indice - impresionado€¦ · obxectivos para 4ºeso para a materia de bioloxía e xeoloxía: 1....
TRANSCRIPT
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
INDICE
TEMA
PÁXINA
1. Introducción e xustificación 2
2. Contextualización 2
3. Contribución da materia de Bioloxía e Xeoloxía as competencias básicas 3
4. Obxectivos xerais da materia 5
5. Contidos xerais da materia 6
6. Metodoloxía 7
7. Atención ó alumnado con necesidades específica da apoio educativo 10
8. Avaliación 11
9. Educación en valores 15
10. Proxecto lector 15
11. Plan integración das TIC 16
12. Actividades extraescolares e complementarias 17
13. Temporalización – Secuenciación 17
14. Unidades didácticas 18
ANEXO
1
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo 1. Introducción e xustificación.
A materia de bioloxía e xeoloxía de cuarto da ESO, é de carácter optativo, e polo tanto a materia,
a priori é próxima as capacidades, intereses e motivación dos alumnos e alumnas. Neste curso
trátase a introducción de grandes teorías que fixeron posible a revolución das ciencias da vida e a
terra no século XX, e continúan na actualidade. Podemos destacar diferentes personaxes, como
por exemplo: Newton, Einstein, Wegener…
O coñecemento científico axúdanos a comprende a situación que afectan de xeito global ó
planeta, problemas de saúde... O ensino das ciencia s da natureza ten, pois, que facilitar a
comprensión de todos eses problemas e da responsabilidade humana neles, tamén dos avances
científicos de cara a lograr a mellora da saúde ind ividual e social, e para o desenvolvemento
sustentable. A ciencia considérase o resultado dun proceso de elaboración susceptible de
experimentar revisións e modificacións. As cienciasforman parte da cultura, e a finalidade desta
área no ensino céntrase no desenvolvemento de habil idades e estratexias.
A diario atopámonos con situacións que teñen explicación mediante as ciencias, como poden ser
os antibióticos , tratamento xenéticos, productos ecolóxicos e transxénicos, sismos, volcáns....
Para a elaboración desta programación pártese do Decreto 133/2007 (currículo ESO), e logo o
seguinte paso será contextualizala no centro onde s e vai a desenvolver (PEC e PCC).
2. Contextualización.
O Proxecto Educativo do Centro describe as características particulares do mesmo. Trátase dun
centro de Ensino Secundario (IES), onde se pode cursar ESO e Bacharelato. Está situado nunha
vila de interior, na provincia de Ourense, duns 10000 habitantes, uns dos motores económicos da
zona é a agricultura, e ten presencia en menor medida a industria. Unha gran porcentaxe do
alumnado procede do rural, e en xeral non son frecuentes os problemas de convivencia.
O centro conta con 530 alumnos dos cales, 432 corresponde coas ensinanzas da ESO.
A dotación do centro é suficiente, e está constituída por:
- 1 Canons de luz conectados a portátiles por aula.
2
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
- 2 aulas de informática con 12 ordenadores cada un ha - Biblioteca con 5000 volumes. A sección de ciencias da natureza está moi completa. - Biblioteca da aula con atlas de anatomía, mapas e diccionarios - Laboratorio dotado con microscopios, lupas binoculares, reactivos, material laboratorio, rochas.... - Sala de medios audiovisuais con vídeo, DVD, canón, PC...
O nivel socio-cultural é medio, os pais preocúpanse polo estudios dos seus fillos, a maioría deles
posúen un ordenador na súa casa, e unha gran parte conexión a internet, e os que non, non teñen
problemas de acceso mediante bibliotecas municipais e centros sociais.
O grupo é bastante homoxéneo, quitando a presencia de un pequeno grupo de alumnos
latinoamericanos, fillos de emigrantes retornados, a maioría deles, polo que o coñecemento do
idioma en xeral non supón un grande problema. Tamén cabe destacar a presencia de algún
alumno que non posúe ningún interese polos estudios , e nalgunha ocasión pode provocar algún
episodio disruptivo na aula.
En xeral o grupo responde ó perfil de alumnos adolescentes en pleno desenvolvemento do
proceso de pensamento formal de Piaget, que lle permitirá adquirir novas habilidades, pa ra
resolver problemas e formular hipóteses, desenvolverán a autonomía persoal e inserción social, a
e adquiriran valores morais.
