iii. outras disposiciÓns consellerÍa de traballo e …€¦ · sometidas ao regulamento (ue)...

44
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38924 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR ORDE do 30 de setembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, cofinanciado por el Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. As transformacións que están experimentando a economía, a sociedade, os continuos avances tecnolóxicos e os cambios nos hábitos laborais e nos sistemas de organización do traballo, acompañado da perda de lazos sociais e familiares, configuran algunhas das múltiples causas de exclusión social. O actual contexto de crise económica e de alta taxa de desemprego incrementan o número de persoas en situación ou risco de exclusión so- cial. Un trazo común a case todas as situacións de exclusión social é a dificultade para participar nos mecanismos habituais de formación e inserción laboral. Para paliar e erradicar estas situacións de desarraigamento e exclusión social, xorden as empresas de inserción laboral, cuxa finalidade primordial é a incorporación ao mercado laboral das persoas en risco ou en situación de exclusión social, proporcionándolles un traballo remunerado e a formación e o acompañamento necesarios para mellorar as súas condicións de empregabilidade e facilitarlles o acceso ao mercado laboral ordinario. As empresas de inserción, reguladas a nivel estatal na Lei 44/2007, do 13 de decembro, para a regulación do réxime das empresas de inserción, constitúen unha tipoloxía especial dentro das empresas de carácter social e confirman que o emprego é, para as persoas máis desfavorecidas e excluídas, un dos principais factores de inserción social e unha for- ma de participación na actividade da sociedade. No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, regula as empresas de inserción no capítulo II do seu título IV e destaca que os itinerarios de inserción laboral son o marco de estímulo e promoción do emprego con colectivos de inserción laboral que se desenvolve desde a Administración laboral galega, como políticas de acción positiva, sobre todo, as empresas de inserción e os estímulos á creación de emprego destes colectivos. O Decreto 156/2007, do 19 de xullo, regula o procedemento para a cualificación das em- presas de inserción laboral, crea o seu rexistro administrativo e establece as medidas para o fomento da inserción sociolaboral. No seu capítulo V enúncianse as medidas de fomento que a Xunta de Galicia poderá destinar ás empresas de inserción laboral. En desenvol- CVE-DOG: p8pprkt8-3aq9-3sm2-xly7-lnzqp5nf5ww3

Upload: others

Post on 04-Jul-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38924

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 30 de setembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, cofinanciado por el Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

As transformacións que están experimentando a economía, a sociedade, os continuos avances tecnolóxicos e os cambios nos hábitos laborais e nos sistemas de organización do traballo, acompañado da perda de lazos sociais e familiares, configuran algunhas das múltiples causas de exclusión social. O actual contexto de crise económica e de alta taxa de desemprego incrementan o número de persoas en situación ou risco de exclusión so-cial. Un trazo común a case todas as situacións de exclusión social é a dificultade para participar nos mecanismos habituais de formación e inserción laboral.

Para paliar e erradicar estas situacións de desarraigamento e exclusión social, xorden as empresas de inserción laboral, cuxa finalidade primordial é a incorporación ao mercado laboral das persoas en risco ou en situación de exclusión social, proporcionándolles un traballo remunerado e a formación e o acompañamento necesarios para mellorar as súas condicións de empregabilidade e facilitarlles o acceso ao mercado laboral ordinario.

As empresas de inserción, reguladas a nivel estatal na Lei 44/2007, do 13 de decembro, para a regulación do réxime das empresas de inserción, constitúen unha tipoloxía especial dentro das empresas de carácter social e confirman que o emprego é, para as persoas máis desfavorecidas e excluídas, un dos principais factores de inserción social e unha for-ma de participación na actividade da sociedade.

No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, regula as empresas de inserción no capítulo II do seu título IV e destaca que os itinerarios de inserción laboral son o marco de estímulo e promoción do emprego con colectivos de inserción laboral que se desenvolve desde a Administración laboral galega, como políticas de acción positiva, sobre todo, as empresas de inserción e os estímulos á creación de emprego destes colectivos.

O Decreto 156/2007, do 19 de xullo, regula o procedemento para a cualificación das em-presas de inserción laboral, crea o seu rexistro administrativo e establece as medidas para o fomento da inserción sociolaboral. No seu capítulo V enúncianse as medidas de fomento que a Xunta de Galicia poderá destinar ás empresas de inserción laboral. En desenvol-

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 2: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38925

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

vemento deste capítulo, nesta orde establécense as axudas destinadas ao fomento e ao sustentamento das empresas de inserción laboral, coa finalidade de promover a inserción laboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social.

De acordo co disposto no Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se fixa a es-trutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Conse-llería de Traballo e Benestar, correspóndelle a esta a xestión administrativa do rexistro de empresas de inserción laboral, así como a xestión dos programas de apoio ás empresas de inserción laboral.

As bases reguladoras do programa regulado nesta orde establecen un procedemen-to de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que de acordo coa finalidade e o obxecto do programa, non resulta necesario realizar, nun único procedemento, a comparación e a prelación das solicitudes presentadas, senón que a con-cesión das axudas se realiza pola comprobación da concorrencia na entidade solicitante dos requisitos establecidos, e así ata o esgotamento do crédito orzamentario.

As empresas de inserción laboral son iniciativas empresariais que combinan a viabilida-de económica empresarial con metodoloxías que fan posible a inserción laboral de persoas excluídas socialmente. Son empresas que desenvolven actividades económicas co fin de conseguir a reintegración no mercado laboral de grupos vulnerables, persoas en situación ou risco de exclusión social, favorecendo así a súa inclusión social.

Polo tanto, as empresas de inserción laboral dan reposta a unha necesidade social esencial e executan unha obriga de servizo público na Comunidade Autónoma de Galicia, como é a integración sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social, servindo de instrumento ao desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de in-clusión social de Galicia.

Neste sentido, a actividade destas empresas constitúe un servizo de interese económi-co xeral, e as axudas pola compensación deste servizo, establecidas nesta orde, quedarán sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis concedidas a empresas que presten servizos de interese económico xeral (DOUE L 114, do 26 de abril de 2012). Este regulamento limita a 500.000 euros a cantidade máxima de axudas de minimis que pode recibir unha empresa que presta servizos de interese econó-mico xeral no prazo de tres exercicios fiscais.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 3: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38926

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Consecuentemente con todo o anterior, unha vez consultado o Consello Galego de Re-lacións Laborais, logo de informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e da Intervención Delegada, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas regula-doras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

CAPÍTULO I Finalidade, principios de xestión e ámbito de aplicación

Artigo 1. Finalidade, principios de xestión e financiamento

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convo-catoria para o ano 2015, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social.

2. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discrimina-ción.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Traballo e Be-nestar.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

3. O programa regulado nesta orde está financiado con fondos finalistas do Estado reci-bidos do Servizo Público de Emprego Estatal.

A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 4: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38927

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

No exercicio económico 2015 as axudas reguladas nesta orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que a continuación se relacionan, recollidas na Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, coa seguinte distribución:

Axudas ás empresas de inserción laboral.

11.02. 322C 470.2, código de proxecto 2015 00561, cun crédito de 200.000 euros.

Axudas ás entidades promotoras de empresas de inserción laboral.

11.02. 322C 481.2, código de proxecto 2014 00511, cun crédito de 10.000 euros.

Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do empre-go coas limitacións que estableza a Conferencia sectorial de emprego e asuntos laborais.

Poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Artigo 2. Normativa aplicable

As solicitudes, a tramitación e a concesión destas subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xanei-ro; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orza-mentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015 e, no que resulte de aplicación, á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e ao seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e esta orde.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as con-dicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 5: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38928

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. Poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que solicitasen, conforme o procedemento establecido para o efecto, a súa cualificación como empresa de inserción laboral. Non obstante, non se poderá proceder ao pagamento da axuda en canto non obteñan esa cualificación.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e san-cións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

5. A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estar incursas nas prohi-bicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obteren a condición de beneficiarias realizarase mediante declaración responsable.

