Índice - sonriasbaixas.info · con personalidade propia, o festival segue apostando pola...

36
1

Upload: nguyencong

Post on 08-Oct-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

1

Page 2: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

2

ÍNDICE FESTIVAL SONRIAS BAIXAS 2016 ............................................................................................................................... 3

CONCERTOS .................................................................................................................................................................. 4

LA GRAN PEGATINA ..................................................................................................................................................... 4

SOZIEDAD ALKOHOLIKA ............................................................................................................................................. 6

LA VELA PUERCA ......................................................................................................................................................... 8

HEREDEIROS DA CRUS .............................................................................................................................................. 10

LENDAKARIS MUERTOS ............................................................................................................................................ 12

BOIKOT ....................................................................................................................................................................... 14

VENDETTA .................................................................................................................................................................. 16

LA SRA. TOMASA ........................................................................................................................................................ 18

THE SKARNIVALS ....................................................................................................................................................... 20

CHOTOKOEU ............................................................................................................................................................... 22

GOLD & COLT .............................................................................................................................................................. 24

POETARRAS ................................................................................................................................................................ 26

GATO LÓPEZ ............................................................................................................................................................... 27

EXPERIENCIA SONRÍAS ............................................................................................................................................. 28

CASA SONRÍAS ............................................................................................................................................................ 29

CURTAMETRAXES NO SONRÍAS BAIXAS EN COLABORACIÓN CO FICBUEU ......................................................... 30

HORARIOS .................................................................................................................................................................. 31

VENDA DE ENTRADAS ............................................................................................................................................... 33

COMO CHEGAR? ......................................................................................................................................................... 35

CONTACTO .................................................................................................................................................................. 36

Page 3: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

3

Que? Festival SonRías Baixas 2016 Cando? 4, 5 e 6 de agosto Onde? Bueu (Recinto Multiusos da Estacada) A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do festival SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado. Co slogan “de Festivaleiros para Festivaleiros” por bandeira, a organización artella cada ano unha completa programación musical que combina nomes consagrados e novas propostas e ofrécellela aos seus seguidores a uns prezos moi asequibles. A última edición do Festival conquistou o en agosto de 2013 a 12.000 personas con tres días de música, praia e gastronomía, o que supuxo para Bueu unha inxección económica de 830.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hostaleira en toda a comarca. A maioría dos proveedores do Festival son da comarca e máis de 300 persoas traballan no evento, a maior parte, xente da vila. O XIV Festival SonRías Baixas é posible grazas ao tesón da Asociación Troula na Banda, ao apoio do Concello de Bueu, da Deputación de Pontevedra e da AGADIC, á axuda do Hotel Incamar, de Gadis, de Amstel, de Coca-Cola, de Merc, da empresa de xestión cultural Play Plan, produtora do evento, e de Rei Zentolo, responsable da campaña gráfica. Dende Troula na Banda saliéntase tamén o papel determinante do público, que terá que refrendar un ano máis a “Experiencia SonRías” coa súa fidelidade. XIV Edición Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, complementándoa cunha oferta gastronómica que achegue a todos os visitantes as delicias das Rías Baixas. A música, cómo non, é a gran protagonista do SonRías Baixas. O Festival ofrece unha programación fresca e orixinal que combina artistas consagrados con formacións nas que se detecta capacidade de progresar. O cartaz deste ano está formado por: La Gran Pegatina, Lendakaris Muertos, Soziedad Alkoholika, Boikot, The Skarnivals, La Sra. Tomasa, La Vela Puerca, Heredeiros Da Crus, Vendetta, Poetarras, Chotokoeu e Gold & Colt.