3.Contribución da materia as C.B.
Competencia básica: Capacidade para poñer en prácti ca de forma integrada, en contextos e
situacións diversos, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas. Inclúe
tanto os saberes como as habilidades e as actitudes.
As competencias básicas iranse desenvolvendo ó longo de toda a etapa educativa. Estas teranse
moi en conta á hora de formular os contidos a trata r, así como os obxectivos que marcaremos
para o curso, terán moi en conta as competencias bá sicas. Serán as distintas actividades que se
leven a cabo o que máis fomente as competencias bás icas. Por outra banda, os criterios de
avaliación, non solo terán en conta a adquisición dos obxectivos marcados, senón tamén as
competencias básicas.
3
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
As competencias son oito, e iranse desenvolvendo cada unha delas con diferentes actividades.
1. Competencia en comunicación lingüística.Esta competencia desenvólvese mediante a lectura
de textos científicos, no contraste de materiais científicos e audiovisuais de diferentes fontes, na
lectura comprensiva e resolución de problemas, na expresión oral e escrita.
2. Competencia matemática. Desenvólvese mediante investigacións sinxelas, traballos
prácticos e resolución de problemas, na representación de datos, cuantificación de leis e principios
científicos.
3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. Esta competencia recae de
xeito importante sobre toda a área das Ciencias Nat urais, polo que en xeral tódolos tipos de
actividades fomenta esta competencia.
4. Tratamento da información e competencia dixital. Esta competencia foméntase co uso de
información procedente de diferentes tipos e presentada en diversas linguaxes propias das
tecnoloxías da información e comunicación, como pode ser o uso de foros, chats, buscadores de
internet, xornais dixitais...
5. Competencia social e cidadá. Esta competencia de senvólvese cando, mediante o
coñecemento do corpo respectamos as diferencias, afianzamos os hábitos de coidado e saúde
corporais, cando se contribúe á conservación e mell ora do medio ambiente, e os debates
históricos sobre as diferentes concepcións dos fenómenos que afectan as persoas.
6. Competencia cultural e artística. Desenvólvese mediante a expresión de ideas e traballos
mediante formatos diversos. Cando se realizan visitas a diferentes museos e exposicións.
7. Competencia para aprender a aprender. Foméntase cando os alumnos expoñen os seus
coñecementos sobre un determinado tema e se dan conta das súas limitacións. Cando
empregamos a historia da ciencia para mostra que os grandes científicos experimentaron erros e
resistencias ás novas ideas.
8. Autonomía e iniciativa persoal. Esta competencia desenvolvémola cando se plantexan
traballos de investigación científica, mediante debates, onde se enfrontan opinión.
4
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
Unidades didácticas.
Competencias básicas. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15
Competencia en comunicación lingüística.
Competencia matemática.
Comp. coñec e interacción mundo físico.
Tratamento da información e com.dixital.
Competencia social e cidadá.
Competencia cultural e artística.
Competencia para aprender a aprender.
Autonomía e iniciativa persoal.
4. Obxectivos
As finalidades desta etapa están enmarcados dentro do Decreto 133/2007 do 5 de xullo, polo que
se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Os obxectivos dividímolos en: Xerais da etapa, Xerais de área, e Obxectivos de curso.
I. Obxectivos de etapa. Estes obxectivos están enun ciados en termos de capacidades
(cognitivas, de equilibrio persoal, motrices, de relación interpersoal de inserción e actuación social).
A súa orixe é desenvolver as finalidades da ESO, e está matizadas por dous principios: O primeiro,
o principio de ensinanza comprensiva e diversificada, que permita a todos os alumnos a
mesmas oportunidades de formación, para esto é necesaria a atención á diversidade, que
permite unha flexibilidade do currículo e a adaptación de acceso ó currículo. E o segundo, os
principios derivados do carácter terminal e propedéutico da ESO.No primerio dos casos será
necesario que fomente unha inserción activa, responsable e crítica na sociedade, e no segundo
que o alumno adquira uns coñecementos e bases suficiente para continuar a súa formación. Os
obxectivos serán concretados ó contexto de cada centro no seu PCC e PCE, e tidos en conta para
a elaboración das programacióndidácticas. (ver anexo 3.1)
5
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
II. Xerais de área. Participan cos obxectivos xerai s das áreas para acadar os obxectivos xerais
de etapa. Inflúen directamente na elaboración das programacións dos departamentos.(Anexo 3.2)
III. Obxectivos de curso. Son as capacidades que deben ter os alumnos cando rematen o curso.
Serán unha concreción dos obxectivos de etapa e de área. Terán un claro carácter avaliativo,
polo que estarán moi relacionados cos criterios de avaliación do curso.
