informe da primeira fase...
TRANSCRIPT
MAPA DE RISCO QUÍMICO
MAPA DE RISCO QUÍMICO DE GALICIA
INFORME DA PRIMEIRA FASE Avance
(abril de 2012)
Este informe é o avance de resultados da execución da ficha PR 15 recollida no Plan de Actividades do ISSGA dos anos 2010 e 2011 denominada “Mapa de Risco Químico de Galicia” cuxo contido se recolle no anexo II.
MAPA DE RISCO QUÍMICO
Coordinadores do proxecto:
José Rega Piñeiro (Subdirector Técnico e de Planificación do ISSGA) Lucía Ferrón Vidán
(Xefa de sección de Hixiene Industrial do ISSGA)
Execución polos Equipos de Hixiene Industrial nos centros provinciais do ISSGA:
Miguel Martínez Losada Francisco Javier Copa Rodríguez Teresa Rodríguez Fariña Ana Mª Vázquez Rodríguez
Licenciados en Química contratados:
Laura Gil Piñeiro Jesús Manuel Díaz Bello
Autora do informe: Lucía Ferrón Vidán
Un especial agradecemento: Ao “Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos Laborales”, que desenvolveu unha experiencia similar ao longo dos anos 2007‐ 2009 nesa comunidade autónoma, e nos brindou a súa colaboración para a posta en marcha do noso proxecto; en particular á Área de Hixiene Industrial. A todas as empresas que colaboraron neste ambicioso proxecto, en especial aos seus responsables e técnicos de prevención, cunha particular mención á Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (ASIME) que a través do seu servizo de prevención mancomunado facilitou a recolleita de datos das súas empresas. A todas elas se lle enviará unha comunicación individualizada coa información de maior interese.
ÍNDICE INTRODUCIÓN E OBXECTIVOS DO PROXECTO................................................................................ 3
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS .............................................................................................................. 5
A IDENTIFICACIÓN DO RISCO QUÍMICO: NORMATIVA E CONCEPTOS ........................................... 7
DESCRICIÓN XERAL DO PROXECTO............................................................................................... 11
RESULTADOS ................................................................................................................................. 12
1. Descrición da mostra ............................................................................................................ 12
2. Grao de control manifestado polas empresas (apartados 2 a 8 do cuestionario) ............... 15
3. Información xeral recibida sobre os produtos rexistrados................................................... 20
4. Análise cualitativa dos axentes............................................................................................. 23
5. Análise cuantitativa............................................................................................................... 28
6. Canceríxenos e mutáxenos ................................................................................................... 29
CONCLUSIÓNS MÁIS RELEVANTES................................................................................................ 39
ANEXO I ......................................................................................................................................... 43
ANEXO II ........................................................................................................................................ 50
1
INTRODUCIÓN E OBXECTIVOS DO PROXECTO
A primeira normativa sobre substancias químicas perigosas data do ano 1967; nela reflectíanse máis de 1.500 substancias consideradas como perigosas. Ao longo do século XX foise desenvolvendo diversa lexislación dirixida ao control dos produtos químicos comercializados e á identificación dos riscos xerados por estes produtos, tanto para a saúde das persoas, como para o medio ambiente. A normativa desenvolvida ao longo deste século non foi quen nin de controlar as substancias químicas comercializadas nin de xerar a información suficiente sobre os riscos que poderían orixinar. Precisamente a gran preocupación social que este “descontrol” estaba a orixinar provocou que finalmente, no ano 2007 se aprobara o Regulamento REACH relativo ao Rexistro, a Avaliación, a Autorización e a Restrición das Substancias e Preparados Químicos (acrónimo REACH polas súas siglas en inglés: Registration, Evaluation and Authorization of Chemicals). Este regulamento foi aprobado polas institucións europeas e é de directa aplicación a todos os Estados Membros. Os obxectivos de REACH son ambiciosos: preténdese coñecer e rexistrar todas as substancias comercializadas por enriba de 1 t/ano, sexan perigosas ou non, ademais os fabricantes ou importadores son responsables de xerar e proporcionar ás autoridades a información sobre as propiedades das substancias e de avaliar os seus riscos antes da súa saída ao mercado, co fin de que se poidan adoptar as medidas adecuadas para a xestión destes riscos; doutra banda, as substancias que resulten máis perigosas (para a saúde ou para o medio ambiente) serán sometidas a un estrito control ou incluso poderán ser prohibidas. No ámbito laboral, os produtos químicos están presentes na maioría de sectores de actividade, dende o industrial ao de servizos pasando polo docente ou o sanitario; sen esquecer que moitos deles son perigosos, tanto para a saúde como para o medio ambiente, perigosidade que non só depende das súas propiedades intrínsecas, senón tamén da maneira na que se manipulan nos lugares de traballo. En toda Europa e en concreto no noso país, existe unha insuficiencia de datos sobre as características e as consecuencias da exposición laboral aos produtos químicos, aínda que por todos son coñecidas patoloxías de diferente gravidade relacionadas coa utilización de produtos químicos perigosos no traballo e, por exemplo, existe unha opinión xeneralizada de que parte dos casos de cancro declarados son de orixe profesional. Por outra banda a Lei 31/1995 de Prevención de Riscos laborais obriga ao empresario a avaliar o riscos tendo en conta a natureza da actividade desenvolvida, as características dos postos de traballo existentes e as dos traballadores que os desempeñan e tendo en conta a normativa desenvolvida sobre a protección de riscos específicos. Isto quere dicir que o risco químico debe ser avaliado tendo en conta o que di ao respecto O RD 374/2001 do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo e tamén o que di o RD 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo no caso dos axentes canceríxenos e mutáxenos (con normativa específica a maiores para o amianto). O primeiro paso para unha correcta avaliación do risco químico é a identificación dos produtos químicos perigosos; así o recolle o RD 374/2001 cando di que o empresario deberá determinar, en primeiro lugar, se existen axentes químicos perigosos no lugar de traballo, e no caso de que existan, avaliar os riscos para a saúde e seguridade dos traballadores, orixinados polos devanditos axentes.
3
4
Na actualidade estáselle a dar un xiro importante á avaliación do risco químico en toda Europa, xiro que ven liderado tanto pola implantación dos métodos de avaliación simplificados, ou métodos cualitativos de avaliación, como por unha nova regulamentación en materia de comercialización e etiquetaxe (Regulamento REACH e Regulamento CLP relativo á clasificación , etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas, de decembro do 2008) dos produtos químicos perigosos presentes no mercado europeo. Sen dúbida as principais ferramentas para a transmisión da información sobre os perigos son a etiqueta, e a “ficha de datos de seguridade” (FDS), dirixida expresamente aos usuarios profesionais e industriais e cuxa información debe ser tida en conta para avaliar o risco químico e debe ser facilitada aos traballadores e aos seus representantes. A FDS é agora regulada enteiramente polo REACH que ademais a consolida como a ferramenta fundamental para a transmisión da información dos riscos das substancias e mesturas perigosas ao usuario profesional e ao longo da cadea de subministro. A FDS está a ser notablemente enriquecida coa información que a aplicación do REACH está a xerar. Neste contexto descrito, o ISSGA, consciente da falla de información sobre a exposición laboral a axentes químicos, e como resposta tamén ás deficiencias que vimos detectando na avaliación do risco químico, incluíu no seu Plan de Actividades do ano 2010 e do ano 2011 o proxecto da elaboración dun “MAPA DE RISCO QUÍMICO DE GALICIA”. O obxectivo deste proxecto é precisamente obter datos sobre o uso de produtos químicos perigosos nas empresas da nosa comunidade autónoma para poder así exercer o noso labor con coñecemento da situación e actuar preventivamente, prestando asesoramento e asistencia técnica centrada na correcta xestión do risco químico, especialmente o derivado daqueles axentes químicos máis perigosos para a saúde dos traballadores. Preténdese que este labor de asesoramento sexa complementado ademais con accións en materia de formación e información, dirixidas tanto a empresarios como a traballadores.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
No contexto que se acaba de expor este proxecto pretende obter información sobre os seguintes aspectos:
Identificación, da maneira máis pormenorizada posible, dos axentes químicos "potencialmente perigosos" (1) presentes nos lugares de traballo: características de perigosidade, cantidade de axentes que se utilizan, almacenan, xeran e/ou producen, porcentaxe de presenza nos centros de traballo por categorías de perigo...
Identificación dos axentes químicos canceríxenos e mutáxenos (CM) presentes nos lugares de traballo: porcentaxe de centros de traballo afectados, análise por categorías, CM máis frecuentes, coñecemento da presenza destes axentes...
Grao de control sobre o risco químico manifestado polas empresas participantes.
Información contida nas fichas de datos de seguridade recibidas: corrección da información en relación a diferentes aspectos con especial atención á clasificación relativa a carcinoxenicidade, mutaxenicidade e toxicidade para a reprodución de substancias e mesturas.
(1) Enténdense por “potencialmente perigosos” aqueles que, en ausencia de medidas preventivas específicas, poden orixinar riscos para a seguridade e a saúde dos traballadores.