Page 4: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

4

LA GRAN PEGATINA Unha enerxética Big Band para repasar os grandes éxitos festivos do grupo catalán

La Pegatina é unha das bandas máis vivas, interesantes, inquietantes e inquedas do panorama musical europeo actual, cunha música festiva e cunha enerxía que pon calquera recinto patas para arriba…. Como moi ben sabemos no SonRías! Despois de trece anos de carreira e case mil concertos por todo o mundo, os de Barcelona reinvéntanse de novo cun proxecto sorprendente: á formación orixinal de sete componentes, súmanse dúas coristas, unha sección de ventos, unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo dj que transformará o escenario nunha explosión de luz e de cor. Unha enerxética Big Band coa que o grupo repasará a súa carreira discográfica, reversionando as súas propias cancións e facendo que medren ata límites insospeitados no directo máis explosivo da súa historia. Máis información: Web | Facebook | Twitter | Instagram | Youtube | Spotify Formación Ruben Sierra: Voz e guitarra Adrià Salas: Voz e guitarra Ovidi “Movidito”: Percusións e coros Ferran Ibañez: Baixo e coros Axel Magnani: Trompeta e coros

Page 5: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

5

Romain Renard: Acordeón, coros e voz Sergi López: Batería Completan a big band: Maribel “La Canija” (cantante de D’Callaos): Voz Pipo Ti (cantante de Gragtown): Voz Tuli (saxofonista entre outros de Pereza e Leiva): Saxo Marcos Crespo (trombonista que xirou con Vetusta Morla ou Loquillo): Trombón Victor Guadiana (violinista flamenco): Violín Miki Floresta (guitarra eléctrica de Mondo Loco): Guitarra eléctrica Thibault Chenard (artesán visual francés): Videojockey Discografía 2007 Al Carrer! 2009 Via Mandarina 2011 Xapomelön 2013 Eureka! 2015 Revulsiu Extras 2013 La Pegatina: El Docu 2013 La Pegatina: The Game

Page 6: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

6

SOZIEDAD ALKOHOLIKA A banda de referencia do hardcore e do metal español

Thrash, hardcore, metal, punk… Soziedad Alkoholika é unha das bandas máis influíntes da escena independente española das últimas décadas. Combinan hardcore e metal en cancións contundentes repletas de textos tallantes e combativos. As letras corrosivas e explícitas, ricas en compromiso social e en denuncias claras e sen rodeos, foron unha dos seus principais características, xunto coa potencia e coa velocidade do seu directo. A banda de referencia dos amantes da música sen conservantes nin colorantes. Con 10 LPs no lombo e preto de 400.000 discos vendidos no Estado español, Soziedad Alkoholika é un dos grupos independentes máis recoñecido e que máis poder de convocatoria ten en España. Nestes momentos están traballando no seu próximo traballo e aseguran que traerán ao SonRías Baixas toda a enerxía do hardcore máis potente do panorama español pasado, presente e futuro. Máis información: Web | Facebook | Twitter | Youtube | Spotify Formación Juan: Voz Jimmy: Guitarra

Page 7: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

7

Pirulo: Baixo Iñigo: Guitarra Alfred: Batería Discografía 1990 Intoxikazion Etilika 1991 Soziedad Alkoholika 1992 Feliz Falsedad (EP) 1993 Y ese que tanto habla… 1994 Kontzertua Gaztetxean (VHS) 1995 Ratas 1996 Diversiones 1997 No intente hacer esto en su casa! 1999 Directo 2000 Polvo en los ojos 2003 Tiempos oscuros 2006 Corrosiva! DVD + Cd 2008 Mala Sangre 2009 Sesion#2 2011 Cadenas de Odio 2013 Caucho Ardiendo (EP)

Page 8: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

8

LA VELA PUERCA Rock urbano das rúas de Montevideo ao corazón das Rías Baixas

La Vela Puerca é unha das bandas de rock uruguaias máis importantes, masivas e internacionais de América Latina. 20 anos de exitosa traxectoria avalan a súa particular fusión de rock, reggae e ska, na que destaca unha forte presenza de trompetas e trombóns. Se non os coñeces, non sabes o que te estás perdendo… engánchache aSpotify e comproba o certas que son as palabras de Kutxi Romeu, cantante e letrista de Marea: “Dixen, digo, e visto o visto, seguirei dicindo, que son a mellor banda de Latinoamérica. Así que, se algunha pel di que iso non é poesía, que suba o demo e o vexa. E que os cubalibres os pague o Señor.” O seu último disco, Érase…, xa seduciu o público latinoamericano e chega agora a Europa con doce novas cancións de estilos variados, concisas e sentidas. Novas historias musicais que se asemellan a un libro de contos sobre a vida. Unhas veces soan contundentes e distorsionadas, outras tranquilas e limpas; sempre coherentes. Manteñen un gusto que atrapa, que chama a deterse nas súas letras, a gozar da intensidade dos metais, a vibrar coas partes máis íntimas. Más información: Web | Facebook | Twitter | Instagram | Youtube | Spotify Formación Sebastian Teysera: Voz Sebastian Cebreiro: Voz Nicolás Lieutier: Baixo Pepe Canedo: Batería Santiago Butler: Guitarra Rafael di Bello: Guitarra Carlos Quijano: Saxofón