Obxectivos para 4ºESO para a materia de Bioloxía e Xeoloxía:
1. Coñecer a Terra como planeta cambiante, e os seus cambios ó longo da historia. 2. Identificar o modelo dinámico da Terra e tectónica de placas asociado a fenómeno xeolóxicos.
3.Coñecer postulado da teoría celular estructura da célula procariota, eucariota vexetal e animal.
4. Identificar o ciclo celular e procesos de división. 5. Resolver problemas de xenética mendeliana, e asocialos á xenética humana. 6. Coñecer o ADN como formador dos cromosomas. Relación de mutación e diversidade
xenética. Os avances da enxeñería e biotecnoloxía.
7. Coñecer a teoría da evolución e as controversias. Evolución e distribución dos seres vivos. 8. Explicar a transmisión de enerxía nas redes tróficas. Volta ó equilibrio na xestión sustentable. 5. Contidos xerais da materia
BLOQUES DE CONTIDOS U.D.
BLOQUE 1: Contidos comúns Todas
BLOQUE 2: A terra, un planeta en continuo
A historia da Terra. 1,2,3,4,
Cambio 5, 6,7.
A célula, unidade de vida. 8,9
A herdanza. Xenética Mendel. 10,11
BLOQUE 3: A vida no planeta
Xenética molecular. 10,11
Xenética humana. 10,11
Orixe e evolución dos seres vivos 12
BLOQUE 4 As transformacións nos ecosistemas. A dinámica dos ecosistemas. 13,14,15
6
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo 6. Metodoloxía
Os principios psicopedagóxicos, segundo a LOE, deben marcar a liña metodolóxica, e implican
unha concepción constructivista, resúmense nos seguintes:
- Necesidade de partir do nivel de desenvolvemento, referíndose ó período en que se atopan
e as súas capacidades e intereses.
- Asegurar a construcción de aprendizaxes significativos contándoos cos coñecementos
previos e asegurando a funcionalidade do aprendido.
- Posibilitar ó alumno a adquisición das Competencias básicas, facendo fincapé na
autonomía e iniciativa persoal e en aprender a aprender.
- Modificar os esquemas de coñecemento e enfrontar ó alumno a contradiccións internas
que resolver.
- Proporcionar situacións de aprendizaxe que resulten motivadoras pola súa
significatividade e funcionalidade.
- Todo esto supón ademais que o aprendizaxe se realizará dun modo activo por parte do
alumno, o que require dun proceso de reflexión.
Xa con respecto ó Decreto 133/2007, dinos:
Debemos fomentar a participación, reflexión individual e grupal. Obrar sobre conceptos e ideas.
Fomentar a formulación de hipóteses. Buscar, seleccionar e tratar a información. Fomentar a
confrontación clara. Insistir na ordenación de ideas, comparación, xerarquización. Elaborar
percorridos ordenados, lóxicos desde formulación dehipóteses á comprobación de resultados.
Expresar correcta e ordenadamente resultados. Relacionar con outras materias.
Ó longo dos anos fóronse propondo diferentes modelo s de ensino-aprendizaxe, o primerio deles,
é o tradicional, no que o profesor actúan como transmisores de coñecementos, e os alumnos
soamente son receptores. O seguinte modelo proposto é o aprendizaxe por descubrimento, no cal
os alumnos mediante unha investigación activa elaboran os seus propios coñecementos. No que
o profesor soamente actúa como coordinador, con menos protagonismo. Actualmente o
modelo proposto dende a LOGSE ata a LOE, é o constructivista. Son varios os autores que
7
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
estudiaron este modelo, entre eles destacamos a Piaget, que propón que entre suxeito e obxecto
existe unha relación dinámica, o suxeito é activo frente ó real, interpreta o seu entorno. Todo o
coñecemento novo se rexenera a partir dos xa existentes, o novo reconstrúese sempre a partir do
adquirido. Ausubel tamén desenrrola varias ideas con respecto a modelo, o aprendizaxe
significativo implica a asimilación de novos conceptos, e modificación dos xa existentes. O
coñecemento organízase xerarquicamente. O coñecemento adquirido memoristicamente non se
asimila en estructuras cognoscitivas nin modifica as xa existentes.
