infórmate nÚmero 144 4º trimestre 2016 a fondo … · ecos do sur, e o fotoxornalista fe-lipe...

19
Infórmate a Fondo NÚMERO 144 4º TRIMESTRE 2016 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa www.fondogalego.org Adrián Irago gaña o certame Imaxes con Fondo III 2 Entrevista con Daniel Fernández, vogal do Fondo Galego 6 Visita ao Norte para explicar o proxecto en Mozambique 4 FONDO DE ARMARIO 9 OS PROXECTOS EN TERREO: Loita contra a vaga de frío que afecta ás persoas refuxiadas 11 A OLLADA EXTERNA: Entrevista con Yolanda Castaño: “A desigual situación dos países do Sur outorga moito máis mérito a esas creadoras que se repoñen ás adversidades” 13

Upload: dotram

Post on 12-Jan-2019

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Infórmatea Fondo

NÚMERO 144 4º TRIMESTRE 2016Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

www.fondogalego.org

Adrián Irago gaña o certame Imaxes con Fondo III

2

Entrevista con Daniel Fernández, vogal do Fondo Galego

6

Visita ao Norte para explicar o proxecto en Mozambique

4

FONDO DE ARMARIO9

OS PROXECTOS EN TERREO:Loita contra a vaga de frío que afecta ás persoas refuxiadas

11

A OLLADA EXTERNA:

Entrevista con Yolanda Castaño:

“A desigual situación dos países do Sur outorga moito máis mérito a esas creadoras que se repoñen ás adversidades”

13

> Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

ACTUALIDADE DO FONDO Adrián Irago gaña o certame Imaxes con Fondo III cunha fotografía dos refuxiados

A instantánea da chegada dun grupo de refuxiados ás costas gre-gas mereceulle ao fotoxornalis-ta vigués Adrián Irago o Primeiro

Premio do certame Imaxes con Fondo III. Baixo o título ‘Arriban-do en Lesbos’, a obra convida a reflexionar sobre o que a diario acontece no Mediterráneo e a co-rresponsabilidade de Europa na busca dunha solución. Os lucen-ses Evaristo Pardeiro e María Luz Arias acadaron o segundo e tercei-ro posto do certame retratando a cultura hindú e un campo de refu-xiados, respectivamente.

Adrián Irago recibiu de mans do presidente do Fondo Galego e al-

calde de Nigrán, Juan González, o galardón que se materializará nunha viaxe a Mozambique para realizar un traballo fotográfico sobre a realidade do país lusófono e os proxectos alí apoiados pola entidade organizadora. Daniel Fernández, concelleiro en Cartelle e membro da Comisión Executi-va do Fondo Galego, entregoulle a cesta de produtos do Segundo Premio a Evaristo Pardeiro, natu-ral de Mondoñedo e afincado en Lugo, por ‘Outra cultura, o mes-mo ollar’, obra que pon en valor

as tradicións da India e cuestiona o ritmo de vida occidental.

O Terceiro Premio do certame Imaxes con Fondo III devólvenos á fuxida desde Siria con ‘Vivindo nun limbo’, fotografía que nos fai mi-rar a través da reixa dun campo de refuxiados para conectarnos coa ollada do neno protagonista. Rocío Fraga, concelleira da Coruña e directiva do Fondo Galego, fíxo-lle entrega do galardón a María Luz Arias, dotado cun lote de pelí-culas de temática social.

Representantes da Comisión Executiva do Fondo Galego entregaron os premios do certame. O Primeiro Premio foi para ‘Arribando en Lesbos’, de Adrián Irago.

1

> Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

Un total de 84 fotografías pre-sentadas por 35 participantes concorreron ao concurso Imaxes con Fondo, que nesta terceira edi-ción convidaba a reflexionar sobre a interculturalidade. O prazo de recepción de obras pechouse o 15 de novembro e, a continuación, abriuse un período para que as seguidoras e seguidores do Fondo Galego en Facebook puidesen vo-tar as imaxes. As quince obras me-llor valoradas foron logo avaliadas

polo xurado, conformado por Da-niel Fernández, vogal da Comisión Executiva do Fondo Galego; Con-chi Pernas, técnica do Concello de Burela; Natalia Monje, da ONGD Ecos do Sur, e o fotoxornalista Fe-lipe Carnotto, gañador de Imaxes con Fondo II.