Page 9: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

9

Alejandro Piccone: Trompeta Discografía 1998 Deskarado 2001 De Bichos y Flores 2004 A Contraluz 2007 El Impulso 2009 Normalmente Anormal CD + DVD 2011 Piel y hueso 2013 Pasaje Salvo (EP) 2014 Uno Para Todos DVD + CD 2014 Érase

Page 10: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

10

HEREDEIROS DA CRUS Os mais jrandes volven ao escenario de SonRías Baixas para dalo todo

A banda máis emblemática e irreverente do rock en galego regresou aos escenarios en 2012 para celebrar o seu vinte aniversario. Os autores de hits como Que jallo é, Íscalle Lura e Frenaso no calsonsillo, volven ao SonRías Baixas para facernos ‘josar’ como nunca con letras descaradas e divertidas, guitarras poderosas o seu falar natural, con gheada e seseo, e a súa actitude provocadora e irreverente. Os Heredeiros son todo un simbolo para milleiros de galegos e galegas de varias xeracións: dos mozos que nos 90 atoparon a súa música no mítico Xabarín Club da TVG aos que ben entrado o século XXI enchen festivais, festas e jaliñeiros para vibrar coa enerxía dos de Ribeira. Todos eles gozarán no próximo SonRías coa descarga enerxética dos máis jrandes. Máis información: Facebook | Twitter | Youtube Formación Javi Maneiro: Voz Tucho Novo: Guitarra Tonhito de Poi: Guitarra Fran Velo: Baixo Manu Rey: Batería

Page 11: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

11

Discografía 1994 A cuadrilla de Pepa a Loba 1996 Está que te cajas!! 1997 Criatura 1997 Des minutos 1999 Ereccsiones municipales 2000 All right Chicago 2001 Recambios Tucho 2004 Chicarrón 2012 DVD 20 Aniversario 2013 Jard Rock con Fe

Page 12: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

12

LENDAKARIS MUERTOS Volve o punk gamberro e absurdo, que é a forma máis seria de facer punk

A mítica banda punk Lendakaris Muertos volve este 2016 á escena musical española, tras dous anos de inactividade, cun novo traballo, Cicatriz En La Matrix, que sae á venda o 12 de febreiro e que terá no Sonrías Baixas a súa parada oficial no noroeste peninsular. Os veteranos da kale borroka regresan aos seus anos mozos, con cancións para cantar cun chisqueiro nunha man… e cun cocktail molotov na outra. Pero -antes de que as autoridades poñan mans no asunto- “isto non vai de apología do terrorismo”: as mechas que prenden este artefacto son, como sempre, a ironía e o punk. Caracterízanse por un punk ortodoxo, gran velocidade, temas moi curtos, coros continuos e letras sarcásticas que combinan humor e crítica para tratar temas sociais e políticos de Euskadi, Navarra e do resto de España. Ninguén mellor ca eles para patear o cu ao vocabulario e ao abecedario do rock radikal vasco. Volven os seus descacharrantes dobres sentidos: cancións para partirse a caixa e cancións para partir aos da caixa (en fin, aos do banco). Hai que rir coa realidade, cos desafiuzamentos, por non chorar. Ou por non coller o kalashnikov. Máis información: Web | Facebook | Twitter | Youtube | Spotify | Instagram

