gume 8

5
Nº 8_Ano III_Xullo/Agosto 08_ ADIANTE Vigo/O Morrazo Gume [lat. acumen] s. m. (1) Fío, lado afiado dun instrumento cortante. (2) Fig. Perspicacia, agudeza. Editorial A independencia é o único camiño Agora que vivimos acosad@s pola borracheiras de éxito (mediáticas) do españolismo, pola crise do capital en forma de badalazos fascistas, pola ameaza de mais explotación á mocidade traballadora e á clase obreira en forma de 65 horas semanais de traballo, polo feche racista das fronteiras destes reximes non-nacionalistas (sic), pola emerxencia da nova relixón chamada mass-media (coa televisón á cabeza), polos últimos ramalazos do fundamentalismo cristián, pola privatización do ensino público e a promoción (cos cartos de tod@s) do privado,… non nos queda outra que nos organizar para resistir e contraatacar. A mocidade comunista e independentista organizada en ADIANTE, somos conscientes da necesidade de xunguir forzas xuvenís para subverter esta situación. Dende posturas antifascistas, republicanas, intelixentes e conscientes, debemos parar todas estas agresións como un só puño, un puño

Upload: adiante-galiza

Post on 08-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Voceiro comarcal ADIANTE Vigo

TRANSCRIPT

Page 1: GUME 8

Nº 8_Ano III_Xullo/Agosto 08_ ADIANTE Vigo/O Morrazo

Gume [lat. acumen] s. m. (1) Fío, lado afiado dun instrumento cortante. (2) Fig. Perspicacia, agudeza.

… Editorial …

A independencia é o único camiño

Agora que vivimos acosad@s pola borracheiras de éxito (mediáticas) do españolismo, pola crise do capital en forma de badalazos fascistas, pola ameaza de mais explotación á mocidade traballadora e á clase obreira en forma de 65 horas semanais de traballo, polo feche racista das fronteiras destes reximes non-nacionalistas (sic), pola emerxencia da nova relixón chamada mass-media (coa televisón á cabeza), polos últimos ramalazos do fundamentalismo cristián, pola privatización do ensino público e a promoción (cos cartos de tod@s) do privado,… non nos queda outra que nos organizar para resistir e contraatacar.

A mocidade comunista e independentista organizada en ADIANTE, somos conscientes da necesidade de xunguir forzas xuvenís para subverter esta situación. Dende posturas antifascistas, republicanas, intelixentes e conscientes, debemos parar todas estas agresións como un só puño, un puño

Page 2: GUME 8

con varios dedos distintos (comunistas, independentistas, autónomos, libertari@s, antirracistas,…) pero que dé golpes ao mesmo tempo ao mesmo inimigo.

Sabemos que os tempos son duros, que a crise do capital nola queren facer pagar a nós, pero que o único camiño é a loita, que a independencia é o único camiño!

Acción … O imperialismo non para... nós tampouco !

Proxeccións de Memoria, Dignidade e Loita O domingo 11 de Maio comezamos no local da asociación cultural canguesa A Tiradoura a xira das proxeccións do documental Memoria, Dignidade e Loita, elaborado polo colectivo madrileño La Plataforma e polo Colectivo Antifascista de Madrid.Este traballo amosa, cun estilo moi dinámico e didáctico, as mentiras da mal chamada “transición” e a pervivencia das estruturas e das gadoupas do fascismo golpista nos organismos e entidades do capitalismo español.En próximos meses anunciaremos na nosa web nacional as datas e lugares onde se proxectará este mais que recomendábel traballo de verdadeira memoria de denuncia resistente.

Ence fóra da Ría No día mundial do medio ambiente acudimos, tras unha faixa asinada conxuntamente coa FPG, a unha marcha popular até a fábrica de celulosas de ENCE. Cunha asistencia cada ano maior, o pobo deixou ben claro que non vai agardar até o 2018 para mirar marchar a esta empresa contaminante de explotación colonial.No decurso da marcha repartimos a nosa folla infomativa e de axitación Adiante informa.

Axitación no 1 de Maio Como en anos anteriores, e malia a choiva, as mozas e os mozos de ADIANTE participamos de novo activamente na mobilización convocada pola CUT e a CGT en Vigo. Un/has fomos tras unha faixa da nosa Organización co lema Contra España e o

Page 3: GUME 8

capitalismo, independencia e socialismo!, outr@s tras disintas faixas dos seus respectivos sectores. Tamén aproveitamos para repartir o Gume nº 7 e a novena entrega do voceiro nacional EMBATE.

…Mani-festa pola Soberanía NacionalComo todos os sábados anteriores ao 25 e Xullo do últimos catro anos, voltará a se celebrar en Vigo a festa e a manifestación pola soberanía nacional de Galiza. A militancia e simpatizantes de ADIANTE voltamos a animar a toda a mocidade da comarca e dos arredores a secundar estas convocatorias onde se misturan as reivindicacións nacional e de clase coa festa e o lecer alternativo.

…Respostas contra a torturaA finais de Xuño, a Comisión de Denuncia de Galiza volveu a organizar unhas xornadas de denuncia das torturas que efectúa o Estado Imperalista Español nos seus centros de exterminio.

Tamén dende esas datas, o organismo antirrepresivo Ceivar comezou a se mobilizar activamente para denunciar e dar a coñecer os abusos e as

malleiras covardes que están a sofrer os xoves presos políticos galegos Xosé Manuel Sanchez e Santi Vigo por parte de carcereiros a soldo de Rubalcaba e Gallizo. Dende ADIANTE chamamos a participar nas accións de denuncia que se están a organizar para dar resposta a estas agresións e rachar o silenciamento cúmplice da prensa do rexime.

En MovEmeNtO_ En MovEmeNtO_ En MovEmeNtO_En Mo

...

_A asociación A Tiradoura de Cangas celebrará en Agosto unha nova edición do Festival Antifascista cun concerto de varios grupos. En breve anunciremos na nosa web a data do festival._Un grupo de mozas e mozos antifascistas de Teis organizan para os días 18 e 19 de Xullo un Mundialiño Antifascista coa intecíón de sentar as bases para montar un Local Social Aberto neste barrio obreiro de Vigo.

Page 4: GUME 8

_O pasado 5 de Maio celebrouse en Aldán un acto político, seguido dunha cea de confraternidade, polo 20º aniversario da Frente Popular Galega, partido comunista e independentista co que coincidimos en moitos aspectos. Na arenga intervíu unha camarada da Agrupación de Compostela de ADIANTE cun discurso no que parabenizou á FPG por servir de referente á mocidade revolucionaria galega. Para o 25 de Xullo volverá a se editar unha nova xeira do voceiro político decano da esquerda independentista, o Espiral. _As Redes Escarlata concedeu o Premio Roberto Vidal Bolaño deste ano ao alcalde de Lubián, Felipe Lubián, pola súa defensa do idioma galego no concello que goberna.

Colabora e participa nos centros sociais da nosa área !!

Rúa Romil – Vigo Lugar da Formiga – Redondela Rúa Real - Vigo

Reboredo – Cangas Rúa Toledo - Vigo Praza de Abastos – Ponteareas

_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_BPor Tasio

Contacta con nós, organízate e loita!www.adiantegz.org [email protected] [email protected]

Page 5: GUME 8