Evaristo Pardeiro fíxose co segundo posto con ‘Outra cultura, o mesmo ollar’. ‘Vivindo nun limbo’ é a obra de María Luz Arias, que quedou terceira.

1

>ACTUALIDADE DO FONDO Unha enfermeira galega residente en Mozambique explica o proxecto co Fondo

A enfermeira galega María José Castro, directora executiva da Fun-daçao Encontro, percorreu nove municipios socios do Fondo Gale-go de Cooperación e Solidarieda-de para dar a coñecer o proxecto a prol da saúde infantil e materna apoiado en Mozambique. A coru-ñesa, que desde hai 16 anos re-

side e traballa no país africano, tamén se reuniu coa subdirectora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, Pilar Romero.

María José Castro participou ase-made nas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria, que se celebraron nas catro capitais de

provincia e ás que estaba convoca-do o persoal técnico delegado do Fondo Galego en cada un dos 88 concellos e as dúas deputacións socias. Nestes encontros, a Secre-taría Técnica dá conta das activi-dades de sensibilización fronte as desigualdades realizadas durante o ano, como obradoiros de foto-grafía social, charlas sobre as ne-nas e nenos soldados, actuacións musicais, exposicións, contacon-tos, etc.

Nas xuntanzas puxéronse ade-mais en valor os proxectos de cooperación internacional impul-sados en países do Sur, como as axudas de post emerxencia para reconstruír un centro sanitario tras as inundacións nos campa-mentos saharauís ou as destina-das ao equipamento informático dun concello ecuatoriano logo do terremoto. Desta volta, contouse co complemento do testemuño directo chegado desde África, que achegou os bos resultados do traballo realizado por activistas locais para concienciar a mulleres e familias sobre a importancia de acudir ás consultas pre e post par- A subdirectora xeral de Cooperación Exterior recibiu a María José Castro.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

2

>to, así como de dar a luz na mater-nidade.

Alén de recepcións nos concellos de Bergondo, Silleda ou Oleiros, a axenda de María José Castro incluíu senllas charlas abertas ao

público en Sarria e O Barco de Val-deorras para dar a coñecer a rea-lidade mozambicana e a utilidade dos proxectos de cooperación para o desenvolvemento cofinan-ciados polas administracións lo-cais galegas.

A enfermeira participou nas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

A directora executiva da Fundaçao Encontro visitou o Concello de Ourense. María José Castro explicoulles o proxecto a políticos e asociacións de Silleda.

2

>ACTUALIDADE DO FONDO Daniel Fernández, vogal do Fondo Galego: “Toda contribución, por pequena que sexa, é moi necesaria”

Daniel Fernández Carril é conce-lleiro de Cultura e Deportes en Cartelle, municipio duns 3.000 habitantes situado na provincia de Ourense, e desde finais de 2015 forma parte ademais da Comisión Executiva do Fondo Ga-lego de Cooperación. Uns meses antes, estreábase ‘Mil sorrisos e un perdón’, o documental que re-colle o encontro coa persoa que o atropelou, conducindo baixo os efectos do alcol. Pese ás graves consecuencias que lle carrexou o accidente, segue traballando cada día pola veciñanza e pola solidariedade cunha gran vitali-dade.

O teu é un dos novos rostros na actual Comisión Executiva do Fondo Galego e, de feito, es o in-tegrante máis novo. Como está a resultar a experiencia?

A experiencia está a ser sumamen-te gratificante, xa que polo pouco tempo que levo puiden observar

de primeira man toda a labor que se fai no Fondo, e paréceme fun-damental que se lle dea continui-dade.

Cartelle é o exemplo de que ata o concello máis pequeno pode contribuír á cooperación inter-nacional a través do Fondo Ga-

lego, que lles dirías a outros mu-nicipios semellantes para que se sumen a esta rede?

Toda achega por moi pequena que sexa é moi necesaria, xa que unha suma de moitas pequenas contribucións dan como resultado unha grande. Dende o Concello de

O concelleiro e a alcaldesa de Cartelle recibiron á política mozambicana María Helena Correia.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

3

>Cartelle tentamos aportar o máxi-mo que podemos. Aos municipios semellantes amosaríalles o traba-llo de axuda que se está a facer para que comprobasen os resulta-dos e así se animasen a colaborar con este bonito e á vez necesario labor.

O ano pasado recibistes a visita dunha alcaldesa mozambicana, que aprendizaxes tiraches des-te intercambio de experiencias?