Page 13: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

13

Formación Aitor Ibarretxe: voz Potxeta Ardanza: percusión Jokin Garaikoetxea: baixo Joxemi Urkullu: guitarra. Incorpórase no lugar de Asier e chega curtido en mil bandas como No-Relax, Deskarga, Virus de rebelión e Ska-p. Discografía 2004 Lendakaris Muertos (maqueta) 2005 Lendakaris Muertos 2006 Se habla español 2008 Vine, vi y me vendí 2009 Directo a los güevos CD+DVD 2012 Crucificados por el antisistema 2016 Cicatriz en la Matrix CD + DVD

Page 14: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

14

BOIKOT A banda sonora da revolución

Ritmos trepidantes, compromiso social e mensaxe política caracterizan esta banda de punk madrileña, unha das máis míticas do rock estatal desde o seu nacemento a finais do oitenta. Traen ao Festival SonRías Baixas o seu último traballo, o CD-DVD Boikotea. Nos seus concertos caben sons de todas as cores e sabores: hits punkrockeros, melodías máis coidadas, arranxos sorprendentes, textos íntimos e chamadas a revolución. Queren que roden cabezas e que cando chegue a revolución nos colla bailando. O SonRías é un bo lugar para comezar. Tamén son conocidísimas as súas versións de clásicos, como o Tommy Gun dos Clash, o Zu atrapa tu arte de Kortatu e -sobre todo- o Hasta Siempre do cantautor cubano Carlos Puebla, que fan seus incorporando a inconfundible aceleración boikotera. Máis información: Web | Facebook | Twitter | Youtube Formación Juan Carlos Gonzalez Cabano: Voz e baixo Constantino Vazquez Fernandez, Consta: Guitarra e voz

Page 15: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

15

Juan Carlos de la Fuente Zapata, Grass: Batería Alberto Pla Cordero: Guitarra A formación da banda variou en múltiples ocasións. Tanto que Alberto Pla di que “Boikot é como un bar, entra e sae o que queira: se un se angustia, pois vaise”. Discografía 1990 Los ojos de la calle 1992 …Con perdón de los payasos 1995 Cría cuervos 1996 Tu condena 1997 La Ruta del Che – No mirar 1998 La Ruta del Che – No escuchar 1999 La Ruta del Che – No callar 2000 Historias directas de Boikot 2002 De espaldas al mundo 2004 Tus problemas crecen 2008 Amaneció 2012 Lágrimas de rabia 2014 Boikotea (CD + DVD)

Page 16: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

16

VENDETTA Funk, música celta, reggae e ritmos latinos para bailar ata que o corpo aguante

Esta banda de Navarra ven enchendo os escenarios nacionais e internacionais dende 2009 co mellor ska pasado polo tamiz do rock, ademais de outros estilos como o skinhead-reggae e o latin-hardcore. Un directo do máis vitamínico, luminoso e trepidante que, sen perder de vista a súa xenuina aleación de rock e ska, se abre como nunca a outros sons e ritmos: funk, música celta, tonalidades de reggae e ritmos latinos, para bailar ata que o corpo aguante. Os Vendetta chegarán ao SonRías Baixas coa súa nova xira, Kamikaze, e co seu último disco, 13 balas, baixo do brazo. Dende o escenario dispararán cancións enerxéticas como Leña al Fuego, Suma, Tomasa, Druidas de esta Tierra, Pólvora ou Sangre e Revolución cun único obxectivo, dar no branco e poñervos a bailar. Que soe a música, que a balacera vai comezar! Máis información: Web | Facebook | Twitter | Instagram | Youtube | Bandcamp | Spotify Formación Pello Reparaz: Trombón

Page 17: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

17

Enrique Rubiños (Enrico): Batería Javier Etxeberria: Guitarra Luis Quintana: Baixo Ruben Anton: Trompeta

Page 18: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

18

LA SRA. TOMASA Unha mestura enerxética de alegría, loucura, luxuria e desmesura

A banda catalá La Sra. Tomasa sorprendeu a medio mundo grazas á súa potente fusión de música electrónica na que o Drum’n’bass serve de eixo principal polo que pasan tanto pulsacións da música latina como do House, Dubstep, Moombathon ou da electrónica máis avanzada. Unha mestura explosiva e súper bailable que convenceu aos públicos de media Europa eque romperá a pista de baile no SonRías Baixas 2016. O estilo da Sra. Tomasa puxo patas para arriba as pistas de baile de festivais como Afro C Festival en Bélxica, ZomerparkFeest en Holanda ou o aclamadísimo Lowlands tamén de Holanda e festivais de casa como CruïllaBCN, Viñarock ou Arenal Sound. Á espera do seu segundo disco, que verá a luz o próximo outono, acaban de publicar un EP moi especial titulado “Mandinga”. Un agasallo para o oído que serve de exemplo explicativo e descritivo da bomba que se nos bota encima e que esboza unha idea do que poden chegar a ser estes mozos enriba dun escenario. Máis información: Web | Facebook | Twitter | Youtube | Instagram | Spotify