O proceso de ensino aprendizaxe dividise en tres fases:
1. Comezo da unidade: Os alumnos posúen uns coñecementos do tema, que estimaremos
mediante unha serie de actividades tales como interpretación de datos, imaxes e situacións,
actividades de debate...Con esta actividade os alumnos descubrirán que os seus coñecementos
son insuficientes, incorrectas ou pouco útiles, est o provocará interese por aprender por parte do
alumno, e serviranos ademais para avaliación inicial.
2. Desenvolvemento dos contidos: Ten como obxectivo ampliar os coñecementos do alumno. O
aprendizaxe será activo, mediante a realización de actividades que teñen carácter avaliativo.
3. Centrar e coordinar as ideas: A pesar de os contidos estar divididos en unidades, deberán
entenderse como un todo e que os alumnos deberán re lacionar non só dentro da unidade
didáctica, tamén con outros temas da materia e disc iplina.
As actividades propostas deberán fomentar o desenvo lvemento das fases anteriores, para esto
propóñensecatro tipos de actividades:
Tipo de actividade Duración Deseño
Presentación da unidade, avaliar os De lapis e papel,
Iniciais coñecementos previos, motivación, Breve experiencias
etc. rápidas,
documentos curtos,
Desenvolvemento
Desenvolverá os contidos de xeito
Prolongada
activo.
experiencias de
8
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
Relacionan contidos dentro e fora da laboratorio.
De síntese unidade, pode servir de Breve
recapitulación
De reforzo e Destinadas á atención á diversidade. Adaptada
Ampliación
As actividades deben de cumprir unha serie de normas:
Estar conectadas cos obxectivos e contidos. Que fomenten o desenvolvemento das competencias
básicas. Que sexan orixinais, atractivas e próximas a realidade do alumno. Suficientemente
complexas para que requiran esforzo por parte do alumno. Secuenciadas para que sexan
superables e supoñan un reto motívante. Facilmente avaliables e conectadas cos criterios de
avaliación.
Para levar a cabo as diferente actividades, debemos ter en conta os agrupamentos, que
proporcionan unha mellor rendibilidade e eficacia á s actividades e serven como instrumento de
adecuación metodolóxica ás necesidades dos alumnos. Destacamos: Gran grupo, para debates,
chuvias de ideas....Pequeno grupo(2,3,4,5 alumnos): para actividades de tipo cooperativo. Equipos
de traballo(laboratorio): distribución de tarefas e suma de traballo para un obxectivo común.
Individual: Actividades cognitivas.
En canto ós espacios para levar a cabo as actividades, destacamos a aula e os de fora da aula,
que dividimos en dentro e fora do centro.No centro: Biblioteca, laboratorio, sala de ordenadores,
sala de usos múltiples, salón de actos. Fóra do centro: Museo, centro de traballo, exposición, medio
natural...
Outro aspecto importante son recursos e materias didácticosque utilizaremos:
-Libro de texto -Saídas de campo
-Encerado -Conferencias, exposicións, museos...
-Recorte de periódico e publicación científicas -Medios audiovisuais:vídeos, diapositivas...
-Biblioteca e Internet como fontes de datos -Representacións 3D e 2D
-Laboratorio de ciencias -TICs (PC, webquest, canón, Moodle…) 9
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
7 .Atención á diversidade
Na LOE establécese o termo “Alumnado con necesidades educativas específicas de apoio
educativo”, que inclúe os alumnos co necesidades ed ucativas especiais, con altas capacidades
intelectuais e con integración tardía no sistema educativo español. Debido os cambios no clima
escolar, ven de publicarse unha nova Circular, 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, que
propón novas medidas de apoio ós alumnos con necesidades específicas de apoio educativo,
que complementan as xa existentes, para a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria.
A última normativa é o Decreto 229/2010, que regula a atención á diversidade en Galicia. Distinguimos:alumnado con necesidade de específica de apoio educativo e atención a
diversidade de intereses, capacidades e motivacións do alumnado.