5
A IDENTIFICACIÓN DO RISCO QUÍMICO: NORMATIVA E CONCEPTOS
A correcta avaliación do risco químico require de diferente etapas que se deben levar adiante seguindo unha orde e unha sistemática que poida garantir que non se esquece ningún aspecto importante. Partindo da premisa de que esta avaliación debe cumprir co estipulado na normativa laboral, e en concreto coas obrigas que recolle o RD 371/2001 para os axentes químicos e o RD 664/1997 para os axentes canceríxenos, fóronse desenvolvendo diferentes guías, normas e métodos que serven de ferramenta para poder avaliar e en consecuencia aplicar as medidas preventivas que sexa mester; pero sexa cal sexa o procedemento empregado para avaliar o risco, sempre debe existir un primeiro paso común a todos eles, a correcta identificación do risco. Identificar os riscos require á súa vez comezar por identificar os perigos e, cando se trata do risco químico, isto supón tanto identificar todos os produtos químicos intrinsecamente perigosos e coñecer as súas características de perigosidade, como identificar todas aquelas condicións relacionadas coa manipulación e co almacenamento destes axentes, en calquera fase do proceso produtivo, que poidan ser intrinsecamente perigosas ou que poidan colaborar directamente a transformar o potencialmente perigoso nun risco real para a seguridade (incendio, explosión) ou para a saúde (en función das súas propiedades toxicolóxicas). Non se fará unha correcta avaliación do risco químico se non se comeza por elaborar unha lista con todos os axentes químicos perigosos. Debido á entrada en vigor do Regulamento (CE) nº 1272/2008 sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas (regulamento CLP), nos atopamos nun período transitorio e durante uns anos van coexistir dous sistemas de clasificación e etiquetaxe. O regulamento CLP modificou o regulamento REACH e planificou a derrogación das directivas sobre clasificación e etiquetaxe de substancias e preparados químicos perigosos, traspostas á lexislación española polo Real decreto 363/1995, do 10 de marzo de 1995 para as substancias e polo Real decreto 255/2003, do 28 de febreiro de 2003, para os preparados (e as súas correspondentes modificacións e actualizacións). Cómpre aclarar que no momento da recolleita de datos da primeira fase deste proxecto, o sistema que deriva do Regulamento CLP aínda non era de obrigado cumprimento (agora si o é xa para as substancias) e polo tanto a información recibida viña referida fundamentalmente ao sistema de clasificación “tradicional”, que é o utilizado polo tanto para expoñer os datos deste informe. Cando se trata de produtos químicos clasificados como perigosos, ademais de ser etiquetados como tales e seguindo un modelo definido pola lexislación, deben vir acompañados da ficha de datos de seguridade que debe ser subministrada ao usuario profesional. O artigo 31 do REACH regula os requisitos da FDS que debe ser elaborada seguindo as indicacións do anexo II (anexo que xa foi modificado polo regulamento 453/2010 do 20 de maio de 2010 que fundamentalmente o adapta ás disposicións do CLP). Aspectos máis importantes da FDS A información que contén debe ser sempre tida en conta para a avaliación do risco químico nas
empresas. É obrigatorio subministrala:
- Para todas as substancias e mesturas susceptibles de ser clasificadas como perigosas (na actualidade segundo o RD 363/1995 e 255/2003 e/ou o regulamento CLP e no futuro segundo o regulamento CLP)
7
- Para todas as substancias persistentes, bioacumulativas e tóxicas e moi persistentes e moi bioacumulativas (propiedades relacionadas coa perigosidade para o medio ambiente).
- Outras substancias altamente preocupantes (anexo XIV REACH) Debe subministrarse gratuitamente en papel ou en formato electrónico e no idioma oficial do
estado no que se comercializa a substancia ou mestura. Debe indicar a data da súa elaboración. Debe conter os 16 apartados que define a lexislación. Debe ser actualizada:
- No momento en que a substancia ou mestura sexa clasificada e etiquetada consonte ao Regulamento CLP: figurarán as clasificacións segundo o RD 363/1995 e 255/2003 e as novas acordes co CLP ata o 1 de xuño de 2015. Despois desta data só figurarán as acordes co CLP.
- Cando se dispoña de nova información ou se teña constancia de novos perigos.
- Cando se conceda ou denegue unha autorización.
- Cando se impoña unha restrición. Axentes químicos canceríxenos, mutáxenos e tóxicos para a reprodución (CMR) A perigosidade destes axentes, fai necesaria a súa correcta identificación dende as primeiras etapas da avaliación de riscos e tamén implica que se deba formular como medida prioritaria a posibilidade da súa substitución. Hai que ter en conta que os coñecementos científicos actuais non permiten identificar niveis de exposición por debaixo dos cales non exista risco de que os mutáxenos, e a maioría dos canceríxenos produzan os seus efectos característicos sobre a saúde, aínda que existe unha relación probabilidade‐efecto que permite deducir que canto máis baixa sexa a exposición a estes axentes, menor será o risco. Ademais, aos axentes clasificados como canceríxenos de categoría 1 e 2 e/ou como mutáxenos de categoría 1 e 2 segundo o RD 363/1995 e RD 255/2003, ou como canceríxenos de categoría 1A e 1B ou mutáxenos de categoría 1A e 1B segundo o regulamento CLP, élles de aplicación o RD 665/1997 sobre a protección dos traballadores contra o riscos relacionados coa exposición aos axentes canceríxenos e mutáxenos durante o traballo; isto quere dicir que se deberán contemplar as disposicións específicas para a avaliación do risco e a aplicación de medidas preventivas recollidas nesta norma específica. As substancias canceríxenas, mutáxenas e tóxicas para a reprodución clasificadas nestas categorías de perigosidade son consideradas polo regulamento REACH como “altamente preocupantes” e serán sometidas a autorización; unha vez que a substancia figura no anexo XIV do REACH non se pode usar, con independencia da cantidade utilizada, se non se dispón da correspondente autorización. Este anexo xa sufriu modificacións dende a entrada en vigor do REACH e seguirá sendo modificado. As substancias CMR e tamén as consideradas sensibilizantes respiratorios, requiren dunha clasificación harmonizada que é obrigatoria en todo o territorio da Unión Europea e que se recolle no anexo VI do regulamento CLP. Por outra banda aquelas substancias que presenten un risco intolerable para a saúde ou o medio ambiente poderanse restrinxir, é dicir pódese regular ou ben prohibir o seu uso. Estas substancias son as que figuran no anexo XVII do REACH, que tamén foi e seguirá a ser modificado.
8
9
Definicións de interese Axente químico: todo elemento ou composto químico, por si só ou mesturado, tal como se presenta en estado natural ou é producido, utilizado ou vertido, incluído a vertedura como residuo, nunha actividade laboral, elaborásese ou non de modo intencional e comercializásese ou non. Produto químico: utilízase para aludir a calquera elemento ou composto químico, ou o que é o mesmo, substancias ou mesturas, comercializadas. Axente químico é polo tanto unha definición máis ampla que produto químico. Axente químico perigoso: os que poidan presentar un risco para a seguridade ou a saúde dos traballadores debido ás súas propiedades fisicoquímicas, químicas ou toxicolóxicas e a forma na que se utilizan ou están presentes no lugar de traballo. Inclúe:
aqueles que cumpran cos criterios para seren clasificados como substancias ou mesturas perigosas, tan e como se establece na normativa sobre notificación de substancias novas e na de clasificación, envasado e etiquetaxe de substancias e de mesturas perigosas , con independencia de que o axente estea clasificado ou non nas devanditas normativas e coa excepción dos axentes que unicamente cumpran os requisitos para a súa clasificación como perigosos para o medio ambiente. Os que posúan un valor límite ambiental ou biolóxico (documento de Valores Límite de Exposición profesional que anualmente publica o INSHT). .
Produto químico perigoso: substancias ou mesturas químicas clasificadas, etiquetadas e envasadas como perigosas segundo a normativa sobre clasificación, envasado e etiquetaxe de substancias e de mesturas perigosas. Substancia: elemento químico e os seus compostos naturais ou os obtidos por algún proceso industrial. Mestura/preparado: mestura ou solución composta por dúas ou máis substancias.
DESCRICIÓN XERAL DO PROXECTO
Dirixiuse unha carta tipo a 99 empresas nunha primeira fase, e a outras 96 nunha segunda, describindo os obxectivos do proxecto e convidando ás empresas a colaborar nel. A selección fíxose centrándose en empresas que empregaban produtos químicos perigosos dun xeito importante no seu proceso produtivo. (No apartado de resultados descríbese con detalle a actividade das empresas que son tratadas neste primeiro informe). A colaboración que se lles solicitou consistiu en cubrir un cuestionario, dispoñible na nosa web, (xúntase como anexo ao final deste informe) centrado nos axentes químicos presentes nas súas instalacións e no control dos riscos xerados por estes axentes, e en remitir as FDS de todos os produtos químicos existentes nos centros de traballo. O prazo de remisión de documentación (cuestionarios cubertos e FDS) fixouse a finais de outubro de 2010 para as empresas da primeira fase e no mes de marzo do 2011 para as empresas da segunda fase. O principal medio de envío da documentación foi o correo electrónico, aínda que algunhas empresas optaron por enviala en soporte papel ou ben en CD por correo ordinario. Finalmente fíxose efectiva a colaboración de 86 empresas ás que nos diriximos na primeira fase, que facilitaron información sobre 90 centros de traballo, e de 75 ás que nos diriximos na segunda. Obtivemos en total polo tanto a colaboración de 161 empresas da nosa comunidade autónoma. Tendo en conta que as circunstancias relacionadas coa non colaboración se deberon en ocasións a que se dirixiu a carta a empresas que pecharan ou se fusionaran con outras, ou que estaban incursas en concurso de acredores ou ERE, a porcentaxe de empresas que non colaboraron co proxecto foi tan só de un 12%; debemos ter en consideración que cubrir o cuestionario con todos os datos dos produtos químicos da empresa e enviar todas as FDS correspondentes, supón un esforzo importante, en particular cando o número de produtos químicos é elevado; esforzo que por outra parte agradecemos ás empresas participantes.
11
RESULTADOS
1. Descrición da mostra
Inclúense os resultados correspondentes a 93 empresas; das que a maioría (86) son empresas da primeira fase (7 da segunda) e por iso este primeiro informe identifícase como “informe da primeira fase”. Todos os datos que se amosan corresponden polo tanto a 93 empresas que abranguen un total de 97 centros de traballo.