Page 19: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

19

Formación Pau Lobo: Voz Santi Longarón: Saxo Marc Soto: Batería Alberto Limiñana: Baixo Jordi Sanz: Guitarra Gerard Williams: Teclado Pau Domínguez: Percusión Discografía 2013 La Sra. Tomasa (EP) 2014 Corazón, Bombo y Son 2016 Mandinga (EP)

Page 20: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

20

THE SKARNIVALS Toda a forza e a enerxía do ska, do punk e do folk

Un directo cargado de enerxía e comicidade, con momentos para a reflexión e a crítica é a marca da casa da banda punk folk galega The Skarnivals, que regresa aos escenarios este 2016 cun novo disco debaixo do brazo.Movimiento Irracional é unha chamada á tolemia tanto no temático como no musical. Unha filosofía de loita e de alegría en contra da incansable sobredose de cordura que nos pretenden implantar. Tolemia e diversión que, no musical, se ve reflectida desde o primeiro minuto nuns rápidos ritmos ska combinados cunha potente descarga de distorsión en forma de punk-rock e liñas de ventos que convidan a non parar de moverse en todo momento, sen esquecer o característico e emotivo ambiente folk da gaita. Máis información: Web | Facebook | Twitter | Youtube Formación Kome: Voz Tuiky: Guitarra e Voz Adri: Guitarra

Page 21: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

21

Ziku: Baixo Hector: Trombón Kabra: Trompeta Txelas: Gaita Martín: Teclados Chankete: Batería Discografía 2010 Skakeo (EP) 2012 Torsión Mundial 2016 Movimiento Irracional

Page 22: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

22

CHOTOKOEU Cos ritmos balcánicos, o rock, o swing e o drum and bass por bandeira

Os Chotokoeu están a piques de cumprir dez anos sobre os escenarios e fano coa súa esencia intacta: balkan, rock, swing, drum and bass e unha enerxía inconfundible. Chegan ao SonRías despois de arrasar por Europa e de encher salas por toda a xeografía española coas súas letras en galego, castelán, italiano e inglés… Unha banda galega con futuro planetario que vai facer vibrar as Rías Baixas. Chotokoeu é un grupo de directo. Os músicos da banda aprenderon a tocar sobre os escenarios e isto, sumado aos 9 anos e máis de 400 concertos, nótase. Este verán compaxinarán ducias de bolos por Europa adiante coa creación do espectáculo do 10º aniversario, que verá a luz en 2017 e do que seguro que nos ofrecen un adianto no SonRías 2016. Más información: Web | Facebook | Twitter Formación Marta: Voz e violín Brais: Saxo Willi: Guitarra Manute: Guitarra

Page 23: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

23

Davizín: Baixo Rubens: Batería Discografía 2012 Live in Capitol 2013 Chotokoeu 2015 Sair a voar

Page 24: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

24

GOLD & COLT O xenuíno folk americano que nos levará cara á outra beira do Atlántico

Gold & Colt son catro músicos galegos que se xuntaron no 2014 cun único propósito: “interpretar cancións da nai de todas as músicas modernas, o blues”. Medio cento de concertos despois, evolucionaron cara a unha mistura entre o blues e o folk, medraron e afianzaron o seu repertorio, ata converterse na banda de referencia do American folk en Galicia. No seu repertorio hai composicións propias de blues, country e folk americano, pero tampouco perden a oportunidade de recordar a outros grandes músicos do xénero, como Robert Johson, RL Burnside ou John Le Hooker. No SonRías Baixas presentan o seu primeiro LP, Gold & Colt, un traballo con seis temas propios que nos levan ao outro lado do Atlántico subidos na súa guitarra acústica, no dobro, no banjo, no contrabaixo e na batería. Más información: Facebook | Bandcamp | Youtube