Alumnado con necesidade específica de apoio educativo: Os alumnos con necesidades educativas especiais, polas súas características físicas ou
psíquicas, presentan dificultades para acceder ó currículo, polo que van ser precisas unha serie
de medidas para facilitalo, como poden ser con elementos humanos, espaciais, materiais e
recursos didácticos, elementos para a comunicación, ou temporais, no caso dos primerios. E as
ACI (Adaptación Curricular Individualizada), nos segundos. No que respectas os alumnos con
altas capacidades intelectuais, preséntanse alternativas como actividades de ampliación, ou
flexibilizar a duración da etapa educativa. Por último atopamos os alumnos con integración
tardía no sistema educativo español, desenvolveranse programas específicos de
aprendizaxe (adquisición de linguas) e facilitar da súa integración.
Noutro grupo enmarcamos a diversidade de intereses, capacidades e motivación do
alumnado. Esta diversidade maniféstase de varios xeitos como: capacidade de aprendizaxe,
motivación por aprender e estilos de aprendizaxe.
Para abordar a ATENCIÓN Á DIVERSIDADE distinguimos:
I. Materias optativas: aproximación os seus intereses.
II. Adaptacións curriculares non significativas: destacamos unha atención individualizada,
10
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
metodoloxía diversas, actividades de reforzo e ampliación, material didáctico complementario e
agrupamentos flexibles e ritmos diferentes.
III. Adaptacións curriculares significativas (ACI): Modifica os obxectivos, contidos e criterios de
avaliación, para facilitar a aprendizaxe dos alumnos.
IV. Programa de diversificación curricular: Consiste nunha adaptación curricular da ESO ás
necesidades de determinados alumnos.
Para levar a cabo todo o anterior destacaremos a figura dos profesores e o departamento de
orientación.
No que respecta ó alumnado destinatario desta programación , como xa se comentou na
contextualización, trátase dun grupo de alumnos galegos, entre os que se atopa un pequeno
grupo de alumnos latinoamericanos. Este grupo de alumnos encadrámolos no alumnado con
necesidades específica de apoio educativo, e dentro deste grupo, en alumnado con
integración tardía no sistema educativo español, polo que as labores a levar a cabo serán
grupos de lingua para un mellor coñecemento da lingua galega, xa que ó ser fillos de emigrantes
retornados, teñen un mínimo coñecementodo idioma. E facilitar a integración na nosa cultura.
Repasando os diferentes grupos, non hai presencia de alumnado con discapacidades físicas ou
psíquicas, nin alumnado con altas capacidades intelectuais. No que respecta á atención á
diversidade de intereses, capacidades e motivacións , durante o desenvolvemento do curso
pode aparecer algún alumno con estas características debido á súa situación persoal ou
familiar , que deben ser abordadas no momentos en que se detecten, mediante adaptación non
significativas, con atención máis individualizada con titorías, aplicación de actividades de
reforzo que xa teremos preparadas como anticipación a estes casos, agrupamentos que
faciliten o seu traballo, axuda con material didáctico complementario, ou en casos máis
extremos a aplicación dunha ACI ou un programa de diversificación curricular.
8. Avaliación
Neste punto debemos ter en conta tres tipos de avaliación: do ensino-aprendizaxe, da práctica
11
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
docente e da programación. Avaliación do ensino-aprendizaxe: Segundo a orde do 21 decembro 2007 debe de ser unha
avaliación continúae terá carácter formativo e orientador. A avaliación levarase a cabo tendo
en conta as competencias básicas, obxectivos, contidos e criterios de avaliación . A acción
avaliadora deberá ter continuidade (Incio, desenvol vemento e fin), sistematicidade
(seguimento), flexibilidade (permitir a atención a diversidade).
A avaliación concíbese e practícase de forma individualizada (evolución de cada alumno),
integradora (diferentes grupos), cualitativa (diversos niveis de desenvolvemento), orientadora
(información para mellorar aprendizaxe), continua (avaliación inicial, formativa e final). En canto os procedementos de avaliación destacamos o diálogo alumno-profesor, a
observación directa, valoración de tarefas e produccións e probas específicas. Estas probas
poden ser realizadas de modo ordinario, durante o curso ou extraordinario, como son as probas
de setembro.