Artigo 4. Suxeitos e persoas beneficiarias da inserción sociolaboral por medio de em-presas de inserción laboral

1. A inserción sociolaboral por medio de empresas de inserción laboral vai dirixida a persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión social nas cales concorran un ou varios factores de exclusión relacionados neste artigo.

A situación e as circunstancias de risco ou exclusión social que determinen a cualifica-ción dunha persoa como posible traballador ou traballadora en proceso de inserción nunha empresa de inserción laboral serán acreditadas polo Sistema Galego de Servizos Sociais.

Para a valoración técnica da situación ou risco de exclusión social verificará os servizos sociais comunitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, ademais da situación de des-emprego, a ausencia ou déficit grave de recursos económicos, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, cando esta condición supoña especiais dificultades de inte-gración social ou laboral:

a) Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas.

b) Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 6: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38929

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

c) Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de desha-bituación de substancias aditivas ou de calquera outra adicción que produza efectos per-soais e sociais de natureza semellante.

d) Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.

e) Ter a condición de persoa con discapacidade.

f) Ser inmigrante ou emigrante retornado.

g) Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.

h) Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria.

i) Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.

j) Pertencer a unha minoría étnica.

k) Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explota-ción sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.

l) Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.

m) Calquera outro factor non previsto expresamente no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, sempre que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto per-soal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral.

2. Para os efectos das axudas previstas nesta orde, entenderase por:

I. Persoas con discapacidade, aquelas que teñan recoñecida, pola Administración com-petente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33 %.

II. Persoas desempregadas, aquelas que figuren inscritas como demandantes de empre-go no Servizo Público de Emprego e que carezan de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na data da súa alta na Seguridade Social.

A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego, na data de alta na Seguridade Social será realizada directamente polo órgano

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 7: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38930

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

xestor das axudas, agás que a inscrición fose realizada noutro servizo público de emprego distinto da Comunidade Autónoma de Galicia.

O órgano xestor comprobará directamente que a persoa traballadora pola que se solicita subvención careza de ocupación, segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na data da súa alta na Seguridade Social.

III. Persoas emigrantes retornadas, aquelas que cumpran coa condición de que non transcorresen máis de dous anos entre a data do retorno e a data de alta no corresponden-te réxime da Seguridade Social.

Artigo 5. Contratos de traballo subvencionables

1. Os contratos de traballo subscritos entre as persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social e as empresas de inserción laboral terán que reunir as seguintes características para ser subvencionables:

a) Deberán formalizarse por escrito, axustándose ás modalidades de contratación pre-vistas na lexislación laboral.

b) A súa duración non poderá ser inferior a 6 meses.

c) A xornada de traballo non poderá ser inferior ao 50 % da establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legalmente establecida.

d) Con carácter previo á formalización do contrato, a persoa seleccionada, a empresa de inserción laboral e os servizos sociais deberán subscribir o convenio de inserción, co contido sinalado no artigo 13 do Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o pro-cedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción laboral.

2. Non poderán ser contratadas as persoas traballadoras que nos dous anos inmediata-mente anteriores prestasen servizos mediante un contrato de traballo, incluído o contrato temporal de fomento do emprego, nesta ou en distinta empresa de inserción laboral, salvo que, no suposto de fracaso nun proceso previo de inserción ou no de recaída en situacións de exclusión, o servizo social público competente considere o contrario á vista das circuns-tancias persoais da persoa traballadora.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 8: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38931

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

CAPÍTULO II Actuacións subvencionables

Artigo 6. Tipos de axuda

1. As empresas de inserción laboral poderán acceder aos seguintes tipos de axuda:

a) A contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.

b) A contratación de xerentes ou persoas técnicas necesarias para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa de inserción laboral.

c) A contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompaña-mento á inserción.

d) A realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en in-serción no mercado laboral ordinario.

e) A formalización de préstamos con entidades financeiras.

f) A creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral.

g) O inicio e posta en marcha da actividade.

h) O fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia técnica.

2. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán ser beneficiarias dos seguintes tipos de axuda:

a) A contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompaña-mento á inserción.

b) O fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral.

Artigo 7. Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclu-sión social

1. Subvencionaranse parcialmente as empresas de inserción laboral os custos dos con-tratos de traballo subscritos con persoas en situación ou en risco de exclusión social incluí-das no artigo 4 desta orde.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 9: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38932

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. A contía da subvención será equivalente ao salario mínimo interprofesional mensual por cada persoa traballadora subvencionable, incluídas as pagas extraordinarias dos me-ses de decembro e xuño. Esta contía será proporcional á duración da xornada de traballo.

Cando a persoa traballadora estea en situación de incapacidade temporal, o importe da subvención referirase exclusivamente aos días en que o pagamento sexa, obrigatoria-mente, por conta da empresa, de conformidade co que dispoña a normativa da Seguridade Social. Tampouco serán subvencionables as indemnizacións e dietas.

3. Ao abeiro desta axuda subvencionaranse as mensualidades de outubro de 2014 ata setembro de 2015, ambas inclusive, correspondentes aos contratos de traballo formaliza-dos con persoas traballadoras en proceso de inserción.

4. Para a subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social deberá presentarse unha única solicitude que comprenderá as mensualidades de outubro, novembro e decembro do ano 2014 e as de xaneiro a setembro de 2015.

Artigo 8. Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas

1. Para facilitar a contratación de xerentes ou persoas técnicas que sexan necesarias para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira das empresas de inserción la-boral, poderá concederse unha subvención equivalente ao 50 % dos custos laborais totais, incluído o importe efectivamente cotizado á Seguridade Social por todos os conceptos a cargo da empresa.

O importe da subvención sera de ata 8.000 euros anuais, polo total do período subven-cionable de outubro de 2014 a setembro de 2015, ou o importe proporcional se a duración é inferior.

Poderá concederse esta subvención a aquelas empresas de inserción laboral que fosen beneficiarias desta liña de axudas anteriormente, sempre que o total das mensualidades subvencionadas a todas as persoas técnicas ou xerentes non superen en conxunto as 36 mensualidades.

2. Esta subvención estará condicionada á xustificación pola empresa de inserción labo-ral de que coas contratacións obxecto de subvención se suplan carencias para o desenvol-vemento da actividade empresarial e o seu bo fin.

3. Cando se trate de contratacións a tempo parcial, a contía máxima que se percibirá será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 10: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38933

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria legal.

4. Serán subvencionables ao abeiro desta orde as mensualidades de outubro de 2014 ata setembro de 2015, ambas inclusive, que teñan unha xornada de traballo non inferior ao 50 %.

Artigo 9. Subvención pola contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción

1. As empresas de inserción laboral e as entidades promotoras de empresas de inser-ción laboral poderán acceder a unha subvención para a contratación de persoal técnico de inserción, coa finalidade de desenvolver accións de orientación e acompañamento das persoas traballadoras en proceso de inserción e facilitar a súa plena integración laboral en empresas normalizadas.

2. A contía desta subvención será equivalente ao 50 % dos custos laborais totais, incluí-do o importe efectivamente cotizado á Seguridade Social por todos os conceptos a cargo da empresa ou da entidade promotora, e terá como límite máximo, por todas as contrata-cións, a contía de 3.000 euros por cada persoa traballadora en proceso de inserción, sen que, en ningún caso, o importe da subvención poida superar os 12.000 euros anuais, polo total do período subvencionable de outubro de 2014 a setembro de 2015, ou o importe proporcional se a duración é inferior.