Page 25: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

25

Formación Dany Moure: Voz Roberto Fernández: Guitarra, dobro e banjo Juyma Estévez: Contrabaixo Michi Castro: Batería Discografía 2015 Gold & Colt (LP, Autoeditado)

Page 26: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

26

POETARRAS Un colectivo “arterrorístico” especialista en crear cancións pegadizas e irreverentes

Poetarras é un colectivo arterrorístico que naceu en 2013 logo dunha noite de esmorga a base de licor cafe e Galicolas. Catro mozos decidiron converterse no referente da loita armada do pobo galego, aínda que tiveran que renunciar ao traballo e a parella que non tiñan. As súas armas son os sketches e as cancións, o humor e a música, a retranca e as melodías e o seu obxectivo, ofender a alguén nalgún lugar por algún motivo… ou non. En realidade o obxectivo dos Poetarras e facer o que lles peta sen preocuparse das molestias que causen polo camiño (porque SEMPRE hai alguén molesto co que fan) e que o único filtro do seu traballo é o do que consideran gracioso. No fondo son moi riquinos e non buscan pelexa… pero se hai que dar un par de hostias, danse. A eles xa llelas teñen ofrecido. Máis información: Facebook | Twitter | Youtube Formación Manuel Gago: voz, teclado, acordeón, maracas, frauta melódica Pablo Lamosa: guitarra Rubén Lino: voz, guitarra e caixón Daniel Vilaverde: voz

Page 27: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

27

GATO LÓPEZ A única banda tributo a Ska-P existente no estado español

No outono de 2015 nace Gato López, un tributo a Ska-P composto por músicos curtidos en bandas como Salida Nula, Ministers del Ronsteady, The Skartes, Dakidarria, Hammmond York e outros provintes de bandas da sementeira ska da escena madrileña. O repertorio de Gato López conta con todos os temas míticos de Ska-P tamén con outra serie de cancións que hai anos que non interpretan en directo. Este tributo créase cunha premisa ben clara “non coincidirá co orixinal”. O día que Ska-P regrese aos escenarios Gato López baixará deles.

Máis información: Youtube | Facebook | Web

Formación

Sergio: voz e guitarra Hatxa: guitarra e coros Ligre: baixo e coros Kela: batería Dani: teclado e coros Kiko: trompeta e coros Diego: trombón e coros

Page 28: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

28

EXPERIENCIA SONRÍAS La Experiencia SonRías la forma un ecosistema en el que se unifica una localización urbana y natural con una programación musical y gastronómica. Desde la zona de acampada al lado de la playa a las propuestas musicales y gastronómicas todo se ha combinado de tal forma que se creará una experiencia única para todos los asistentes al SonRías Baixas. Como viene siendo tradicional, el SonRías Baixas 2016 combinará artistas que ya son historia viva del Festival, como Boikot, Soziedad Alkoholika, Heredeiros da Crus con uno de los directos más deseados del año en todo el estado, o de La Gran Pegatina, con una banda internacional de la talla deLa Vela Puerca y con una de las vueltas a los escenarios más esperadas de los últimos años, la deLendakaris Muertos. Para completar la mezcla marca de la casa, bandas con un presente y futuro muy prometedor, como Chotokoeu, Gold & Colt, Vendetta, Poetarras, La Sra. Tomasa y The Skarnivals.