Foi unha experiencia moi enrique-cedora, xa que puiden coñecer de primeira man todas as tarefas que a alcaldesa leva a cabo, e tamén me valeu para saber todas ás difi-cultades ás que se ten que enfron-tar debido á situación da súa terra, e ao xénero, algo que non debería ser así. Sempre che abre moito a mente que unha persoa de cultura diferente a túa che ensine costu-mes e carencias do lugar no que exerce a Alcaldía.

Tamén participaches no xurado do certame Imaxes con Fondo III, estivo moi rifada a final?

Pois a verdade é que me encantou formar parte do xurado porque a

fotografía é algo que me apaixo-na, e si, a final estivo moi rifada, como ten que ser, pola diferenza de criterio do xurado, algo que considero moi enriquecedor para un resultado final óptimo.

A miúdo impartes charlas en centros educativos para sensibi-lizar fronte aos perigos do alcol ao volante, como persoa prexu-

dicada por esta problemática. Cal é a reacción do alumnado ao recibir o teu testemuño de pri-meira man?

A reacción adoita ser moi positiva. Se lle das unha charla só teórica, o alumnado ten tendencia a des-conectar, como todos temos feito, pero cando un fala e vén que o teu é un caso real, contado de pri-

“Ábreche moito a mente que persoas doutras culturas che amosen os seus costumes e carencias”

“Encantoume formar parte do xurado do certame Imaxes con Fondo, a final estivo moi rifada”

Daniel Fernandez formou parte do xurado na terceira edición do certame Imaxes con Fondo.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

3

>meira man, enseguida se poñen a prestar moita atención, algo que sempre me sorprende moi grata-mente. Tamén considero que aín-da falta moitísimo por facer neste aspecto, xa que o alcol mesturado cun mal uso é algo que está ins-taurado, e mesmo ás veces ben visto por parte da mocidade, na nosa sociedade.

O Fondo Galego tamén oferta actividades de concienciación contra as desigualdades a todos os concellos socios, ultimamen-te con maior énfase no rural. Que valor lles das a este tipo de accións?

Son fundamentais. Creo que é su-mamente necesaria a información no relacionado coa desigualdade, xa que a desinformación moitas veces é a orixe dos problemas, e así evitariamos que se puideran producir.

O edil de Cartelle, ao fondo, incorporouse á Comisión Executiva na presente lexislatura.

“O alcol mesturado cun mal uso é algo que está instaurado na sociedade, e mesmo ás veces ben visto”

“As actividades de concienciación contra as desigualdades son fundamentas, a información é necesaria”

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

3

>

Publicada a Memoria 2016 co resumo do ano

Os obradoiros Tecendo polo Cambio, os concertos de Batuko Tabanka ou as charlas sobre nenas e nenos soldados son algunhas das novas actividades implementadas ao longo do ano que se resumen na ‘Memoria 2016: o municipalismo galego, aberto a cooperar’. O aparta-do de sensibilización recolle ademais o percorrido das distintas expo-sicións e espectáculos encamiñados a concienciar fronte as desigual-dades, así como a terceira edición do certame Imaxes con Fondo, o programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, o in-tercambio de experiencias en Mozambique ou as Visitas ao Norte que recibimos desde o país lusófono. Na sección dedicada aos proxectos, dáse conta entre outros das axudas de emerxencia destinadas aos campamentos saharauís afectados polas inundacións e á reposición do equipamento informático nun concello ecuatoriano tras o terre-moto. O saúdo do presidente, o tecido e vida asociativa, as relacións institucionais, a comunicación, o balance económico e a axenda do exercicio completan a publicación.

Convócase ás deputacións e concellos á Asemblea

As administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade están chamadas a participar na Asem-blea Xeral que terá lugar o 15 de marzo ás 11 horas na sede da Fegamp, en Santiago de Compostela. A sesión abrirase ofrecendo o habitual informe de situación do Fondo Galego a cargo do presiden-te, Juan González, para pasar logo á aprobación do balance económi-co de 2016. Darase conta a seguir das últimas altas e baixas de socios e, para rematar, presentarase tanto a planificación coma o orza-mento previsto para o presente exercicio, no que a entidade cumpre dúas décadas de andaina. Neste senso, o Plan de Actividades 2017, titulado “20 Anos a Fondo coa Solidariedade”, inclúe accións de fortalecemento, de sensibilización fronte as desigualdades, de coope-ración internacional e de comunicación. Para rematar, as catro con-celleiras que participaron no intercambio de experiencias en Mozam-bique compartirán as aprendizaxes tiradas da visita, na que asistiron ao encontro da Rede Nacional de Mulleres Autarcas.