Cando a contratación da persoa traballadora en proceso de inserción sexa a tempo parcial, a contía da subvención será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria legal.

3. As empresas de inserción laboral e as entidades promotoras que se subvenciona-sen pola contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción ao abeiro deste programa, poderán solicitar esta axuda unha vez transcorrido o período subvencionado.

4. O persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción contra-tado deberá posuír unha titulación universitaria oficial de grao adecuada ás funcións que vai desenvolver, ou ben, tendo unha titulación universitaria oficial de grao, acredite unha experiencia de dous anos en programas de orientación e acompañamento de persoas des-

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 11: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38934

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

favorecidas desde a perspectiva laboral e social. Consideraranse titulacións universitarias adecuadas aquelas que acrediten coñecementos no ámbito educativo, asistencial, peda-góxico, psicosocial, terapéutico e sociolaboral.

5. Se a subvención a solicitasen as entidades promotoras, non poderán solicitala a em-presa ou as empresas de inserción laboral que promovan.

6. Serán subvencionables ao abeiro desta orde as mensualidades de outubro de 2014 ata setembro de 2015, ambas inclusive.

Artigo 10. Subvención pola realización de labores de mediación laboral

1. Coa finalidade de fomentar os labores de mediación laboral, subvencionarase ás em-presas de inserción laboral cunha axuda de 6.000 euros pola incorporación indefinida e a xornada completa á empresa ordinaria dunha persoa traballadora en proceso de inserción xestionada pola empresa de inserción laboral. Se o contrato subscrito é de carácter tempo-ral e ten unha duración de 24 meses, a subvención será de 3.000 euros e se é inferior a 24 meses e igual ou superior a 6 meses, o incentivo será proporcional á duración do contrato. No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a subvención experimentará unha redución proporcional á xornada laboral pactada.

O prazo entre a baixa na empresa de inserción laboral e a data de alta na empresa or-dinaria non poderá ser superior a un mes.

2. Subvencionarase cunha axuda de 6.000 euros á empresa de inserción laboral que asesore, apoie e acompañe unha persoa traballadora en proceso de inserción na súa ini-ciativa de autoemprego.

3. Estas actuacións de mediación laboral serán subvencionables unha vez transcorridos 6 meses desde a formalización do contrato coa empresa ordinaria ou desde a alta no réxi-me especial de traballadores autónomos, e sempre que o remate deste prazo se producise entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015.

4. O importe desta subvención terá como límite os custos salariais totais pola contratación da persoa en proceso de inserción na empresa ordinaria durante 6 meses. No suposto do apoio á unha persoa en proceso de inserción para a súa constitución como traballador ou traballadora autónoma o límite desta subvención será o importe das cotizacións á Seguridade Social durante 12 meses no réxime especial dos traballadores autónomos ou por conta propia.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 12: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38935

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

5. As empresas de inserción laboral beneficiarias desta subvención asumen a obriga de realizar o seguimento laboral das persoas inseridas no mercado ordinario durante un pe-ríodo mínimo de doce meses; para tal efecto, deberán achegar ante o órgano concedente unha memoria do seguimento realizado. Procederá o reintegro total da subvención conce-dida no suposto de non xustificar o seguimento realizado, e procederá o reintegro parcial no suposto de que non se manteña o emprego das persoas inseridas, agás por causas debidamente xustificadas.

Artigo 11. Subvención financeira

1. A subvención financeira ten por finalidade favorecer a creación de postos de traballo mediante a redución dos xuros dos préstamos para financiar os investimentos que sexan necesarios para a creación e posta en marcha das empresas de inserción laboral, así como os necesarios para a ampliación dos postos de traballo en inserción, tendo en conta que, como mínimo, o 75 % do importe do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible.

Para os efectos desta orde, entenderase por inmobilizado material ou intanxible aquel definido como tal no Real decreto 1514/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade, e no Real decreto 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas e os criterios con-tables específicos para microempresas, no Plan de contabilidade de pequenas e medianas entidades sen fines lucrativos, aprobado por Resolución do Instituto de Contabilidade e Au-ditoría de Contas do 26 de marzo de 2013 e incluídos nos subgrupos 20, 21 e 23 do cadro de contas dos citados plans, excluídos os anticipos.

Os investimentos poderán ser computados sempre que as facturas estean estendidas a nome da entidade solicitante e non sexan emitidas por algunha das entidades promotoras das empresas de inserción laboral.

No suposto de elementos de transporte, soamente se computarán os vehículos comer-ciais ou industriais que se empreguen no desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, así como os vehículos automóbiles de turismo que sexan empregados nos desprazamentos profesionais polas persoas representantes ou axentes comerciais, os em-pregados na venda á domicilio, na prestación de servizos de transporte de viaxeiros, de ensino de condutores e os empregados en servicios de vixilancia, ao 100 % do seu prezo de adquisición, excluído o imposto sobre o valor engadido.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 13: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38936

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Non obstante, para as empresas que realicen por conta allea operacións de transporte por estrada, non se poderá conceder a subvención financeira para a adquisición de vehí-culos de transporte de mercadorías por estrada.

En ningún caso, para a acreditación do inmobilizado material ou intanxible, se terán en conta os contratos de arrendamento financeiro nin outras figuras xurídicas afíns que non concedan á entidade solicitante o pleno dominio ou titularidade inicial do investimento.

2. Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos por entidades financeiras que teñan subscrito un convenio, para tal fin, coa Consellería de Traballo e Be-nestar, e deberán formalizarse no período comprendido entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015 ou, de ser o caso, no prazo específico establecido na resolución de concesión.

Para os efectos da xustificación desta subvención, teranse en conta os investimentos en inmobilizado material ou intanxible, sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, realizados entre o 1 de outubro de 2014 e o 31 de outubro de 2015 e xustificados mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2015.

Non se admitirá, para os efectos da súa xustificación, a adquisición de bens usados con cargo aos préstamos obxecto da axuda, agás no suposto de traspaso de negocios.

3. Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será equivalente á redución de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia deste. A contía calcularase como se a subvención se devindicase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia. O tipo de xuro poderá ser fixo ou variable, tomando como referencia para o cálculo da sub-vención o tipo de xuro vixente na data da resolución da subvención, ou o vixente na data da sinatura do contrato de préstamo, se esta é anterior.

A entidade beneficiaria, no prazo de 30 días desde a data en que teña coñocemento do pagamento efectivo da subvención, ten que presentar unha certificación expedida pola entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía sub-vencionada.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 14: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38937

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

No caso de microcréditos concedidos por entidades públicas ou por outras entidades de crédito, a subvención poderá ser o custo total dos gastos financeiros, cos límites máximos sinalados no número seguinte.

4. Esta subvención terá como límite a contía máxima de 3.000 euros por emprego crea-do para os colectivos de persoas desempregadas definidos no artigo 4 desta orde durante o primeiro ano desde o inicio da actividade, sempre que supoñan incremento con respecto ao número de persoas traballadoras en inserción tidas en conta no último expediente de subvención financeira.

Artigo 12. Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral

1. Poderá concederse unha subvención pola creación de emprego ás empresas de in-serción laboral de nova creación ou ás que amplíen o seu cadro de persoal creando novos empregos para persoas en proceso de inserción.

O importe máximo desta subvención determinarase en atención ao número de novos postos de traballo creados e ocupados por persoas en procesos de inserción, ata un máxi-mo de 12.000 euros por cada posto de traballo a xornada completa, ou a parte proporcional se o contrato é a tempo parcial.

Serán subvencionables aqueles novos postos de traballo que, cubertos por persoas en proceso de inserción, supoñan un incremento de persoal respecto das persoas en situa-ción ou en risco de exclusión social que tivese a empresa de inserción laboral no último expediente de axudas á creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral.

