cos pais, logo de informalos que o noso voo era moi cedo o día 10 e o tempo que necesitabamos para facturación e embarque, que a mellor opción era viaxar a Santiago, de onde partiamos e facer noite alí para non correr riscos de demora polo que nos xuntamos na tarde do 9 alí.

Page 5: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

LISTAXE DE ALUMNOS

1.-Lucía Chaves Eijo

2.-Víctor José Costa Martínez

3.-Juan Díaz Rodríguez

4.-Víctor Ramón Fariñas Barceló

5.-Eva Fernández Sánchez

6.-MªNazaret do Horto Nunes ( a pesar de figurar na lista de alumnado, pouco despois se deu de baixa da actividade por ser cidadana portuguesa e non resolver a documentación a tempo)

7.-Miguel Ángel Labaén Rodríguez

8.-Ariadna López González

9.-Carmen Mariño Caneiro

10.-Ariadne Nieto Rego

11.-Julia Peláez Vale

12.-Alejandro Piñón Santos

13.-Gabriel Polo Fraga

14.-Luis Salgueiro Expósito

15.-Lara Sanjurjo Penabad

16.-Raquel Vázquez Rodríguez

REUNIÓN DE CLAUSTRO E CONSELLO

Informouse ao Claustro e ao Consello Escolar das datas, as actividades que se barallaban, o listado de alumnos/as e previsión de gastos.

Ante a demora da resolución do Proxecto de Intercambios Lingüísticos, decidiuse de qué xeito se poderían sufragar os gastos ademais da aportación das familias coas que se acordara a cantidade de 100 euros e unha aportación da ANPA.

Page 6: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

ACTIVIDADES

� ACTIVIDADES PREVIAS Á VIAXE En todas as actividades traballadas empregouse o inglés agás cando aprendemos os saúdos e cancións en polaco

• As actividades de búsqueda de información sobre Polonia e Staszow, a poboación a visitar. Parte destas actividades foron dirixidas por Gosia.

• Actividades no encerado dixital (EDI) empregando Presentacións PowerPoint para expoñer a información atopada así como actividades e xogos tamén co EDI empregando o programa do mesmo, SmartNotebook

• Audicións, empregando Internet, en posibles situacións de viaxe: aeroporto, na rúa,...

• Representación de diálogos en posibles situacións na viaxe para adquirir vocabulario útil, tales como: no aeroporto, aloxamento, restaurante, preguntar direccións, solicitar permiso, ...

• Representación de diálogos nos que se traballe a conversación típica para coñecer información sobre a outra persoa ou se dá información persoal sobre nós.

• Concurso “Our view of Poland” coa elaboración de murais e PowerPoint feitos polo alumnado nos que se recolle a información manexada.

• Celebracións típicas polacas, como o Saint Andrew's Day, Andrzejki , que colgamos nun apartado da nosa páxina web

http://centros.edu.xunta.es/ceipsantarita/

• Tal e como acordamos co colexio polaco, preparamos unha exposición de PowerPoint sobre España, Galicia, o noso centro,... para expoñer alí

• Aproveitamos a celebración do Festival de Nadal para facer dúas representacións con monicreques en inglés, unha sobre un coñecido conto, Gingerbread man, porque Tórun, a cidade de procedencia de Gosia é ben coñecida por ser a cuna de Copérnico e polos doces de pan de xenxibre (gingerbread); e a outra obriña foi sobre unha lenda polaca moi similar ao frautista de Hamelin, Flisak Legend

Page 7: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

• Durante o mesmo Festival cantáronse panxoliñas típicas inglesas e polacas (en polaco)

• Intercambio de cartas e fotos cos nenos/as polacos das mesmas idades contando datos persoais, gustos e afeccións

ACTIVIDADES REALIZADAS POLO ALUMNADO INDEPENDIENTEMENTE DE QUE VIAXASEN OU NON

-Todas as actividades previas á viaxe, tanto de conexións como de busca e tratamento de información sobre Polonia foron realizadas con todo o grupo

-Preparación da presentación en PowerPoint sobre nós.