12
EMPRESAS: A Coruña: 32 Lugo: 9 Ourense: 10 Pontevedra: 42
1.1. Datos das empresas Recolléronse os datos xerais das empresas participantes: Código de Identificación Fiscal (CIF), razón social, centro de traballo, teléfono, Fax, persoa de contacto e enderezo electrónico. Definíronse 6 grupos en función da actividade desenvolvida polas empresas participantes; as empresas e os traballadores distribúense desta maneira nestes 6 grupos:
Nº empresas Porcentaxe NºTraballadores
Industria da madeira 13 14% 3.333 21%
Industria química, plásticos e artes gráficas 30 32% 2.491 16%
Fabricación de produtos minerais non metálicos 4 4% 393 3%
Industria do metal en xeral 20 22% 4.330 27%
Industria naval e da automoción 21 23% 3.729 24%
Limpeza industrial e de edificios 5 5% 1.405 9%
Total 93 100% 15.681 100%
Empresas por grupos de actividade
14%
32%
4%22%
23%
5%
Industria da madeira
Industria química , plásticos e artesgráficasFabricación de produtos minerais nonmetá l icos Industria do metal en xera l
Industria naval e da automoción
Limpeza industria l e de edi ficios
Distribución dos traballadores nos diferentes grupos de actividade
21%
16%
3%27%
24%
9%
Industria da madeira Industria química, plásticos e artes gráficas
Fabricación de produtos minerais non metálicos Industria do metal en xeral
Industria naval e da automoción Limpeza industrial e de edificios
13
1.2. Distribución dos centros de traballo en función do cadro de persoal
2,06%
21,65% 25,77%21,65% 17,53%
11,34%
0%
20%
40%
60%
80%
100%Porcentaxe
de
centros de traballo
≤10 11‐50 51‐100 101‐200 201‐300 >300
Tamaño do cadro de persoal
Distribución dos centros de traballo segundo o cadro de persoal
1.3. Organización preventiva das empresas Delegados de prevención
Delegado/a de prevención nos
traballo
94%
6%
centros de
Con delegado/a de prevención
Sin delegado/a de prevención
Tipo de organización preventiva Recóllese a organización preventiva das empresas nas diferentes disciplinas preventivas:
SEGURIDADE HIXIENE ERGONOMÍA
MEDICINA DO TRABALLO
Asumida polo empresario
2% 1% 2%
Traballadores designados
7% 6% 6%
Servizo de Prevención propio
28% 17% 25% 5%
Servizo de Prevención alleo
63% 76% 67% 95%
Nota: os datos preséntanse por centros de traballo. Algunhas empresas indican diferentes modalidades para unha disciplina preventiva (por exemplo asumida polo empresario e polo servizo de prevención propio, ou traballadores designados e servizo de prevención alleo).
14
Obsérvase a maior externalización da prevención na disciplina de Hixiene Industrial e, como é de esperar, na Medicina do Traballo.
2. Grao de control manifestado polas empresas (apartados 2 a 8 do cuestionario)
2.1. Avaliación de riscos Reflíctense aquí os datos que se obteñen das respostas dadas ás seguintes preguntas do cuestionario neste apartado
Na súa empresa se empregan, xeran, producen e/ou almacenan Axentes Químicos Perigosos (AQP)?
Ten algún documento no que se identifiquen todos os AQP cos que poden estar en contacto os traballadores?
Ten a Ficha de datos de Seguridade (FDS), en castelán, de todos os AQP que se manipulan na súa empresa?
Na avaliación de riscos están identificados os postos de traballo con risco de exposición a AQP?
Avaliouse especificamente o risco por exposición a AQP naqueles postos de traballo nos que se identificou este risco?
Realizáronse medicións das concentracións de AQP nos postos de traballo?
SI, 93
NON, 4
SI, 89
NON, 8
SI, 93
NON, 4
SI, 95
NON, 2
SI, 91NON, 6
SI, 76
NON, 15
SI, 75
NON, 16
010
2030
4050
6070
8090
100
Nº de centros de traballo
Empregan PQPIdentificación
documentada
FDS de todos
os PQP
Identificaron
Postos de
traballo con
exposición
Avaliación
específica
exposición a
AQP
Realizáronse
medicións
Identificouse
risco vía
dérmica
Identificación e avaliación do risco químico
Todos os centros de traballo que afirman empregar AQP afirman tamén ter as FDS de todos os produtos. Obsérvase que en 4 casos se recoñece que non se identifican con constancia documental todos os AQP da empresa aínda que si se afirma ter todas as FDS. A maioría das empresas que identifican o risco químico afirman ter realizado a avaliación específica correspondente, un 5,46% non avaliou especificamente este risco.
15
2.2 Condicións de utilización e medios técnicos de control
Procedementos de traballo estandarizados para operacións con AQP
Para todas40%
Para a maioría28%
Para algunhas22%
Para ningunha 8%
Non contestan2%
Procedementos de traballo estandarizados por grupos de actividade:
Existen procedementos de traballo estandarizados e por escrito para as operacións nas que se manexan AQP?
Para todas Para a maioría
Para algunhas
Para ningunha
Non contestan
Industria da madeira 35,29% 17,65% 41,18% 5,88%
Industria química, plásticos e artes gráficas (32% das empresas) 36,67% 36,67% 20,00% 6,67%
Fabricación de produtos minerais non metálicos 50,00% 50,00%
Industria do metal en xeral (22% das empresas) 45,00% 20,00% 15,00% 15,00% 5,00%
Industria naval e da automoción (23% das empresas) 42,86% 33,33% 9,52% 14,29%
Grupos de actividade
Limpeza industrial e de edificios 40,00% 60,00%
% Total empresas 40,21% 27,84% 21,65% 8,25% 2,06%
Na maioría dos casos afírmase traballar con procedementos de traballo estandarizados para todas ou polo menos para a maioría das operacións. Na industria da madeira é na que se detectan menor cantidade de procedementos de traballo normalizados. No 95% dos centros de traballo está expresamente prohibido comer, beber e fumar nos postos de traballo e teñen implantadas normas de correcta hixiene persoal (utilización de roupa de traballo, lavado das mans...) Deseguido os resultados correspondentes ás outras tres preguntas do cuestionario relativas a este apartado:
Nas operacións nas que se utilizan AQP, os traballadores están en contacto directo con eles?
16
Os traballadores utilizan os medios de protección colectiva habilitados para tarefas determinadas (cabinas, extraccións localizadas...)?
Os traballadores utilizan os equipos de protección individual (EPIs) indicados na planificación da acción preventiva da empresa para a tarefa que están a realizar?
Represéntanse o nº de centros de traballo que seleccionaron as diferentes respostas:
Sempre A maioría das veces
Algunha vez
Nunca
Non contestan
Sempre
A maioría das veces
Algunha vez
Nunca
Non contestan
Sempre
A maioría das veces
Algunha vez
Nunca
Non contestan
Sempre
A maioría das veces
Algunha vez
Nunca
Non contestan
0
10
20
30
40
50
60
70
80
Nº de centros de traballo
Hai contacto con AQP Utilízanse medios de
protección colectiva
Utilízanse os EPIS indicados
na Plan. Preventiva
Proc. traballo
estandarizados nas
operacións con AQP?
Cómpre salientar a alta utilización dos EPIs (utilízanse sempre nun 81.44% dos centros de traballo e a maioría das veces no 18,56% restante) ao mesmo tempo que se indica unha alta utilización dos medios de protección colectiva mentres que ata nun 27% dos casos se afirma que non existe contacto directo cos AQP utilizados. 2.3. Envasado e etiquetaxe Móstrase a porcentaxe de centros de traballo que contestaron afirmativamente a cada unha das opcións de resposta das seguintes preguntas: Os envases que conteñen AQP están correctamente etiquetados e en castelán? Cando se realizan transvasamentos, etiquétanse correctamente os novos recipientes?
17
81,44%
18,56%0,00% 0,00% 0,00%
Todos A maioría
de eles
Algúns Ningúns NS/NC
Os envases que conteñen AQP están correctamente etiquetados e
en castelán?
63,92%
23,71%
4,12% 1,03%7,22%
Sempre A maioría
das veces
Algunha
vez
Nunca NS/NC
Cando se realizan transvasamentos, etiquétanse correctamente os
novos recipientes?
Á pregunta: ‐ Existe un lugar específico para o almacenamento dos AQP?, contestouse afirmativamente no 95% dos centros de traballo. 2.4. Plan de emerxencia
SI NON NS/NC No manual de autoprotección e/ou nas normas básicas de emerxencia contémplanse os incidentes producidos por AQP?
94,85% 4,12% 1,03%
A maioría das empresas afirman contemplar os riscos para a seguridade derivados do manexo de AQP no centro de traballo concreto
18
2.5. Vixilancia da saúde
SI NON
Aplícanse protocolos de vixilancia sanitaria específicos nos exames de saúde que se fan periodicamente aos traballadores?
97,94% 2,06%
2.6. Formación e información os traballadores
SI NON
Os traballadores teñen acceso á ficha de datos de seguridade (FDS) dos AQP que se manipulan na empresa?
100,00% 0,00%
Informouse os traballadores por escrito dos riscos do seu posto de traballo reflectidos na avaliación do risco químico?
93,81% 6,19%
Na formación en prevención de riscos laborais que recibiron os traballadores, figura un apartado dirixido ao risco químico?
93,81% 6,19%
2.7. Canceríxenos e mutáxenos
SI NON NS/NC
Na avaliación de riscos da súa empresa, figura expresamente identificado algún axente canceríxeno e/ou mutaxénico?
32,99% 64,95% 2,06%
Ten vostede coñecemento dalgún AQP que sexa canceríxeno e/ou mutaxénico que se manipule na súa empresa?
31,96% 65,98% 2,06%
Deseguido as respostas ás outras dúas preguntas formuladas neste apartado:
No caso de que se identificaran canceríxenos e/ou mutaxénicos na avaliación de riscos , fíxose unha avaliación de riscos específica para eles?
Tamén no caso de que se identificaran canceríxenos e/ou mutaxénicos na avaliación de riscos, indicáronse medidas de prevención e protección específicas para estes axentes?
Avaliación específica de CM
SI
72%
NON
28%
Medidas de prevención e protección
específicas para CM
SI
84%
NON
16%
Nota: CM: canceríxenos e/ou mutaxénicos. As porcentaxes indicadas están referidas a aqueles centros de traballo nos que se identificaron estes axentes.
19
Débese subliñar o feito de que sexa máis frecuente que se indiquen medidas de prevención e protección (84% dos casos) e non que se realice a avaliación específica (72%) que implica entre outras medidas, contemplar a posibilidade de substituír estes axentes.
