document

2
ACTORES PROFESIONAIS DA ESCENA GALEGA XUNTARÁNSE NUN SINGULAR OBRADOIRO DE INTERPRETACIÓN DIANTE DA CÁMARA A Asociación de Actores e Actrices de Galicia organiza co patrocinio da Fundación AISGE unha convivencia formativa nun pazo de Cospeito ao que se achegarán destacados profesionais do mundo do cine Santiago,3xullo09.Catorce actores e actrices profesionais galegos xuntaranse nun “Obradoiro de interpretación diante da cámara” para afondar nos seus coñecementos e aptitudes. A iniciativa, organizada pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) co patrocinio de Fundación AISGE, ten a singularidade de facerse en réxime pechado nunha convivencia que terá lugar entre o 6 e o 10 de xullo na Casa do Pacio, en Cospeito (Lugo). O obxectivo desta actividade formativa é, por unha banda, o de ofrecer claves específicas a actores e actrices acostumados á escea teatral e que queren ampliar horizontes no seu oficio cara a interpretación cinematográfica, pero tamén ofrecerá aos participantes a oportunidade de profundizar nos seus coñecementos e poñelos ao día grazas á aportación dun profesorado experto en diversas materias. As xornadas de traballo serán de oito horas se ben a convivencia o resto do día tamén contribuirá a darlle forma aos obxetivos que persegueo obradoiro. Polas mañás centraranse no traballo práctico e a recreación das condicións dunha rodaxe e nas tardes haberá sesións de análise fílmica tanto de películas completas secuencias como de secuencias maxistrais. Haberá tempo tamén para os encontros con profesionais do mundo do cine, que compartirán experiencias e refexións cos participantes no obradoiro. Así, entre outros, achegaránse ata Cospeito a actriz Marta Fernández Muro, os directores de cine e televisión Jorge Coira e Eva Lesmes ou a dramaturga Macarena Pombo. Os profesores deste obradoiro son Eva Lesmes e Javier Gancedo da escola Central de Cine. Ambos teñen unha ampla formación e unha longa experiencia profesional tanto na televisión como no cinema. Eva Lesmes formouse na dirección de actores con William Layton, José Carlos Plaza e John Strasberg, e é directora de de títulos coma “Pon un hombre en tu vida” ou “El Palo” na gran pantalla, e “El Comisario” e “Maitena, Estados Alterados” para TV. Foi gañadora do premio Pilar Miró da ATV ó mellor guión (2000). Pola súa parte, Javier Gancedo é guionista e script editor e desenvolveu numerosos guións de cinema e televisión. Foi gañador do Premio Pilar Miró da ATV ao mellor guión (2001), guionista na serie “CórtaT”, da longametraxe “Pradolongo” e da tv movie “La noche del escorpión”, entre outros. Na actualidade dirixe o equipo de guionistas da serie “Estados Alterados, Maitena”, da que é coautor xunto con Eva Lesmes.