Page 29: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

29

CASA SONRÍAS O SonRías Baixas é un festival organizado por xente que sinte paixón pola música, pero tamén pola gastronomía, dende os fogóns ata a mesa. Por iso, uniron estes dous imprescindibles nas súas vidas dando lugar á Casa SonRías. Ao menú variado de propostas musicais que ofrece o festival e aproveitando a ampla tradición culinaria da terra e maila excelencia do porto de mar da zona, incorporan -como xa o fixeran na súa última edición- un espazo gastronómico no que intervirán cociñeiros de excepción: varios artistas destacados cociñarán os seus pratos favoritos para ofrecerlle ao público. A Casa SonRías abrirá as súas portas no mesmo recinto dos concertos o sábado 6 de agosto en horario de 12h30 a 15h00, onde contará cun espazo propio no que os músicos-cociñeiros disporán de todo o necesario para atoparse co seu público e conquistar os padais dos asistentes. Volve Casa SonRías! Os RockChef de SonRías Baixas 2016 serán: Quique Otero -de Banda Crebinsky-, que cociñará ‘Purple Rice’, un arroz mariñeiro con marisco que homenaxea á Prince, un artista de referencia; Juaki -de Dakidarría-, que se atreverá con ‘Mexi-Jonh Lennon’, un plato cociñado entre cuncas e mar; e Tonhito de Poi -de Heredeiros da Crus- que se atreverá con ‘Rape Hot Chili Peppers’, unha caldeirada moi especial cun aire picante. A Casa SonRías estará aberta ao público xeral, para que todas as persoas que o desexen poidan vivir esta experiencia única, na que os pratos dos RockChef serán despachados en formato de tapas a prezos moi axustados e en número limitado. Completará a experiencia gastro-musical unha sesión vermú cos concertos de Gold & Colt e Poetarras.

Page 30: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

30

CURTAMETRAXES NO SONRÍAS BAIXAS EN COLABORACIÓN CO FICBUEU Nesta edición do Festival a Experiencia SonRías medra. O SonRías Baixas incorporará tamén outras disciplinas como o audiovisual, froito dunha colaboración co FICBUEU e a través da cal se poderán visionar seis curtametraxes o sábado 6 pola tarde no Centro Social do Mar de Bueu. Deste xeito, as proxeccións e música confluirán no SonRías Baixas 2016 complementándose entre elas e enriquecendo a súa mensaxe final. A intención da organización do SonRías Baixas coa Experiencia SonRías é a de ofrecer ao público do Festival unha degustación exclusiva e orixinal da man dos músicos máis rockeiros do panorama actual e unha proposta diferente ás súas actividades habituais utilizando como ferramenta o audiovisual. Curtametraxes que se proxectarán*: • ALLES WIRD GUT | PATRICK VOLLRATH (Austria/Alemaña) *Nomeada aos Oscar 2016 • 97% | BEN BRAND (Holanda) • LA GRAN INVENCIÓN | FERNANDO TRIAS DE BES (España) • PÉRE | LOFTI ACHOUR (Tunisia) • EL CORREDOR | JOSÉ LUÍS MONTESINOS (España) *Gañadora premio do público FICBUEU2015 • NASHORN IN GALOPP | ERIK SCHMITT (Alemaña) *Gañadora do primeiro premio FICBUEU2015 *(Entrada de balde).

Page 31: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

31

HORARIOS SONRÍAS BAIXAS 2016

Xoves 4

18h00 a 00h30 Apertura da billeteira

18h00 Apertura da zona de acampada

21h30 Apertura de portas

22h00 Troula Benvida. Gato López - Tributo a Ska-P

Venres 5

16h30 Apertura da billeteira

19h30 Apertura de portas

20h15 Chotokoeu

21h30 La Gran Pegatina

23h30 Lendakaris Muertos

1h15 Heredeiros da Crus

3h00 La Sra. Tomasa

Sábado 6

12h30 a 15h00 Casa SonRías: 12h45 Poetarras - 14h00 Gold & Colt

18h00 Apertura da billeteira

17h30 a 19h00 Proxección de curtas do FICBueu no Centro Social do Mar

19h30 Apertura de portas

20h15 The Skarnivals

21h30 Soziedad Alkoholika

23h30 Boikot

1h15 La Vela Puerca

3h00 Vendetta

Page 32: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

32

Page 33: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

33

VENDA DE ENTRADAS As entradas poden mercarse a través da plataforma ticketea.com no seguinte enlace: http://www.sonriasbaixas.info/el-festival/entradas/

Tamén se poden mercar as entradas para o SonRías Baixas 2016 nos seguintes PUNTOS DE VENDA*:

Nas tendas Rei Zentolo A Coruña. Torreiro, 24 Santiago. Rúa do Vilar, 43 Vigo. Príncipe, 1 Lugo. Praza Maior Galería 31 Lc 8 Ribeira. Praza de España, 1