3. Información xeral recibida sobre os produtos rexistrados
Total produtos
Total produtos clasificados como
perigosos
Total produtos clasificados como non
perigosos
Total produtos sen información sobre clasificación
418 (8%)
5.453 3.084 (56%) 1.951 (36%) 179 sen FDS nin outra
información
239 con FDS sen información sobre
clasificación
Porcentaxe de PQ rexistrados con FDS
PQ sen FDS
6%
PQ con FDS
94%
3.1 PQ sen FD Un total 314 produtos non dispuñan de FDS pero recibiuse información sobre a clasificación de 135 deles mediante as Fichas Internacionais de Seguridade Química ou mediante fichas técnicas do produto. 96 destes 135 eran produtos químicos perigosos, entre eles 11 clasificados como canceríxenos, 6 como moi tóxicos, 8 como sensibilizantes, 2 como mutáxenos, 4 tóxicos para a reprodución e 25 inflamables (18 moi inflamables e 1 extremadamente inflamable).
20
Características de perigosidade dos PQ sen FDS
Sen información
sobre perigosidade
57%
Perigosos
31%
Non perigosos
12%
Revisouse a información recibida destes produtos e detectouse que en moitos era errónea ou incompleta no tocante á súa clasificación. Considerouse que sería necesario revisar a información recibida de 34 dos 39 que están catalogados como non perigosos, de 158 dos 179 que están sen clasificar e, por suposto, dos 96 que veñen catalogados como perigosos por outra información recibida (Fichas internacionais de Seguridade Química ou fichas técnicas do produto). 3.2 PQ con FDS Analizáronse os aspectos relativos á información contida nas FD que se detallan a continuación. Débese ter en conta polo tanto que non se fixo unha análise polo miúdo da calidade e a corrección desta información. Considerouse que a información era incorrecta cando contiña polo menos unha das seguintes irregularidades tendo en conta a normativa ao respecto (Regulamento REACH,):
• Non estaba en castelán. • Non indicaba data de emisión. • Non contiña os 16 apartados preceptivos. • Tratábase dunha substancia con valores límite de exposición (VLA e/ou VLB) e estes non
figuraban ou ben os que figuraban eran incorrectos. Tratábase dunha substancia canceríxena, e/ou mutáxena e/ou tóxica para a reprodución
(CMR) e non estaba clasificada como tal ou estaba clasificada nunha categoría que non lle correspondía.
Tratábase dunha substancia non CMR pero estaba claramente mal clasificada no tocante a outras categorías de perigosidade.
Tratábase dunha mestura CMR mal clasificada: mestura con substancias CMR en concentracións que farían que a mestura fose clasificada como CMR e non estaba clasificada como tal ou ben estaba clasificada nunha categoría que non lle correspondía.
Tratábase dunha mestura supostamente clasificada como non perigosa e non se indicaba con claridade que a mestura fose “non perigosa” segundo a normativa vixente en materia de clasificación e etiquetaxe.
Tratábase de mesturas con algún compoñente canceríxeno e/ou mutáxeno en concentracións que farían que a mestura fose clasificada u como canceríxena e/ou mutáxena pero estes compoñentes poden estar exentos de ser clasificados nestas categorías, advertíndose deste particular na normativa sobre clasificación e etiquetaxe vixente cunha nota correspondente nas listaxes de clasificación e etiquetaxe
21
harmonizadas. Na FDS non se indica claramente se a compoñente en cuestión está exenta de ser clasificada como canceríxena e/ou mutáxena, e non se clasifica a mestura como tal.
Nota: esta revisión das FDS fíxose tendo en conta o estado da normativa vixente sobre comercialización, clasificación e etiquetaxe e valores límite de exposición profesional no momento da recollida da información que, para a primeira fase (a maioría das empresas reflectidas neste informe) foi ata finais do ano 2010. Tendo en conta o que se acaba de dicir en relación aos criterios utilizados para a análise da información, un 21% das FDS presentaron irregularidades na súa información.
As FDS con irregularidades correspondían a PQ coas seguintes características de perigosidade:
PQ con FDS con irregularidades
Sen información
sobre clasificación
14%
Perigosos
63%
Non perigosos
23%
O tipo de irregularidades detectadas en porcentaxe sobre o total de FDS con irregularidades foron as seguintes:
Tipo de irregularidades detectadas nas FDS
(en porcentaxe respecto ao total con irregularidades)
16,40%
6,94%
13,96%
18,28%
1,97% 0,56%
13,78%10,59%
33,83%
Non está en
castelán
Sen data
emisión
Non contén
16
apartados
Substancia
sen VLA e/ou
VLB ou
incorrecto
Substancia
CMR mal
clasificada
Outro tipo
de subs.
claramente
mal
clasificada
Mestura
CMR mal
clasificada
Non
perigoso sen
especificar
claramente
Mestura con
comp. con
notacións
22
3.3 Valoración global da información recibida dos PQ
Información recibida dos PQ perigosos
Necesita revisión
25%
Sen
irregularidades
detectadas
75%
Información recibida dos PQ non perigosos
Necesita revisión
14%
Sen
irregularidades
detectadas
86%
Se temos en conta do total dos produtos rexistrados (5.453) aqueles que posúen FDS pero cuxa información debería ser revisada (1.067) e os que non posúen FDS pero se considera incorrecta ou insuficiente a información recibida do produto (282), chegamos á conclusión de que sería necesario revisar a información sobre a perigosidade de 1.349 produtos, o 24,7 % dos produtos rexistrados nesta primeira fase.
4. Análise cualitativa dos axentes
Analízase agora cualitativamente a información extraída dos 5.453 produtos químicos rexistrados nesta primeira fase. 4.1. Produtos químicos identificados: clasificación por categorías de perigo A lexislación establece os ensaios ou ben as cantidades de substancias contidas nunha mestura que levan a considerar unha substancia ou mestura como perigosa. As substancias ou mesturas consideradas
23
como perigosas débense clasificar en determinadas categorías de perigo, en función das súas propiedades físico‐químicas e/ou toxicolóxicas, que tamén establece a dita lexislación. Na actualidade estase a producir un cambio no sistema de clasificación e etiquetaxe das substancias e mesturas químicas en toda Europa de xeito que o sistema tradicional, derivado das directivas europeas de substancias e preparados químicos, está a ser substituído polo sistema que deriva do Regulamento CLP (sobre clasificación, envasado e etiquetaxe de substancias e mesturas), de aplicación directa en toda a Unión Europea. Todo isto tradúcese en cambios nas categorías de perigo, que agora serán clases e categorías, e tamén nunha nova etiqueta. Cómpre dicir que no momento da recolleita de datos desta primeira fase do MRQ o sistema que deriva do Regulamento CLP aínda non era de obrigado cumprimento (agora si o é xa para as substancias) e na inmensa maioría das FDS só figuraba a clasificación “tradicional”, ‐só en 208 das 5.138 fichas recibidas figuraban as dúas clasificacións‐, e por iso os datos que se dan deseguido están referidos unicamente ao sistema tradicional de clasificación e etiquetaxe. Este sistema “tradicional” derivado das directivas 67/548/CEE do Consello (Directiva sobre sustancias perigosas,) e 1999/45/CE (Directiva sobre preparados perigosos) traspostas á lexislación española polo RD 363/1995 e RD 255/2003, clasifica os produtos químicos perigosos en 15 categorías de perigo diferentes en función das súas propiedades físico‐químicas e dos seus efectos sobre a saúde e o medio ambiente. A táboa recolle as 15 categorías definidas e as súas definicións:
PROPIEDADES FISICOQUÍMICAS
EXPLOSIVOS
As substancias e preparados sólidos, líquidos, pastosos ou xelatinosos que, mesmo en ausencia de osíxeno atmosférico, poidan reaccionar de forma exotérmica con rápida formación de gases e que, en determinadas condicións de ensaio, detonan, deflagran rapidamente ou, baixo o efecto da calor, en caso de confinamento parcial, explotan
COMBURENTES As substancias e preparados que, en contacto con outras substancias, en especial con substancias inflamables, produzan unha reacción fortemente exotérmica
EXTREMADAMENTE INFLAMABLES
As substancias e preparados líquidos que teñan un punto de ignición extremadamente baixo e un punto de ebulición baixo, e as substancias e preparados gasosos que, a temperatura e presión normais, sexan inflamables en contacto co aire
FACILMENTE INFLAMABLES
As substancias e preparados:
Que poden quentarse e inflamarse no aire a temperatura ambiente sen achega de enerxía, ou
Os sólidos que poidan inflamarse doadamente tras un breve contacto cunha fonte de inflamación e que sigan queimándose ou consumíndose unha vez retirada a devandita fonte, ou
Os líquidos o punto de ignición dos cales sexa moi baixo, ou
Que, en contacto con auga ou con aire húmido, desprendan gases extremadamente inflamables en cantidades perigosas
INFLAMABLES As substancias e preparados líquidos que teñan un punto de ignición baixo.