FONDO DE ARMARIO

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

*

>

2.000 persoas achegáronse á cultura caboverdiana

Máis de 2.000 persoas achegáronse á cultura de Cabo Verde nos dez concertos ofrecidos por Batuko Tabanka no segundo semestre de 2016. A actuación do grupo de mulleres de orixe caboverdiana, afincadas na Mariña lucense, complementa a exposición fotográfica ‘Galicia-Cabo Verde: unha irmandade’, realizada polo fotoxornalista Rober Amado no país lusófono como gañador da primeira edición do certame Imaxes con Fondo. A emigración, a identidade ou a situación da muller son algunhas das cuestións que centran os temas de Batuko Tabanka, que reivindica a música tradicional do arquipélago ao tempo que difunde a súa cultura entre a sociedade galega, visibilizándoa e favorecendo acti-tudes de respecto cara a poboación migrante. Riveira, Cambados, Moa-ña, Nigrán, Ames, Oleiros, Bergondo, Barro, Carballo e A Coruña son as vilas polas que pasaron.

Coñecendo Mozambique nas aulas de Moaña

A concelleira de Igualdade do Concello de Moaña, María Ortega, ache-goulle a alumnado da vila a realidade de Mozambique. A edil desprazou-se en setembro ao país lusófono da man do Fondo Galego de Coopera-ción para intercambiar experiencias con políticas africanas arredor da equidade de xénero, canda compañeiras doutros tres concellos socios da entidade. Á volta, quixo poñer en valor o aprendido compartíndoo coa xente nova, e comezou polas cativas e cativos da Escola de Educa-ción Infantil de Verducedo, a quen lles amosou algúns aspectos cultu-rais do país. Con posterioridade, ofreceu unha charla para estudantes de 5º e 6º curso do CEIP Abelendo, cos que reflexionou sobre os roles das mulleres a partir do vivido sobre o terreo. Con esta conversa deron comezo as actividades do proxecto a prol da igualdade de xénero que está a implementar o centro.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

*

>OS PROXECTOS EN TERREO: Loita contra a vaga de frío que afecta ás persoas refuxiadasAs persoas refuxiadas que seguen a ruta dos Balcáns levan semanas soportando temperatu-ras baixo cero a causa da vaga de frío siberiano en Europa, que xa causou varias mortes por hi-potermia. Ante esta situación, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de ache-gar 10.000 euros ao Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur), que dotará así de artigos coma roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en cen-tros de acollida de Serbia, en coordinación co goberno do país e cos seus parceiros locais.

As deputacións e concellos socios do Fondo Galego contribúen deste xeito a paliar as du-ras condicións de vida das persoas refuxiadas. No entanto, as distintas administracións lo-cais poden sumar a esta doazón a súa pro-pia achega específica a través da conta ES98 2080 0559 2630 4000 4276 de Abanca, indican-do como concepto a palabra “refuxiados”. Esta conta de emerxencia está dispoñible tamén para persoas individuais, grupos ou calquera tipo de entidade que desexe canalizar así a súa solidariedade coas e cos afectados.

No entanto, o Fondo Galego de Cooperación é consciente de que este tipo de axudas non son a solución, que debe chegar desde as altas instancias políticas. Así o esixía hai un ano con declaracións institucionais nas que re-clamaba substituír as medidas restritivas por accións que atallen as causas do problema, en

cuxo cerne están os intereses xeopolíticos dos países máis poderosos, ao tempo que chama-ba rexeitar os movementos xenófobos.

Co empeoramento das condicións climato-lóxicas, o número de solicitudes de asilo en Serbia non deixa de aumentar. Trátase prin-

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

As persoas refuxiadas están a soportar temperaturas baixo cerno na ruta dos Balcáns. FOTO: Daniel Etter/Acnur.