Upload: asociacion-de-actores-e-actrices

Post on 22-Feb-2016

224 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

http://aaag.es/wp/wp-content/uploads/nota-aaag-rev-02.pdf

TRANSCRIPT

Page 1: Document

ACTORES  PROFESIONAIS  DA  ESCENA  GALEGA  XUNTARÁNSE  NUN SINGULAR OBRADOIRO DE INTERPRETACIÓN DIANTE DA CÁMARA  ‐ A Asociación de Actores  e Actrices de Galicia  organiza  co patrocinio da  Fundación AISGE  unha  convivencia  formativa  nun  pazo  de  Cospeito  ao  que  se  achegarán destacados profesionais do mundo do cine    Santiago,3‐xullo‐09.‐ Catorce  actores  e  actrices profesionais  galegos  xuntaranse nun “Obradoiro de interpretación diante da cámara” para afondar nos seus coñecementos e aptitudes. A  iniciativa, organizada pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)  co patrocinio de  Fundación AISGE,  ten a  singularidade de  facerse en  réxime pechado nunha convivencia que terá lugar entre o 6 e o 10 de xullo na Casa do Pacio, en Cospeito (Lugo).  O  obxectivo  desta  actividade  formativa  é,  por  unha  banda,  o  de  ofrecer  claves específicas  a  actores  e  actrices  acostumados  á  escea  teatral  e  que  queren  ampliar horizontes no  seu oficio  cara a  interpretación  cinematográfica, pero  tamén ofrecerá aos participantes a oportunidade de profundizar nos seus coñecementos e poñelos ao día  grazas á aportación dun profesorado experto en diversas materias.  As xornadas de traballo serán de oito horas se ben a convivencia o resto do día tamén contribuirá  a  darlle  forma  aos  obxetivos  que  persegueo  obradoiro.  Polas  mañás centraranse  no  traballo  práctico  e  a  recreación  das  condicións  dunha  rodaxe  e  nas tardes haberá sesións de análise fílmica tanto de películas completas secuencias como de secuencias maxistrais.   Haberá  tempo  tamén  para  os  encontros  con  profesionais  do mundo  do  cine,  que compartirán experiencias e refexións cos participantes no obradoiro. Así, entre outros, achegaránse  ata  Cospeito  a  actriz Marta  Fernández Muro,  os  directores  de  cine  e televisión Jorge Coira e Eva Lesmes ou a dramaturga Macarena Pombo.  Os profesores deste obradoiro son Eva Lesmes e Javier Gancedo da escola Central de Cine. Ambos teñen unha ampla formación e unha longa experiencia profesional tanto na  televisión  como  no  cinema.  Eva  Lesmes  formouse  na  dirección  de  actores  con William  Layton,  José Carlos Plaza e  John Strasberg, e é directora de de  títulos  coma “Pon un hombre en tu vida” ou “El Palo” na gran pantalla, e “El Comisario” e “Maitena, Estados Alterados” para TV. Foi gañadora do premio Pilar Miró da ATV ó mellor guión (2000).  Pola  súa  parte,  Javier  Gancedo  é  guionista  e  script  editor  e  desenvolveu numerosos guións de cinema e televisión. Foi gañador do Premio Pilar Miró da ATV ao mellor guión (2001), guionista na serie “Córta‐T”, da longametraxe “Pradolongo” e da tv movie  “La noche del escorpión”, entre outros. Na  actualidade dirixe o equipo de guionistas  da  serie  “Estados  Alterados, Maitena”,  da  que  é  coautor  xunto  con  Eva Lesmes. 

Page 2: Document

Reseña currícular dos invitados máis salientables ao curso  ‐Marta Fernández Muro: Actriz de extensa carreira tanto no teatro, onde traballou ás ordes de Robert Lepage  e Adolfo Marsillach,  como  no  cine,  onde  traballou  con  Pedro Almodóvar,  Fernando  Colomo, Mario Camus, Luis García Berlanga e Alex de la Iglesia. En televisión participou en series coma “Farmacia de guardia”, “Cuéntame”, “Periodistas” ou “Amar en tiempos revueltos”, entre outras.  Macarena  Pombo  Dramaturga  e  directora  de  escena.  Participou  en  series  de  televisión  como “Hermanos  y  detectives”,  “Maitena,  estados  alterados”  e  “Amar  en  tiempos  revueltos”  e  en longametraxes coma “Todo sobre mi madre” e “Hable con ella” de Pedro Almodóvar, e “El laberinto del fauno” e “El espinazo del diablo” de Benicio del Toro, entre outras.  Jorge Coira: Como director asinou series de ficción como “Mareas Vivas”, “Terra de Miranda”, “As Leis de  Celavella”,”R.I.S.”,”  Padre  Casares”  ou  “El  Comisario”  e  longametraxes  como  “Entre  Bateas”,  “O Anoda Carracha” e “18 comidas” (actualmente en proceso de montaxe).    Máis información: Miriam Alonso (629 14 07 39) – Juan Luis Rodríguez Cudeiro (639 60 23 20) Ipequeña Comunicación (Gabinete de Prensa da Asociación de Actores e Actrices de Galicia)