imaxe e iconicidade

4
Ies R. Mª Aller Ulloa, Departamento de Debuxo Cultura Audiovisual BLOQUE 1. NARUREZA E CONCEPTO DA IMAXE: A LINGUAXE VISUAL. A COMUNICACIÓN VISUAL. A SINTAXE VISUAL. IMAXE E SIGNIFICADO Linguaxe Visual: A linguaxe visual é un sistema de comunicación que utiliza as imaxes como medio de expresión, é dicir, emite mensaxes visuais. Linguaxe Visual Obxectivo: É o que transmite unha información de modo que posúa só unha interpretación. Por exemplo un debuxo científico. Linguaxe Visual Publicitario: O seu obxectivo é informar, convencer e/ou vender. Linguaxe Visual Artístico: Posúe unha función estética IMAXE: Unha imaxe (do latín imago. Singular "imaxe"; plural "imaxes") é unha representación visual dun obxecto mediante técnicas diferentes de deseño, pintura, fotografía, vídeo, entre outras. Tres aspectos interveñen na CREACIÓN ou MODELIZACIÓN da realidade ou dunha idea, en IMAXE: 1- O esquema (o mínimo que ten que posuir unha imaxe para "compararse á realidade") 2- A técnica (pintura ao óleo, acuarela, lápis, ceras...) 3- O modo de expresión (estilo) NARUREZA DA IMAXE: ICONA E ICONICIDADE ICONA: Unha icona (do grego εἰκών, imaxe) é unha imaxe, cadro ou representación; é un signo ou símbolo que substitúe ao obxecto mediante a súa significación, representación ou por analoxía. ICONICIDADE: O termo iconicidade refírese ao grao de referencialidade dunha imaxe. É dicir, a relación de aparencias entre a propia imaxe e o seu referente. O concepto iconicidade expresa pois as categorias e niveis de relación dunha imaxe, coa imaxe dun obxecto real. TIPOS DE ICONICIDADE: 1. Representación (ou función representativa): a imaxe substitúe á realidade de forma analóxica. Por exemplo, unha fotografía en cor dunha persoa ou o seu retrato ao óleo. En

Upload: sebas-anxo-rozas-alvarez

Post on 29-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

texto para 1º de bacharelato, cultura audiovisual sobre a natureza da imaxe

TRANSCRIPT

Page 1: Imaxe e iconicidade

Ies R. Mª Aller Ulloa, Departamento de Debuxo

Cultura Audiovisual

BLOQUE 1. NARUREZA E CONCEPTO DA IMAXE: A LINGUAXE VISUAL. A COMUNICACIÓN VISUAL. A SINTAXE VISUAL. IMAXE E

SIGNIFICADO

Linguaxe Visual:A linguaxe visual é un sistema de comunicación que utiliza as imaxes como medio de

expresión, é dicir, emite mensaxes visuais.

Linguaxe Visual Obxectivo:É o que transmite unha información de modo que posúa só unha interpretación. Por exemplo

un debuxo científico.Linguaxe Visual Publicitario:

O seu obxectivo é informar, convencer e/ou vender.Linguaxe Visual Artístico:

Posúe unha función estética

IMAXE: Unha imaxe (do latín imago. Singular "imaxe"; plural "imaxes") é unha representación visual dun obxecto mediante técnicas diferentes de deseño, pintura, fotografía, vídeo, entre outras.

Tres aspectos interveñen na CREACIÓN ou MODELIZACIÓN da realidade ou dunha idea, en IMAXE:

1- O esquema (o mínimo que ten que posuir unha imaxe para "compararse á realidade")

2- A técnica (pintura ao óleo, acuarela, lápis, ceras...)

3- O modo de expresión (estilo)

NARUREZA DA IMAXE: ICONA E ICONICIDADE

ICONA: Unha icona (do grego εἰκών, imaxe) é unha imaxe, cadro ou representación; é un signo ou símbolo que substitúe ao obxecto mediante a súa significación, representación ou por analoxía.

