guia porto

2
Club de lectura LARETAS IES Poeta Añón 4-5 ABRIL 2014 DÍA 4 ABRIL -VENRES 10.15 Saída do IES Poeta Añón. 12.15 Xantar na área de servizo de Porto 13.15 Chegada hotel 13.45 Inicio percorrido por Porto Torre dos Clérigos Livraría Lello & Irmao Estaçao de Sao Bento Visita da Sé (catedral de Porto) 17.00 Cruceiro polo río Douro: “As 6 pontes “ 18.00 Regreso hacia Rúa Miguel Bombarda Palacio de Cristal Biblioteca Almeida Garret /Livraria Papalivros Rúa Miguel Bombarda (compras, refrixerio,...) 20.00 Cea no GALLERY HOSTEL 22.00 Paseo nocturno pola rúa Miguel Bombarda ata Pazo da Música 0.00 A cama! PROGRAMA DE DÍA 5 ABRIL - SÁBADO 8.30 Pequeno amoço no Hostel 9.30 Saída do hotel - Equipaxe no bus 10.30 Visita Palacio da Bolsa de PORTO 11.15 Saída hacia Mercado do Bolhao 12.00 Mercado do Bolhao e visita de: Café Majestic Rua Sta. Catarina (zona comercial) 13.00 Xantar (rúa Sta Catarina) 15.00 Paseo ata a CAVE CROFT en V.N. de Gaia 16.00 Inicio da visita á adega CROFT 17.00 Remate da visita . Bus. Saída ata a desembocadura do río Douro 18.00 Regreso a Outes 22.00 Chegada aproximada a Outes (IES Poeta Añón) ACTIVIDADES IES Poeta Añón -Outes- Curso 2013-2014 GALLERY HOSTEL (R/ Miguel Bombarda 222) O Gallery Hostel, é un albergue de luxo situado no centro da cidade, no barrio das letras e das artes. Ocupa un antiguo edificio de 1906 totalmen- te restaurado e premiado polas súas instalacións e atención ó cliente. A RÚA MIGUEL BOMBARDA Na actualidade é considerada a rúa máis “cool” e vangardista de Oporto, nun barrio cheo de galerías de arte, tendas de roupa alternativa, mobles de deseño, tapas ecolóxicas e ata un hotel para bonsáis. ESTAREMOS ALOXADOS NO...

Upload: ies-poeta-anon

Post on 22-Mar-2016

234 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Programa da visita do Club de Lectura do IES Poeta Añón -Outes a Oporto (4-5 abril 2014)

TRANSCRIPT

Page 1: Guia porto

Clu

b d

e l

ec

tura

LA

RE

TA

S –

IES

Po

eta

ón

4-5 ABRIL 2014

DÍA 4 ABRIL -VENRES

10.15 Saída do IES Poeta Añón.

12.15 Xantar na área de servizo de Porto

13.15 Chegada hotel

13.45 Inicio percorrido por Porto

Torre dos Clérigos

Livraría Lello & Irmao

Estaçao de Sao Bento

Visita da Sé (catedral de Porto)

17.00 Cruceiro polo río Douro: “As 6 pontes “

18.00 Regreso hacia Rúa Miguel Bombarda

Palacio de Cristal

Biblioteca Almeida Garret /Livraria Papalivros

Rúa Miguel Bombarda (compras, refrixerio,...)

20.00 Cea no GALLERY HOSTEL

22.00 Paseo nocturno pola rúa Miguel Bombarda ata Pazo da

Música

0.00 A cama!

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

DÍA 5 ABRIL - SÁBADO

8.30 Pequeno amoço no Hostel

9.30 Saída do hotel - Equipaxe no bus

10.30 Visita Palacio da Bolsa de PORTO

11.15 Saída hacia Mercado do Bolhao

12.00 Mercado do Bolhao e visita de:

Café Majestic

Rua Sta. Catarina (zona comercial)

13.00 Xantar (rúa Sta Catarina)

15.00 Paseo ata a CAVE CROFT en V.N. de Gaia

16.00 Inicio da visita á adega CROFT

17.00 Remate da visita . Bus. Saída ata a desembocadura do

río Douro

18.00 Regreso a Outes

22.00 Chegada aproximada a Outes (IES Poeta Añón)

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

IES Poeta Añón -Outes-

Curso 2013-2014

GALLERY HOSTEL (R/ Miguel Bombarda 222)

O Gallery Hostel, é un albergue de luxo situado no centro da cidade, no

barrio das letras e das artes. Ocupa un antiguo edificio de 1906 totalmen-te restaurado e premiado polas súas instalacións e atención ó cliente.

A RÚA MIGUEL BOMBARDA Na actualidade é considerada a rúa máis “cool” e vangardista de Oporto, nun barrio cheo

de galerías de arte, tendas de roupa alternativa, mobles de deseño, tapas ecolóxicas e ata un hotel

para bonsáis.