-Conexións en tempo real vía Skype e chat entre os dous centros.

-Envío de postais e cartas individuais de centro a centro

Page 8: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

� ACTIVIDADES DURANTE A VIAXE

• 9 DE MAIO: -Saída hacia Santiago

• 10 DE MAIO: -Saída de Santiago a Varsovia (con escala en Madrid) Entre as actividades previas á viaxe estaban o saber qué ten que facer un para viaxar en avión, dende cómo facturar, normas para a equipaxe, tarxeta de embarque,... tanto en galego como en inglés. -Viaxe Varsovia-Staszow: Lucyna, un dos nosos contactos no colexio estábanos esperando no aeroporto cun microbús para levarnos a Staszow. Cando chegamos alí instalámonos no hostal, ceamos e fixemos o traballo correspondente ao primeiro día na nosa guía de viaxe.

• 11 DE MAIO: -Visita ao colexio: Guiados polo director do centro, fomos visitando todas as instalacións e clases onde nos tiñan preparadas diversas actividades Algunhas das actividades consistiron en xogos varios en grupos mixtos de galegos e polacos

Page 9: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

-Visita ao Concello: Fomos recibidos no Concello pola responsable de Cultura e outras personalidades e intercambiamos obsequios representativos do noso colexio e do seu Concello. Por

suposto, os discursos de presentación e agradecemento foron en inglés, tanto por unha parte como pola outra, de feito no caso de que Lucyna traducira do polaco, dirixíase a nós, nenos e adultos en inglés e nós, na medida do necesario non

traduciamos ao galego co que os nosos nenos se viron na necesidade de esforzarse.Esta foi a estratexia a seguir durante toda a viaxe.

-Paseo por Staszow Un grupo de alumnos xunto coa súa profesora fóronnos mostrando e explicando sobre os monumentos máis representativos da cidade. -Un pouco de deporte: Leváronnos á piscina no municipio veciño hasta que foi hora de visitar o Mosteiro de Golejow/Rytwiany

Page 10: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

• 12 DE MAIO: -Baltow: Alí visitamos un parque moi especial, ten a representación dos dinosauros máis coñecidos, unha especie de parque xurásico.Fomos cun grupo de nenos/as e profesores polacos e acompañounos un guía en inglés co que unha vez máis, os nosos alumnos/as se viron obrigados e esforzarse en entender. Nós limitámonos a completar a información que non captaban. -Mina de silex en Krzemionki Opatow: Alí, nunha visita guiada, tamén en inglés, a través das múltiples galerías da mina, fóronnos explicando cómo na época prehistórica, os homes do poboado extraían a pedra de silex para facer moitas ferramentas tanto para a agricultura como para a caza.

Page 11: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

• 13 DE MAIO: -Visita a Ujazd, o Palacio de Krzyztopor e o lago Chancza: Foi no seu día un palacio moi curioso, chámanlle o palacio do calendario porque ten 4 torres polas 4 estacións, 12 estancias polos 12 meses, 52 habitacións polas semanas do ano, e 365 ventás polos días do ano. Hoxe, lamentablemente está en ruínas, só se emprega a entrada para concertos e torneos medievais Chancza é un lago artificial construído para evitar as crecidas do río Negro e as inundacións na cidade. Utilízase como zona de recreo e criadeiro de especies que se verten ao río para repoboalo.

Page 12: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

-Palacio de Kurozweki É un palacio reconstruído rodeado de extensións de campo onde pacen manadas de bisontes e algúns outros animais.

Alí non só visitamos o palacio senón tamén tiñamos preparada un churrasco de carne de bisonte. Encantounos

• 14 DE MAIO: -Parque etnográfico de Tokarnia, visita ao anfiteatro e réptiles: É un parque moi orixinal na súa presentación porque é todo un pobo tal e como era anos atrás. En cada casa as habitacións e obxectos están expostos tal e como era na súa orixe. Hoxe en día aínda se misa na capela

Page 13: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

todos os domingos. Outra das edificacións máis curiosas é o pozo con noria de cabalos, importante por ser punto de encontro social da poboación.Contáronnos moitas curiosidades da vida naquela época. Logo aproveitamos para comer nun parque onde visitamos o anfiteatro e de alí fomos a un terrario de réptiles onde nos explicaron o princi- pal dalguns animais, incluso puidemos tocalos. Coma en todas as ocasións, iamos acompañados por nenos/as do cole e as explicacións eran en inglés.