ICONICIDADE: O termo iconicidade refírese ao grao de referencialidade dunha imaxe. É dicir, a relación de aparencias entre a propia imaxe e o seu referente. O concepto iconicidade expresa pois as categorias e niveis de relación dunha imaxe, coa imaxe dun obxecto real.

TIPOS DE ICONICIDADE:

1. Representación (ou función representativa): a imaxe substitúe á realidade de forma analóxica. Por exemplo, unha fotografía en cor dunha persoa ou o seu retrato ao óleo. En

Page 2: Imaxe e iconicidade

ambos os casos entre imaxe e realidade existe unha similitude ou equivalencia. É posible identificar, con maior ou menor exactitude, ao suxeito que aparece na foto por comparación co seu aspecto "real". En calquera caso toda representación, por moi rigorosa que sexa, é sempre convencional ou artificiosa, aínda que hai convencións máis naturais que outras (por exemplo, a perspectiva no debuxo).

2. Símbolo (ou función simbólica): a imaxe atribúe unha forma visual a un concepto ou unha idea. En todo símbolo icónico existe un dobre referente:

A) un figurativo

B) outro de significado.

Así, por exemplo, a pomba de Picasso é un símbolo comunmente aceptado cun referente figurativo (o ave que representa) e un referente de significado (a paz). Na imaxe, o símbolo da liberdade.

3. Signo (ou función convencional): a imaxe substitúe á realidade sen reflectir ningunha das súas características visuais. Son arbitrarios, como as palabras escritas ou algúns sinais de tráfico...

ESCALA DE ICONICIDADE:

A escala de iconicidade baséase na semellanza entre unha imaxe e o seu referente. É unha convención, construída para representar mediante unha serie, ordenada de maior a menor, os diferentes tipos de imaxes de acordo ao seu nivel ou grao de iconicidade. Cada salto de iconicidade decrecente supón que a imaxe perde algunha propiedade sensible da que depende a citada iconicidade.

AS FUNCIÓNS DA IMAXE:

É posible identificar diferentes funcións nas imaxes, estas son:

● Función conativa: relaciónase coa persuación. O seu obxectivo é convencer. Utilízase con frecuencia nas mensaxes publicitarias

● Función Fática: busca chamar a atención. Obsérvase no uso de contrastes, nos tamaños e é un recurso frecuente nalgunhas mensaxes publicitarias.

● Función referencial: pretende informar. Utilízase para ilustrar unha noticia, ou un texto. É frecuente na prensa ou nos libros de texto.

● Función emotiva: Son imaxes utilizadas con finalidade sentimental e teñen por obxecto transmitir emocións.

● Función poética: Valen en si mesmas. Buscan a beleza con sentido estético, artístico.

Page 3: Imaxe e iconicidade

A COMUNICACIÓN VISUAL.

A Comunicación Visual:É o proceso de elaboración, difusión e recepción de mensaxes visuais. Os elementos que

interveñen na comunicación visual son: emisor, mensaxe, medio e ou canle, e receptor.Qué é a Lectura de imaxes na comunicación visual?: Recoñecer as calidades das formas e das expresións das imaxes. Esto axúdanos a

comprender e valorar o seu significado.

● Segundo a súa "Forma" son:

1.tamaño2.configuración3.posición4.situación5.materia6.textura7.acabado.

● Segundo os modos de Expresión nas imaxes son:

Unha imaxe pode ter diferentes lecturas segundo as características do emisor e o receptor. Ademais o emisor condiciona o significado dunha imaxe, distinguíndose 4 modos de expresión:

1.Realista: O modo de expresión realista representa fielmente a realidade

2.Figurativo: Representa formas baseadas na realidade pero interpretadas cun estilo libre. Os espazos, as formas, as cores e as proporcións son alteradas pero aínda reconocibles. O autor interpreta a realidade para expresar ideas e sentimentos.

