guia curso didáctica de la filosofía en catellano

11

Click here to load reader

Upload: nexosfilosofia

Post on 14-Jul-2015

15.563 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

1

GUÍA DO CURSO

AS TIC APLICADAS Á DIDÁCTICA DA FILOSOFÍA

Page 2: Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

2

Índice

Descrición do curso ............................................................................................................. 3 Persoas titoras ..................................................................................................................... 3 Obxectivos ........................................................................................................................... 3 Competencias profesionais do profesorado ......................................................................... 4 Contidos ............................................................................................................................... 6 Correlación das competencias básicas cos contidos do curso ............................................ 7 Metodoloxía ......................................................................................................................... 7 Seguimento e desenvolvemento do curso ........................................................................... 8 Comunicación coas persoas titoras ................................................................................... 10 Avaliación .......................................................................................................................... 10 Aplicación práctica nas aulas ............................................................................................. 11 Requirimentos para seguir o curso .................................................................................... 11

Page 3: Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

3

Descrición do curso

De que falamos cando falamos de ensinar filosofía no ensino medio? Neste curso iniciaremos, na medida do posible, unha discusión sobre as necesidades da materia de Filosofía, sobre os seus supostos didácticos e o papel da filosofía no currículo de secundaria. Finalmente, unha valoración sobre o uso das ferramentas TIC para a posta en práctica nas aulas. Tentaremos solucionar os déficits de coñecementos, que cadaquén puidese ter, sobre as diferentes ferramentas que haberá que utilizar nas tarefas propostas.

Porén, este non é o obxectivo prioritario do curso. Máis aló das ferramentas a utilizar parécenos prioritario centrarnos nas dificultades que poidan aparecer cando iniciamos o traballo na aula e abordalas, non só desde unha perspectiva práctica e solucionadora, senón tamén desde outra teórica que inclúa unha análise dos seus fundamentos.

Persoas titoras

MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE.

Catedrático de Filosofía do

IES Eduardo Pondal.

Santiago de Compostela

RICARDO RODRÍGUEZ

DE RÁVENA.

Profesor de Filosofía

no IES Xulián

Magariños. Negreira

EVA GAREA TRABA

Profesora de Filosofía no

IES de Ames.

NEXOS. Grupo de

didáctica da

Filosofía

www.nexosfilosofia.org

Obxectivos

Aprender a construír unha aula virtual para o ensino da Filosofía

Debater sobre os fundamentos do ensino da Filosofía á luz das novas teorías da mente

Repensar a actividade na aula de Filosofía

Reflexionar sobre as achegas ao ensino da Filosofía e as ciencias sociais das

Page 4: Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

4

TIC e as ferramentas 2.0

Coñecer algúns dos recursos existentes na web para o ensino da Filosofía e aprender a catalogalos e arquivalos

Aprender a elaborar recursos multimedia sinxelos

Valorar a implantación dos proxectos de investigación na área de filosofía no bacharelato e coñecer as principais liñas de traballo

Elaborar cooperativamente un documento sobre a competencia filosófica a desenvolver no ensino secundario

Ao final do curso, o profesorado será capaz de elaborar e manter a súa aula virtual na que poderá introducir elementos da aula tradicional e elementos TIC da súa elección. Entre todos fixaremos as liñas xerais duna educación filosófica por capacidades ou competencias, elaborando os indicadores para as diferentes dimensións.

Competencias profesionais do profesorado

A tendencia en diversos estudos e informes sobre a profesión docente en Europa, desenvolvidos desde o ano 2000 por diferentes organismos (Comité mixto OIT/UNESCO, Eurydice, OCDE, Comisión das Comunidades Europeas), é considerar que as competencias que debe posuír un docente inclúen saberes ou coñecementos (saber), habilidades e destrezas aplicadas (saber facer), valores, actitudes e compromisos persoais (saber ser e estar). O docente ademais deberá ser capaz de usar eses saberes de forma funcional e integrada en contextos variados para resolver retos profesionais. Neste curso atenderemos fundamentalmente as seguintes competencias que, segundo o marco europeo, compón o abano das competencias dun profesional do ensino:

Saber:

Competencia científica ou epistemolóxica

Coñecemento das últimas novas no ámbito das teorías

da educación

Coñecemento de diferentes propostas metodolóxicas e

curriculares

Xestión do coñecemento e a información mediante

ferramentas dixitais

Saber facer:

Competencia didáctica

Didácticas específicas da área de filosofía e ciencias

sociais (aprendendo a xustificar a elaboración de materiais a través da metodoloxía TPACK)

Atención á diversidade (a través de distintas propostas

e modelos de traballo en aula)

Page 5: Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

5

Xestión da aula (en espazos virtuais: Moodle, Blog,

Portafolios)

Recursos e materiais (selección, catalogación e

arquivo)

Avaliación (comprensión de diferentes modelos en

contornos de traballo diversos e introdución a unha avaliación por competencias)

Saber como:

Competencia en traballo en equipo

Traballo cooperativo e colaboración entre pares

Preparación de proxectos educativos comúns

Coñecemento de técnicas de traballo en grupo

Toma de decisións

Competencia en innovación e mellora

Promover cambios nas prácticas educativas e nos modelos profesionais

Introducir a investigación na docencia mediante da

avaliación de modelos e a investigación-acción

Propostas para realizar na aula con diferentes modelos

de traballo e ferramentas

Competencia comunicativa

Xestión da información e transparencia a través de

diferentes plataformas de exposición de contidos e intercambio de información, e protocolos a seguir

Expresión e comunicación en contornos dixitais: foros

chats...

Competencia dixital (TIC)

Coñecemento das ferramentas tecnolóxicas básicas: de creación e comunicación de contidos

Uso didáctico das ferramentas e contextos de

xustificación

Desenvolvemento profesional e xestión en contornos

virtuais

Aspectos actitudinais e éticos coa reflexión sobre o uso e autoría dos materiais dixitais

Saber estar:

Competencia relacional

Habilidades sociais a través da práctica en redes

virtuais

Xestión da participación do alumnado en contornos virtuais de aprendizaxe

Page 6: Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

6

Contidos

Os contidos do curso están divididos en 6 módulos:

MODÚLO 1: PRIMEIROS PASOS

Iniciará ao docente no uso e xestión dunha aula virtual Moodle e no debate

sobre a incorporación das TIC á docencia e a súa posible xustificación nun

contorno TPACK. Ademais insistirá no coñecemento das principais licenzas

e a súa aplicación aos contidos dixitais educativos.

MÓDULO 2: RECURSOS TIC PARA A FILOSOFÍA

Iniciación ao coñecemento dalgúns dos recursos existentes na Web para o

ensino da Filosofía e a súa clasificación. Aprenderemos a clasificalos e

integralos na nosa aula virtual. Ademais reflexionaremos sobre as achegas

das TIC ao ensino da Filosofía e ás ciencias sociais en xeral.

MÓDULO 3: IMAXES E EMOCIÓNS

Ao longo deste módulo debateremos sobre a dualidade razón/emoción na

aprendizaxe da Filosofía á luz das neurociencias contemporáneas.

Aprenderemos a elaborar recursos multimedia sinxelos e os principios

dunha síntese multimedia eficaz.

MÓDULO 4: FILOSOFÍA E FERRAMENTAS 2.0

Examinaremos o uso de diferentes plataformas 2.0 na aula de filosofía e a

súa aplicación no contexto dunha aula Moodle e os seus principais usos

didácticos.

MÓDULO 5: TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

Iniciación ao traballo por proxectos e ao desenvolvemento de

investigacións co alumnado, que nos permitirán repensar a actividade na

aula de Filosofía. Coñeceremos tamén as principais estratexias de

investigación na rede.

MÓDULO 6: A COMPETENCIA FILOSÓFICA

Debateremos sobre o traballo por competencias, selección de indicadores e

Page 7: Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

7

sistemas de avaliación. Tentaremos distinguir as diferenzas entre as

competencias básicas e as complexas. Elaboraremos cooperativamente un

documento sobre a competencia filosófica e as dimensións a desenvolver

no bacharelato.

