historia de españa composición isabel ii

6
Historia de España Composición Isabel II Durante o reinado de Isabel II (1833-1868) desenvolveuse en España o proceso de revolución liberal, destruíndose definitivamente as vellas estruturas do Antigo Réxime. Pero unha serie de problemas dificultaron a consolidación dun sistema político parlamentario verdadeiramente representativo. O favoritismo da raíña cara aos moderados distorosionou a alternancia no poder e a miúdo o cambio de gobernante non foi o resultado dunhas eleccións senón dun pronunciamento militar. Ademais, o sufraxio censatario, o protagonismo militar na política e a manipulación das eleccións deixaban o sistema político en mans dunha minoría e das distintas camarillas políticas. Os cinco documentos de fonte primaria e carácter político trazan unha eixe cronolóxico cos feitos e elementos característicos da monarquía isabelina. Para entender o reinado de Isabel II débese partir do final do reinado do seu pai Fernando VII. A monarquía de Fernando VII caracterizouse pola alternancia entre o vello absolutismo e o feble liberalismo nado en España coa Guerra de Independencia. Nos derradeiros anos do seu reinado (A Década Ominosa), o monarca xa no leito de morte promulgará a Pragmática Sanción que remataba coa vixencia da Lei Sálica en España. Isto tivo importantes consecuencias para o futuro inmediato da historia de España, creándose dous grupos (Isabelinos e Carlistas) antagónicos que se enfrontarán na primeira guerra civil española, as Guerras Carlistas. As Guerras Carlistas enfrontaron a dous bandos: ao bando isabelino ou cristino contra o bando carlista. Era un conflito dinástico pero no fondo tratábase dun enfrontamento ideolóxico entre o liberalismo (isabelinos) e o absolutismo (carlistas). Os primeiros están integrados por absolutistas fieis á rexente María Cristina, a burguesía liberal, a poboación das cidades e unha gran parte do exército. Pola súa banda o bando carlista(Doc 2) con Carlos María Isidro á cabeza representan a defensa do absolutismo <<(… .Relixión, Patria e Rei (...). Rei, digo por último, pero rei pola graza de Deus e non pola gracia da soberanía nacional (...) …)>> e a da sociedade tradicional . Este bando está formado pola nobreza e o clero rural, así como campesiñado que desconfiaba das reformas liberais. En canto a súa zona de influencia esténdese polas zonas rurais do País Vasco, Navarra e parte de Cataluña, así como en áreas de Aragón e Valencia. O conflito iniciouse no ano 1833 cos levantamentos no País Vasco e Navarra e co apoio a don Carlos das potencias estranxeiras absolutista. Na primeira etapa (1833-1835) o avance das tropas 1

Upload: david-barran-ferreiro

Post on 26-Jun-2015

208 views

Category:

Education


6 download

DESCRIPTION

isabel II

TRANSCRIPT

Page 1: Historia de España Composición Isabel II

Historia de España Composición Isabel II

Durante o reinado de Isabel II (1833-1868) desenvolveuse en España o proceso de revolución liberal, destruíndose definitivamente as vellas estruturas do Antigo Réxime. Pero unha serie de problemas dificultaron a consolidación dun sistema político parlamentario verdadeiramente representativo. O favoritismo da raíña cara aos moderados distorosionou a alternancia no poder e a miúdo o cambio de gobernante non foi o resultado dunhas eleccións senón dun pronunciamento militar. Ademais, o sufraxio censatario, o protagonismo militar na política e a manipulación das eleccións deixaban o sistema político en mans dunha minoría e das distintas camarillas políticas. Os cinco documentos de fonte primaria e carácter político trazan unha eixe cronolóxico cos feitos e elementos característicos da monarquía isabelina.

Para entender o reinado de Isabel II débese partir do final do reinado do seu pai Fernando VII. A monarquía de Fernando VII caracterizouse pola alternancia entre o vello absolutismo e o feble liberalismo nado en España coa Guerra de Independencia. Nos derradeiros anos do seu reinado (A Década Ominosa), o monarca xa no leito de morte promulgará a Pragmática Sanción que remataba coa vixencia da Lei Sálica en España. Isto tivo importantes consecuencias para o futuro inmediato da historia de España, creándose dous grupos (Isabelinos e Carlistas) antagónicos que se enfrontarán na primeira guerra civil española, as Guerras Carlistas.