-Despedida de Staszow: Preparáronnos unha festa despedida no ximnasio porque era o noso último día en Staszow, á mañá seguinte partiamos para Cracovia. Tamén nos fixeron unha entrevista tres alumnos de

5º do colexio polaco, que se corresponde en idade co noso 6º, para incluíla na súa páxina Web e o seu xornal escolar

• 15 DE MAIO:

Dende este día, ás visitas fomos acompañados unicamente por Lucyna que nos traducía ao inglés cando non tiñamos guía nesa lingua.

Page 14: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

-Visita ao Museo da Estrada: Explicáronnos para qué servían todos os aparellos alí expostos e cómo se construían as estradas hai anos.

-Zalipie Trátase de todo un pobo, Zalipie, onde a xente pinta as súas casas e xardíns con

motivos florais, e o ten como tradición dende hai anos. Hoxe pintan tamén multitude de obxectos de madeira que logo poñen á venta. Alí fixemos un taller de pintura ao xeito que o fan eles.

-Praza do Mercado:

Punto principal da cidade de Cracovia, onde se reúnen as máis variadas actividades culturais. En Cracovia reencontrámonos con Gosia, a nosa Axudante Comenius.

Page 15: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

• 16 DE MAIO: -Visita ao Parque das Miniaturas:

Alí vimos en maquetas, a escala, dalgúns dos máis famosos monumentos do mundo e puidemos aprender sobre elas grazas ás informacións que había ao pé de cada unha, en polaco e en inglés

-Visita a Wadowice: É a localidade polaca de nacemento do Papa Juan Pablo II. Alí visitamos a igrexa principal e probamos os pasteis que levan o nome que poderiamos traducir como “papais”, que se fixeron famosos debido a que o Papa os mencionou no discurso que fixo na súa visita á localidade e no que os mencionou como un grato recordo da súa infancia alí.

Page 16: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

-Travesía polo río Vístula:

-Castelo de Wawel e Dragón: Só nos foi posible visitalo por fóra e o patio interior.

Tamén fomos ver o dragón da lenda que conta a creación da cidade e que bota lume pola boca cada 3 minutos

• 17 DE MAIO: -Minas de sal de Wieliczka:

Son pouco menos que impresionantes. Toda a estructura, tallas, bóvedas,etc están feitas en sal. Levamos guía durante todo o percorrido

Page 17: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

-Parque Acuático: Foi a última actividade programada nesta viaxe e pódese entender que o foi de descanso e entretemento.

• 18 DE MAIO: -Viaxe de volta de Cracovia ao aeroporto Frederic Chopin de Varsovia. Voo Varsovia-Madrid-Santiago. Santiago-Viveiro.

ACLARACIÓNS SOBRE ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES DURANTE A VIAXE: -Nas situacións de comedor, como en restaurantes e hostal, supermercados, os nenos tiñan que facer os seus pedidos en inglés. -Nas visitas, acompañados ou non por guía, as exposicións e aclaracións foron en inglés ( un dos motivos de pedirlles levar un pequeno dicionario) en todo caso se lles ampliaba información se era necesario. -Todas as noites tiñan que completar a súa guía de viaxe coa información do visto durante o día, -Diariamente tiñan que escribir un pequeno texto en inglés como impresión do día, a xeito de diario coa intención de engadilo no blog da viaxe, enlazado á nosa páxina Web -Nas visitas ao colexio participaron en xogos, e exposicións de PowerPoint preparados previamente -Intercambiaron direccións de correo electrónico cos nenos/as polacos coa intención de seguir en contacto

ACTIVIDADES POSTERIORES Á VIAXE -DO PROFESORADO

-Avaliación e deseño de actividades de continuidade

-Deseño de publicacións na web e na revista escolar. Actualizar a páxina web e o blog co material feito polo alumnado.