En Bueu: Aturuxo. Pazos Fontenla, 59 El Balcón. Prolongación Can do Penedo, 2

Page 34: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

34

En Cangas: Fonte do Galo. Fonte do Galo En Moaña: Bolera. Fragata Batalla do Callao En Vigo:

Discos Elepé. Doutor Cadaval, 35 Tipo. López Mora, 47

En Pontevedra: El Pequeño Karma. Charino, 29 Taberna Zentola. Paio Gómez Charino, 5

En Ourense: Café cultural Auriense. Praza do Correxedor, 11 En A Coruña: Portobello. Rúa Ciega, 3

*Os prezos son os mesmos que por internet, 29,5€, pero os gastos de xestión son de 0,5€

Page 35: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

35

COMO CHEGAR? O SonRías ten lugar no Recinto Multiusos da Estacada, rúa Johan Carballeira (Xardins de Urbano Lugrís) de Bueu. O código postal é 36930 e as coordenadas GPS: 42.324374, -8.786007. Aínda que a rede de GPS é unha boa ferramenta para atopar o camiño desde calquera lugar do mundo até Bueu, deixámosvos algunhas indicacións extra para chegar ao Sonrías Baixas: Desde Vigo O mellor é que veñades en barco e autobús. O barco comunica Vigo cada media hora con Cangas ou Moaña, e desde o embarcadoiro saen buses con destino Bueu que vos deixarán a 200 metros do Festival. Consulta os horarios na web da Naviera Mar de Ons e de Grupo As Rías e Monbus. En coche son 30 quilómetros en total. AP9 dirección Pontevedra e, nada máis superar a Ría e a Ponte de Rande (gozando das vistas coas Illas Cíes de fondo), collede a saída de Moaña, Cangas e Bueu, onde chegaredes ao Corredor do Morrazo. A saída de Bueu está moi ben indicada, non ten perda. Desde Pontevedra Son 20km, que podedes facer en coche ou en autobús. Os buses saen da estación de Pontevedra cunha frecuencia dunha hora máis ou menos. En coche o camiño é fácil: saíde de Pontevedra dirección Marín. Seguide as indicacións cara a Bueu polo corredor VG4.4 e, ao chegar á rotonda, tomade o corredor VG-4.4, dirección Bueu. Despois, continuade pola PO 550. Iso si, ide amodo, que a estrada ten algunha curva. Desde A Coruña ou Santiago Son 150km ou 70km, respectivamente. Podedes ir en tren até Pontevedra e despois coller o bus. Saen, máis ou menos, cada hora, da estación que está xusto enfronte da de tren. Se vides en coche, merécevos a pena coller a autoestrada. Compensa pagar a peaxe e viaxar máis rápido e tranquilo. AP9 até Pontevedra, saída de Marín e, ao chegar á rotonda, corredor VG-4.4 dirección Bueu. Despois, PO 550. E lembrade: amodo, que a estrada ten curvas. Desde Ourense Son 120 km, aínda que ben levadeiros e fáciles: A-52 ata Vigo, AP-9 dirección Pontevedra e, ao superar a Ría e a Ponte de Rande, saída a Moaña, Cangas e Bueu, a través do Corredor do Morrazo. Desde Lugo Son 160 km por estrada ou 216 km por autoestrada. Vir por estrada non é mala opción: colledes a N-640 ata Lalín e, unha vez alí, dirixídesvos a Pontevedra, primeiro pola PO-534 e despois pola N-541. Unha vez en Pontevedra, colledes primeiro dirección Marín, despois corredor VG-4.4 cara a Bueu e, finalmente, a PO-550.

Page 36: ÍNDICE - sonriasbaixas.info · Con personalidade propia, o festival segue apostando pola orixinalidade na proposta artística, ... unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo

36

CONTACTO Prensa SonRÍas Baixas

Andrea Villa | 667 683 551 [email protected]

http://www.sonriasbaixas.info/

https://www.youtube.com/user/sonriasbaixas https://www.flickr.com/photos/troulanabanda

https://twitter.com/sonriasbaixas https://www.facebook.com/SonRiasBaixas