Correlación das competencias básicas cos contidos do curso

As competencias básicas definidas pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación, que se dan por suposto no profesorado, son un pano de fondo no desenvolvemento deste curso. Dedícase especialmente un dos módulos (6) a clarificar o concepto de competencia, e a definir e valorar indicadores que permitirán seleccionar e dirixir os instrumentos de avaliación do alumnado.

Metodoloxía

Este curso desenvólvese na súa totalidade a través da plataforma virtual Platega. A metodoloxía que usaremos será mixta:

1. Por unha parte será participativa e de aprendizaxe colaborativa. Para iso, será imprescindible a participación nos foros de debate, de forma que o intercambio de opinións enriqueza a comprensión e as posibles modificacións nas prácticas de aula dos participantes. Os debates e as diferentes posicións relacionadas cos temas tratados serán centrais ao longo do curso e, xa que logo, avaliables e xeradores de contidos.

Para colaborar nesta tarefa contaremos con 3 axudantes: Apocalíptico, Integrado e Crítica. Os tres representarán diferentes perspectivas nos debates, sen que as súas posicións teñan por que limitar a manifestación doutras diferentes.

2. Por outra banda servirá de adestramento en diferentes ferramentas e plataformas. En cada un dos módulos existirá unha tarefa a desenvolver, aínda

que esta poderá levarse de formas diversas, en función das necesidades, coñecementos ou preferencias dos participantes.

Page 8: Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

8

Seguimento e desenvolvemento do curso

O curso consta de 6 módulos que se irán abrindo de forma progresiva seguindo o calendario presentado na temporalización do mesmo. Unha vez finalizado o intervalo de datas de realización do módulo, este pecharase sen que poidan enviarse máis tarefas ao mesmo. Cada módulo contén:

Unha presentación temática que inclúe os materiais multimedia

necesarios. Será recoñecible polo símbolo da esquerda.

O contido do módulo en PDF para a súa descarga (opcional).

Unha tarefa de participación no foro de discusión do módulo (agás

no módulo inicial e nos módulos 4 e 6).

Unha tarefa de traballo individual que se enviará para a súa cualificación seguindo as instrucións.

Unha Wiki de grupo no módulo 6.

Ademais no módulo inicial e final os participantes terán que cubrir:

Unha consulta (módulo 1), non avaliable pero obrigatoria.

Unha enquisa (módulo final), non avaliable pero obrigatoria.

Durante toda a duración do curso estará aberto o foro de dúbidas, no módulo de presentación, de forma que se poida usar para calquera dúbida técnica ou de traballo e tamén como comunicación cos titores. Este non será un módulo de debate senón de resolución de dúbidas, que poderán ser respondidas polos titores ou por calquera outro dos participantes no curso. Outras indicacións: Nas presentacións temáticas:

Algunhas seccións están contraídas. Sinálanse cunha frecha interactiva : ao premer nela despregase unha explicación opcional.

Ao longo da redacción aparecen diferentes elementos interactivos que axudan á comprensión e lectura. Todos eles veñen sinalados coa icona que corresponde:

Page 9: Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

9

CADRO DE TEMPORALIZACIÓN DO CURSO

Módulo Inicial (1 hora)

Nº TAREFAS Datas

1 Foro de presentacións Do 13 ao 20 de Outubro

2 Enquisa Do 13 ao 20 de Outubro

Módulo 1 (5 horas)

Nº TAREFAS Datas

3 Foro de reflexión Do 13 ao 23 de Outubro

4 A miña aula virtual Do 13 ao 23 de Outubro

Módulo 2 (5 horas)

Nº TAREFAS Datas

5 Foro: As TIC no ensino da Filosofía, vantaxes ou inconvenientes

Do 24. ao 31 de Outubro

6 Selección e organización de webs e recursos TIC Do 24 ao 31 de Outubro

Módulo 3 (5 horas)

Nº TAREFAS Datas

7 Foro: Emoción ou razón no ensino? Do 1 ao 7 de Novembro

8 Elaborando un recurso multimedia Do 1 ao 7 de Novembro

Módulo 4 (3 horas)