O importe desta subvención, en concorrencia coa subvención pola contratación de per-soas en situación ou en risco de exclusión social, prevista no artigo 7 desta orde, non poderá superar o importe máximo de 12.000 euros por cada posto de traballo a xornada completa, ou a parte proporcional se o contrato é a tempo parcial.

2. A concesión da subvención pola creación de novos postos de traballo para persoas en proceso de inserción requirirá acreditar a realización pola empresa de inserción laboral do investimento que sexa necesario para a creación do posto de traballo.

O importe da subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empre-sas de inserción laboral non superará o 60 % do custo total do investimento en inmobiliza-

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 15: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38938

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

do material ou intanxible directamente relacionado coa actividade principal desenvolvida pola empresa de inserción laboral.

Os investimentos poderán ser computados para o cálculo do límite da subvención sem-pre que as facturas estean estendidas a nome da entidade solicitante e non sexan emitidas por algún dos promotores da empresa.

No suposto de elementos de transporte, soamente se computarán os vehículos comer-ciais ou industriais que se empreguen no desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, así como os vehículos automóbiles de turismo que sexan empregados nos desprazamentos profesionais polos representantes ou axentes comerciais, os empregados na venda a domicilio, na prestación de servizos de transporte de viaxeiros, de ensinanza de condutores e os empregados en servizos de vixilancia, ao 100 % do seu prezo de adquisi-ción, excluído o imposto sobre o valor engadido.

En ningún caso, para a acreditación do inmobilizado material ou intanxible, se terán en conta os contratos de arrendamento financeiro nin outras figuras xurídicas afíns que non concedan á entidade solicitante o pleno dominio ou titularidade inicial do investimento.

3. Para os efectos da xustificación desta subvención, teranse en conta as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015.

Para o cálculo do límite da subvención terase en conta a acreditación dos investimentos en inmobilizado material ou intanxible, sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, realizados entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015 e xustificados mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, se é o caso, ata o 20 de decembro de 2015.

Artigo 13. Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade

1. Poderase conceder para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención de 3.000 euros por cada persoa traballadora en proceso de inserción da em-presa de inserción laboral e ata un máximo de 12.000 euros.

2. A través desta subvención, que se concederá por unha soa vez, serán subvenciona-bles os gastos realizados con posterioridade ao inicio da actividade empresarial e efec-

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 16: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38939

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

tivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na re-solución de concesión ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2015.

3. A subvención destinarase a sufragar os gastos necesarios derivados da posta en marcha da actividade realizados entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015 nos seguintes conceptos:

– Compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos.

– Gastos de arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos.

– Gastos de seguro do local, publicidade e subministracións.

Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impos-tos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Os gastos poderán ser computados sempre que as facturas estean expedidas a nome da entidade solicitante e non sexan emitidas a nome da entidade promotora.

4. Poderán solicitar esta subvención as empresas de inserción laboral que inicien a súa actividade a partir do 1 de outubro de 2014.

5. Enténdese que unha empresa inicia a súa actividade empresarial desde a data de alta no imposto de actividades económicas, ou ben desde a data de alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Artigo 14. Subvención para o fomento de procesos de creación de empresas de inser-ción laboral e asistencia técnica

1. Esta axuda está destinada a financiar parcialmente as entidades promotoras de em-presas de inserción laboral os custos que comporta o proceso de creación de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral as modalidades de asistencia técnica dirixidas á mellora ou reorientación da actividade empresarial.

2. Serán subvencionables ao abeiro desta axuda os estudos de mercado, os estudos de viabilidade técnica, económica e financeira e os labores de asesoramento e consultoría que teñan por obxecto a constitución dunha empresa de inserción laboral.

Na asistencia técnica das empresas de inserción laboral serán subvencionables os mesmos custos, así como os necesarios para a realización de estudos de mercado para a apertura de novos mercados ou para a reorientación da actividade empresarial.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 17: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38940

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

3. A contía desta subvención será equivalente ao 50 % do custo total dos servizos, cun límite máximo de 6.000 euros. Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recu-peración ou compensación.

4. A concesión da subvención obriga as entidades promotoras a realizar o proceso de creación dentro do exercicio orzamentario no que se concede a axuda e a crear a empresa de inserción laboral no prazo que se estableza na resolución de concesión da subvención.

5. Para os efectos da xustificación desta subvención teranse en conta os gastos, sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equi-valentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, realizados entre o 1 de outubro de 2014 e o 31 de setembro de 2015 e xustificados mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2015.

CAPÍTULO III Competencia e procedemento

Artigo 15. Competencia

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes das subvencións presentadas ao abeiro desta orde correspóndelle, por delegación da persoa titular da Consellería de Traba-llo e Benestar, á persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.

Artigo 16. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes dirixiranse ao órgano competente para resolver e deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públi-cos e no 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemen-to da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes vía electrónica será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, da persoa representante que actue con poder suficiente.

Tamén poderán presentarse as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e das formas previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 18: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38941

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formu-lario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. O prazo de presentación das solicitudes das axudas previstas nesta orde será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Ga-licia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado o primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento, non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

3. As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar no ligazón: http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions.

Artigo 17. Consentimentos, autorizacións e datos de carácter persoal

1. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Se-guridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, en cuxo caso deberá presentar coa solicitude a certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pen-dente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Conforme o establecido no artigo 11.h) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, no caso das entidades promotoras de empresas de inserción laboral, as certificacións previstas no pa-rágrafo anterior poderán ser substituídas pola declaración responsable da entidade solici-tante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 19: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38942

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. Coa presentación da solicitude de subvención, a entidade interesada autoriza ex-presamente a Consellería de Traballo e Benestar para que, de acordo co establecido nos números 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácti-cas na Administración pública galega, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia, e na súa páxina web oficial, con expresión da convocato-ria, o programa e crédito orzamentario a que se imputan, a entidade beneficiaria, a contía concedida e a finalidade da subvención. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos de carácter persoal exerceranse ante o Cixtec, como responsable dos ficheiros; con domicilio na rúa Domingo Fontán, 9, 15702 Santiago de Compostela, de con-formidade coas prescricións da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

3. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das admi-nistracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non autorice o órgano xestor para realizar esta operación, debe-rán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

Artigo 18. Datos de carácter persoal

1. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de da-tos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluidas nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cida-danía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para in-formar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, mediante o envío dunha comunicación ao enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou a través dun correo electrónico a [email protected] .

2. A presentación da solicitude ao abeiro desta orde supón a existencia de autorización expresa das persoas traballadoras para a cesión de datos de carácter persoal á Conselle-ría de Traballo e Benestar, por parte da empresa solicitante, polo que esta é responsable de informar as persoas traballadoras sobre a existencia e finalidade da cesión así como da obtención do seu consentimento.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 20: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38943

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

3. A comprobación do cumprimento dos requisitos das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención, previstos no artigo 4.2.II desta orde, realizarase mediante a cesión de datos realizada pola Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co previsto no artigo 6.2.b) da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos; nos artigos 11.2 e 21 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal; no artigo 10.4.c) do Regulamento de desenvol-vemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, e nos artigos 14.1.b) e 20.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Documentación

1. As solicitudes deberán presentarse no formulario normalizado que figura como ane-xo I desta orde e deberán ir acompañadas, do orixinal ou copia compulsada ou cotexada, da documentación común e específica que se relaciona:

A) Documentación común para todos os tipos de axuda:

a) Solicitude no modelo do anexo I desta orde, que incluirá a declaración comprensiva do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axu-das ou subvencións.

b) DNI ou NIE da persoa representante da entidade en caso de non prestar a autoriza-ción na solicitude á Consellería de Traballo e Benestar para a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade, así como poder suficiente para actuar en nome da entidade.

c) Memoria descritiva da entidade solicitante en que se recollan as actividades de inser-ción realizadas durante o último ano natural e o cumprimento dos seus obxectivos econó-micos e de inserción. A memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas, os recursos aplicados e as súas fontes.

B) Documentación específica para cada tipo de axuda:

a) Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social:

– Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da em-presa de inserción laboral, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 21: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38944

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

– Contratos de traballo e convenios de inserción das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención.

– Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do paga-mento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.

– Documentos de cotización á Seguridade Social TC-1 e TC-2 das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.

– Descrición detallada dos postos de traballo que se van cubrir e as súas características técnicas.

b) Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas:

– Relación nominal dos xerentes ou persoas técnicas da empresa de inserción laboral polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II, no que se indicarán os custos laborais totais a cargo da empresa de inserción laboral, dos xerentes ou persoas técnicas, correspondentes ao período polo que se solicita subvención.

– Memoria explicativa da necesidade da contratación de xerentes ou persoas técnicas para o desenvolvemento da actividade empresarial, na cal conste o número e os perfís profesionais e os servizos que van prestar.

– Contratos de traballo das persoas xerentes ou técnicas polas que se solicita subven-ción.

– Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do paga-mento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.

– Documento de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondente ás mensualida-des xa ingresadas na data da presentación da solicitude.

c) Subvención pola contratación de persoal técnico en accións de orientación e acom-pañamento á inserción:

– Relación nominal do persoal técnico da empresa de inserción laboral ou da entidade promotora polo que se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II, no que se in-dicarán os custos laborais totais a cargo da empresa de inserción laboral ou da entidade promotora, do persoal técnico polo que se solicita subvención.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 22: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38945

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

– Memoria descritiva da necesidade da contratación de persoal técnico en accións de

orientación e acompañamento á inserción, na cal conste o número e os perfís profesionais,

as funcións que van realizar, así como o número de persoas traballadoras en proceso de

inserción que van orientar e a porcentaxe da xornada de traballo que lle van dedicar.

– Contratos de traballo do persoal técnico polo que se solicita subvención.

– Curriculum vitae do persoal técnico, xunto coa documentación que acredite a súa for-

mación e experiencia profesional.

– Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do paga-

mento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.

– Documento de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondente ás mensualida-

des xa ingresadas na data da presentación da solicitude.

d) Subvención pola realización de labores de mediación laboral:

– Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da em-

presa de inserción laboral, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción

e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.

– Contrato de traballo formalizado entre a persoa traballadora da empresa de inserción

laboral e a empresa ordinaria á cal se incorpora ou documentación acreditativa da alta da

persoa traballadora en proceso de inserción en calquera réxime especial da Seguridade

Social por conta propia.

– Se é o caso, declaración da empresa contratante de que a incorporación da persoa

traballadora á empresa ordinaria se realizou por mediación da empresa de inserción labo-

ral, xunto coas nóminas aboadas á persoa traballadora correspondentes aos 6 primeiros

meses desde o inicio da contratación.

– Se é o caso, declaración do traballador ou da traballadora autónoma de que a súa ini-

ciativa de autoemprego se realizou mediante o asesoramento, apoio e acompañamento da

empresa de inserción laboral, xunto cos xustificantes das cotizacións á Seguridade Social

desde o alta no réxime especial da Seguridade Social por conta propia.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 23: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38946

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

e) Subvención financeira:

– Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da em-presa de inserción laboral, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.

– Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimentos e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da subvención e xustificación da súa necesidade.

– Contrato de préstamo ou, no seu defecto, compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, en que figuren as características e se faga constar que a opera-ción se acolle ao convenio subscrito para tal fin, segundo o modelo do anexo III.

– Plan de investimentos xunto coas facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro-forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras dos activos que se vaian ter en conta para acreditar o requisito do investimento en inmobilizado material ou intanxible que se vaia realizar e o destino do préstamo.

f) Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inser-ción laboral:

– Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da em-presa de inserción laboral, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.

– Contratos de traballo das persoas traballadoras en proceso de inserción polas que se solicita a subvención.

– Memoria ampliada do proxecto.

– Estudo económico-financeiro da viabilidade do proxecto.

– Detalle do plan de investimentos en inmobilizado material ou intanxible e calendario para a súa execución, xunto coas facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro-forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 24: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38947

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

g) Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade:

– Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da em-presa de inserción laboral, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.

– Orzamento dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade, con indicación daqueles aos cales se vai destinar a subvención.

– Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustifican-te bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas proforma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

h) Subvención para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción labo-ral e asistencia técnica:

– Memoria da entidade ou curriculum vitae da persoa que elaborará o estudo ou o ase-soramento, que deberá incluír á modalidade de axuda solicitada xustificación da súa ne-cesidade. No suposto da creación dunha empresa de inserción deberá incluír a actividade que desenvolverá a empresa de inserción laboral e unha previsión económica-financeira para os dous exercicios iniciais.

– No caso das subvencións para a realización de estudos de mercado, proxecto de apertura de mercados ou de reorientación da actividade empresarial que se somete a es-tudo deberá presentarse un índice do seu contido.

– Orzamento detallado do estudo ou asesoramento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informa-ción relacionados no número anterior, salvo que estes xa estivesen en poder da Adminis-tración xeral e do sector público autónomico de Galicia actuante; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de no-vembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron pre-sentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 25: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38948

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formula-ción da proposta de resolución.

3. A documentación poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procede-mento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solici-tante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e no 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí-dico da administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de ex-pediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documen-tación complementaria para cada procedemento.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.

6. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na trami-tación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da administracións públicas e do procedemento administrativo común.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 26: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38949

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Artigo 20. Procedemento de concesión, instrución e tramitación

1. O procedemento de concesión das subvencións previstas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e pola finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Integración Laboral das Per-soas con Discapacidade e Empresas de Inserción da Dirección Xeral de Traballo e Econo-mía Social, que realizará as actuacións necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolu-ción.

3. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se achega a documentación exixida, o Servizo de Integración Laboral das Persoas con Discapacidade e Empresas de Inserción requirirá a entidade interesada, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará por desistida da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.

Artigo 21. Resolución e recursos

1. Logo da fiscalización pola intervención das propostas emitidas polo Servizo de Inte-gración Laboral das Persoas con Discapacidade e Empresas de Inserción, as resolucións serán ditadas polo órgano competente para resolver, por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar e deberán serlles notificadas ás entidades interesadas. As resolucións, concesorias ou denegatorias, deberán ser sempre motivadas.

2. O prazo para resolver e notificar a resolución será de tres meses, que se computa-rán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 27: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38950

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

3. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como bene-ficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

4. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-adminis-trativa. Con anterioridade á interposición do dito recurso, poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redación dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da anterior.

Artigo 22. Xustificación e pagamento

1. O pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión da documentación, en orixinal ou copia compulsada ou cotexada, que se exixa de forma expresa nela, entre a cal deberá figurar a seguinte:

A. Documentación común para todos os tipos de axuda:

a) Documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, segundo o tipo de axuda.

b) Declaración comprensiva do conxunto de todas as axudas solicitadas, tanto das apro-badas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto ou activi-dade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou priva-dos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo IV.

c) Se é o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asi-nado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida. Os documentos contables que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas en que se contabilizaron os gastos imputados, as datas e os nú-meros dos asentos contables e a indicación específica do seu cofinanciamento polo Con-

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 28: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38951

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

sellería de Traballo e Benestar. Estes documentos contables poden ir acompañados dunha breve explicación sobre a sistemática de contabilización dos gastos.

B. Documentación específica para cada tipo de axuda:

a) Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social:

– Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pa-gamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión.

– Documentos de cotización á Seguridade Social TC-1 e TC-2 correspondentes ás men-sualidades que se indiquen na resolución de concesión.

– Declaración do cumprimento por parte da entidade beneficiaria da obriga de informar as persoas traballadoras respecto da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo V.

b) Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas:

– Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pa-gamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión.

– Documentos de cotización á Seguridade Social TC-1 e TC-2 correspondentes ás men-sualidades que se indiquen na resolución de concesión.

– Informe da actuación desenvolvida polas persoas xerentes ou técnicas.

– Declaración do cumprimento por parte da entidade beneficiaria da obriga de informar as persoas traballadoras respecto da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo V.

c) Subvención pola contratación de persoal técnico en accións de orientación e acom-pañamento á inserción:

– Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pa-gamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión.

– Documentos de cotización á Seguridade Social TC-1 e TC2 correspondentes ás men-sualidades que se indiquen na resolución de concesión.

– Informe da actuación de apoio desenvolvida polo persoal técnico, na que conste a relación de persoas traballadoras en proceso de inserción ás que se prestaron as accións

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 29: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38952

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

de orientación e acompañamento e os resultados obtidos en materia de inserción, debida-mente cuantificados e documentados.

– Declaración do cumprimento por parte da entidade beneficiaria da obriga de informar as persoas traballadoras acerca do financiamento da subvención dos seus contratos, se-gundo o modelo do anexo V.

d) Subvención pola realización de labores de mediación laboral:

– De ser o caso, xustificantes das cotizacións á Seguridade Social desde o alta no réxi-me especial da Seguridade Social por conta propia, non achegados coa solicitude.

e) Subvención financeira:

– Contrato de préstamo, no caso de non se xuntar coa solicitude.

– Listaxe asinada coa relación dos investimentos e pagamentos realizados, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas xustificativas do gasto realizado.

– Facturas e demais documentos xustificativos da realización do investimento en inmo-bilizado material ou intanxible e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento de data igual ou inferior ao 20 de decembro de 2015.

f) Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inser-ción laboral:

– Certificación expedida pola persoa representante da entidade que inclúa unha relación clasificada dos investimentos realizados tidos en conta para o cálculo da contía da subven-ción, con identificación da persoa acredora e do documento, o importe, a data de emisión e, de ser o caso, a data de pagamento.

– Documentación xustificativa da realización dos investimentos tidos en conta para o cálculo da contía da subvención: facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento de data igual ou inferior ao 20 de decembro de 2015.

g) Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade:

– Certificación expedida pola persoa representante da entidade que inclúa unha relación clasificada dos gastos realizados, con identificación da persoa acredora e do documento, o

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 30: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38953

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

importe, a data de emisión e, de ser o caso, a data de pagamento de data igual ou inferior ao 20 de decembro de 2015.

– Documentación xustificativa da realización dos gastos imputados á subvención: factu-ras e documentos bancarios acreditativos do seu efectivo pagamento.

h) Subvención para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción labo-ral e asistencia técnica:

– Copia do estudo ou asesoramento realizado.

– Facturas e documentos bancarios acreditativos do pagamento do estudo ou asesora-mento con data igual ou inferior ao 20 de decembro de 2015.

2. A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada.

4. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación. Só se admitirá como documentación xustificati-va do pagamento dos gastos a transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados a persoa receptora e a persoa emisora do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo. Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria.

5. As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o pagamento no prazo establecido na resolución de concesión e, en todo caso, ata o 20 de decembro do 2015.

6. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria para o pagamento que-dase xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, emitirase a correspondente resolución revogatoria.

7. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención mentres a entida-de beneficiaria non se atope ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e fronte á Seguridade Social, teña pendente de pagamento algunha outra

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 31: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38954

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución declarativa de procedencia de reintegro.

CAPÍTULO IV Incompatibilidades e obrigas

Artigo 23. Incompatibilidades e concorrencia

1. As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incom-patibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, de ser o caso, cos incentivos en forma de bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social.

2. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públi-cos ou privados pero, sen que, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 24. Obrigas das entidades beneficiarias

Son obrigas das entidades beneficiarias das axudas e subvencións:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a con-cesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Traballo e Benestar, así como a calquera outra actuación que sexa de comprobación ou control fi-nanceiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comuni-

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 32: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38955

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

cación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún con-cepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

f) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamen-te auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estén exentas da obri-ga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acredi-tar que levan unha contabilidade separada ou un código contable axeitado para os gastos obxecto da subvención.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento pú-blico das actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

De acordo con esta obriga, a empresa de inserción laboral deberá anunciar que está sendo subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar e o Servizo Público de Em-prego Estatal no seu domicilio social e nos seus centros de traballo. Para isto, incorporarán un rótulo visible ao público incluíndo o nome da empresa, a expresión «Empresa de Inser-ción Laboral» ou EIL, o logotipo da Xunta de Galicia. Os formatos que se deben utilizar serán proporcionados pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.

Igualmente, para cumprir esta obriga, a empresa de inserción laboral beneficiaria debe-rá presentar, para o pagamento da subvención concedida, a xustificación do cumprimento da obriga de informar as persoas traballadoras respecto da subvención do seu contrato, no modelo anexo V desta orde.

i) Ter levado a cabo a organización preventiva, a auditoría, se procede, e o plan de pre-vención, de acordo co previsto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e a normativa regulamentaria de desenvolvemento.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 33: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38956

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subven-cións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 26. Revogación e reintegro

1. Procederá a revogación das subvencións establecidas nesta orde, así como o rein-tegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora corres-pondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A obriga de reintegro establecida no punto anterior enténdese sen prexuízo do esta-blecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que aproba o texto refun-dido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 27. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta de Abanca ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu im-porte e o número de expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 28. Seguimento e control

1. Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Traballo e Benestar levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento do programa.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 34: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38957

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de Traballo e Benestar para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

2. A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social poderá comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, as entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Artigo 29. Adecuación á normativa de axudas de estado

1. Esta orde de axudas, e as resolucións de concesión ditadas ao seu abeiro, constitúen os documentos formais de atribución polos que se determinan as compensacións ás em-presas de inserción pola prestación do servizo de interese económico xeral, consistente na inserción social e laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Estas axudas estatais en forma de compensación pola prestación de servizos de in-serción, considerados servizos de interese económico xeral, quedarán sometidas ao Regu-lamento (UE) núm. 360/2012, da Comisión, do 25 de abril de 2012, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis concedidas a empresas que presten servizos de interese económico xeral (DOUE L 114, do 26 de abril de 2012).

Polo tanto, o importe total da axuda de minimis concedida a unha empresa que preste servizos de interese económico xeral non excederá os 500.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

As axudas como compensación pola prestación do servizo de interese económico xe-ral, concedidas ao abeiro desta orde, poderanse acumular coas concedidas ao abeiro do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de mi-nimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), ata o límite máximo de 500.000 euros durante os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal actual.

3. Nas resolucións de concesión das axudas informarase a entidade beneficiaria do servizo de interese económico xeral para o que se concede e do seu carácter de minimis, facendo referencia expresa ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, da Comisión, do 25 de abril, citando o seu título e a referencia da súa publicación no Diario Oficial da Unión Eu-ropea.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 35: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38958

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Coa solicitude e coa documentación xustificativa para realizar o pagamento da subven-ción concedida a empresa de inserción deberá presentar unha declaración, referente a calquera outra axuda de minimis recibida en virtude do Regulamento (UE) núm. 360/2012, da Comisión, do 25 de abril de 2012, ou de conformidade con outros Regulamentos de minimis durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

4. Por tratarse de axudas concedidas a empresas que prestan servizos de interese económico xeral, conforme o previsto no artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 360/2012, da Comisión, do 25 de abril de 2012, non poderán concederse ás seguintes empresas:

a) As que operen no sector da pesca e acuicultura, segundo se recolle no Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013 (DOUE L354, do 28 de decembro de 2013).

b) As dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na listaxe do anexo I do Tratado.

c) As que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

i) Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas em-presas interesadas.

ii) Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade desta se reper-cuta aos produtores primarios.

d) As dedicadas ás actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Es-tados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e ao funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

e) Empresas nas cales as axudas estean condicionadas á utilización de produtos nacio-nais en lugar de importados.

f) Empresas activas no sector do carbón.

g) Empresas en crise.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 36: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38959

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Na solicitude de axudas a empresa solicitante declarará non estar incursa en algunha destas excepcións.

Disposición adicional primeira. Acreditación do cumprimento das condicións exixidas

A Consellería de Traballo e Benestar poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condi-cións exixidas para os diferentes tipos de axudas previstas nesta orde.

Disposición adicional segunda. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar na persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, para autori-zar, dispor, recoñecer a obriga e propor os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas entidades beneficiarias, respecto das resolucións concesorias de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

En caso de ausencia, vacante ou enfermidade da persoa titular da dirección xeral de Tra-ballo e Economia Social as atribucións citadas no parágrafo anterior será exercidas, tempo-ralmente e mentres persistan aquelas circunstancias, pola persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación ou, no seu defecto, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, de acordo co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015

Beatriz Mato Otero Conselleira de Traballo e Benestar

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 37: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38960

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I

PROCEDEMENTO

INCENTIVOS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (EIL)

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

TR356ADOCUMENTO

SOLICITUDE

EXPEDIENTE

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTERAZÓN SOCIAL NIF

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO Nº DE INSCRICIÓN SS

FORMA XURÍDICA DATA DE CONSTITUCIÓN DATA INICIO DE ACTIVIDADE

ACTIVIDADE ECONÓMICA (DESCRICIÓN) CNAE

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

EN CALIDADE DE

ENDEREZO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

DATOS BANCARIOS

Declaro, baixo a miña responsabilidade, que son certos os datos consignados relativos á conta bancaria indicada.

TITULAR DA CONTA NÚMERO DA CONTA BANCARIA (24 DÍXITOS)

IBAN

TIPO DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS (debe cubrir e presentar unha solicitude por cada tipo de axuda que solicite)

Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social

Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas

Subvención pola contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación

Subvención para a realización de labores de mediación laboral

Subvención financeira

Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das EIL

Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade

Subvención para o fomento de procesos de creación das EIL e asistencia técnica

CADRO DE PERSOAL DA EILNº TOTAL TRABALLADORES Nº TRABALLADORES EN PROCESO DE INSERCIÓN OUTROS TRABALLADORES

Este formulario tamén pode presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 38: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38961

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I (continuación)

Nº DE TRABALLADORES POLOS QUE SE SOLICITA SUBVENCIÓNEN INSERCIÓN OUTROS

A PERSOA REPRESENTANTE DECLARAa) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

b) Non se incorre en ningunha das incompatibilidades sinaladas no artigo 23 da orde de convocatoria, a empresa non está incursa en algunha das excepcións previstas no artigo 29 da orde de convocatoria, non concorre ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e reúnense as condicións para ser beneficiario de acordo co establecido no artigo 3 da orde de convocatoria.

c) Non foi excluído/a do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

d) Ten autorización expresa de todas as persoas traballadoras da empresa para a cesión de datos de carácter persoal á Consellería de Traballo e Benestar.

e) Que para a mesma actividade ou proxecto esta entidade:

Non solicitou nin percibiu ningunha outra axuda dunha Administración ou entidade pública ou privada.

Percibiu ou solicitou as axudas indicadas na relación que se xunta.

AXUDAS DISPOSICIÓN

Solicitada Concedida ANO ORGANISMO IMPORTE € TIPO DE AXUDA REGULADORA

Así mesmo, o/a solicitante comprométese a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite ou obteña, para a mesma actuación, doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

f) Que esta entidade ten concedidas en réxime de minimis (Regulamento (UE) nº 360/2012 e Regulamento (UE) nº 1407/2013), neste ano e nos dous anteriores as seguintes axudas:

ANO ORGANISMO IMPORTE € TIPO DE AXUDA DISPOSICIÓN REGULADORA

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA OU SE DECLARA ESTAR EN PODER DA ADMINISTRACIÓN (artigo 19)1. DOCUMENTACIÓN COMÚN

Memoria descritiva da entidade solicitante.

Documentación acreditativa de que se encontran o día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e á Axencia Tributaría da Xunta de Galicia (artigo 7).Se é o caso, DNI ou NIE da persoa representante da entidade, no caso de non prestar a autorización, a Consellería de Traballo e Benestar para a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade.

PRESENTADO CÓD. PROC. EXPTE. ANO

Poder suficiente do representante da empresa para actuar no seu nome.

2. DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICAa) Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social:

Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II.Contratos de traballo e convenios de inserción das persoas traballadoras polas que se solicita subvención.Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data de presentación da solicitude.

Documentos de cotización á Seguridade Social TC-1 e TC-2 das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.

Descrición detallada dos postos de traballo que se van cubrir e as súas características técnicas.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 39: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38962

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I (continuación)

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA OU SE DECLARA ESTAR EN PODER DA ADMINISTRACIÓN (continuación)

b) Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas:

Relación nominal dos xerentes ou persoas técnicas da empresa de inserción laboral polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.

Memoria explicativa das necesidades de contratación de xerentes ou persoas técnicas.

Contratos de traballo das persoas xerentes ou técnicas polas que se solicita subvención.

Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.Documento de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondente as mensualidades xa ingresadas na data de presentación da solicitude.

c) Subvención pola contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción:

Relación nominal do persoal técnico da empresa de inserción laboral ou da entidade promotora polo que se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.

Memoria descritiva da necesidade da contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción.

Contratos de traballo do persoal técnico polo que se solicita subvención.

Curriculum vitae do persoal técnico, xunto coa documentación que acredite a súa formación e experiencia profesional.

Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.Documento de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondente as mensualidades xa ingresadas na data de presentación da solicitude.

d) Subvención pola realización de labores de mediación laboral:

Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II.Contrato de traballo formalizado entre a persoa traballadora da empresa de inserción laboral e a empresa ordinaria á cal se incorpora ou documentación acreditativa da alta da persoa traballadora en proceso de inserción en calquera réxime especial da Seguridade Social por conta propia.Declaración da empresa contratante de que a incorporación da persoa traballadora á empresa ordinaria se realiza por mediación da empresa de inserción laboral.Declaración do traballador ou da traballadora autónoma de que a súa iniciativa de autoemprego se realizou mediante asesoramento, con apoio e acompañamento da empresa de inserción laboral.

e) Subvención financeira:

Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II.

Memoria económica do proxecto.

Contrato de préstamo ou, no seu defecto, compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, segundo o modelo do anexo III.Plan de investimentos xunto coas facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos.

f) Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral:

Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II.Contratos de traballo das persoas traballadoras en proceso de inserción polas que se solicita a subvención.

Memoria ampliada do proxecto.

Estudo económico-financeiro da viabilidade do proxecto.

Detalle do plan de investimentos en inmobilizado material ou intanxible.

g) Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade:

Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II.Orzamento dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade, e con indicación daqueles a que se vai destinar a subvención.Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

h) Subvención para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia técnica:

Memoria da entidade ou curriculum vitae da persoa que elaborará o estudo ou o asesoramento, que deberá incluír a modalidade de axuda solicitada e xustificación da súa necesidade. No suposto de creación dunha empresa de inserción deberá incluír a actividade a desenvolver pola empresa de inserción laboral e unha previsión económico-financeira para os dous exercicios iniciais.No caso, da subvención para a realización de estudos de mercado é proxecto de apertura de mercados ou de reorientación da actividade empresarial que se somete a estudo deberá presentarse un índice do seu contido.Orzamento detallado do estudo ou asesoramento.

Autorizo a Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, para consultar a documentación indicada anteriormente. Así mesmo, declaro que a dita documentación está vixente e que non transcorreron máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponde.

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 40: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38963

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I (continuación)

Autorizo a Consellería de Traballo e Benestar para consultar os datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.

SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmaselle de que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia co obxecto de xestionar o presente procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a [email protected].

LEXISLACIÓN APLICABLE

Orde do 30 de setembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Este formulario tamén pode presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 41: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DO

G N

úm. 191

Martes, 6 de outubro de 2015

Páx. 38964

ISSN1130-9229

Depósito legal C

.494-1998http://w

ww.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO II

RELACIÓN NOMINAL DO CADRO DE PERSOAL

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTERAZÓN SOCIAL NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓNNOME PRIMER APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF EN CALIDADE DE

TIPO DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS (debe cubrir e presentar unha solicitude por cada tipo de axuda que solicite)Contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social Contratación de xerentes ou persoas técnicasContratación de persoas técnicas en accións de orientación e acompañamento á inserción Realización de labores de mediación laboralSubvención financeira Creación ou ampliación do cadro de persoalInicio e posta en marcha da actividade

TRABALLADORES EN PROCESO DE INSERCIÓN OUTROS TRABALLADORES

APELIDOS E NOME NIF DATA DE INCORPORACIÓN

(1)

DURACIÓN DO CONTRATO (2)

XORNADA (3) COLECTIVO (4)

DATA DE INCORPORACIÓN

(1)

DURACIÓN DO CONTRATO (2)

XORNADA (3)

SOLICÍTASE SUBVENCIÓN (5)

CUSTOS LABORAIS (6)

(1) Indicar a data efectiva ou prevista de incorporación na empresa. (2) Indicar (I) se é indefinido ou (T) se é temporal e a súa duración. (3) Indicar (TC) no caso de xornada a tempo completo e (TP) se é a tempo parcial, neste caso, indicar a porcentaxe sobre a xornada ordinaria. (5) Indicar cun X os traballadores polos cales se solicita subvención. (6) Indicar os custos laborais totais a cargo da empresa unicamente para a contratación de xerentes ou persoas técnicas ou para a contratación de persoas técnicas en accións de orientación e acompañamento á inserción correspondente ao período polo que se solicita a subvención.

(4) Indíquese a letra do art. 4 correspondente á descrición do colectivo: art. 4.1: a) Cargas familiares non compartidas. b) Vítima de violencia doméstica. c) En rehabilitación social por deshabituación de substancias aditivas. d) Muller vítima de violencia de xénero. e) Persoa con discapacidade. f) Inmigrante ou emigrante retornado. g) Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.

h) Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria. i) Persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda. j) Pertencer a unha minoría étnica. k) Abandono do exercicio da prostitución ou vítima de explotación sexual. l) Persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual. m) Outros factores.

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

CVE-DOG: p8pprkt8-3aq9-3sm2-xly7-lnzqp5nf5ww3

Page 42: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38965

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO III

COMPROMISO DA ENTIDADE FINANCEIRA DE CONCESIÓN DO PRÉSTAMO (DOCUMENTO QUE DEBERÁ PRESENTAR A ENTIDADE SOLICITANTE XUNTO COA SOLICITUDE, DE NON ACHEGAR O CONTRATO DO PRÉSTAMO)

DATOS DA ENTIDADE FINANCEIRAENTIDADE FINANCEIRA SUCURSAL

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

CP PROVINCIA CONCELLO

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE DO PRÉSTAMODENOMINACIÓN SOCIAL NIF

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

CP PROVINCIA CONCELLO

CARACTERÍSTICAS DO PRÉSTAMOIMPORTE DO PRÉSTAMO PRAZO DE AMORTIZACIÓN CARENCIA

TIPO DE XURO

DESTINO DO PRÉSTAMO (EN EUROS)INMOVILIZADO MATERIAL OU INTANXIBLE RESTO INVESTIMENTO

CONDICIÓNS DOS PRÉSTAMOS ACOLLIDOS AO CONVENIO DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR FORMALIZADOS NO ANO 2015:a) O prazo de amortización será de, polo menos, tres anos, e poden incluír períodos de carencia de amortización do principal.

b) O tipo de xuro máximo co cal se formalizarán os préstamos será o elixido polo solicitante entre as seguintes opcións:

- Xuro fixo: o 2,33 % cando o prazo de amortización sexa de ata cinco anos, ou o 2,73 % cando o dito prazo sexa superior.

- Xuro variable: o 2,10 %, independentemente do prazo de amortización.

Nesta elección o tipo xuro revisarase cada ano desde a formalización de cada préstamo, resultando o novo tipo de engadir 1,75 puntos ao que se publica no BOE como euríbor a un ano, do segundo mes anterior ao inicio da nova anualidade do préstamo revisado.

c) Poderase establecer unha comisión de apertura de ata un 1 %.

Comprométese á concesión do préstamo detallado neste escrito, conforme o convenio subscrito coa Consellería de Traballo e Benestar polo que se solicita que a citada operación sexa cualificada como subvencionable.

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE E SELO DA ENTIDADE FINANCEIRA

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 43: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38966

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO IV

DECLARACIÓN EXPRESA DOUTRAS AXUDAS E DAS AXUDAS EN RÉXIME DE MINIMIS

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTERAZÓN SOCIAL NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓNNOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

EN CALIDADE DE

DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE- Que para a mesma actividade ou proxecto esta entidade:

Non solicitou nin percibiu ningunha outra axuda dunha Administración ou entidade pública ou privada.

Percibiu ou solicitou as axudas indicadas na relación que se xunta.

AXUDAS DISPOSICIÓN

Solicitada Concedida ANO ORGANISMO IMPORTE € TIPO DE AXUDA REGULADORA

Así mesmo, a entidade solicitante comprométese a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite ou obteña para a mesma actuación doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

- Que esta entidade ten concedidas en réxime de mínimis (Regulamento (UE) nº 360/2012 e Regulamento (UE) nº 1407/2013), neste ano e nos dous anteriores as seguintes axudas:

ANO ORGANISMO IMPORTE € TIPO DE AXUDA DISPOSICIÓN REGULADORA

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3

Page 44: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E …€¦ · sometidas ao Regulamento (UE) núm. 360/2012, do 25 de abril, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38967

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO V

PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL INFORMACIÓN ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTERAZÓN SOCIAL NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓNNOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

EN CALIDADE DE (administrador/a, xerente)

INFORMA A:

1º. Que o seu contrato laboral foi subvencionado a esta empresa cun importe de €.

Don/Dona , con NIF nº

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

DECLARACIÓN DA PERSONA TRABALLADORA DE TER SIDO INFORMADA POLA ENTIDADE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

Don/Dona , con NIF nº

mediante este documento declara e recoñece que recibiu información da entidade de que a súa contratación foi obxecto dunha subvención da

Consellería de Traballo e Benestar, cuxo obxectivo é promover a integración laboral das persoas en situación de risco de exclusión social.

SINATURA DA PERSOA TRABALLADORA

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: p8p

prkt

8-3a

q9-3

sm2-

xly7

-lnzq

p5nf

5ww

3