EFECTOS SOBRE A SAÚDE
MOI TÓXICOS As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea en moi pequena cantidade poidan provocar efectos agudos ou crónicos e mesmo a morte
TÓXICOS As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea en pequenas cantidades poidan provocar efectos agudos ou crónicos e mesmo a morte
NOCIVOS As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea poidan provocar efectos agudos ou crónicos e mesmo a morte
CORROSIVOS As substancias e preparados que, en contacto con tecidos vivos poidan exercer unha acción destrutiva dos mesmos
IRRITANTES As substancias e preparados non corrosivos que, en contacto breve, prolongado ou repetido coa pel ou as
24
mucosas poidan provocar unha reacción inflamatoria
SENSIBILIZANTES As substancias e preparados que por inhalación ou penetración cutánea, poidan ocasionar unha reacción de hipersensibilidade, de forma que unha exposición posterior a esa substancia ou preparado dea lugar para os efectos negativos característicos
CARCINOXÉNICOS As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea, poidan producir cancro ou aumentar a súa frecuencia
MUTÁXENOS As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea, poidan producir alteracións xenéticas hereditarias ou aumentar a súa frecuencia
TÓXICOS PARA A REPRODUCIÓN
As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea, poidan producir efectos negativos non hereditarios na descendencia, ou aumentar a frecuencia destes, ou afectar de forma negativa á función ou á capacidade reprodutora
EFECTOS SOBRE O MEDIO AMBIENTE
PERIGOSOS PARA O MEDIO AMBIENTE
As substancias ou preparados que presenten ou poidan presentar un perigo inmediato ou futuro para un ou máis compoñentes do medio
No seguinte gráfico reflíctese a información obtida en canto á clasificación nestas categorías de perigo dos 5.453 produtos químicos que se rexistraron nesta primeira fase. A suma supera o total de produtos rexistrados posto que un mesmo produto químico pode ser clasificado en diferentes categorías á vez:
Nº substancias ou mesturas clasificadas como perigosas por categorías
418
1951
892
173
55216
655
1577
431
1275
25190
734525
128964
Explo
sivos
Comb
urentes
Extr. Inflama
bles
Fácilme
nte inflam
able
Inflam
ables
Tóxicos
Muy Tó
xicos
Nocivos
Corro
sivo
Irritante
Sensibilizantes
Canceríxenos
Muta
xénicos
Tóxicos pa
ra a reprodución
Perigosos pa
ra o M
edio Am
biente
Non p
erigo
sos
Sen info
rmación
sobre clasificación
Se representamos as porcentaxes de produtos clasificados nas diferentes categorías tendo en conta o total de produtos clasificados como perigosos (3.084 produtos):
25
Porcentaxe de produtos clasificados en cada categoría de perigo
0,13%3,11% 4,15%
17,02%
23,80%
6,16%
0,81%
41,34%
13,98%
51,13%
21,24%
7,00%
1,78%5,61%
28,92%
Explosivos
Comburentes
Extr. Inflamables
Fácilmente inflamable
Inflamables
Tóxicos
Moi tóxicos
Nocivo
Corrosivo
Irritante
Sensibilizantes
Canceríxenos
Mutaxénicos
Tóxicos para a reprodución
Perigosos para o Medio Am
biente
4.2. Centros de traballo con AQP clasificados nas diferentes categorías de perigo Sinálanse agora as porcentaxes de centros de traballo que empregan produtos químicos clasificados nas diferentes categorías:
26
Porcentaxe de centros de traballo con presenza de AQP segundo categoría de
perigosidade
3,09%
43,30%37,11%
57,73%
12,37%
90,72%
75,26%
92,78%
75,26%
56,70%
17,53%
51,55%
83,51%
75,26% 74,23%
Explosivos
Comburentes
Extr. Inflamables
Fácilm. Inflamables
Inflamables
Tóxicos
Moi Tóxicos
Nocivos
Corrosivos
Irritantes
Sensibilizantes
Canceríxenos
Mutaxénicos
Tóx. para a reprodución
Perigosos para o medio am
biente
Cómpre salientar al alta porcentaxe de centros de traballo nos que están presentes axentes canceríxenos, o 56,70%, tóxicos para a reprodución, 51,55%, e nada menos que un 75,26% dos centros de traballo con algún produto químico clasificado como sensibilizante. Todos eles produtos químicos perigosos que requiren extremar as medidas de prevención e protección. No caso de canceríxenos e mutáxenos de 1ª e 2ª categoría (1A e 1B segundo o Regulamento CLP) as medidas veñen ademais determinadas por lexislación específica (RD 665/1997 axentes canceríxenos). 4.3 Estado físico dos axentes (información das FDS) O estado físico dun produto químico é fundamental para o deseño das medidas preventivas e de protección máis axeitadas, tanto colectivas como individuais. Considéranse os tres estados físicos da materia: gas, sólido e líquido. Hai que ter en conta que o estado gas abrangue os gases que se subministran comprimidos, ben como refrixerados, licuados ou disoltos, o estado líquido comprende líquidos de viscosidade variable e tamén os subministrados a presión (aerosois), que teñen un comportamento diferente, e que dentro do estado sólido atópanse produtos en forma de po con diferente tamaño de gran e diferente grao de compactación e tamén fibras. A Análise reflicte que a maioría dos produtos están en estado líquido:
27
Estado físico dos produtos químicos
Sólido
23% Gas
2%
Sen
información
5%
Líquido
70%
Chama a atención que ata nun 5% (258 produtos) non se dispoña información sobre o seu estado; a maioría deles son produtos dos que non se dispón de FDS (241 produtos) e nunha minoría deles (17 produtos) esta información non estaba reflectida na FDS.
5. Análise cuantitativa
Os datos que se presentan no gráfico son unha estima da cantidade dos produtos químicos (PQ) consumidos realizada en base ás cantidades indicadas polas empresas no apartado 10 do cuestionario. Os PQ consumidos en maior cantidade polas empresas participantes foron o fuelóleo, a sosa e o etanol; tamén se consumiron en cantidades importantes outros produtos como o coque de petróleo, óxido de calcio, brea de alcatrán de hulla, formaldehido, metanol, peróxido de hidróxeno, osíxeno, gas natural, acedo sulfúrico e gasóleo.
28
1.150,51.344,1
38,5 39,4
655
0,0007239,08,7 0,010
153,5
3.604,0
4.772,24.968,7
153,8
1.387
496 24
1.577
892
190
1.275
431216 55 173
Explosivos
Comburentes
Inflamables
Moi Tóxicos
Tóxicos
Nocivos
Corrosivos
Irritantes
Sensibilizantes
Canceríxenos
Mutáxenos
Tóx . Rep.
Perigosos MA
Cantidade en miles de toneladas
Nº Produtos
Aínda que se podía supor un maior consumo en función dun maior nº de produtos clasificados nunha categoría, esta regra non se cumpre, fundamentalmente debido ao importante consumo de determinados PQ por parte de determinadas empresas. Como exemplo e tal e como se indica máis adiante, hai que ter en conta que o fuelóleo, gasóleo e gasolina utilizados como combustible, son unha parte importante do montante total de produtos canceríxenos consumidos.
6. Canceríxenos e mutáxenos
6.1 Presenza de axentes canceríxenos e mutáxenos nos centros de traballo
29
4955
10 8
17
55
Canceríxenos Mutáxenos Canceríxenos e/ou
mutáxenos de
calquera categoría
Nº de centros de traballo con presenza de canceríxenos e mutáxenos por
categorías
1ª e/ou 2ª Categoría
3ª Categoría
Total (1ª e/ou 2ª e/ou 3ª)
Nota: non se rexistrou ningún mutáxeno de 1ª categoría
En máis da metade dos centros de traballo (56,70%) hai presenza de axentes canceríxenos, e case nun 30% deles a presenza é de canceríxenos de 1ª e 2ª categoría (1A e 1B segundo o Regulamento CLP).
29
Se temos en conta os diferentes grupos de actividade definidos, a porcentaxe de centros de traballo dentro de cada grupo con presenza de canceríxenos e/ou mutáxenos (de calquera categoría) é a seguinte:
70,59%
43,33%50,00%
60,00%
71,43%
20,00%
Industria da madeira
Industria química, plásticos e artes gráficas
Fabricación de produtos minerais non metálicos
Industria do metal en xeral
Industria naval e da automoción
Limpeza industrial e de edificios
Porcentaxe de centros de traballo con presenza de canceríxenos e/ou mutáxenos
por grupos de actividade
E esta é a porcentaxe, dentro de cada grupo de actividade, de centros de traballo nos que están presentes CM de 1ª e/ou 2ª categoría:
41,18%
23,33%
50,00%
40,00%
23,81%
0,00%
Industria da madeira
Industria química, plásticos e artes gráficas
Fabricación de produtos minerais non metálicos
Industria do metal en xeral
Industria naval e da automoción
Limpeza industrial e de edificios
Porcentaxe de centros de traballo con presenza de CM de 1ª e/ou 2ª categoría
por grupos de actividade
Represéntase agora a porcentaxe de centros de traballo que posúen un canceríxeno e/ou mutáxeno (CM) nas súas instalacións, os que posúen dous ou máis CM e os que non posúen ningún CM; a información preséntase por grupos de actividade e tamén tendo en conta o conxunto dos centros de traballo:
30
11,8%
58,8%
29,4%
13,3%
30,0%
43,3%
25,0%
25,0%
50,0%
20,0%
40,0%
40,0%
23,8%
47,6%
23,8%
20,0%
0,0%
80,0%
17,5%
39,2%
43,3%
Industria da
madeira
Industria
química,
plásticos e artes
gráficas
Fabricación de
produtos
minerais non
metálicos
Industria do
metal en xeral
Industria naval e
da automoción
Limpeza
industrial e de
edificios
Total centros de
traballo
Presenza de Canceríxenos e Mutáxenos nos centros de traballo
Centros de trabal lo con 1 CM
Centros de trabal lo con 2 ou máis CM
Centros de trabal lo sen CM Cómpre sinalar que nos centros de traballo nos que hai canceríxenos presentes sole haber máis de 1 (coa excepción do grupo que corresponde á limpeza industrial e de edificios). Os grupos de actividade da Industria da madeira e da Industria do naval e da automoción son nos que están presentes CM máis frecuentemente. 6.2 Número de produtos químicos canceríxenos e mutáxenos rexistrados por categorías:
14 0
65
21
136
34
1
216
55
Cat. 1 (1A) Cat. 2 (1B) Cat. 3 (2) Canc. sen
determinar
cat.
Total
Nº de PQ CM por categorías
Nº de PQ canceríxenos por categorías
Nº de PQ mutáxenos por categorías
6.3 Produtos químicos CM e tóxicos para a reprodución (TR) máis frecuentemente utilizados: Indícanse deseguido os 35 compostos químicos canceríxenos e mutáxenos que se detectan con máis frecuencia entre os produtos químicos clasificados como CM ordenados polo nº de veces que aparecen de maior a menor e indicando a categoría de perigo na que están clasificados. O gasóleo é o que se contabiliza un maior número de veces (36).
31
Os CM máis frecuentes son, ademais do gasóleo, outros derivados do petróleo, tanto lixeiros como pesados (naftas, brea, alcatrán de hulla, fuelóleo pesado, gasolina) así como derivados aromáticos (benzo[a]pireno, benzo[j]fluoranteno, benzo[k]fluoranteno, benzo[a]antraceno, benzo[e]pireno, benzo[b]fluoranteno, benceno, criseno, dibenzo[a,h]antraceno, naftaleno) e derivados parafínicos. Débese subliñar tamén a importante presenza do formaldehido (sobre todo en diferentes colas e resinas e tamén usado como formol ou en solución) e das resinas epoxi, utilizadas na elaboración e recubrimento de compoñentes industriais. Preséntanse tamén outros compostos haloxenados orgánicos (diclorometano, percloroetileno) e derivados do cromo como o dicromato potásico e cromatos de chumbo utilizados como pigmentos.