-Avaliar a consecución de obxectivos propostos no proxecto

-DO ALUMNADO PARTICIPANTE

-Intercambio de cartas, postais, mensaxes de correo electrónico.

-Elaboración de contidos para a web e para o blog

-Elaboración de materiais para a revista escolar.

Page 18: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

-DAS FAMILIAS

-Participación na avaliación do proxecto.

-Participación nas actividades convocadas para a explicación do desenvolto durante a viaxe.

VALORACIÓN

-DO ALUMNADO: A pesar de que o alumnado estaba temeroso de poderse entender en inglés, polo menos nos mínimos necesarios nunha comunicación, puideron comprobar que eran capaces de, (sobre todo entender máis ca falar), moito mellor do que esperaban. A súa impresión foi moi positiva, non só no que foron as actividades e visitas, cousa xa esperada , senón tamén nos seus logros lingüísticos que segundo eles non foron poucos. Son moi conscientes que estes debéronse principalmente á cubrir as súas necesidades, tanto de relación como intereses persoais.

-DO PROFESORADO: Temos que dicir que a viaxe resultou moi boa en moitos aspectos, principalmente grazas á inestimable colaboración do colexio polaco e ao seu director Janus e a coordinadora Lucyna. Propuxéronnos as actividades a realizar, organizaron a estancia e os desprazamentos e brindáronnos a súa axuda en todo momento. As actividades resultaron moi atractivas para os nenos/as polo que puidemos ver e o que comentaban os nenos. Comprobamos que os nenos/as fixeron grandes avances, incluso cos erros propios de calquera aprendizaxe pero a necesidade obriga e foi o motor que os fixo avanzar. O resultado en canto a produción de textos e material vario tamén foi moi bo,tanto en calidade como en orixinalidade na presentación.

-DAS FAMILIAS: A impresión das familias con respecto a experiencia é moi alentadora para seguir traballando nesta liña porque están convencidos de que estas actividades axudan a que os nenos sexan máis autónomos tanto nas súas rutinas diarias, desarrollen a súa tolerancia e respecto por outros costumes e por suposto lles favorece no emprego dunha lingua estranxeira como canle de comunicación.

Page 19: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN

-Principalmente as actividades de difusión foron as xa expostas nos distintos apartados. Todo o traballo, tanto previo, durante a viaxe e posterior a esta, está incluído un apartado específico da nosa páxina web:

-As fotos correspondentes a cada día da viaxe tamén están incluídas na nosa páxina, no apartado de “galería de imaxes”, nun sitio específico para tal fin.

-O comentario do alumnado, descrición de actividades da viaxe,... están incluídas no noso xornal escolar, que se reparte ao alumnado en formato impreso pero que tamén se pode descargar íntegro dende a páxina web -Un blog linkado á páxina web cos comentarios da viaxe e da información que manexamos sobre Polonia. Galdo,15 de xuño de 2009 O director A coordinadora

Asdo.: José Rodríguez Costa Asdo.: Mª del C. Pernas Fraga

Page 20: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

ANEXO

Staszów 10.03.2009 LETTER OF ACCEPTANCE This is to certify that the Polish school-Publiczne Gimnazjum nr 2w Staszowie is inviting the students and teachers of the Spanish school-CEIP Santa Rita, Galdo in Viveiro to a Study Visit within the Language Exchange Programme, which is going to be held between 9th May -18th May 2009 in Staszow / Poland. During the visit, we will be working on topics and activities included in the project entitled “Let’s visit Poland with Witty!” The school headteacher Jan Gromniak

Page 21: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

ALGUNHAS

ACTIVIDADES PREVIAS

Page 22: INTRODUCCIÓN - edu.xunta.gal

ALGUNHA DAS

ACTIVIDADES DA VIAXE