Xa no referente ós instrumentos de avaliación , dispomos de fichas persoais de rexistro, listas
de comprobación/control/punteo, rexistro anecdóticoe escalas de valoración. (Anexo 3.3).
Para poder avaliar é preciso dispor duns criterios xerais de avaliación , estes están moi
ligados cos obxectivos e coas competencias básicas. O currículo oficial establece uns criterios
que dispoñen o tipo e o grao de aprendizaxe que se espera que os alumnos alcancen.
Criterios de avaliación (Bioloxía-Xeoloxía 4º ESO).
1. Identificar e describir feitos que mostren a Terra como un planeta cambiante e rexistrar
algúns dos cambios máis notables da súa longa histo ria utilizando modelos temporais a escala.
2. Utilizar o modelo dinámico da estrutura interna da Terra e a teoría da tectónica de placas
para estudar os fenómenos xeolóxicos asociados ao movemento da litosfera e relacionalos coa
súa situación en mapas terrestres.
12
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
3. Aplicar os postulados da teoría celular ao estudo de distintos tipos de seres vivos e identificar
as estruturas características da célula procariótica, eucariótica vexetal e animal, e relacionar
cada un dos elementos celulares coa súa función biolóxica.
4. Recoñecer características do ciclo celular e describir procesos de división celular, sinalando
as diferenzas principais entre meiose e mitose, e o significado biolóxico de ambas
5. Resolver problemas prácticos de xenética mendeli ana, explicar algúns caracteres que
presentan este tipo de herdanza nos seres humanos e realizar investigacións sinxelas sobre
estes caracteres.
6. Coñecer que os xenes están constituídos por ADN e situados nos cromosomas. Interpretar o
papel da diversidade xenética e as mutacións a partir do concepto de xene e valorar
criticamente as consecuencias dos avances actuais da enxeñaría xenética.
7. Expoñer razoadamente os problemas que conduciron a enunciar a teoría da evolución, os
principios básicos desta teoría e as controversias científicas, sociais e relixiosas que suscitou. 8.
Relacionar a evolución e distribución dos seres vivos, destacando as súas adaptacións máis
importantes, cos mecanismos de selección natural que actúan sobre a variabilidade xenética de
cada especie.
8. Explicar como se realiza a transferencia de materia e enerxía nun ecosistema, ao longo
dunha cadea ou rede trófica. Explicar os mecanismos de restablecemento do equilibrio
ecolóxico e as consecuencias prácticas da xestión sustentable dalgúns recursos por parte do
ser humano.
9. Analizar os problemas e desafíos, estreitamente relacionados, a que se enfronta a
humanidade globalmente, recoñecer a responsabilidade da ciencia e da tecnoloxía e a
necesidade da súa implicación para resolvelos e avanzar cara ao logro dun futuro sustentable.
Tamén serán establecidos uns mínimos esixibles para a obtención dunha avaliación
positiva, estes estarán moi relacionados cos criterios de a valiación e obxectivos, pero a súa 13
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
utilización terá máis sentido nos procedementos de avaliación extraordinarios. Mínimos
esixibles para 4º ESO:
- Influencia do clima no relevo. Influencia do ser humano no relevo. - O método sísmico no estudio da estructura da Terra. Teorías movilistas. Formación de
cordilleiras.
- Os terremotos e volcáns na tectónica de placas. Riscos volcánicos e sísmicos. Pregos e fallas. - Sucesión das Eras e períodos na historia da Terra. Flora e fauna fósil. - Factores bióticos e abióticos. A diversidade de adaptación. - Enerxía e materia nos seres vivos. Circulación de materia e enerxía. Ciclos bioxeoquímicos. - Recursos naturais renovable e non renovables. Impactos ambientais. Desenrolo sostible. - Caracteres hereditarios. Mendel e as leis da herdanza. - Cariotipo humano. Herdanza do sexo. Herdanza ligada e non ligada ó sexo. Biotecnoloxía. - Orixe da vida. Evolución das especies. Apariciónsde novas especies. Os criterios de cualificación serán os seguintes: Os diálogos alumno profesor terán un
valor do 10%, a observación directa 10%, o caderno 20%, e as probas escritas 60%.
Cando nalgún momento detectemos que os alumnos non acadan os obxectivas será preciso por
en funcionamento os mecanismos de recuperación . Estes serán diferentes segundo o
mecanismo de avaliación no que se detecte, así poden ser actividades de reforzo, repetición de
actividades, ou xa en casos máis avanzados a repeti ción das probas.