Axente químico Nº CAS Categoría de perigo Nº aparicións
Gasóleo 68334‐30‐5 Carc. Cat. 3 36
Formaldehido 50‐00‐0 Carc. Cat. 3 26
Resina epoxi (tetraglicil metilen dianilina) 28768‐32‐3 Mut.Cat.3 15
Resina epoxi (triglicil‐p‐ aminofenol) 5026‐74‐4 Mut.Cat.3 15
Diclorometano 75‐09‐2 Carc. Cat. 3 15
Disolventes nafta ligeros aromáticos del petróleo
64742‐95‐6 Carc. Cat. 2 14
Brea, alcatrán de hulla, elevada temperatura 65996‐93‐2 Carc. Cat. 2 10
Amarelo de sulfocromato de chumbo 1344‐37‐2 Carc. Cat. 3 9
Dicromato de potasio 7778‐50‐9 Carc. Cat. 2, Mut.Cat.2 9
Percloroetileno 127‐18‐4 Carc. Cat. 3 7
Petróleo combustible, residual. Fuelóleo pesado.
68476‐33‐5 Carc. Cat. 2 7
Benzo[a]pireno 50‐32‐8 Carc. Cat. 2, Mut.Cat.2 6
Fenol 108‐95‐2 Mut.Cat.3 5
Trióxido de cromo 1333‐82‐0 Carc. Cat. 1, Mut.Cat.2 5
Gasolina 86290‐81‐5 Carc. Cat. 2 5
2 Butanona‐ Oxima 96‐29‐7 Carc. Cat. 3 5
C.1. BasicVioIet 10 Carc. Cat. 3 4
Trióxido de diantimonio 1309‐64‐4 Carc. Cat. 3 4
Benzo[j]fluoranteno 205‐82‐3 Carc. Cat. 2 4
Benzo[k]fluoranteno 207‐08‐9 Carc. Cat. 2 4
Benzo[a]antraceno 56‐55‐3 Carc. Cat. 2 4
Vermello de cromato molibdato sulfato de chumbo
12656‐85‐8 Carc. Cat. 3 3
Benzo[e]pireno 192‐97‐2 Carc. Cat. 2 3
Benzo[b]fluoranteno, benzo(e)acefenantrileno 205‐99‐2 Carc. Cat. 2 3
Criseno 218‐01‐9 Carc. Cat. 2, Mut.Cat.3 3
Dibenzo[a,h]antraceno 53‐70‐3 Carc. Cat. 2 3
Extractos (petróleo), destilado parafinico pesado extraído con disolvente
64742‐04‐7 Carc. Cat. 2 3
Nafta (petróleo), hidrogenado pesado 64742‐48‐9 Carc. Cat. 2 3
Benceno 71‐43‐2 Carc. Cat. 1, Mut.Cat.2 3
Cobalto (II) cloruro 7646‐79‐9 Carc. Cat. 2 3
Cromato de chumbo (VI) 7758‐97‐6 Carc. Cat. 3 3
Cromato de estroncio 7789‐06‐2 Carc. Cat. 2 3
Parafinas cloradas de cadea curta 85535‐84‐8 Carc. Cat. 3 3
PMDI (Polimetilen polifenil poliisocianato) 9016‐87‐9 Carc. Cat. 3 3
Naftaleno 91‐20‐3 Carc. Cat. 3 3
32
Lístanse agora os compostos TR máis frecuentemente detectados, tamén ordenados de maior a menor frecuencia de aparición e coa categoría de perigo na que están clasificados. O tolueno, presente en diferentes colas, vernices, pinturas, disolventes e outros acabados, é sen dúbida o produto TR que está presente e maior número de PQ rexistrados.
Axente químico Nº CAS Categoría de perigo Nº aparicións
Tolueno 108‐88‐3 Tóx. Rep.Cat.3 88
N‐hexano 110‐54‐3 Tóx. Rep.Cat.3 10
Amarelo de sulfocromato de chumbo 1344‐37‐2 Tóx. Rep.Cat.1 9
Dioctil ftalato 117‐81‐7 Tóx. Rep.Cat.2 4
Vermello de cromato molibdato sulfato de chumbo 12656‐85‐8 Tóx. Rep.Cat.1 4
N,N‐dimetilformamida 68‐12‐2 Tóx. Rep.Cat.2 4
Dicromato de potasio 7778‐50‐9 Tóx. Rep.Cat.2 4
Benzo[a]pireno 50‐32‐8 Tóx. Rep.Cat.2 3
Acetato de 1‐metoxi‐2‐propilo 70657‐70‐4 Tóx. Rep.Cat.2 3
Cromato de Chumbo (VI) 7758‐97‐6 Tóx. Rep.Cat.1 3
Se representamos os axentes químicos CM que aparecen máis frecuentemente nos diferentes sectores de actividade obtéñense os resultados que se presentan no seguinte gráfico:
33
Formaldehído
16
Gasóleo
14
Fuelóleo pesado.
5
Formaldehído
10
Dicromato de potasio
8
Gasóleo
10
Brea, alcatrán de hulla
9
Benzo[a]pireno
5
Benzo[j]fluoranteno
4
Benzo[k]fluoranteno
4
Benzo[a]antraceno
4
Diclorometano
4
Gasóleo
9
Diclorometano
7
Resina epoxi (tetraglicil
metilen dianilina)
15
Resina epoxi (triglicil‐p‐
aminofenol)
15
Disolventes nafta lixeiros
aromáticos do petróleo
13
Amarelo de sulfocromato de
chumbo
9
Industria da madeira Industria química,
plásticos e artes
gráficas
Industria do metal en
xeral
Industria naval e da
automoción
CM máis frecuentes por sectores de actividade
O valor que figura debaixo de cada axente químico indica o número de produtos químicos rexistrados nos que aparece. Só se representan aqueles que aparecen en máis de 3 produtos, e non figuran o sector de fabricación de produtos minerais non metálicos nin o da Limpeza industrial e de edificios xa que non hai ningún CM que figure en máis de 3 produtos rexistrados. Na industria química o dicromato de potasio é utilizado fundamentalmente en tarefas de laboratorio. Os axentes químicos CM son diferentes nos distintos sectores de actividade. Na industria do metal e na do naval e automoción existe unha maior variedade de axentes CM. Os CM máis frecuentes na industria do metal son todos compostos derivados do petróleo (moitos deles presentes na brea de alcatrán de hulla utilizada na fabricación e acabado de electrodos). Hai que ter en conta que o gasóleo, un dos axentes máis frecuentemente detectados, é utilizado en moitos casos como combustible, o cal implica que as exposicións dos traballadores estean limitadas a operacións puntuais como o enchido e limpeza de tanques e a toma de mostras para control de calidade e posterior análise no laboratorio, isto mesmo sucede co fuelóleo. Na industria do naval e automoción destacan os disolventes orgánicos e pigmentos, presentes en diferentes pinturas, imprimacións e acabados. As resinas epoxi son utilizadas na elaboración de materiais compostos a base de fibras de vidro ou de carbono.
34
6.4 Coñecemento da presenza de CM nos centros de traballo No apartado 9 do cuestionario as empresas debían sinalar os axentes CM presentes nos seus centros de traballo. Tendo en conta esta información e comparándoa coa información sobre clasificación dos PQ presentes na empresa, avalíase o coñecemento das empresas da presenza destes axentes. A seguinte táboa presenta a análise desta información:
CANCERÍXENOS E MUTÁXENOS (CM) Nº de centros de traballo
% de centros de traballo
con todos os seus CM 2 2,06%%
con algúns dos seus CM 26 26,80% Cobren o apartado 9 do cuestionario (29,89%)
e non teñen CM 1 1,03%
e non teñen CM 39 40,21% Non cobren o apartado 9 do cuestionario (70,11%)
e teñen CM 29 29,90%
No 28,86% dos centros de traballo tense coñecemento da presenza de CM (cobren o apartado 9 e teñen CM), sen embargo só dous deles cubriron o apartado con todos os canceríxenos. Por outra banda hai 29 centros (o 29,9%) que non cubriron este apartado e si tiñan axentes CM entre os produtos químicos declarados. A análise dos resultados desta mostra de 93 empresas que empregan produtos químicos dun xeito importante, reflicte que un 29,9% dos centros de traballo non teñen identificados os axentes CM e que outro 26,80% nonos ten identificados correctamente. Cómpre ter en conta que á pregunta do cuestionario relativa a se a empresa tiña identificado algún axente CM na avaliación de riscos do centro de traballo contestaron afirmativamente o 32,99%, cando en realidade os PQ CM están presentes do 56,70% deles. Este dato é concordante cos que acabamos de amosar e corrobora o descoñecemento relativo aos CM. 6.5 Cantidade de produtos químicos CM e tóxicos para a reprodución (TR) consumidos
CATEGORÍA CANTIDADE EN MILES DE TONELADAS
Carc. Cat. 1 e Carc. Cat. 2 1.255,95
Carc. Cat. 3 86,21
Muta. Cat. 1 e Muta. Cat. 2 38,19
Muta. Cat. 3 0,26
Hai que ter en conta a importante contribución do gasóleo, fuelóleo e gasolina, utilizados como combustible, na cantidade total de toneladas: 748 miles de toneladas corresponden a gasolina e fuelóleo (Carc. Cat. 2) e 5 miles de toneladas corresponden a gasóleo (Carc. Cat. 3).
35
No tocante ao consumo de TR:
CATEGORÍA CANTIDADE EN MILES DE TONELADAS
Tóx Rep.Cat.1 0,19
Tóx Rep.Cat.2 38,31
Tóx.Rep.Cat.3 1,09
Total 39,59
A brea de alcatrán de hulla, TR de categoría 2, utilizada en importantes cantidades na industria do metal, supón unha contribución moi importante á cantidade total de TR reflectida na táboa. 6.6 Traballadores afectados por CM Tendo en conta que o cadro de persoal total das 93 empresas participantes (97 centros de traballo) é de 15.681 traballadores, e cos datos obtidos das empresas que cubriron o apartado 9 do cuestionario, fíxose unha estima aproximada da porcentaxe de traballadores que poden estar expostos a produtos CM. Un 4,78% dos traballadores manipulan estes produtos e un 6,96% están indirectamente expostos, é dicir, poderían verse afectados de non aplicarse as medidas de prevención e protección necesarias. No seguinte gráfico reflíctese a porcentaxe de traballadores expostos nos diferentes sectores de actividade considerados.