*

>cipalmente de persoas afgás, iraquís e sirias que foxen dos conflitos nos seus lugares de orixe á procura dunha vida mellor. A maioría áchanse en aloxamentos improvisados que es-tán ao límite da súa capacidade e onde deben agardar arredor de medio ano para poder cru-zar a fronteira. Por outra parte, Acnur está a acondicionar un refuxio temporal para aloxar a quen se achan malvivindo nas rúas de Bel-grado, cidade na que ademais se está a levar a cabo a identificación de centos de menores non acompañados para proporcionarlles asis-tencia especializada.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

A doazón do Fondo Galego permitirá dotar os centros de acollida de Serbia de mantas e estufas. FOTO: Daniel Etter/Acnur

*

>A OLLADA EXTERNA

Yolanda Castaño: “A desigual situación dos países do Sur outorga moito máis mérito a esas creadoras que se repoñen ás adversidades”A multipremiada poeta Yolanda Castaño é un espírito inquedo. Non só comezou a publicar moi nova, senón que desde entón non parou de renovar o xénero con in-cursións no audiovisual e outras artes, alén de exercer como tradu-tora, articulista, presentadora e un longo etcétera. No entanto, desta-ca tamén polo seu activismo, des-de as reivindicacións feministas, a defensa da lingua ou a solidarie-dade cos países do Sur.

Collémoste participando no XIII Festival Internacional de Poesía de Nicaragua, como está a resultar a experiencia?

Fantástica! O certo é que é a miña terceira vez nesta importante cita que reúne un cento de poetas dos cinco continentes. O de Granada (Nicaragua) constitúe sen dúbida

un dos maiores encontros de au-tores de toda Latinoamérica, que é como dicir do mundo enteiro dada a afluencia, repercusión, po-pularidade e resposta que ten. A

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

A poeta Yolanda Castaño é unha muller polifacética. FOTO: Alberto Pombo.

*

>experiencia de recitar en prazas abertas, ante miles de persoas que se achegan de todo o país co entusiasmo co que acudirían a un concerto gratuíto ao aire libre é, para unha europea, verdadeira-mente impactante. A proxección e consideración que ten a poesía en países coma este acábame por dicir moito dos nosos propios...

En 2016 levaches os teus ver-sos a países como Cuba, Croa-cia, China ou India. Que aco-llida ten a poesía en galego nestas latitudes?

Desgraciadamente creo que ás veces o prexuízo pode estar máis dentro de nós ca nos outros e ou-tras. Dende fóra existe curiosida-de, gana de saber, descuberta e interese. O grao de coñecemento previo de Galicia que teño atopa-do foi dispar. Hai a quen lle resulta familiar Cataluña e mesmo tamén

País Vasco, pero nunca escoitou falar de “Galicia”; outras persoas teñen máis noción do que é Santia-go de Compostela do que Galicia, e outras teñen ideas máis definidas. Sorpréndense do noso idioma, manifestan interese, aprenden e mesmo agradecen a descuberta. En moitos casos atopan condicio-nantes en común que poden sor-prender; por exemplo en Cuba enténdeno moi ben, ou na China e na India atopan algo semellante á nosa ‘diglosia’ nas desigualdades entre o mandarín ou o hindi e as

linguas locais. A verdade é que eu, aínda que humildemente, vou polo mundo coa miña escrita en galego e fágoo cunha cabeza non menos alta -intúo- que a que leva-rá alguén que escriba en esloveno, en islandés ou en maltés, só por dicir tres idiomas con menos fa-lantes ca o meu.

Tamén vés de pór en marcha na Coruña unha nova edición do ciclo Poetas Di(n)versos, coa participación de creado-res e creadoras de Chad ou

México. Que nos perdemos da literatura dos países do Sur polo feito de non pertenceren á cultura do mainstream?

Creo que, á hora da verdade, en materia creativa, pouco importa o tamaño do país, a súa posición

Yolanda Castaño diante dun vistoso mural nicaraguano.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

“A experiencia en Nicaragua de recitar en prazas abertas, ante miles de persoas, é verdadeiramente impactante”

“En materia creativa, pouco importa o tamaño do país, a súa posición xeográfica ou o número de falantes”

*

>xeográfica ou o número de falan-tes da lingua na que se escriba. Tampouco imos pecar de inocen-cia e pensar que o contexto no que se desenvolve unha creadora non inflúe en absoluto no seu éxito, proxección ou resultados. Obvio que o fai, e que a desigual situa-ción política e económica dos paí-ses do Sur outorga moitísimo máis mérito a aquelas creadoras que -con todo e contra todo- son quen de se repoñer ás adversidades, a falta de apoios, a ausencia de in-dustria, etc. Logo dese desigual camiño, deses dispares avatares, cando a creación logra chegar a nós receptoras, podemos recoñe-cer canto paga a pena abrir, diver-sificar e enriquecer a nosa ollada. Efectivamente xa no seu oitavo ano consecutivo, mes tras mes, Poetas Di(n)versos segue tratando de atender absolutamente todas as igualdades (a de sexo/xénero, a Norte-Sur, a de xeración, núme-ro de falantes, raza, procedencia,

estilo literario...) e ofrecer unha panorámica o máis plural posible.