As Guerras Carlistas enfrontaron a dous bandos: ao bando isabelino ou cristino contra o bando carlista. Era un conflito dinástico pero no fondo tratábase dun enfrontamento ideolóxico entre o liberalismo (isabelinos) e o absolutismo (carlistas). Os primeiros están integrados por absolutistas fieis á rexente María Cristina, a burguesía liberal, a poboación das cidades e unha gran parte do exército. Pola súa banda o bando carlista(Doc 2) con Carlos María Isidro á cabeza representan a defensa do absolutismo <<(… .Relixión, Patria e Rei (...). Rei, digo por último, pero rei pola graza de Deus e non pola gracia da soberanía nacional (...) …)>> e a da sociedade tradicional . Este bando está formado pola nobreza e o clero rural, así como campesiñado que desconfiaba das reformas liberais. En canto a súa zona de influencia esténdese polas zonas rurais do País Vasco, Navarra e parte de Cataluña, así como en áreas de Aragón e Valencia.

O conflito iniciouse no ano 1833 cos levantamentos no País Vasco e Navarra e co apoio a don Carlos das potencias estranxeiras absolutista. Na primeira etapa (1833-1835) o avance das tropas carlistas era imparable co xeneral Zumalacarregui ao mando que tentou a toma de Bilbao pero fracasou no seu intento atopando á morte. Na segunda fase (1836-1840), a guerra decantouse cara ao bando isabelino co xeneral Espartero dirixindo ao exército liberal. A pesar da expedición real de 1837 ou as vitorias do xeneral carlista Cabrera, no ano 1839 o xeneral liberal Espartero e o xeneral carlista Maroto firman o Convenio de Vergara que poñía fin ao conflito bélico.

Paralelamente á Guerra Carlista, en España iniciase a Rexencia de María Cristina (1833-1840) e o inicio do proceso de revolución liberal que acabará definitivamente co Antigo Réxime en España.

Trala morte de Fernando VII, o seu testamento recollía a formación dun Consello Real presidido por Francisco Cea Bermúdez que asesoraría á Rexente. O Consello estaba composto por absolutistas moderados fieis a Fernando VII polo que non pretendía profundas reformas políticas, practicamente a única reforma emprendida foi a nova división provincial de España de Javier de Burgos. Pero a guerra avanzaba e as tropas isabelinas non eran capaz de deter a presión do inimigo. Neste contexto María Cristina tivo que buscar apoios nos liberais para poder garantir o trono. A Rexente nomeou un novo goberno presidido polo liberal moderado Francisco Martínez de la Rosa que levou a cabo as primeiras reformas políticas co Estatuto Real. Non era unha constitución nin unha carta outorgada, basicamente eran un conxunto de regras para convocar unhas Cortes, que seguían a ser as mesmas do Antigo Réxime.

1

Page 2: Historia de España Composición Isabel II

Historia de España Composición Isabel II

As reformas eran insuficientes para os liberais exaltados que a partir deste momento pasarán a ser coñecido como os progresistas. Os liberais progresistas ,descontentos coa nova situación políticas, iniciaron unha serie de revoltas urbanas canalizadas polas Xuntas revolucionarias e coa presenza da Milicia Nacional. Ante esta situación, en setembro de 1835, María Cristina chamou a formar goberno ao liberal progresista, Mendizábal, que rapidamente iniciou a reforma do Estatuto Real e decretou a desamortización dos bens do clero para sufragar os gastos da contenda carlista. As súas medidas atoparon a oposición dos absolutistas así como dunha gran parte dos liberais moderados o que levou á Rexente a arredalo do poder. Esta acción levou aos progresistas a protagonizar levantamentos contra a Rexente que culminarán co levantamento dos sarxentos da Granxa e a posterior chegada dos progresistas ao poder con Calatrava como presidente de goberno

O novo goberno progresista (1836-1837) asumiu a tarefa de desmantelar o Antigo Réxime e implantar un sistema liberal. As súas primeiras medidas orientáronse cara unha profunda reforma agraria liberal. A nova reforma edificouse sobre tres piares: a disolución do réxime señorial, a desvinculación e a desamortización. Esta última foi a Desamortización de Mendizábal que decretou a disolución das ordes relixiosas (agás aquelas que se adicaban ao ensino e á asistencia hospitalaria) e a incautación por parte do Estado das súas propiedades para unha posterior venta nunha poxa pública. A finalidade desta medida era conseguir recursos necesarios para sufragar o exército liberal, sanear as arcas do Estado e aproximar á burguesía liberal á causa isabelina. Xunto a esta reforma agraria, o goberno progresista levou acabo una serie de medidas para o funcionamento do libre comercio e de industria (abolición dos privilexios dos gremios, das alfándegas internas….)