Porcentaxe de traballadores afectados por CM nos diferentes sectores de
actividade1,2
8,0
9,9
6,2
5,4
Industria da madeira
Industria química , plásticos e artesgráficas
Fabricación de produtos minera is non
metá l icos
Industria do metal en xera l
Industria naval e da automoción
Pódese observar unha maior porcentaxe de traballadores expostos no sector da industria química, plásticos e artes gráficas e na de fabricación de produtos minerais non metálicos. Non se contabilizan traballadores expostos no sector da limpeza industrial e de edificios. Hai que ter en conta que estes datos son indicativos xa que se recollen do apartado 9 do cuestionario, no que os traballadores expostos contabilízanse por tarefa, e ademais, como xa se dixo anteriormente,
36
37
nun 29,9% dos centros de traballo detectouse presenza de axentes CM e non cubriron este apartado e só un 2% dos que cubriron o apartado 9 incluíron todos os produtos CM.
CONCLUSIÓNS MÁIS RELEVANTES
1. No tocante á presenza de PQ perigosos nas empresas:
As 93 empresas, que abranguen un total de 97 centros de traballo, cuxa información foi analizada nesta primeira fase, empregan produtos químicos de maneira importante, tanto en relación á súa cantidade como variedade. Todas as empresas contan nas súas instalacións con algún tipo de produto químico perigoso (PQP). Entre os PQP hai que salientar, que en máis da metade dos centros de traballo están presentes compostos canceríxenos, mutáxenos e/ou tóxicos para a reprodución (o 56,70%) e que un 75,25% dos centros contan nas súas instalacións con produtos sensibilizantes (o 24,74% con sensibilizantes por vía inhalatoria e o 72,16 % con sensibilizantes por vía dérmica). Detectáronse carencias no coñecemento das características de perigosidade dos produtos químicos (PQ) presentes nos centros de traballo. Aínda que non se cuantificou, podemos afirmar que en moitos casos as FDS recibidas non se correspondían cos produtos indicados no cuestionario (ben máis FDS que PQ ou viceversa). Con frecuencia foi a reclamación das FDS de produtos indicados no cuestionario, o que provocou que lle foran solicitadas ao provedor; noutros casos remitíronnos a ficha Internacional de seguridade química ou a ficha técnica do produto. Finalmente dun 8% dos PQ non se recibiu información ningunha relativa ás súas características de perigosidade. Temos constancia de que un 34% dos centros de traballo non enviaron as FDS de todos os PQP aínda que no cuestionario contestaron que posuían as FDS de todos os PQP o 95,87%. Un dos datos recollidos máis discordantes é o relacionado co coñecemento da presenza de PQ canceríxenos e/ou mutáxenos (CM) nos centros de traballo: un 32,99% indicou que tiña algún axente CM identificado na avaliación de riscos, só o 29,89% cubriu o apartado 9 cos datos solicitados destes axentes e, finalmente, os datos obtidos da información recibida revelaron a presenza de CM nun 56,7% dos casos. Estes datos amosan tanto un coñecemento incompleto por parte das empresas dos PQP presentes nas súas instalacións como das súas características de perigosidade, ambos os dous aspectos fundamentais no primeiro paso para unha correcta xestión do risco químico nas empresas: a identificación do risco.
2. No tocante á xestión do risco químico
O tipo de organización preventiva máis común é o servizo de prevención alleo, no caso da disciplina de Hixiene Industrial esta modalidade é adoptada polo 76% dos centros de traballo (polo 63% no caso da disciplina de Seguridade, polo 67% na de Ergonomía, e polo 95% para a Medicina do Traballo). Avaliación de riscos Aínda que as respostas ao cuestionario no apartado de avaliación de riscos revelan que máis do 90% dos centros afirman ter identificados documentalmente todos os PQP, posuír as FDS de todos eles, ter identificados todos os postos de traballo con risco de exposición e ter realizado a avaliación específica de axentes químicos, os datos que se acaban de expor non avalan estas altas porcentaxes.
39
Condicións de utilización dos axentes A maioría das empresas afirman traballar con procedementos de traballo estandarizados cando se manexan axentes químicos perigosos (AQP) para todas ou polo menos para a maioría das operacións. Os procedementos estandarizados para todas as operacións con estes axentes só se dá no 40% dos centros de traballo. Un 8% non ten procedemento normalizado ningún para estas operacións. O 95% dos centros de traballo afirman ter expresamente prohibido comer, beber e fumar nos postos de traballo e ter implantadas normas de correcta hixiene persoal (utilización de roupa de traballo, lavado das mans ...). Só un 8% indica que exista contacto directo dos traballadores cos AQP en todas as operación nas que son manipulados, o 50% afirma que este contacto se produce algunha vez e un 27% indica que nunca están en contacto os traballadores con estes axentes. Este 27% parece entrar en contradición coa utilización dos medios de protección colectiva e máis aínda coa alta utilización dos EPIs (o 81,44% dos centros afirma que os traballadores os utilizan sempre e o 18,56% restante a maioría das veces). Envasado e etiquetaxe, plan de emerxencia e vixilancia da saúde O 81,44% dos centros de traballo manifesta ter todos os envases que conteñen AQP correctamente etiquetados aínda que esta porcentaxe diminúe cando se trata de produtos que foron transvasados a outros recipientes; etiquétanse sempre os produtos transvasados nun 63,92% dos casos. O 94,85% das empresas contemplan os incidentes producidos por AQP no seu plan de emerxencia pero todas elas posúen AQP nas súas instalacións. Aínda que o 97,94% das repostas foron afirmativas no relativo á aplicación de protocolos específicos de vixilancia da saúde, o feito de que nun 29,9% dos centros de traballo non se identificaran os axentes CM cuestiona esta elevada porcentaxe de aplicación. Formación e información os traballadores Todas as empresas afirman facilitar as FDS dos AQP que se manipulan na empresa aos traballadores, o 93,81% afirman telos informado por escrito dos riscos do seu posto de traballo e telos formado especificamente sobre o risco químico. Como dato contraditorio cómpre subliñar que un 4% dos centros indican non ter AQP nas súas instalacións e que un 27% deles afirma que os traballadores nunca están en contacto cos AQP presentes nelas. Tamén hai que subliñar que un 34% dos centros de traballo non dispuñan de todas as FDS e que, como comentaremos deseguido, a información que conteñen en ocasións é insuficiente ou non é correcta, (recaendo neste caso a responsabilidade sobre o fabricante ou o importador do PQP), ademais das deficiencias na identificación dos axentes CM que tamén se comentan máis adiante. Todo isto apunta a diferentes eivas relacionadas coa calidade desta información. 3. No tocante á información recibida dos produtos rexistrados O 56% dos produtos rexistrados viñeron acompañados de información que os clasificaba como perigosos segundo a normativa vixente mentres que nun 36% a información recibida os catalogaba como non perigosos e do 8% restante non se recibiu información ningunha sobre a súa clasificación.
40
Un 6% dos produtos non dispuña de FDS, o 43% deles eran PQP e entre eles figuraban compostos con características de perigosidade importantes (11 produtos canceríxenos, 8 sensibilizantes, 6 moi tóxicos entre outros). A análise da información contida nas 5.139 FDS recibidas amosou que ata un 21% presentaron irregularidades na súa información. Hai que ter en conta que non se fixo unha análise polo miúdo do contido da FDS e polo tanto este 21% refírese só as irregularidades analizadas que se detallan neste informe. O tipo de irregularidades máis salientables detectadas neste 21% foron:
Non estaban en castelán (o 16,4% , o 3% do total de FDS recibidas). Non indicaban a data de emisión (nun 6,94%). Non contiña os 16 apartados regulamentarios (o 13,96%). A falla de información clara sobre a carcinoxenicidade e/ou mutaxenicidade de
compoñentes que forman parte de mesturas que, de ser CM, farían que a mestura fose CM (no 33,83% destas fichas).
Mesturas que deberían ser clasificadas como CMR e non están clasificadas como tales ou ben están asignadas a unha categoría que non lles corresponde (no 13,78%, o 2,9% de todas as FDS recibidas).
Substancias CMR que non figuraban clasificadas como tales ou figuraban nunha categoría que non lles corresponde (nun 1,97%) .
Substancias ou mesturas que supostamente son clasificadas como non perigosas pero non se indicaba isto con claridade ofrecéndose pois unha información confusa (nun 10,59%).
Substancias (non mesturas) das que non se indicaba o seu VLA e/ou o VLB ou figuraba un incorrecto (nun 18,28%). Esta irregularidade é aínda máis relevante se temos en conta que a maioría dos produtos rexistrados son mesturas e non substancias.
Se temos en conta do total dos produtos rexistrados (5.453) aqueles que posúen FDS pero cuxa información debería ser revisada (1.067) e os que non posúen FDS pero se considerou incorrecta ou insuficiente a información recibida do produto (282), chegamos á conclusión de que sería necesario revisar a información sobre a perigosidade de 1.349 produtos, o 24,7 % dos produtos rexistrados nesta primeira fase. 4. No tocante aos produtos canceríxenos e mutáxenos (CM) A análise da información recibida sobre os PQP revela que:
No 56,7% dos centros de traballo está presente algún axente químico CM (igual porcentaxe se consideramos a maiores os clasificados como tóxicos para a reprodución (TR).
No 29,9% destes centros están presentes CM de 1ª e 2ª categoría (categoría 1A e 1B segundo o CLP); só o 23,71% indicou ter realizado a preceptiva avaliación específica para estes axentes.
Un 29,9% dos centros de traballo non teñen identificados os axentes CM presentes nas súas instalacións.
Un 28,8% non teñen todos os seus axentes CM identificados. Nas respostas dadas ao cuestionario un 32,99% afirmou ter identificados axentes CM na avaliación de riscos e un 23,71% ter realizado a avaliación específica para estes axentes. Estes datos revelan deficiencias importantes tanto na identificación como na avaliación do risco e débense valorar tendo en conta que se trata de empresas seleccionadas entre sectores de actividade nos que se empregan produtos químicos perigosos en número e/ou en cantidade importante tal e como se reflicte neste informe.