Nº TAREFAS Datas

9 Construción dun blog ou dunha wiki Do 8 ao 12 de Novembro

Módulo 5 (5 horas)

Nº TAREFAS Datas

10 Preparando unha investigación Do 13 ao 18 de Novembro

11 Foro: Propostas de investigación no ensino medio Do 13 ao 18 de Novembro

Módulo 6 (5 horas)

Nº Actividade Datas

12 Artigo sobre a competencia filosófica Do 19 ao 24 de Novembro

13 Wiki: A competencia filosófica Do 19 ao 24 de Novembro

Módulo Final (1 hora)

Nº TAREFAS Datas

14 Enquisa: A túa valoración do curso Do 25 ao 1 de Decembro

15 Foro final Do 25 ao 1 de Decembro

Page 10: Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

10

Comunicación coas persoas titoras

Cada vez que comeza un curso de formación a través de PLATEGA, unha das primeiras cousas que se debe facer é presentarse á comunidade de aprendizaxe. Para iso atoparase en todos os cursos, no primeiro módulo, un Foro de presentación de participantes.

Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto ao conxunto da comunidade de aprendizaxe como aos titores e titoras do curso.

Existen varias opcións de comunicación co titor ou titora:

A través dos foros xerais, ou dos que existen en cada módulo. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler todas as intervencións.

A través do sistema de mensaxería interna da plataforma, tamén coñecido como chat. As mensaxes enviadas por este medio son privadas.

Avaliación

A avaliación do curso terá en conta todas as tarefas do curso, agás as tarefas 1, 2 (foro de presentación e enquisa) 13, 14 e 15 (Wiki, enquisa final e foro final), que non se

avaliarán, aínda que deberán realizarse: Cada unha das demais tarefas avaliarase sobre 10 puntos, así como cada artigo para o foro. Para determinar a cualificación de cada tarefa establecerase cadansúa rúbrica de avaliación ou lista de cotexo, que se inclúe con cada unha das tarefas individuais ou no foro. Ademais avaliarase a participación activa a través das reflexións compartidas nos foros sobre os contidos e tarefas presentados. Cada unha destas intervencións (sempre que sexan relevantes) cualificarase con 1 punto, ata un máximo de 10 puntos. Para superar satisfactoriamente o curso, será condición realizar con avaliación positiva o 80% das tarefas obrigatorias, isto supón acadar como mínimo 5 puntos en 8 das tarefas propostas, un total de 40 puntos dos 100 puntos posibles. A puntuación conseguida amais deberá responder necesariamente a:

A participación nos foros do curso. A realización do 80% das tarefas A participación na Wiki final.

Ao longo do curso iranse recordando todos estes criterios e prazos, e poderanse flexibilizar as tarefas e/ou os prazos cando estivese motivado.

Page 11: Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

11

Todas as tarefas pódense volver reenviar no caso de que teñan sido cualificadas negativamente. Este reenvío terá que facerse dentro do prazo acordado e suporá a revisión da cualificación

Aplicación práctica nas aulas

Este curso pretende servir de ocasión para promover unha actitude favorable ao cambio de metodoloxía didáctica do profesorado de filosofía, ao mesmo tempo que mellora as súas competencias dixitais e profesionais. Por iso recomendamos a aplicación práctica da formación adquirida. Suxerimos que, paralelamente ao curso, se experimente levando as tarefas que se propón a situacións reais de aula, valorando as vantaxes que aportan ao ensino e creando, pouco a pouco, unha estrutura TIC propia.

Requirimentos para seguir o curso

Ter un equipo de sobremesa ou portátil con acceso a internet para acceder a PLATEGA.

Dispor dun navegador web actualizado, preferentemente Firefox

Lector de documentos PDF. Se non se dispón do programa pódese descargar na páxina web http://get.adobe.com/es/reader/

Ferramenta de reprodución multimedia VLC.

Dispor de conta de correo “@edu.xunta.es”

Dispor dunha conta de correo “gmail”