Se os alumnos non chegaran a superar a materia no curso, estableceranse programas de
reforzo de materias pendentes, como establece o Decreto 133/2007. As accións a realizar
serían titorías para dúbidas, explicacións, realización de actividades, probas escritas parciais.
En cantos os criterios destacamos, demostrar interese e esforzo, realizar as actividades e
superar as probas se procede. Para os alumnos que non sigan o programa, deberán realizar
unha proba en maio-xuño ou setembro.
Avaliación da práctica docente:
14
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
Neste punta avaliaremos o equipo de profesores, órganos de gobernos, equipos de
coordinación, planificación de tarefas, dotación derecursos, ambiente de traballo, e atención á
diversidade.
Esta avaliación levarase a cabo mediante cuestionarios ós alumnos, ós pais. Intercambios orais
onde destacamos as entrevistas cos pais. Coa presencia dun observador externo e coa análise
dos resultados do proceso de aprendizaxe.
Por último debemos avaliar a programación.Valorase o desenvolvemento na clase, se
obxéctivos, contidos e criterios de avaliación están relacionados. Adecuación deste ó PCC e
PCE, e á práctica docente.Validez de criterios de a tención á diversidade.Adecuación de
recursos e metodoloxía ás necesidades reais. Result ado do proceso de aprendizaxe dos
alumnos.
9. Educación en valores (Temas transversais).
Os temas transversais preséntanse coma un conxunto de contidos que interactúan en tódalas
áreas do currículo escolar, e o seu desenvolvemento aféctalle á globalidade do mesmo.
O tratamento dos temas transversais realízase en tres planos:
- Na exposición dos contidos propios das unidades cando corresponda - En desenvolvementos complementarios (actividades especiais) - Como impregnación xeral de tódolos temas.
Entre os temas transversais que teñen unha presencia máis relevante destacamos:
Educación moral e cívica Educación para a paz Educación ambiental*
Eduación para a saúde* Educación do consumidor* Educación viaria
Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos Educación sexual*
Aínda que tódolos temas transversais deben estar presentes no deseño da programación, marco
con asterisco os máis desenvolvidos dende a área de Ciencias de Natureza.
10. Proxecto lector
A LOE establece a importancia da lectura no ensino. O decreto 133/2007 no que se establece o
15
Programación Didáctica Bioloxía e Xeoloxía Mª Soledad Gómez Cerradelo
currículo da ESO, establécese: “ A lectura constitú e un factor primordial para o
desenvolvemento das competencias básicas. Os centros docentes garan tirán na práctica
docente de todas as materias un tempo dedicado á lectura, en todos os c ursos da etapa, de
acordo co proxecto lector do centro, ó constituír a lectura un factor esencial”.
As actividades previstas en referencia ó proxecto lector do centro.
- Diarias( 10 min. Coa participación secuencial de a lo menos tres alumnos por sesión)
- En cada unidade didáctica - No curso
A avaliación das actividades realizarase en tres vertentes:
- Dominio da práctica e comprensión lectora - Distinción dos diferentes tipos de textos - Identificación da súa utilidade
O modo de rexistro será na ficha persoal de cada al umno.
11. Plan de integración das TIC
A LOE establece a importancia das TIC para o desenvolvemento da actividade educativa. O plan de integración das tecnoloxía da información e comunicación implica un cambio
metodolóxico e unha adaptación á realidade para un mellor aproveitamento das posibilidades que
as TIC ofrecen.
Trátase de que o alumno, ó rematar as escolarización, acade a competencia dixital. O plan de
integración levarase a cabo a nivel do centro e da aula, e incorporarase á programación xeral anual
de centro, e a súa avaliación, á memoria dest e. Cada proxecto será único, dependendo do tipo de
alumnado, a formación do profesorado e infraestructuras dispoñibles.
Coa integración das TIC preténdese fomentar a igualdade de sexos. Que sexa unha ferramenta de
traballo cotián, en diferentes aspectos: como ferra menta para actividades de reforzo e apoio
educativo en alumnado con necesidades especiais, para buscar información, e como soporte de
presentación de actividades, como medio de comunicación, onde cabe destacar a importancia da
páxina web do centro.
16