habilidades sociales

8
É a imaxe que cada un temos de nós mesmos a nosa aparencia, os nosos coñecementos… Querernos a nós mesmos aceptando os nosos logros e as nosas limitacións. A nosa autovaloración depende das nosas vivencias, da nosa historia persoal, pero sobre todo da valoración que de nós fagan as persoas que son importantes na nosa vida. O modo en que nos nos valoremos determina algo tan importante como a capacidade de rendemento ou a competencia social. Que será iso da autoestima?

Upload: nieves-rodriguez

Post on 21-Feb-2016

213 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

conceptos e orientacions sobre as habilidades sociais

TRANSCRIPT

Page 1: habilidades sociales

É a imaxe que cada un temos de nós mesmos

a nosa aparencia, os nosos coñecementos… Querernos a nós mesmos aceptando os nosos logros e as nosas limitacións.

A nosa autovaloración depende das nosas

vivencias, da nosa historia persoal, pero sobre todo da valoración que de nós fagan as persoas que son importantes na nosa vida. O modo en que nos nos valoremos determina algo tan importante como a capacidade de rendemento ou a competencia social.

Unha baixa autoestima pode traducirse nun

baixo rendemento escolar ou en escasas habilidades sociais.

Que será iso da autoestima?

Page 2: habilidades sociales

O grao de autoestima convértese moitas veces nun factor determinante para o éxito ou o fracaso nas tarefas escolares. Se nós cremos que algo nos vai saír mal, ou as persoas que nos rodean tamén o cren é moi posible que nos saia mal.

Ter irmáns/irmás con mellor rendemento escolar cos que nos comparan a miúdo ou recibir bromas pesadas dos iguais, son moitas veces factores que contribúen a menoscabar a autoestima.

Como inflúe a autoestima no noso rendemento escolar?

Page 3: habilidades sociales

Se o problema da nosa autoimaxe é o noso baixo rendemento escolar, eles deben resaltar calquera pequeno logro acadado inda que estea por debaixo da media da clase.

Deben realizar as correccións baseándose neses pequenos logros : “Este exercicio non está ben, debes intentar facelo igual ca onte, que o fixeches moi ben .” Deben suprimir a crítica polo fracaso, ir aos feitos pero nunca con descalificacións persoais.

Os mestres/mestras na escola axudan a mellorar a nosa autoestima cando…

Ves, como progresaches en lingua, ánimo!

Que poden facer os nosos pais para mellorar a nosa autoestima?

Page 4: habilidades sociales

Os nosos pais deben:

Destacar o que facemos ben Axudarnos a encaixar os

valorar as nosas calidades e fracasos, animándonos e

o noso esforzo. entrenándonos en reflexións Ensinarnos a dicirnos a nós mesmos tipo:” hoxe saiume mal pero comentarios positivos do tipo: mañá volvereino intentar”

“moi ben, acadeino, cada vez sae mellor”

Axudarnos a cambiar o discurso: “Son malo, feo, incapaz, non Animarnos a que nos sirvo…” Teñen que crer nas miremos todos os días nosas posibilidades. no espello e que digamos cousas positivas sobre nós

Son un desastre, non sirvo para nada!

Recordade sempre que…

Page 5: habilidades sociales

Para aumentar a nosa autoestima debemos realizar de modo sistemático todo o

proposto. Debemos facer a diario as actividades.

Un neno nen Un neno/nena con autoestima positiva: Cre no que fai e actúa con seguridade. Asume os seus propios erros e recoñece os seus logros. Ten confianza na súa capacidade para resolver os seus problemas non se acobarda polos fracasos e dificultades que experimenta. AUMENTANDO A NOSA AUTOESTIMA CONSEGUIREMOS SER CADA VEZ MÁIS FELICES, SEGUROS E COMPETENTES .

SI, si que sirvo!Beeeen, fíxeno moi ben!

Page 6: habilidades sociales