Hai uns días participabas en Cambados no proxecto pro-vincial ‘Mulleres en acción. Violencia Zero’. Como reaccio-nan as e os adolescentes ante este tipo de actividades con-tra os micromachismos?

Sempre prefiro ser optimista. Creo e confío en que o traballo do feminismo en Galicia está a collei-tar algúns considerables froitos. Algo vai callando neles e nelas, e obsérvase unha reacción positiva, certo interese, algo de reflexión. Aliméntase as súas conciencias críticas e as respostas semellan ter unha boa disposición. Haberá lamentables excepcións e dende

logo o traballo debe continuar, pero quero pensar que estamos no camiño.

Que lle dirías a quen conside-ra que a linguaxe inclusiva re-sulta artificial e enredosa?

Que tamén é unha molestia pen-sar e tomar en consideración o resto da xente, é mellor e máis

Castaño comparte a súa obra con mulleres de distintas latitudes.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 15 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

“O traballo do feminismo en Galicia está a colleitar algúns considerables froitos; algo vai callando”

*

>beneficioso pensar no propio cu. Que o patriarcado non abrangue tanto como para reflectirse na lin-guaxe. Que os nomes non signifi-can nada (pouco importou o que no pasado foi ou non foi “persoa”, foi ou non foi “sufraxio universal”, etc), nin as palabras, nin as letras, nin tampouco os símbolos. Que ningunha desas palabras, signos ou símbolos visibilizan nada, e que con iso non crean nada. Que posi-blemente teñan razón e poidamos continuar sen avanzar.

Comezaches a escribir e a pu-blicar sendo moi nova, como ves o panorama galego das e dos poetas noveis na actuali-dade? Contan con suficientes apoios?

Moi tristemente, a xeración moza é das primeiras que se podería di-cir que vive condicións máis com-plicadas que as dos seus proxe-nitores en varios aspectos, e o sistema literario non tería por que ser un oasis nese contexto. Can-do eu accedín a publicar o meu primeiro poemario, existían ata tres certames poéticos dirixidos

a persoas mozas e inéditas. Hoxe a mocidade ten que competir cos nomes máis consagrados, ade-mais de contar on menos revistas en papel, menos colectivos litera-rios en activo e menos recitais. É certo que a rede compensou todo iso cun espazo aberto e accesible onde compartir o traballo literario, pero sospeito que o salto ao libro non está nunha situación moi ale-gre, dado que nin sequera o está para autores e autoras xa estable-cidos. Precisamente por iso, os no-vos e novas poetas están a buscar ou crear novas canles de difusión da poesía, e iso é -por outra ban-da- positivo. En calquera caso son persoas enormemente prepara-das, con acceso a tradicións litera-rias moi diversas e -moitas delas- cun talento definitivo.

Defendes unha poesía conec-tada á sociedade pero, dirías que a sociedade está hoxe en día desconectada da poesía?

Tampouco imos pensar que ago-ra a poesía vai perder de pronto o seu carácter minoritario, case connatural a ela tanto en canto é unha lectura que esixe dun certo esforzo que non todo o mundo está disposto a emprender. O que si paga a pena é seguir esforzán-donos e ampliando as oportuni-dades de difusión da poesía; que a xente descubra que non toda

a poesía é críptica, ou escura, ou solemne, ou melancólica, ou cur-si, ou pedante. Que todos e todas estamos máis perto da poesía do que talvez creamos. Cando se

A poeta compostelá leva os versos en galego por todo o mundo.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 16 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

“Hoxe a mocidade ten que competir cos nomes máis consagrados, ademais de contar con menos revistas”

“Cando se ofrece a oportunidade e as persoas se abren a probar a poesía, a resposta adoita ser mellor do esperado”

*

>ofrece -e se traballa ben- esa opor-tunidade e as persoas se abren a probala, a resposta adoita ser me-llor do esperado. Tampouco pode-mos dicir que todo tempo pasado fose mellor...

Na túa constante renovación do xénero empregas a miúdo recursos audiovisuais, ata que punto están pensados para achegarte a novos públicos?