Outras das medidas máis destacada deste goberno progresista foi a redacción e a aprobación dun novo texto constitucional que adaptase a de 1812 aos novos tempos. A Constitución de 1837 (Doc2) proclamada algúns dos principios básicos do progresismo como é a soberanía nacional <<(… .Sendo a vontade da Nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en Cádiz…)>>. Establecíase tamén a división de poderes no que o lexislativo era representado por Cortes Bicamerais (Congreso e Senado) pero o monarca gardaba amplos poderes como o veto, disolución das Cortes…. O executivo pertencía ao monarca que elexía aos ministros e o xudicial aos tribunais. Os amplos poderes concedidos ao monarca son unha característica do liberalismo moderado, a súa presenza débese a intención de elaborar unha constitución que puidese ser aceptado polos dous grupos liberais. O sufraxio establecido foi o censatario masculino e a confesionalidade do estado era católica pero permitíanse outros cultos ( característico do liberalismo progresista). En canto aos dereitos e deberes, a constitución sancionaba unha ampla variedade (liberdade de prensa, opinión, asociación.).

Unha vez aprobada a Constitución, convocáronse novas eleccións que foron gañadas polos moderados. Os liberais moderados gobernarán dende 1837 ate 1840, tres anos nos que remataron coa lexislación progresista anterior, restrinxiron os dereitos e aprobaron unha Lei de Concellos que lle entrega máis poder á Coroa. O matrimonio moderados-Coroa provocou a oposición progresista, que impulsou un amplo movemento insurreccional que provocou a dimisión de María Cristina e o inicio da Rexencia do xeneral Espartero.

A rexencia do xeneral Espartero (1840-1843) inicia o chamado goberno dos Espadóns (a presencia e protagonismo dos militares na vida política). Durante tres anos o xeneral Espartero gobernou cun marcado autoritarismo e cunha camarilla de militares afín que deixaba fora a gran parte dos progresistas.

2

Page 3: Historia de España Composición Isabel II

Historia de España Composición Isabel II

Unha das medidas máis impopulares foi a aprobación dun arancel que lle abría o mercado español aos tecidos de algodón ingleses. A industria téxtil catalá viuse ameazada o que derivou non levantamento na cidade de Barcelona que rematou co seu bombardeo.

A impopularidade, o illamento e o descontento progresista crecían, sendo aproveitado polos moderados, encabezados polos xenerais Narváez e O´Donell, para conspirar contra o Rexente. En 1843, Espartero abandonou a rexencia e as Cortes adiantaron a maioría de idade de Isabel. A chegada de Isabel II ao trono coincidía coa chegada dos moderados ao goberno, dando inicio á Década Moderada (1834-1844). O novo goberno estivo presidido polo xeneral Narváez e caracterízase polos seguintes trazos: a política baseada no liberalismo conservador, a defensa da orde e propiedade e dos intereses da alta burguesía terratenente, deixaba fora ás masas populares, o goberno apoiábase na Coroa e no exército e a vida política facíase en camarillas.

No ano 1845 o goberno moderado preparou unha reforma da Constitución de 1837 e aprobou a nova Constitución de 1845 (Doc 3), que recolleu os principios básicos do liberalismo moderado. O novo texto sancionaba a soberanía compartida, un dos principios básicos do moderantismo <<(… Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do Estado…)>> . Establecíase a división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial) típica dun sistema liberal pero ampliaba os poderes do monarca ao compartir o lexislativo coas Cortes Bicamerais (o Senado era directamente elixido pola raíña); o mesmo sucedía co executivo. O sufraxio seguiu sendo altamente censatario e o estado era católico pero os moderados non permitiron a liberdade de práctica doutros cultos. Finalmente os dereitos e deberes restrinxíronse a través de leis posteriores como o control gobernamental da prensa ou a Lei Electoral de 1846.