3.Abstracto: O estilo abstracto xa non representa formas inspiradas directamente na realidade. Son formas e estruturas novas creadas polo propio autor que expresan un mundo particular. Debido ás súas características o estilo abstracto adoita limitarse á expresión artística: pintura e escultura principalmente.

4.Analítico: O modo ou estilo analítico trata de imaxes que describen detalladamente formas e procesos científicos. Son representacións complexas dirixidas a un público xa iniciado ou entendido, capaz de interpretar as formas que se describen.

IMAXE E SIGNIFICADO.

Todas as imaxes teñen 2 compoñentes fundamentais: o significante e o significado

O significante é o propio aspecto da imaxe.

O significado é a idea que evoca dita imaxe.

Vexamos exemplos disto mediante as Marcas, Logotipos, Símbolos...

Page 4: Imaxe e iconicidade

A Marca é un sinal que pomos a un elemento determinado para poder recoñecelo entre os demais. As marcas publicitarias son distintivos utilizados como os sinais de identidade dos produtos comerciais. Para ser facilmente reconocibles e recordadas polo público, han de ser formas sinxelas e ter unha combinación simple de tons planos.Marca, anagrama e logotipo.

Os anagramas e logotipos son 2 variantes moi parecidas dentro da idea de marca. O anagrama é unha palabra que resulta da transposición das letras doutra. Por exemplo Universidade Latinoamericana ULA. O logotipo é unha conxunto de letras con forma particular e unha combinación de cores que dá nome a unha empresa. A diferenza con respecto ao anagrama, é que o logotipo pode vir acompañado ou combinado cun debuxo representativo da marca.

Signos convencionais: Sinais. O signo é unha imaxe que indica unha orde, un aviso ou unha información. É, xa que logo, unha forma de comunicación a través da cal indicamos ao espectador desta imaxe unha información que lle resultará moi útil. O triángulo vermello indica perigo. O avión dá idea de que voan avións a baixa altura, logo estamos preto dun aeroporto. O círculo azul indica calzada obrigatoria. Co coche dentro, os automóbiles están obrigados a circular pola calzada onde se atope o sinal. Nótese que o sinal azul co avión dentro sería un sinal válido sintácticamente, aínda que non tería sentido semánticamente, de igual xeito que se pode construír unha frase válida sintácticamente pero que non teña ningún significado.

Pictogramas: É un tipo de signo ou sinal que indica un lugar ou un concepto determinado. É unha información que ha de ser facilmente recoñecida polo público ao primeiro golpe de vista polo que están geométricamente simplificadas.

No caso dos sinais de tráfico, a combinación dunhas poucas figuras xeométricas como triángulos, cadrados e círculos cunhas cores determinadas e un conxunto de símbolos como coches, bicicletas e ata bucinas permite expresar unha ampla variedade de prohibicións, obrigacións e situacións de tráfico de forma inequívoca e perceptible en fraccións de segundo.

A linguaxe escrita, aínda que poida parecer estraño, é un caso particular de linguaxe visual. Tanto na súa vertente ideográfica como na fonética un conxunto limitado de símbolos as letras ou os ideogramas xunto cunhas regras especificas talles como a sintaxe, a gramática e a ortografía permiten interpretar e reconstruír os sons da linguaxe falada e, xa que logo, o seu significado. Así pois a linguaxe escrita é só un entre moitos exemplos de linguaxes visuais posibles.

Ningunha linguaxe, nin sequera o visual, é autoexplicativo. Isto é, calquera linguaxe hanos de ser explicado e habemos de aprendelo. O falado aprendémolo lentamente a partir das experiencias da nosa contorna e da interacción cos nosos semellantes. O escrito apréndese de forma sistemática no colexio e os demais linguaxes visuais han de ser explicados ou ben basearse nun conxunto de coñecementos previos facilmente representables gráficamente.