ESTAREMOS ALOXADOS NO...

Page 2: Guia porto

CRUCEIRO polo DOURO: as seis pontes

No percorrido en barco “rabelo” contemplare-mos as seis pontes que serven de unión entre

Porto e Vila Nova de Gaia ó longo do río Douro. Sairemos do malecón da Ribeira e veremos a Ponte D. Luís, o Mosteiro da Serra do Pilar, a

Ponte do Infante, a Ponte D. Maria Pia, a Ponte de S. João e a Ponte do Freixo.

Ó chegar à ponte de S. João, voltamos novamente para atrás para admirar a cidade de Porto. Remataremos a viaxe coa Ponte da Arrabida e a Afurada, unha pintoresca vila de pescadores.

PALACIO DE CRISTAL e LIVRARÍA PAPALI-

BROS

O Palacio de Cristal foi construido no 1861 inspirándo-

se no Crystal Palace londinense coa finalidade de acoller feiras industriais e agrícolas. En 1865 foi sede da Exposición Internacional de Oporto.

Dende os seus xardíns contémplase unha fantástica

panorámica da cidade de Porto e de Vila Nova de Gaia.

A Livraría Papalivros é un espazo innovador de

literatura infantil e xuvenil. Ten por vocación crear e fomentar comunidades de lectores activos, que poden tomar parte das sesión de contacontos,

presentación de libros , encontros con autores e obradoiros literarios que alí se celebran. Como curiosidade, dicir que as paredes están “forradas”

de libros colocados como se fosen obras de arte.

DÍA 5

SÁBADO

MERCADO DO BOLHAO

Mercado tradicional portugués cheo de postos de alimenta-

ción, animais e flores. Na entrada hai unha pequena

virxe á que lle colocan, como ofrenda, brazos, pernas,… de plástico para pedirlle que cure determinadas doenzas. É unha oportunidade de acercarse ó Oporto máis relixioso e

supersticioso.

PALACIO DA BOLSA DE PORTO

Ocupa un edificio neoclásico de mediados do

s. XIX. É a antiga sede da Asociación Comer-

cial de Oporto, hoxe destinado á celebración de conferencias e manifestacións culturais. O

máis chamativo das súas salas é a impresio-nante obra de xeso e estuco pintado imitando

a madeira.

CAFÉ MAJESTIC E RUA STA CATARI-

NA

O consumo de café está moi arraigado na cultura portuguesa (o consumo medio dun portugués é de 360 “tazas”

anuais). Esta cafetería é unha das de maior tradición do país. Foi inaugurada

en 1921 co nome de Café Élite e conver-teuse en lugar de reunión de xente importante como artistas, políticos e

intelectuais. Foi o primeiro café da cidade en permitir a entrada a mulle-res.

O Café Majestic atópase na rúa Santa Catarina unha das vías comerciais máis importantes de Porto

CAVES CROFT (adegas de viño Porto)

Non podemos marchar de Oporto sen visitar

unha das adegas que producen o famoso viño. O que o fai único é o feito de engadir augar-dente e interromper a fermentación natural

dos caldos. Deste xeito o viño conserva a dozura das uvas, ademais dun alto nivel alcohólico. Esta técnica naceu no s. XVII para fortalecer os viños que mercaban os comerciantes ingleses evi-

tando así que se estragaran nas longas viaxes en barco. As Caves CROFT son as máis antigas de Gaia aínda en funcionamento (foron

fundadas en 1588 e no 1688 realizaron as primeiras exportacións de viño).

DÍA 4

VENRES TORRE DOS CLÉRIGOS

A torre barroca da igrexa dos Clérigos é un dos

símbolos da cida-de. Ten 225 chan-zos e 80 metros

de altura, sendo unha das torres

máis altas de

Portugal.

LIVRARIA

LELLO &

IRMAO

Foi fundada en 1906 e emprazada

nun edificio de estilo modernista. É considerada como unha das librerías máis fermo-

sas do mundo. Cóntase que a autora

de Harry Potter, que viviu en Oporto durante unha temporada, inspirouse na escaleira central desta librería

para crear a escalinata da biblioteca do colexio Hogwarts.

A SÉ (CATEDRAL)

A catedral fortaleza é orixinaria-

mente de estilo ro-mánico, con

e nga d idos góticos e

barrocos. Destaca o seu empra-zamento con algunhas das me-llores vistas da zona de Gaia e

Porto.

ESTAÇAO DE

SAO BENTO

É o edificio que

acolle a esta-ción de ferroca-

rril de Oporto. Construído en 1916 conta

con 20,000 azulexos que narran distin-

tos episodios da historia de Portugal.