41
42
Cómpre salientar tamén o dato de que o tolueno, presente en diferentes colas, vernices, pinturas, disolventes e acabados é responsable da clasificación como TR de aproximadamente o 50% dos produtos clasificados nesta categoría de perigosidade.
ANEXO I
43
44
45
1. Datos da empresa.
1.1 Identificación. CIF: .............................................................NIF: ....................................................... Razón social: ............................................................................................................... Actividade (CNAE):........................................................................................................ Domicilio social:............................................................................................................ Centro de traballo: ........................................................................................................ Teléfono: ...................................................................................... Fax:....................... Persoa de contacto/cargo:.............................................................................................. Correo electrónico:........................................................................................................
1.2 Organización
Cadro de persoal total: ..........................Delegados de prevención: Si Non Número ...... Organización preventiva:
SEGURIDADE HIXIENE ERGONOMÍA MEDICINA DO
TRABALLO
Asumida polo empresario
Traballadores designados
Servizo de Prevención propio
Servizo de Prevención alleo1
1Indicar Servizo de Prevención alleo: .............................................................................. 2. Avaliación de Riscos:
Na súa empresa se empregan, xeran, producen e/ou almacenan Axentes Químicos Perigosos (AQP) 2? si non
Ten algún documento no que se identifiquen todos os AQP cos que poden estar en contacto os traballadores?
Si non
Ten a Ficha de datos de Seguridade (FDS), en castelán, de todos os AQP que se manipulan na súa empresa? si non
Na avaliación de riscos están identificados os postos de traballo con risco de exposición a AQP? si non
Avaliouse especificamente o risco por exposición a AQP naqueles postos de traballo no que se identificou este risco? si non
Realizáronse medicións das concentracións de AQP nos postos de traballo? si non
Na avaliación específica do risco por exposición a AQP, identificouse risco de exposición por vía dérmica?
2 Nota: enténdese por axentes químicos perigosos tanto as substancias químicas como as mesturas de diferentes substancias clasificadas como perigosas ou susceptibles de ser clasificadas como tales.
46
3. Condicións de utilización e medios técnicos de control
Existen procedementos de traballo estandarizados e por escrito para as operacións nas que se manexan AQP?
PARA TODAS
PARA A MAIORÍA DELAS
PARA ALGUNHA
S
PARA NINGUNHA
Está expresamente prohibido comer beber e fumar nos postos de traballo?
si non
Implantáronse normas de correcta hixiene persoal (utilizar roupa de traballo, lavar as mans...)
si non
Nas operacións nas que se utilizan AQP, os traballadores están en contacto directo con eles?
SEMPRE NA MAIORÍA DAS VECES
ALGUNHA VEZ
NUNCA
Os traballadores utilizan os medios de protección colectiva habilitados para tarefas determinadas (cabinas, extraccións localizadas...)?
SEMPRE A MAIORÍA DAS VECES
ALGUNHA VEZ
NUNCA
Os traballadores utilizan os equipos de protección individual (EPIs) indicados na planificación da acción preventiva da empresa para a tarefa que están a realizar?
SEMPRE A MAIORÍA DAS VECES
ALGUNHA VEZ
NUNCA
4. Envasado e etiquetaxe Os envases que conteñen AQP están correctamente etiquetados e en castelán?
TODOS A MAIORÍA
DELES ALGÚNS NINGÚN
Cando se realizan transvasamentos, etiquétanse correctamente os novos recipientes?
SEMPRE A MAIORÍA
DAS VECES
ALGUNHA VEZ
NUNCA
Existe un lugar específico para o almacenamento dos AQP? si non
5. Plan de emerxencia No manual de autoprotección e/ou nas normas básicas de emerxencia contémplanse os incidentes producidos por AQP?
si non
6. Vixilancia da saúde Aplícanse protocolos de vixilancia sanitaria específicos nos exames de saúde que se fan periodicamente aos traballadores?
si non
7. Formación e información os traballadores Os traballadores teñen acceso á ficha de datos de seguridade (FDS) dos AQP que se manipulan na empresa?
si non
Informouse os traballadores por escrito dos riscos do seu posto de traballo reflectidos na avaliación do risco químico?
si non
Na formación en prevención de riscos laborais que recibiron os traballadores, figura un apartado dirixido ao risco químico?
si non
47
8. Canceríxenos e mutaxénicos Na avaliación de riscos da súa empresa, figura expresamente identificado algún axente canceríxeno e/ou mutaxénico?
si non
Ten vostede coñecemento dalgún AQP que sexa canceríxeno e/ou mutaxénico que se manipule na súa empresa?
si non
No caso de que se identificaran canceríxenos e/ou mutaxénicos na avaliación de riscos, fíxose unha avaliación de riscos específica para eles?
si non
Tamén no caso de que se identificaran canceríxenos e/ou mutaxénicos na avaliación de riscos, indicáronse medidas de prevención e protección específicas para estes axentes?
si non
NOTA: No caso de que teña identificados axentes canceríxenos e/ou mutaxénicos deberá cubrir o seguinte apartado.
48
9. Tarefas nas que interveñen produtos químicos canceríxenos e/ou mutaxénicos
Nome do produto canceríxeno e/ou mutaxénico
Tarefa ou proceso no que se empregan, xeran, producen e/ou almacenan
Cantidade estimada
Frecuencia de realización da tarefa (*)
Núm. de traballadores directamente afectados
Núm. de traballadores indirectamente afectados (**)
(*) Indicar para cada tarefa o núm.de veces que se realiza (ao día, á semana, ao mes ou ao ano) (**) Enténdese por indirectamente afectados aqueles que debido á localización do seu posto de traballo poden ser afectados polos produtos que se manipulan na tarefa ou proceso referido.
49
10. Listaxe de produtos químicos
Cantidades de todos os produtos químicos que se utilicen, produzan, xeren ou almacenen por ano
Produto químico
Q1
Kg
1Q
50 K
g
50Q
100 K
g
100Q
1000 K
g
1000Q
5000 K
g
Outr
os
(indic
ar k
g):
Q1
l
1Q
50 l
50Q
100 l
100Q
1000 l
1000Q
5000 l
Outr
os
(indic
ar l):
DEBE XUNTAR AS FICHAS DE DATOS DE SEGURIDADE DE TODOS OS PRODUTOS QUÍMICOS que se empregan, producen e/ou almacenan na empresa.
50
ANEXO II
51
Ficha PR 15 Plan de Actividades ISSGA 2010:
Código Ámbito/sector Duración Colaboracións
PR 15 Industria Plurianual SPA (posible)
Plan Estratéxico 2006-2010: Obxectivo e Acción
Lei 14/2007: Funcións do ISSGA
Área funcional
Obxectivo: 6; acción 7 Artigo 4º. k Hixiene SC e CSSL
Denominación Mapa de risco químico de Galicia
Descrición Elaboración dun mapa de risco en utilización de produtos químicos por sectores, subsectores, ramas, territorios e empresas, segundo criterios de prioridade.
A elaboración deste mapa permitirá no futuro definir dun xeito preciso os sectores e produtos químicos máis utilizados na comunidade autónoma para centrar neles as actuacións que se consideren oportunas (plans de actuación, accións formativas e de asesoramento...).
Este programa complementaríase co programa de verificación das fichas de seguridade de produtos químicos.
Este proxecto desenvolveríase en diferentes fases e o seu alcance poderíase prolongar no tempo a 2 ou 3 anos.
Obxectivos - Identificar as empresas con risco químico en Galicia
- Identificar os produtos químicos que se manexan nas empresas (materias primas, produtos intermedios e produtos finais)
- Identificar exposicións inadvertidas a produtos do ámbito de aplicación do RD 665/1997 de axentes canceríxenos e a outros produtos de especial perigosidade
- Identificar número de traballadores expostos.
- Comunicar ás empresas implicadas as exposicións inadvertidas.
- Obter unha base datos que recolla a información máis relevante dos produtos químicos máis utilizados na nosa CA.
52
Ficha PR 15 Plan de Actividades ISSGA 2011:
PR 15 Mapa de risco químico de Galicia
Bienal
Descrición:
Comezado en 2010, consiste na elaboración dun mapa dos riscos xerados pola utilización de produtos químicos por sectores e subsectores de actividade, territorios e empresas, segundo criterios de prioridade.
O RD 374/2001 recolle a obriga do empresario de determinar a existencia e avaliar os riscos para a saúde e seguridade dos traballadores orixinados por axentes químicos. A sistemática deste tipo de avaliacións está a ser revisada, tanto polos novos métodos de avaliación simplificados como por unha nova regulamentación en materia de notificación de novos produtos químicos e de clasificación e etiquetaxe dos produtos químicos perigosos presentes no mercado europeo.
Este mapa permitirá definir dun xeito preciso os produtos químicos máis utilizados na comunidade autónoma e os sectores implicados, centrar neles as actuacións que se consideren convenientes, tanto de tipo formativo como de asesoramento sobre a correcta avaliación dos riscos derivados da presenza destes axentes e as medidas preventivas que reduzan ou eliminen os riscos.
En 2011 comezará unha segunda fase, ampliando o número de empresas.
Obxectivos:
- Identificar as empresas con risco químico en Galicia.
- Identificar os produtos químicos que se manexan nas empresas (materias primas, produtos intermedios e produtos finais).
- Identificar exposicións inadvertidas a produtos do ámbito de aplicación do RD 665/1997 de axentes canceríxenos e a outros produtos de especial perigosidade.
- Identificar número de traballadores expostos.
- Comunicar ás empresas implicadas as exposicións inadvertidas.
- Obter unha base datos que recolla a información máis relevante dos produtos químicos máis utilizados na nosa comunidade autónoma.
- Difundir ás empresas os resultados e a base de datos citada.
Area funcional
SXTP; XCCo SHI; ETH
Colaboracións Ambito/sector
Industria
Plan Estratéxico 2011-2014 Obxectivo e Acción
Obxectivo 6 Liña 1.4.
Lei 14/2007: Funcións do ISSGA
Artigo 4º.k)