Están en boa parte pensados pre-cisamente para iso! En lugar dun-ha rancia oposición letra-imaxe, resulta máis interesante poñelo ao noso favor e buscar a compli-cidade. A poesía sempre se foi adaptando ás plataformas, canles ou recursos dos que cada momen-to histórico lle forneceu, e o actual imperio da imaxe (linguaxe na que as xeracións máis mozas se mo-ven con máis familiaridade) pode facerse dialogar coa poesía con

resultados expresivamente moi interesantes. Trátase de non per-der de vista o texto, pero tamén de perderlle o medo a xogar, ‘ilus-trar’ o poema mediante outros re-cursos creativos ou ofrecer novos asideiros a quen nos le.

Hai autoras e autores que prefiren non traducirse a si mesmos, algo que ti fas habi-tualmente do galego ao caste-lán. Consideras entón que ten máis vantaxes ca riscos...

Considero que o exercicio creati-vo que pode acabar sendo a au-totradución (coma calquera outra tradución poética, un campo que adoro) pode resultar máis estimu-lante do que endosarlle o labor a terceiras persoas. Debe haber im-plícito tamén algo desa máxima tan galega de ‘por non molestar...’. En calquera caso, deste xeito, os pequenos acertos, e dende logo igualmente as meteduras de zoca, rematan sendo responsabilidade de unha tamén.

Entre as diversas accións coas que colaboras de xeito altruís-

ta, destaca o festival ‘Implíca-te!’. Que significado ten para ti esta cita anual coa cultura e a solidariedade?

Para min é un evento moi impor-tante e no que me entrego cada ano (e xa van 12!) co mesmo cari-ño, enerxía e vontade. É un xeito de visibilizar o encomiable traba-llo dunha ONG -Implicadas/os no Desenvolvemento- na que creo e milito dende hai anos; unha ma-neira de conectar os seus valo-res coa sociedade, contribuíndo á conciencia crítica e á solidarie-

dade. É un xeito de non baixar a garda contra as implacables des-igualdades Norte-Sur, así como as de xénero; de facermos conscien-tes de todo o que podemos facer aquí que repercute alá, de non fi-carmos cegas á viga no ollo propio mentres barbarizamos ás outras. E é un xeito de empregar a arte e a cultura como efectivas ferra-mentas para o cambio.

Coa galega Marga do Val e o ecuatoriano Edwin Madrid, no ciclo Poetas Di(n)versos celebrado na Coruña.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 17 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

“En lugar dunha rancia oposición letra-imaxe, resulta máis interesante poñelo ao noso favor e buscar a complicidade”

“O festival ‘Implícate!’ é un xeito de empregar a arte e a cultura como efectivas ferramentas para o cambio”

*

>En 2017 o Fondo Galego cum-pre 20 anos de andaina, como valoras a implicación das de-putacións e concellos socios na erradicación da pobreza e na sensibilización fronte as desigualdades?

É de valorar o seu exercicio da res-ponsabilidade. É cruel e irrespon-sable non sentirse parte dunha

cadea, así que creo que os honra esa sensibilidade e esa concien-cia. Sempre queda moito por fa-cer, pero dende logo un segundo paso só segue a un primeiro. Oxa-lá máis concellos se unan. Dende Nicaragua brindo polos que xa o están!

Montaxe para facer reflexionar ás e aos adolescentes nas actividades sobre igualdade desenvolvidas en Cambados.

A tamén comunicadora presentou un ano mais o festival ‘Implícate!’, desta volta canda Monti Castiñeiras. FOTO: Cris Andina

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 18 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

“É de valorar o exercicio de responsabilidade das deputacións e concellos socios do Fondo Galego, esa sensibilidade hónraos”

*

>IN

FÓRM

ATE

A FO

ND

O :

144º

·

ww

w.fo

ndog

aleg

o.or

g

SOCIOS DO FONDO GALEGO Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Barro, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Caldas de Reis, Cambados, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña, Moeche, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Silleda, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vilagarcía de Arousa, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilasantar, Viveiro, Xove Deputacións: A Coruña, Lugo.

INFÓRMATEa FONDO

Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Redacción e Administración: Centro Cívico Sur, Rúa Luís Braille, 40 36003 PontevedraTel/Fax: 986 84 34 36 / 698 14 45 36 Internet: http://www.fondogalego.org email: [email protected] Depósito Legal: VG-473-2007Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa