i certame de relato curto

8

Upload: ceipacn-tic

Post on 24-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

contos inventados polos nenos e nenas do ceip sigueiro

TRANSCRIPT

2º C

A MÚSICA MÁIS FERMOSA DO MUNDO

A ORQUESTRA MÁIS FAMOSA DO MUNDO

O CISNE PIANISTA

MÚSICA DRACONIANA

A MUSICA MÁIS FERMOSA DO MUNDO

Había unha vez un home que se sentía mùsico aìnda que non sabìa tocar

nengùn instrumento.

Estaba moi triste por isto.

Un dìa inventaron un novo instrumento chamado tromba. El enterouse e quixo

aprender a manexalo.

Practicou tanto que pronto aprendeu a tocalo moi ben Isto animouno e decidiu

facer o mesmo con outros instrumentos pero non lograba tocar o violìn.

esistìaselle!

Un dìa conseguiuno tocar un pouquiño.

Despois practicou màis, e màis e màis ata que lougrou facelo e monstroullo aos seus

amigos.

Tocou o violìn e aplaudìronlle moito.

Dicìanlle que era a mùsica màis fermosa do mundo.

Uns dìas màis tarde organizo uunha xira. Foi a Canadà, Colombia, Paris e

Madagascar.

En Madagascar viu lemures e chimpances e tocou o violìn para eles durante moito

tempo. Tanto,que chegou un momento que empezou a aburrirse e marchou.

Foi para Dinamarca .Alì sentìase moi feliz.

Xa na primera noite neste paìs retàrono a unha competiciòn musical aceptou e

gañouna utilizando a tromba e o violìn.

Quedou a vivir alì para sempre cumprindo o seu soño de ser mùsico,un mùsico moi

bo. Tanto, que dicìan del que facìa a mùsica màis fermosa no mundo.

AUTORES:

PABLO RIVERA CARNOTA

JUAN JOSÈ VARELA VILLEGAS

IDADE:7 ANOS

CURSO: 2ªC

A ORQUESTRA MÁIS FAMOSA DO MUNDO

Érase unha vez unha flor que era muy feliz, que se chamaba Sara. Un dìa foi a

un concerto en vivo e veu cantar a Lady Gaga e dìxo : eu quero cantar como

Lady Gaga.E empezou a practicar para ser unha estrela do pop ou do rock.

E empezou a cantar nos concertos, e foi moi famosa.

Un dìa levantouse, mirouse no espello e viu que estaba enferma da gorxa e dìxo:

non podo cantar esta noite. E foi o médico, e lle dixo: tes que esperar uns meses para

que te poñas ben. E esperou tres meses, e nada. Pero o mes seguinte púxose mellor e foi

o concerto, pero cando chegou non había nadie. Chegou a casa e púxose a cantar.

Despois foi crecendo e tuvo tres fillos que sabían tocar a tromba, a flauta e o violín, e

pasaron anos, e xa tiñan trinta e catro anos. Despois cando a súa nai morreu, decidiron

montar unha orquesta para ser como a súa nai. E despois inventaron unha canción nova

que se trataba do amor, e foi moi famosa. Escoitábase na radio, na televisión,...Un día

Lady Gaga pediulles a banda que tocase con ela o venres pola tarde. Entón o venres

pola tarde Lady Gaga veu en limusina a recoller a banda, empezou a orquesta e

fixéronxe moi moi famosos como a súa nai.

AUTORES: KEVIN BALSA VÁZQUEZ E MÓNICA VILLAR FERREIRO

CURSO: 2º C

IDADE: 7 ANOS

O CISNE PIANISTA

Érase unha vez un cisne que vivía só nun lado do estanque dun parque. Onde el vivía

só se oía o son dunha guitarra eléctrica. Odiaba ese son e aínda por riba os outros cisnes

do estanque, que estaban acostumados a oír outro tipo de música, ríanse del.

Un día decidiu cambiar de lugar e foi vivir a un lado do estanque onde se oía o son

dun piano. Esta música si que lle gustaba.

Gustáballe tanto que un día decidiu ir mercar un piano a unha tenda de música e

aprender a tocalo. Despois dun tempo conseguiu tocalo moi ben e os cisnes e patos do

estanque fixéronse fans del.

O cisne pianista fíxose tan famoso que era coñecido en todos os estanques, ríos e

mares ata que cansado e xa velliño morreu disfrutando da música do seu instrumento.

Está enterrado no lago do parque e todos tocan alí o piano que colocaron na súa

memoria. Alí a guitarra de rock está prohibida.

Só se pode tocar o piano e música clásica en honor ao cine pianista.

Din que aínda anda por alí a súa pantasma.

AUTORAS: TANIA SÁNCHEZ BARREIRO E NEREA RAMOS G ÓMEZ

CURSO: 2º C

IDADE: 7 ANOS.

MÚSICA DRACONIANA

Érase unha vez un dragón chamado Yaratina.

Era un dragón moi grande , de cor verde e vermello.

Yaratina tiña sete anos e ademais do seu gran tamaño, chamaban a atención as agullas

que tiña no lombo e na súa cola .

De pequeno , os seus país regaláranlle un gran anel de bronce que parecía máxico e que

lucía nunha das súas garras da perna dereita dianteira. Todos quedaban abraiados ante

aquel ser tan grande e chamativo. Naceu e criouse nunha montaña onde un escorpión

negro lle ensinou a ser tan forte como unha rocha.Todos os habitantes da montaña

sentían respecto e un pouco de medo por ser tan grande e forte así como pola súa

aparencia.

Pero o noso grandísimo dragón tiña unha cualidade oculta que nada pegaba co seu

aspecto. Adoraba a música. Sabíao todo sobre a música, compositores e instrumentos.

Tocaba a guitarra, a frauta a gaita…

Os veciños pensaban que era o seu anel o que lle daba esa forza.

Un día entrou nunha das covas da montaña na que vivía e atopouna chea de

instrumentos musicais: una batería, guitarras de todo tipo… Todos estes instrumentos

eran dourados. Eran moi bonitos.

Comezou a tocalos e saíu una música marabillosa que atraeu a todos os habitantes da

montaña ata a cova. Alí escoitaron o concerto que deu e quedaron sorprendidos ante a

beleza das melodías.

Quixeron mercarlle por moitísimos cartos os instrumentos para poder facer eles esa

música bonita pero Yaratina non quixo saber nada dese tema.

Seguiu compoñendo e tocando ata gañar un premio da música. Eran moitos cartos e

unha enorme nota musical de ouro. Cos cartos construíu un gran pazo onde ensinaba a

todos os que quixeran a cantar, tocar instrumentos ou todo o que quixeran sobre o tema

da música.

O dragón Yaratina ,ao que todos lle tiñan tanto respecto e un pouco de medo ,converteu

a montaña nun lugar moi alegre e divertido no que non faltaban os concertos,festivais e

bailes

AUTORES: Martín Ramírez Rodríguez e Pedro Ruiz García

CURSO: 2º C

IDADE: 7 ANOS