Durante estes dez anos de moderantismo levouse a cabo a institucionalización do Estado liberal baixo os principios do centralismo, da uniformización e da xerarquización, para iso puxéronse en marcha unha serie de leis e reformas administrativas como a reforma fiscal coa Lei Mon-Santillán, a aprobación do Código Penal, a reforma da Administración pública, a Lei de Administración Local, a Lei Moyano, a adopción do sistema métrico decimal e a creación da Garda Civil. Complementario a todas estas medidas, hai que destacar a firma do Concordato coa Santa Sé co que se establecía a suspensión da venda dos bens eclesiásticos desamortizados e o retorno dos non vendidos.

Os gobernos moderados non conseguiron darlle estabilidade política ao Estado, os gobernos sucedéronse actuando de forma autoritaria e excluínte. Isto agudizouse durante o goberno de Bravo Murillo que agudizou o descontento de sectores dentro do moderantismo e das amplas capas sociais,cada vez máis marxinadas da participación política. O malestar traduciuse no pronunciamento de Vicálvaro a cuxa fronte se situou un moderado descontento, o xeneral O´Donell, que fundou un novo partido, a Unión Liberal. Os sublevados elaboraron o chamado Manifesto de Manzanares que recollía as súas demandas.

O triunfo do pronunciamento trouxo a fin da Década Moderada e o inicio dun novo período progresista, o Bienio Progresista (1854-1856). A presidencia recaeu de novo en Espartero e O´Donell foi nomeado ministro de Guerra. O novo período caracterízase polo retorno e a restauración dos principios do liberalismo progresista. As medidas adoptadas tiñan como obxectivo a modernización económica do país. Levouse a cabo unha nova desamortización, de Madoz, que afectou sobre todo aos bens dos concellos. Cos ingresos obtidos púxose en marcha a Lei Xeral de Ferrocarril da que se beneficiaron as empresas estranxeiras, fomentáronse as sociedades por accións, a banca…. Finalmente preparouse unha nova constitución (a non-nata) que non chegou a ser promulgada

3

Page 4: Historia de España Composición Isabel II

Historia de España Composición Isabel II

No ano 1856 o Bienio Progresista chegaba ao seu fin causado polas folgas obreiras, os levantamentos campesiños e os desentendementos entre progresistas e unionistas. Espartero dimitiu e a raíña confioulle o goberno ao unionista O´Donell, dando paso aos gobernos unionistas entre 1856 e 1863.

Durante os sete anos de goberno unionista conseguiuse unha relativa estabilidade política, económica e social o que levou ao goberno a aventurarse nunha política exterior activa (Indochina, México e Marrocos). Pero os problemas internos dos gobernos, a oposición da coroa xunto cos moderados, deu paso á chegada de novo ao poder destes últimos.

Os gobernos moderados (1863-1868) supuxeron o retorno de Nárvaez e a reposición dos principios do moderantismo. Os gobernos impuxeron o seu autoritarismo, exercendo unha forte represión sobre os seus opositores que xa non só eran os progresistas. Novos grupos políticos como demócratas e republicanos (Doc4) gañaban máis peso nos sectores populares. O Partido Demócrata eran una escisión do partido progresista, que defendía a soberanía popular, o sufraxio universal e a liberdade de culto <<(… Hai unha fracción demócrata que cre posible a amalgama da monarquía e dos principios democráticos, da liberdade individual e da soberanía nacional…)>>. O republicanismo gañaron forza co cada vez maior desprestixio da coroa, os seus principios ideolóxicos son practicamente iguais aos demócratas, só difírense na organización do estado, a República.

A crecente oposición tivo o seu primeiro intento de acabar co goberno coa sublevación progresista do cuartel de San Gil. A pesar do fracaso, a situación do goberno empeorou por mor da crise financeira, industrial e de subsistencias que se instalara no país. Neste contexto Progresistas, Demócratas e posteriormente os Unionistas firmaran o Pacto do Ostende co obxectivo de acabar coa coroa e o goberno moderado. Ámbolos dous coñecerán o seu final co pronunciamento militar (Doc5) e a posterior derrota do exército isabelino na batalla da Ponte de Alcolea, a Gloriosa. O novo sistema que nacerá será froito por primeira vez do sufraxio universal masculino <<(… Queremos que un Goberno provisional que represente tódalas forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os alicerces da nosa rexeneración social e política..)>>.

En conclusión, co período isabelino asistimos á construción do Estado liberal pero os seu fracaso virá condicionado polo inestabilidade que caracteriza a todo este proceso, dando paso ao Sexenio Democrático (1868-1874) que representou o intento de ampliar o liberalismo e instaurar a democracia.

4